{"id":4608,"date":"2018-06-30T12:13:47","date_gmt":"2018-06-30T10:13:47","guid":{"rendered":"http:\/\/agrupacionio.com\/?p=4608"},"modified":"2018-06-30T12:13:47","modified_gmt":"2018-06-30T10:13:47","slug":"boletin-divulgacion-da-iau-xuno-2018-2","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/boletin-divulgacion-da-iau-xuno-2018-2\/","title":{"rendered":"Bolet\u00edn de divulgaci\u00f3n da IAU: Xu\u00f1o 2018 #2"},"content":{"rendered":"<p><img fetchpriority=\"high\" decoding=\"async\" class=\"aligncenter size-full wp-image-3863\" src=\"http:\/\/agrupacionio.com\/wp-content\/uploads\/2017\/05\/IAU-Bolet\u00edn-Blog.jpg\" alt=\"IAU Bolet\u00edn Blog\" width=\"600\" height=\"360\" srcset=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2017\/05\/IAU-Bolet\u00edn-Blog.jpg 600w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2017\/05\/IAU-Bolet\u00edn-Blog-300x180.jpg 300w\" sizes=\"(max-width: 600px) 100vw, 600px\" \/><\/p>\n<p><strong>Bolet\u00edn de Divulgaci\u00f3n Astron\u00f3mica da Uni\u00f3n Astron\u00f3mica Internacional (<a title=\"\" href=\"http:\/\/www.iau.org\/\">IAU<\/a>)<\/strong><\/p>\n<p><strong>Xu\u00f1o 2018 #2<\/strong><\/p>\n<p align=\"left\">Neste bolet\u00edn:<\/p>\n<p align=\"left\">0) Nota dos editores<br \/>\n1) Anuncio de posto: Coordinaci\u00f3n de Divulgaci\u00f3n Internacional (IOC)<br \/>\n2) Celebraci\u00f3n da IAU \u201c100 anos: baixo un \u00fanico ceo\u201d: revelado un novo logo e lema<br \/>\n3) Novas de Indonesia<br \/>\n4) Novas de Alema\u00f1a<br \/>\n5) Europa \u00e1s estrelas: novo programa de planetario de uso libre<br \/>\n6) Todo sobre a luz \u2013 Literatura recomendada da UNESCO<br \/>\n7) Levando os buracos negros \u00e1 t\u00faa clase<br \/>\n8) O soporte l\u00f3xico Mintaka inspira unha pel\u00edcula de arte e ciencia<br \/>\n9) Encontros e actividades globais de 2018<br \/>\n10) Bolet\u00edn de divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica da IAU noutras linguas<br \/>\n11) Contribuci\u00f3ns ao bolet\u00edn de divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica da IAU \u2013 desexamos noticias vosas en 2018!<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\"><strong>0) Nota dos editores<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Nas \u00faltimas semanas o noso equipo seguiu traballando na vindeira Asemblea Xeral da IAU que ter\u00e1 lugar do 20 ao 31 de agosto en Viena, Austria. A Asemblea Xeral da IAU \u00e9 a maior reuni\u00f3n do mundo profesionais da astronom\u00eda. Estamos colaborando con outros equipos cient\u00edficos da IAU para celebrar obradoiros de comunicaci\u00f3n de ciencia para astr\u00f3nomos e astr\u00f3nomas, d\u00faas exposici\u00f3ns -unha sobre contaminaci\u00f3n luminosa e outra sobre diversidade e inclusi\u00f3n-, encontros coas persoas que ve\u00f1en de ser elixidas para a Coordinaci\u00f3n da Divulgaci\u00f3n Nacional (NOCs) e algunhas actividades relacionadas coa celebraci\u00f3n do centenario.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Se queres unirte ao noso equipo, pensa en postularte ao posto de Coordinador de Divulgaci\u00f3n Internacional (IOC). Temos moitas ganas de darlle a benvida a un novo membro do equipo que traballe con n\u00f3s na Oficina de Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda aqu\u00ed no Xap\u00f3n. Non perdas esta grande oportunidade!<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Neste n\u00famero destacamos o folleto \u201cLevando os Buracos Negros \u00e1 t\u00faa clase\u201d, o \u00faltimo espect\u00e1culo de planetario producido pola ESO, \u201cEuropa \u00e1s estrelas\u201d, e convid\u00e1moste a que comprobes as \u00faltimas novas sobre as celebraci\u00f3ns do centenario da IAU.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Desex\u00e1mosvos unha feliz lectura e ceos despexados!<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">O equipo da Oficina para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda da IAU<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\"><strong>1) Anuncio de posto: Coordinaci\u00f3n de Divulgaci\u00f3n Internacional (IOC)<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">A <a href=\"http:\/\/www.iau.org\/public\/\">Oficina de Divulgaci\u00f3n Astron\u00f3mica<\/a> (OAO) da IAU \u00e9 un nodo para a coordinaci\u00f3n das actividades de divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica p\u00fablicas en todo o mundo e est\u00e1 localizada no Observatorio Astron\u00f3mico Nacional do Xap\u00f3n (NAOJ), no Campus Mintaka de Toquio. A IAU e o NAOJ est\u00e1n agora na busca dunha persoa cualificada que se una \u00e1 oficina e proporcione apoio \u00e1s actividades da IAU OAO. A Coordinaci\u00f3n de Divulgaci\u00f3n Internacional \u00e9 un contrato de tres anos que incl\u00fae a posibilidade de renovaci\u00f3n baixo os protocolos de emprego da NAOJ.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Podes atopar m\u00e1is informaci\u00f3n aqu\u00ed: <a href=\"https:\/\/www.iau.org\/news\/announcements\/detail\/ann18028\/\">https:\/\/www.iau.org\/news\/announcements\/detail\/ann18028\/<\/a><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\"><strong>2) Celebraci\u00f3n da IAU \u201c100 anos: baixo un \u00fanico ceo\u201d: revelado un novo logo e lema<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">En 2019, a Uni\u00f3n Astron\u00f3mica Internacional (IAU) conmemorar\u00e1 o seu centenario. Para conmemorar este fito, organizaremos un ano completo de celebraci\u00f3n para incrementar a conciencia sobre un s\u00e9culo de descubrimentos astron\u00f3micos as\u00ed como dar soporte e apoio ao uso da astronom\u00eda como ferramenta para a educaci\u00f3n, o desenvolvemento e a diplomacia, co tema central de \u201cUnder One Sky\u201d, baixo un \u00fanico ceo. As celebraci\u00f3ns do centenario estimular\u00e1n o interese mundial na astronom\u00eda e a ciencia e chegar\u00e1n \u00e1 comunidade astron\u00f3mica global, con actividades \u201cIAU100\u201d a nivel global e rexional, e sobre todo nacional e local.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Tes as \u00faltimas noticias e informaci\u00f3ns aqu\u00ed: <a href=\"https:\/\/www.iau.org\/public\/iau100\/\">https:\/\/www.iau.org\/public\/iau100\/<\/a><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\"><strong>3) Novas de Indonesia<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\"><em>a) Audiolibro \u201cSon os OVNIs reais?\u201d<\/em><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Este audiolibro parte do libro infantil orixinal \u201cSon os OVNIs reais?\u201d de Irina Wijaya, cun gui\u00f3n adaptado das respostas que o noso coordinador de divulgaci\u00f3n nacional Avivah Yamani deu \u00e1s preguntas sobre a existencia de OVNIs. Podes saber m\u00e1is deste libro en <a href=\"http:\/\/anakbertanya.com\/\">anakbertanya.com<\/a> e <a href=\"https:\/\/www.youtube.com\/watch?v=rMRYlMlNjxM\">aqu\u00ed<\/a>.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\"><em>b) Observaci\u00f3n da L\u00faa Crecente para determinar o final do Ramad\u00e1n<\/em><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">O pasado 14 de xu\u00f1o desde a Axencia Meteorol\u00f3xica, Climatol\u00f3xica e Xeof\u00edsica do Observatorio Bosscha, do Instituto Nacional da Aeron\u00e1utica e o Espazo, e outras redes, f\u00edxose unha observaci\u00f3n da L\u00faa crecente para determinar o final do Ramad\u00e1n e o Calendario Isl\u00e1mico. \u00c9 unha observaci\u00f3n anual en Indonesia e o resultado pode atoparse <a href=\"https:\/\/bosscha.itb.ac.id\/id\/index.php\/2018\/06\/14\/hilal-syawal-1439-h2018-m-berhasil-diabadikan-oleh-tim-observatorium-bosscha\/\">aqu\u00ed<\/a> ou en <a href=\"http:\/\/bmkg.go.id\/hilal\">http:\/\/bmkg.go.id\/hilal<\/a>.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\"><em>c) Festival Anak Bertanya (Festival das preguntas dos nenos e nenas)<\/em><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Bandung acolleu outra edici\u00f3n do Festival Anak Bertanya, que celebra anualmente Anakbertanya.com con outros parceiros. Trinta instituci\u00f3ns e comunidades reun\u00edronse o 12 de maio de 2018 en Sabuga-ITB en Bandung. M\u00e1is de 6000 persoas visitaron a \u00e1rea de exposici\u00f3n que inclu\u00eda un planetario port\u00e1til e actividades relacionadas coa astronom\u00eda para nenos e nenas e as s\u00faas familias. Catro instituci\u00f3ns e comunidades astron\u00f3micas tomaron parte nesta actividade, entre elas o famoso planetario m\u00f3bil de LAPAN. Podes saber m\u00e1is deste festival <a href=\"https:\/\/www.instagram.com\/p\/BitFM6jFzIh\/?taken-by=fab2018bdg\">aqu\u00ed<\/a>, <a href=\"https:\/\/langitselatan.com\/2018\/06\/13\/festival-anak-bertanya-2018\/\">aqu\u00ed<\/a> e <a href=\"http:\/\/festival.anakbertanya.com\/2018\/05\/04\/fab2018-dalam-bilangan\/\">aqu\u00ed<\/a>.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\"><strong>4) Novas de Alema\u00f1a<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\"><em>a) F\u00f3rum Wissenschaftskommunikation: conferencia de comunicaci\u00f3n da ciencias<\/em><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">O und\u00e9cimo F\u00f3rum Wissenschaftskommunikation ter\u00e1 lugar do 7 ao 9 de novembro de 2018 en Bonn, Alema\u00f1a. O encontro ten unha asistencia media de arredor de 500 profesionais da comunicaci\u00f3n e a mercadotecnia da ciencia e \u00e9 unha das maiores conferencias da materia nos pa\u00edses de fala alem\u00e1. O F\u00f3rum Wissenschaftskommunikation est\u00e1 organizado por Wissenschaft im Dialog (Ciencia en Di\u00e1logo), que se enfoca \u00e1 organizaci\u00f3n de debates, exposici\u00f3ns e competici\u00f3ns, as\u00ed como a desenvolver novos formatos para a comunicaci\u00f3n da ciencia. O seu obxectivo \u00e9 promover a comunicaci\u00f3n da ciencia por toda Alema\u00f1a coa idea de envolver a grupos moi diversos.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Para saber m\u00e1is sobre o F\u00f3rum (en ingl\u00e9s): <a href=\"https:\/\/bit.ly\/2JZW4Lq\">https:\/\/bit.ly\/2JZW4Lq<\/a><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\"><strong>5) Europa \u00e1s estrelas: novo programa de planetario de uso libre<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">O Observatorio Europeo do Sur (ESO) est\u00e1 orgulloso de anunciar o lanzamento de \u201cEuropa \u00e1s estrelas\u201d, un novo programa de planetario de uso libre que conta a historia da exploraci\u00f3n do ceo do sur por parte da ESO. Esta asombrosa pel\u00edcula l\u00e9vanos nunha \u00e9pica viaxe ao que se esconde detr\u00e1s dos m\u00e1is produtivos observatorios en terra do mundo. \u201cEuropa \u00e1s estrelas\u201d \u00e9 parte do programa Supernova ESO desde o 22 de xu\u00f1o e est\u00e1 dispo\u00f1\u00edbel para descarga gratu\u00edta no sitio web de ESO.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Podes ler m\u00e1is en <a href=\"http:\/\/www.eso.org\/public\/announcements\/ann18043\/\">http:\/\/www.eso.org\/public\/announcements\/ann18043\/<\/a><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\"><strong>6) Todo sobre a luz \u2013 Literatura recomendada da UNESCO<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Para marcar a celebraci\u00f3n da UNESCO do primeiro D\u00eda Internacional da Luz que tivo lugar o 16 de maio de 2018, o Correo da UNESCO, unha publicaci\u00f3n que promove os ideais da organizaci\u00f3n, conv\u00eddanos a descubrir unha selecci\u00f3n de artigos relacionados coa luz publicados ao longo dos anos. O Correo mantense como plataforma para o di\u00e1logo entre culturas e proporciona un foro para o debate internacional e est\u00e1 dispo\u00f1\u00edbel en li\u00f1a desde marzo de 2006. Entre os artigos relacionados coa luz est\u00e1n \u201cOver the Moon\u201d, \u201cOur middle-aged neighbouring star\u201d (en espa\u00f1ol, <a href=\"https:\/\/es.unesco.org\/courier\/january-1995\/estrella-llamada-sol\">\u201cUna estrella llamada Sol\u201d<\/a>), \u201cThe years of the quiet sun\u201d (en espa\u00f1ol, <a href=\"https:\/\/es.unesco.org\/courier\/september-1966\/anos-del-sol-tranquilo\">\u201cLos a\u00f1os del Sol tranquilo\u201d<\/a>) e outros.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Podes atopar m\u00e1is informaci\u00f3n aqu\u00ed: <a href=\"https:\/\/en.unesco.org\/courier\/news-views-online\/all-about-light\">https:\/\/en.unesco.org\/courier\/news-views-online\/all-about-light<\/a><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\"><strong>7) Levando os buracos negros \u00e1 t\u00faa clase<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Os buracos negros son un dos obxectos m\u00e1is extraordinarios no Universo e entre os e as estudantes \u00e9 com\u00fan a fascinaci\u00f3n por eles dadas as s\u00faas peculiares caracter\u00edsticas. Se est\u00e1s buscando recursos educativos para atraer o alumnado con temas curriculares como a gravidade, <a href=\"http:\/\/www.unawe.org\/\">Universe Awareness<\/a> compilou unha listaxe de vinte e cinco actividades educativas relacionadas con diferentes aspectos dos buracos negros, desde a s\u00faa gravidade extrema a como se forman e detectan. O folleto cont\u00e9n actividades educativas para nenos e nenas de seis anos en adiante. As actividades est\u00e1n dese\u00f1adas por Han Tran e Pedro Russo da Universidade de Leiden para Universe Awareness (UNAWE) e Thomas Russell da Universidade de Amsterdam para a plataforma de actividades educativas con revisi\u00f3n por pares <a href=\"http:\/\/astroedu.iau.org\/en\/\">astroEDU<\/a> da IAU.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">M\u00e1is informaci\u00f3n aqu\u00ed: <a href=\"https:\/\/bit.ly\/2kYaiSm\">https:\/\/bit.ly\/2kYaiSm<\/a><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\"><strong>8) O soporte l\u00f3xico Mintaka inspira unha pel\u00edcula de arte e ciencia<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">ART@CREATIONS \u00e9 unha rede de persoas da ciencia e da arte que crean obras art\u00edsticas inspiradas nas investigaci\u00f3ns actuais en cuesti\u00f3ns de vangarda e desenvolveron unha demostraci\u00f3n do proxecto de educaci\u00f3n cient\u00edfica da Comisi\u00f3n Europea &#8220;<a href=\"http:\/\/www.creations-project.eu\/\">Desenvolvemento dunha aula de ciencia atractiva<\/a> (CREATIONS)&#8221;. ART@CREATIONS pregunta: Que papel poden ter os e as artistas no estudo dos fen\u00f3menos cient\u00edficos? &#8220;The Big Bang&#8221; \u00e9 a primeira obra art\u00edstica de ART@CREATIONS, inspirada no soporte l\u00f3xico Mintaka creado polo <a href=\"https:\/\/www.nao.ac.jp\/en\/\">Observatorio Astron\u00f3mico Nacional de Xap\u00f3n<\/a>. Incl\u00fae imaxes xeradas polo simulador gratu\u00edto do universo en 3D, as\u00ed como danza, m\u00fasica e animaci\u00f3n.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Podes ver a curta aqu\u00ed: <a href=\"https:\/\/www.youtube.com\/watch?v=ABoT4YhM-FQ\">https:\/\/www.youtube.com\/watch?v=ABoT4YhM-FQ<\/a><\/p>\n<p align=\"left\"><strong>9) Encontros e actividades globais de 2018<\/strong><\/p>\n<p align=\"left\">Podes atopar aqu\u00ed unha listaxe de eventos e conferencias de divulgaci\u00f3n e educaci\u00f3n astron\u00f3mica en todo o mundo. Planifica un ano cheo de acontecementos interesantes!<\/p>\n<p><strong>Pr\u00f3ximas actividades<\/strong><\/p>\n<p>a) D\u00eda do asteroide<br \/>\n<em>Datas:<\/em> 30 de xu\u00f1o de 2018<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> todo o mundo<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"http:\/\/asteroidday.org\/\">http:\/\/asteroidday.org\/<\/a><\/p>\n<p>b) Sociedade Planetaria Internacional 2018<br \/>\n<em>Data:<\/em> do 1 ao 6 de xullo de 2018<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Toulouse, Francia<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"http:\/\/www.ips-planetarium.org\/page\/IPS2018Toulouse\">http:\/\/www.ips-planetarium.org\/page\/IPS2018Toulouse<\/a><\/p>\n<p>c) Campamento Internacional para a Promoci\u00f3n da Ciencia (ISEC)<br \/>\n<em>Data:<\/em> do 6 ao 22 de xullo de 2018<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Barcelona, Espa\u00f1a<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"http:\/\/www.isec2018.wordpress.com\/\">http:\/\/www.isec2018.wordpress.com\/<\/a><\/p>\n<p>d) 5\u00aa Conferencia Europea de Xornalistas de Ciencia<br \/>\n<em>Data:<\/em> 8 de xullo de 2018<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Toulouse, Francia<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"https:\/\/www.ecsj2018.eu\/\">https:\/\/www.ecsj2018.eu\/<\/a>)<\/p>\n<p>e) ESOF (EuroScience Open Forum) 2018<br \/>\n<em>Datas:<\/em> do 9 ao 14 de xullo de 2018<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Toulouse, France<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"https:\/\/www.esof.eu\/en\/\">https:\/\/www.esof.eu\/en\/<\/a><\/p>\n<p>f) Committee on Space Research \u2013 COSPAR<br \/>\n<em>Datas:<\/em> do 14 ao 22 de xullo de 2018<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Pasadena, California (EEUU)<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"http:\/\/cospar2018.org\/\">http:\/\/cospar2018.org\/<\/a><\/p>\n<p>g) Conferencia Robotic Telescopes, Student Research and Education (RTSRE)\u00a0 &amp; Cimeira InterNational Astronomy Teaching<br \/>\n<em>Datas:<\/em> do 22 ao 27 de xullo de 2018<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Hilo, Hawai\u2019i, EEUU<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"http:\/\/rtsre.org\">rtsre.org<\/a><\/p>\n<p>h) Asemblea Xeral da IAU<br \/>\n<em>Datas:<\/em> do 20 ao 31 de agosto de 2018<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Viena, Austria<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"http:\/\/astronomy2018.univie.ac.at\/\">http:\/\/astronomy2018.univie.ac.at\/<\/a><\/p>\n<p>i) ASP2018: Astronom\u00eda para todas as persoas \u2013 Conferencia sobre educaci\u00f3n, comunicaci\u00f3n e diversidade en ciencia<br \/>\n<em>Data:<\/em> do 10 ao 13 de setembro de 2018<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Sonoma Wine Country, CA<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"https:\/\/www.astrosociety.org\/about-us\/asp-annual-meetings\/asp-2018-annual-meeting\/\">https:\/\/www.astrosociety.org\/about-us\/asp-annual-meetings\/asp-2018-annual-meeting\/<\/a><\/p>\n<p>l) Congreso Europeo de Ciencia Planetaria<br \/>\n<em>Datas:<\/em> do 16 ao 21 de setembro de 2018<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Berl\u00edn, Alema\u00f1a<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"https:\/\/www.epsc2018.eu\/\">https:\/\/www.epsc2018.eu\/<\/a><\/p>\n<p>m) Conferencia .Astronomy<br \/>\n<em>Datas:<\/em> do 24 ao 27 de setembro de 2018<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Baltimore, EEUU<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"https:\/\/www.dotastronomy.com\/\">https:\/\/www.dotastronomy.com\/<\/a><\/p>\n<p>n) Congreso Xeraci\u00f3n Espacial<br \/>\n<em>Datas:<\/em> do 27 ao 29 de setembro de 2018<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Bremen, Alema\u00f1a<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:\u00a0<\/em><a href=\"https:\/\/spacegeneration.org\/sgc2018\">https:\/\/spacegeneration.org\/sgc2018<\/a><\/p>\n<p>\u00f1) Congreso Aeron\u00e1utico Internacional<br \/>\n<em>Datas:<\/em> do 1 ao 5 de outubro de 2018<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Bremen, Alema\u00f1a<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n: <\/em><a href=\"http:\/\/www.iafastro.org\/events\/iac\/iac-2018\/\">http:\/\/www.iafastro.org\/events\/iac\/iac-2018\/<\/a><em><br \/>\n<\/em><\/p>\n<p>o) Semana Mundial do Espazo<br \/>\n<em>Datas:<\/em> do 4 ao 10 de outubro de 2018<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> todo o mundo<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"http:\/\/www.worldspaceweek.org\/\">http:\/\/www.worldspaceweek.org\/<\/a><em><br \/>\n<\/em><\/p>\n<p>p) Noite Internacional de Observaci\u00f3n da L\u00faa<br \/>\n<em>Datas:<\/em> 20 de outubro de 2018<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> todo o mundo<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"http:\/\/observethemoonnight.org\/\">http:\/\/observethemoonnight.org\/<\/a><\/p>\n<p>q) F\u00f3rum Wissenschaftskommunikation<br \/>\n<em>Datas:<\/em> do 7 ao 9 de novembro de 2018<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Bonn, Alema\u00f1a<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"https:\/\/www.wissenschaft-im-dialog.de\/en\/forum-wissenschaftskommunikation\/forum-2018\/\">https:\/\/www.wissenschaft-im-dialog.de\/en\/forum-wissenschaftskommunikation\/forum-2018\/<\/a><\/p>\n<p>r) V Festival Starmus: un paso de xigante<br \/>\n<em>Datas:<\/em> do 24 ao 29 de xu\u00f1o de 2019<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Berna, Su\u00edza<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"https:\/\/www.starmus.com\/\">https:\/\/www.starmus.com\/<\/a><\/p>\n<p>Esquecemos algo? Ent\u00f3n comparte os teus encontros sobre educaci\u00f3n e divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica con n\u00f3s v\u00eda outreach@iau.org.<\/p>\n<p><strong>10) Bolet\u00edn de divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica da IAU noutras linguas<\/strong><\/p>\n<p>-Traduci\u00f3n ao <strong>serbio<\/strong>, elaborada pola doutora Liliana Gracanin de Serbia: <a href=\"https:\/\/twitter.com\/IAU_srpski\">https:\/\/twitter.com\/IAU_srpski<\/a>;<\/p>\n<p>-Traduci\u00f3ns ao <strong>xapon\u00e9s<\/strong> a cargo de Akihiko Tomita e Mikako Kuwamura a trav\u00e9s da Rede de Traduci\u00f3n Astron\u00f3mica: <a href=\"http:\/\/bit.ly\/2xlNyCR\">http:\/\/bit.ly\/2xlNyCR<\/a>. Se queres recibir a traduci\u00f3n ao xapon\u00e9s do bolet\u00edn, subscr\u00edbete \u00e1 Asociaci\u00f3n Xaponesa de Astr\u00f3nomos Afeccionados, <a href=\"http:\/\/www.jaaa-astro.jp\/jaaa-ml.html\">http:\/\/www.jaaa-astro.jp\/jaaa-ml.html<\/a>, ou \u00e1 Sociedade Xaponesa pola Educaci\u00f3n e Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda, <a href=\"http:\/\/www.tenkyo.net\/\">http:\/\/www.tenkyo.net\/<\/a>;<\/p>\n<p>-Traduci\u00f3ns ao <strong>galego<\/strong>, pola Agrupaci\u00f3n Astron\u00f3mica Coru\u00f1esa \u00cdo, en Espa\u00f1a, aqu\u00ed: <a href=\"http:\/\/agrupacionio.com\/gl\/tag\/boletin-iau\">http:\/\/agrupacionio.com\/gl\/tag\/boletin-iau<\/a>;<\/p>\n<p>-Traduci\u00f3ns ao <strong>espa\u00f1ol<\/strong>, elaboradas por:<\/p>\n<p>Emilio Z\u00fa\u00f1iga, ASAFILE, Asociaci\u00f3n de Astr\u00f3nomos Aficionados de Le\u00f3n, Nicaragua: <a href=\"http:\/\/asafile.blogspot.jp\/p\/blog-page_12.html\">http:\/\/asafile.blogspot.jp\/p\/blog-page_12.html<\/a>;<\/p>\n<p>Basilio Sol\u00eds-Castillo, estudante de doutorado, Instituto Max Planck de Radioastronom\u00eda, Universidade de Bonn: <a href=\"http:\/\/astronomia-para-todos.blogspot.de\">http:\/\/astronomia-para-todos.blogspot.de;<\/a><\/p>\n<p>Se est\u00e1s interesado en traducir o noso bolet\u00edn ao teu idioma, por favor contacta con n\u00f3s v\u00eda outreach@iau.org.<\/p>\n<p><strong>11) Contribuci\u00f3ns ao bolet\u00edn de divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica da IAU \u2013 desexamos noticias vosas en 2018!<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">Na Oficina de Divulgaci\u00f3n Astron\u00f3mica da IAU sempre estamos buscando noticias sobre educaci\u00f3n e divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica en todo o mundo. Por favor, continuade compartindo as vosas historias con n\u00f3s en 2018! Se est\u00e1s organizando actividades a gran escala a nivel rexional ou internacional, ofreces postos de traballo de educaci\u00f3n e comunicaci\u00f3n da astronom\u00eda, tes proxectos innovadores ou historias inspiradoras, buscas colaboraci\u00f3n ProAm en astronom\u00eda ou creaches recursos educativos, f\u00e1inolo saber por correo electr\u00f3nico: outreach@iau.org.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\"><em>Traduci\u00f3n: Martin Pawley (Agrupaci\u00f3n \u00cdo). Podes consultar o bolet\u00edn en ingl\u00e9s <a href=\"https:\/\/us11.campaign-archive.com\/?e=[UNIQID]&amp;u=0ecb46e29196a0f367daf3dd6&amp;id=d9f2aa3fd6\">nesta ligaz\u00f3n<\/a>.<\/em><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Bolet\u00edn de Divulgaci\u00f3n Astron\u00f3mica da Uni\u00f3n Astron\u00f3mica Internacional (IAU) Xu\u00f1o 2018 #2 Neste bolet\u00edn: 0) Nota dos editores 1) Anuncio de posto: Coordinaci\u00f3n de Divulgaci\u00f3n Internacional (IOC) 2) Celebraci\u00f3n da IAU \u201c100 anos: baixo un \u00fanico ceo\u201d: revelado un novo logo e lema 3) Novas de Indonesia 4) Novas de Alema\u00f1a 5) Europa \u00e1s estrelas: novo programa de planetario de uso libre 6) Todo sobre&#8230; <\/p>\n<p class=\"more\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/boletin-divulgacion-da-iau-xuno-2018-2\/\">Read More<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[51],"tags":[188],"class_list":["post-4608","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-noticias-gl","tag-boletin-iau"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4608","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=4608"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4608\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=4608"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=4608"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=4608"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}