{"id":4667,"date":"2018-08-08T12:19:42","date_gmt":"2018-08-08T10:19:42","guid":{"rendered":"http:\/\/agrupacionio.com\/?p=4667"},"modified":"2018-08-08T12:19:42","modified_gmt":"2018-08-08T10:19:42","slug":"boletin-divulgacion-da-iau-agosto-2018-1","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/boletin-divulgacion-da-iau-agosto-2018-1\/","title":{"rendered":"Bolet\u00edn de divulgaci\u00f3n da IAU: Agosto 2018 #1"},"content":{"rendered":"<p><img fetchpriority=\"high\" decoding=\"async\" class=\"aligncenter size-full wp-image-3863\" src=\"http:\/\/agrupacionio.com\/wp-content\/uploads\/2017\/05\/IAU-Bolet\u00edn-Blog.jpg\" alt=\"IAU Bolet\u00edn Blog\" width=\"600\" height=\"360\" srcset=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2017\/05\/IAU-Bolet\u00edn-Blog.jpg 600w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2017\/05\/IAU-Bolet\u00edn-Blog-300x180.jpg 300w\" sizes=\"(max-width: 600px) 100vw, 600px\" \/><\/p>\n<p><strong>Bolet\u00edn de Divulgaci\u00f3n Astron\u00f3mica da Uni\u00f3n Astron\u00f3mica Internacional (<a title=\"\" href=\"http:\/\/www.iau.org\/\">IAU<\/a>)<\/strong><\/p>\n<p><strong>Agosto2018 #1<\/strong><\/p>\n<p align=\"left\">Neste bolet\u00edn:<\/p>\n<p align=\"left\">0) Nota dos editores<br \/>\n1) A Asemblea Xeral IAU 2018 celebra actividades astron\u00f3micas p\u00fablicas en Viena<br \/>\n2) Mans nas estrelas: segunda listaxe comparativa internacional de termos astron\u00f3micos en linguaxe de signos \u2013 Chamada na procura de colaboraci\u00f3n<br \/>\n3) Novas de Chipre e Sri Lanka<br \/>\n4) Dese\u00f1o de proxectos de astronom\u00eda para o desenvolvemento &#8211; Curso en li\u00f1a<br \/>\n5) GO-GA \u2013 Go-Lab vai a \u00c1frica<br \/>\n6) Conv\u00e9rtete nun profesor ou profesora AstroBVI<br \/>\n7) Semana Mundial do Espazo: concurso de \u201cselfie\u201d espacial<br \/>\n8) O observatorio de Las Cumbres busca novos parceiros educativos<br \/>\n9) Encontros e actividades globais de 2018<br \/>\n10) Bolet\u00edn de divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica da IAU noutras linguas<br \/>\n11) Contribuci\u00f3ns ao bolet\u00edn de divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica da IAU \u2013 desexamos noticias vosas en 2018!<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\"><strong>0) Nota dos editores<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Todo listo para a Asemblea Xeral da IAU de 2018! Este ano teremos un apaixonante programa cient\u00edfico para todas as persoas participantes, mais tam\u00e9n unha programaci\u00f3n divulgativa aberta ao p\u00fablico xeral. O noso equipo estar\u00e1 no posto da IAU xunto coas nosas oficinas irm\u00e1s Oficina IAU de astronom\u00eda para o desenvolvemento (OAD) e Oficina IAU para astr\u00f3nomos e astr\u00f3nomas xoves (OYA). Se andas por Viena ou asistes \u00e1 Asemblea aproveita para achegarte \u00e1 nosa oficina e dicir ola!<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Neste n\u00famero, destacamos os eventos p\u00fablicos da Asemblea Xeral da IAU, o curso en li\u00f1a de dese\u00f1o de proxectos da Oficina IAU de astronom\u00eda para o desenvolvemento e a chamada na procura de parceiros educativos do observatorio de Las Cumbres.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Agardamos que tiv\u00e9sedes boas observaci\u00f3ns da eclipse de L\u00faa! Queremos darlles as grazas a todas as persoas que comparten as s\u00faas actividades co noso equipo. Como sabedes, temos a nosa base en Toquio e infelizmente o tempo aqu\u00ed non acompa\u00f1ou nada. Por\u00e9n, cando empezamos a ver as marabillosas fotos que todo o mundo estaba a compartir agarimosamente foi impos\u00edbel non sentirmos que ti\u00f1amos moita sorte. Grazas!<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Desex\u00e1mosvos unha feliz lectura e ceos despexados!<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">O equipo da Oficina para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda da IAU<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\"><strong>1) A Asemblea Xeral IAU 2018 celebra actividades astron\u00f3micas p\u00fablicas en Viena<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">A cidade austr\u00edaca de Viena acoller\u00e1 a XXX Asemblea Xeral da Uni\u00f3n Astron\u00f3mica Internacional (IAU) do 20 ao 31 de agosto este ano. Para al\u00e9n de darlle a benvida a m\u00e1is de 3000 astr\u00f3nomos e astr\u00f3nomas de m\u00e1is de 88 pa\u00edses, a conferencia ofrecer\u00e1 ademais diversas actividades para a comunidade local, gratu\u00edtas e abertas ao p\u00fablico.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Podes saber m\u00e1is lendo a nota de prensa da IAU: <a href=\"https:\/\/www.iau.org\/news\/pressreleases\/detail\/iau1807\/\">https:\/\/www.iau.org\/news\/pressreleases\/detail\/iau1807\/<\/a><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\"><strong>2) Mans nas estrelas: segunda listaxe comparativa internacional de termos astron\u00f3micos en linguaxe de signos \u2013 Chamada na procura de colaboraci\u00f3n<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">En decembro de 2017, como resultado dun proxecto desenvolvido durante moito tempo pola Comisi\u00f3n IAU C1 de educaci\u00f3n e desenvolvemento da astronom\u00eda e o seu Grupo de Traballo 3 de Astronom\u00eda pola igualdade e a inclusi\u00f3n, foi compilada <a href=\"https:\/\/www.iau.org\/news\/pressreleases\/detail\/iau1706\/\">a primeira listaxe comparativa internacional de termos astron\u00f3micos en linguaxe de signos<\/a> que na actualidade cont\u00e9n as 47 palabras m\u00e1is frecuentemente empregadas en educaci\u00f3n. O grupo de traballo abre agora unha chamada na procura de colaboraci\u00f3n para lanzar unha nova listaxe de palabras. Se queres participar neste proxecto, por favor env\u00edalle un correo electr\u00f3nico a beatriz.garcia[at]iteda.cnea.gov.ar e amelia.ortiz[at]uv.es.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\"><strong>3) Novas de Chipre e Sri Lanka<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\"><em>Baixo a mesma eclipse \u2013 unha eclipse lunar total observada, medida e compartida por m\u00e1is de mil estudantes en Sri Lanka e Chipre<\/em><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">O 27 de xullo a m\u00e1is longa eclipse lunar deste s\u00e9culo foi observada por diferentes grupos en Sri Lanka e en Chipre, neste caso tanto por poboaci\u00f3n grego-chipriota como turco-chipriota, nunha experiencia cultural conxunta en que mediron distancias desde os dous lugares val\u00e9ndose da eclipse. Grazas a isto, os equipos organizadores pretenden compartir as marabillas do universo en que vivimos e por extensi\u00f3n fomentar a idea de cidadan\u00eda global, po\u00f1endo en valor o noso lugar no universo, xuntos nun mesmo planeta. #UnderTheSameEclipse<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Podes atopar os resultados desta actividade nas p\u00e1xinas de Facebook da <a href=\"https:\/\/www.facebook.com\/ncastronomy\/?fref=mentions\">Sociedade Astron\u00f3mica do Colexio Nalanda<\/a>, a <a href=\"https:\/\/www.facebook.com\/Old-Nalandian-Astronomical-Society-164872626883018\/?fref=mentions\">Antiga Sociedade Astron\u00f3mica de Nalanda<\/a> e <a href=\"https:\/\/www.facebook.com\/ColumbaHerschel\/?fref=mentions\">Columba-Herschel: astronom\u00eda pola paz<\/a>.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\"><strong>4) Dese\u00f1o de proxectos de astronom\u00eda para o desenvolvemento &#8211; Curso en li\u00f1a<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Este curso est\u00e1 dese\u00f1ado para axudar a calquera persoa que pretenda enviar unha proposta \u00e1s convocatorias da Oficina de astronom\u00eda para o desenvolvemento. Achega unha breve introduci\u00f3n \u00e1 astronom\u00eda para o desenvolvemento e introd\u00facenos no ciclo de proxectos do OAD, desde a an\u00e1lise das necesidades ao seguimento e avaliaci\u00f3n.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">O curso en li\u00f1a de dese\u00f1o de proxectos da Oficina IAU de astronom\u00eda para o desenvolvemento (OAD) est\u00e1 xa dispo\u00f1\u00edbel na seguinte ligaz\u00f3n: <a href=\"http:\/\/www.open.edu\/openlearncreate\/course\/view.php?id=3071\">http:\/\/www.open.edu\/openlearncreate\/course\/view.php?id=3071<\/a><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\"><strong>5) GO-GA \u2013 Go-Lab vai a \u00c1frica<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">O principal obxectivo de GO-GA \u00e9 adaptar e desenvolver o ecosistema de aprendizaxe Go-Lab en \u00c1frica, de \u00e9xito co\u00f1ecido, primeiro facendo experiencias piloto en tres pa\u00edses e logo a maior escala. O <a href=\"https:\/\/www.golabz.eu\/\">Ecosistema Go-Lab<\/a> (ou a Plataforma Go-Lab para xestionar e compartir recursos) dir\u00edxese ao profesorado de ciencias de escola primaria e secundaria e pretende enriquecer as aulas pr\u00e1cticas con enfoques de ensino innovadores e ferramentas t\u00e9cnicas de apoio. GO-GA acelerar\u00e1 a adopci\u00f3n de contornos de aprendizaxe m\u00e1is ricos e mellorar\u00e1 os resultados educativos en ciencia e tecnolox\u00eda, grazas \u00e1 implantaci\u00f3n de contidos dixitais e o desenvolvemento das capacidades do profesorado en toda \u00c1frica.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Podes obter m\u00e1is informaci\u00f3n sobre este proxecto aqu\u00ed: <a href=\"https:\/\/go-ga.org\/\">https:\/\/go-ga.org<\/a><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\"><strong>6) Conv\u00e9rtete nun profesor ou profesora AstroBVI (Blind and Vision Impaired, persoas cegas ou con deficiencia visual)<br \/>\n<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">AstroBVI \u00e9 un <a href=\"http:\/\/www.astro4dev.org\/blog\/category\/tf2\/astrobvi-an-astronomical-educational-kit-for-the-blind-and-vision-impaired-bvi-community-in-south-america\/\">proxecto financiado pola Oficina IAU de astronom\u00eda para o desenvolvemento en 2018<\/a> e persegue crear e distribu\u00edr un kit de material educativo en diferentes pa\u00edses da Am\u00e9rica Latina e proporcionar formaci\u00f3n ao profesorado para o seu uso.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">As solicitudes para recibir o kit est\u00e1n abertas at\u00e9 o 31 de agosto (en espa\u00f1ol): <a href=\"http:\/\/www.astrobvi.org\/\">www.AstroBVI.org<\/a><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\"><strong>7) Semana Mundial do Espazo: concurso de \u201cselfie\u201d espacial<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">A asociaci\u00f3n Semana Mundial do Espazo (WSWA) busca propostas de \u201cselfies espaciais\u201d no marco da acci\u00f3n \u201cSelfie desde o espazo\u201d da Semana Mundial do Espazo (World Space Week, WSW) de 2018, que ter\u00e1 lugar do 4 ao 10 de outubro. Estas fotos ser\u00e1n tomadas desde o espazo de eventos da WSW de grandes dimensi\u00f3ns, empregando a rede <a href=\"https:\/\/www.planet.com\/\">Planet<\/a> e os seus sat\u00e9lites con resoluci\u00f3n de 3 metros.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">A data l\u00edmite \u00e9 o 1 de setembro de 2018. M\u00e1is informaci\u00f3n e solicitude en <a href=\"http:\/\/www.worldspaceweek.org\/news\/space-selfies-during-world-space-week-2018\/\">http:\/\/www.worldspaceweek.org\/news\/space-selfies-during-world-space-week-2018\/<\/a><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\"><strong>8) O observatorio de Las Cumbres busca novos parceiros educativos<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">O observatorio Las Cumbres (LCO) abriu a convocatoria na procura de novos parceiros educativos que observar\u00e1n fen\u00f3menos astron\u00f3micos con telescopios LCO e empregar\u00e1n os datos como parte das s\u00faas actividades educativas. O equipo busca ideas interesantes, atractivas e innovadoras no campo da educaci\u00f3n astron\u00f3mica e proxectos de divulgaci\u00f3n que fagan uso das capacidades \u00fanicas do LCO. O equipo ofrece un total de 1000 horas de tempo de observaci\u00f3n para o conxunto de proxectos no telescopio LCO de 0,4 metros, que poder\u00e1n empregarse entre o 1 de decembro de 2018 e o 1 de decembro de 2019.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">A data l\u00edmite para a recepci\u00f3n de propostas \u00e9 o 1 de setembro de 2018. Para ter unha informaci\u00f3n completa sobre esta convocatoria, criterios de elixibilidade e como postular, por favor visitade o sitio web do LCO: <a href=\"https:\/\/lco.global\/news\/call-for-education-partners-2019\/\">https:\/\/lco.global\/news\/call-for-education-partners-2019\/<\/a><\/p>\n<p align=\"left\"><strong>9) Encontros e actividades globais de 2018<\/strong><\/p>\n<p align=\"left\">Podes atopar aqu\u00ed unha listaxe de eventos e conferencias de divulgaci\u00f3n e educaci\u00f3n astron\u00f3mica en todo o mundo. Planifica un ano cheo de acontecementos interesantes!<\/p>\n<p>a) Asemblea Xeral da IAU<br \/>\n<em>Datas:<\/em> do 20 ao 31 de agosto de 2018<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Viena, Austria<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"http:\/\/astronomy2018.univie.ac.at\/\">http:\/\/astronomy2018.univie.ac.at\/<\/a><\/p>\n<p>b) ASP2018: Astronom\u00eda para todas as persoas \u2013 Conferencia sobre educaci\u00f3n, comunicaci\u00f3n e diversidade en ciencia<br \/>\n<em>Data:<\/em> do 10 ao 13 de setembro de 2018<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Sonoma Wine Country, CA<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"https:\/\/www.astrosociety.org\/about-us\/asp-annual-meetings\/asp-2018-annual-meeting\/\">https:\/\/www.astrosociety.org\/about-us\/asp-annual-meetings\/asp-2018-annual-meeting\/<\/a><\/p>\n<p>c) Congreso Europeo de Ciencia Planetaria<br \/>\n<em>Datas:<\/em> do 16 ao 21 de setembro de 2018<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Berl\u00edn, Alema\u00f1a<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"https:\/\/www.epsc2018.eu\/\">https:\/\/www.epsc2018.eu\/<\/a><\/p>\n<p>d) Conferencia .Astronomy<br \/>\n<em>Datas:<\/em> do 24 ao 27 de setembro de 2018<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Baltimore, EEUU<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"https:\/\/www.dotastronomy.com\/\">https:\/\/www.dotastronomy.com\/<\/a><\/p>\n<p>e) Congreso Xeraci\u00f3n Espacial<br \/>\n<em>Datas:<\/em> do 27 ao 29 de setembro de 2018<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Bremen, Alema\u00f1a<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:\u00a0<\/em><a href=\"https:\/\/spacegeneration.org\/sgc2018\">https:\/\/spacegeneration.org\/sgc2018<\/a><\/p>\n<p>f) Congreso Aeron\u00e1utico Internacional<br \/>\n<em>Datas:<\/em> do 1 ao 5 de outubro de 2018<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Bremen, Alema\u00f1a<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n: <\/em><a href=\"http:\/\/www.iafastro.org\/events\/iac\/iac-2018\/\">http:\/\/www.iafastro.org\/events\/iac\/iac-2018\/<\/a><em><br \/>\n<\/em><\/p>\n<p>g) Semana Mundial do Espazo<br \/>\n<em>Datas:<\/em> do 4 ao 10 de outubro de 2018<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> todo o mundo<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"http:\/\/www.worldspaceweek.org\/\">http:\/\/www.worldspaceweek.org\/<\/a><em><br \/>\n<\/em><\/p>\n<p>h) Noite Internacional de Observaci\u00f3n da L\u00faa<br \/>\n<em>Datas:<\/em> 20 de outubro de 2018<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> todo o mundo<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"http:\/\/observethemoonnight.org\/\">http:\/\/observethemoonnight.org\/<\/a><\/p>\n<p>i) F\u00f3rum Wissenschaftskommunikation<br \/>\n<em>Datas:<\/em> do 7 ao 9 de novembro de 2018<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Bonn, Alema\u00f1a<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"https:\/\/www.wissenschaft-im-dialog.de\/en\/forum-wissenschaftskommunikation\/forum-2018\/\">https:\/\/www.wissenschaft-im-dialog.de\/en\/forum-wissenschaftskommunikation\/forum-2018\/<\/a><\/p>\n<p>l) V Festival Starmus: un paso de xigante<br \/>\n<em>Datas:<\/em> do 24 ao 29 de xu\u00f1o de 2019<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Berna, Su\u00edza<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"https:\/\/www.starmus.com\/\">https:\/\/www.starmus.com\/<\/a><\/p>\n<p>m) 3\u00ba Obradoiro sobre Divulgaci\u00f3n e Educaci\u00f3n da Astronom\u00eda (WDEA III)<br \/>\n<em>Datas:<\/em> 2 de xullo (Eclipse solar) e do 4 ao 5 de xullo de 2019<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> San Juan, Argentina<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"http:\/\/sion.frm.utn.edu.ar\/WDEAIII\/\">http:\/\/sion.frm.utn.edu.ar\/WDEAIII\/<\/a><\/p>\n<p>Esquecemos algo? Ent\u00f3n comparte os teus encontros sobre educaci\u00f3n e divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica con n\u00f3s v\u00eda outreach@iau.org.<\/p>\n<p><strong>10) Bolet\u00edn de divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica da IAU noutras linguas<\/strong><\/p>\n<p>-Traduci\u00f3n ao <strong>serbio<\/strong>, elaborada pola doutora Liliana Gracanin de Serbia: <a href=\"https:\/\/twitter.com\/IAU_srpski\">https:\/\/twitter.com\/IAU_srpski<\/a>;<\/p>\n<p>-Traduci\u00f3ns ao <strong>xapon\u00e9s<\/strong> a cargo de Akihiko Tomita e Mikako Kuwamura a trav\u00e9s da Rede de Traduci\u00f3n Astron\u00f3mica: <a href=\"http:\/\/bit.ly\/2xlNyCR\">http:\/\/bit.ly\/2xlNyCR<\/a>. Se queres recibir a traduci\u00f3n ao xapon\u00e9s do bolet\u00edn, subscr\u00edbete \u00e1 Asociaci\u00f3n Xaponesa de Astr\u00f3nomos Afeccionados, <a href=\"http:\/\/www.jaaa-astro.jp\/jaaa-ml.html\">http:\/\/www.jaaa-astro.jp\/jaaa-ml.html<\/a>, ou \u00e1 Sociedade Xaponesa pola Educaci\u00f3n e Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda, <a href=\"http:\/\/www.tenkyo.net\/\">http:\/\/www.tenkyo.net\/<\/a>;<\/p>\n<p>-Traduci\u00f3ns ao <strong>galego<\/strong>, pola Agrupaci\u00f3n Astron\u00f3mica Coru\u00f1esa \u00cdo, en Espa\u00f1a, aqu\u00ed: <a href=\"http:\/\/agrupacionio.com\/gl\/tag\/boletin-iau\">http:\/\/agrupacionio.com\/gl\/tag\/boletin-iau<\/a>;<\/p>\n<p>-Traduci\u00f3ns ao <strong>espa\u00f1ol<\/strong>, elaboradas por:<\/p>\n<p>Emilio Z\u00fa\u00f1iga, ASAFILE, Asociaci\u00f3n de Astr\u00f3nomos Aficionados de Le\u00f3n, Nicaragua: <a href=\"http:\/\/asafile.blogspot.jp\/p\/blog-page_12.html\">http:\/\/asafile.blogspot.jp\/p\/blog-page_12.html<\/a>;<\/p>\n<p>Basilio Sol\u00eds-Castillo, estudante de doutorado, Instituto Max Planck de Radioastronom\u00eda, Universidade de Bonn: <a href=\"http:\/\/astronomia-para-todos.blogspot.de\">http:\/\/astronomia-para-todos.blogspot.de;<\/a><\/p>\n<p>Se est\u00e1s interesado en traducir o noso bolet\u00edn ao teu idioma, por favor contacta con n\u00f3s v\u00eda outreach@iau.org.<\/p>\n<p><strong>11) Contribuci\u00f3ns ao bolet\u00edn de divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica da IAU \u2013 desexamos noticias vosas en 2018!<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">Na Oficina de Divulgaci\u00f3n Astron\u00f3mica da IAU sempre estamos buscando noticias sobre educaci\u00f3n e divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica en todo o mundo. Por favor, continuade compartindo as vosas historias con n\u00f3s en 2018! Se est\u00e1s organizando actividades a gran escala a nivel rexional ou internacional, ofreces postos de traballo de educaci\u00f3n e comunicaci\u00f3n da astronom\u00eda, tes proxectos innovadores ou historias inspiradoras, buscas colaboraci\u00f3n ProAm en astronom\u00eda ou creaches recursos educativos, f\u00e1inolo saber por correo electr\u00f3nico: outreach@iau.org.<\/p>\n<p><em>Traduci\u00f3n: Martin Pawley (Agrupaci\u00f3n \u00cdo). Podes consultar o bolet\u00edn en ingl\u00e9s <a href=\"https:\/\/us11.campaign-archive.com\/?e=[UNIQID]&amp;u=0ecb46e29196a0f367daf3dd6&amp;id=615bacc97c\">nesta ligaz\u00f3n<\/a>.<\/em><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Bolet\u00edn de Divulgaci\u00f3n Astron\u00f3mica da Uni\u00f3n Astron\u00f3mica Internacional (IAU) Agosto2018 #1 Neste bolet\u00edn: 0) Nota dos editores 1) A Asemblea Xeral IAU 2018 celebra actividades astron\u00f3micas p\u00fablicas en Viena 2) Mans nas estrelas: segunda listaxe comparativa internacional de termos astron\u00f3micos en linguaxe de signos \u2013 Chamada na procura de colaboraci\u00f3n 3) Novas de Chipre e Sri Lanka 4) Dese\u00f1o de proxectos de astronom\u00eda para o&#8230; <\/p>\n<p class=\"more\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/boletin-divulgacion-da-iau-agosto-2018-1\/\">Read More<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[51],"tags":[188],"class_list":["post-4667","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-noticias-gl","tag-boletin-iau"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4667","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=4667"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4667\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=4667"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=4667"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=4667"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}