{"id":4916,"date":"2018-12-27T01:55:40","date_gmt":"2018-12-26T23:55:40","guid":{"rendered":"http:\/\/agrupacionio.com\/?p=4916"},"modified":"2018-12-27T01:55:40","modified_gmt":"2018-12-26T23:55:40","slug":"boletin-de-divulgacion-da-iau-decembro-2018-1","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/boletin-de-divulgacion-da-iau-decembro-2018-1\/","title":{"rendered":"Bolet\u00edn de divulgaci\u00f3n da IAU: Decembro 2018 #1"},"content":{"rendered":"<p><img fetchpriority=\"high\" decoding=\"async\" class=\"aligncenter size-full wp-image-4853\" src=\"http:\/\/agrupacionio.com\/wp-content\/uploads\/2018\/11\/IAU100-Bolet\u00edn.jpg\" alt=\"\" width=\"800\" height=\"480\" srcset=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2018\/11\/IAU100-Bolet\u00edn.jpg 800w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2018\/11\/IAU100-Bolet\u00edn-300x180.jpg 300w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2018\/11\/IAU100-Bolet\u00edn-768x461.jpg 768w\" sizes=\"(max-width: 800px) 100vw, 800px\" \/><\/p>\n<p><strong>Bolet\u00edn de Divulgaci\u00f3n Astron\u00f3mica da Uni\u00f3n Astron\u00f3mica Internacional (<a title=\"\" href=\"http:\/\/www.iau.org\/\">IAU<\/a>)<\/strong><\/p>\n<p><strong>Decembro 2018 #1<\/strong><\/p>\n<p align=\"left\">Neste bolet\u00edn:<\/p>\n<p align=\"left\">0) Nota dos editores<br \/>\n1) Os e as astr\u00f3nomas da IAU participan activamente en eventos de divulgaci\u00f3n<br \/>\n2) Lanzamento do concurso de contos &#8220;Baixo un mesmo ceo\u201d<br \/>\n3) Celebra no teu pa\u00eds o D\u00eda das Mulleres e as Nenas na Astronom\u00eda IAU100<br \/>\n4) Leva a exposici\u00f3n \u201cArriba e m\u00e1is al\u00e1&#8221; \u00e1 t\u00faa comunidade<br \/>\n5) Novas de Armenia<br \/>\n6) Novas de Xap\u00f3n<br \/>\n7) Sons do sistema: Traendo \u00e1 Terra a m\u00fasica das esferas<br \/>\n8) IDiverSE, Illas da Diversidade para a educaci\u00f3n cient\u00edfica<br \/>\n9) Encontros e actividades globais<br \/>\n10) Bolet\u00edn de divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica da IAU noutras linguas<br \/>\n11) Contribuci\u00f3ns ao bolet\u00edn de divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica da IAU<\/p>\n<p align=\"left\"><strong>0) Nota dos editores<\/strong><\/p>\n<p align=\"left\">Al\u00e9granos anunciar que a conferencia &#8220;Comunicar Astronom\u00eda co P\u00fablico 2018&#8221; en Fukuoka, Xap\u00f3n, foi premiada pola Oficina de Convenci\u00f3ns de Turismo de Fukuoka, co Premio \u00e1 Conferencia Internacional 2018\/2019 polo seu \u00e9xito en traer \u00e1 cidade a case 450 participantes de 53 pa\u00edses. O premio foi recollido polo director da oficina IAU de divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica, Hidehiko Agata.<\/p>\n<p align=\"left\">Falta pouco para 2019 e o n\u00famero de actividades rexistradas para o IAU100 est\u00e1 a aumentar. As \u201c100 horas de astronom\u00eda\u201d acadaron os 100 eventos rexistrados, lanzouse o concurso de contos &#8220;Baixo un mesmo ceo&#8221; e a Exposici\u00f3n \u201cArriba e m\u00e1is al\u00e1 (Above and Beyond)\u201d ten agora versi\u00f3ns personalizadas de acordo coas necesidades da comunidade global. E non esquezades o proxecto \u201cD\u00eda das Mulleres e as Nenas na Astronom\u00eda\u201d ou as \u201cEscolas Einstein\u201d. Podes seguir as <a href=\"https:\/\/www.iau-100.org\/news\">\u00faltimas noticias<\/a> subscrib\u00edndote \u00e1s nosas diversas canles.<\/p>\n<p align=\"left\">Neste n\u00famero destacamos un estudo publicado na revista \u201cNature Astronomy\u201d sobre a extraordinaria participaci\u00f3n dos e das astr\u00f3nomas en eventos p\u00fablicos, o proxecto \u201cSons de sistema\u201d da Oficina de Astronom\u00eda para o Desenvolvemento (OAD) da IAU e o proxecto \u201cIllas da Diversidade para a educaci\u00f3n cient\u00edfica\u201d.<\/p>\n<p align=\"left\">Por \u00faltimo, mais non \u00e9 menos importante, queremos darvos as grazas a todas as persoas que nos ledes e \u00e1 comunidade xeral por compartirdes constantemente as vosas historias connosco. Agora que nos estamos achegando ao 2019, cont\u00e1denos como ides celebrar a astronom\u00eda o ano que v\u00e9n.<\/p>\n<p align=\"left\">Desex\u00e1mosvos unha feliz lectura e ceos despexados!<\/p>\n<p align=\"left\">O equipo da oficina IAU de divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica.<\/p>\n<p align=\"left\"><strong> 1) Os e as astr\u00f3nomas da IAU participan activamente en eventos de divulgaci\u00f3n<\/strong><\/p>\n<p align=\"left\">Un estudo das actividades de divulgaci\u00f3n publicado na revista Nature Astronomy presentou os resultados dunha enquisa efectuada entre 2587 membros da IAU. A enquisa \u00e9 o maior estudo sistem\u00e1tico sobre divulgaci\u00f3n feito entre as persoas que se dedican profesionalmente \u00e1 astronom\u00eda. Determinouse que os e as astr\u00f3nomas mostran un excepcional impulso interno para organizar e participar en actividades de comunicaci\u00f3n cient\u00edfica.<\/p>\n<p align=\"left\">O comunicado de prensa completo da IAU est\u00e1 aqu\u00ed: <a href=\"https:\/\/www.iau.org\/news\/pressreleases\/detail\/iau1813\/\">https:\/\/www.iau.org\/news\/pressreleases\/detail\/iau1813\/<\/a><\/p>\n<p align=\"left\"><strong>2) Lanzamento do concurso de contos &#8220;Baixo un mesmo ceo\u201d<\/strong><\/p>\n<p align=\"left\">Temos o pracer de convidar a estudantes de astronom\u00eda de todo o mundo a que participen no concurso de escritura IAU100 &#8220;Baixo un mesmo ceo&#8221;. A IAU promove a participaci\u00f3n de xoves cient\u00edficos e cient\u00edficas nas s\u00faas actividades, e este concurso ten como obxectivo estimular a creatividade e a imaxinaci\u00f3n dos e das estudantes ao solicitarlles historias curtas escritas que encaixen cos lemas &#8220;Baixo un mesmo ceo&#8221; e &#8220;Estrelas que inspiran&#8221;. As persoas que participen ter\u00e1n a oportunidade de asistir ao evento principal de IAU100 en Bruxelas, B\u00e9lxica. O evento IAU100 \u201cBaixo un mesmo ceo\u201d ter\u00e1 lugar no Palacio das Academias en Bruxelas do 11 ao 13 de abril de 2019.<\/p>\n<p align=\"left\">M\u00e1is informaci\u00f3n: <a href=\"https:\/\/www.iau-100.org\/underonesky-storycompetition\">https:\/\/www.iau-100.org\/undergrounds-storycompetition<\/a><\/p>\n<p align=\"left\"><strong>3) Celebra no teu pa\u00eds o D\u00eda das Mulleres e as Nenas na Astronom\u00eda IAU100<\/strong><\/p>\n<p align=\"left\">Baixo o lema &#8220;Astronom\u00eda Inclusiva&#8221;, as celebraci\u00f3ns IAU100 organizar\u00e1n unha ampla serie de actividades e eventos globais durante todo o ano que promover\u00e1n a inclusi\u00f3n, a equidade e a diversidade na astronom\u00eda. Estes eventos iniciaranse canda a celebraci\u00f3n do D\u00eda das Mulleres e as Nenas na Astronom\u00eda o 11 de febreiro de 2019 no marco do D\u00eda Internacional das Mulleres e as Nenas na Ciencia que impulsa a Organizaci\u00f3n das Naci\u00f3ns Unidas. \u00c9 a oportunidade perfecta para alentarmos as mozas a interesarse pola carreira de astronom\u00eda e celebrarmos as mulleres astr\u00f3nomas. Alentamos a todas as persoas a participar no D\u00eda das Mulleres e as Nenas na Astronom\u00eda organizando eventos nas vosas comunidades locais.<\/p>\n<p align=\"left\">M\u00e1is informaci\u00f3n: <a href=\"https:\/\/www.iau-100.org\/women-and-girls-in-astronomy-day\">https:\/\/www.iau-100.org\/women-and-girls-in-astronomy-day<\/a><\/p>\n<p align=\"left\"><strong>4) Leva a exposici\u00f3n \u201cArriba e m\u00e1is al\u00e1&#8221; \u00e1 t\u00faa comunidade<\/strong><\/p>\n<p align=\"left\">A exposici\u00f3n de c\u00f3digo aberto IAU100 \u201cAbove and Beyond (Arriba e m\u00e1is al\u00e1)\u201d presenta alg\u00fans dos avances astron\u00f3micos m\u00e1is relevantes e asombrosos que deron forma \u00e1 ciencia, a tecnolox\u00eda e a cultura ao longo do s\u00e9culo pasado. Agora podes levar esta exposici\u00f3n a un espazo pr\u00f3ximo dunha maneira personalizada que se adapte \u00e1s necesidades da t\u00faa comunidade. A secretar\u00eda IAU100 acaba de lanzar tres versi\u00f3ns da exposici\u00f3n que poden adaptarse e personalizarse para facilitar a s\u00faa exhibici\u00f3n en cada territorio.<\/p>\n<p align=\"left\">Podes ler m\u00e1is informaci\u00f3n aqu\u00ed: <a href=\"https:\/\/www.iau-100.org\/exhibition-materials-release\">https:\/\/www.iau-100.org\/exhibition-materials-release<\/a><\/p>\n<p align=\"left\"><strong>5) Novas de Armenia<\/strong><\/p>\n<p align=\"left\"><em>Sintamos o Cosmos<\/em><\/p>\n<p align=\"left\">O Proxecto &#8220;Sintamos o Cosmos\u201d ga\u00f1ou unha bolsa da Awesome Foundation en Armenia. &#8220;Sintamos o Cosmos&#8221; ten como obxectivo presentarlles o universo aos nenos e nenas con discapacidades visuais e est\u00e1 dirixido por un grupo de oito estudantes de 12 e 13 anos. Este \u00e9 o primeiro proxecto que desenvolven. Despois de asistir ao seu club de astronom\u00eda durante un ano, o grupo acumulou co\u00f1ecemento abondo para compartilo con outras persoas. &#8220;Compartir \u00e9 a mellor maneira de entender o que aprenderon. Ademais, compartir \u00e9 a mellor maneira de abrir os seus coraz\u00f3ns e mentes&#8221;, di Armine Patatanyan, coordinadora do proxecto.<\/p>\n<p align=\"left\">Tes m\u00e1is informaci\u00f3n sobre &#8220;Sintamos o Cosmos&#8221; nesta ligaz\u00f3n: <a href=\"https:\/\/www.awesomefoundation.org\/en\/projects\/109330-let-s-feel-the-cosmos\">https:\/\/www.awesomefoundation.org\/en\/projects\/109330-let-s-feel-the-cosmos<\/a><\/p>\n<p align=\"left\"><em>Grazas a Armine Patatanyan por compartir a historia connosco.<\/em><\/p>\n<p><strong>6) Novas de Xap\u00f3n<\/strong><\/p>\n<p><em>&#8220;Stella Nova 2018&#8221;, reuni\u00f3n de astr\u00f3nomos e astr\u00f3nomas profesionais e amadores en Xap\u00f3n.<\/em><\/p>\n<p>Hai moitas persoas afeccionadas \u00e1 astronom\u00eda no Xap\u00f3n con ansia por descubrir novos obxectos astron\u00f3micos. O 17 e 18 de novembro, o campus do NAOJ en Mitaka celebrou unha reuni\u00f3n dedicada a estes astr\u00f3nomos e astr\u00f3nomas afeccionadas. O encontro, cun total de 90 participantes, xuntou a profesionais e afeccionados e afeccionadas para compartiren interesantes conferencias e frut\u00edferas discusi\u00f3ns sobre temas que van desde o descubrimento de cometas at\u00e9 as novas e as supernovas.<\/p>\n<p>Podes atopar m\u00e1is informaci\u00f3n aqu\u00ed (en xapon\u00e9s): <a href=\"https:\/\/www.nayoro-obs.jp\/stellanova2018\/\">https:\/\/www.nayoro-obs.jp\/stellanova2018\/<\/a><\/p>\n<p><em>Grazas a Hitoshi Yamaoka, NOC da IAU no Xap\u00f3n, por compartir esta historia connosco.<\/em><\/p>\n<p><strong>7) Sons do sistema: Traendo \u00e1 Terra a m\u00fasica das esferas<\/strong><\/p>\n<p>Sons do sistema \u00e9 un proxecto de ciencia e arte que traduce os sistemas e datos astron\u00f3micos en m\u00fasica e son, para logo integralos en v\u00eddeos de alta calidade cun grande atractivo para o p\u00fablico. Logo do \u00e9xito dos lanzamentos iniciais sobre TRAPPIST-1 e Saturno, o equipo desexa estender agora este proxecto a outros sistemas po\u00f1endo o foco en obxectos ben co\u00f1ecidos e descubrimentos astron\u00f3micos de interese xornal\u00edstico.<\/p>\n<p>Podes atopar m\u00e1is informaci\u00f3n sobre o proxecto aqu\u00ed: <a href=\"https:\/\/bit.ly\/2C0vbWn\">https:\/\/bit.ly\/2C0vbWn<\/a><\/p>\n<p><strong>8) IDiverSE, Illas da Diversidade para a educaci\u00f3n cient\u00edfica<\/strong><\/p>\n<p>IDiverSE ten como obxectivo proporcionar ao profesorado ferramentas, co\u00f1ecemento e apoio para guiar os e as estudantes na exploraci\u00f3n de metodolox\u00edas innovadoras. Entre elas, a colaboraci\u00f3n entre diferentes illas do mundo, o descubrimento de importantes temas globais e locais e a creaci\u00f3n de soluci\u00f3ns pr\u00e1cticas e efectivas para promover o desenvolvemento comunitario e a concienciaci\u00f3n. IDiverSE proporciona acceso a actividades que axudar\u00e1n a docentes e estudantes a trav\u00e9s de simulaci\u00f3ns divertidas e interactivas e experiencias de aprendizaxe moi atractivas.<\/p>\n<p>Podes descubrir m\u00e1is neste sitio web: <a href=\"https:\/\/bit.ly\/2RNDVo9\">https:\/\/bit.ly\/2RNDVo9<\/a><\/p>\n<p><strong>9) Encontros e actividades globais de 2018<\/strong><\/p>\n<p>Aqu\u00ed tes unha listaxe de eventos e conferencias de divulgaci\u00f3n e educaci\u00f3n astron\u00f3mica en todo o mundo. Planifica un ano cheo de acontecementos interesantes!<\/p>\n<p>a) IAU100: 100 Horas de Astronom\u00eda<br \/>\n<em>Datas:<\/em> do 10 ao 13 de xaneiro de 2019<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> todo o mundo<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"https:\/\/www.100hoursofastronomy.org\/\">https:\/\/www.100hoursofastronomy.org\/<\/a><\/p>\n<p>b) IAU100: D\u00eda das Mulleres e as Nenas na Astronom\u00eda<br \/>\n<em>Datas:<\/em> 11 de febreiro de 2019<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> todo o mundo<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"https:\/\/www.inclusive-astronomy.org\/women-girls-in-astronomy\">https:\/\/www.inclusive-astronomy.org\/women-girls-in-astronomy<\/a><\/p>\n<p>c) Encontro rexional asi\u00e1tico \u201cGlobal Hands-On Universe\u201d<br \/>\n<em>Datas:<\/em> do 6 ao 8 de marzo de 2019<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Pokhara, Nepal<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n: <\/em><a href=\"https:\/\/sites.google.com\/view\/ghou-asia-regional-conference\/home\">https:\/\/sites.google.com\/view\/ghou-asia-regional-conference\/home<\/a><\/p>\n<p>d) 8\u00aa conferencia internacional &#8220;Novas perspectivas en educaci\u00f3n cient\u00edfica&#8221;<br \/>\n<em>Datas:<\/em> 21 e 22 de marzo 2019<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Florencia, Italia<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"https:\/\/conference.pixel-online.net\/NPSE\/\">https:\/\/conference.pixel-online.net\/NPSE\/<\/a><\/p>\n<p>e) Noite de Yuri<br \/>\n<em>Data:<\/em> 12 de abril de 2019<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> todo o mundo<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"https:\/\/yurisnight.net\/\">https:\/\/yurisnight.net\/<\/a><\/p>\n<p>f) Semana europea da astronom\u00eda e ciencias do espazo<br \/>\n<em>Datas:<\/em> do 24 ao 28 de xu\u00f1o de 2019<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Lyon, Francia<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"https:\/\/eas.unige.ch\/\/EWASS\/\">https:\/\/eas.unige.ch\/\/EWASS\/<\/a><\/p>\n<p>g) V Festival Starmus: un paso de xigante<br \/>\n<em>Datas:<\/em> do 24 ao 29 de xu\u00f1o de 2019<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Berna, Su\u00edza<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"https:\/\/www.starmus.com\/\">https:\/\/www.starmus.com\/<\/a><\/p>\n<p>h) D\u00eda do asteroide<br \/>\n<em>Data:<\/em> 30 de xu\u00f1o de 2019<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> todo o mundo<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"http:\/\/asteroidday.org\/\">http:\/\/asteroidday.org\/<\/a><\/p>\n<p>i) 3\u00ba Obradoiro sobre Divulgaci\u00f3n e Educaci\u00f3n da Astronom\u00eda (WDEA III)<br \/>\n<em>Datas:<\/em> 2 de xullo (Eclipse solar) e do 4 ao 5 de xullo de 2019<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> San Juan, Argentina<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"http:\/\/sion.frm.utn.edu.ar\/WDEAIII\/\">http:\/\/sion.frm.utn.edu.ar\/WDEAIII\/<\/a><\/p>\n<p>l) IAU100: 50\u00ba aniversario da chegada \u00e1 L\u00faa &#8211; Observemos a L\u00faa!<br \/>\nData: 20 de xullo de 2019<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> todo o mundo<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"https:\/\/www.iau-100.org\/moon-landing-anniversary\">https:\/\/www.iau-100.org\/moon-landing-anniversary<\/a><\/p>\n<p>Esquecemos algo? Ent\u00f3n comparte os teus encontros sobre educaci\u00f3n e divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica con n\u00f3s v\u00eda outreach@iau.org.<\/p>\n<p><strong>11<\/strong><strong>) Bolet\u00edn de divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica da IAU noutras linguas<\/strong><\/p>\n<p>-Traduci\u00f3n ao <strong>serbio<\/strong>, elaborada pola doutora Liliana Gracanin de Serbia: <a href=\"https:\/\/twitter.com\/IAU_srpski\">https:\/\/twitter.com\/IAU_srpski<\/a>;<\/p>\n<p>-Traduci\u00f3ns ao <strong>xapon\u00e9s<\/strong> a cargo de Akihiko Tomita a trav\u00e9s da Rede de Traduci\u00f3n Astron\u00f3mica: <a href=\"http:\/\/bit.ly\/2xlNyCR\">http:\/\/bit.ly\/2xlNyCR<\/a>. Se queres recibir a traduci\u00f3n ao xapon\u00e9s do bolet\u00edn, subscr\u00edbete \u00e1 Asociaci\u00f3n Xaponesa de Astr\u00f3nomos Afeccionados, <a href=\"http:\/\/www.jaaa-astro.jp\/jaaa-ml.html\">http:\/\/www.jaaa-astro.jp\/jaaa-ml.html<\/a>, ou \u00e1 Sociedade Xaponesa pola Educaci\u00f3n e Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda, <a href=\"http:\/\/www.tenkyo.net\/\">http:\/\/www.tenkyo.net\/<\/a>;<\/p>\n<p>-Traduci\u00f3ns ao <strong>galego<\/strong>, por Martin Pawley da Agrupaci\u00f3n Astron\u00f3mica Coru\u00f1esa \u00cdo, en Espa\u00f1a, aqu\u00ed: <a href=\"http:\/\/agrupacionio.com\/gl\/tag\/boletin-iau\">http:\/\/agrupacionio.com\/gl\/tag\/boletin-iau<\/a>;<\/p>\n<p>-Traduci\u00f3ns ao <strong>espa\u00f1ol<\/strong>, elaboradas por Emilio Z\u00fa\u00f1iga, da Asociaci\u00f3n de Astr\u00f3nomos Aficionados de Le\u00f3n, Nicaragua: <a href=\"http:\/\/asafile.blogspot.jp\/p\/blog-page_12.html\">http:\/\/asafile.blogspot.jp\/p\/blog-page_12.html<\/a>;<\/p>\n<p>-Traduci\u00f3n ao <strong>italiano<\/strong>, feitas por Eleonora Piromalli, <a href=\"http:\/\/www.astronomiamo.it\/\">AstronomiAmo<\/a>, de Italia, nesta ligaz\u00f3n: <a href=\"https:\/\/www.astronomiamo.it\/DivulgazioneAstronomica\/Newsletter-IAU\/last\">https:\/\/www.astronomiamo.it\/DivulgazioneAstronomica\/Newsletter-IAU\/last<\/a><\/p>\n<p>-Traduci\u00f3n ao <strong>ruso<\/strong>, elaboradas por Artem Mokhnaktin, do Observatorio Astron\u00f3mico Central da Academia Rusa das Ciencias en Pulkovo. Podes atopar as \u00faltimas traduci\u00f3ns do bolet\u00edn <a href=\"https:\/\/vk.com\/iau_public_outreach\">aqu\u00ed<\/a>.<\/p>\n<p>-Traduci\u00f3n ao <strong>portugu\u00e9s<\/strong> elaborada por Catarina Leote e Jo\u00e3o Ferreira a trav\u00e9s do grupo de lingua portuguesa da Rede de Traduci\u00f3n Astron\u00f3mica (o n\u00famero anterior do bolet\u00edn est\u00e1 <a href=\"http:\/\/ow.ly\/jrtW30mNhdf\"><u>aqu\u00ed<\/u><\/a>).<\/p>\n<p>Se est\u00e1s interesado en traducir o noso bolet\u00edn ao teu idioma, por favor contacta con n\u00f3s v\u00eda outreach@iau.org.<\/p>\n<p><strong>12) Contribuci\u00f3ns ao bolet\u00edn de divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica da IAU<\/strong><\/p>\n<p>Na Oficina de Divulgaci\u00f3n Astron\u00f3mica da IAU sempre estamos buscando noticias sobre educaci\u00f3n e divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica en todo o mundo. Por favor, continuade compartindo as vosas historias con n\u00f3s! Se est\u00e1s organizando actividades a gran escala a nivel rexional ou internacional, ofreces postos de traballo de educaci\u00f3n e comunicaci\u00f3n da astronom\u00eda, tes proxectos innovadores ou historias inspiradoras, buscas colaboraci\u00f3n ProAm en astronom\u00eda ou creaches recursos educativos, f\u00e1inolo saber por correo electr\u00f3nico: outreach@iau.org.<\/p>\n<p>Podedes enviarnos as vosas suxesti\u00f3ns at\u00e9 o d\u00eda 4 de cada mes (para o primeiro bolet\u00edn) e at\u00e9 o 17 (para o segundo bolet\u00edn). Desexamos recibir noticias vosas!<\/p>\n<p><em>Traduci\u00f3n: Martin Pawley (Agrupaci\u00f3n \u00cdo). Podes consultar o bolet\u00edn en ingl\u00e9s <a href=\"https:\/\/us11.campaign-archive.com\/?e=[UNIQID]&amp;u=0ecb46e29196a0f367daf3dd6&amp;id=7ef9fd121c\">nesta ligaz\u00f3n<\/a>.<\/em><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Bolet\u00edn de Divulgaci\u00f3n Astron\u00f3mica da Uni\u00f3n Astron\u00f3mica Internacional (IAU) Decembro 2018 #1 Neste bolet\u00edn: 0) Nota dos editores 1) Os e as astr\u00f3nomas da IAU participan activamente en eventos de divulgaci\u00f3n 2) Lanzamento do concurso de contos &#8220;Baixo un mesmo ceo\u201d 3) Celebra no teu pa\u00eds o D\u00eda das Mulleres e as Nenas na Astronom\u00eda IAU100 4) Leva a exposici\u00f3n \u201cArriba e m\u00e1is al\u00e1&#8221; \u00e1&#8230; <\/p>\n<p class=\"more\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/boletin-de-divulgacion-da-iau-decembro-2018-1\/\">Read More<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[51],"tags":[188],"class_list":["post-4916","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-noticias-gl","tag-boletin-iau"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4916","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=4916"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4916\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=4916"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=4916"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=4916"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}