{"id":4121,"date":"2017-09-22T00:25:06","date_gmt":"2017-09-21T22:25:06","guid":{"rendered":"http:\/\/agrupacionio.com\/?p=4121"},"modified":"2017-09-22T00:25:06","modified_gmt":"2017-09-21T22:25:06","slug":"boletin-divulgacion-astronomica-da-iau-setembro-2017-2","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/boletin-divulgacion-astronomica-da-iau-setembro-2017-2\/","title":{"rendered":"Bolet\u00edn de divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica da IAU: Setembro 2017 #2"},"content":{"rendered":"<p><img fetchpriority=\"high\" decoding=\"async\" class=\"aligncenter size-full wp-image-3863\" src=\"http:\/\/agrupacionio.com\/wp-content\/uploads\/2017\/05\/IAU-Bolet\u00edn-Blog.jpg\" alt=\"IAU Bolet\u00edn Blog\" width=\"600\" height=\"360\" srcset=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2017\/05\/IAU-Bolet\u00edn-Blog.jpg 600w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2017\/05\/IAU-Bolet\u00edn-Blog-300x180.jpg 300w\" sizes=\"(max-width: 600px) 100vw, 600px\" \/><\/p>\n<p><strong>Bolet\u00edn de Divulgaci\u00f3n Astron\u00f3mica da Uni\u00f3n Astron\u00f3mica Internacional (<a href=\"http:\/\/www.iau.org\/\">IAU<\/a>)<\/strong><\/p>\n<p><strong>Setembro 2017 #2<\/strong><\/p>\n<p align=\"left\">Neste bolet\u00edn:<\/p>\n<p align=\"left\">0) Nota dos editores<br \/>\n1) IAU lanza astroEDU en italiano<br \/>\n2) Candidaturas ao Premio de Doutoramento IAU<br \/>\n3) Espazo de contacto da divulgaci\u00f3n nacional (NOC): Novas do Estado de Palestina<br \/>\n4) Espazo de contacto da divulgaci\u00f3n nacional (NOC): Novas de Corea do Sur<br \/>\n5) O blog do Observatorio Europeo Austral (ESO)<br \/>\n6) Experimento de Erat\u00f3stenes de setembro de 2017<br \/>\n7) Proxecto de divulgaci\u00f3n da astronom\u00eda e os telescopios hist\u00f3ricos<br \/>\n8) Proxecto PLATON<br \/>\n9) Encontros e actividades globais<br \/>\n10) O bolet\u00edn de divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica da IAU noutros idiomas<br \/>\n11) Contribuci\u00f3ns ao bolet\u00edn de divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica da IAU<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\"><strong>0) Nota dos editores<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">O noso equipo pasou a semana pasada coa atenci\u00f3n centrada nos <a href=\"https:\/\/saturn.jpl.nasa.gov\/news\/3120\/cassinis-final-images\/\">momentos finais<\/a> da Cassini. Foi unha viaxe incr\u00edbel e sent\u00edmolo como a despedida a un vello amigo. Adeus, Cassini, e grazas por toda a ciencia impresionante que nos deixas!<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Unha mensaxe especial para as persoas que nos len dende Italia: agora podedes desfrutar da plataforma astroEDU da IAU en italiano. Divert\u00eddevos explorando todas as emocionantes actividades educativas revisadas por pares. Anim\u00e1mosvos a propo\u00f1er os vosos traballos e contribu\u00edr ao fondo de recursos que astroEDU ofrece.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Neste n\u00famero tra\u00e9mosvos unha vez m\u00e1is as \u00faltimas novas de divulgaci\u00f3n e educaci\u00f3n astron\u00f3mica de todo o mundo, entre as que destacan o experimento de Erat\u00f3stenes, setembro de 2017; ESOblog, o novo blog do Observatorio Europeo Austral, e a nova plataforma educativa PLATON.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Feliz lectura e ceos despexados!<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">O equipo da Oficina para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda da IAU<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\"><strong>1) IAU lanza astroEDU en italiano<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">A primeira plataforma de recursos educativos en astronom\u00eda revisados por pares en lingua italiana foi lanzada no LXI Congresso della Societ\u00e0 Astronomica Italiana en Padua, Italia. A plataforma astroEDU perm\u00edtelle aos educadores e \u00e1s educadoras descubrir, revisar, distribu\u00edr, mellorar e combinar actividades cient\u00edficas, en particular aquelas que po\u00f1en o foco na astronom\u00eda, as ciencias da Terra ou as ciencias do espazo, e ofrece un servizo gratu\u00edto de revisi\u00f3n por pares por profesionais da educaci\u00f3n e a ciencia.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Podes atopar m\u00e1is informaci\u00f3n sobre a plataforma aqu\u00ed: <a href=\"https:\/\/www.iau.org\/news\/announcements\/detail\/ann17035\/\">https:\/\/www.iau.org\/news\/announcements\/detail\/ann17035\/<\/a><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\"><strong>2) Candidaturas ao Premio de Doutoramento IAU<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">O Premio de Doutoramento IAU reco\u00f1ece os logros cient\u00edficos excepcionais en astrof\u00edsica en todo o mundo. Cada divisi\u00f3n da IAU (inclu\u00edda a Divisi\u00f3n C da IAU, dedicada a Educaci\u00f3n, Divulgaci\u00f3n e Patrimonio) ten, unha vez ao ano, a oportunidade de outorgar o seu propio premio \u00e1 persoa candidata que desenvolvera o traballo m\u00e1is salient\u00e1bel do ano anterior. O Premio de Doutoramento IAU \u00e9 unha excelente oportunidade para obteren visibilidade e reco\u00f1ecemento as figuras novas e talentosas do mundo da ciencia. A data l\u00edmite para as candidaturas \u00e9 o 15 de decembro de 2017.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Toda a informaci\u00f3n sobre o procedemento para facer propostas ao Premio de Doutoramento est\u00e1 aqu\u00ed: <a href=\"https:\/\/www.iau.org\/science\/grants_prizes\/phd_prize\/\">https:\/\/www.iau.org\/science\/grants_prizes\/phd_prize\/<\/a><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\"><strong>3) Espazo de contacto da divulgaci\u00f3n nacional (NOC): Novas do Estado de Palestina<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\"><em>a) O Desaf\u00edo Tecnol\u00f3xico Astron\u00f3mico \u2013 Desaf\u00edo GATA<\/em><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">O desaf\u00edo de aplicaci\u00f3ns tecnol\u00f3xicas astron\u00f3micas de Gaza (Gaza Astronomy Techno-Apps Challenge, GATA Challenge) \u00e9 unha actividade realizada na faixa de Gaza que ofrece unha oportunidade para calquera que te\u00f1a ideas sobre a difusi\u00f3n das ciencias astron\u00f3micas empregando diversas tecnolox\u00edas.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Aprende m\u00e1is sobre o proxecto aqu\u00ed: <a href=\"https:\/\/www.facebook.com\/gatacamp\/\">https:\/\/www.facebook.com\/gatacamp\/<\/a><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\"><strong>4) Espazo de contacto da divulgaci\u00f3n nacional (NOC): Novas de Corea do Sur<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\"><em>a) Programa KASI de formaci\u00f3n do profesorado, KTT<\/em><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">O KTT, programa de formaci\u00f3n do profesorado sobre astronom\u00eda e ciencias do espazo de Corea do Sur, v\u00e9n desenvolv\u00e9ndose durante as vacaci\u00f3ns de ver\u00e1n e inverno durante os \u00faltimos 22 anos. Os grupos, de arredor de 40 persoas, div\u00eddense en aulas en funci\u00f3n do nivel (iniciaci\u00f3n ou medio). A formaci\u00f3n pon o foco principalmente no uso de telescopios, as tendencias na investigaci\u00f3n astron\u00f3mica e na posta en com\u00fan de experiencias na xesti\u00f3n de clubes de estudantes. Perto de 6000 profesores e profesoras participaron do programa KTT ao longo dos \u00faltimos 22 anos.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Podedes ver fotos da programa do ano pasado nesta ligaz\u00f3n: <a href=\"http:\/\/bit.ly\/2f9aqeD\">http:\/\/bit.ly\/2f9aqeD<\/a><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\"><strong>5) O blog do Observatorio Europeo Austral (ESO)<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">O ESO ten un novo blog: o ESOblog! O proxecto pretende compartir historias dun dos m\u00e1is produtivos observatorios con base na Terra con lectores de todos os \u00e1mbitos da vida. O ESO opera na actualidade cunha impresionante colecci\u00f3n de telescopios equipados con varias ducias de instrumentos que, en conxunto, est\u00e1n empurrando a investigaci\u00f3n astron\u00f3mica cara a descubrimentos impresionantes. Detr\u00e1s deste traballo fican ocultas asombrosas historias sobre o persoal do observatorio, a tecnolox\u00eda e a ciencia que al\u00ed nace. O ESOblog naceu do desexo de compartir m\u00e1is das interesantes historias do Observatorio, que vaian m\u00e1is al\u00e1 das novas xa lanzadas.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Podes saber m\u00e1is neste enderezo: <a href=\"https:\/\/www.eso.org\/public\/blog\/\">https:\/\/www.eso.org\/public\/blog\/<\/a><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\"><strong>6) Experimento de Erat\u00f3stenes de setembro de 2017<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Volve o experimento logo do gran \u00e9xito de marzo deste ano, cando m\u00e1is de 670 escolas de todo o mundo participaron na iniciativa. O <a href=\"http:\/\/eratosthenes.ea.gr\/\">experimento de Erat\u00f3stenes de setembro de 2017<\/a> ter\u00e1 lugar o pr\u00f3ximo d\u00eda 22. Non perdas a oportunidade de participar nesta fascinante iniciativa internacional. <a href=\"http:\/\/eratosthenes.ea.gr\/user\/register\">Inscribe<\/a> a t\u00faa escola indicando a lonxitude e a latitude. Ademais, podes <a href=\"http:\/\/eratosthenes.ea.gr\/content\/contest-september-2017\">ga\u00f1ar<\/a> unha bolsa para participar na <a href=\"http:\/\/ise.ea.gr\/\">Escola de Ver\u00e1n da Academia Europea do Ensino das Ciencias en Grecia en 2018<\/a>.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Tes toda a informaci\u00f3n e \u00faltimas novas no <a href=\"http:\/\/eratosthenes.ea.gr\/\">sitio web oficial<\/a>.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\"><strong>7) Proxecto de divulgaci\u00f3n da astronom\u00eda e os telescopios hist\u00f3ricos<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">O Museo da Astronom\u00eda e as Ciencias Relacionadas (MAST) est\u00e1 facendo consultas \u00e1s instituci\u00f3ns de todo o mundo que usan telescopios con valor hist\u00f3rico para actividades p\u00fablicas de observaci\u00f3n do ceo, coa idea de compilar toda esta informaci\u00f3n nunha gu\u00eda. O proxecto intenta espertar conciencia sobre a historia da astronom\u00eda e precisa da vosa axuda. Se a t\u00faa instituci\u00f3n pos\u00fae un telescopio deste tipo, por favor enche <a href=\"https:\/\/docs.google.com\/forms\/d\/e\/1FAIpQLSe1tR4azyDmLmMAOMbNYlaxNklY6_s-l9_Htq2AQU-dsB9fCA\/viewform\">este cuestionario<\/a>. Todas as instituci\u00f3ns que participen na gu\u00eda recibir\u00e1n unha copia.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">A t\u00faa colaboraci\u00f3n \u00e9 importante. Para resolver calquera d\u00fabida, contacta co equipo do MAST en historicaltelescopes[at]mast.br.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\"><strong>8) Proxecto PLATON<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Transforma a t\u00faa aula de ciencias nun espazo emocionante onde os estudantes empreguen a s\u00faa creatividade e imaxinaci\u00f3n! O equipo PLATON ofrece formaci\u00f3n e ferramentas que conducen a un enfoque centrado no estudante que favorece a aprendizaxe interdisciplinar e promove as competencias do s\u00e9culo XXI. Os profesores e profesoras poden traballar en colaboraci\u00f3n con outros docentes da escola usando ferramentas de investigaci\u00f3n e aprendizaxe interdisciplinar. Ao participar en PLATON, poder\u00e1s compartir o teu traballo cunha ampla comunidade educativa no teu propio pa\u00eds e en toda Europa. Mesmo poder\u00e1s chegar a formar outros docentes e compartir con as\u00ed os teus co\u00f1ecementos.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Para saber m\u00e1is sobre PLATON, visita este sitio web: <a href=\"http:\/\/platon-project.eu\/\">http:\/\/platon-project.eu\/<\/a><\/p>\n<p align=\"left\"><strong>9) Encontros e actividades globais en 2017<\/strong><\/p>\n<p align=\"left\">Aqu\u00ed tes unha listaxe de conferencias e actividades sobre educaci\u00f3n e investigaci\u00f3n astron\u00f3mica en todo o mundo. Planifica con tempo un ano cheo de acontecementos interesantes!<\/p>\n<p align=\"left\"><strong>Pr\u00f3ximas actividades<\/strong><\/p>\n<p>a) Obradoiro Museos de Astronom\u00eda, Centros de Visitantes e Observatorios P\u00fablicos<br \/>\n<em>Data:<\/em> do 27 ao 29 de setembro de 2017<br \/>\n<em>Lugar: <\/em>Leiden, Pa\u00edses Baixos<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n: <\/em><a href=\"https:\/\/www.communicatingastronomy.org\/visitorexperience\/\">https:\/\/www.communicatingastronomy.org\/visitorexperience\/<\/a><\/p>\n<p>b) Semana Mundial do Espazo 2017<br \/>\n<em>Data:<\/em> do 4 ao 10 de outubro de 2017<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> en todo o mundo<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"http:\/\/www.worldspaceweek.org\/theme\/\">http:\/\/www.worldspaceweek.org\/theme\/<\/a><\/p>\n<p>c) Noite Internacional de Observaci\u00f3n da L\u00faa<br \/>\n<em>Data:<\/em> 28 de outubro de 2017<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> en todo o mundo<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"http:\/\/observethemoonnight.org\/\">http:\/\/observethemoonnight.org\/<\/a><\/p>\n<p>d) Astr\u00f3nomos Novos do Leste Asi\u00e1tico 2017 (EAYAM2017)<br \/>\n<em>Data:<\/em> do 13 ao 17 de novembro de 2017<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Ishigaki, Okinawa, Xap\u00f3n<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"http:\/\/www-irc.mtk.nao.ac.jp\/eayam\/2017\/index.html\">http:\/\/www-irc.mtk.nao.ac.jp\/eayam\/2017\/index.html<\/a><\/p>\n<p>e) Astronomical Heritage of the Middle East<br \/>\n<em>Datas:<\/em> do 13 ao 17 de novembro<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Yerevan, Armenia<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"http:\/\/unesco.aras.am\/\">http:\/\/unesco.aras.am\/<\/a><\/p>\n<p>f) .Astronomy<br \/>\n<em>Data:<\/em> do 14 ao 17 de novembro de 2017<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Cidade do Cabo, Sud\u00e1frica<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"http:\/\/dotastronomy9.saao.ac.za\/\">http:\/\/dotastronomy9.saao.ac.za\/<\/a><\/p>\n<p>g) Astrobiolox\u00eda 2017<br \/>\n<em>Datas:<\/em> do 1 de novembro ao 1 de decembro de 2017<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Coyhaique, Chile<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"http:\/\/astrobiology2017.org\/\">http:\/\/astrobiology2017.org\/<\/a><\/p>\n<p>h) Comunicar Astronom\u00eda co P\u00fablico \u2013 CAP2018<br \/>\n<em>Data:<\/em> do 24 ao 28 de marzo de 2018<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Fukuoka, Xap\u00f3n<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"http:\/\/www.communicatingastronomy.org\/cap2018\/\">http:\/\/www.communicatingastronomy.org\/cap2018\/<\/a><\/p>\n<p>i) 15\u00ba Conferencia Internacional de Comunicaci\u00f3n P\u00fablica da Ciencia e Tecnolox\u00eda (PCST2018)<br \/>\n<em>Data<\/em>: do 4 ao 6 de abril de 2018<br \/>\n<em>Lugar<\/em>:\u00a0Dunedin, Nova Zelandia<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"http:\/\/www.pcst2018.org\/pcst18\">http:\/\/www.pcst2018.org\/pcst18<\/a><\/p>\n<p>l) Sociedade Planetaria Internacional 2018<br \/>\n<em>Data:<\/em> do 1 ao 6 de xullo de 2018<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Toulouse, Francia<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"http:\/\/www.ips-planetarium.org\/page\/IPS2018Toulouse\">http:\/\/www.ips-planetarium.org\/page\/IPS2018Toulouse<\/a><\/p>\n<p>Esquecemos algo? Ent\u00f3n comparte os teus encontros sobre educaci\u00f3n e divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica con n\u00f3s v\u00eda outreach@iau.org.<\/p>\n<p><strong>10) O bolet\u00edn de divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica da IAU noutros idiomas<\/strong><\/p>\n<p>-Traduci\u00f3n ao <strong>serbio<\/strong>, elaborada pola doutora Liliana Gracanin de Serbia: <a href=\"https:\/\/twitter.com\/IAU_srpski\">https:\/\/twitter.com\/IAU_srpski<\/a>;<\/p>\n<p>-Traduci\u00f3ns ao <strong>espa\u00f1ol<\/strong>, elaboradas por:<\/p>\n<p>Sof\u00eda Meneses-Goytia, doutora, investigadora asociada postdoutoral, Instituto de Cosmolox\u00eda e Gravitaci\u00f3n, Universidade de Portsmouth: <a href=\"http:\/\/bit.ly\/2rIqVGe\">http:\/\/bit.ly\/2rIqVGe<\/a>;<\/p>\n<p>Basilio Sol\u00eds-Castillo, estudante de doutorado, Instituto Max Planck de Radioastronom\u00eda, Universidade de Bonn: <a href=\"http:\/\/astronomia-para-todos.blogspot.de\">http:\/\/astronomia-para-todos.blogspot.de;<\/a><\/p>\n<p>ASAFILE, Asociaci\u00f3n de Astr\u00f3nomos Aficionados de Le\u00f3n, Nicaragua: <a href=\"http:\/\/asafile.blogspot.jp\/p\/blog-page_12.html\">http:\/\/asafile.blogspot.jp\/p\/blog-page_12.html<\/a>;<\/p>\n<p>-Se queres recibir a traduci\u00f3n ao <strong>xapon\u00e9s<\/strong> do bolet\u00edn, subscr\u00edbete \u00e1 Asociaci\u00f3n Xaponesa de Astr\u00f3nomos Afeccionados aqu\u00ed: <a href=\"http:\/\/www.jaaa-astro.jp\/jaaa-ml.html\">http:\/\/www.jaaa-astro.jp\/jaaa-ml.html<\/a>;<\/p>\n<p>-Traduci\u00f3ns ao <strong>galego<\/strong>, pola Agrupaci\u00f3n Astron\u00f3mica Coru\u00f1esa \u00cdo, en Espa\u00f1a, aqu\u00ed: <a href=\"http:\/\/agrupacionio.com\/gl\/tag\/boletin-iau\">http:\/\/agrupacionio.com\/gl\/tag\/boletin-iau<\/a>;<\/p>\n<p>\u2013<em>Podes atopar n\u00fameros antigos deste bolet\u00edn en espa\u00f1ol traducidos pola Sociedad Espa\u00f1ola de Astronom\u00eda neste enderezo: <a href=\"http:\/\/www.sea-astronomia.es\/drupal\/content\/newsletter-iau-noc\">http:\/\/www.sea-astronomia.es\/drupal\/content\/newsletter-iau-noc<\/a>;<\/em><\/p>\n<p>Se est\u00e1s interesado en traducir o noso bolet\u00edn ao teu idioma, por favor contacta con n\u00f3s v\u00eda outreach@iau.org.<\/p>\n<p><strong>11) Contribuci\u00f3ns ao bolet\u00edn de divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica da IAU<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">Na Oficina de Divulgaci\u00f3n Astron\u00f3mica da IAU sempre estamos buscando noticias sobre educaci\u00f3n e divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica en todo o mundo. Por favor, continuade compartindo as vosas historias con n\u00f3s en 2017! Se est\u00e1s organizando actividades a gran escala a nivel rexional ou internacional, ofreces postos de traballo de educaci\u00f3n e comunicaci\u00f3n da astronom\u00eda, tes proxectos innovadores ou historias inspiradoras, buscas colaboraci\u00f3n ProAm en astronom\u00eda ou creaches recursos educativos, f\u00e1inolo saber por correo electr\u00f3nico: outreach@iau.org.<\/p>\n<p><em>Traduci\u00f3n: Martin Pawley (Agrupaci\u00f3n \u00cdo). Podes consultar o bolet\u00edn en ingl\u00e9s <a href=\"http:\/\/us11.campaign-archive2.com\/?e=[UNIQID]&amp;u=0ecb46e29196a0f367daf3dd6&amp;id=2e99d062a9\">nesta ligaz\u00f3n.<\/a><\/em><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Bolet\u00edn de Divulgaci\u00f3n Astron\u00f3mica da Uni\u00f3n Astron\u00f3mica Internacional (IAU) Setembro 2017 #2 Neste bolet\u00edn: 0) Nota dos editores 1) IAU lanza astroEDU en italiano 2) Candidaturas ao Premio de Doutoramento IAU 3) Espazo de contacto da divulgaci\u00f3n nacional (NOC): Novas do Estado de Palestina 4) Espazo de contacto da divulgaci\u00f3n nacional (NOC): Novas de Corea do Sur 5) O blog do Observatorio Europeo Austral (ESO)&#8230; <\/p>\n<p class=\"more\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/boletin-divulgacion-astronomica-da-iau-setembro-2017-2\/\">Read More<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[51],"tags":[188],"class_list":["post-4121","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-noticias-gl","tag-boletin-iau"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4121","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=4121"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4121\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=4121"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=4121"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=4121"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}