{"id":4344,"date":"2018-01-16T14:13:27","date_gmt":"2018-01-16T12:13:27","guid":{"rendered":"http:\/\/agrupacionio.com\/?p=4344"},"modified":"2018-01-16T14:13:27","modified_gmt":"2018-01-16T12:13:27","slug":"boletin-divulgacion-astronomica-da-iau-xaneiro-2018-1","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/boletin-divulgacion-astronomica-da-iau-xaneiro-2018-1\/","title":{"rendered":"Bolet\u00edn de divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica da IAU: Xaneiro 2018 #1"},"content":{"rendered":"<p><img fetchpriority=\"high\" decoding=\"async\" class=\"size-full wp-image-3863 aligncenter\" src=\"http:\/\/agrupacionio.com\/wp-content\/uploads\/2017\/05\/IAU-Bolet\u00edn-Blog.jpg\" alt=\"IAU Bolet\u00edn Blog\" width=\"600\" height=\"360\" srcset=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2017\/05\/IAU-Bolet\u00edn-Blog.jpg 600w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2017\/05\/IAU-Bolet\u00edn-Blog-300x180.jpg 300w\" sizes=\"(max-width: 600px) 100vw, 600px\" \/><\/p>\n<p><strong>Bolet\u00edn de Divulgaci\u00f3n Astron\u00f3mica da Uni\u00f3n Astron\u00f3mica Internacional (<a href=\"http:\/\/www.iau.org\/\">IAU<\/a>)<\/strong><\/p>\n<p><strong>Xaneiro 2018 #1<\/strong><\/p>\n<p align=\"left\">Neste bolet\u00edn:<\/p>\n<p align=\"left\">0) Nota dos editores<br \/>\n1) Mans nas estrelas (Hands in the Stars): primeira listaxe internacional comparativa de conceptos astron\u00f3micos en linguaxe de signos<br \/>\n2) A IAU aproba 86 novos nomes de estrelas achegados desde todo o mundo<br \/>\n3) Asemblea Xeral da IAU, encontros e simposios en 2018<br \/>\n4) IAU OAD Divulgaci\u00f3n Astron\u00f3mica para o Desenvolvemento: desenvolvemento de contidos para planetarios<br \/>\n5) Tempada 10 de 365 D\u00edas de Astronom\u00eda: O ano da astronom\u00eda do d\u00eda a d\u00eda<br \/>\n6) GalileoMobile volve a Chile<br \/>\n7) Serie animada ALMA<br \/>\n8) Sistemas solares a escala arredor do mundo<br \/>\n9) Encontros e actividades globais de 2018<br \/>\n10) Bolet\u00edn de divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica da IAU noutras linguas<br \/>\n11) Contribuci\u00f3ns ao bolet\u00edn de divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica da IAU \u2013 desexamos noticias vosas en 2018!<\/p>\n<p align=\"left\"><strong>0) Nota dos editores<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Como dixemos no n\u00famero anterior, temos un emocionante ano por diante de n\u00f3s! Queremos lanzar un chamamento en favor das colaboraci\u00f3ns na nosa Rede de Traduci\u00f3n Astron\u00f3mica: colaborade con n\u00f3s traducindo textos sobre actividades que pagan a pena ao teu idioma. En 2018, propo\u00f1ede \u00e1s vosas comunidades empezar a pensar no centenario da IAU do ano que v\u00e9n (IAU100) e os dez anos que pasaron desde o Ano Internacional da Astronom\u00eda 2009 (IYA2009). Os preparativos comezan agora!<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Neste primeiro n\u00famero de 2018, queremos destacar alg\u00fans dos \u00faltimos proxectos IAU de 2017: \u201cMans nas estrelas\u201d e a nova aprobaci\u00f3n de nomes de estrelas. Devecemos polos encontros IAU que ter\u00e1n lugar en 2018 por todo o planeta, en especial a Asemblea Xeral que se celebrar\u00e1 en Austria o vindeiro agosto. Moitos destes encontros te\u00f1en unha forte compo\u00f1ente de educaci\u00f3n e divulgaci\u00f3n, as\u00ed que prestade atenci\u00f3n \u00e1s actividades relacionadas coa IAU que sucedan perto de v\u00f3s!<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Para rematar, este ano a nosa oficina continuar\u00e1 acheg\u00e1ndovos as \u00faltimas noticias da comunidade. Comezamos 2018 dando conta dos proxectos 365 D\u00edas de Astronom\u00eda, GalileoMobile e as series de animaci\u00f3n de ALMA.<\/p>\n<p align=\"left\">Feliz lectura e ceos despexados!<\/p>\n<p align=\"left\">O equipo da Oficina para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda da IAU<\/p>\n<p align=\"left\"><strong>1) Mans nas estrelas (Hands in the Stars): primeira listaxe internacional comparativa de conceptos astron\u00f3micos en linguaxe de signos<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">A primeira listaxe internacional comparativa de conceptos astron\u00f3micos en linguaxe de signos xa est\u00e1 dispo\u00f1\u00edbel. Como parte desta proposta, o Dicionario Enciclop\u00e9dico de Astronom\u00eda para Linguaxe de Signos foi traducido ao ingl\u00e9s e espa\u00f1ol e xa est\u00e1 dispo\u00f1\u00edbel en li\u00f1a. \u00c9 o resultado dun proxecto de longa duraci\u00f3n desenvolvido pola Comisi\u00f3n IAU C1 de Educaci\u00f3n e Desenvolvemento en Astronom\u00eda e o seu grupo de traballo <a href=\"http:\/\/sion.frm.utn.edu.ar\/iau-inclusion\/\">WG3 Astronom\u00eda para a Igualdade e a Inclusi\u00f3n<\/a>. A nova listaxe incl\u00fae as 47 palabras m\u00e1is comunmente empregadas en educaci\u00f3n.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Podes atopar toda a informaci\u00f3n na nota de prensa da IAU: <a href=\"https:\/\/www.iau.org\/news\/pressreleases\/detail\/iau1706\/\">https:\/\/www.iau.org\/news\/pressreleases\/detail\/iau1706\/<\/a><\/p>\n<p align=\"left\"><strong>2) A IAU aproba 86 novos nomes de estrelas achegados desde todo o mundo<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Tradicionalmente, a maior\u00eda dos nomes de estrelas empregados polos astr\u00f3nomos ve\u00f1en do \u00e1rabe, grego ou lat\u00edn. Agora, a <a href=\"http:\/\/www.pas.rochester.edu\/~emamajek\/WGSN\/\">Divisi\u00f3n C Grupo de Traballo de Nomes de Estrelas<\/a> (WGSN) da Uni\u00f3n Astron\u00f3mica Internacional aprobou oficialmente 86 novos nomes de estrelas que ve\u00f1en doutras culturas, nomeadamente as aborixes australianas, chinesa, copta, india, maia, polinesia e sudafricana. O WGSN aprobou formalmente estes 86 nomes, que agora forman parte do cat\u00e1logo de nomes de estrelas da IAU. O cat\u00e1logo cont\u00e9n agora os nomes de 313 estrelas.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Podes atopar toda a informaci\u00f3n na nota de prensa da IAU:<br \/>\n<a href=\"https:\/\/www.iau.org\/news\/pressreleases\/detail\/iau1707\/\">https:\/\/www.iau.org\/news\/pressreleases\/detail\/iau1707\/<\/a><\/p>\n<p align=\"left\"><strong>3) Asemblea Xeral da IAU, encontros e simposios en 2018<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">O programa de encontros cient\u00edficos da IAU \u00e9 un dos medios m\u00e1is importantes a trav\u00e9s do cal a Uni\u00f3n persegue o seu obxectivo de promover a ciencia da astronom\u00eda coa colaboraci\u00f3n internacional. Con programas completos para a comunidade local, as Asembleas Xerais da IAU, Encontros e Simposios intentan maximizar o impacto na comunidade que d\u00e1 a benvida \u00e1s xuntanzas, e promove intercambios valiosos entre astr\u00f3nomos e astr\u00f3nomas, educadores informais e profesionais da divulgaci\u00f3n sobre como levar diferentes \u00e1reas da astronom\u00eda ao p\u00fablico xeral. En 2018 a Asemblea Xeral ocorrer\u00e1 en Viena, Austria, do <a href=\"http:\/\/astronomy2018.univie.ac.at\/\">20 ao 31 de agosto<\/a>.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Podes atopar todos os Encontros e Simposios IAU para 2018 aqu\u00ed: <a href=\"https:\/\/www.iau.org\/science\/meetings\/future\/\">https:\/\/www.iau.org\/science\/meetings\/future\/<\/a><\/p>\n<p align=\"left\"><strong>4) IAU OAD Divulgaci\u00f3n Astron\u00f3mica para o Desenvolvemento: desenvolvemento de contidos para planetarios<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Os planetarios xogan un rol principal na divulgaci\u00f3n da ciencia e a astronom\u00eda. Mais os contidos para planetarios prod\u00facense tipicamente en pa\u00edses desenvolvidos. As\u00ed o Planetario Naval Hill de Sud\u00e1frica est\u00e1 creando novo contido que \u00e9 culturalmente relevante e fala das necesidades da poboaci\u00f3n local mais tam\u00e9n pon o foco nos proxectos astron\u00f3micos sudafricanos de estatura internacional. Ademais, o proxecto est\u00e1 desenvolvendo a capacidade de producir o seu propio contido, facendo que o planetario non sexa dependente do pagamento de caras licencias de uso. En 2017, o equipo do proxecto realizou m\u00faltiples sesi\u00f3ns de adestramento e transferencia de habilidades. O pr\u00f3ximo paso \u00e9 a traduci\u00f3n de contido a linguas locais coma o sesotho e posibelmente xhosa.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Podedes seguir a actualidade do proxecto aqu\u00ed: <a href=\"http:\/\/bit.ly\/2E0kUHP\">http:\/\/bit.ly\/2E0kUHP<\/a><\/p>\n<p align=\"left\"><strong>5) Tempada 10 de 365 D\u00edas de Astronom\u00eda: O ano da astronom\u00eda do d\u00eda a d\u00eda<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Chegou a d\u00e9cima tempada do premiado podcast 365 Days of Astronomy (365 D\u00edas de Astronom\u00eda). O equipo afrontar\u00e1 2018 cun novo tema: a contribuci\u00f3n dos e das astr\u00f3nomos afeccionados e a importancia da ciencia cidad\u00e1 co \u201cAno da astronom\u00eda do d\u00eda a d\u00eda\u201d. 365 D\u00edas de Astronom\u00eda busca activamente contidos sobre historia da astronom\u00eda, \u00faltimas novas, pistas de observaci\u00f3n e como o co\u00f1ecemento fundamental na astronom\u00eda cambiou os nosos paradigmas do mundo, e acepta contido de son de calquera lugar entre 5 e 60 minutos de duraci\u00f3n. O podcast 365 D\u00edas de Astronom\u00eda \u00e9 unha produci\u00f3n da Astronomical Society of the Pacific e incl\u00fae contido creado por voluntarios de todo o planeta.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">M\u00e1is sobre o comunicado: <a href=\"http:\/\/bit.ly\/2CJoMA0\">http:\/\/bit.ly\/2CJoMA0<\/a><\/p>\n<p align=\"left\"><strong>6) GalileoMobile volve a Chile<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">O 10 de novembro de 2017 tres membros de <a href=\"https:\/\/galileomobile.wordpress.com\/2017\/11\/09\/galileomobile-goes-back-to-chile\/\">GalileoMobile viaxaron ao norte de Chile<\/a> durante unha semana de actividades de divulgaci\u00f3n de astronom\u00eda na rexi\u00f3n de Coquimbo, arredor de La Serena. La Serena \u00e9 unha cidade costeira nas marxes do deserto de Atacama e adoita ser o primeiro lugar ao que chegan os e as astr\u00f3nomos cando se dirixen aos cercanos observatorios Gemini, Las Campanas, Tololo e La Silla. En colaboraci\u00f3n co proxecto de divulgaci\u00f3n local Astroclub, GalileoMobile visitou varias vilas e organizou actividades en escolas rurais as\u00ed como festas de estrelas para a comunidade.<\/p>\n<p style=\"text-align: left\" align=\"left\">Descubre m\u00e1is do proxecto GalileoMobile e as s\u00faas actividades aqu\u00ed: <a href=\"https:\/\/galileomobile.wordpress.com\/\">https:\/\/galileomobile.wordpress.com\/<\/a><\/p>\n<p align=\"left\"><strong>7) Serie animada ALMA<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">O observatorio astron\u00f3mico ALMA lanzou unha nova serie de curtas de animaci\u00f3n para explicar as raz\u00f3ns polas cales os e as astr\u00f3nomas queren empregar ALMA #WAWUA. Esta serie consta de cinco episodios, de dous minutos de duraci\u00f3n, lanzados semanalmente no sitio web de ALMA. Estes v\u00eddeos proporcionan unha explicaci\u00f3n simple e pr\u00e1ctica da ciencia e a tecnolox\u00eda detr\u00e1s de ALMA. Con debuxos orixinais cheos de cor, estes v\u00eddeos curtos entran en conceptos aparentemente dif\u00edciles como a interferometr\u00eda, a astroqu\u00edmica, o espectro electromagn\u00e9tico, o Universo fr\u00edo, o p\u00f3 estelar, as mol\u00e9culas complexas e as lonxitudes de onda.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Podes saber m\u00e1is sobre esta serie aqu\u00ed: <a href=\"http:\/\/bit.ly\/2Cwbg3l\">http:\/\/bit.ly\/2Cwbg3l<\/a><\/p>\n<p align=\"left\"><strong>8) Sistemas solares a escala arredor do mundo<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Os sistemas solares a escala son moi populares en todo o mundo como un recurso para interactuar co p\u00fablico dun xeito divertido e non convencional. Inspirados por un proxecto nacional portugu\u00e9s inclu\u00eddo no noso bolet\u00edn durante 2017, os nosos lectores achegaron outros exemplos. O <a href=\"https:\/\/www.nao.ac.jp\/en\/access\/mitaka\/facilities\/solar-system-walking.html\">Paseo do Sistema Solar Mitaka<\/a> en Xap\u00f3n \u00e9 un bo exemplo da produtiva colaboraci\u00f3n entre o Observatorio Astron\u00f3mico Nacional de Xap\u00f3n e a comunidade local. O Centro Carl Sagan ten o (permanente) <a href=\"http:\/\/www.sciencenter.org\/sagan-walk.html\">Paseo Sagan dos Planetas<\/a> na costa leste continental dos Estados Unidos, que chega a Hawai&#8217;i coa <a href=\"http:\/\/news.cornell.edu\/stories\/2012\/09\/sagan-planet-walk-extends-all-way-hawaii\">estaci\u00f3n Alpha Centauri<\/a> no Centro Astron\u00f3mico &#8216;Imiloa de Hawai&#8217;i (perto da base de Subaru). En Hawai&#8217;i hai un paseo do sistema solar en outono en Waimea (na parte norte das illas Hawai&#8217;i). Convid\u00e1mosvos a que compartades con n\u00f3s outros Sistemas Solares a escala nos vosos territorios v\u00eda outreach@iau.org.<\/p>\n<p align=\"left\"><strong>9) Encontros e actividades globais de 2018<\/strong><br \/>\nPodes atopar aqu\u00ed unha listaxe de eventos e conferencias de divulgaci\u00f3n e educaci\u00f3n astron\u00f3mica en todo o mundo. Planifica un ano cheo de acontecementos interesantes!<\/p>\n<p>a) Conferencia Internacional \u201cNovas Perspectivas en Educaci\u00f3n Cient\u00edfica\u201d<br \/>\n<em>Datas:<\/em> 22 e 23 de marzo de 2018<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Florencia, Italia<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"https:\/\/conference.pixel-online.net\/NPSE\/\">https:\/\/conference.pixel-online.net\/NPSE\/<\/a><\/p>\n<p>b) Comunicar Astronom\u00eda co P\u00fablico \u2013 CAP2018<br \/>\n<em>Data:<\/em> do 24 ao 28 de marzo de 2018<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Fukuoka, Xap\u00f3n<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"http:\/\/www.communicatingastronomy.org\/cap2018\/\">http:\/\/www.communicatingastronomy.org\/cap2018\/<\/a><\/p>\n<p>c) Semana Europea da Astronom\u00eda e Ciencias do Espazo (EWASS)<br \/>\n<em>Datas:<\/em> do 3 ao 8 de abril de 2018<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Liverpool, UK<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"http:\/\/eas.unige.ch\/EWASS2018\/\">http:\/\/eas.unige.ch\/EWASS2018\/<\/a><\/p>\n<p>d) 15\u00ba Conferencia Internacional de Comunicaci\u00f3n P\u00fablica da Ciencia e Tecnolox\u00eda (PCST2018)<br \/>\n<em>Data<\/em>: do 4 ao 6 de abril de 2018<br \/>\n<em>Lugar<\/em>:\u00a0Dunedin, Nova Zelandia<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"http:\/\/www.pcst2018.org\/pcst18\">http:\/\/www.pcst2018.org\/pcst18<\/a><\/p>\n<p>e) 11\u00ba Encontro Internacional de Astronom\u00eda e Astron\u00e1utica<br \/>\n<em>Datas:<\/em> do 12 ao 14 de abril de 2018<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Campos de Goytacazes, Brasil<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"http:\/\/bit.ly\/2xP8uik\">http:\/\/bit.ly\/2xP8uik<\/a><\/p>\n<p>f) Sociedade Planetaria Internacional 2018<br \/>\n<em>Data:<\/em> do 1 ao 6 de xullo de 2018<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Toulouse, Francia<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"http:\/\/www.ips-planetarium.org\/page\/IPS2018Toulouse\">http:\/\/www.ips-planetarium.org\/page\/IPS2018Toulouse<\/a><\/p>\n<p>g) ESOF (EuroScience Open Forum) 2018<br \/>\n<em>Datas:<\/em> do 9 ao 14 de xullo de 2018<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Toulouse, France<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"https:\/\/www.esof.eu\/en\/\">https:\/\/www.esof.eu\/en\/<\/a><\/p>\n<p>h) Conferencia Robotic Telescopes, Student Research and Education (RTSRE)\u00a0 &amp; Cimeira InterNational Astronomy Teaching<br \/>\n<em>Datas:<\/em> do 22 ao 27 de xullo de 2018<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Hilo, Hawai\u2019i, EEUU<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"http:\/\/rtsre.org\">rtsre.org<\/a><\/p>\n<p>Esquecemos algo? Ent\u00f3n comparte os teus encontros sobre educaci\u00f3n e divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica con n\u00f3s v\u00eda outreach@iau.org.<\/p>\n<p><strong>10) Bolet\u00edn de divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica da IAU noutras linguas<\/strong><\/p>\n<p>-Traduci\u00f3n ao <strong>serbio<\/strong>, elaborada pola doutora Liliana Gracanin de Serbia: <a href=\"https:\/\/twitter.com\/IAU_srpski\">https:\/\/twitter.com\/IAU_srpski<\/a>;<\/p>\n<p>-Traduci\u00f3ns ao <strong>espa\u00f1ol<\/strong>, elaboradas por:<\/p>\n<p>Sof\u00eda Meneses-Goytia, doutora, investigadora asociada postdoutoral, Instituto de Cosmolox\u00eda e Gravitaci\u00f3n, Universidade de Portsmouth: <a href=\"http:\/\/bit.ly\/2rIqVGe\">http:\/\/bit.ly\/2rIqVGe<\/a>;<\/p>\n<p>Basilio Sol\u00eds-Castillo, estudante de doutorado, Instituto Max Planck de Radioastronom\u00eda, Universidade de Bonn: <a href=\"http:\/\/astronomia-para-todos.blogspot.de\">http:\/\/astronomia-para-todos.blogspot.de;<\/a><\/p>\n<p>ASAFILE, Asociaci\u00f3n de Astr\u00f3nomos Aficionados de Le\u00f3n, Nicaragua: <a href=\"http:\/\/asafile.blogspot.jp\/p\/blog-page_12.html\">http:\/\/asafile.blogspot.jp\/p\/blog-page_12.html<\/a>;<\/p>\n<p>-Traduci\u00f3ns ao <strong>xapon\u00e9s<\/strong> a cargo de Akihiko Tomita e Mikako Kuwamura a trav\u00e9s da Rede de Traduci\u00f3n Astron\u00f3mica: <a href=\"http:\/\/bit.ly\/2xlNyCR\">http:\/\/bit.ly\/2xlNyCR<\/a>. Se queres recibir a traduci\u00f3n ao xapon\u00e9s do bolet\u00edn, subscr\u00edbete \u00e1 Asociaci\u00f3n Xaponesa de Astr\u00f3nomos Afeccionados, <a href=\"http:\/\/www.jaaa-astro.jp\/jaaa-ml.html\">http:\/\/www.jaaa-astro.jp\/jaaa-ml.html<\/a>, ou \u00e1 Sociedade Xaponesa pola Educaci\u00f3n e Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda, <a href=\"http:\/\/www.tenkyo.net\/\">http:\/\/www.tenkyo.net\/<\/a>;<\/p>\n<p>-Traduci\u00f3ns ao <strong>galego<\/strong>, pola Agrupaci\u00f3n Astron\u00f3mica Coru\u00f1esa \u00cdo, en Espa\u00f1a, aqu\u00ed: <a href=\"http:\/\/agrupacionio.com\/gl\/tag\/boletin-iau\">http:\/\/agrupacionio.com\/gl\/tag\/boletin-iau<\/a>;<\/p>\n<p>\u2013<em>Podes atopar n\u00fameros antigos deste bolet\u00edn en espa\u00f1ol traducidos pola Sociedad Espa\u00f1ola de Astronom\u00eda neste enderezo: <a href=\"http:\/\/www.sea-astronomia.es\/drupal\/content\/newsletter-iau-noc\">http:\/\/www.sea-astronomia.es\/drupal\/content\/newsletter-iau-noc<\/a>;<\/em><\/p>\n<p>Se est\u00e1s interesado en traducir o noso bolet\u00edn ao teu idioma, por favor contacta con n\u00f3s v\u00eda outreach@iau.org.<\/p>\n<p><strong>11) Contribuci\u00f3ns ao bolet\u00edn de divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica da IAU \u2013 desexamos noticias vosas en 2018!<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">Na Oficina de Divulgaci\u00f3n Astron\u00f3mica da IAU sempre estamos buscando noticias sobre educaci\u00f3n e divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica en todo o mundo. Por favor, continuade compartindo as vosas historias con n\u00f3s en 2018! Se est\u00e1s organizando actividades a gran escala a nivel rexional ou internacional, ofreces postos de traballo de educaci\u00f3n e comunicaci\u00f3n da astronom\u00eda, tes proxectos innovadores ou historias inspiradoras, buscas colaboraci\u00f3n ProAm en astronom\u00eda ou creaches recursos educativos, f\u00e1inolo saber por correo electr\u00f3nico: outreach@iau.org.<\/p>\n<p><em>Traduci\u00f3n: Martin Pawley (Agrupaci\u00f3n \u00cdo). Podes consultar o bolet\u00edn en ingl\u00e9s <a href=\"https:\/\/us11.campaign-archive.com\/?e=[UNIQID]&amp;u=0ecb46e29196a0f367daf3dd6&amp;id=540fb2bf6c\">nesta ligaz\u00f3n<\/a>.<\/em><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Bolet\u00edn de Divulgaci\u00f3n Astron\u00f3mica da Uni\u00f3n Astron\u00f3mica Internacional (IAU) Xaneiro 2018 #1 Neste bolet\u00edn: 0) Nota dos editores 1) Mans nas estrelas (Hands in the Stars): primeira listaxe internacional comparativa de conceptos astron\u00f3micos en linguaxe de signos 2) A IAU aproba 86 novos nomes de estrelas achegados desde todo o mundo 3) Asemblea Xeral da IAU, encontros e simposios en 2018 4) IAU OAD Divulgaci\u00f3n&#8230; <\/p>\n<p class=\"more\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/boletin-divulgacion-astronomica-da-iau-xaneiro-2018-1\/\">Read More<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[51],"tags":[188],"class_list":["post-4344","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-noticias-gl","tag-boletin-iau"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4344","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=4344"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4344\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=4344"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=4344"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=4344"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}