{"id":4107,"date":"2017-09-15T02:12:00","date_gmt":"2017-09-15T00:12:00","guid":{"rendered":"http:\/\/agrupacionio.com\/?p=4107"},"modified":"2019-10-15T10:16:59","modified_gmt":"2019-10-15T10:16:59","slug":"cassini-primeira-persoa","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/cassini-primeira-persoa\/","title":{"rendered":"Cassini en primeira persoa"},"content":{"rendered":"<p>Dende ben cativo gustei de mirar as estrelas, mais daquela non sab\u00eda distinguilas dos planetas.<\/p>\n<p>Cando por fin ollei por primeira vez Saturno a trav\u00e9s dun telescopio, namoreime definitivamente da Astronom\u00eda. Poder ver cos meus ollos os aneis que rodeaban aquel mundo impresionoume e f\u00edxome desexar velo m\u00e1is de preto, mais por moitos aumentos que lle metese ao telescopio a vista segu\u00eda sendo aproximadamente a mesma. Xa vira moitas fotograf\u00edas de Saturno e parec\u00edame marabilloso pola perfecci\u00f3n dos seus aneis, mais qued\u00e1bame por vivir a \u00e9poca que nos abriu a sonda Cassini-Huygens.<\/p>\n<p>Cassini-Huygens \u00e9 un proxecto da ESA, a NASA e mais a ASI destinada a estudar Saturno e as s\u00faas l\u00faas. Despegou de Cabo Ca\u00f1averal o 15 de outubro de 1997 e chegou \u00e1 \u00f3rbita de Saturno o 1 de xullo de 2004, case 7 anos de viaxe polo espazo aproveitando a asistencia gravitacional da Terra, Venus e X\u00fapiter, sacando imaxes nunca vistas destes planetas, asteroides que atopou no seu cami\u00f1o polo sistema solar e descubrindo novos sat\u00e9lites desco\u00f1ecidos at\u00e9 daquela.<\/p>\n<p>A duraci\u00f3n da misi\u00f3n estaba calculada para 4 anos, mais sufriu d\u00faas ampliaci\u00f3ns e chegou at\u00e9 os nosos d\u00edas. Como est\u00e1 a rematar o combustible e para que non quede vagando polo espazo e poida contaminar algunha l\u00faa ou ao\u00a0propio Saturno, preferiron desintegrala na atmosfera deste planeta.<\/p>\n<p>A sonda Huygens desprendeuse da Cassini o d\u00eda 25 de decembro de 2004 para pousarse na superficie de Tit\u00e1n, a l\u00faa m\u00e1is grande de Saturno o 15 de xaneiro de 2005. Amosounos imaxes dun novo mundo. Pola s\u00faa parte, Cassini continuou a s\u00faa viaxe fotografando e estudando tanto os aneis como as tormentas de Saturno cunha definici\u00f3n que nunca poderemos esquecer. Tam\u00e9n, fotografou Mimas, que nos sorprendeu polo seu parecido coa \u00abEstrela da morte\u00bb da saga Stars Wars. En marzo deste mesmo ano enviounos fotos da l\u00faa pastora Pan que semella un \u201cravioli\u201d ou unha empanadilla. Pareidolia pura e dura, mais divertida.<\/p>\n<p style=\"text-align: left;\">No sobrevoo das l\u00faas, descubriu en Enc\u00e9lado a s\u00faa superficie xeada e as \u00abplumas\u00bb de auga expulsada no seu polo sur, descubrindo que conte\u00f1en di\u00f3xido de carbono e hidr\u00f3xeno molecular, o que da p\u00e9 a preguntarse pola posibilidade de que existan os materiais nos que se basea a vida. Atopou probas tam\u00e9n dun gran dep\u00f3sito de auga salgada baixo a codia.<\/p>\n<p>Na \u00faltima etapa da s\u00faa vida, Cassini realizou 22 arriscadas inmersi\u00f3ns entre Saturno e os seus aneis obtendo datos sobre os campos magn\u00e9ticos e a gravidade do planeta e das part\u00edculas e materiais que forman os aneis. Continuar\u00e1 enviando datos cando se dirixa cami\u00f1o da s\u00faa destruci\u00f3n ao enfocar a s\u00faa antena cara \u00e1 Terra e perderemos o contacto con ela \u00e1s 13:55 ( hora local ) do 15 de setembro de 2017.<\/p>\n<p>Por todos eses descubrimentos que nos amosou e por toda a ciencia que est\u00e1 por vir cando se analicen os datos que enviou e enviar\u00e1, moit\u00edsimas grazas, Cassini. Foi unha honra vivir esta aventura contigo.<\/p>\n<div style=\"width: 320px;\" class=\"wp-video\"><video class=\"wp-video-shortcode\" id=\"video-4107-2\" width=\"320\" height=\"240\" preload=\"metadata\" controls=\"controls\"><source type=\"video\/webm\" src=\"http:\/\/agrupacionio.com\/wp-content\/uploads\/2017\/09\/Cassini-huygens_cass_schi_mov_br575.ogv.240p.webm?_=2\" \/><a href=\"http:\/\/agrupacionio.com\/wp-content\/uploads\/2017\/09\/Cassini-huygens_cass_schi_mov_br575.ogv.240p.webm\">http:\/\/agrupacionio.com\/wp-content\/uploads\/2017\/09\/Cassini-huygens_cass_schi_mov_br575.ogv.240p.webm<\/a><\/video><\/div>\n<p style=\"text-align: left;\">Imaxe: NASA.<\/p>\n<p>Escrito por Xo\u00e1n Cardelle (Presidente da Agrupaci\u00f3n \u00cdo)<\/p>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Dende ben cativo gustei de mirar as estrelas, mais daquela non sab\u00eda distinguilas dos planetas. Cando por fin ollei por primeira vez Saturno a trav\u00e9s dun telescopio, namoreime definitivamente da Astronom\u00eda. Poder ver cos meus ollos os aneis que rodeaban aquel mundo impresionoume e f\u00edxome desexar velo m\u00e1is de preto, mais por moitos aumentos que lle metese ao telescopio a vista segu\u00eda sendo aproximadamente a&#8230; <\/p>\n<p class=\"more\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/cassini-primeira-persoa\/\">Read More<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[10],"tags":[236,237,338],"class_list":["post-4107","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-astronautica-gl","tag-cassini","tag-the-grand-finale","tag-xoan-cardelle"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4107","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=4107"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4107\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":10753,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4107\/revisions\/10753"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=4107"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=4107"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=4107"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}