{"id":4498,"date":"2018-04-28T14:44:23","date_gmt":"2018-04-28T12:44:23","guid":{"rendered":"http:\/\/agrupacionio.com\/?p=4498"},"modified":"2018-04-28T14:44:23","modified_gmt":"2018-04-28T12:44:23","slug":"boletin-divulgacion-astronomica-da-iau-abril-2018-2","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/boletin-divulgacion-astronomica-da-iau-abril-2018-2\/","title":{"rendered":"Bolet\u00edn de divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica da IAU: Abril 2018 #2"},"content":{"rendered":"<p><img fetchpriority=\"high\" decoding=\"async\" class=\"aligncenter size-full wp-image-3863\" src=\"http:\/\/agrupacionio.com\/wp-content\/uploads\/2017\/05\/IAU-Bolet\u00edn-Blog.jpg\" alt=\"IAU Bolet\u00edn Blog\" width=\"600\" height=\"360\" srcset=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2017\/05\/IAU-Bolet\u00edn-Blog.jpg 600w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2017\/05\/IAU-Bolet\u00edn-Blog-300x180.jpg 300w\" sizes=\"(max-width: 600px) 100vw, 600px\" \/><\/p>\n<p><strong>Bolet\u00edn de Divulgaci\u00f3n Astron\u00f3mica da Uni\u00f3n Astron\u00f3mica Internacional (<a href=\"http:\/\/www.iau.org\/\">IAU<\/a>)<\/strong><\/p>\n<p><strong>Abril 2018 #2<\/strong><\/p>\n<p align=\"left\">Neste bolet\u00edn:<\/p>\n<p align=\"left\">0) Nota dos editores<br \/>\n1) Aberto o prazo para solicitar o apoio oficial para Proxectos Especiais IAU100<br \/>\n2) Primeiro evento \u201cInspiring Stars\u201d (Estrelas que inspiran) en Austria<br \/>\n3) Dispo\u00f1\u00edbel en li\u00f1a o bolet\u00edn #20 da Oficina IAU de Astronom\u00eda para o Desenvolvemento<br \/>\n4) Folleto de contaminaci\u00f3n luminosa<br \/>\n5) Novas do Xap\u00f3n<br \/>\n6) Levar as CTEM \u00e1s escolas de Puerto Rico<br \/>\n7) Microfichas<br \/>\n8) Convocatoria para planetarios port\u00e1tiles<br \/>\n9) V\u00eddeos que prestan<br \/>\n10) Encontros e actividades globais de 2018<br \/>\n11) Bolet\u00edn de divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica da IAU noutras linguas<br \/>\n12) Contribuci\u00f3ns ao bolet\u00edn de divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica da IAU \u2013 desexamos noticias vosas en 2018!<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\"><strong>0) Nota dos editores<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Nas pasadas semanas o noso equipo estivo moi ocupado na produci\u00f3n do folleto sobre contaminaci\u00f3n luminosa e na posta a punto da celebraci\u00f3n do D\u00eda Internacional da Luz. Ademais estivemos renovando o <a href=\"https:\/\/www.iau.org\/public\/\">noso espazo<\/a> no sitio web da IAU para os proxectos da oficina, rede e equipo, e envolvidos no primeiro evento oficial <a href=\"https:\/\/sites.google.com\/oao.iau.org\/inspiringstars\">\u201cInspiring Stars\u201d (Estrelas que inspiran)<\/a> para achegar accesibilidade e igualdade de oportunidades de participaci\u00f3n na ciencia.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Neste n\u00famero queremos destacar o \u00faltimo bolet\u00edn da Oficina IAU de Astronom\u00eda para o Desenvolvemento, o proxecto Microfichas, e espertar conciencia sobre o proxecto \u201cLevar as CTEM \u00e1s escolas de Puerto Rico\u201d, para o cal as vosas contribuci\u00f3ns ser\u00e1n decisivas.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Finalmente, queremos dar unha vez m\u00e1is as grazas aos tradutores que de forma continua fan o esforzo de traducir o bolet\u00edn \u00e1s s\u00faas linguas, incrementando o alcance a trav\u00e9s das s\u00faas comunidades. O idioma pode ser unha barreira e os nosos tradutores act\u00faan coma pontes que nos permiten ir m\u00e1is lonxe. Queremos darlle as grazas especialmente a Akihiko Tomita, Martin Pawley, Liliana Gracanin, Em\u00edlio Zuniga, Basilio Sol\u00eds-Castillo e outras persoas ao longo dos anos.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Desex\u00e1mosvos unha feliz lectura e ceos despexados!<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">O equipo da Oficina para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda da IAU<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\"><strong>1) Aberto o prazo para solicitar o apoio oficial para Proxectos Especiais IAU100<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">O equipo especial IAU100 lanza unha convocatoria de propostas para Proxectos Especiais en favor dos Obxectivos IAU100. Un Proxecto Especial IAU100 \u00e9 unha actividade destacada e orientada \u00e1 astronom\u00eda que apoia os obxectivos IAU100 baixo un ou m\u00e1is dos Programas Centrais IAU100 que se desenvolver\u00e1n a nivel local e nacional. O equipo especial IAU100 achegar\u00e1 apoio econ\u00f3mico at\u00e9 un valor de 2500 \u20ac para os Proxectos Especiais IAU100.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Podes saber m\u00e1is aqu\u00ed: <a href=\"https:\/\/www.iau.org\/public\/iau100\/call-special-projects\/\">https:\/\/www.iau.org\/public\/iau100\/call-special-projects\/<\/a><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\"><strong>2) Primeiro evento \u201cInspiring Stars\u201d (Estrelas que inspiran) en Austria<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">\u201cInspiring Stars\u201d \u00e9 unha exposici\u00f3n itinerante internacional promovida pola Uni\u00f3n Astron\u00f3mica Internacional (IAU) para alentar a participaci\u00f3n igualitaria na ciencia a trav\u00e9s da astronom\u00eda. A exposici\u00f3n estrearase durante a Asemblea Xeral IAU de Austria, do 20 ao 31 de agosto, mais antes tivo un pre-lanzamento o 16 de abril de 2018 en Viena. Este evento anticipado reuniu a 35 persoas tanto da IAU como da Hilfsgemeinschaft, unha organizaci\u00f3n sen \u00e1nimo de lucro que ofrece apoio \u00e1s persoas cegas ou con discapacidade visual. Esta primeira iniciativa en Austria servir\u00e1 como incentivo para que a comunidade do pa\u00eds participe logo no evento principal \u201cInspiring Stars\u201d.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Podes saber m\u00e1is deste proxecto nesta ligaz\u00f3n: <a href=\"https:\/\/sites.google.com\/oao.iau.org\/inspiringstars\/news\">https:\/\/sites.google.com\/oao.iau.org\/inspiringstars\/news<\/a><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\"><strong>3) Dispo\u00f1\u00edbel en li\u00f1a o bolet\u00edn #20 da Oficina IAU de Astronom\u00eda para o Desenvolvemento<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">O bolet\u00edn #20 da IAU OAD xa est\u00e1 <a href=\"https:\/\/us10.campaign-archive.com\/?e=&amp;u=66c129a9091b286b3646f358c&amp;id=f796d9f6ef\">en li\u00f1a<\/a>. A Oficina IAU de Astronom\u00eda para o Desenvolvemento lanza trimestralmente este bolet\u00edn. Entre os aspectos m\u00e1is destacados deste bolet\u00edn est\u00e1 o lanzamento da Oficina Rexional Europea de Astronom\u00eda para o Desenvolvemento, operada conxuntamente pola Sociedade Astron\u00f3mica Europea e a Universidade de Leiden; a apertura do prazo para a recepci\u00f3n de propostas da sesi\u00f3n OAD no SciDataCon, e os pr\u00f3ximos obradoiros de astrof\u00edsica en Nepal, Sud\u00e1frica e L\u00edbano organizados por proxectos con financiamento OAD.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">O arquivo de todos os bolet\u00edns OAD est\u00e1 dispo\u00f1\u00edbel <a href=\"http:\/\/www.astro4dev.org\/media\/newsletters\/\">neste enderezo<\/a>.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\"><strong>4) Folleto de contaminaci\u00f3n luminosa<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Esta <a href=\"https:\/\/www.iau.org\/static\/archives\/images\/pdf\/light-pollution-brochure.pdf\">publicaci\u00f3n<\/a> IAU OAO \u00e9 unha compilaci\u00f3n dos descubrimentos relevantes na \u00e1rea da contaminaci\u00f3n luminosa e a protecci\u00f3n dos ceos escuros. A informaci\u00f3n do folleto foi compilada baixo o paraugas dos programas Cosmic Light, coordinados pola IAU durante o Ano Internacional da Luz 2015 (IYL2015). O obxectivo deste folleto \u00e9 incrementar o co\u00f1ecemento sobre os avances dos \u00faltimos anos no estudo da contaminaci\u00f3n luminosa, en particular no que se refire ao uso de LEDs, para axudar \u00e1 comunidade astron\u00f3mica na difusi\u00f3n de medidas para protexer os ceos escuros e espertar a conciencia p\u00fablica sobre a investigaci\u00f3n neste campo.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Podes descargar o folleto aqu\u00ed: <a href=\"https:\/\/www.iau.org\/public\/images\/detail\/light-pollution-brochure\/\">https:\/\/www.iau.org\/public\/images\/detail\/light-pollution-brochure\/<\/a><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\"><strong>5) Novas do Xap\u00f3n<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\"><em>O Encontro de Kagoshima remata con \u00e9xito<\/em><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">O 30 de marzo, despois da Conferencia Comunicar Astronom\u00eda ao P\u00fablico (CAP2018) en Fukuoka, arredor de 40 participantes de dez pa\u00edses diferentes reun\u00edronse en Kagoshima para compartir ideas e recursos educativos relacionados coa educaci\u00f3n na astronom\u00eda. Ademais, o profesorado das escolas do Xap\u00f3n presentou traballos e materiais orixinais. Un dos asuntos tratados foi o curr\u00edculum astron\u00f3mico das escolas de diversos pa\u00edses e a necesidade dun encontro internacional sobre educaci\u00f3n astron\u00f3mica. No segundo d\u00eda alg\u00fans dos participantes gozaron dunha visita guiada ao Centro Espacial JAXA Tanegashima.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Para ter m\u00e1is informaci\u00f3n sobre o encontro, por favor visitade a p\u00e1xina: <a href=\"http:\/\/www.wakayama-u.ac.jp\/~atomita\/Kagoshima\/\">http:\/\/www.wakayama-u.ac.jp\/~atomita\/Kagoshima\/<\/a><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\"><strong>6) Levar as CTEM \u00e1s escolas de Puerto Rico<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Astronom\u00eda sen Fronteiras busca financiamento para os 20 telescopios OneSky e 20 libros de astronom\u00eda en espa\u00f1ol cos que pretende achegarlle ao profesorado recursos para tratar materias CTEM (ciencia, tecnolox\u00eda, enxe\u00f1er\u00eda e matem\u00e1ticas) a trav\u00e9s da astronom\u00eda. A t\u00faa doaz\u00f3n achegar\u00e1 recursos a escolas moi necesitadas de rexi\u00f3ns desfavorecidas e devastadas de Puerto Rico. Os telescopios levar\u00e1n o universo aos nenos e nenas do pa\u00eds e axudaranlles a ter un sentido global de unidade neste tempo tan dif\u00edcil.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Podes apoiar o proxecto aqu\u00ed: <a href=\"https:\/\/www.classy.org\/campaign\/puerto-rico-stem-education\/c178826\">https:\/\/www.classy.org\/campaign\/puerto-rico-stem-education\/c178826<\/a><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\"><strong>7) Microfichas<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Microfichas \u00e9 un proxecto enciclop\u00e9dico onde a arte e o co\u00f1ecemento se encontran. Cada colecci\u00f3n comprende de 10 a 15 tarxetas que presentan elementos chave dun tema concreto e vai dedicada a asuntos como os volc\u00e1ns e a microbiolox\u00eda, entre outros moitos. Os textos est\u00e1n escritos por un especialista e interpretados visualmente por un artista. O contido textual e visual impr\u00edmese en tarxetas e noutros diversos soportes impresos e dixitais. Para facilitar a libre circulaci\u00f3n do co\u00f1ecemento, todo o contido estar\u00e1 dispo\u00f1\u00edbel para a s\u00faa descarga gratu\u00edta no sitio web do proxecto, en versi\u00f3ns en ingl\u00e9s e franc\u00e9s.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">B\u00f3talle un ollo \u00e1s colecci\u00f3ns aqu\u00ed: <a href=\"http:\/\/microfiches.org\/en\/\">http:\/\/microfiches.org\/en\/<\/a><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\"><strong>8) Convocatoria para planetarios port\u00e1tiles<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">As c\u00fapulas port\u00e1tiles son unha mostra da educaci\u00f3n cient\u00edfica de base na s\u00faa mellor forma e chegan aos lugares m\u00e1is remotos do planeta. Para honrar e animar o excelente traballo feito desde os planetarios m\u00f3biles en todo o mundo, a Sociedade Planetaria Internacional (IPS) est\u00e1 promovendo un concurso que outorgar\u00e1 premios aos mellores eventos celebrados durante o D\u00eda Internacional dos Planetarios, o 11 de marzo de 2018. Os premios daranse a partir das fotos, v\u00eddeos e textos (conta a t\u00faa historia!) que lles cheguen. As propostas deben recibirse at\u00e9 o 1 de maio de 2018.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">M\u00e1is informaci\u00f3n sobre o concurso, aqu\u00ed: <a href=\"https:\/\/ips-planetarium.site-ym.com\/?page=IDP2018\">https:\/\/ips-planetarium.site-ym.com\/?page=IDP2018<\/a><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\"><strong>9) V\u00eddeos que prestan<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">O noso \u00e9 un bolet\u00edn xerado polos usuarios e usuarias e coma sempre queremos darlle as grazas \u00e1 nosa comunidade por compartiren os seus contidos favoritos con n\u00f3s. Desta volta facemos unha breve compilaci\u00f3n de v\u00eddeos que recibimos. Non perdas <em><a href=\"https:\/\/vimeo.com\/259818647\">\u201cUnha nova visi\u00f3n da L\u00faa\u201d<\/a><\/em>, no que un grupo de divulgadores levan un telescopio polas r\u00faas de Los Angeles (EEUU) para ofrecerlle \u00e1s persoas que pasan <a href=\"http:\/\/www.thisiscolossal.com\/2018\/03\/a-new-view-of-the-moon\/\">unha mirada de perto a un obxecto familiar como \u00e9 o noso sat\u00e9lite<\/a>. E se co\u00f1eces a serie <a href=\"https:\/\/www.scienceoffice.org\/projects\/neutron-stars\/\"><em>Estrelas de Neutr\u00f3ns<\/em><\/a> non querer\u00e1s perder <em><a href=\"http:\/\/www.europlanet-eu.org\/new-video-space-detectives-the-case-of-the-rocks-from-space\/\">\u201cDetectives espaciais, o caso das rochas do espazo\u201d<\/a><\/em> de Europlanet e a Oficina de Ciencia. Ademais o mes que v\u00e9n celebraremos o D\u00eda Internacional da Luz e a organizaci\u00f3n v\u00e9n de lanzar <a href=\"https:\/\/www.lightday.org\/copy-of-unesco-schools\">o seu novo v\u00eddeo<\/a>. Desfrutade deles!<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\"><strong>10) Encontros e actividades globais de 2018<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Podes atopar aqu\u00ed unha listaxe de eventos e conferencias de divulgaci\u00f3n e educaci\u00f3n astron\u00f3mica en todo o mundo. Planifica un ano cheo de acontecementos interesantes!<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\"><strong>Engadido hai pouco<\/strong><\/p>\n<p>5\u00aa Conferencia Europea de Xornalistas de Ciencia<br \/>\n<em>Data:<\/em> 8 de xullo de 2018<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Toulouse, Francia<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"https:\/\/www.ecsj2018.eu\/\">https:\/\/www.ecsj2018.eu\/<\/a><\/p>\n<p><strong>Pr\u00f3ximas actividades<\/strong><\/p>\n<p>a) D\u00eda Internacional da Luz<br \/>\n<em>Datas:<\/em> 16 de maio de 2018<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> todo o mundo<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"https:\/\/www.lightday.org\/\">https:\/\/www.lightday.org\/<\/a><\/p>\n<p>b) D\u00eda do asteroide<br \/>\n<em>Datas:<\/em> 30 de xu\u00f1o de 2018<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> todo o mundo<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"http:\/\/asteroidday.org\/\">http:\/\/asteroidday.org\/<\/a><\/p>\n<p>c) Sociedade Planetaria Internacional 2018<br \/>\n<em>Data:<\/em> do 1 ao 6 de xullo de 2018<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Toulouse, Francia<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"http:\/\/www.ips-planetarium.org\/page\/IPS2018Toulouse\">http:\/\/www.ips-planetarium.org\/page\/IPS2018Toulouse<\/a><\/p>\n<p>d) Campamento Internacional para a Promoci\u00f3n da Ciencia (ISEC)<br \/>\n<em>Data:<\/em> do 6 ao 22 de xullo de 2018<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Barcelona, Espa\u00f1a<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"http:\/\/www.isec2018.wordpress.com\/\">http:\/\/www.isec2018.wordpress.com\/<\/a><\/p>\n<p>e) 5\u00aa Conferencia Europea de Xornalistas de Ciencia<br \/>\n<em>Data:<\/em> 8 de xullo de 2018<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Toulouse, Francia<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"https:\/\/www.ecsj2018.eu\/\">https:\/\/www.ecsj2018.eu\/<\/a>)<\/p>\n<p>f) ESOF (EuroScience Open Forum) 2018<br \/>\n<em>Datas:<\/em> do 9 ao 14 de xullo de 2018<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Toulouse, France<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"https:\/\/www.esof.eu\/en\/\">https:\/\/www.esof.eu\/en\/<\/a><\/p>\n<p>g) Committee on Space Research \u2013 COSPAR<br \/>\n<em>Datas:<\/em> do 14 ao 22 de xullo de 2018<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Pasadena, California (EEUU)<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"http:\/\/cospar2018.org\/\">http:\/\/cospar2018.org\/<\/a><\/p>\n<p>h) Conferencia Robotic Telescopes, Student Research and Education (RTSRE)\u00a0 &amp; Cimeira InterNational Astronomy Teaching<br \/>\n<em>Datas:<\/em> do 22 ao 27 de xullo de 2018<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Hilo, Hawai\u2019i, EEUU<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"http:\/\/rtsre.org\">rtsre.org<\/a><\/p>\n<p>i) Asemblea Xeral da IAU<br \/>\n<em>Datas:<\/em> do 20 ao 31 de agosto de 2018<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Viena, Austria<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"http:\/\/astronomy2018.univie.ac.at\/\">http:\/\/astronomy2018.univie.ac.at\/<\/a><\/p>\n<p>l) Congreso Europeo de Ciencia Planetaria<br \/>\n<em>Datas:<\/em> do 16 ao 21 de setembro de 2018<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Berl\u00edn, Alema\u00f1a<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"https:\/\/www.epsc2018.eu\/\">https:\/\/www.epsc2018.eu\/<\/a><\/p>\n<p>m) Conferencia .Astronomy<br \/>\n<em>Datas:<\/em> do 24 ao 27 de setembro de 2018<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Baltimore, EEUU<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"https:\/\/www.dotastronomy.com\/\">https:\/\/www.dotastronomy.com\/<\/a><\/p>\n<p>n) Congreso Xeraci\u00f3n Espacial<br \/>\n<em>Datas:<\/em> do 27 ao 29 de setembro de 2018<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Bremen, Alema\u00f1a<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:\u00a0<\/em><a href=\"https:\/\/spacegeneration.org\/sgc2018\">https:\/\/spacegeneration.org\/sgc2018<\/a><\/p>\n<p>\u00f1) Congreso Aeron\u00e1utico Internacional<br \/>\n<em>Datas:<\/em> do 1 ao 5 de outubro de 2018<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Bremen, Alema\u00f1a<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n: <\/em><a href=\"http:\/\/www.iafastro.org\/events\/iac\/iac-2018\/\">http:\/\/www.iafastro.org\/events\/iac\/iac-2018\/<\/a><em><br \/>\n<\/em><\/p>\n<p>o) Semana Mundial do Espazo<br \/>\n<em>Datas:<\/em> do 4 ao 10 de outubro de 2018<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> todo o mundo<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"http:\/\/www.worldspaceweek.org\/\">http:\/\/www.worldspaceweek.org\/<\/a><em><br \/>\n<\/em><\/p>\n<p>p) Noite Internacional de Observaci\u00f3n da L\u00faa<br \/>\n<em>Datas:<\/em> 20 de outubro de 2018<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> todo o mundo<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"http:\/\/observethemoonnight.org\/\">http:\/\/observethemoonnight.org\/<\/a><\/p>\n<p>q) V Festival Starmus: un paso de xigante<br \/>\n<em>Datas:<\/em> do 24 ao 29 de xu\u00f1o de 2019<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Berna, Su\u00edza<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"https:\/\/www.starmus.com\/\">https:\/\/www.starmus.com\/<\/a><\/p>\n<p>Esquecemos algo? Ent\u00f3n comparte os teus encontros sobre educaci\u00f3n e divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica con n\u00f3s v\u00eda outreach@iau.org.<\/p>\n<p><strong>11) Bolet\u00edn de divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica da IAU noutras linguas<\/strong><\/p>\n<p>-Traduci\u00f3n ao <strong>serbio<\/strong>, elaborada pola doutora Liliana Gracanin de Serbia: <a href=\"https:\/\/twitter.com\/IAU_srpski\">https:\/\/twitter.com\/IAU_srpski<\/a>;<\/p>\n<p style=\"text-align: left\">-Traduci\u00f3ns ao <strong>xapon\u00e9s<\/strong> a cargo de Akihiko Tomita e Mikako Kuwamura a trav\u00e9s da Rede de Traduci\u00f3n Astron\u00f3mica: <a href=\"http:\/\/bit.ly\/2xlNyCR\">http:\/\/bit.ly\/2xlNyCR<\/a>. Se queres recibir a traduci\u00f3n ao xapon\u00e9s do bolet\u00edn, subscr\u00edbete \u00e1 Asociaci\u00f3n Xaponesa de Astr\u00f3nomos Afeccionados, <a href=\"http:\/\/www.jaaa-astro.jp\/jaaa-ml.html\">http:\/\/www.jaaa-astro.jp\/jaaa-ml.html<\/a>, ou \u00e1 Sociedade Xaponesa pola Educaci\u00f3n e Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda, <a href=\"http:\/\/www.tenkyo.net\/\">http:\/\/www.tenkyo.net\/<\/a>;<\/p>\n<p style=\"text-align: left\">-Traduci\u00f3ns ao <strong>galego<\/strong>, pola Agrupaci\u00f3n Astron\u00f3mica Coru\u00f1esa \u00cdo, en Espa\u00f1a, aqu\u00ed: <a href=\"http:\/\/agrupacionio.com\/gl\/tag\/boletin-iau\">http:\/\/agrupacionio.com\/gl\/tag\/boletin-iau<\/a>;<\/p>\n<p style=\"text-align: left\">-Traduci\u00f3ns ao <strong>espa\u00f1ol<\/strong>, elaboradas por:<\/p>\n<p style=\"text-align: left\">Emilio Z\u00fa\u00f1iga, ASAFILE, Asociaci\u00f3n de Astr\u00f3nomos Aficionados de Le\u00f3n, Nicaragua: <a href=\"http:\/\/asafile.blogspot.jp\/p\/blog-page_12.html\">http:\/\/asafile.blogspot.jp\/p\/blog-page_12.html<\/a>;<\/p>\n<p style=\"text-align: left\">Basilio Sol\u00eds-Castillo, estudante de doutorado, Instituto Max Planck de Radioastronom\u00eda, Universidade de Bonn: <a href=\"http:\/\/astronomia-para-todos.blogspot.de\">http:\/\/astronomia-para-todos.blogspot.de;<\/a><\/p>\n<p style=\"text-align: left\">Se est\u00e1s interesado en traducir o noso bolet\u00edn ao teu idioma, por favor contacta con n\u00f3s v\u00eda outreach@iau.org.<\/p>\n<p><strong>12) Contribuci\u00f3ns ao bolet\u00edn de divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica da IAU \u2013 desexamos noticias vosas en 2018!<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">Na Oficina de Divulgaci\u00f3n Astron\u00f3mica da IAU sempre estamos buscando noticias sobre educaci\u00f3n e divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica en todo o mundo. Por favor, continuade compartindo as vosas historias con n\u00f3s en 2018! Se est\u00e1s organizando actividades a gran escala a nivel rexional ou internacional, ofreces postos de traballo de educaci\u00f3n e comunicaci\u00f3n da astronom\u00eda, tes proxectos innovadores ou historias inspiradoras, buscas colaboraci\u00f3n ProAm en astronom\u00eda ou creaches recursos educativos, f\u00e1inolo saber por correo electr\u00f3nico: outreach@iau.org.<\/p>\n<p><em>Traduci\u00f3n: Martin Pawley (Agrupaci\u00f3n \u00cdo). Podes consultar o bolet\u00edn en ingl\u00e9s <a href=\"https:\/\/us11.campaign-archive.com\/?e=[UNIQID]&amp;u=0ecb46e29196a0f367daf3dd6&amp;id=2c24fb039b\">nesta ligaz\u00f3n<\/a>.<\/em><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Bolet\u00edn de Divulgaci\u00f3n Astron\u00f3mica da Uni\u00f3n Astron\u00f3mica Internacional (IAU) Abril 2018 #2 Neste bolet\u00edn: 0) Nota dos editores 1) Aberto o prazo para solicitar o apoio oficial para Proxectos Especiais IAU100 2) Primeiro evento \u201cInspiring Stars\u201d (Estrelas que inspiran) en Austria 3) Dispo\u00f1\u00edbel en li\u00f1a o bolet\u00edn #20 da Oficina IAU de Astronom\u00eda para o Desenvolvemento 4) Folleto de contaminaci\u00f3n luminosa 5) Novas do Xap\u00f3n&#8230; <\/p>\n<p class=\"more\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/boletin-divulgacion-astronomica-da-iau-abril-2018-2\/\">Read More<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[51],"tags":[188],"class_list":["post-4498","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-noticias-gl","tag-boletin-iau"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4498","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=4498"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4498\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=4498"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=4498"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=4498"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}