{"id":4389,"date":"2018-02-21T00:33:30","date_gmt":"2018-02-20T22:33:30","guid":{"rendered":"http:\/\/agrupacionio.com\/?p=4389"},"modified":"2018-02-21T00:33:30","modified_gmt":"2018-02-20T22:33:30","slug":"boletin-divulgacion-astronomica-da-iau-febreiro-2018-1","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/boletin-divulgacion-astronomica-da-iau-febreiro-2018-1\/","title":{"rendered":"Bolet\u00edn de divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica da IAU: Febreiro 2018 #1"},"content":{"rendered":"<p><img fetchpriority=\"high\" decoding=\"async\" class=\"aligncenter size-full wp-image-3863\" src=\"http:\/\/agrupacionio.com\/wp-content\/uploads\/2017\/05\/IAU-Bolet\u00edn-Blog.jpg\" alt=\"IAU Bolet\u00edn Blog\" width=\"600\" height=\"360\" srcset=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2017\/05\/IAU-Bolet\u00edn-Blog.jpg 600w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2017\/05\/IAU-Bolet\u00edn-Blog-300x180.jpg 300w\" sizes=\"(max-width: 600px) 100vw, 600px\" \/><\/p>\n<p><strong>Bolet\u00edn de Divulgaci\u00f3n Astron\u00f3mica da Uni\u00f3n Astron\u00f3mica Internacional (<a href=\"http:\/\/www.iau.org\/\">IAU<\/a>)<\/strong><\/p>\n<p><strong>Febreiro 2018 #1<\/strong><\/p>\n<p align=\"left\">Neste bolet\u00edn:<\/p>\n<p align=\"left\">0) Nota dos editores<br \/>\n1) O Bolet\u00edn #19 da Oficina IAU de Astronom\u00eda para o Desenvolvemento (IAU OAD) xa est\u00e1 dispo\u00f1\u00edbel en li\u00f1a<br \/>\n2) Cursos de astrobiolox\u00eda en li\u00f1a da IAU<br \/>\n3) Novas de Alxeria<br \/>\n4) A que se parece o asteroide Ryugu?<br \/>\n5) D\u00eda Internacional da Luz \u2013 Propostas de programas astron\u00f3micos<br \/>\n6) Campa\u00f1as Globe at Night<br \/>\n7) Proxectos de ciencia baseados en enquisas para estudantes de astronom\u00eda<br \/>\n8) Pinta de ciencia<br \/>\n9) Encontros e actividades globais de 2018<br \/>\n10) Bolet\u00edn de divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica da IAU noutras linguas<br \/>\n11) Contribuci\u00f3ns ao bolet\u00edn de divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica da IAU \u2013 desexamos noticias vosas en 2018!<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\"><strong>0) Nota dos editores<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Agardamos que tiverades uha fant\u00e1stica eclipse lunar o 31 de xaneiro. Ademais de gozar do marabilloso espect\u00e1culo do tr\u00edo L\u00faa-Terra-Sol \u201cpreparado\u201d aqu\u00ed na nevada Toquio, estamos desexando ter noticias de todas as actividades que tiveron lugar en todo o mundo. Estade atentos ao pr\u00f3ximo n\u00famero no que compartiremos exemplos da colaboraci\u00f3n internacional que xorde destes eventos.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">O noso equipo estivo ocupado producindo o novo n\u00famero da revista CAP. Un interesante novo n\u00famero est\u00e1 \u00e1 volta da esquina, as\u00ed que non perdades o aviso que lanzaremos m\u00e1is adiante este mes. Ademais, queremos darlle unha c\u00e1lida benvida a Gabrielle Simard de Canad\u00e1. Doutorada en Astrof\u00edsica, Gabrielle estar\u00e1 con n\u00f3s at\u00e9 marzo e ser\u00e1 a nosa axudante de proxecto para a Rede de Traduci\u00f3n Astron\u00f3mica.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Neste n\u00famero po\u00f1emos o foco no \u00faltimo bolet\u00edn da Oficina IAU de Astronom\u00eda para o Desenvolvemento e as campa\u00f1as actuais de Globe at Night. Ademais, recomend\u00e1mosvos consultar os \u00faltimos proxectos de ciencia do Observatorio Nacional de Escolas para os estudantes de astronom\u00eda.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Desex\u00e1mosvos unha feliz lectura e ceos despexados!<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">O equipo da Oficina para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda da IAU<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\"><strong>1) O Bolet\u00edn #19 da Oficina IAU de Astronom\u00eda para o Desenvolvemento (IAU OAD) xa est\u00e1 dispo\u00f1\u00edbel en li\u00f1a<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">O Bolet\u00edn #19 da IAU OAD xa est\u00e1 <a href=\"https:\/\/us10.campaign-archive.com\/?e=&amp;u=66c129a9091b286b3646f358c&amp;id=fdf846db48\">en li\u00f1a<\/a>. O bolet\u00edn dif\u00fandese trimestralmente desde a Oficina IAU de Astronom\u00eda para o Desenvolvemento. Alg\u00fans aspectos destacados deste bolet\u00edn son o anuncio da selecci\u00f3n de propostas recibidas en 2017, pola cal 16 proxectos foron elixidos para obter financiamento en 2018; a contribuci\u00f3n da doutora Wanda Diaz-Merced da OAD ao proxecto <a href=\"https:\/\/www.prnewswire.com\/news-releases\/english-releases\/wetransfer-announces-a-message-from-earth-an-online-exhibition-with-newly-commissioned-work-inspired-by-the-voyager-golden-record-300570297.html\">\u201cA Message from Earth\u201d<\/a>; e un tributo e a recreaci\u00f3n do Disco de Ouro da Voyager no 40\u00ba aniversario da misi\u00f3n Voyager.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">O arquivo de todos os bolet\u00edns da OAD est\u00e1 dispo\u00f1\u00edbel no sitio web <a href=\"http:\/\/www.astro4dev.org\/media\/newsletters\/\">neste enderezo<\/a>.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\"><strong>2) Cursos de astrobiolox\u00eda en li\u00f1a da IAU<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">O <a href=\"https:\/\/www.iau.org\/science\/scientific_bodies\/workinggroups\/EducationandTraininginAstrobiology\/\">grupo de traballo IAU de Educaci\u00f3n e Formaci\u00f3n en Astrobiolox\u00eda<\/a> anuncia o lanzamento da s\u00faa primeira plataforma de cursos en li\u00f1a de astrobiolox\u00eda. Os cursos en li\u00f1a de astrobiolox\u00eda presentan conferencias de calidade sobre diferentes disciplinas relacionadas coa busca da orixe da vida, e foron dese\u00f1adas para estudantes graduados e post-docs, mais tam\u00e9n para as persoas curiosas e interesadas entre o p\u00fablico xeral. Ofrecen as charlas expertos internacionais e na actualidade est\u00e1n dispo\u00f1\u00edbeis en franc\u00e9s, ingl\u00e9s e espa\u00f1ol.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Os cursos poden atoparse en <a href=\"http:\/\/astrobiovideo.com\/\">http:\/\/astrobiovideo.com<\/a> e est\u00e1n actualiz\u00e1ndose constantemente.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\"><strong>3) Novas de Alxeria<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\"><em>16\u00ba Festival de Astronom\u00eda Popular en Alxeria<\/em><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">O noso Contacto de Divulgaci\u00f3n Nacional Jamal Mimouni conv\u00eddavos ao tradicional Festival Nacional de Astronom\u00eda Popular, que chega ao seu 16\u00ba ano. O festival ten lugar do 22 ao 24 de marzo de 2018 en Constantine, Alxeria. O tema do festival deste ano \u00e9 \u201cO Universo Vibrante\u201d. Tr\u00e1tase de cousas con forma de onda, das ondas gravitacionais \u00e1s electromagn\u00e9ticas, os neutrinos oscilantes e moito m\u00e1is&#8230; O festival contar\u00e1 cunha Feira Astron\u00f3mica, conferencias e obradoiros. As actividades son multiling\u00fces e un certo n\u00famero delas farase en ingl\u00e9s, mentres que as outras desenvolveranse en franc\u00e9s e \u00e1rabe.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Podes saber m\u00e1is do festival neste sitio web: <a href=\"http:\/\/www.siriusalgeria.net\/salon018.htm\">http:\/\/www.siriusalgeria.net\/salon018.htm<\/a><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\"><strong>4) A que se parece o asteroide Ryugu?<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">O explorador de asteroides Hayabusa2 est\u00e1 acheg\u00e1ndose velozmente ao seu destino. Entre xu\u00f1o e xullo de 2018 a sonda alcanzar\u00e1 o asteroide (162173) Ryugu e empezar\u00e1 a investigar este pequeno mundo. <a href=\"http:\/\/global.jaxa.jp\/\">JAXA<\/a> (Axencia de Exploraci\u00f3n Aeroespacial do Xap\u00f3n) lanza o desaf\u00edo de imaxinarmos que \u00e9 o que Hayabusa2 vai capturar. A organizaci\u00f3n convida a museos de ciencia, planetarios, observatorios p\u00fablicos e outros centros con actividades relacionadas co espazo a converterse en \u201cnodos\u201d e axudar a reunir a m\u00e1is creativa imaxiner\u00eda en todo o mundo. As solicitudes para converterse en nodo ser\u00e1n aceptadas at\u00e9 finais de febreiro de 2018.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Os detalles podedes atopalos neste sitio web: <a href=\"http:\/\/www.hayabusa2.jaxa.jp\/topics\/20171227_e\/\">http:\/\/www.hayabusa2.jaxa.jp\/topics\/20171227_e\/<\/a><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\"><strong>5) D\u00eda Internacional da Luz \u2013 Propostas de programas astron\u00f3micos<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">UNESCO inaugura o primeiro <a href=\"https:\/\/www.lightday.org\/\">D\u00eda Internacional da Luz<\/a> na s\u00faa sede de Par\u00eds, Francia, o 16 de maio de 2018. Os numerosos eventos que ter\u00e1n lugar en todo o mundo ese d\u00eda animan a espertar conciencia das moitas maneiras en que a luz ten impacto na sociedade moderna e de como os avances na ciencia e a tecnolox\u00eda baseada na luz poden axudarnos a acadar os obxectivos de educaci\u00f3n e desenvolvemento sost\u00edbel. Ademais de animarvos a participar nestes eventos, chamamos a todas as persoas que organizan actividades relacionadas coa astronom\u00eda en todo o mundo para que as compartan e poidamos dalas a co\u00f1ecer a trav\u00e9s dos nosos canais. Se est\u00e1s planificando actividades do D\u00eda Internacional da Luz relacionadas coa astronom\u00eda, por favor f\u00e1inolo saber v\u00eda outreach@iau.org.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\"><strong>6) Campa\u00f1as Globe at Night<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Globe at Night \u00e9 unha campa\u00f1a internacional de ciencia cidad\u00e1 cuxo obxectivo \u00e9 a concienciaci\u00f3n sobre o impacto da contaminaci\u00f3n luminosa ao convidarnos a medir o brillo do ceo nocturno e compartir as nosas observaci\u00f3ns. \u00c9 doado participar, todo o que precisas \u00e9 un ordenador ou tel\u00e9fono intelixente. Non perdas ningunha das campa\u00f1as Globe at Night de 2018 en <a href=\"https:\/\/www.globeatnight.org\/5-steps.php\">https:\/\/www.globeatnight.org\/5-steps.php<\/a>.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\"><strong>7) Proxectos de ciencia baseados en enquisas para estudantes de astronom\u00eda<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Desde 2004, o <a href=\"https:\/\/www.schoolsobservatory.org\/\">Observatorio Nacional de Escolas<\/a> (NSO) proporciona acceso libre ao telescopio de dous metros de Liverpool a estudantes e profesorado de todo o Reino Unido e Irlanda, e acceso limitado a calquera persoa no resto do mundo. Na actualidade ten m\u00e1is de 4000 usuarios que de forma peri\u00f3dica conectan cos recursos do sitio web e m\u00e1is de 125000 observaci\u00f3ns por telescopio solicitadas desde o seu nacemento. Como parte destes recursos, o NSO desenvolveu unha ampla actividade de investigaci\u00f3n en grupos abertos achegando material de fondo aos estudantes, datos e instruci\u00f3ns para produciren os seus propios diagramas de cor-magnitude (ou diagramas observacionais Hertzsprung-Russell). An\u00edmase aos estudantes a subir e discutir os seus resultados no foro.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Esta \u00e9 \u00e1 p\u00e1xina de inicio da actividade: <a href=\"https:\/\/www.schoolsobservatory.org\/discover\/projects\/clusters\/main\">https:\/\/www.schoolsobservatory.org\/discover\/projects\/clusters\/main<\/a><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\"><strong>8) Pinta de ciencia<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">\u201cPinta de ciencia\u201d \u00e9 unha organizaci\u00f3n sen \u00e1nimo de lucro que leva alg\u00fans dos m\u00e1is brillantes cient\u00edficos ao voso pub local para discutir convosco as s\u00faas \u00faltimas investigaci\u00f3ns e descubrimentos. Non precisas ter ning\u00fan co\u00f1ecemento previo para asistir a estas conversas. Vela\u00ed unha grande oportunidade para co\u00f1ecer persoas que toman parte no futuro da ciencia (e tomar unha pinta con elas). O festival decorre durante uns d\u00edas en maio cada ano e ocasionalmente celebra eventos noutros meses.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Subscr\u00edbete \u00e1 listaxe de correo \u201cPinta de ciencia\u201d para ser o primeiro en ter as \u00faltimas noticias: <a href=\"https:\/\/pintofscience.co.uk\/about\/\">https:\/\/pintofscience.co.uk\/about\/ <\/a><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\"><strong>9) Encontros e actividades globais de 2018<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Podes atopar aqu\u00ed unha listaxe de eventos e conferencias de divulgaci\u00f3n e educaci\u00f3n astron\u00f3mica en todo o mundo. Planifica un ano cheo de acontecementos interesantes!<\/p>\n<p>a) Conferencia Internacional \u201cNovas Perspectivas en Educaci\u00f3n Cient\u00edfica\u201d<br \/>\n<em>Datas:<\/em> 22 e 23 de marzo de 2018<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Florencia, Italia<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"https:\/\/conference.pixel-online.net\/NPSE\/\">https:\/\/conference.pixel-online.net\/NPSE\/<\/a><\/p>\n<p>b) Comunicar Astronom\u00eda co P\u00fablico \u2013 CAP2018<br \/>\n<em>Data:<\/em> do 24 ao 28 de marzo de 2018<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Fukuoka, Xap\u00f3n<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"http:\/\/www.communicatingastronomy.org\/cap2018\/\">http:\/\/www.communicatingastronomy.org\/cap2018\/<\/a><\/p>\n<p>c) Semana Europea da Astronom\u00eda e Ciencias do Espazo (EWASS)<br \/>\n<em>Datas:<\/em> do 3 ao 8 de abril de 2018<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Liverpool, UK<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"http:\/\/eas.unige.ch\/EWASS2018\/\">http:\/\/eas.unige.ch\/EWASS2018\/<\/a><\/p>\n<p>d) 15\u00ba Conferencia Internacional de Comunicaci\u00f3n P\u00fablica da Ciencia e Tecnolox\u00eda (PCST2018)<br \/>\n<em>Data<\/em>: do 4 ao 6 de abril de 2018<br \/>\n<em>Lugar<\/em>:\u00a0Dunedin, Nova Zelandia<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"http:\/\/www.pcst2018.org\/pcst18\">http:\/\/www.pcst2018.org\/pcst18<\/a><\/p>\n<p>e) 11\u00ba Encontro Internacional de Astronom\u00eda e Astron\u00e1utica<br \/>\n<em>Datas:<\/em> do 12 ao 14 de abril de 2018<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Campos de Goytacazes, Brasil<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"http:\/\/bit.ly\/2xP8uik\">http:\/\/bit.ly\/2xP8uik<\/a><\/p>\n<p>f) Sociedade Planetaria Internacional 2018<br \/>\n<em>Data:<\/em> do 1 ao 6 de xullo de 2018<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Toulouse, Francia<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"http:\/\/www.ips-planetarium.org\/page\/IPS2018Toulouse\">http:\/\/www.ips-planetarium.org\/page\/IPS2018Toulouse<\/a><\/p>\n<p>g) ESOF (EuroScience Open Forum) 2018<br \/>\n<em>Datas:<\/em> do 9 ao 14 de xullo de 2018<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Toulouse, France<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"https:\/\/www.esof.eu\/en\/\">https:\/\/www.esof.eu\/en\/<\/a><\/p>\n<p>h) Conferencia Robotic Telescopes, Student Research and Education (RTSRE)\u00a0 &amp; Cimeira InterNational Astronomy Teaching<br \/>\n<em>Datas:<\/em> do 22 ao 27 de xullo de 2018<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Hilo, Hawai\u2019i, EEUU<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"http:\/\/rtsre.org\">rtsre.org<\/a><\/p>\n<p>Esquecemos algo? Ent\u00f3n comparte os teus encontros sobre educaci\u00f3n e divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica con n\u00f3s v\u00eda outreach@iau.org.<\/p>\n<p><strong>10) Bolet\u00edn de divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica da IAU noutras linguas<\/strong><\/p>\n<p>-Traduci\u00f3n ao <strong>serbio<\/strong>, elaborada pola doutora Liliana Gracanin de Serbia: <a href=\"https:\/\/twitter.com\/IAU_srpski\">https:\/\/twitter.com\/IAU_srpski<\/a>;<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">-Traduci\u00f3ns ao <strong>xapon\u00e9s<\/strong> a cargo de Akihiko Tomita e Mikako Kuwamura a trav\u00e9s da Rede de Traduci\u00f3n Astron\u00f3mica: <a href=\"http:\/\/bit.ly\/2xlNyCR\">http:\/\/bit.ly\/2xlNyCR<\/a>. Se queres recibir a traduci\u00f3n ao xapon\u00e9s do bolet\u00edn, subscr\u00edbete \u00e1 Asociaci\u00f3n Xaponesa de Astr\u00f3nomos Afeccionados, <a href=\"http:\/\/www.jaaa-astro.jp\/jaaa-ml.html\">http:\/\/www.jaaa-astro.jp\/jaaa-ml.html<\/a>, ou \u00e1 Sociedade Xaponesa pola Educaci\u00f3n e Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda, <a href=\"http:\/\/www.tenkyo.net\/\">http:\/\/www.tenkyo.net\/<\/a>;<\/p>\n<p>-Traduci\u00f3ns ao <strong>galego<\/strong>, pola Agrupaci\u00f3n Astron\u00f3mica Coru\u00f1esa \u00cdo, en Espa\u00f1a, aqu\u00ed: <a href=\"http:\/\/agrupacionio.com\/gl\/tag\/boletin-iau\">http:\/\/agrupacionio.com\/gl\/tag\/boletin-iau<\/a>;<\/p>\n<p>-Traduci\u00f3ns ao <strong>espa\u00f1ol<\/strong>, elaboradas por:<\/p>\n<p>Emilio Z\u00fa\u00f1iga, ASAFILE, Asociaci\u00f3n de Astr\u00f3nomos Aficionados de Le\u00f3n, Nicaragua: <a href=\"http:\/\/asafile.blogspot.jp\/p\/blog-page_12.html\">http:\/\/asafile.blogspot.jp\/p\/blog-page_12.html<\/a>;<\/p>\n<p>Basilio Sol\u00eds-Castillo, estudante de doutorado, Instituto Max Planck de Radioastronom\u00eda, Universidade de Bonn: <a href=\"http:\/\/astronomia-para-todos.blogspot.de\">http:\/\/astronomia-para-todos.blogspot.de;<\/a><\/p>\n<p>Se est\u00e1s interesado en traducir o noso bolet\u00edn ao teu idioma, por favor contacta con n\u00f3s v\u00eda outreach@iau.org.<\/p>\n<p><strong>11) Contribuci\u00f3ns ao bolet\u00edn de divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica da IAU \u2013 desexamos noticias vosas en 2018!<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">Na Oficina de Divulgaci\u00f3n Astron\u00f3mica da IAU sempre estamos buscando noticias sobre educaci\u00f3n e divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica en todo o mundo. Por favor, continuade compartindo as vosas historias con n\u00f3s en 2018! Se est\u00e1s organizando actividades a gran escala a nivel rexional ou internacional, ofreces postos de traballo de educaci\u00f3n e comunicaci\u00f3n da astronom\u00eda, tes proxectos innovadores ou historias inspiradoras, buscas colaboraci\u00f3n ProAm en astronom\u00eda ou creaches recursos educativos, f\u00e1inolo saber por correo electr\u00f3nico: outreach@iau.org.<\/p>\n<p><em>Traduci\u00f3n: Martin Pawley (Agrupaci\u00f3n \u00cdo). Podes consultar o bolet\u00edn en ingl\u00e9s <a href=\"https:\/\/us11.campaign-archive.com\/?e=[UNIQID]&amp;u=0ecb46e29196a0f367daf3dd6&amp;id=540fb2bf6c\">nesta ligaz\u00f3n<\/a>.<\/em><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Bolet\u00edn de Divulgaci\u00f3n Astron\u00f3mica da Uni\u00f3n Astron\u00f3mica Internacional (IAU) Febreiro 2018 #1 Neste bolet\u00edn: 0) Nota dos editores 1) O Bolet\u00edn #19 da Oficina IAU de Astronom\u00eda para o Desenvolvemento (IAU OAD) xa est\u00e1 dispo\u00f1\u00edbel en li\u00f1a 2) Cursos de astrobiolox\u00eda en li\u00f1a da IAU 3) Novas de Alxeria 4) A que se parece o asteroide Ryugu? 5) D\u00eda Internacional da Luz \u2013 Propostas de&#8230; <\/p>\n<p class=\"more\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/boletin-divulgacion-astronomica-da-iau-febreiro-2018-1\/\">Read More<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[51],"tags":[188],"class_list":["post-4389","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-noticias-gl","tag-boletin-iau"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4389","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=4389"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4389\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=4389"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=4389"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=4389"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}