{"id":4140,"date":"2017-10-02T18:45:31","date_gmt":"2017-10-02T16:45:31","guid":{"rendered":"http:\/\/agrupacionio.com\/?p=4140"},"modified":"2017-10-02T18:45:31","modified_gmt":"2017-10-02T16:45:31","slug":"boletin-divulgacion-astronomica-da-iau-outubro-2017-1","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/boletin-divulgacion-astronomica-da-iau-outubro-2017-1\/","title":{"rendered":"Bolet\u00edn de divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica da IAU: Outubro 2017 #1"},"content":{"rendered":"<p><img fetchpriority=\"high\" decoding=\"async\" class=\"aligncenter size-full wp-image-3863\" src=\"http:\/\/agrupacionio.com\/wp-content\/uploads\/2017\/05\/IAU-Bolet\u00edn-Blog.jpg\" alt=\"IAU Bolet\u00edn Blog\" width=\"600\" height=\"360\" srcset=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2017\/05\/IAU-Bolet\u00edn-Blog.jpg 600w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2017\/05\/IAU-Bolet\u00edn-Blog-300x180.jpg 300w\" sizes=\"(max-width: 600px) 100vw, 600px\" \/><\/p>\n<p><strong>Bolet\u00edn de Divulgaci\u00f3n Astron\u00f3mica da Uni\u00f3n Astron\u00f3mica Internacional (<a href=\"http:\/\/www.iau.org\/\">IAU<\/a>)<\/strong><\/p>\n<p><strong>Outubro 2017 #1<\/strong><\/p>\n<p align=\"left\">Neste bolet\u00edn:<\/p>\n<p align=\"left\">0) Nota dos editores<br \/>\n1) Novas formas de pertenza \u00e1 IAU<br \/>\n2) Data l\u00edmite para o env\u00edo de propostas ao CAP 2018 e a bolsa Asia Pac\u00edfico: 15 de outubro de 2017<br \/>\n3) Semana dos contactos de divulgaci\u00f3n nacional nas redes sociais<br \/>\n4) Espazo de contacto da divulgaci\u00f3n nacional (NOC): Novas de Etiop\u00eda<br \/>\n5) Espazo de contacto da divulgaci\u00f3n nacional (NOC): Novas de Tanzania<br \/>\n6) Campa\u00f1a de financiamento do Planetario de Ghana<br \/>\n7) V\u00eddeo educativo de astrobiolox\u00eda de Europlanet<br \/>\n8) IFF 2017 \u2013 Festival de Cinema Inmersivo<br \/>\n9) Encontros e actividades globais<br \/>\n10) O bolet\u00edn de divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica da IAU noutros idiomas<br \/>\n11) Contribuci\u00f3ns ao bolet\u00edn de divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica da IAU<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\"><strong>0) Nota dos editores<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Esta semana salientamos a proximidade da data l\u00edmite para solicitar a bolsa Asia-Pac\u00edfico e para enviar propostas ao encontro Comunicar Astronom\u00eda co P\u00fablico (CAP 2018). A organizaci\u00f3n, estreitamente relacionada coa nosa Oficina IAU para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda, recibiu case 130 propostas de todo o mundo, o que far\u00e1 da edici\u00f3n de 2018 a m\u00e1is diversa feita nunca. Ao noso equipo xa lle tarda dar a benvida a todas as persoas en Xap\u00f3n o pr\u00f3ximo mes de marzo!<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Neste n\u00famero, po\u00f1emos o foco nun dos v\u00eddeos de astrobiolox\u00eda m\u00e1is fascinantes, feito por Europlanet; na edici\u00f3n 2017 do Festival Internacional de Cinema Inmersivo de Portugal e na campa\u00f1a de financiamento do Planetario de Ghana, que precisa o voso apoio.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Queremos darlles as grazas aos nosos contactos de divulgaci\u00f3n nacional por participaren envi\u00e1ndonos novas dos seus pa\u00edses e tam\u00e9n polas s\u00faas aparici\u00f3ns semanais nas nosas redes sociais. \u00c9 moi divertido termos informaci\u00f3n de primeira man do que est\u00e1 acontecendo no mundo da divulgaci\u00f3n e a educaci\u00f3n astron\u00f3mica en cada pa\u00eds. Permanecede en sinton\u00eda!<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Feliz lectura e ceos despexados!<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">O equipo da Oficina para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda da IAU<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\"><strong>1) Novas formas de pertenza \u00e1 IAU<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Foron aprobadas algunhas modificaci\u00f3ns dos estatutos, regulamentos e normas de traballo da IAU. O m\u00e1is relevante ref\u00edrese \u00e1 introduci\u00f3n da Categor\u00eda de Membro Junior, que permite que se unan \u00e1 uni\u00f3n os investigadores e investigadoras que acaban de rematar o seu doutoramento, e a de \u201cMembros Honorarios\u201d, destinada \u00e1s persoas que contribu\u00edron de xeito significativo ao progreso da investigaci\u00f3n e cultura astron\u00f3mica no seu pa\u00eds. Estas d\u00faas categor\u00edas s\u00famanse ao recente \u201cestado de membro asociado\u201d que se ofrece exclusivamente por convite a persoas que non son membros da IAU mais est\u00e1n activamente envolvidas no traballo da Uni\u00f3n como participantes nun grupo de traballo, unha comisi\u00f3n ou unha divisi\u00f3n.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">O texto completo das mudanzas propostas est\u00e1 dispo\u00f1\u00edbel nesta ligaz\u00f3n: <a href=\"http:\/\/bit.ly\/2wq9HNn\">http:\/\/bit.ly\/2wq9HNn<\/a><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\"><strong>2) Data l\u00edmite para o env\u00edo de propostas ao CAP 2018 e a bolsa Asia Pac\u00edfico: 15 de outubro de 2017<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">A data l\u00edmite para o env\u00edo de propostas para a vindeira conferencia \u201cComunicar Astronom\u00eda co P\u00fablico\u201d en Fukuoka, Xap\u00f3n, \u00e9 o 15 de outubro de 2017. \u00danete \u00e1s case 130 persoas de todo o mundo que xa se rexistraron para a conferencia!<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Grazas ao esforzo conxunto do Observatorio Astron\u00f3mico Nacional do Xap\u00f3n (NAOJ) e unha campa\u00f1a de financiamento xaponesa, a organizaci\u00f3n poder\u00e1 apoiar a asistencia de participantes de pa\u00edses en desenvolvemento da rexi\u00f3n Asia-Pac\u00edfico. A data l\u00edmite para solicitar a bolsa estendeuse at\u00e9 o 15 de outubro de 2017.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Podes ler m\u00e1is informaci\u00f3n sobre a conferencia aqu\u00ed: <a href=\"http:\/\/bit.ly\/2fHSbAZ\">http:\/\/bit.ly\/2fHSbAZ<\/a><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\"><strong>3) Semana dos contactos de divulgaci\u00f3n nacional nas redes sociais<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Dende setembro, a nosa Oficina IAU para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda emprendeu unha nova campa\u00f1a nas redes sociais, en que dedicaremos unha semana enteira nos nosos canais a cada pa\u00eds e nodo de contacto da divulgaci\u00f3n nacional. O obxectivo \u00e9 levantar conciencia internacional dos continuos esforzos feitos a nivel local e nacional. Durante esta semana cada pa\u00eds poder\u00e1 destacar actividades e eventos nacionais en educaci\u00f3n e divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica e promover clubs de astronom\u00eda ou organizaci\u00f3ns activas no pa\u00eds. Calquera pode contactar cos nodos de contacto e colaborar! Podes tam\u00e9n mandar informaci\u00f3n das t\u00faas actividades a outreach@iau.org.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">M\u00e1is informaci\u00f3n sobre estas campa\u00f1as nestes enderezos: <a href=\"https:\/\/www.facebook.com\/IAUoutreach\/\">https:\/\/www.facebook.com\/IAUoutreach\/<\/a> e <a href=\"https:\/\/twitter.com\/iau_outreach?lang=en\">https:\/\/twitter.com\/iau_outreach<\/a><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\"><strong>4) Espazo de contacto da divulgaci\u00f3n nacional (NOC): Novas de Etiop\u00eda<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\"><em>a) Perseguindo o espazo<\/em><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">O 7 de agosto de 2017 impartiu unha charla titulada \u201cPerseguindo o espazo\u201d o antigo astronauta da NASA Leland Melvin no Instituto de Tecnolox\u00eda da Universidade de Addis Ababa, en Etiop\u00eda. A conferencia p\u00fablica foi organizada conxuntamente polo Instituto de Tecnolox\u00eda e Ciencia do Espazo de Etiop\u00eda (EESTI) e a Embaixada dos EEUU en Addis Ababa. M\u00e1is de 600 participantes (estudantes de educaci\u00f3n primaria, institutos e universidades, profesores e p\u00fablico xeral) tiveron a oportunidade de asistir \u00e1 charla de Leland e co\u00f1ecelo en persoa.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Tedes fotos deste evento aqu\u00ed: <a href=\"http:\/\/bit.ly\/2hDQPrs\">http:\/\/bit.ly\/2hDQPrs<\/a><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\"><strong>5) Espazo de contacto da divulgaci\u00f3n nacional (NOC): Novas de Tanzania<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\"><em>a) Po\u00f1\u00e9ndolle nome aos planetas en lingua suahili<\/em><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Os nomes dos planetas en lingua suahili ve\u00f1en sendo usados de forma inconsistente e \u00e1s veces incorrecta en moitos libros e dicionarios. O Consello Suahili Nacional de Tanzania racionalizou os nomes base\u00e1ndose no seu uso hist\u00f3rico e dando argumentos para os malos usos, erros e confusi\u00f3ns. Os nomes suahili dos planetas aceptados polo Consello Suahili Nacional de Tanzania son os seguintes:<\/p>\n<p>1. Utaridi = Mercurio<br \/>\n2. Zuhura (ou Ng&#8217;andu) = Venus<br \/>\n3. Dunia = Terra<br \/>\n4. Mirihi = Marte<br \/>\n5. Mshtarii (ou Mushtari) = X\u00fapiter<br \/>\n6. Zohali = Saturno<br \/>\n7. Uranus = Urano<br \/>\n8. Neptuni = Neptuno<\/p>\n<p><strong>6) Campa\u00f1a de financiamento do Planetario de Ghana<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">Moitas escolas de Ghana non te\u00f1en recursos suficientes para desenvolver actividades pr\u00e1cticas e, como consecuencia, hai un n\u00famero limitado de estudantes que reciben materias STEM (ciencia, tecnolox\u00eda, enxe\u00f1er\u00eda e matem\u00e1ticas) na universidade. O Planetario de Ghana \u00e9 un proxecto extraordinario na \u00c1frica Occidental mais carece de recursos econ\u00f3micos para seguir funcionando correctamente. Durante a semana, o Planetario acolle visitas escolares e programa pel\u00edculas de planetario que ensinan ciencia e promoven que os nenos e nenas fagan preguntas, reciban respostas e fagan c\u00e1lculos. Ao apoiarmos o Planetario de Ghana a trav\u00e9s desta campa\u00f1a de financiamento, axudamos a manter viva a aprendizaxe das ciencias nese pa\u00eds.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">Tes m\u00e1is detalles da campa\u00f1a aqu\u00ed: <a href=\"http:\/\/bit.ly\/2x5U5xU\">http:\/\/bit.ly\/2x5U5xU<\/a><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\"><strong>7) V\u00eddeo educativo de astrobiolox\u00eda de Europlanet<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">Europlanet lanzou o seu \u00faltimo v\u00eddeo, <em><a href=\"https:\/\/www.europlanet-eu.org\/video-astrobiology-life-in-the-universe\/\">Astrobiolox\u00eda: Vida no Universo<\/a><\/em>. Estamos os seres humanos s\u00f3s no Universo? Probabelmente te fixeches esta pregunta algunha vez. O v\u00eddeo amosa como a ciencia planetaria busca sinais de vida noutros planetas empregando a nosa propia Terra como laboratorio.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">E non perdas este artigo de UNAWE que proporciona m\u00e1is informaci\u00f3n e recursos educativos para usar este v\u00eddeo e outras divertidas actividades neste sitio web: <a href=\"http:\/\/www.unawe.org\/updates\/2017-Europlanet-video-astrobiology\/\">http:\/\/www.unawe.org\/updates\/2017-Europlanet-video-astrobiology\/<\/a><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\"><strong>8) IFF 2017 \u2013 Festival de Cinema Inmersivo<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">O Festival de Cinema Inmersivo (IFF2017) celebrarase en Espinho, Portugal, do 1 ao 3 de decembro de 2017. Este festival \u00e9 un evento que reunir\u00e1 produci\u00f3ns internacionais 2D e 3D do \u00e1mbito do cinema inmersivo. O equipo do planetario de Espinho invita \u00e1 comunidade dos planetarios e as artes dixitais visuais de todo o mundo, de produtores a estudantes, e profesionais dos planetarios, a participar na edici\u00f3n 2017 do IFF, tanto propo\u00f1endo os seus traballos como asistindo ao festival, ou as d\u00faas cousas \u00e1 vez. A data l\u00edmite para enviar filmes \u00e9 o 15 de novembro de 2017.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">M\u00e1is informaci\u00f3n: <a href=\"http:\/\/iff.multimeios.pt\/en\/\">http:\/\/iff.multimeios.pt\/en\/<\/a><\/p>\n<p align=\"left\"><strong>9) Encontros e actividades globais en 2017<\/strong><\/p>\n<p align=\"left\">Aqu\u00ed tes unha listaxe de conferencias e actividades sobre educaci\u00f3n e investigaci\u00f3n astron\u00f3mica en todo o mundo. Planifica con tempo un ano cheo de acontecementos interesantes!<\/p>\n<p align=\"left\"><strong>Engadidos hai pouco<\/strong><\/p>\n<p>IFF 2017 &#8211; Festival de Cinema Inmersivo<br \/>\n<em>Data:<\/em> do 1 ao 3 de decembro de 2017<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Espinho, Portugal<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"http:\/\/iff.multimeios.pt\/en\/\">http:\/\/iff.multimeios.pt\/en\/<\/a><\/p>\n<p align=\"left\"><strong>Data importante<\/strong><\/p>\n<p align=\"left\">Semana Mundial do Espazo 2017<br \/>\n<em>Data:<\/em> do 4 ao 10 de outubro de 2017<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> en todo o mundo<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"http:\/\/www.worldspaceweek.org\/theme\/\">http:\/\/www.worldspaceweek.org\/theme\/<\/a><\/p>\n<p align=\"left\"><strong>Pr\u00f3ximas actividades<\/strong><\/p>\n<p>a) Semana Mundial do Espazo 2017<br \/>\n<em>Data:<\/em> do 4 ao 10 de outubro de 2017<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> en todo o mundo<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"http:\/\/www.worldspaceweek.org\/theme\/\">http:\/\/www.worldspaceweek.org\/theme\/<\/a><\/p>\n<p>b) Noite Internacional de Observaci\u00f3n da L\u00faa<br \/>\n<em>Data:<\/em> 28 de outubro de 2017<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> en todo o mundo<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"http:\/\/observethemoonnight.org\/\">http:\/\/observethemoonnight.org\/<\/a><\/p>\n<p>c) Astr\u00f3nomos Novos do Leste Asi\u00e1tico 2017 (EAYAM2017)<br \/>\n<em>Data:<\/em> do 13 ao 17 de novembro de 2017<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Ishigaki, Okinawa, Xap\u00f3n<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"http:\/\/www-irc.mtk.nao.ac.jp\/eayam\/2017\/index.html\">http:\/\/www-irc.mtk.nao.ac.jp\/eayam\/2017\/index.html<\/a><\/p>\n<p>d) Astronomical Heritage of the Middle East<br \/>\n<em>Datas:<\/em> do 13 ao 17 de novembro<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Yerevan, Armenia<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"http:\/\/unesco.aras.am\/\">http:\/\/unesco.aras.am\/<\/a><\/p>\n<p>e) .Astronomy<br \/>\n<em>Data:<\/em> do 14 ao 17 de novembro de 2017<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Cidade do Cabo, Sud\u00e1frica<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"http:\/\/dotastronomy9.saao.ac.za\/\">http:\/\/dotastronomy9.saao.ac.za\/<\/a><\/p>\n<p>f) Astrobiolox\u00eda 2017<br \/>\n<em>Datas:<\/em> do 1 de novembro ao 1 de decembro de 2017<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Coyhaique, Chile<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"http:\/\/astrobiology2017.org\/\">http:\/\/astrobiology2017.org\/<\/a><\/p>\n<p>g) IFF 2017 &#8211; Festival de Cinema Inmersivo<br \/>\n<em>Data:<\/em> do 1 ao 3 de decembro de 2017<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Espinho, Portugal<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"http:\/\/iff.multimeios.pt\/en\/\">http:\/\/iff.multimeios.pt\/en\/<\/a><\/p>\n<p>h) Comunicar Astronom\u00eda co P\u00fablico \u2013 CAP2018<br \/>\n<em>Data:<\/em> do 24 ao 28 de marzo de 2018<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Fukuoka, Xap\u00f3n<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"http:\/\/www.communicatingastronomy.org\/cap2018\/\">http:\/\/www.communicatingastronomy.org\/cap2018\/<\/a><\/p>\n<p>i) 15\u00ba Conferencia Internacional de Comunicaci\u00f3n P\u00fablica da Ciencia e Tecnolox\u00eda (PCST2018)<br \/>\n<em>Data<\/em>: do 4 ao 6 de abril de 2018<br \/>\n<em>Lugar<\/em>:\u00a0Dunedin, Nova Zelandia<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"http:\/\/www.pcst2018.org\/pcst18\">http:\/\/www.pcst2018.org\/pcst18<\/a><\/p>\n<p>l) Sociedade Planetaria Internacional 2018<br \/>\n<em>Data:<\/em> do 1 ao 6 de xullo de 2018<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Toulouse, Francia<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"http:\/\/www.ips-planetarium.org\/page\/IPS2018Toulouse\">http:\/\/www.ips-planetarium.org\/page\/IPS2018Toulouse<\/a><\/p>\n<p>Esquecemos algo? Ent\u00f3n comparte os teus encontros sobre educaci\u00f3n e divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica con n\u00f3s v\u00eda outreach@iau.org.<\/p>\n<p><strong>10) O bolet\u00edn de divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica da IAU noutros idiomas<\/strong><\/p>\n<p>-Traduci\u00f3n ao <strong>serbio<\/strong>, elaborada pola doutora Liliana Gracanin de Serbia: <a href=\"https:\/\/twitter.com\/IAU_srpski\">https:\/\/twitter.com\/IAU_srpski<\/a>;<\/p>\n<p>-Traduci\u00f3ns ao <strong>espa\u00f1ol<\/strong>, elaboradas por:<\/p>\n<p>Sof\u00eda Meneses-Goytia, doutora, investigadora asociada postdoutoral, Instituto de Cosmolox\u00eda e Gravitaci\u00f3n, Universidade de Portsmouth: <a href=\"http:\/\/bit.ly\/2rIqVGe\">http:\/\/bit.ly\/2rIqVGe<\/a>;<\/p>\n<p>Basilio Sol\u00eds-Castillo, estudante de doutorado, Instituto Max Planck de Radioastronom\u00eda, Universidade de Bonn: <a href=\"http:\/\/astronomia-para-todos.blogspot.de\">http:\/\/astronomia-para-todos.blogspot.de;<\/a><\/p>\n<p>ASAFILE, Asociaci\u00f3n de Astr\u00f3nomos Aficionados de Le\u00f3n, Nicaragua: <a href=\"http:\/\/asafile.blogspot.jp\/p\/blog-page_12.html\">http:\/\/asafile.blogspot.jp\/p\/blog-page_12.html<\/a>;<\/p>\n<p>-Se queres recibir a traduci\u00f3n ao <strong>xapon\u00e9s<\/strong> do bolet\u00edn, subscr\u00edbete \u00e1 Asociaci\u00f3n Xaponesa de Astr\u00f3nomos Afeccionados aqu\u00ed: <a href=\"http:\/\/www.jaaa-astro.jp\/jaaa-ml.html\">http:\/\/www.jaaa-astro.jp\/jaaa-ml.html<\/a>;<\/p>\n<p>-Traduci\u00f3ns ao <strong>galego<\/strong>, pola Agrupaci\u00f3n Astron\u00f3mica Coru\u00f1esa \u00cdo, en Espa\u00f1a, aqu\u00ed: <a href=\"http:\/\/agrupacionio.com\/gl\/tag\/boletin-iau\">http:\/\/agrupacionio.com\/gl\/tag\/boletin-iau<\/a>;<\/p>\n<p>\u2013<em>Podes atopar n\u00fameros antigos deste bolet\u00edn en espa\u00f1ol traducidos pola Sociedad Espa\u00f1ola de Astronom\u00eda neste enderezo: <a href=\"http:\/\/www.sea-astronomia.es\/drupal\/content\/newsletter-iau-noc\">http:\/\/www.sea-astronomia.es\/drupal\/content\/newsletter-iau-noc<\/a>;<\/em><\/p>\n<p>Se est\u00e1s interesado en traducir o noso bolet\u00edn ao teu idioma, por favor contacta con n\u00f3s v\u00eda outreach@iau.org.<\/p>\n<p><strong>11) Contribuci\u00f3ns ao bolet\u00edn de divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica da IAU<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">Na Oficina de Divulgaci\u00f3n Astron\u00f3mica da IAU sempre estamos buscando noticias sobre educaci\u00f3n e divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica en todo o mundo. Por favor, continuade compartindo as vosas historias con n\u00f3s en 2017! Se est\u00e1s organizando actividades a gran escala a nivel rexional ou internacional, ofreces postos de traballo de educaci\u00f3n e comunicaci\u00f3n da astronom\u00eda, tes proxectos innovadores ou historias inspiradoras, buscas colaboraci\u00f3n ProAm en astronom\u00eda ou creaches recursos educativos, f\u00e1inolo saber por correo electr\u00f3nico: outreach@iau.org.<\/p>\n<p><em>Traduci\u00f3n: Martin Pawley (Agrupaci\u00f3n \u00cdo). Podes consultar o bolet\u00edn en ingl\u00e9s <a href=\"http:\/\/us11.campaign-archive2.com\/?e=&amp;u=0ecb46e29196a0f367daf3dd6&amp;id=d2a469f3d7\">nesta ligaz\u00f3n.<\/a><\/em><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Bolet\u00edn de Divulgaci\u00f3n Astron\u00f3mica da Uni\u00f3n Astron\u00f3mica Internacional (IAU) Outubro 2017 #1 Neste bolet\u00edn: 0) Nota dos editores 1) Novas formas de pertenza \u00e1 IAU 2) Data l\u00edmite para o env\u00edo de propostas ao CAP 2018 e a bolsa Asia Pac\u00edfico: 15 de outubro de 2017 3) Semana dos contactos de divulgaci\u00f3n nacional nas redes sociais 4) Espazo de contacto da divulgaci\u00f3n nacional (NOC): Novas&#8230; <\/p>\n<p class=\"more\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/boletin-divulgacion-astronomica-da-iau-outubro-2017-1\/\">Read More<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[51],"tags":[188],"class_list":["post-4140","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-noticias-gl","tag-boletin-iau"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4140","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=4140"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4140\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=4140"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=4140"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=4140"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}