{"id":4304,"date":"2017-12-21T02:21:59","date_gmt":"2017-12-21T00:21:59","guid":{"rendered":"http:\/\/agrupacionio.com\/?p=4304"},"modified":"2017-12-21T02:21:59","modified_gmt":"2017-12-21T00:21:59","slug":"boletin-divulgacion-astronomica-da-iau-decembro-2017-2","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/boletin-divulgacion-astronomica-da-iau-decembro-2017-2\/","title":{"rendered":"Bolet\u00edn de divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica da IAU: Decembro 2017 #2"},"content":{"rendered":"<p><img fetchpriority=\"high\" decoding=\"async\" class=\"size-full wp-image-3863 aligncenter\" src=\"http:\/\/agrupacionio.com\/wp-content\/uploads\/2017\/05\/IAU-Bolet\u00edn-Blog.jpg\" alt=\"IAU Bolet\u00edn Blog\" width=\"600\" height=\"360\" srcset=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2017\/05\/IAU-Bolet\u00edn-Blog.jpg 600w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2017\/05\/IAU-Bolet\u00edn-Blog-300x180.jpg 300w\" sizes=\"(max-width: 600px) 100vw, 600px\" \/><\/p>\n<p><strong>Bolet\u00edn de Divulgaci\u00f3n Astron\u00f3mica da Uni\u00f3n Astron\u00f3mica Internacional (<a href=\"http:\/\/www.iau.org\/\">IAU<\/a>)<\/strong><\/p>\n<p><strong>Decembro 2017 #2<\/strong><\/p>\n<p align=\"left\">Neste bolet\u00edn:<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">0) Nota dos editores<br \/>\n1) IAU100: Unindo o mundo na exploraci\u00f3n do universo<br \/>\n2) Revista \u201cCommunicating Astronomy with the Public\u201d (CAP)<br \/>\n3) Conferencia \u201cComunicar Astronom\u00eda co P\u00fablico\u201d &#8211; CAP2018 Xap\u00f3n<br \/>\n4) Proxectos para 2018 da Oficina IAU de Astronom\u00eda para o Desenvolvemento (OAD)<br \/>\n5) Rede de Traduci\u00f3n Astron\u00f3mica<br \/>\n6) Contactos de Divulgaci\u00f3n Nacional (NOCs) \u2013 a rede global de divulgaci\u00f3n IAU<br \/>\n7) astroEDU \u2013 Actividades de educaci\u00f3n astron\u00f3mica con revisi\u00f3n por pares<br \/>\n8) Estrelas inspiradoras \u2013 Exposici\u00f3n mundial inclusiva da IAU<br \/>\n9) Encontros e actividades globais de 2018<br \/>\n10) Un agradecemento especial para as persoas que traducen o noso bolet\u00edn \u2013 Bolet\u00edn de divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica da IAU noutras linguas<br \/>\n11) Contribuci\u00f3ns ao bolet\u00edn de divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica da IAU \u2013 desexamos noticias vosas en 2018!<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\"><strong>0) Nota dos editores<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Un ano emocionante por diante! Ao irmos chegando ao final de 2017, queremos resumir todos os proxectos nos que a nosa oficina colabora. D\u00e1moslle as grazas ao fant\u00e1stico equipo do Observatorio Europeo do Sur por producir a revista Communicating Astronomy with the Public (CAP) durante tantos anos. E agora, queremos darvos a co\u00f1ecer que a primeira edici\u00f3n de 2018 da revista estar\u00e1 feita \u201caqu\u00ed na casa\u201d, con Sze-leung Cheung, o noso Coordinador Internacional de Astronom\u00eda, como redactor xefe.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Neste n\u00famero, destacamos a planificaci\u00f3n, moi anticipada, do centenario da IAU; a conferencia 2018 \u201cComunicar Astronom\u00eda co P\u00fablico\u201d, que se celebra no Xap\u00f3n, e a nova exposici\u00f3n inclusiva da IAU \u201cEstrelas inspiradoras\u201d.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Queremos expresarvos canto nos divirte levarvos as noticias, proxectos e recursos de astronom\u00eda e divulgaci\u00f3n de todo o mundo. Foron 24 bolet\u00edns con m\u00e1is de 240 apuntamentos, que chegan a unha comunidade de 5000 subscritores d\u00faas veces ao mes. Non poder\u00edamos crear este bolet\u00edn sen a vosa colaboraci\u00f3n: estamos sempre buscando o mellor das actividades de divulgaci\u00f3n e educaci\u00f3n astron\u00f3micas e estamos moi agradecidos polo voso asombroso esforzo ao compartilas co noso equipo e os vosos pares de todo o mundo a trav\u00e9s deste bolet\u00edn. Estendemos a todas e todos v\u00f3s o noso m\u00e1is caloroso agradecemento.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">E coma sempre, non podemos rematar sen mencionar todo o traballo voluntario que fai este bolet\u00edn pos\u00edbel: as persoas que fan a traduci\u00f3n e os nosos Contactos de Divulgaci\u00f3n Nacional (NOCs).<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">O noso equipo aqu\u00ed no Xap\u00f3n desexa seguir tendo noticias vosas en 2018 e apoiarvos da mellor maneira que poidamos.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Ceos despexados en 2018!<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">O equipo da Oficina para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda da IAU<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\"><strong>1) IAU100: Unindo o mundo na exploraci\u00f3n do universo<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">En 2019 a Uni\u00f3n Astron\u00f3mica Internacional celebrar\u00e1 o seu centenario (IAU100). Para conmemorar esta efem\u00e9ride, a IAU organizar\u00e1 un ano de celebraci\u00f3ns para visibilizar un s\u00e9culo de descubrimentos astron\u00f3micos as\u00ed como apoiar e mellorar o uso da astronom\u00eda como ferramenta para a educaci\u00f3n, o desenvolvemento e a diplomacia baixo o lema \u201cUnindo o mundo na exploraci\u00f3n do universo\u201d. As celebraci\u00f3ns estimular\u00e1n o interese mundial na astronom\u00eda e a ciencia e chegar\u00e1n \u00e1 comunidade astron\u00f3mica global, organizaci\u00f3ns e sociedades cient\u00edficas nacionais, respons\u00e1beis pol\u00edticos, estudantes e familias e p\u00fablico en xeral.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Para calquera consulta, contactade con Jorge Rivero Gonz\u00e1lez, coordinador do IAU100, no correo electr\u00f3nico: rivero[at]strw.leidenuniv.nl.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\"><strong>2) Revista \u201cCommunicating Astronomy with the Public\u201d (CAP)<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">A revista CAP \u00e9 unha publicaci\u00f3n gratu\u00edta con revisi\u00f3n por pares sobre comunicaci\u00f3n da astronom\u00eda, dispo\u00f1\u00edbel en li\u00f1a e en formato impreso. A comunicaci\u00f3n p\u00fablica da astronom\u00eda achega unha ligaz\u00f3n importante entre a comunidade cient\u00edfica e a sociedade, outorga visibilidade a historias de \u00e9xito cient\u00edfico e apoia tanto a educaci\u00f3n formal como a informal. O principal obxectivo dos e das astr\u00f3nomas \u00e9 ampliar o noso co\u00f1ecemento do universo, mais \u00e9 igualmente primordial a difusi\u00f3n desta nova informaci\u00f3n a unha audiencia que vaia m\u00e1is al\u00e1 da comunidade cient\u00edfica. A trav\u00e9s desta revista o noso equipo pretende cumprir a tarefa da comunicaci\u00f3n p\u00fablica da astronom\u00eda, de levar a astronom\u00eda \u00e1 sociedade.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Comparte o teu traballo, ampl\u00eda o teu alcance e incrementa a t\u00faa visibilidade. Fai as t\u00faas propostas <a href=\"https:\/\/www.capjournal.org\/submission.php\">aqu\u00ed<\/a>!<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\"><strong>3) Conferencia \u201cComunicar Astronom\u00eda co P\u00fablico\u201d &#8211; CAP2018 Xap\u00f3n<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Do 24 ao 28 de marzo de 2018 Xap\u00f3n acoller\u00e1 a maior conferencia mundial sobre comunicaci\u00f3n astron\u00f3mica: <em>Communicating Astronomy with the Public<\/em> (Comunicar Astronom\u00eda co P\u00fablico), CAP2018. Profesionais da comunicaci\u00f3n cient\u00edfica, da educaci\u00f3n non formal, dos centros de ciencia e planetarios, as\u00ed como astr\u00f3nomos e astr\u00f3nomas tanto profesionais como amadores, xornalistas e creadores reuniranse en Fukuoka para asistir ao evento no novo Museo da Ciencia da Cidade de Fukuoka, onde poder\u00e1n intercambiar ideas e boas pr\u00e1cticas.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">A\u00ednda podes <a href=\"https:\/\/www.communicatingastronomy.org\/cap2018\/\">unirte<\/a> \u00e1s case 300 persoas confirmadas que xa se rexistraron.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\"><strong>4) Proxectos para 2018 da Oficina IAU de Astronom\u00eda para o Desenvolvemento (OAD)<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">En 2017 a OAD financiou un total de 20 proxectos (9 para universidades, 6 para escolas e 5 para o p\u00fablico xeral). Alg\u00fans destes proxectos aplicaron ideas e actividades de divulgaci\u00f3n ao contexto da Astronom\u00eda para o Desenvolvemento. Houbo un proxecto de produci\u00f3n de contidos relevantes para programas de planetario, outro que creou un simulador de c\u00f3digo aberto para educar a xente nos efectos da poluci\u00f3n luminosa, outro m\u00e1is que puxo en marcha unha oficina de prensa astron\u00f3mica que coordina as notas aos medios a nivel nacional e salienta a investigaci\u00f3n local etc. Son alg\u00fans exemplos de proxectos innovadores que aplican soluci\u00f3ns sost\u00edbeis a desaf\u00edos locais. Prestade atenci\u00f3n \u00e1 pr\u00f3xima apertura do prazo de propostas en abril\/maio de 2018.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Para obter unha lista de todos os proxectos dirixidos ao p\u00fablico en xeral, visitade: <a href=\"http:\/\/www.astro4dev.org\/funded-projects-tf3-public\/\">http:\/\/www.astro4dev.org\/funded-projects-tf3-public\/<\/a>.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\"><strong>5) Rede de Traduci\u00f3n Astron\u00f3mica<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Hai moitos recursos valiosos sobre astronom\u00eda para educaci\u00f3n e divulgaci\u00f3n p\u00fablica, mais na maior\u00eda das ocasi\u00f3ns est\u00e1n s\u00f3 dispo\u00f1\u00edbeis nunha soa lingua, case sempre o ingl\u00e9s. O proxecto \u201cRede de Traduci\u00f3n Astron\u00f3mica\u201d busca ter materiais astron\u00f3micos dispo\u00f1\u00edbeis en m\u00e1is idiomas. O proxecto est\u00e1 creando unha rede de traballo que centralizar\u00e1 os mellores recursos e as necesidades de traduci\u00f3n, e por\u00e1 as necesidades de traduci\u00f3n en mans do equipo de voluntarios. Agradecemos a vosa contribuci\u00f3n \u00e1 traduci\u00f3n de actividades na coordinaci\u00f3n para un idioma, traduci\u00f3n, consultor\u00eda ou revisi\u00f3n cient\u00edfica. Ao traducir, axudar\u00e1s a promover a educaci\u00f3n e divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica en todo o mundo, mellorar\u00e1s as t\u00faas habilidades ling\u00fc\u00edsticas, co\u00f1ecementos e acceder\u00e1s a empresas a trav\u00e9s do voluntariado. Ademais, estamos pensando en crear un sistema de certificaci\u00f3n para o voluntariado que ofreza certificaci\u00f3ns en reco\u00f1ecemento ao voso traballo.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Se tes interese no proxecto, por favor contacta con n\u00f3s en <a href=\"https:\/\/sites.google.com\/oao.iau.org\/translation\">https:\/\/sites.google.com\/oao.iau.org\/translation<\/a><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\"><strong>6) Contactos de Divulgaci\u00f3n Nacional (NOCs) \u2013 a rede global de divulgaci\u00f3n IAU<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Para apoiar os proxectos a nivel nacional, a Oficina IAU de Divulgaci\u00f3n Astron\u00f3mica (IAU OAO) creou unha rede de Contactos de Divulgaci\u00f3n Nacional (NOCs), persoal voluntario con ampla experiencia na divulgaci\u00f3n p\u00fablica que act\u00faa como nodo de contacto en varios pa\u00edses. En 2017, o n\u00famero de NOCs da rede aumentou at\u00e9 78. Para as actividades do IAU100 de 2019 os NOCs da IAU exercer\u00e1n a coordinaci\u00f3n principal. Ao longo de 2018 expandiremos a rede e prepararemos as diferentes acci\u00f3ns da celebraci\u00f3n do centenario da IAU, adaptadas a cada pa\u00eds.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Podes propo\u00f1erte para ser un Contacto de Divulgaci\u00f3n Nacional (NOC) aqu\u00ed: <a href=\"https:\/\/www.iau.org\/public\/noc\/\">https:\/\/www.iau.org\/public\/noc\/<\/a><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\"><strong>7) astroEDU \u2013 Actividades de educaci\u00f3n astron\u00f3mica con revisi\u00f3n por pares<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Un proxecto apoiado oficialmente pola IAU \u00e9 astroEDU, unha plataforma aberta para as actividades de educaci\u00f3n cient\u00edfica con revisi\u00f3n por pares. Aqu\u00ed os educadores poden descubrir, revisar, distribu\u00edr, mellorar e mesturar contidos educativos, todos con licencia <a href=\"https:\/\/creativecommons.org\/licenses\/by\/3.0\/\">Creative Commons Attribution 3.0 Unported<\/a>. AstroEDU fai acces\u00edbeis as mellores actividades cient\u00edficas, nomeadamente aquelas con foco na astronom\u00eda ou nas ciencias do espazo e da Terra, e ponas ao alcance de educadores e educadoras de todo o mundo ao proporcionarlles visibilidade a trav\u00e9s da distribuci\u00f3n mundial mediante parceiros co selo oficial da IAU. Animamos a toda a xente implicada na educaci\u00f3n formal ou non formal a que descubran m\u00e1is de astroEDU <a href=\"http:\/\/astroedu.iau.org\/\">aqu\u00ed<\/a>, e que compartan as s\u00faas actividades educativas <a href=\"http:\/\/astroedu.iau.org\/submission\/\">neste sitio<\/a>. En 2017, a IAU lanzou a <a href=\"https:\/\/www.iau.org\/news\/announcements\/detail\/ann17035\/\">versi\u00f3n italiana<\/a> da plataforma, que podes visitar neste enderezo: <a href=\"http:\/\/astroedu.iau.org\/it\/\">http:\/\/astroedu.iau.org\/it\/<\/a><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\"><strong>8) Estrelas inspiradoras \u2013 Exposici\u00f3n mundial inclusiva da IAU<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">\u201cInspiring Stars\u201d (Estrelas inspiradoras) ser\u00e1 unha exposici\u00f3n internacional itinerante promovida pola Uni\u00f3n Astron\u00f3mica Internacional (IAU) para difundir as actividades inclusivas de divulgaci\u00f3n e investigaci\u00f3n astron\u00f3mica que se fan en todo o mundo. Esta exposici\u00f3n, ao presentar ferramentas de investigaci\u00f3n asistidas e as mellores pr\u00e1cticas de divulgaci\u00f3n inclusiva, pretende ampliar os horizontes dos nenos e nenas, pais e nais, profesorado e profesionais da astronom\u00eda, para estender a idea de que todas as persoas poden converterse en cient\u00edficas (astr\u00f3nomas), inducindo o amor pola ciencia na mente da mocidade.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">A exposici\u00f3n estrearase durante a Asemblea Xeral da IAU 2018 en Viena, do 20 ao 31 de agosto, e ser\u00e1 mostrada en todo o mundo. Prestade atenci\u00f3n aos avances deste proxecto IAU que ningu\u00e9n debe perder en 2018!<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\"><strong>9) Encontros e actividades globais de 2018<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Ao acheg\u00e1rmonos ao final de 2017, aqu\u00ed tedes a listaxe das actividades e encontros de educaci\u00f3n e divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica m\u00e1is agardados do ano que v\u00e9n. Planifica un ano cheo de eventos interesantes! E se notas que esquecemos algo, por favor comparte esas xuntanzas e actividades con n\u00f3s a trav\u00e9s de outreach@iau.org.<\/p>\n<p>a) Conferencia Internacional \u201cNovas Perspectivas en Educaci\u00f3n Cient\u00edfica\u201d<br \/>\n<em>Datas:<\/em> 22 e 23 de marzo de 2018<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Florencia, Italia<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"https:\/\/conference.pixel-online.net\/NPSE\/\">https:\/\/conference.pixel-online.net\/NPSE\/<\/a><\/p>\n<p>b) Comunicar Astronom\u00eda co P\u00fablico \u2013 CAP2018<br \/>\n<em>Data:<\/em> do 24 ao 28 de marzo de 2018<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Fukuoka, Xap\u00f3n<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"http:\/\/www.communicatingastronomy.org\/cap2018\/\">http:\/\/www.communicatingastronomy.org\/cap2018\/<\/a><\/p>\n<p>c) Semana Europea da Astronom\u00eda e Ciencias do Espazo (EWASS)<br \/>\n<em>Datas:<\/em> do 3 ao 8 de abril de 2018<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Liverpool, UK<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"http:\/\/eas.unige.ch\/EWASS2018\/\">http:\/\/eas.unige.ch\/EWASS2018\/<\/a><\/p>\n<p>d) 15\u00ba Conferencia Internacional de Comunicaci\u00f3n P\u00fablica da Ciencia e Tecnolox\u00eda (PCST2018)<br \/>\n<em>Data<\/em>: do 4 ao 6 de abril de 2018<br \/>\n<em>Lugar<\/em>:\u00a0Dunedin, Nova Zelandia<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"http:\/\/www.pcst2018.org\/pcst18\">http:\/\/www.pcst2018.org\/pcst18<\/a><\/p>\n<p>e) 11\u00ba Encontro Internacional de Astronom\u00eda e Astron\u00e1utica<br \/>\n<em>Datas:<\/em> do 12 ao 14 de abril de 2018<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Campos de Goytacazes, Brasil<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"http:\/\/bit.ly\/2xP8uik\">http:\/\/bit.ly\/2xP8uik<\/a><\/p>\n<p>f) Sociedade Planetaria Internacional 2018<br \/>\n<em>Data:<\/em> do 1 ao 6 de xullo de 2018<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Toulouse, Francia<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"http:\/\/www.ips-planetarium.org\/page\/IPS2018Toulouse\">http:\/\/www.ips-planetarium.org\/page\/IPS2018Toulouse<\/a><\/p>\n<p>g) ESOF (EuroScience Open Forum) 2018<br \/>\n<em>Datas:<\/em> do 9 ao 14 de xullo de 2018<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Toulouse, France<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"https:\/\/www.esof.eu\/en\/\">https:\/\/www.esof.eu\/en\/<\/a><\/p>\n<p>h) Conferencia Robotic Telescopes, Student Research and Education (RTSRE)\u00a0 &amp; Cimeira InterNational Astronomy Teaching<br \/>\n<em>Datas:<\/em> do 22 ao 27 de xullo de 2018<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Hilo, Hawai\u2019i, EEUU<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"http:\/\/rtsre.org\">rtsre.org<\/a><\/p>\n<p>Esquecemos algo? Ent\u00f3n comparte os teus encontros sobre educaci\u00f3n e divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica con n\u00f3s v\u00eda outreach@iau.org.<\/p>\n<p><strong>10) Un agradecemento especial para as persoas que traducen o noso bolet\u00edn \u2013 Bolet\u00edn de divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica da IAU noutras linguas<\/strong><\/p>\n<p>-Traduci\u00f3n ao <strong>serbio<\/strong>, elaborada pola doutora Liliana Gracanin de Serbia: <a href=\"https:\/\/twitter.com\/IAU_srpski\">https:\/\/twitter.com\/IAU_srpski<\/a>;<\/p>\n<p>-Traduci\u00f3ns ao <strong>espa\u00f1ol<\/strong>, elaboradas por:<\/p>\n<p>Sof\u00eda Meneses-Goytia, doutora, investigadora asociada postdoutoral, Instituto de Cosmolox\u00eda e Gravitaci\u00f3n, Universidade de Portsmouth: <a href=\"http:\/\/bit.ly\/2rIqVGe\">http:\/\/bit.ly\/2rIqVGe<\/a>;<\/p>\n<p>Basilio Sol\u00eds-Castillo, estudante de doutorado, Instituto Max Planck de Radioastronom\u00eda, Universidade de Bonn: <a href=\"http:\/\/astronomia-para-todos.blogspot.de\">http:\/\/astronomia-para-todos.blogspot.de;<\/a><\/p>\n<p>ASAFILE, Asociaci\u00f3n de Astr\u00f3nomos Aficionados de Le\u00f3n, Nicaragua: <a href=\"http:\/\/asafile.blogspot.jp\/p\/blog-page_12.html\">http:\/\/asafile.blogspot.jp\/p\/blog-page_12.html<\/a>;<\/p>\n<p>-Traduci\u00f3ns ao <strong>xapon\u00e9s<\/strong> a cargo de Akihiko Tomita e Mikako Kuwamura a trav\u00e9s da Rede de Traduci\u00f3n Astron\u00f3mica: <a href=\"http:\/\/bit.ly\/2xlNyCR\">http:\/\/bit.ly\/2xlNyCR<\/a>. Se queres recibir a traduci\u00f3n ao xapon\u00e9s do bolet\u00edn, subscr\u00edbete \u00e1 Asociaci\u00f3n Xaponesa de Astr\u00f3nomos Afeccionados, <a href=\"http:\/\/www.jaaa-astro.jp\/jaaa-ml.html\">http:\/\/www.jaaa-astro.jp\/jaaa-ml.html<\/a>, ou \u00e1 Sociedade Xaponesa pola Educaci\u00f3n e Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda, <a href=\"http:\/\/www.tenkyo.net\/\">http:\/\/www.tenkyo.net\/<\/a>;<\/p>\n<p>-Traduci\u00f3ns ao <strong>galego<\/strong>, pola Agrupaci\u00f3n Astron\u00f3mica Coru\u00f1esa \u00cdo, en Espa\u00f1a, aqu\u00ed: <a href=\"http:\/\/agrupacionio.com\/gl\/tag\/boletin-iau\">http:\/\/agrupacionio.com\/gl\/tag\/boletin-iau<\/a>;<\/p>\n<p>\u2013<em>Podes atopar n\u00fameros antigos deste bolet\u00edn en espa\u00f1ol traducidos pola Sociedad Espa\u00f1ola de Astronom\u00eda neste enderezo: <a href=\"http:\/\/www.sea-astronomia.es\/drupal\/content\/newsletter-iau-noc\">http:\/\/www.sea-astronomia.es\/drupal\/content\/newsletter-iau-noc<\/a>;<\/em><\/p>\n<p>Se est\u00e1s interesado en traducir o noso bolet\u00edn ao teu idioma, por favor contacta con n\u00f3s v\u00eda outreach@iau.org.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\"><strong>11) Contribuci\u00f3ns ao bolet\u00edn de divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica da IAU \u2013 desexamos noticias vosas en 2018!<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">Na Oficina de Divulgaci\u00f3n Astron\u00f3mica da IAU sempre estamos buscando noticias sobre educaci\u00f3n e divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica en todo o mundo. Por favor, continuade compartindo as vosas historias con n\u00f3s en 2018! Se est\u00e1s organizando actividades a gran escala a nivel rexional ou internacional, ofreces postos de traballo de educaci\u00f3n e comunicaci\u00f3n da astronom\u00eda, tes proxectos innovadores ou historias inspiradoras, buscas colaboraci\u00f3n ProAm en astronom\u00eda ou creaches recursos educativos, f\u00e1inolo saber por correo electr\u00f3nico: outreach@iau.org.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\"><em>Traduci\u00f3n: Martin Pawley (Agrupaci\u00f3n \u00cdo). Podes consultar o bolet\u00edn en ingl\u00e9s <a href=\"https:\/\/us11.campaign-archive.com\/?e=&amp;u=0ecb46e29196a0f367daf3dd6&amp;id=19ff2c6904\">nesta ligaz\u00f3n<\/a>.<\/em><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Bolet\u00edn de Divulgaci\u00f3n Astron\u00f3mica da Uni\u00f3n Astron\u00f3mica Internacional (IAU) Decembro 2017 #2 Neste bolet\u00edn: 0) Nota dos editores 1) IAU100: Unindo o mundo na exploraci\u00f3n do universo 2) Revista \u201cCommunicating Astronomy with the Public\u201d (CAP) 3) Conferencia \u201cComunicar Astronom\u00eda co P\u00fablico\u201d &#8211; CAP2018 Xap\u00f3n 4) Proxectos para 2018 da Oficina IAU de Astronom\u00eda para o Desenvolvemento (OAD) 5) Rede de Traduci\u00f3n Astron\u00f3mica 6) Contactos de&#8230; <\/p>\n<p class=\"more\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/boletin-divulgacion-astronomica-da-iau-decembro-2017-2\/\">Read More<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[51],"tags":[188],"class_list":["post-4304","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-noticias-gl","tag-boletin-iau"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4304","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=4304"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4304\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=4304"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=4304"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=4304"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}