{"id":4852,"date":"2018-11-26T01:24:22","date_gmt":"2018-11-25T23:24:22","guid":{"rendered":"http:\/\/agrupacionio.com\/?p=4852"},"modified":"2018-11-26T01:24:22","modified_gmt":"2018-11-25T23:24:22","slug":"boletin-de-divulgacion-da-iau-novembro-2018-1","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/boletin-de-divulgacion-da-iau-novembro-2018-1\/","title":{"rendered":"Bolet\u00edn de divulgaci\u00f3n da IAU: Novembro 2018 #1"},"content":{"rendered":"<p><img fetchpriority=\"high\" decoding=\"async\" class=\"aligncenter size-shareaholic-thumbnail wp-image-4853\" src=\"http:\/\/agrupacionio.com\/wp-content\/uploads\/2018\/11\/IAU100-Bolet\u00edn-640x384.jpg\" alt=\"\" width=\"640\" height=\"384\" \/><\/p>\n<p><strong>Bolet\u00edn de Divulgaci\u00f3n Astron\u00f3mica da Uni\u00f3n Astron\u00f3mica Internacional (<a title=\"\" href=\"http:\/\/www.iau.org\/\">IAU<\/a>)<\/strong><\/p>\n<p><strong>Novembro 2018 #1<\/strong><\/p>\n<p align=\"left\">Neste bolet\u00edn:<\/p>\n<p align=\"left\">0) Nota dos editores<br \/>\n1) Premio \u201cDark Sky Defender\u201d para Globe At Night &#8211; Rede de seguimento do brillo do ceo<br \/>\n2) Convocatoria aberta de cartas de intenci\u00f3n para establecer a Oficina de Astronom\u00eda para a Educaci\u00f3n da IAU<br \/>\n3) Premio de Doutoramento da IAU<br \/>\n4) Celebraci\u00f3ns IAU100 en todo o planeta<br \/>\n5) Novas de Espa\u00f1a<br \/>\n6) Novas de Brasil<br \/>\n7) Caf\u00e9s cient\u00edficos na Reserva de Ceo Escuro de Portugal<br \/>\n8) Noite Internacional de Observaci\u00f3n da L\u00faa<br \/>\n9) Encontros e actividades globais de 2018<br \/>\n10) Bolet\u00edn de divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica da IAU noutras linguas<br \/>\n11) Contribuci\u00f3ns ao bolet\u00edn de divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica da IAU \u2013 desexamos noticias vosas en 2018!<\/p>\n<p align=\"left\"><strong>0) Nota dos editores<\/strong><\/p>\n<p align=\"left\">Nun par de meses comezar\u00e1 o ano de celebraci\u00f3n do centenario (IAU100) da Uni\u00f3n Astron\u00f3mica Internacional (IAU), e o noso equipo estar\u00e1 intensamente comprometido na divulgaci\u00f3n de noticias sobre os eventos de IAU100 que sucedan en todo o mundo. Ped\u00edmosvos a todos e a todas <a href=\"outreach@iau.org\">que contactedes connosco<\/a> e compartades as vosas actividades.<\/p>\n<p align=\"left\">Temos un ano emocionante por diante! Como grande evento de inicio de IAU100, o Proxecto Global <a href=\"https:\/\/www.100hoursofastronomy.org\/\">&#8220;100 horas de Astronom\u00eda&#8221;<\/a> organ\u00edzase do 10 ao 13 de xaneiro de 2019. Animamos a todas as persoas a participar neste esforzo conxunto para levar a astronom\u00eda ao p\u00fablico en xeral. O programa <a href=\"http:\/\/www.einsteinschools.org\/\">&#8220;Escolas Einstein&#8221;<\/a> \u00e9 outro Proxecto Global IAU100 para aprender e comunicar a gravidade na astronom\u00eda dunha maneira creativa e orixinal. No esp\u00edrito da IAU, o proxecto pon \u00e9nfase na colaboraci\u00f3n mundial entre as escolas participantes. Estudantes e profesorado poden participar nas celebraci\u00f3ns IAU100 e formar parte dunha Escola Einstein.<\/p>\n<p align=\"left\">Neste n\u00famero, destacamos o Premio de Doutoramento da IAU, a convocatoria de cartas de interese para a pr\u00f3xima Oficina de Astronom\u00eda para a Educaci\u00f3n da IAU e as \u00faltimas celebraci\u00f3ns mundiais da IAU100.<\/p>\n<p align=\"left\">Desex\u00e1mosvos unha feliz lectura e ceos despexados!<\/p>\n<p align=\"left\">O equipo da oficina IAU de divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica.<\/p>\n<p align=\"left\"><strong>1) Premio \u201cDark Sky Defender\u201d para Globe At Night &#8211; Rede de seguimento do brillo do ceo<\/strong><\/p>\n<p align=\"left\">Cada ano, a IDA, International Dark-Sky Association, reco\u00f1ece e celebra os incr\u00edbeis logros de individuos e grupos comprometidos coa misi\u00f3n de preservar e protexer o ambiente natural nocturno. Entre as persoas ga\u00f1adoras do Premio IDA Dark Sky Defender de 2018 est\u00e1n Jason Chun-Shing Pun, Chu-Wing So e Sze-Leung Cheung, o noso Coordinador Internacional de Divulgaci\u00f3n da IAU, pola iniciativa <a href=\"http:\/\/globeatnight-network.org\/\">Globe At Night &#8211; Rede de seguimento do brillo do ceo (GaN-MN)<\/a>, un proxecto multinacional para o seguimento a longo prazo das condici\u00f3ns do ceo nocturno en todo o mundo.<\/p>\n<p align=\"left\">M\u00e1is informaci\u00f3n: <a href=\"http:\/\/darksky.org\/international-dark-sky-association-announces-2018-award-recipients\/\">http:\/\/darksky.org\/international-dark-sky-association-announces-2018-award-recipients\/<\/a><\/p>\n<p align=\"left\"><strong>2) Convocatoria aberta de cartas de intenci\u00f3n para establecer a Oficina de Astronom\u00eda para a Educaci\u00f3n da IAU<\/strong><\/p>\n<p align=\"left\">A Uni\u00f3n Astron\u00f3mica Internacional (IAU) est\u00e1 en proceso de crear a Oficina de Astronom\u00eda para a Educaci\u00f3n (OAE) para lograr os obxectivos establecidos no Plan Estrat\u00e9xico da IAU 2020-2030. A IAU convida os pa\u00edses membros e as instituci\u00f3ns interesadas en ser anfitrioas da OAE a presentar Cartas de intenci\u00f3n. As cartas de intenci\u00f3n deben enviarse ao Secretario Xeral da IAU antes do 31 de decembro de 2018.<\/p>\n<p align=\"left\">Podes ler m\u00e1is informaci\u00f3n aqu\u00ed: <a href=\"https:\/\/www.iau.org\/news\/announcements\/detail\/ann1854\/\">https:\/\/www.iau.org\/news\/announcements\/detail\/ann1854\/<\/a><\/p>\n<p align=\"left\"><strong> 3) Premio de Doutoramento da IAU<\/strong><\/p>\n<p align=\"left\">En 2016 a IAU creou un novo premio: o Premio de Doutoramento da IAU. Unha vez ao ano, cada Divisi\u00f3n da IAU, inclu\u00edda a Divisi\u00f3n C de Educaci\u00f3n, Divulgaci\u00f3n e Patrimonio, ten a oportunidade de outorgar un premio ao candidato ou candidata que realizou o traballo m\u00e1is not\u00e1bel do ano anterior. O Premio de Doutoramento da IAU est\u00e1 aberto a persoas de calquera pa\u00eds, independentemente de se o pa\u00eds ten ou non unha secci\u00f3n nacional da IAU. O obxectivo \u00e9 reco\u00f1ecer os logros m\u00e1is sobresa\u00edntes en astrof\u00edsica en todo o mundo, mesmo en etapas temper\u00e1s da carreira cient\u00edfica. A data l\u00edmite para as solicitudes \u00e9 o 15 de decembro de 2018.<\/p>\n<p align=\"left\">As condici\u00f3ns e os detalles da solicitude poden consultarse <a href=\"https:\/\/www.iau.org\/science\/grants_prizes\/phd_prize\/\">no sitio web da IAU<\/a>. O formulario de solicitude est\u00e1 dispo\u00f1\u00edbel aqu\u00ed: <a href=\"https:\/\/www.iau.org\/submissions\/phd-prize\/\">https:\/\/www.iau.org\/submissions\/phd-prize\/<\/a><\/p>\n<p align=\"left\"><strong>4) Celebraci\u00f3ns IAU100 en todo o planeta<\/strong><\/p>\n<p align=\"left\">De Colombia a Madagascar, de Exipto a Xap\u00f3n, en todo o mundo est\u00e1n a comezar as actividades de lanzamento do IAU100 e as convocatorias globais de eventos. Con eventos de astronom\u00eda de todo tipo, inclu\u00eddos eventos nacionais e culturais, o IAU100 involucra a comunidades diferentes en todo o planeta. Convid\u00e1mosvos a co\u00f1ecer os <a href=\"https:\/\/www.iau-100.org\/nodes\">Comit\u00e9s Nacionais IAU100<\/a> e as persoas que vos apoiar\u00e1n durante as celebraci\u00f3ns de 2019.<\/p>\n<p align=\"left\">M\u00e1is informaci\u00f3n: <a href=\"https:\/\/www.iau-100.org\/national-committees\">https:\/\/www.iau-100.org\/national-committees<\/a><\/p>\n<p align=\"left\"><strong>5) Novas de Espa\u00f1a<\/strong><\/p>\n<p align=\"left\"><em>Cultura con C de Cosmos abre en Madrid<\/em><\/p>\n<p align=\"left\">O Proxecto &#8220;Cultura con C de Cosmos&#8221; lanzouse oficialmente o pasado 23 de outubro. \u00c9 un proxecto interdisciplinario co obxectivo de comunicar a astronom\u00eda e a astrobiolox\u00eda a trav\u00e9s das colecci\u00f3ns e actividades dun grande n\u00famero de instituci\u00f3ns culturais en Madrid (Espa\u00f1a), a trav\u00e9s da promoci\u00f3n das s\u00faas pezas art\u00edsticas desde unha perspectiva cient\u00edfica. Est\u00e1 coordinado polo Centro de Astrobiolox\u00eda (CAB\/CSIC-INTA), con financiamento do FECYT e o Ministerio de Ciencia, Innovaci\u00f3n e Universidades de Espa\u00f1a. Se est\u00e1s en Madrid, non o perdas! O Proxecto desenvolverase desde outubro de 2018 at\u00e9 marzo de 2019.<\/p>\n<p align=\"left\">M\u00e1is informaci\u00f3n no sitio web do proxecto (en espa\u00f1ol): <a href=\"https:\/\/culturaccosmos.es\">https:\/\/culturaccosmos.es<\/a><\/p>\n<p align=\"left\"><em>Grazas a Amelia Ortiz-Gil, NOC da IAU en Espa\u00f1a, por compartir esta actividade connosco.<\/em><\/p>\n<p align=\"left\"><strong>6) Novas de Brasil<\/strong><\/p>\n<p align=\"left\"><em>XXVI Semana de Astronom\u00eda no Museu de Astronomia e Ci\u00eancias Afins<\/em><\/p>\n<p align=\"left\">Do 13 ao 17 de novembro, R\u00edo de Janeiro, Brasil, ser\u00e1 a sede da XXVI Semana de Astronom\u00eda do Museu de Astronomia e Ci\u00eancias Afins. Para celebrar o D\u00eda da Conciencia Negra no Brasil, o Museu de Astronomia levar\u00e1 ao p\u00fablico as contribuci\u00f3ns dos pobos africanos \u00e1 astronom\u00eda moderna e cultural. Durante cinco d\u00edas, o p\u00fablico poder\u00e1 seguir os \u00faltimos descubrimentos cient\u00edficos a trav\u00e9s de moitas actividades e conferencias para todas as idades. Unha das novidades deste ano \u00e9 un programa para o profesorado que se desenvolver\u00e1 en paralelo ao programa para visitantes do museo e ser\u00e1 impartido por cient\u00edficos e cient\u00edficas do continente africano.<\/p>\n<p align=\"left\">M\u00e1is informaci\u00f3n nesta ligaz\u00f3n (en portugu\u00e9s): <a href=\"https:\/\/bit.ly\/2zK51EY\">https:\/\/bit.ly\/2zK51EY<\/a><\/p>\n<p align=\"left\"><em>Grazas a Eduardo Penteado, NOC da IAU no Brasil, por compartir o evento connosco.<\/em><\/p>\n<p align=\"left\"><strong>7) Caf\u00e9s cient\u00edficos na Reserva de Ceo Escuro de Portugal<\/strong><\/p>\n<p align=\"left\">O Observatorio do Lago Alqueva (OLA) \u00e9 un observatorio astron\u00f3mico situado na Reserva de Ceo Escuro no Alentejo, Portugal. OLA ten como obxectivo que os visitantes atopen un <a href=\"http:\/\/olagoalqueva.pt\/en\/\">lugar agrad\u00e1be<\/a>l para a descuberta do Universo e <a href=\"http:\/\/olagoalqueva.pt\/en\/eventos\/\">a aprendizaxe<\/a> da astronom\u00eda e a astrofotograf\u00eda, nunha das \u00e1reas m\u00e1is protexidas da contaminaci\u00f3n luminosa de Europa. Unha das s\u00faas actividades m\u00e1is destacadas son os caf\u00e9s cient\u00edficos. Se est\u00e1s en Portugal, non perdas a oportunidade de visitar a reserva e asistir a d\u00faas conferencias (en portugu\u00e9s, con presentaci\u00f3n de diapositivas en ingl\u00e9s) o <a href=\"https:\/\/www.facebook.com\/events\/490602974682256\/\">17 de novembro<\/a> e o <a href=\"https:\/\/www.facebook.com\/events\/1245345905604153\/\">15 de decembro<\/a>. O evento transm\u00edtese en vivo \u00e1 comunidade de fala portuguesa en Santo Tom\u00e9 e Pr\u00edncipe (tam\u00e9n pode verse en YouTube).<\/p>\n<p align=\"left\"><em>Grazas a Ana Alves e ao equipo de OLA por compartir a nova.<\/em><\/p>\n<p align=\"left\"><strong>8) Noite Internacional de Observaci\u00f3n da L\u00faa<\/strong><\/p>\n<p align=\"left\">A Noite Internacional de Observaci\u00f3n da L\u00faa (InOMN) \u00e9 unha celebraci\u00f3n mundial da ciencia e a exploraci\u00f3n lunar que se celebra cada ano desde 2010. Durante case unha d\u00e9cada, 104 pa\u00edses participaron nesta celebraci\u00f3n mundial do noso sat\u00e9lite. Este ano, 75 pa\u00edses participaron con m\u00e1is de 1100 eventos rexistrados en <a href=\"http:\/\/moon.nasa.gov\/observe\">moon.nasa.gov\/observe<\/a>, moi por riba dos 633 eventos rexistrados o ano pasado. O Comit\u00e9 de Coordinaci\u00f3n InOMN est\u00e1 dirixido polo Equipo de Participaci\u00f3n P\u00fablica do Orbitador de Reco\u00f1ecemento Lunar da NASA no Goddard Space Flight Center da NASA.<\/p>\n<p align=\"left\">Podes saber m\u00e1is sobre este evento anual en <a href=\"https:\/\/moon.nasa.gov\/observe-the-moon\/annual-event\/overview\/\">https:\/\/moon.nasa.gov\/observe-the-moon\/annual-event\/overview\/<\/a><\/p>\n<p align=\"left\"><em>Grazas a Staci L. Tiedeken, Coordinadora de Difusi\u00f3n da Divisi\u00f3n de Exploraci\u00f3n do Sistema Solar, por compartir connosco as novas.<\/em><\/p>\n<p><strong>9) Encontros e actividades globais de 2018<\/strong><\/p>\n<p>Podes atopar aqu\u00ed unha listaxe de eventos e conferencias de divulgaci\u00f3n e educaci\u00f3n astron\u00f3mica en todo o mundo. Planifica un ano cheo de acontecementos interesantes!<\/p>\n<p>a) Conferencia\u00a0 cient\u00edfica Asia-Pac\u00edfico 2018: reforzando a comunicaci\u00f3n da ciencia na rexi\u00f3n Asia-Pac\u00edfico<br \/>\n<em>Datas:<\/em> do 19 ao 21 de novembro de 2018<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Singapur<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:\u00a0<\/em><a href=\"https:\/\/apsc2018.sg\">https:\/\/apsc2018.sg<\/a><\/p>\n<p>b) V Festival Starmus: un paso de xigante<br \/>\n<em>Datas:<\/em> do 24 ao 29 de xu\u00f1o de 2019<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Berna, Su\u00edza<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"https:\/\/www.starmus.com\/\">https:\/\/www.starmus.com\/<\/a><\/p>\n<p>c) 3\u00ba Obradoiro sobre Divulgaci\u00f3n e Educaci\u00f3n da Astronom\u00eda (WDEA III)<br \/>\n<em>Datas:<\/em> 2 de xullo (Eclipse solar) e do 4 ao 5 de xullo de 2019<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> San Juan, Argentina<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"http:\/\/sion.frm.utn.edu.ar\/WDEAIII\/\">http:\/\/sion.frm.utn.edu.ar\/WDEAIII\/<\/a><\/p>\n<p>Esquecemos algo? Ent\u00f3n comparte os teus encontros sobre educaci\u00f3n e divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica con n\u00f3s v\u00eda outreach@iau.org.<\/p>\n<p><strong>10) Bolet\u00edn de divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica da IAU noutras linguas<\/strong><\/p>\n<p>-Traduci\u00f3n ao <strong>serbio<\/strong>, elaborada pola doutora Liliana Gracanin de Serbia: <a href=\"https:\/\/twitter.com\/IAU_srpski\">https:\/\/twitter.com\/IAU_srpski<\/a>;<\/p>\n<p>-Traduci\u00f3ns ao <strong>xapon\u00e9s<\/strong> a cargo de Akihiko Tomita a trav\u00e9s da Rede de Traduci\u00f3n Astron\u00f3mica: <a href=\"http:\/\/bit.ly\/2xlNyCR\">http:\/\/bit.ly\/2xlNyCR<\/a>. Se queres recibir a traduci\u00f3n ao xapon\u00e9s do bolet\u00edn, subscr\u00edbete \u00e1 Asociaci\u00f3n Xaponesa de Astr\u00f3nomos Afeccionados, <a href=\"http:\/\/www.jaaa-astro.jp\/jaaa-ml.html\">http:\/\/www.jaaa-astro.jp\/jaaa-ml.html<\/a>, ou \u00e1 Sociedade Xaponesa pola Educaci\u00f3n e Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda, <a href=\"http:\/\/www.tenkyo.net\/\">http:\/\/www.tenkyo.net\/<\/a>;<\/p>\n<p>-Traduci\u00f3ns ao <strong>galego<\/strong>, por Martin Pawley da Agrupaci\u00f3n Astron\u00f3mica Coru\u00f1esa \u00cdo, en Espa\u00f1a, aqu\u00ed: <a href=\"http:\/\/agrupacionio.com\/gl\/tag\/boletin-iau\">http:\/\/agrupacionio.com\/gl\/tag\/boletin-iau<\/a>;<\/p>\n<p>-Traduci\u00f3ns ao <strong>espa\u00f1ol<\/strong>, elaboradas por Emilio Z\u00fa\u00f1iga, da Asociaci\u00f3n de Astr\u00f3nomos Aficionados de Le\u00f3n, Nicaragua: <a href=\"http:\/\/asafile.blogspot.jp\/p\/blog-page_12.html\">http:\/\/asafile.blogspot.jp\/p\/blog-page_12.html<\/a>;<\/p>\n<p>Se est\u00e1s interesado en traducir o noso bolet\u00edn ao teu idioma, por favor contacta con n\u00f3s v\u00eda outreach@iau.org.<\/p>\n<p><strong>11) Contribuci\u00f3ns ao bolet\u00edn de divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica da IAU \u2013 desexamos noticias vosas en 2018!<\/strong><\/p>\n<p>Na Oficina de Divulgaci\u00f3n Astron\u00f3mica da IAU sempre estamos buscando noticias sobre educaci\u00f3n e divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica en todo o mundo. Por favor, continuade compartindo as vosas historias con n\u00f3s en 2018! Se est\u00e1s organizando actividades a gran escala a nivel rexional ou internacional, ofreces postos de traballo de educaci\u00f3n e comunicaci\u00f3n da astronom\u00eda, tes proxectos innovadores ou historias inspiradoras, buscas colaboraci\u00f3n ProAm en astronom\u00eda ou creaches recursos educativos, f\u00e1inolo saber por correo electr\u00f3nico: outreach@iau.org.<\/p>\n<p><em>Traduci\u00f3n: Martin Pawley (Agrupaci\u00f3n \u00cdo). Podes consultar o bolet\u00edn en ingl\u00e9s <a href=\"https:\/\/us11.campaign-archive.com\/?e=[UNIQID]&amp;u=0ecb46e29196a0f367daf3dd6&amp;id=e8c279704e\">nesta ligaz\u00f3n<\/a>.<\/em><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Bolet\u00edn de Divulgaci\u00f3n Astron\u00f3mica da Uni\u00f3n Astron\u00f3mica Internacional (IAU) Novembro 2018 #1 Neste bolet\u00edn: 0) Nota dos editores 1) Premio \u201cDark Sky Defender\u201d para Globe At Night &#8211; Rede de seguimento do brillo do ceo 2) Convocatoria aberta de cartas de intenci\u00f3n para establecer a Oficina de Astronom\u00eda para a Educaci\u00f3n da IAU 3) Premio de Doutoramento da IAU 4) Celebraci\u00f3ns IAU100 en todo o&#8230; <\/p>\n<p class=\"more\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/boletin-de-divulgacion-da-iau-novembro-2018-1\/\">Read More<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[51],"tags":[188],"class_list":["post-4852","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-noticias-gl","tag-boletin-iau"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4852","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=4852"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4852\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=4852"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=4852"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=4852"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}