{"id":4226,"date":"2017-11-25T02:48:59","date_gmt":"2017-11-25T00:48:59","guid":{"rendered":"http:\/\/agrupacionio.com\/?p=4226"},"modified":"2017-11-25T02:48:59","modified_gmt":"2017-11-25T00:48:59","slug":"boletin-divulgacion-astronomica-da-iau-novembro-2017-2","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/boletin-divulgacion-astronomica-da-iau-novembro-2017-2\/","title":{"rendered":"Bolet\u00edn de divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica da IAU: Novembro 2017 #2"},"content":{"rendered":"<p><img fetchpriority=\"high\" decoding=\"async\" class=\"aligncenter size-full wp-image-3863\" src=\"http:\/\/agrupacionio.com\/wp-content\/uploads\/2017\/05\/IAU-Bolet\u00edn-Blog.jpg\" alt=\"IAU Bolet\u00edn Blog\" width=\"600\" height=\"360\" srcset=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2017\/05\/IAU-Bolet\u00edn-Blog.jpg 600w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2017\/05\/IAU-Bolet\u00edn-Blog-300x180.jpg 300w\" sizes=\"(max-width: 600px) 100vw, 600px\" \/><\/p>\n<p><strong>Bolet\u00edn de Divulgaci\u00f3n Astron\u00f3mica da Uni\u00f3n Astron\u00f3mica Internacional (<a href=\"http:\/\/www.iau.org\/\">IAU<\/a>)<\/strong><\/p>\n<p><strong>Novembro 2017 #2<\/strong><\/p>\n<p align=\"left\">Neste bolet\u00edn:<\/p>\n<p align=\"left\">0) Nota dos editores<br \/>\n1) Bolet\u00edn #86 da Comisi\u00f3n UAI C1 de Educaci\u00f3n e Desenvolvemento da Astronom\u00eda<br \/>\n2) Espazo de contacto da divulgaci\u00f3n nacional (NOC): Novas de M\u00e9xico<br \/>\n3) IAU C1 Exobiolox\u00eda \u2013 Curso de introduci\u00f3n \u00e1 astrobiolox\u00eda 2018<br \/>\n4) Lanza o teu dese\u00f1o con CHEOPS<br \/>\n5) DIRECTO: Cient\u00edficos e cient\u00edficas na t\u00faa aula<br \/>\n6) Arte espacial na Semana Europea da Astronom\u00eda e as Ciencias do Espazo (EWASS2018)<br \/>\n7) Escribe para Astrobites e \u00fanete ao equipo en espa\u00f1ol!<br \/>\n8) Atrapa unha estrela<br \/>\n9) Encontros e actividades globais<br \/>\n10) O bolet\u00edn de divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica da IAU noutros idiomas<br \/>\n11) Contribuci\u00f3ns ao bolet\u00edn de divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica da IAU<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\"><strong>0) Nota dos editores<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Nas \u00faltimas semanas, o noso equipo estivo po\u00f1\u00e9ndose a punto para o obradoiro \u201cTi es Galileo!\u201d en Myanmar, un proxecto que o NAOJ iniciou no Ano Internacional da Astronom\u00eda 2009. Esta edici\u00f3n en Myanmar \u00e9 unha colaboraci\u00f3n co Instituto Nacional de Investigaci\u00f3n Astron\u00f3mica de Tailandia (NARIT), onde o equipo visitante desenvolver\u00e1 actividades de observaci\u00f3n e conferencias p\u00fablicas para os participantes de todas as universidades de Myanmar. A p\u00e1xina <em>IAU para o p\u00fablico<\/em> no sitio web da IAU experimentar\u00e1 cambios significativos nos pr\u00f3ximos meses. Incluir\u00e1 novas e actualizaci\u00f3ns das actividades da nosa oficina as\u00ed como da nosa rede de contactos de divulgaci\u00f3n nacional (NOCs). Bot\u00e1delle un ollo!<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Neste n\u00famero destacamos a sesi\u00f3n <em>Arte Espacial<\/em> da vindeira Semana Europea da Astronom\u00eda e Ciencias do Espazo (EWASS2018), a chamada da ESA para propo\u00f1erdes os vosos dese\u00f1os con CHEOPS e o noso desexo de que tiredes proveito do \u00faltimo bolet\u00edn da Comisi\u00f3n C1 IAU de Educaci\u00f3n e Desenvolvemento da Astronom\u00eda.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Novidades interesantes dos nosos colegas do <a href=\"http:\/\/www.minorplanetcenter.net\/mpec\/K17\/K17V17.html\">Centro IAU de Corpos Menores<\/a>. O descubrimento recente dun asteroide interestelar trouxo unha nova serie de nomeamentos de obxectos interestelares. Este obxecto agora recibiu a denominaci\u00f3n permanente 1I e o nome \u201cOumuamua\u201d, de orixe hawaiana, que reflicte como o obxecto parece un enviado ou mensaxeiro enviado desde o pasado para atoparse con n\u00f3s.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Feliz lectura e ceos despexados!<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">O equipo da Oficina para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda da IAU<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\"><strong>1) Bolet\u00edn #86 da Comisi\u00f3n IAU C1 de Educaci\u00f3n e Desenvolvemento da Astronom\u00eda<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">O bolet\u00edn #86 da Comisi\u00f3n IAU C1 xa est\u00e1 dispo\u00f1\u00edbel. Nesta publicaci\u00f3n da IAU podes atopar actualizaci\u00f3ns da Oficina IAU de astronom\u00eda para o desenvolvemento, os informes \u201cMellora da accesibilidade nas publicaci\u00f3ns astron\u00f3micas\u201d, \u201cXogos para aprender astronom\u00eda, un achegamento innovador, dous casos de estudo\u201d, \u201cOnde vai o New Horizons da NASA\u201d e moito m\u00e1is. Os editores solicitan a todas as persoas integrantes da IAU que colaboren achegando noticias ou artigos para o pr\u00f3ximo n\u00famero.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Podes ler o bolet\u00edn aqu\u00ed: <a href=\"http:\/\/iaucc1.frm.utn.edu.ar\/?page_id=214\">http:\/\/iaucc1.frm.utn.edu.ar\/?page_id=214<\/a><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\"><strong>2) Espazo de contacto da divulgaci\u00f3n nacional (NOC): Novas de M\u00e9xico<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\"><em>a) Noche de las estrellas<\/em><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">O 25 de novembro a organizaci\u00f3n dun dos maiores festivais de astronom\u00eda na Am\u00e9rica Latina conv\u00eddavos a gozar dos obradoiros de ciencia, actividades culturais, conferencias de especialistas e observaci\u00f3ns con telescopio en m\u00e1is de 90 localidades por todo o pa\u00eds. Este ano a \u201cNoche de las estrellas\u201d celebra o 60\u00ba aniversario do lanzamento do Sputnik 1, que marcou o inicio da gran aventura espacial. As actividades son gratu\u00edtas para toda a familia.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">M\u00e1is informaci\u00f3n (en espa\u00f1ol) aqu\u00ed: <a href=\"http:\/\/www.nochedelasestrellas.org.mx\/%C2%A0\">http:\/\/www.nochedelasestrellas.org.mx\/<\/a><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\"><strong>3) IAU C1 Exobiolox\u00eda \u2013 Curso de introduci\u00f3n \u00e1 astrobiolox\u00eda 2018<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">A terceira edici\u00f3n do <em>Curso de introduci\u00f3n \u00e1 astrobiolox\u00eda<\/em> celebrarase do 4 ao 10 de marzo de 2018 na Reserva Ornitol\u00f3xica de Le Teich (Francia). Os cursos est\u00e1n dese\u00f1ados para estudantes que preparen a s\u00faa tese doutoral en astronom\u00eda, xeolox\u00eda, qu\u00edmica, biolox\u00eda ou historia e filosof\u00eda da ciencia ou calquera estudante que desexe adquirir formaci\u00f3n interdisciplinar en astrobiolox\u00eda para completar a s\u00faa aprendizaxe e ser capaz de enfrontar cuesti\u00f3ns sobre a orixe da vida, a s\u00faa evoluci\u00f3n terrestre e a s\u00faa distribuci\u00f3n no universo. A data l\u00edmite para as solicitudes \u00e9 o 15 de xaneiro de 2018.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Para co\u00f1ecer o programa e informaci\u00f3n sobre o rexistro, consultade o sitio web: <a href=\"http:\/\/www.exobiologie.fr\/red\/index.php\/en\/%C2%A0\">http:\/\/www.exobiologie.fr\/red\/index.php\/en\/<\/a><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\"><strong>4) Lanza o teu dese\u00f1o con CHEOPS<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">A Axencia Espacial Europea (ESA) est\u00e1 ofrecendo a profesionais do dese\u00f1o gr\u00e1fico e artistas unha oportunidade \u00fanica de inclu\u00edr o seu traballo no foguete que transporta o sat\u00e9lite CHEOPS. Esta competici\u00f3n \u00e9 unha excelente oportunidade para estudantes de dese\u00f1o e artes gr\u00e1ficas, ou artistas nos primeiros anos das s\u00faas carreiras e profesionais do dese\u00f1o que queiran converter o seu traballo nunha parte da historia da ESA. O ga\u00f1ador ser\u00e1 convidado a asistir ao lanzamento de CHEOPS en Europa coma convidado da ESA e observar como o seu dese\u00f1o ascende ao ceo. A data l\u00edmite para facer propostas \u00e9 o 31 de xaneiro \u00e1s 17:00 GMT (18:00 CET).<\/p>\n<p style=\"text-align: left\" align=\"left\">M\u00e1is informaci\u00f3n: <a href=\"http:\/\/www.esa.int\/Our_Activities\/Space_Science\/Launch_your_design_with_Cheops%C2%A0\">http:\/\/www.esa.int\/Our_Activities\/Space_Science\/Launch_your_design_with_Cheops<\/a><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\"><strong>5) DIRECTO: Cient\u00edficos e cient\u00edficas na t\u00faa aula<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Que podemos aprender de estudar os cr\u00e1teres de impacto na Terra? E como podemos evitar o destino dos dinosauros? \u00danete ao seminario en directo na rede coa doutora Anna Losiak o 28 de novembro de 2017, 14:00 GMT \/ 15:00 CET, para aprender m\u00e1is sobre \u201cCr\u00e1teres de impacto: os procesos xeol\u00f3xicos m\u00e1is importantes do noso sistema solar\u201d. O webinar, organizado por NUCLIO e Europlanet como actividade mensual con cient\u00edficos e cient\u00edficas de toda Europa, d\u00e1 a benvida a participaci\u00f3n do p\u00fablico e das aulas.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Rex\u00edstrate en <a href=\"http:\/\/galileoteachers.org\/live-impact-cratering\/%C2%A0\">http:\/\/galileoteachers.org\/live-impact-cratering\/<\/a><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\"><strong>6) Arte espacial na Semana Europea da Astronom\u00eda e as Ciencias do Espazo (EWASS2018)<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Durante a Semana Europea da Astronom\u00eda e as Ciencias do Espazo (EWASS) que se celebrar\u00e1 en Liverpool do 3 ao 8 de abril haber\u00e1 unha sesi\u00f3n dedicada \u00e1 \u201cArte espacial: uso dos medios art\u00edsticos para a divulgaci\u00f3n, astronom\u00eda cultural e comunicaci\u00f3n da ciencia en astronom\u00eda, f\u00edsica solar e ciencias do espazo\u201d. A sesi\u00f3n \u201cArte espacial\u201d ter\u00e1 lugar o 4 de abril de 2018 e a organizaci\u00f3n convida a todas as persoas interesadas en arte, cultura e visualizaci\u00f3n de datos -unha das \u00e1reas m\u00e1is atractivas da divulgaci\u00f3n cient\u00edfica- a que propo\u00f1an unha charla. A data l\u00edmite para as propostas \u00e9 o 27 de novembro de 2017.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Tedes m\u00e1is informaci\u00f3n aqu\u00ed: <a href=\"http:\/\/eas.unige.ch\/EWASS2018\/session.jsp?id=SS2\">http:\/\/eas.unige.ch\/EWASS2018\/session.jsp?id=SS2<\/a><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\"><strong>7) Escribe para Astrobites e \u00fanete ao equipo en espa\u00f1ol!<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Astrobites \u00e9 un xornal de astrof\u00edsica que mante\u00f1en desde 2010 un grupo de estudantes de astronom\u00eda co obxectivo de presentar un artigo cada d\u00eda. O xornal pres\u00e9ntase en formato breve acces\u00edbel para estudantes de ciencias f\u00edsicas que estean interesados na investigaci\u00f3n activa. Astrobites busca estudantes interesados en unirse ao equipo espa\u00f1ol. Aceptan propostas at\u00e9 o 30 de novembro.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Podedes ler o aviso aqu\u00ed: <a href=\"https:\/\/astrobitos.org\/2017\/11\/07\/escribe-para-astrobitos-unete-a-nuestro-equipo\/%C2%A0\">https:\/\/astrobitos.org\/2017\/11\/07\/escribe-para-astrobitos-unete-a-nuestro-equipo\/<\/a><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Para ler Astrobites, visita o sitio web oficial aqu\u00ed: <a href=\"https:\/\/astrobites.org\/\">https:\/\/astrobites.org\/<\/a> (ingl\u00e9s) ou <a href=\"https:\/\/astrobitos.org\/\">https:\/\/astrobitos.org\/ <\/a>(espa\u00f1ol)<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\"><strong>8) Atrapa unha estrela<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">O obxectivo do programa <em>Atrapa unha estrela<\/em> \u00e9 animar aos estudantes de secundaria de toda Europa a que expresen a s\u00faa creatividade, alarguen e expandan os seus co\u00f1ecementos e habilidades astron\u00f3micas e axuden a difundir as tecnolox\u00edas da informaci\u00f3n no proceso educativo. O certame <em>Atrapa unha estrela<\/em> \u00e9 o resultado da colaboraci\u00f3n entre a Asociaci\u00f3n Europea de Educaci\u00f3n Astron\u00f3mica (EAAE) e o Observatorio Europeo do Sur (ESO). A data l\u00edmite \u00e9 o 20 de decembro de 2017 \u00e1s 17:00 CET.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Podes saber m\u00e1is deste certame aqu\u00ed: <a href=\"http:\/\/www.eaae-astronomy.org\/catchastar\/\">http:\/\/www.eaae-astronomy.org\/catchastar\/<\/a><\/p>\n<p align=\"left\"><strong>9) Encontros e actividades globais en 2017<\/strong><\/p>\n<p align=\"left\">Aqu\u00ed tes unha listaxe de conferencias e actividades sobre educaci\u00f3n e investigaci\u00f3n astron\u00f3mica en todo o mundo. Planifica con tempo un ano cheo de acontecementos interesantes!<\/p>\n<p align=\"left\"><strong>Engadidos hai pouco<\/strong><\/p>\n<p>Conferencia Internacional &#8220;Novas Perspectivas en Educaci\u00f3n Cient\u00edfica&#8221;<br \/>\n<em>Datas:<\/em> 22 e 23 de marzo de 2018<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Florencia, Italia<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"https:\/\/conference.pixel-online.net\/NPSE\/\">https:\/\/conference.pixel-online.net\/NPSE\/<\/a><\/p>\n<p>Semana Europea da Astronom\u00eda e Ciencias do Espazo (EWASS)<br \/>\n<em>Datas:<\/em> do 3 ao 8 de abril de 2018<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Liverpool, UK<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"http:\/\/eas.unige.ch\/EWASS2018\/\">http:\/\/eas.unige.ch\/EWASS2018\/<\/a><\/p>\n<p align=\"left\"><strong>Pr\u00f3ximas actividades<\/strong><\/p>\n<p>a) Astrobiolox\u00eda 2017<br \/>\n<em>Datas:<\/em> do 1 de novembro ao 1 de decembro de 2017<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Coyhaique, Chile<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"http:\/\/astrobiology2017.org\/\">http:\/\/astrobiology2017.org\/<\/a><\/p>\n<p>b) IFF 2017 \u2013 Festival de Cinema Inmersivo<br \/>\n<em>Data:<\/em> do 1 ao 3 de decembro de 2017<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Espinho, Portugal<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"http:\/\/iff.multimeios.pt\/en\/\">http:\/\/iff.multimeios.pt\/en\/<\/a><\/p>\n<p>c) 129\u00ba Encontro anual ASP \u2013 Conferencia de divulgaci\u00f3n STEM: \u201cBeyond the Eclipse: Engaging Diverse and Underserved Communities in Astronomy and STEM\u201d<br \/>\n<em>Datas:<\/em> do 5 ao 8 de decembro de 2017<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> St. Louis, Missouri, EEUU<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"http:\/\/bit.ly\/2l0ibte\">http:\/\/bit.ly\/2l0ibte<\/a><\/p>\n<p>d) Conferencia Internacional &#8220;Novas Perspectivas en Educaci\u00f3n Cient\u00edfica&#8221;<br \/>\n<em>Datas:<\/em> 22 e 23 de marzo de 2018<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Florencia, Italia<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"https:\/\/conference.pixel-online.net\/NPSE\/\">https:\/\/conference.pixel-online.net\/NPSE\/<\/a><\/p>\n<p>e) Comunicar Astronom\u00eda co P\u00fablico \u2013 CAP2018<br \/>\n<em>Data:<\/em> do 24 ao 28 de marzo de 2018<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Fukuoka, Xap\u00f3n<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"http:\/\/www.communicatingastronomy.org\/cap2018\/\">http:\/\/www.communicatingastronomy.org\/cap2018\/<\/a><\/p>\n<p>f) Semana Europea da Astronom\u00eda e Ciencias do Espazo (EWASS)<br \/>\n<em>Datas:<\/em> do 3 ao 8 de abril de 2018<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Liverpool, UK<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"http:\/\/eas.unige.ch\/EWASS2018\/\">http:\/\/eas.unige.ch\/EWASS2018\/<\/a><\/p>\n<p>g) 15\u00ba Conferencia Internacional de Comunicaci\u00f3n P\u00fablica da Ciencia e Tecnolox\u00eda (PCST2018)<br \/>\n<em>Data<\/em>: do 4 ao 6 de abril de 2018<br \/>\n<em>Lugar<\/em>:\u00a0Dunedin, Nova Zelandia<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"http:\/\/www.pcst2018.org\/pcst18\">http:\/\/www.pcst2018.org\/pcst18<\/a><\/p>\n<p>h) 11\u00ba Encontro Internacional de Astronom\u00eda e Astron\u00e1utica<br \/>\n<em>Datas:<\/em> do 12 ao 14 de abril de 2018<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Campos de Goytacazes, Brasil<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"http:\/\/bit.ly\/2xP8uik\">http:\/\/bit.ly\/2xP8uik<\/a><\/p>\n<p>i) Sociedade Planetaria Internacional 2018<br \/>\n<em>Data:<\/em> do 1 ao 6 de xullo de 2018<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Toulouse, Francia<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"http:\/\/www.ips-planetarium.org\/page\/IPS2018Toulouse\">http:\/\/www.ips-planetarium.org\/page\/IPS2018Toulouse<\/a><\/p>\n<p>l) Conferencia Robotic Telescopes, Student Research and Education (RTSRE)\u00a0 &amp; Cimeira InterNational Astronomy Teaching<br \/>\n<em>Datas:<\/em> do 22 ao 27 de xullo de 2018<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Hilo, Hawai\u2019i, EEUU<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"http:\/\/rtsre.org\">rtsre.org<\/a><\/p>\n<p>Esquecemos algo? Ent\u00f3n comparte os teus encontros sobre educaci\u00f3n e divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica con n\u00f3s v\u00eda outreach@iau.org.<\/p>\n<p><strong>10) O bolet\u00edn de divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica da IAU noutros idiomas<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">-Traduci\u00f3n ao <strong>serbio<\/strong>, elaborada pola doutora Liliana Gracanin de Serbia: <a href=\"https:\/\/twitter.com\/IAU_srpski\">https:\/\/twitter.com\/IAU_srpski<\/a>;<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">-Traduci\u00f3ns ao <strong>espa\u00f1ol<\/strong>, elaboradas por:<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">Sof\u00eda Meneses-Goytia, doutora, investigadora asociada postdoutoral, Instituto de Cosmolox\u00eda e Gravitaci\u00f3n, Universidade de Portsmouth: <a href=\"http:\/\/bit.ly\/2rIqVGe\">http:\/\/bit.ly\/2rIqVGe<\/a>;<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">Basilio Sol\u00eds-Castillo, estudante de doutorado, Instituto Max Planck de Radioastronom\u00eda, Universidade de Bonn: <a href=\"http:\/\/astronomia-para-todos.blogspot.de\">http:\/\/astronomia-para-todos.blogspot.de;<\/a><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">ASAFILE, Asociaci\u00f3n de Astr\u00f3nomos Aficionados de Le\u00f3n, Nicaragua: <a href=\"http:\/\/asafile.blogspot.jp\/p\/blog-page_12.html\">http:\/\/asafile.blogspot.jp\/p\/blog-page_12.html<\/a>;<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">-Traduci\u00f3ns ao <strong>xapon\u00e9s<\/strong> a cargo de Akihiko Tomita e Mikako Kuwamura a trav\u00e9s da Rede de Traduci\u00f3n Astron\u00f3mica: <a href=\"http:\/\/bit.ly\/2xlNyCR\">http:\/\/bit.ly\/2xlNyCR<\/a>. Se queres recibir a traduci\u00f3n ao xapon\u00e9s do bolet\u00edn, subscr\u00edbete \u00e1 Asociaci\u00f3n Xaponesa de Astr\u00f3nomos Afeccionados, <a href=\"http:\/\/www.jaaa-astro.jp\/jaaa-ml.html\">http:\/\/www.jaaa-astro.jp\/jaaa-ml.html<\/a>, ou \u00e1 Sociedade Xaponesa pola Educaci\u00f3n e Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda, <a href=\"http:\/\/www.tenkyo.net\/\">http:\/\/www.tenkyo.net\/<\/a>;<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">-Traduci\u00f3ns ao <strong>galego<\/strong>, pola Agrupaci\u00f3n Astron\u00f3mica Coru\u00f1esa \u00cdo, en Espa\u00f1a, aqu\u00ed: <a href=\"http:\/\/agrupacionio.com\/gl\/tag\/boletin-iau\">http:\/\/agrupacionio.com\/gl\/tag\/boletin-iau<\/a>;<\/p>\n<p>\u2013<em>Podes atopar n\u00fameros antigos deste bolet\u00edn en espa\u00f1ol traducidos pola Sociedad Espa\u00f1ola de Astronom\u00eda neste enderezo: <a href=\"http:\/\/www.sea-astronomia.es\/drupal\/content\/newsletter-iau-noc\">http:\/\/www.sea-astronomia.es\/drupal\/content\/newsletter-iau-noc<\/a>;<\/em><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">Se est\u00e1s interesado en traducir o noso bolet\u00edn ao teu idioma, por favor contacta con n\u00f3s v\u00eda outreach@iau.org.<\/p>\n<p><strong>11) Contribuci\u00f3ns ao bolet\u00edn de divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica da IAU<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">Na Oficina de Divulgaci\u00f3n Astron\u00f3mica da IAU sempre estamos buscando noticias sobre educaci\u00f3n e divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica en todo o mundo. Por favor, continuade compartindo as vosas historias con n\u00f3s en 2017! Se est\u00e1s organizando actividades a gran escala a nivel rexional ou internacional, ofreces postos de traballo de educaci\u00f3n e comunicaci\u00f3n da astronom\u00eda, tes proxectos innovadores ou historias inspiradoras, buscas colaboraci\u00f3n ProAm en astronom\u00eda ou creaches recursos educativos, f\u00e1inolo saber por correo electr\u00f3nico: outreach@iau.org.<\/p>\n<p><em>Traduci\u00f3n: Martin Pawley (Agrupaci\u00f3n \u00cdo). Podes consultar o bolet\u00edn en ingl\u00e9s <a href=\"https:\/\/us11.campaign-archive.com\/?e=[UNIQID]&amp;u=0ecb46e29196a0f367daf3dd6&amp;id=822acf4135\">nesta ligaz\u00f3n.<\/a><\/em><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Bolet\u00edn de Divulgaci\u00f3n Astron\u00f3mica da Uni\u00f3n Astron\u00f3mica Internacional (IAU) Novembro 2017 #2 Neste bolet\u00edn: 0) Nota dos editores 1) Bolet\u00edn #86 da Comisi\u00f3n UAI C1 de Educaci\u00f3n e Desenvolvemento da Astronom\u00eda 2) Espazo de contacto da divulgaci\u00f3n nacional (NOC): Novas de M\u00e9xico 3) IAU C1 Exobiolox\u00eda \u2013 Curso de introduci\u00f3n \u00e1 astrobiolox\u00eda 2018 4) Lanza o teu dese\u00f1o con CHEOPS 5) DIRECTO: Cient\u00edficos e cient\u00edficas&#8230; <\/p>\n<p class=\"more\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/boletin-divulgacion-astronomica-da-iau-novembro-2017-2\/\">Read More<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[51],"tags":[188],"class_list":["post-4226","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-noticias-gl","tag-boletin-iau"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4226","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=4226"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4226\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=4226"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=4226"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=4226"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}