{"id":4935,"date":"2019-01-07T18:45:21","date_gmt":"2019-01-07T16:45:21","guid":{"rendered":"http:\/\/agrupacionio.com\/?p=4935"},"modified":"2019-01-07T18:45:21","modified_gmt":"2019-01-07T16:45:21","slug":"boletin-de-divulgacion-da-iau-decembro-2018-2","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/boletin-de-divulgacion-da-iau-decembro-2018-2\/","title":{"rendered":"Bolet\u00edn de divulgaci\u00f3n da IAU: Decembro 2018 #2"},"content":{"rendered":"<p><img fetchpriority=\"high\" decoding=\"async\" class=\"aligncenter size-full wp-image-4853\" src=\"http:\/\/agrupacionio.com\/wp-content\/uploads\/2018\/11\/IAU100-Bolet\u00edn.jpg\" alt=\"\" width=\"800\" height=\"480\" srcset=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2018\/11\/IAU100-Bolet\u00edn.jpg 800w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2018\/11\/IAU100-Bolet\u00edn-300x180.jpg 300w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2018\/11\/IAU100-Bolet\u00edn-768x461.jpg 768w\" sizes=\"(max-width: 800px) 100vw, 800px\" \/><\/p>\n<p><strong>Bolet\u00edn de Divulgaci\u00f3n Astron\u00f3mica da Uni\u00f3n Astron\u00f3mica Internacional (<a title=\"\" href=\"http:\/\/www.iau.org\/\">IAU<\/a>)<\/strong><\/p>\n<p><strong>Decembro 2018 #2 &#8211; \u00daltimo bolet\u00edn de 2018 &amp; Especial IAU100<br \/>\n<\/strong><\/p>\n<p align=\"left\">Neste bolet\u00edn:<\/p>\n<p align=\"left\">0) Nota dos editores<br \/>\n1) Participa nas 100 Horas de Astronom\u00eda<br \/>\n2) Conv\u00e9rtete nunha \u201cEscola Einstein\u201d<br \/>\n3) Leva a Exposici\u00f3n &#8220;Arriba e m\u00e1is al\u00f3&#8221; \u00e1 t\u00faa comunidade<br \/>\n4) Celebra o D\u00eda IAU das Mulleres e Nenas na Astronom\u00eda no teu pa\u00eds<br \/>\n5) Concurso de contos &#8220;Baixo un mesmo ceo&#8221;<br \/>\n6) Convocatoria para participar no proxecto \u201cAstronom\u00eda Aberta nas Escolas\u201d<br \/>\n7) Axuda a salvar a V\u00eda L\u00e1ctea para as xeraci\u00f3ns futuras &#8211; Convocatoria aberta de kits educativos<br \/>\n8) Non perdas os simposios IAU de 2019<br \/>\n9) Encontros e actividades globais<br \/>\n10) Bolet\u00edn de divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica da IAU noutras linguas<br \/>\n11) Contribuci\u00f3ns ao bolet\u00edn de divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica da IAU<\/p>\n<p align=\"left\"><strong> 0) Nota dos editores<\/strong><\/p>\n<p align=\"left\">Prezados amigos, amigas e colegas,<\/p>\n<p align=\"left\">Case non cremos que este sexa o \u00faltimo n\u00famero do bolet\u00edn de divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica da IAU de 2018! E que fant\u00e1stica traves\u00eda foi para o noso equipo! Coa <a href=\"https:\/\/translation.iau.org\/en\/\">Rede de Traduci\u00f3n de Astronom\u00eda (ATN)<\/a> da IAU, que chega a case 350 tradutores e tradutoras en 49 idiomas diferentes. Coa <a href=\"https:\/\/www.communicatingastronomy.org\/cap2018\/\">conferencia Comunicar Astronom\u00eda co P\u00fablico 2018<\/a> en Fukuoka, Xap\u00f3n, que foi a m\u00e1is grande e diversa at\u00e9 o momento, con 460 participantes de 53 pa\u00edses diferentes. Sacamos dous n\u00fameros da <a href=\"https:\/\/www.capjournal.org\/\">revista Comunicar Astronom\u00eda co P\u00fablico<\/a>, unha publicaci\u00f3n impresa da que se distrib\u00faen internacionalmente 3000 copias. A nosa proposta de organizar o <a href=\"https:\/\/iau-oao.nao.ac.jp\/iaus358\/\">primeiro Simposio da IAU sobre Equidade, Diversidade e Inclusi\u00f3n<\/a> foi aceptada e ter\u00e1 lugar no Xap\u00f3n do 12 ao 15 de Novembro de 2019. Tam\u00e9n en 2018 a nosa oficina alcanzou a cifra de cen persoas a cargo da Coordinaci\u00f3n de Divulgaci\u00f3n Nacional (NOCs).<\/p>\n<p align=\"left\">Como en calquera outra traves\u00eda, a nosa \u00e9 moito mellor porque a compartimos con amigos e amigas de todo o mundo. Desde os e as colegas no Observatorio Astron\u00f3mico Nacional de Xap\u00f3n (NAOJ), co seu forte apoio e amizade, \u00e1 nosa familia estendida en Par\u00eds, Cidade do Cabo, Garching e Leiden. E, por suposto, nunca podemos esquecer o apoio de moitos e moitas profesionais da astronom\u00eda que forman parte da IAU, o arduo traballo das persoas que se ocupan da Coordinaci\u00f3n de Divulgaci\u00f3n Nacional e a dedicaci\u00f3n dos tradutores e tradutoras da ATN. Un grande conxunto de colaboraci\u00f3ns que temos a sorte de ter nas nosas vidas. Desexamos seguir escoit\u00e1ndovos e mantermos o apoio mutuo nesta marabillosa traves\u00eda. E que ano tan emocionante agarda por n\u00f3s!<\/p>\n<p align=\"left\">En 2019 celebraremos os 100 anos de existencia da IAU e canda iso os destacados descubrimentos e logros da astronom\u00eda que contribu\u00edron \u00e1 mellora da nosa sociedade no seu conxunto, estimulando o pensamento cr\u00edtico, a cooperaci\u00f3n internacional, a tolerancia e a paz. Non poderiamos pensar nun xeito mellor de celebralo que fac\u00e9rmolo con todos v\u00f3s.<\/p>\n<p align=\"left\">Desex\u00e1mosvos os ceos m\u00e1is despexados e todo o mellor para 2019!<\/p>\n<p align=\"left\"><em>Lina Canas, en nome do equipo da Oficina de Divulgaci\u00f3n Astron\u00f3mica da IAU<\/em><\/p>\n<p align=\"left\"><strong>1) Participa nas 100 Horas de Astronom\u00eda<\/strong><\/p>\n<p align=\"left\">Faltan poucos d\u00edas para que comece o ano de celebraci\u00f3n do centenario da Uni\u00f3n Astron\u00f3mica Internacional. Como gran evento inicial, o proxecto global \u201c100 horas de astronom\u00eda\u201d ter\u00e1 lugar entre o 10 e o 13 de xaneiro de 2019. M\u00e1is de 300 actividades en m\u00e1is de 60 pa\u00edses est\u00e1n xa rexistradas. A\u00ednda hai tempo para rexistrardes as vosas actividades astron\u00f3micas, con premios para as persoas participantes e entidades organizadoras. Todo o mundo en todo o planeta pode participar neste esforzo conxunto para levar a astronom\u00eda ao p\u00fablico xeral.<\/p>\n<p align=\"left\">Podes atopar toda a informaci\u00f3n no sitio web oficial: <a href=\"http:\/\/www.100hoursofastronomy.org\/\">http:\/\/www.100hoursofastronomy.org\/<\/a><\/p>\n<p align=\"left\"><strong>2) Conv\u00e9rtete nunha \u201cEscola Einstein\u201d<\/strong><\/p>\n<p align=\"left\">O programa \u201cEscolas Einstein\u201d anima a mozos e mozas con talento en todo o mundo a aprender e comunicar o tema da gravidade na astronom\u00eda. Como parte dunha rede internacional, as escolas poder\u00e1n compartir experiencias, beneficiarse de recursos de alta calidade e acceder a profesionais da astronom\u00eda que supervisar\u00e1n as actividades.<\/p>\n<p align=\"left\">Descubre como converterte nunha \u201cEscola Einstein\u201d no sitio web oficial: <a href=\"http:\/\/www.einsteinschools.org\/\">http:\/\/www.einsteinschools.org\/<\/a><\/p>\n<p align=\"left\"><strong>3) Leva a Exposici\u00f3n &#8220;Arriba e m\u00e1is al\u00f3&#8221; \u00e1 t\u00faa comunidade<\/strong><\/p>\n<p align=\"left\">A exposici\u00f3n de c\u00f3digo aberto IAU100 \u201cArriba e m\u00e1is al\u00f3\u201d (Above and Beyond) presenta alg\u00fans dos avances astron\u00f3micos m\u00e1is relevantes e asombrosos que deron forma \u00e1 ciencia, a tecnolox\u00eda e a cultura ao longo do s\u00e9culo pasado. Agora podedes traer esta exposici\u00f3n a un lugar pr\u00f3ximo de xeito personalizado para adaptala \u00e1s vosas necesidades.<\/p>\n<p align=\"left\">A Secretar\u00eda IAU100 lanzou tres versi\u00f3ns diferentes da exposici\u00f3n para facelas acces\u00edbeis a cada comunidade:<\/p>\n<p align=\"left\"><em>Exposici\u00f3n \u201cArriba e m\u00e1is al\u00f3\u201d completa<\/em><\/p>\n<p align=\"left\">Podedes traer ao voso pa\u00eds <a href=\"https:\/\/www.iau-100.org\/iau100-exhibition-release\">a exposici\u00f3n itinerante a gran escala<\/a> que se presentou na Asemblea Xeral da IAU en Viena .<\/p>\n<p align=\"left\"><em>Exposici\u00f3n \u201cArriba e m\u00e1is al\u00f3\u201d DIY completa<\/em><\/p>\n<p align=\"left\">Tam\u00e9n podedes producir <a href=\"https:\/\/www.dropbox.com\/sh\/ds6v00lldq1u8lj\/AAClgpoYdg0DDOmJ9YFVhWJJa?dl=0\">a vosa propia versi\u00f3n da exposici\u00f3n a gran escala<\/a> e traducila ao voso idioma.<\/p>\n<p align=\"left\"><em>Exposici\u00f3n \u201cArriba e m\u00e1is al\u00f3\u201d en versi\u00f3n reducida<\/em><\/p>\n<p align=\"left\">Unha <a href=\"https:\/\/www.dropbox.com\/sh\/l72bcvwavtl4lie\/AADvDnYNIebtDAgjaYtAbxf0a?dl=0\">versi\u00f3n reducida da exposici\u00f3n orixinal<\/a> de baixo custo.<\/p>\n<p align=\"left\">M\u00e1is informaci\u00f3n: <a href=\"https:\/\/www.iau-100.org\/exhibition-materials-release\">https:\/\/www.iau-100.org\/exhibition-materials-release<\/a><\/p>\n<p align=\"left\">Sitio web oficial da exposici\u00f3n \u201cAbove and Beyond\u201d: <a href=\"http:\/\/100exhibit.iau.org\/\">http:\/\/100exhibit.iau.org\/<\/a><\/p>\n<p align=\"left\"><strong>4) Celebra o D\u00eda IAU das Mulleres e Nenas na Astronom\u00eda no teu pa\u00eds<\/strong><\/p>\n<p align=\"left\">Baixo o lema \u201cAstronom\u00eda inclusiva\u201d as celebraci\u00f3ns IAU100 organizan unha ampla serie de actividades e eventos globais durante todo o ano para promover a inclusi\u00f3n, a equidade e a diversidade na astronom\u00eda. Estes eventos iniciaranse ao redor do 11 de febreiro de 2019 coa celebraci\u00f3n do D\u00eda IAU100 das Mulleres e Nenas na Astronom\u00eda no marco do D\u00eda Internacional das Mulleres e as Nenas nas Ciencias promovido polas Naci\u00f3ns Unidas. \u00c9 a oportunidade perfecta para celebrar a muller na astronom\u00eda e alentar as nenas a ter en conta a astronom\u00eda como destino formativo e profesional. Animamos a todas as persoas a organizar eventos na s\u00faa comunidade local.<\/p>\n<p align=\"left\">M\u00e1is informaci\u00f3n: <a href=\"https:\/\/www.inclusive-astronomy.org\/women-girls-in-astronomy\">https:\/\/www.inclusive-astronomy.org\/women-girls-in-astronomy<\/a><\/p>\n<p align=\"left\"><strong>5) Concurso de contos &#8220;Baixo un mesmo ceo&#8221;<\/strong><\/p>\n<p align=\"left\">Compr\u00e1cenos convidar a estudantes de astronom\u00eda de todo o mundo a participar no concurso de escritura IAU100 &#8220;Baixo un mesmo ceo\u201d. A IAU valora a participaci\u00f3n da mocidade nas s\u00faas actividades, e este concurso ten como obxectivo estimular a creatividade e a imaxinaci\u00f3n dos e das estudantes a trav\u00e9s de relatos breves relacionados cos temas &#8220;Baixo un mesmo ceo&#8221; e &#8220;Estrelas que inspiran&#8221;. Os e as participantes ter\u00e1n a oportunidade de asistir ao evento principal IAU100 en Bruxelas, B\u00e9lxica. O evento IAU100 \u201cBaixo un mesmo ceo\u201d ter\u00e1 lugar no Palacio das Academias en Bruxelas do 11 ao 13 de abril de 2019.<\/p>\n<p align=\"left\">M\u00e1is informaci\u00f3n: <a href=\"https:\/\/www.iau-100.org\/underonesky-storycompetition\">https:\/\/www.iau-100.org\/underonesky-storycompetition<\/a><\/p>\n<p align=\"left\"><strong>6) Convocatoria para participar no proxecto \u201cAstronom\u00eda Aberta nas Escolas\u201d<\/strong><\/p>\n<p align=\"left\">O proxecto \u201cAstronom\u00eda Aberta nas Escolas\u201d (OAS) pretende formar o profesorado para lidar con temas cient\u00edficos e mellorar as s\u00faas habilidades docentes organizando sesi\u00f3ns de formaci\u00f3n en todo o mundo, que permitan a alfabetizaci\u00f3n cient\u00edfica e a adquisici\u00f3n de t\u00e9cnicas de ensino modernas. A convocatoria achega financiamento inicial (at\u00e9 500 Euros) e apoio b\u00e1sico para alentar obradoiros de capacitaci\u00f3n docente nas rexi\u00f3ns en desenvolvemento. Estes fondos de apoio \u00e1s actividades OAS poden empregarse para producir materiais que se distrib\u00faan entre os participantes do obradoiro ou para apoiar a viaxe e aloxamento do profesorado que participe.<\/p>\n<p align=\"left\">O prazo de solicitudes estar\u00e1 aberto at\u00e9 o final das celebraci\u00f3ns IAU100. As propostas que soliciten fondos deben presentarse antes do 31 de xaneiro de 2019 \u00e1s 11:00 pm UTC. Todas as solicitudes que pidan apoio financeiro ter\u00e1n resposta final en febreiro de 2019.<\/p>\n<p align=\"left\">Podedes atopar m\u00e1is informaci\u00f3n aqu\u00ed: <a href=\"https:\/\/www.iau-100.org\/teacher-training-call\">https:\/\/www.iau-100.org\/teacher-training-call<\/a><\/p>\n<p align=\"left\">Sitio web oficial: <a href=\"https:\/\/open-astronomy-schools.org\/\">https:\/\/open-astronomy-schools.org\/<\/a><\/p>\n<p align=\"left\"><strong>7) Axuda a salvar a V\u00eda L\u00e1ctea para as xeraci\u00f3ns futuras &#8211; Convocatoria aberta de kits educativos<\/strong><\/p>\n<p align=\"left\">O proxecto global IAU100 \u201cCeos escuros para todas as persoas\u201d ten como obxectivo crear conciencia sobre a conservaci\u00f3n dos ceos escuros e o dereito das xeraci\u00f3ns futuras a seguir dispo\u00f1endo de verdadeiros ceos nocturnos. O IAU100 lanza unha convocatoria para a recepci\u00f3n do <a href=\"http:\/\/www.darkskies4all.org\/kit\/\">kit educativo &#8220;Acende a noite&#8221;<\/a> e anima ao profesorado, profesionais da astronom\u00eda e astr\u00f3nomos e astr\u00f3nomas amadoras en todo o mundo a solicitalo.<\/p>\n<p align=\"left\">Ao longo do programa global IAU100, uns 200 educadores e educadoras de todo o mundo poder\u00e1n ter este kit ao custo de produci\u00f3n. Outros 50 kits adicionais ser\u00e1n distribu\u00eddos gratuitamente pola Secretar\u00eda IAU100 a aquelas persoas que non poidan pagar o custo de produci\u00f3n. Para solicitar estas condici\u00f3ns especiais, por favor enchede a solicitude completa antes do 1 de marzo de 2019.<\/p>\n<p align=\"left\">M\u00e1is informaci\u00f3n neste enderezo web: <a href=\"https:\/\/www.iau-100.org\/darkskies-for-all\">https:\/\/www.iau-100.org\/darkskies-for-all<\/a><\/p>\n<p align=\"left\"><strong>8) Non perdas os simposios IAU de 2019<\/strong><\/p>\n<p align=\"left\">O programa de reuni\u00f3ns cient\u00edficas \u00e9 un dos medios m\u00e1is importantes polos cales a IAU persegue o seu obxectivo de promover a ciencia da astronom\u00eda a trav\u00e9s da colaboraci\u00f3n internacional. 2019 \u00e9 un ano emocionante cun programa diverso de simposios IAU en todo o mundo. Un dos elementos principais de cada simposio son os eventos sat\u00e9lites con programas educativos e de divulgaci\u00f3n que envolven os cient\u00edficos e cient\u00edficas asistentes coa comunidade en xeral.<\/p>\n<p align=\"left\">Tes m\u00e1is informaci\u00f3n para planificar con anticipaci\u00f3n un ano cheo de actividades nesta ligaz\u00f3n: <a href=\"https:\/\/www.iau.org\/science\/meetings\/future\/\">https:\/\/www.iau.org\/science\/meetings\/future\/<\/a><\/p>\n<p align=\"left\"><strong>9) Encontros e actividades globais<\/strong><\/p>\n<p align=\"left\">Aqu\u00ed tes unha listaxe de eventos e conferencias de divulgaci\u00f3n e educaci\u00f3n astron\u00f3mica en todo o mundo. Planifica un ano cheo de acontecementos interesantes!<\/p>\n<p>a) <strong>IAU100: 100 Horas de Astronom\u00eda<\/strong><br \/>\n<em>Datas:<\/em> do 10 ao 13 de xaneiro de 2019<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> todo o mundo<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"https:\/\/www.100hoursofastronomy.org\/\">https:\/\/www.100hoursofastronomy.org\/<\/a><\/p>\n<p>b) <strong>IAU100: D\u00eda das Mulleres e as Nenas na Astronom\u00eda<\/strong><br \/>\n<em>Datas:<\/em> 11 de febreiro de 2019<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> todo o mundo<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"https:\/\/www.inclusive-astronomy.org\/women-girls-in-astronomy\">https:\/\/www.inclusive-astronomy.org\/women-girls-in-astronomy<\/a><\/p>\n<p>c) Encontro rexional asi\u00e1tico \u201cGlobal Hands-On Universe\u201d<br \/>\n<em>Datas:<\/em> do 6 ao 8 de marzo de 2019<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Pokhara, Nepal<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n: <\/em><a href=\"https:\/\/sites.google.com\/view\/ghou-asia-regional-conference\/home\">https:\/\/sites.google.com\/view\/ghou-asia-regional-conference\/home<\/a><\/p>\n<p>d) 8\u00aa conferencia internacional \u201cNovas perspectivas en educaci\u00f3n cient\u00edfica\u201d<br \/>\n<em>Datas:<\/em> 21 e 22 de marzo 2019<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Florencia, Italia<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"https:\/\/conference.pixel-online.net\/NPSE\/\">https:\/\/conference.pixel-online.net\/NPSE\/<\/a><\/p>\n<p>e) Noite de Yuri<br \/>\n<em>Data:<\/em> 12 de abril de 2019<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> todo o mundo<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"https:\/\/yurisnight.net\/\">https:\/\/yurisnight.net\/<\/a><\/p>\n<p>f) Semana europea da astronom\u00eda e ciencias do espazo<br \/>\n<em>Datas:<\/em> do 24 ao 28 de xu\u00f1o de 2019<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Lyon, Francia<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"https:\/\/eas.unige.ch\/\/EWASS\/\">https:\/\/eas.unige.ch\/\/EWASS\/<\/a><\/p>\n<p>g) V Festival Starmus: un paso de xigante<br \/>\n<em>Datas:<\/em> do 24 ao 29 de xu\u00f1o de 2019<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Berna, Su\u00edza<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"https:\/\/www.starmus.com\/\">https:\/\/www.starmus.com\/<\/a><\/p>\n<p>h) D\u00eda do asteroide<br \/>\n<em>Data:<\/em> 30 de xu\u00f1o de 2019<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> todo o mundo<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"http:\/\/asteroidday.org\/\">http:\/\/asteroidday.org\/<\/a><\/p>\n<p>i) 3\u00ba Obradoiro sobre Divulgaci\u00f3n e Educaci\u00f3n da Astronom\u00eda (WDEA III)<br \/>\n<em>Datas:<\/em> 2 de xullo (Eclipse solar) e do 4 ao 5 de xullo de 2019<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> San Juan, Argentina<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"http:\/\/sion.frm.utn.edu.ar\/WDEAIII\/\">http:\/\/sion.frm.utn.edu.ar\/WDEAIII\/<\/a><\/p>\n<p>l) <strong>IAU100: 50\u00ba aniversario da chegada \u00e1 L\u00faa \u2013 Observemos a L\u00faa!<\/strong><br \/>\nData: 20 de xullo de 2019<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> todo o mundo<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"https:\/\/www.iau-100.org\/moon-landing-anniversary\">https:\/\/www.iau-100.org\/moon-landing-anniversary<\/a><\/p>\n<p>Esquecemos algo? Ent\u00f3n comparte os teus encontros sobre educaci\u00f3n e divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica con n\u00f3s v\u00eda outreach@iau.org.<\/p>\n<p><strong>11<\/strong><strong>) Bolet\u00edn de divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica da IAU noutras linguas<\/strong><\/p>\n<p>-Traduci\u00f3n ao <strong>serbio<\/strong>, elaborada pola doutora Liliana Gracanin de Serbia: <a href=\"https:\/\/twitter.com\/IAU_srpski\">https:\/\/twitter.com\/IAU_srpski<\/a>;<\/p>\n<p>-Traduci\u00f3ns ao <strong>xapon\u00e9s<\/strong> a cargo de Akihiko Tomita a trav\u00e9s da Rede de Traduci\u00f3n Astron\u00f3mica: <a href=\"http:\/\/bit.ly\/2xlNyCR\">http:\/\/bit.ly\/2xlNyCR<\/a>. Se queres recibir a traduci\u00f3n ao xapon\u00e9s do bolet\u00edn, subscr\u00edbete \u00e1 Asociaci\u00f3n Xaponesa de Astr\u00f3nomos Afeccionados, <a href=\"http:\/\/www.jaaa-astro.jp\/jaaa-ml.html\">http:\/\/www.jaaa-astro.jp\/jaaa-ml.html<\/a>, ou \u00e1 Sociedade Xaponesa pola Educaci\u00f3n e Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda, <a href=\"http:\/\/www.tenkyo.net\/\">http:\/\/www.tenkyo.net\/<\/a>;<\/p>\n<p>-Traduci\u00f3ns ao <strong>galego<\/strong>, por Martin Pawley da Agrupaci\u00f3n Astron\u00f3mica Coru\u00f1esa \u00cdo, en Espa\u00f1a, aqu\u00ed: <a href=\"http:\/\/agrupacionio.com\/gl\/tag\/boletin-iau\">http:\/\/agrupacionio.com\/gl\/tag\/boletin-iau<\/a>;<\/p>\n<p>-Traduci\u00f3ns ao <strong>espa\u00f1ol<\/strong>, elaboradas por Emilio Z\u00fa\u00f1iga, da Asociaci\u00f3n de Astr\u00f3nomos Aficionados de Le\u00f3n, Nicaragua: <a href=\"http:\/\/asafile.blogspot.jp\/p\/blog-page_12.html\">http:\/\/asafile.blogspot.jp\/p\/blog-page_12.html<\/a>;<\/p>\n<p>-Traduci\u00f3n ao <strong>italiano<\/strong>, feitas por Eleonora Piromalli, <a href=\"http:\/\/www.astronomiamo.it\/\">AstronomiAmo<\/a>, de Italia, nesta ligaz\u00f3n: <a href=\"https:\/\/www.astronomiamo.it\/DivulgazioneAstronomica\/Newsletter-IAU\/last\">https:\/\/www.astronomiamo.it\/DivulgazioneAstronomica\/Newsletter-IAU\/last<\/a><\/p>\n<p>-Traduci\u00f3n ao <strong>ruso<\/strong>, elaboradas por Artem Mokhnaktin, do Observatorio Astron\u00f3mico Central da Academia Rusa das Ciencias en Pulkovo. Podes atopar as \u00faltimas traduci\u00f3ns do bolet\u00edn <a href=\"https:\/\/vk.com\/iau_public_outreach\">aqu\u00ed<\/a>.<\/p>\n<p>-Traduci\u00f3n ao <strong>portugu\u00e9s<\/strong> elaborada por Catarina Leote e Jo\u00e3o Ferreira a trav\u00e9s do grupo de lingua portuguesa da Rede de Traduci\u00f3n Astron\u00f3mica (o n\u00famero anterior do bolet\u00edn est\u00e1 <a href=\"http:\/\/ow.ly\/jrtW30mNhdf\"><u>aqu\u00ed<\/u><\/a>).<\/p>\n<p>Se est\u00e1s interesado en traducir o noso bolet\u00edn ao teu idioma, por favor contacta con n\u00f3s v\u00eda outreach@iau.org.<\/p>\n<p><strong>12) Contribuci\u00f3ns ao bolet\u00edn de divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica da IAU<\/strong><\/p>\n<p>Na Oficina de Divulgaci\u00f3n Astron\u00f3mica da IAU sempre estamos buscando noticias sobre educaci\u00f3n e divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica en todo o mundo. Por favor, continuade compartindo as vosas historias con n\u00f3s! Se est\u00e1s organizando actividades a gran escala a nivel rexional ou internacional, ofreces postos de traballo de educaci\u00f3n e comunicaci\u00f3n da astronom\u00eda, tes proxectos innovadores ou historias inspiradoras, buscas colaboraci\u00f3n ProAm en astronom\u00eda ou creaches recursos educativos, f\u00e1inolo saber por correo electr\u00f3nico: outreach@iau.org.<\/p>\n<p>Podedes enviarnos as vosas suxesti\u00f3ns at\u00e9 o d\u00eda 4 de cada mes (para o primeiro bolet\u00edn) e at\u00e9 o 17 (para o segundo bolet\u00edn). Desexamos recibir noticias vosas!<\/p>\n<p><em>Traduci\u00f3n: Martin Pawley (Agrupaci\u00f3n \u00cdo). Podes consultar o bolet\u00edn en ingl\u00e9s <a href=\"https:\/\/mailchi.mp\/iau\/iauoutreachnewsletter_2december2018\">nesta ligaz\u00f3n<\/a>.<\/em><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Bolet\u00edn de Divulgaci\u00f3n Astron\u00f3mica da Uni\u00f3n Astron\u00f3mica Internacional (IAU) Decembro 2018 #2 &#8211; \u00daltimo bolet\u00edn de 2018 &amp; Especial IAU100 Neste bolet\u00edn: 0) Nota dos editores 1) Participa nas 100 Horas de Astronom\u00eda 2) Conv\u00e9rtete nunha \u201cEscola Einstein\u201d 3) Leva a Exposici\u00f3n &#8220;Arriba e m\u00e1is al\u00f3&#8221; \u00e1 t\u00faa comunidade 4) Celebra o D\u00eda IAU das Mulleres e Nenas na Astronom\u00eda no teu pa\u00eds 5) Concurso&#8230; <\/p>\n<p class=\"more\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/boletin-de-divulgacion-da-iau-decembro-2018-2\/\">Read More<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[51],"tags":[188],"class_list":["post-4935","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-noticias-gl","tag-boletin-iau"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4935","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=4935"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4935\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=4935"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=4935"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=4935"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}