{"id":4797,"date":"2018-10-29T01:22:03","date_gmt":"2018-10-28T23:22:03","guid":{"rendered":"http:\/\/agrupacionio.com\/?p=4797"},"modified":"2018-10-29T01:22:03","modified_gmt":"2018-10-28T23:22:03","slug":"boletin-divulgacion-da-iau-outubro-2018-2","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/boletin-divulgacion-da-iau-outubro-2018-2\/","title":{"rendered":"Bolet\u00edn de divulgaci\u00f3n da IAU: Outubro 2018 #2"},"content":{"rendered":"<p><img fetchpriority=\"high\" decoding=\"async\" class=\"aligncenter size-full wp-image-3863\" src=\"http:\/\/agrupacionio.com\/wp-content\/uploads\/2017\/05\/IAU-Bolet\u00edn-Blog.jpg\" alt=\"IAU Bolet\u00edn Blog\" width=\"600\" height=\"360\" srcset=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2017\/05\/IAU-Bolet\u00edn-Blog.jpg 600w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2017\/05\/IAU-Bolet\u00edn-Blog-300x180.jpg 300w\" sizes=\"(max-width: 600px) 100vw, 600px\" \/><\/p>\n<p><strong>Bolet\u00edn de Divulgaci\u00f3n Astron\u00f3mica da Uni\u00f3n Astron\u00f3mica Internacional (<a title=\"\" href=\"http:\/\/www.iau.org\/\">IAU<\/a>)<\/strong><\/p>\n<p><strong>Outubro 2018 #2<\/strong><\/p>\n<p align=\"left\">Neste bolet\u00edn:<\/p>\n<p align=\"left\">0) Nota dos editores<br \/>\n1) Propostas para a coordinaci\u00f3n da divulgaci\u00f3n nacional<br \/>\n2) \u00danete \u00e1s celebraci\u00f3ns! &#8211; Como involucrarte no IAU100<br \/>\n3) \u201cEstrelas que inspiran\u201d en Chile<br \/>\n4) Novas de Marrocos<br \/>\n5) Concurso de ensaio \u201cCient\u00edfico\/a por un d\u00eda\u201d 2018-19<br \/>\n6) O universo no meu peto<br \/>\n7) Plan de financiamento en favor da participaci\u00f3n do p\u00fablico Europlanet 2019<br \/>\n8) NASA Wavelength<br \/>\n9) Encontros e actividades globais de 2018<br \/>\n10) Bolet\u00edn de divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica da IAU noutras linguas<br \/>\n11) Contribuci\u00f3ns ao bolet\u00edn de divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica da IAU \u2013 desexamos noticias vosas en 2018!<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\"><strong> 0) Nota dos editores<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">O noso equipo compr\u00e1cese en anunciar que a <a href=\"https:\/\/translation.iau.org\/en\/\">rede de traduci\u00f3n astron\u00f3mica<\/a> da IAU est\u00e1 chegando aos 300 voluntarios e voluntarias que realizan un traballo incr\u00edbel de traduci\u00f3n, revisi\u00f3n e comprobaci\u00f3n cient\u00edfica. Os materiais traducidos son recursos valiosos verificados que chegan \u00e1s comunidades nos seus idiomas nativos e apoian o traballo en educaci\u00f3n e divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica en todo o mundo. Ax\u00fadanos a difundir os <a href=\"https:\/\/translation.iau.org\/en\/resources\/publications\/\">recursos traducidos<\/a> entre a t\u00faa comunidade.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Neste n\u00famero, destacamos o evento \u201cEstrelas que inspiran\u201d en Chile, o concurso de textos \u201cCient\u00edfico\/a por un d\u00eda\u201d e o recurso \u201co universo no meu peto\u201d.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Se queres unirte \u00e1 nosa rede, a IAU est\u00e1 na procura de representantes nacionais que desenvolvan a Coordinaci\u00f3n da Divulgaci\u00f3n Nacional (NOC). Se o teu pa\u00eds a\u00ednda non ten un representante nacional, podes solicitalo ou nomear algu\u00e9n que consideras axeitado para o posto. Temos ganas de colaborar contigo!<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Desex\u00e1mosvos unha feliz lectura e ceos despexados!<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">O equipo da oficina IAU de divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\"><strong>1) Propostas para a coordinaci\u00f3n da divulgaci\u00f3n nacional<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">A IAU est\u00e1 na procura de persoas candidatas a desenvolver a coordinaci\u00f3n da divulgaci\u00f3n nacional (NOC). Os e as NOC xogar\u00e1n un papel importante na coordinaci\u00f3n das actividades do centenario da IAU. Se o teu pa\u00eds ou rexi\u00f3n non ten NOC, e ti tes interese, ponte en contacto con outreach@iau.org ou reenv\u00eda esta mensaxe a calquera candidato ou candidata potencial.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">A listaxe actual dos NOC est\u00e1 aqu\u00ed: <a href=\"https:\/\/www.iau.org\/public\/noc\/\">https:\/\/www.iau.org\/public\/noc\/<\/a><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">M\u00e1is detalles sobre os NOC, nesta ligaz\u00f3n: <a href=\"https:\/\/www.iau.org\/public\/noc\/role\/\">https:\/\/www.iau.org\/public\/noc\/role\/<\/a><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\"><strong>2) \u00danete \u00e1s celebraci\u00f3ns! &#8211; Como involucrarte no IAU100<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">As celebraci\u00f3ns do centenario da IAU en 2019 estimular\u00e1n o interese mundial na astronom\u00eda e a ciencia e chegar\u00e1n \u00e1 comunidade astron\u00f3mica mundial: as e os astr\u00f3nomos profesionais e amadores, xente do \u00e1mbito pol\u00edtico, docentes e estudantes, familias e p\u00fablico en xeral. Planifica con antelaci\u00f3n un ano emocionante e descubre como podes envolverte na celebraci\u00f3n global para aproveitala ao m\u00e1ximo.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">M\u00e1is informaci\u00f3n: <a href=\"https:\/\/www.iau-100.org\/how-to-get-involved\">https:\/\/www.iau-100.org\/how-to-get-involved<\/a><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\"><strong>3) \u201cEstrelas que inspiran\u201d en Chile<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Inspiring Stars (Estrelas que inspiran( \u00e9 un proxecto global IAU100 dese\u00f1ado para resaltar, apoiar e promover iniciativas inclusivas que fomenten a igualdade de participaci\u00f3n na divulgaci\u00f3n e o ensino e a nivel profesional no campo da astronom\u00eda. O 19 de outubro o proxecto presentouse en Santiago de Chile, para destacar os numerosos esforzos da comunidade chilena na \u00e1rea da astronom\u00eda inclusiva a trav\u00e9s do proxecto &#8220;Astronom\u00eda para todos&#8221;. Este proxecto nace da cooperaci\u00f3n nacional entre instituci\u00f3ns astron\u00f3micas que axudan a levar a astronom\u00eda a todas as persoas dunha maneira acces\u00edbel.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Tes m\u00e1is informaci\u00f3n <a href=\"https:\/\/sites.google.com\/oao.iau.org\/inspiringstars\/inspiring-starschile?authuser=0\">aqu\u00ed<\/a>.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\"><strong>4) Novas de Marrocos<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\"><em>Festival de astronom\u00eda en Ifrane, 7\u00aa edici\u00f3n<\/em><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">A Universidade Al Akhawayn en Ifrane, Marrocos, organizou a 7\u00aa edici\u00f3n do Festival de Astronom\u00eda de Ifrane do 21 ao 25 de setembro de 2018 co tema &#8220;A conquista do espazo e a rob\u00f3tica&#8221;. Esta actividade foi parte dos esforzos da Universidade Al Akhawayn para difundir o co\u00f1ecemento cient\u00edfico ao p\u00fablico en xeral e promover a ciencia entre a mocidade para estimular o seu interese na ciencia e a tecnolox\u00eda. Este festival \u00e9 un evento cient\u00edfico e cultural emblem\u00e1tico na rexi\u00f3n de Ifrane e no territorio nacional. Desde a s\u00faa primeira edici\u00f3n en 2012, o Festival de Astronom\u00eda de Ifrane centrouse en promover a astronom\u00eda entre a mocidade, po\u00f1endo en valor a disciplina como est\u00edmulo para a aprendizaxe da ciencia nas escolas.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Podes atopar m\u00e1is informaci\u00f3n sobre o festival aqu\u00ed: <a href=\"https:\/\/sites.google.com\/view\/astrofestival2018\">https:\/\/sites.google.com\/view\/astrofestival2018<\/a><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\"><em>Grazas a Hassane Darhmaoui por compartir esta noticia connosco.<\/em><\/p>\n<p><em>Obradoiro internacional interdisciplinario sobre contaminaci\u00f3n luminosa<\/em><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">O obradoiro internacional interdisciplinario sobre contaminaci\u00f3n luminosa ter\u00e1 lugar na Universidade Cadi Ayyad en Marrakech, Marrocos, do 22 ao 26 de outubro de 2018. O obradoiro organ\u00edzase no marco dun novo proxecto chamado \u201cAtlas Dark Sky Morocco\u201d. O obxectivo do proxecto \u00e9 crear unha reserva de ceo escuro ao redor do observatorio Oukaimeden en Marrocos. A reserva cubrir\u00e1 unha grande \u00e1rea que incl\u00fae o Parque Nacional Toubkal e o Observatorio Oukaimeden. Cun radio duns 80 km, converterase na reserva de ceo escuro m\u00e1is grande do mundo e a primeira no norte de \u00c1frica.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Tes m\u00e1is informaci\u00f3n sobre o obradoiro aqu\u00ed: <a href=\"http:\/\/atlasdarksky.com\/the-first-atlas-dark-sky-workshop\/\">http:\/\/atlasdarksky.com\/the-first-atlas-dark-sky-workshop\/<\/a><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\"><em>Grazas a Benkhaldoun Zouhair, o noso NOC en Marrocos por compartir as noticias connosco.<\/em><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\"><strong>5) Concurso de ensaio \u201cCient\u00edfico\/a por un d\u00eda\u201d 2018-19<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">O concurso de ensaio \u201cCient\u00edfico\/a por un d\u00eda\u201d desaf\u00eda aos estudantes de 10 a 18 anos a pensaren como homes e mulleres de ciencia que estudan as l\u00faas de X\u00fapiter e Saturno. Os participantes examinan tres pos\u00edbeis l\u00faas e elixen a cal cren que deber\u00eda volver a NASA para obter os mellores resultados cient\u00edficos. Os temas deste ano son os sat\u00e9lites Enc\u00e9lado e Tit\u00e1n de Saturno e Europa de X\u00fapiter. Logo de investigar as tres opci\u00f3ns, os e as estudantes deben escribir un ensaio de menos de 500 palabras explicando a s\u00faa elecci\u00f3n. A data l\u00edmite para as propostas \u00e9 o 8 de febreiro de 2019. Se queres organizar este concurso no teu pa\u00eds, env\u00eda un correo electr\u00f3nico a scientistforaday@jpl.nasa.gov<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Tes m\u00e1is informaci\u00f3n sobre a edici\u00f3n de 2018-19 do concurso neste enderezo: <a href=\"https:\/\/solarsystem.nasa.gov\/scientist-for-a-day\/\">https:\/\/solarsystem.nasa.gov\/scientist-for-a-day\/<\/a><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\"><em>Grazas a Rachel Zimmerman Brachman, coordinadora do concurso internacional \u201cCient\u00edfico\/a por un d\u00eda\u201d, por compartir esta noticia connosco.<\/em><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\"><strong>6) O universo no meu peto<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">TUIMP (\u201cThe Universe In My Pocket\u201d, o universo no meu peto) \u00e9 un proxecto internacional que quere producir pequenos folletos de astronom\u00eda. Os folletos est\u00e1n dese\u00f1ados para nenos e nenas a partir de nove anos e para calquera persoa que te\u00f1a curiosidade pola astronom\u00eda. Est\u00e1n escritos nunha linguaxe sinxela, ve\u00f1en amplamente ilustrados e contan con revisi\u00f3n e traduci\u00f3n a cargo de astr\u00f3nomos profesionais. Estes folletos, que poden encartarse a partir dunha soa folla de papel, poden usarse nas aulas, en conferencias p\u00fablicas ou durante visitas a observatorios e planetarios.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Ac\u00e9ptanse achegas para a creaci\u00f3n e traduci\u00f3n a outros idiomas! Podes empregar o formulario de contacto en <a href=\"http:\/\/www.tuimp.org\/pages\/about\/lang:en\">http:\/\/www.tuimp.org\/pages\/about\/lang:en<\/a><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">M\u00e1is informaci\u00f3n, aqu\u00ed: <a href=\"http:\/\/www.tuimp.org\/\">www.tuimp.org<\/a><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\"><strong>7) Plan de financiamento en favor da participaci\u00f3n do p\u00fablico Europlanet 2019<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Abriu a convocatoria de candidaturas para o plan de financiamento da participaci\u00f3n p\u00fablica Europlanet 2019! Europlanet outorga subvenci\u00f3ns de entre 5000 e 15 000 euros para financiar proxectos que envolvan o p\u00fablico na ciencia planetaria. A trav\u00e9s deste plan de financiamento, Europlanet pretende fomentar novas formas de levar a ciencia planetaria a audiencias en toda Europa e inspirar \u00e1 pr\u00f3xima xeraci\u00f3n de homes e mulleres nos campos da ciencia e a enxe\u00f1ar\u00eda. A convocatoria pecharase o 31 de xaneiro de 2019.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">M\u00e1is informaci\u00f3n sobre como presentar a solicitude, aqu\u00ed: <a href=\"http:\/\/www.europlanet-society.org\/outreach\/funding-scheme\/\">http:\/\/www.europlanet-society.org\/outreach\/funding-scheme\/<\/a><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\"><strong>8) NASA Wavelength<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">NASA Wavelength (longura de onda) \u00e9 unha porta a unha colecci\u00f3n dixital de recursos de ciencias da Terra e o espazo para o profesorado de todos os niveis, desde a primaria at\u00e9 a universidade, e tam\u00e9n programas extraescolares. Estes recursos, desenvolvidos a trav\u00e9s do financiamento da Direcci\u00f3n de Misi\u00f3ns Cient\u00edficas da NASA, somet\u00e9ronse a un proceso de revisi\u00f3n por pares grazas ao cal os profesionais da educaci\u00f3n e da ciencia se aseguran de que o contido \u00e9 preciso e \u00fatil para usos educativos. Usa NASA Wavelength para atopar recursos r\u00e1pida e facilmente, vinculalos a outros sitios web utilizando formatos de redifusi\u00f3n e mesmo compartir os recursos que descubras con outras persoas a trav\u00e9s das redes sociais e o correo electr\u00f3nico.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Para saber m\u00e1is sobre NASA Wavelength visita o sitio web <a href=\"http:\/\/nasawavelength.org\/\">http:\/\/nasawavelength.org\/<\/a><\/p>\n<p><strong>9) Encontros e actividades globais de 2018<\/strong><\/p>\n<p>Podes atopar aqu\u00ed unha listaxe de eventos e conferencias de divulgaci\u00f3n e educaci\u00f3n astron\u00f3mica en todo o mundo. Planifica un ano cheo de acontecementos interesantes!<\/p>\n<p>a) F\u00f3rum Wissenschaftskommunikation<br \/>\n<em>Datas:<\/em> do 7 ao 9 de novembro de 2018<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Bonn, Alema\u00f1a<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"https:\/\/www.wissenschaft-im-dialog.de\/en\/forum-wissenschaftskommunikation\/forum-2018\/\">https:\/\/www.wissenschaft-im-dialog.de\/en\/forum-wissenschaftskommunikation\/forum-2018\/<\/a><\/p>\n<p>b) V Festival Starmus: un paso de xigante<br \/>\n<em>Datas:<\/em> do 24 ao 29 de xu\u00f1o de 2019<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Berna, Su\u00edza<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"https:\/\/www.starmus.com\/\">https:\/\/www.starmus.com\/<\/a><\/p>\n<p>c) 3\u00ba Obradoiro sobre Divulgaci\u00f3n e Educaci\u00f3n da Astronom\u00eda (WDEA III)<br \/>\n<em>Datas:<\/em> 2 de xullo (Eclipse solar) e do 4 ao 5 de xullo de 2019<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> San Juan, Argentina<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"http:\/\/sion.frm.utn.edu.ar\/WDEAIII\/\">http:\/\/sion.frm.utn.edu.ar\/WDEAIII\/<\/a><\/p>\n<p>Esquecemos algo? Ent\u00f3n comparte os teus encontros sobre educaci\u00f3n e divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica con n\u00f3s v\u00eda outreach@iau.org.<\/p>\n<p><strong>10) Bolet\u00edn de divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica da IAU noutras linguas<\/strong><\/p>\n<p>-Traduci\u00f3n ao <strong>serbio<\/strong>, elaborada pola doutora Liliana Gracanin de Serbia: <a href=\"https:\/\/twitter.com\/IAU_srpski\">https:\/\/twitter.com\/IAU_srpski<\/a>;<\/p>\n<p>-Traduci\u00f3ns ao <strong>xapon\u00e9s<\/strong> a cargo de Akihiko Tomita a trav\u00e9s da Rede de Traduci\u00f3n Astron\u00f3mica: <a href=\"http:\/\/bit.ly\/2xlNyCR\">http:\/\/bit.ly\/2xlNyCR<\/a>. Se queres recibir a traduci\u00f3n ao xapon\u00e9s do bolet\u00edn, subscr\u00edbete \u00e1 Asociaci\u00f3n Xaponesa de Astr\u00f3nomos Afeccionados, <a href=\"http:\/\/www.jaaa-astro.jp\/jaaa-ml.html\">http:\/\/www.jaaa-astro.jp\/jaaa-ml.html<\/a>, ou \u00e1 Sociedade Xaponesa pola Educaci\u00f3n e Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda, <a href=\"http:\/\/www.tenkyo.net\/\">http:\/\/www.tenkyo.net\/<\/a>;<\/p>\n<p>-Traduci\u00f3ns ao <strong>galego<\/strong>, por Martin Pawley da Agrupaci\u00f3n Astron\u00f3mica Coru\u00f1esa \u00cdo, en Espa\u00f1a, aqu\u00ed: <a href=\"http:\/\/agrupacionio.com\/gl\/tag\/boletin-iau\">http:\/\/agrupacionio.com\/gl\/tag\/boletin-iau<\/a>;<\/p>\n<p>-Traduci\u00f3ns ao <strong>espa\u00f1ol<\/strong>, elaboradas por Emilio Z\u00fa\u00f1iga, da Asociaci\u00f3n de Astr\u00f3nomos Aficionados de Le\u00f3n, Nicaragua: <a href=\"http:\/\/asafile.blogspot.jp\/p\/blog-page_12.html\">http:\/\/asafile.blogspot.jp\/p\/blog-page_12.html<\/a>;<\/p>\n<p>Se est\u00e1s interesado en traducir o noso bolet\u00edn ao teu idioma, por favor contacta con n\u00f3s v\u00eda outreach@iau.org.<\/p>\n<p><strong>1) Contribuci\u00f3ns ao bolet\u00edn de divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica da IAU \u2013 desexamos noticias vosas en 2018!<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">Na Oficina de Divulgaci\u00f3n Astron\u00f3mica da IAU sempre estamos buscando noticias sobre educaci\u00f3n e divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica en todo o mundo. Por favor, continuade compartindo as vosas historias con n\u00f3s en 2018! Se est\u00e1s organizando actividades a gran escala a nivel rexional ou internacional, ofreces postos de traballo de educaci\u00f3n e comunicaci\u00f3n da astronom\u00eda, tes proxectos innovadores ou historias inspiradoras, buscas colaboraci\u00f3n ProAm en astronom\u00eda ou creaches recursos educativos, f\u00e1inolo saber por correo electr\u00f3nico: outreach@iau.org.<\/p>\n<p><em>Traduci\u00f3n: Martin Pawley (Agrupaci\u00f3n \u00cdo). Podes consultar o bolet\u00edn en ingl\u00e9s <a href=\"https:\/\/us11.campaign-archive.com\/?e=[UNIQID]&amp;u=0ecb46e29196a0f367daf3dd6&amp;id=8e3e3cc46d\">nesta ligaz\u00f3n<\/a>.<\/em><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Bolet\u00edn de Divulgaci\u00f3n Astron\u00f3mica da Uni\u00f3n Astron\u00f3mica Internacional (IAU) Outubro 2018 #2 Neste bolet\u00edn: 0) Nota dos editores 1) Propostas para a coordinaci\u00f3n da divulgaci\u00f3n nacional 2) \u00danete \u00e1s celebraci\u00f3ns! &#8211; Como involucrarte no IAU100 3) \u201cEstrelas que inspiran\u201d en Chile 4) Novas de Marrocos 5) Concurso de ensaio \u201cCient\u00edfico\/a por un d\u00eda\u201d 2018-19 6) O universo no meu peto 7) Plan de financiamento en&#8230; <\/p>\n<p class=\"more\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/boletin-divulgacion-da-iau-outubro-2018-2\/\">Read More<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[51],"tags":[188],"class_list":["post-4797","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-noticias-gl","tag-boletin-iau"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4797","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=4797"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4797\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=4797"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=4797"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=4797"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}