{"id":4746,"date":"2018-09-27T15:37:53","date_gmt":"2018-09-27T13:37:53","guid":{"rendered":"http:\/\/agrupacionio.com\/?p=4746"},"modified":"2018-09-27T15:37:53","modified_gmt":"2018-09-27T13:37:53","slug":"boletin-divulgacion-da-iau-setembro-2018-2","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/boletin-divulgacion-da-iau-setembro-2018-2\/","title":{"rendered":"Bolet\u00edn de divulgaci\u00f3n da IAU: Setembro 2018 #2"},"content":{"rendered":"<p><img fetchpriority=\"high\" decoding=\"async\" class=\"aligncenter size-full wp-image-3863\" src=\"http:\/\/agrupacionio.com\/wp-content\/uploads\/2017\/05\/IAU-Bolet\u00edn-Blog.jpg\" alt=\"IAU Bolet\u00edn Blog\" width=\"600\" height=\"360\" srcset=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2017\/05\/IAU-Bolet\u00edn-Blog.jpg 600w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2017\/05\/IAU-Bolet\u00edn-Blog-300x180.jpg 300w\" sizes=\"(max-width: 600px) 100vw, 600px\" \/><\/p>\n<p><strong>Bolet\u00edn de Divulgaci\u00f3n Astron\u00f3mica da Uni\u00f3n Astron\u00f3mica Internacional (<a title=\"\" href=\"http:\/\/www.iau.org\/\">IAU<\/a>)<\/strong><\/p>\n<p><strong>Setembro 2018 #2<br \/>\n<\/strong><\/p>\n<p align=\"left\">Neste bolet\u00edn:<\/p>\n<p align=\"left\">0) Nota dos editores<br \/>\n1) Establece unha parcer\u00eda coa IAU<br \/>\n2) Novas do Xap\u00f3n<br \/>\n3) Novas de Australia<br \/>\n4) Novas de Sur\u00e1frica<br \/>\n5) O Sol, a nosa estrela viva: novo espect\u00e1culo de planetario do ESO<br \/>\n6) Base de datos iStar \u2013 Repositorio para investigaci\u00f3n en educaci\u00f3n astron\u00f3mica<br \/>\n7) Un cat\u00e1logo de m\u00fasica inspirada pola astronom\u00eda<br \/>\n8) Obradoiro de formaci\u00f3n para o profesorado ESA-GTTP 2018<br \/>\n9) Encontros e actividades globais de 2018<br \/>\n10) Bolet\u00edn de divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica da IAU noutras linguas<br \/>\n11) Contribuci\u00f3ns ao bolet\u00edn de divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica da IAU \u2013 desexamos noticias vosas en 2018!<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\"><strong>0) Nota dos editores<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">As celebraci\u00f3ns IAU100 xa est\u00e1n en marcha e en 2019 o noso bolet\u00edn astron\u00f3mico xogar\u00e1 un papel importante na difusi\u00f3n e posta en valor de todas as noticias relevantes sobre a efem\u00e9ride para a comunidade da divulgaci\u00f3n e educaci\u00f3n en todo o mundo. A trav\u00e9s do noso bolet\u00edn atopar\u00e1s informaci\u00f3n de primeira man sobre concursos internacionais, oportunidades de colaboraci\u00f3n, proxectos globais e moito m\u00e1is. Adem\u00e1is, e seguindo o noso traballo actual de destacar exemplos inspiradores e boas pr\u00e1cticas de divulgaci\u00f3n e educaci\u00f3n, queremos seguir difundindo o voso traballo no bolet\u00edn. Podedes atoparnos no correo electr\u00f3nico outreach@iau.org e as\u00ed seguiremos promocionando as vosas actividades.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Neste n\u00famero salientamos o concurso para o nomeamento de sat\u00e9lites, a nova base de datos iStar para a investigaci\u00f3n na educaci\u00f3n astron\u00f3mica e present\u00e1mosvos m\u00fasica inspirada pola astronom\u00eda.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Non esquezades que o 15 de outubro de 2018 \u00e9 a data l\u00edmite para mandar propostas para a conferencia Comunicar Astronom\u00eda co P\u00fablico. Non perdades a oportunidade de acoller o CAP2020! E podedes vir a traballar na nosa oficina no Xap\u00f3n. Segue aberto o prazo para postular a candidatura ao posto de coordinaci\u00f3n da divulgaci\u00f3n internacional. A data l\u00edmite tam\u00e9n \u00e9 o 15 de outubro de 2018.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Desex\u00e1mosvos unha feliz lectura e ceos despexados!<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">O equipo da oficina IAU de divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\"><strong>1) Establece unha parcer\u00eda coa IAU<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">En 2019 conmemoramos o centenario da Uni\u00f3n Astron\u00f3mica Internacional organizando unha celebraci\u00f3n global da astronom\u00eda e a s\u00faa importancia para a sociedade, en uni\u00f3n baixo un mesmo ceo. A t\u00faa organizaci\u00f3n agora ten a oportunidade de unirse a estas celebraci\u00f3ns establecendo unha parcer\u00eda coa IAU e chegar a mill\u00f3ns de persoas en todo o mundo.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Para saber m\u00e1is: <a href=\"https:\/\/www.iau-100.org\/become-an-iau-partner\">https:\/\/www.iau-100.org\/become-an-iau-partner<\/a><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\"><strong>2) Novas do Xap\u00f3n<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\"><em>Sitio web dos modeos 3D do telescopio Subaru<\/em><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Como quizais saibades, o telescopio Subaru \u00e9 un telescopio \u00f3ptico-infravermello de 8,2 metros localizado en Mauna Kea, Hawai&#8217;i, nos Estados Unidos, operado polo Observatorio Astron\u00f3mico Nacional do Xap\u00f3n. O sitio web do seu modelo t\u00e1ctil est\u00e1 xa operativo en <a href=\"http:\/\/prc.nao.ac.jp\/3d\/index_e.html\">http:\/\/prc.nao.ac.jp\/3d\/index_e.html<\/a> tanto en ingl\u00e9s coma en xapon\u00e9s.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Podes descargar os paquetes de arquivos de impresi\u00f3n 3D (stl) e gozar imprimindo o(s) modelo(s) do telescopio!<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\"><em>Exposici\u00f3n especial na Biblioteca Braille do Xap\u00f3n<\/em><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">A Biblioteca Braille do Xap\u00f3n en Toquio ten unha pequena sala de exposici\u00f3ns chamada \u201cMuseo T\u00e1ctil\u201d. A exposici\u00f3n especial titulada \u201cTocar o universo\u201d abriu o 17 de agosto e poder\u00e1 visitarse at\u00e9 o 22 de decembro. Ademais dos modelos do telescopio Subaru, hai tam\u00e9n modelos da L\u00faa e Marte (de \u201cUn toque de universo\u201d), modelos do sistema solar (con etiquetas braille) do \u201cUniverso nunha caixa\u201d de UNAWE e outros materiais.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\"><strong>3) Novas de Australia<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\"><em>Sesi\u00f3ns de observaci\u00f3n PULSE@Parkes<\/em><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Todo listo para a apertura doutras sesi\u00f3ns de observaci\u00f3n PULSE@Parkes, do 18 de outubro a marzo de 2019. PULSE@Parkes \u00e9 un proxecto que achega aos estudantes de institutos de Australia a oportunidade de controlar o famoso radio telescopio Parkes para observar p\u00falsares coa gu\u00eda de profesionais da astronom\u00eda. Os datos analizados en \u00faltima instancia axudarannos a descubrir un novo p\u00falsar. PULSE@Parkes opera habitualmente conxuntamente con colaboradores locais (por exemplo, xira a Nova Zelanda). Os grupos internacionais interesados poden contactar con Robert Hollow en Robert.Hollow[at]csiro.au.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">M\u00e1is informaci\u00f3n sobre o programa aqu\u00ed: <a href=\"http:\/\/pulseatparkes.atnf.csiro.au\/\">http:\/\/pulseatparkes.atnf.csiro.au\/<\/a><\/p>\n<p><strong>4) Novas de Sur\u00e1frica<\/strong><\/p>\n<p><em>Concurso para o nomeamento de sat\u00e9lites<\/em><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">Os Cubesats son sat\u00e9lites extremadamente pequenos, en forma de cubos de 10 cm e cunha masa de menos de 1 kg. O alumnado de primaria e secundaria est\u00e1 convidado a po\u00f1erlle nome ao nanosat\u00e9lite surafricano ZACube-2. As e os estudantes poden ga\u00f1ar un computador port\u00e1til, un modelo 3D para o seu centro e unha visita \u00e1 construci\u00f3n do sat\u00e9lite en Cidade do Cabo. ZACube-2 foi dese\u00f1ado e constru\u00eddo principalmente por estudantes de posgrao na Universidade de Tecnolox\u00eda Cape Peninsula (CPUT) xunto coa Axencia Espacial Nacional de Sur\u00e1frica (SANSA) como parte do programa CubeSat. A data l\u00edmite \u00e9 o 12 de novembro.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">Para saber m\u00e1is: <a href=\"https:\/\/www.saasta.ac.za\/competitions\/zacube-2-satellite-naming-competition\/\">https:\/\/www.saasta.ac.za\/competitions\/zacube-2-satellite-naming-competition\/<\/a><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\"><strong>5) O Sol, a nosa estrela viva: novo espect\u00e1culo de planetario do ESO<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">O ESO ten o pracer de anunciar unha nova achega \u00e1 s\u00faa colecci\u00f3n de materiais para planetario gratu\u00edtos e de grande calidade producidos por profesionais da astrofotograf\u00eda, a arte, a t\u00e9cnica e a m\u00fasica con reco\u00f1ecemento mundial. O Sol, a nosa estrela viva conta a historia da nosa estrela m\u00e1is pr\u00f3xima, a fonte de enerx\u00eda do noso planeta, a que impulsa os ventos e a meteorolox\u00eda, e a bola de luz que permite a propia existencia da vida. O Sol, a nosa estrela viva ser\u00e1 amosado no planetario do ESO Supernova desde o 7 de setembro e estar\u00e1 dispo\u00f1\u00edbel para descarga gratu\u00edta no sitio web do ESO.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">Podes ler m\u00e1is informaci\u00f3n: <a href=\"http:\/\/www.eso.org\/public\/announcements\/ann18064\/\">http:\/\/www.eso.org\/public\/announcements\/ann18064\/<\/a><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\"><strong>6) Base de datos iStar \u2013 Repositorio para investigaci\u00f3n en educaci\u00f3n astron\u00f3mica<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">O obxectivo da base de datos \u00e9 facer acces\u00edbel a investigaci\u00f3n en educaci\u00f3n astron\u00f3mica a todas as persoas que investigan ou traballan en educaci\u00f3n en todo o mundo, sen custo. iStar convida a todas \u00e1s comunidades de investigadores e investigadoras en educaci\u00f3n astron\u00f3mica a que empreguen a base de datos para desenvolver e estender colaboraci\u00f3ns, informar de pol\u00edticas, financiamentos e decisi\u00f3ns educativas, e compartir a voz, a perspectiva e a experiencia da investigaci\u00f3n en educaci\u00f3n astron\u00f3mica. Podes unirte subindo traballos neste campo.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">M\u00e1is informaci\u00f3n: <a href=\"https:\/\/istardb.org\/\">https:\/\/istardb.org\/<\/a><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\"><strong>7) Un cat\u00e1logo de m\u00fasica inspirada pola astronom\u00eda<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">Unha nova gu\u00eda anotada (parte dunha serie dedicada a recursos para gozar ou aprender astronom\u00eda) cont\u00e9n m\u00e1is de 250 pezas de m\u00fasica inspirada por astronom\u00eda seria, inclu\u00edda tanto a m\u00fasica cl\u00e1sica como a popular. Achega ademais ligaz\u00f3ns de Youtube para a maior\u00eda das composici\u00f3ns, as\u00ed que podes escoitalas. Entre as pezas hai unha cantata ao telescopio espacial Hubble, canci\u00f3ns de rock sobre buracos negros con ciencia razo\u00e1bel, \u00f3peras sobre Galileo, Kepler e Einstein, unha sonata de piano sobre supernovas e moito m\u00e1is.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">Podes acceder \u00e1 gu\u00eda directamente nesta ligaz\u00f3n: <a href=\"http:\/\/bit.ly\/astronomymusic\">http:\/\/bit.ly\/astronomymusic<\/a>. A colecci\u00f3n de gu\u00edas de recursos, inclu\u00edda unha de obras de teatro inspiradas pola astronom\u00eda, est\u00e1 aqu\u00ed <a href=\"http:\/\/www.fraknoi.com\/resource-guides-on-astronomy-education\/%E2%80%8B\">http:\/\/www.fraknoi.com\/resource-guides-on-astronomy-education\/<\/a><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\"><em>(O noso agradecemento a Andrew Fraknoi por compartir esta nova connosco).<\/em><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\"><strong>8) Obradoiro de formaci\u00f3n para o profesorado ESA-GTTP 2018<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">O obradoiro de formaci\u00f3n para o profesorado ESA-GTTP 2018 ter\u00e1 lugar do 20 ao 23 de novembro no Centro de Investigaci\u00f3n e Tecnolox\u00eda Espacial Europeo (ESTEC) en Noordwijk, nos Pa\u00edses Baixos. Esta serie de obradoiros para o profesorado da ESA desenv\u00f3lvese en asociaci\u00f3n co programa de formaci\u00f3n do profesorado Galileo (GTTP) e acada con esta a s\u00faa novena edici\u00f3n. Poden facerse solicitudes at\u00e9 as 9:00 (horario central europeo) do luns 1 de outubro de 2018.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">Podedes atopar m\u00e1is informaci\u00f3n <a href=\"https:\/\/www.esa.int\/Education\/Teachers_Corner\/ESA_GTTP_Teacher_Training_Workshop_2018_open_for_applications\">aqu\u00ed<\/a>.<\/p>\n<p align=\"left\"><strong>9) Encontros e actividades globais de 2018<\/strong><\/p>\n<p align=\"left\">Podes atopar aqu\u00ed unha listaxe de eventos e conferencias de divulgaci\u00f3n e educaci\u00f3n astron\u00f3mica en todo o mundo. Planifica un ano cheo de acontecementos interesantes!<\/p>\n<p>a) Congreso Aeron\u00e1utico Internacional<br \/>\n<em>Datas:<\/em> do 1 ao 5 de outubro de 2018<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Bremen, Alema\u00f1a<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n: <\/em><a href=\"http:\/\/www.iafastro.org\/events\/iac\/iac-2018\/\">http:\/\/www.iafastro.org\/events\/iac\/iac-2018\/<\/a><em><br \/>\n<\/em><\/p>\n<p>b) Semana Mundial do Espazo<br \/>\n<em>Datas:<\/em> do 4 ao 10 de outubro de 2018<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> todo o mundo<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"http:\/\/www.worldspaceweek.org\/\">http:\/\/www.worldspaceweek.org\/<\/a><em><br \/>\n<\/em><\/p>\n<p>c) Noite Internacional de Observaci\u00f3n da L\u00faa<br \/>\n<em>Datas:<\/em> 20 de outubro de 2018<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> todo o mundo<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"http:\/\/observethemoonnight.org\/\">http:\/\/observethemoonnight.org\/<\/a><\/p>\n<p>d) F\u00f3rum Wissenschaftskommunikation<br \/>\n<em>Datas:<\/em> do 7 ao 9 de novembro de 2018<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Bonn, Alema\u00f1a<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"https:\/\/www.wissenschaft-im-dialog.de\/en\/forum-wissenschaftskommunikation\/forum-2018\/\">https:\/\/www.wissenschaft-im-dialog.de\/en\/forum-wissenschaftskommunikation\/forum-2018\/<\/a><\/p>\n<p>e) V Festival Starmus: un paso de xigante<br \/>\n<em>Datas:<\/em> do 24 ao 29 de xu\u00f1o de 2019<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Berna, Su\u00edza<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"https:\/\/www.starmus.com\/\">https:\/\/www.starmus.com\/<\/a><\/p>\n<p>f) 3\u00ba Obradoiro sobre Divulgaci\u00f3n e Educaci\u00f3n da Astronom\u00eda (WDEA III)<br \/>\n<em>Datas:<\/em> 2 de xullo (Eclipse solar) e do 4 ao 5 de xullo de 2019<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> San Juan, Argentina<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"http:\/\/sion.frm.utn.edu.ar\/WDEAIII\/\">http:\/\/sion.frm.utn.edu.ar\/WDEAIII\/<\/a><\/p>\n<p>Esquecemos algo? Ent\u00f3n comparte os teus encontros sobre educaci\u00f3n e divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica con n\u00f3s v\u00eda outreach@iau.org.<\/p>\n<p><strong>10) Bolet\u00edn de divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica da IAU noutras linguas<\/strong><\/p>\n<p>-Traduci\u00f3n ao <strong>serbio<\/strong>, elaborada pola doutora Liliana Gracanin de Serbia: <a href=\"https:\/\/twitter.com\/IAU_srpski\">https:\/\/twitter.com\/IAU_srpski<\/a>;<\/p>\n<p>-Traduci\u00f3ns ao <strong>xapon\u00e9s<\/strong> a cargo de Akihiko Tomita a trav\u00e9s da Rede de Traduci\u00f3n Astron\u00f3mica: <a href=\"http:\/\/bit.ly\/2xlNyCR\">http:\/\/bit.ly\/2xlNyCR<\/a>. Se queres recibir a traduci\u00f3n ao xapon\u00e9s do bolet\u00edn, subscr\u00edbete \u00e1 Asociaci\u00f3n Xaponesa de Astr\u00f3nomos Afeccionados, <a href=\"http:\/\/www.jaaa-astro.jp\/jaaa-ml.html\">http:\/\/www.jaaa-astro.jp\/jaaa-ml.html<\/a>, ou \u00e1 Sociedade Xaponesa pola Educaci\u00f3n e Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda, <a href=\"http:\/\/www.tenkyo.net\/\">http:\/\/www.tenkyo.net\/<\/a>;<\/p>\n<p>-Traduci\u00f3ns ao <strong>galego<\/strong>, por Martin Pawley da Agrupaci\u00f3n Astron\u00f3mica Coru\u00f1esa \u00cdo, en Espa\u00f1a, aqu\u00ed: <a href=\"http:\/\/agrupacionio.com\/gl\/tag\/boletin-iau\">http:\/\/agrupacionio.com\/gl\/tag\/boletin-iau<\/a>;<\/p>\n<p>-Traduci\u00f3ns ao <strong>espa\u00f1ol<\/strong>, elaboradas por Emilio Z\u00fa\u00f1iga, da Asociaci\u00f3n de Astr\u00f3nomos Aficionados de Le\u00f3n, Nicaragua: <a href=\"http:\/\/asafile.blogspot.jp\/p\/blog-page_12.html\">http:\/\/asafile.blogspot.jp\/p\/blog-page_12.html<\/a>;<\/p>\n<p>Se est\u00e1s interesado en traducir o noso bolet\u00edn ao teu idioma, por favor contacta con n\u00f3s v\u00eda outreach@iau.org.<\/p>\n<p><strong>11) Contribuci\u00f3ns ao bolet\u00edn de divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica da IAU \u2013 desexamos noticias vosas en 2018!<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">Na Oficina de Divulgaci\u00f3n Astron\u00f3mica da IAU sempre estamos buscando noticias sobre educaci\u00f3n e divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica en todo o mundo. Por favor, continuade compartindo as vosas historias con n\u00f3s en 2018! Se est\u00e1s organizando actividades a gran escala a nivel rexional ou internacional, ofreces postos de traballo de educaci\u00f3n e comunicaci\u00f3n da astronom\u00eda, tes proxectos innovadores ou historias inspiradoras, buscas colaboraci\u00f3n ProAm en astronom\u00eda ou creaches recursos educativos, f\u00e1inolo saber por correo electr\u00f3nico: outreach@iau.org.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\"><em>Traduci\u00f3n: Martin Pawley (Agrupaci\u00f3n \u00cdo). Podes consultar o bolet\u00edn en ingl\u00e9s <a href=\"https:\/\/us11.campaign-archive.com\/?e=&amp;u=0ecb46e29196a0f367daf3dd6&amp;id=b16abefda6\">nesta ligaz\u00f3n<\/a>.<\/em><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Bolet\u00edn de Divulgaci\u00f3n Astron\u00f3mica da Uni\u00f3n Astron\u00f3mica Internacional (IAU) Setembro 2018 #2 Neste bolet\u00edn: 0) Nota dos editores 1) Establece unha parcer\u00eda coa IAU 2) Novas do Xap\u00f3n 3) Novas de Australia 4) Novas de Sur\u00e1frica 5) O Sol, a nosa estrela viva: novo espect\u00e1culo de planetario do ESO 6) Base de datos iStar \u2013 Repositorio para investigaci\u00f3n en educaci\u00f3n astron\u00f3mica 7) Un cat\u00e1logo de&#8230; <\/p>\n<p class=\"more\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/boletin-divulgacion-da-iau-setembro-2018-2\/\">Read More<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[51],"tags":[188],"class_list":["post-4746","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-noticias-gl","tag-boletin-iau"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4746","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=4746"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4746\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=4746"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=4746"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=4746"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}