{"id":4626,"date":"2018-07-16T13:49:46","date_gmt":"2018-07-16T11:49:46","guid":{"rendered":"http:\/\/agrupacionio.com\/?p=4626"},"modified":"2018-07-16T13:49:46","modified_gmt":"2018-07-16T11:49:46","slug":"boletin-divulgacion-da-iau-xullo-2018-1","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/boletin-divulgacion-da-iau-xullo-2018-1\/","title":{"rendered":"Bolet\u00edn de divulgaci\u00f3n da IAU: Xullo 2018 #1"},"content":{"rendered":"<p><img fetchpriority=\"high\" decoding=\"async\" class=\"aligncenter size-full wp-image-3863\" src=\"http:\/\/agrupacionio.com\/wp-content\/uploads\/2017\/05\/IAU-Bolet\u00edn-Blog.jpg\" alt=\"IAU Bolet\u00edn Blog\" width=\"600\" height=\"360\" srcset=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2017\/05\/IAU-Bolet\u00edn-Blog.jpg 600w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2017\/05\/IAU-Bolet\u00edn-Blog-300x180.jpg 300w\" sizes=\"(max-width: 600px) 100vw, 600px\" \/><\/p>\n<p><strong>Bolet\u00edn de Divulgaci\u00f3n Astron\u00f3mica da Uni\u00f3n Astron\u00f3mica Internacional (<a title=\"\" href=\"http:\/\/www.iau.org\/\">IAU<\/a>)<\/strong><\/p>\n<p><strong>Xullo 2018 #1<\/strong><\/p>\n<p align=\"left\">Neste bolet\u00edn:<\/p>\n<p align=\"left\">0) Nota dos editores<br \/>\n1) Rede de Traduci\u00f3n Astron\u00f3mica: novos recursos dispo\u00f1\u00edbeis en li\u00f1a<br \/>\n2) \u201cDebate e Obradoiro conxunto CIE-IAU\u201d e \u201cMitigar a contaminaci\u00f3n luminosa e a interferencia de radio a trav\u00e9s da protecci\u00f3n de lugares e a educaci\u00f3n\u201d<br \/>\n3) Novas de Espa\u00f1a<br \/>\n4) Novas de Colombia<br \/>\n5) Novas de Armenia<br \/>\n6) Novas de Xap\u00f3n<br \/>\n7) Novas da Arxentina<br \/>\n8) MOOC \u201cO noso lugar no universo\u201d<br \/>\n9) Encontros e actividades globais de 2018<br \/>\n10) Bolet\u00edn de divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica da IAU noutras linguas<br \/>\n11) Contribuci\u00f3ns ao bolet\u00edn de divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica da IAU \u2013 desexamos noticias vosas en 2018!<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\"><strong>0) Nota dos editores<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Nas \u00faltimas semanas, o noso equipo estivo traballando na reestruturaci\u00f3n da nosa rede de Coordinaci\u00f3n da Divulgaci\u00f3n Nacional (NOC). O per\u00edodo de tres anos de cada NOC est\u00e1 chegando ao seu final e as persoas que ser\u00e1n designadas para a coordinaci\u00f3n en cada pa\u00eds anunciaranse durante a Asemblea Xeral da IAU. Axi\u00f1a haber\u00e1 m\u00e1is noticias sobre o proceso de nomeamento.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">A nosa amiga e talentosa colega Yukiko Shibata deixa a oficina esta semana. Desex\u00e1mosche todo o mellor, amiga, e botar\u00e9moste en falta! Yukiko liderou brillantemente a Rede de Traduci\u00f3n Astron\u00f3mica durante o pasado ano e deixar\u00e1 a Rede en boas mans coa nosa colega Berenice Himmelfarb.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Neste n\u00famero, destacamos as \u00faltimas novas da nosa Rede de Traduci\u00f3n Astron\u00f3mica, o II Congreso Latinoamericano de Astrobiolox\u00eda en Colombia e o Debate e Obradoiro conxunto CIE-IAU que ter\u00e1 lugar durante a pr\u00f3xima asemblea xeral.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">O noso equipo quere darlle as grazas aos nosos contactos en Armenia, Espa\u00f1a, Xap\u00f3n, Colombia e Arxentina pola s\u00faa contribuci\u00f3n con noticias dos seus pa\u00edses, que fan deste n\u00famero algo especial e proban unha vez m\u00e1is como a educaci\u00f3n astron\u00f3mica e as actividades de divulgaci\u00f3n proliferan a nivel local e nacional, promovendo a inclusi\u00f3n e a diversidade coa astronom\u00eda como terreo com\u00fan para unir xente.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Desex\u00e1mosvos unha feliz lectura e ceos despexados!<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">O equipo da Oficina para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda da IAU<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\"><strong>1) Rede de Traduci\u00f3n Astron\u00f3mica: novos recursos dispo\u00f1\u00edbeis en li\u00f1a<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Grazas ao esforzo de case douscentos voluntarios e voluntarias na traduci\u00f3n, correcci\u00f3n, revisi\u00f3n cient\u00edfica e coordinaci\u00f3n a trav\u00e9s da plataforma Rede de Traduci\u00f3n Astron\u00f3mica, foron vertidos a diferentes linguas novos recursos astron\u00f3micos que xa est\u00e1n dispo\u00f1\u00edbeis no <a href=\"https:\/\/sites.google.com\/oao.iau.org\/translation\/resources?authuser=0\">sitio web da Rede<\/a>. Convid\u00e1mosvos a testalos e usalos nas vosas actividades de educaci\u00f3n e divulgaci\u00f3n da astronom\u00eda.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Moitos m\u00e1is recursos estar\u00e1n dispo\u00f1\u00edbeis nas pr\u00f3ximas semanas, as\u00ed que recorda visitar o noso sitio web para comprobar as actualizaci\u00f3ns. <a href=\"https:\/\/sites.google.com\/oao.iau.org\/translation\/join?authuser=0\">\u00danete a n\u00f3s<\/a> e axuda a levar a astronom\u00eda ao teu idioma. Comentarios, ideas e suxesti\u00f3ns son benvidas. Podes atoparnos en translation@oao.iau.org!<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\"><strong>2) \u201cDebate e Obradoiro conxunto CIE-IAU\u201d e \u201cMitigar a contaminaci\u00f3n luminosa e a interferencia de radio a trav\u00e9s da protecci\u00f3n de lugares e a educaci\u00f3n\u201d<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">A Comisi\u00f3n C.B7 da Uni\u00f3n Astron\u00f3mica Internacional sobre Protecci\u00f3n de Sitios de Observaci\u00f3n Existentes ou Potenciais conv\u00eddavos a un encontro de dous d\u00edas que durante a Asemblea Xeral da IAU se centrar\u00e1 nos problemas da contaminaci\u00f3n luminosa e a interferencia de radio e as s\u00faas soluci\u00f3ns. O encontro ter\u00e1 lugar no Observatorio Kuffner de Viena, Austria, o venres 24 e o domingo 26 de agosto. Non hai cota de rexistro para os membros da IAU. O segundo d\u00eda tres paneis de debate achegar\u00e1n oportunidades para compartir preocupaci\u00f3ns e soluci\u00f3ns. Se asistides, a organizaci\u00f3n conv\u00eddavos a propo\u00f1er un p\u00f3ster enviando un t\u00edtulo e un resumo cun m\u00e1ximo de 200 palabras a Constance Walker (cwalker[at]noao.edu) antes do 1 de agosto de 2018.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\"><strong>3) Novas de Espa\u00f1a<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\"><em>A astr\u00f3noma Caroline Herschel dalle nome a unha Aula de Astronom\u00eda<\/em><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">O pasado mes de marzo o Complexo Astron\u00f3mico \u201cLa Hita\u201d (La Puebla de Almoradiel, Toledo, Espa\u00f1a) abriu ao p\u00fablico unha nova aula de astronom\u00eda que leva o nome da astr\u00f3noma Caroline Herschel. A aula destaca o papel das mulleres astr\u00f3nomas de todas as \u00e9pocas. O complexo astron\u00f3mico est\u00e1 aberto ao p\u00fablico e \u00e9 visitado principalmente por grupos de escolas e estudantes da universidade. Os datos tomados polos seus telescopios contrib\u00faen a proxectos de investigaci\u00f3n astron\u00f3mica tanto no \u00e1mbito profesional como no amador.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Podes saber m\u00e1is deste proxecto aqu\u00ed: <a href=\"https:\/\/fundacionastrohita.org\/aula-didactica\/\">https:\/\/fundacionastrohita.org\/aula-didactica\/<\/a><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\"><em>Grazas a Amelia Ortiz-Gil, a nosa coordinadora de divulgaci\u00f3n nacional en Espa\u00f1a, por compartir a noticia.<\/em><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\"><strong>4) Novas de Colombia<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\"><em>II Congreso Latinoamericano de Astrobiolox\u00eda (II CLA)<\/em><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">O II Congreso Latinoamericano de Astrobiolox\u00eda (II CLA) \u201cA vida no universo desde o punto de vista da xeolox\u00eda planetaria\u201d celebrarase en Bogot\u00e1, Colombia, do 23 ao 28 de xullo. \u00c9 un evento internacional que re\u00fane a estudantes e profesionais de ciencia e a enxe\u00f1ar\u00eda para debater os \u00faltimos resultados en investigaci\u00f3n astrobiol\u00f3xica. Considerando o crecente interese da comunidade cient\u00edfica latinoamericana no estudo, investigaci\u00f3n e difusi\u00f3n dos asuntos relacionados coa astrobiolox\u00eda e as ciencias planetarias, o II CLA \u00e9 unha oportunidade para compartir experiencias entre instituci\u00f3ns acad\u00e9micas e centros de investigaci\u00f3n, estudantes, clubs de ciencia e outras persoas interesadas, e para expandir redes de traballo e fomentar futuras colaboraci\u00f3ns.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Podedes atopar m\u00e1is informaci\u00f3n (en espa\u00f1ol) nesta ligaz\u00f3n: <a href=\"http:\/\/cla.unal.edu.co\/\">http:\/\/cla.unal.edu.co\/<\/a><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\"><em>Grazas a Carlos Molina, o noso coordinador de divulgaci\u00f3n nacional en Colombia, por compartir a noticia.<\/em><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\"><strong>5) Novas de Armenia<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\"><em>Conferencias \u201cDo espazo \u00e1 escola\u201d<\/em><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">A Sociedade Astron\u00f3mica Armenia xunto co Observatorio Astrof\u00edsico Byurakan (BAO) desenvolveu con \u00e9xito o proxecto de conferencias \u201cDo espazo \u00e1 escola\u201d co apoio do Fondo de Socorro de Armenia. En trinta escolas celebrouse unha presentaci\u00f3n xeral sobre as \u201cMarabillas do Universo\u201d a cargo de cinco conferenciantes. As presentaci\u00f3ns inclu\u00edan informaci\u00f3n sobre a astronom\u00eda moderna e a s\u00faa historia, achegas actuais na astronom\u00eda, as achegas do BAO lideradas polo destacado cient\u00edfico Viktor Ambartsumian e importantes profesionais da astrof\u00edsica, e moitas fermosas imaxes do universo.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Podes ler un informe sobre o proxecto <a href=\"https:\/\/drive.google.com\/file\/d\/18M3W6kvA4SD-qnDZLwrX21hFu1dNkCc2\/view?usp=sharing\">aqu\u00ed<\/a>.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\"><em>Grazas a Sona Farmanyan, contacto de divulgaci\u00f3n nacional en Armenia, por compartir esta nova.<\/em><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\"><strong>6) Novas de Xap\u00f3n<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\"><em>Ciencia no pub en Fukuoka<\/em><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Desde 2007, celebr\u00e1ronse 31 sesi\u00f3ns de \u201cCiencia no pub en Fukuoka\u201d, cun promedio de tres sesi\u00f3ns por ano. \u00c9 un evento de debate libre con comida e bebida no que participan profesionais da investigaci\u00f3n en astronom\u00eda mais tam\u00e9n p\u00fablico xeral, inclu\u00eddas as persoas que practican astronom\u00eda a nivel amador e astrofotograf\u00eda. As persoas participantes conversan sobre acontecementos astron\u00f3micos recentes, novos resultados de investigaci\u00f3n e comparten o seu traballo astrofotogr\u00e1fico. A pr\u00f3xima sesi\u00f3n, a n\u00famero 32, ter\u00e1 lugar o 21 de xullo de 2018 na zona da estaci\u00f3n Hakata, en Fukuoka, Xap\u00f3n. Que non vos dea medo ir por primeira vez, sempre vos dar\u00e1n a benvida!<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">M\u00e1is informaci\u00f3n (en xapon\u00e9s), <a href=\"http:\/\/www.sciencepf.sakura.ne.jp\/sci-pub\/main.html\">aqu\u00ed<\/a> ou contactando co Dr H. Yamaoka (coordinaci\u00f3n de divulgaci\u00f3n nacional en Xap\u00f3n) v\u00eda hitoshi.yamaoka[at]nao.ac.jp.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\"><em>Grazas a Hitoshi Yamaoka, NOC no Xap\u00f3n, por compartir a noticia.<\/em><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\"><strong>7) Novas da Arxentina<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\"><em>3\u00ba Obradoiro sobre Divulgaci\u00f3n e Educaci\u00f3n da Astronom\u00eda (WDEA III)<\/em><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Logo do \u00e9xito das primeiras edici\u00f3ns, WDEA I na cidade de C\u00f3rdoba durante o Ano Internacional da Astronom\u00eda (2009) e WDEA II en Esquel en 2017, aproveitando a eclipse anular de Sol, a organizaci\u00f3n conv\u00eddavos a participar no 3\u00ba Obradoiro sobre Divulgaci\u00f3n e Educaci\u00f3n da Astronom\u00eda (WDEA III). O obradoiro ter\u00e1 lugar na cidade de San Juan, Arxentina, o 4 e 5 de xullo de 2019, logo da eclipse total de Sol que cruzar\u00e1 o territorio arxentino do oeste ao leste atravesando 1200 km o 2 de xullo.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">M\u00e1is informaci\u00f3n en <a href=\"http:\/\/sion.frm.utn.edu.ar\/WDEAIII\/\">http:\/\/sion.frm.utn.edu.ar\/WDEAIII\/<\/a><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\"><strong>8) MOOC \u201cO noso lugar no universo\u201d<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">A Universidade de Hong Kong ofrece un MOOC (curso masivo e aberto en li\u00f1a) gratu\u00edto chamado \u201cO noso lugar no universo\u201d para profesorado de ciencias en exercicio e docentes en formaci\u00f3n. Este curso enf\u00f3case na evoluci\u00f3n da percepci\u00f3n humana do mundo a trav\u00e9s dos tempos, as\u00ed como o desenvolvemento do pensamento cient\u00edfico a trav\u00e9s de moitos exemplos da historia da astronom\u00eda. \u201cO noso lugar no universo\u201d leva as persoas participantes nunha viaxe visual polo universo de catro semanas.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Podedes ver <a href=\"https:\/\/www.youtube.com\/watch?v=5WfY0ZXRz3s\">o trailer<\/a> e encontrar m\u00e1is informaci\u00f3n <a href=\"https:\/\/www.edx.org\/course\/our-place-in-the-universe-0.\">aqu\u00ed<\/a>. Podedes seguir tam\u00e9n as novas <a href=\"https:\/\/www.facebook.com\/hkuonline\/\">en Facebook<\/a> e consultar <a href=\"http:\/\/online.hku.hk\/\">outros cursos en li\u00f1a<\/a>.<\/p>\n<p align=\"left\"><strong>9) Encontros e actividades globais de 2018<\/strong><\/p>\n<p align=\"left\">Podes atopar aqu\u00ed unha listaxe de eventos e conferencias de divulgaci\u00f3n e educaci\u00f3n astron\u00f3mica en todo o mundo. Planifica un ano cheo de acontecementos interesantes!<\/p>\n<p align=\"left\"><strong>Engadido hai pouco<\/strong><\/p>\n<p align=\"left\">3\u00ba Obradoiro sobre Divulgaci\u00f3n e Educaci\u00f3n da Astronom\u00eda (WDEA III)<br \/>\n<em>Datas:<\/em> 2 de xullo (Eclipse solar) e do 4 ao 5 de xullo de 2019<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> San Juan, Argentina<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"http:\/\/sion.frm.utn.edu.ar\/WDEAIII\/\">http:\/\/sion.frm.utn.edu.ar\/WDEAIII\/<\/a><\/p>\n<p><strong>Pr\u00f3ximas actividades<\/strong><\/p>\n<p>a) Campamento Internacional para a Promoci\u00f3n da Ciencia (ISEC)<br \/>\n<em>Data:<\/em> do 6 ao 22 de xullo de 2018<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Barcelona, Espa\u00f1a<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"http:\/\/www.isec2018.wordpress.com\/\">http:\/\/www.isec2018.wordpress.com\/<\/a><\/p>\n<p>b) 5\u00aa Conferencia Europea de Xornalistas de Ciencia<br \/>\n<em>Data:<\/em> 8 de xullo de 2018<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Toulouse, Francia<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"https:\/\/www.ecsj2018.eu\/\">https:\/\/www.ecsj2018.eu\/<\/a>)<\/p>\n<p>c) ESOF (EuroScience Open Forum) 2018<br \/>\n<em>Datas:<\/em> do 9 ao 14 de xullo de 2018<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Toulouse, France<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"https:\/\/www.esof.eu\/en\/\">https:\/\/www.esof.eu\/en\/<\/a><\/p>\n<p>d) Committee on Space Research \u2013 COSPAR<br \/>\n<em>Datas:<\/em> do 14 ao 22 de xullo de 2018<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Pasadena, California (EEUU)<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"http:\/\/cospar2018.org\/\">http:\/\/cospar2018.org\/<\/a><\/p>\n<p>e) Conferencia Robotic Telescopes, Student Research and Education (RTSRE)\u00a0 &amp; Cimeira InterNational Astronomy Teaching<br \/>\n<em>Datas:<\/em> do 22 ao 27 de xullo de 2018<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Hilo, Hawai\u2019i, EEUU<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"http:\/\/rtsre.org\">rtsre.org<\/a><\/p>\n<p>f) Asemblea Xeral da IAU<br \/>\n<em>Datas:<\/em> do 20 ao 31 de agosto de 2018<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Viena, Austria<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"http:\/\/astronomy2018.univie.ac.at\/\">http:\/\/astronomy2018.univie.ac.at\/<\/a><\/p>\n<p>g) ASP2018: Astronom\u00eda para todas as persoas \u2013 Conferencia sobre educaci\u00f3n, comunicaci\u00f3n e diversidade en ciencia<br \/>\n<em>Data:<\/em> do 10 ao 13 de setembro de 2018<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Sonoma Wine Country, CA<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"https:\/\/www.astrosociety.org\/about-us\/asp-annual-meetings\/asp-2018-annual-meeting\/\">https:\/\/www.astrosociety.org\/about-us\/asp-annual-meetings\/asp-2018-annual-meeting\/<\/a><\/p>\n<p>h) Congreso Europeo de Ciencia Planetaria<br \/>\n<em>Datas:<\/em> do 16 ao 21 de setembro de 2018<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Berl\u00edn, Alema\u00f1a<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"https:\/\/www.epsc2018.eu\/\">https:\/\/www.epsc2018.eu\/<\/a><\/p>\n<p>i) Conferencia .Astronomy<br \/>\n<em>Datas:<\/em> do 24 ao 27 de setembro de 2018<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Baltimore, EEUU<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"https:\/\/www.dotastronomy.com\/\">https:\/\/www.dotastronomy.com\/<\/a><\/p>\n<p>l) Congreso Xeraci\u00f3n Espacial<br \/>\n<em>Datas:<\/em> do 27 ao 29 de setembro de 2018<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Bremen, Alema\u00f1a<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:\u00a0<\/em><a href=\"https:\/\/spacegeneration.org\/sgc2018\">https:\/\/spacegeneration.org\/sgc2018<\/a><\/p>\n<p>m) Congreso Aeron\u00e1utico Internacional<br \/>\n<em>Datas:<\/em> do 1 ao 5 de outubro de 2018<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Bremen, Alema\u00f1a<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n: <\/em><a href=\"http:\/\/www.iafastro.org\/events\/iac\/iac-2018\/\">http:\/\/www.iafastro.org\/events\/iac\/iac-2018\/<\/a><em><br \/>\n<\/em><\/p>\n<p>n) Semana Mundial do Espazo<br \/>\n<em>Datas:<\/em> do 4 ao 10 de outubro de 2018<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> todo o mundo<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"http:\/\/www.worldspaceweek.org\/\">http:\/\/www.worldspaceweek.org\/<\/a><em><br \/>\n<\/em><\/p>\n<p>\u00f1) Noite Internacional de Observaci\u00f3n da L\u00faa<br \/>\n<em>Datas:<\/em> 20 de outubro de 2018<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> todo o mundo<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"http:\/\/observethemoonnight.org\/\">http:\/\/observethemoonnight.org\/<\/a><\/p>\n<p>o) F\u00f3rum Wissenschaftskommunikation<br \/>\n<em>Datas:<\/em> do 7 ao 9 de novembro de 2018<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Bonn, Alema\u00f1a<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"https:\/\/www.wissenschaft-im-dialog.de\/en\/forum-wissenschaftskommunikation\/forum-2018\/\">https:\/\/www.wissenschaft-im-dialog.de\/en\/forum-wissenschaftskommunikation\/forum-2018\/<\/a><\/p>\n<p>p) V Festival Starmus: un paso de xigante<br \/>\n<em>Datas:<\/em> do 24 ao 29 de xu\u00f1o de 2019<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Berna, Su\u00edza<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"https:\/\/www.starmus.com\/\">https:\/\/www.starmus.com\/<\/a><\/p>\n<p>q) 3\u00ba Obradoiro sobre Divulgaci\u00f3n e Educaci\u00f3n da Astronom\u00eda (WDEA III)<br \/>\n<em>Datas:<\/em> 2 de xullo (Eclipse solar) e do 4 ao 5 de xullo de 2019<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> San Juan, Argentina<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"http:\/\/sion.frm.utn.edu.ar\/WDEAIII\/\">http:\/\/sion.frm.utn.edu.ar\/WDEAIII\/<\/a><\/p>\n<p>Esquecemos algo? Ent\u00f3n comparte os teus encontros sobre educaci\u00f3n e divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica con n\u00f3s v\u00eda outreach@iau.org.<\/p>\n<p><strong>10) Bolet\u00edn de divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica da IAU noutras linguas<\/strong><\/p>\n<p>-Traduci\u00f3n ao <strong>serbio<\/strong>, elaborada pola doutora Liliana Gracanin de Serbia: <a href=\"https:\/\/twitter.com\/IAU_srpski\">https:\/\/twitter.com\/IAU_srpski<\/a>;<\/p>\n<p>-Traduci\u00f3ns ao <strong>xapon\u00e9s<\/strong> a cargo de Akihiko Tomita e Mikako Kuwamura a trav\u00e9s da Rede de Traduci\u00f3n Astron\u00f3mica: <a href=\"http:\/\/bit.ly\/2xlNyCR\">http:\/\/bit.ly\/2xlNyCR<\/a>. Se queres recibir a traduci\u00f3n ao xapon\u00e9s do bolet\u00edn, subscr\u00edbete \u00e1 Asociaci\u00f3n Xaponesa de Astr\u00f3nomos Afeccionados, <a href=\"http:\/\/www.jaaa-astro.jp\/jaaa-ml.html\">http:\/\/www.jaaa-astro.jp\/jaaa-ml.html<\/a>, ou \u00e1 Sociedade Xaponesa pola Educaci\u00f3n e Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda, <a href=\"http:\/\/www.tenkyo.net\/\">http:\/\/www.tenkyo.net\/<\/a>;<\/p>\n<p>-Traduci\u00f3ns ao <strong>galego<\/strong>, pola Agrupaci\u00f3n Astron\u00f3mica Coru\u00f1esa \u00cdo, en Espa\u00f1a, aqu\u00ed: <a href=\"http:\/\/agrupacionio.com\/gl\/tag\/boletin-iau\">http:\/\/agrupacionio.com\/gl\/tag\/boletin-iau<\/a>;<\/p>\n<p>-Traduci\u00f3ns ao <strong>espa\u00f1ol<\/strong>, elaboradas por:<\/p>\n<p>Emilio Z\u00fa\u00f1iga, ASAFILE, Asociaci\u00f3n de Astr\u00f3nomos Aficionados de Le\u00f3n, Nicaragua: <a href=\"http:\/\/asafile.blogspot.jp\/p\/blog-page_12.html\">http:\/\/asafile.blogspot.jp\/p\/blog-page_12.html<\/a>;<\/p>\n<p>Basilio Sol\u00eds-Castillo, estudante de doutorado, Instituto Max Planck de Radioastronom\u00eda, Universidade de Bonn: <a href=\"http:\/\/astronomia-para-todos.blogspot.de\">http:\/\/astronomia-para-todos.blogspot.de;<\/a><\/p>\n<p>Se est\u00e1s interesado en traducir o noso bolet\u00edn ao teu idioma, por favor contacta con n\u00f3s v\u00eda outreach@iau.org.<\/p>\n<p><strong>11) Contribuci\u00f3ns ao bolet\u00edn de divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica da IAU \u2013 desexamos noticias vosas en 2018!<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">Na Oficina de Divulgaci\u00f3n Astron\u00f3mica da IAU sempre estamos buscando noticias sobre educaci\u00f3n e divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica en todo o mundo. Por favor, continuade compartindo as vosas historias con n\u00f3s en 2018! Se est\u00e1s organizando actividades a gran escala a nivel rexional ou internacional, ofreces postos de traballo de educaci\u00f3n e comunicaci\u00f3n da astronom\u00eda, tes proxectos innovadores ou historias inspiradoras, buscas colaboraci\u00f3n ProAm en astronom\u00eda ou creaches recursos educativos, f\u00e1inolo saber por correo electr\u00f3nico: outreach@iau.org.<\/p>\n<p><em>Traduci\u00f3n: Martin Pawley (Agrupaci\u00f3n \u00cdo). Podes consultar o bolet\u00edn en ingl\u00e9s <a href=\"https:\/\/us11.campaign-archive.com\/?e=[UNIQID]&amp;u=0ecb46e29196a0f367daf3dd6&amp;id=37f3a9345a\">nesta ligaz\u00f3n<\/a>.<\/em><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Bolet\u00edn de Divulgaci\u00f3n Astron\u00f3mica da Uni\u00f3n Astron\u00f3mica Internacional (IAU) Xullo 2018 #1 Neste bolet\u00edn: 0) Nota dos editores 1) Rede de Traduci\u00f3n Astron\u00f3mica: novos recursos dispo\u00f1\u00edbeis en li\u00f1a 2) \u201cDebate e Obradoiro conxunto CIE-IAU\u201d e \u201cMitigar a contaminaci\u00f3n luminosa e a interferencia de radio a trav\u00e9s da protecci\u00f3n de lugares e a educaci\u00f3n\u201d 3) Novas de Espa\u00f1a 4) Novas de Colombia 5) Novas de Armenia&#8230; <\/p>\n<p class=\"more\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/boletin-divulgacion-da-iau-xullo-2018-1\/\">Read More<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[51],"tags":[188],"class_list":["post-4626","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-noticias-gl","tag-boletin-iau"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4626","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=4626"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4626\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=4626"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=4626"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=4626"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}