{"id":4068,"date":"2017-08-23T13:21:29","date_gmt":"2017-08-23T11:21:29","guid":{"rendered":"http:\/\/agrupacionio.com\/?p=4068"},"modified":"2017-08-23T13:21:29","modified_gmt":"2017-08-23T11:21:29","slug":"boletin-divulgacion-astronomica-da-iau-agosto-2017-2","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/boletin-divulgacion-astronomica-da-iau-agosto-2017-2\/","title":{"rendered":"Bolet\u00edn de divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica da IAU: Agosto 2017 #2"},"content":{"rendered":"<p><img fetchpriority=\"high\" decoding=\"async\" class=\"aligncenter size-full wp-image-3863\" src=\"http:\/\/agrupacionio.com\/wp-content\/uploads\/2017\/05\/IAU-Bolet\u00edn-Blog.jpg\" alt=\"IAU Bolet\u00edn Blog\" width=\"600\" height=\"360\" srcset=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2017\/05\/IAU-Bolet\u00edn-Blog.jpg 600w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2017\/05\/IAU-Bolet\u00edn-Blog-300x180.jpg 300w\" sizes=\"(max-width: 600px) 100vw, 600px\" \/><\/p>\n<p><strong>Bolet\u00edn de Divulgaci\u00f3n Astron\u00f3mica da Uni\u00f3n Astron\u00f3mica Internacional (<a href=\"http:\/\/www.iau.org\/\">IAU<\/a>)<\/strong><\/p>\n<p><strong>Agosto 2017 #2<\/strong><\/p>\n<p align=\"left\">Neste bolet\u00edn:<\/p>\n<p>0) Nota dos editores<br \/>\n1) Rede de Traduci\u00f3n Astron\u00f3mica \u2013 Chamada a colaboraci\u00f3n<br \/>\n2) Focus Meeting 14 (FM14): rol da IAU na divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica global, \u00faltimos desaf\u00edos e como tender pontes entre diferentes comunidades<br \/>\n3) Oficina IAU de Astronom\u00eda para o Desenvolvemento \u2013 Proxecto AstroSENSE<br \/>\n4) Espazo de contacto da divulgaci\u00f3n nacional (NOC): Novas de Indonesia<br \/>\n5) Slooh pon de balde a observaci\u00f3n do espazo exterior<br \/>\n6) Revista Latinoamericana de Educaci\u00f3n Astron\u00f3mica (RELEA)<br \/>\n7) ALMA na escola \u2013 Manual de radioastronom\u00eda para profesores<br \/>\n8) Conferencia Internacional UNESCO sobre \u201cPatrimonio Astron\u00f3mico no Oriente Medio\u201d<br \/>\n9) Encontros e actividades globais<br \/>\n10) O bolet\u00edn de divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica da IAU noutros idiomas<br \/>\n11) Contribuci\u00f3ns ao bolet\u00edn de divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica da IAU<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\"><strong>0) Nota dos editores<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">O noso proxecto m\u00e1is recente, a Rede de Traduci\u00f3n Astron\u00f3mica, anda na procura de apoio. Podes colaborar envi\u00e1ndonos as t\u00faas recomendaci\u00f3ns sobre que recursos pensas que deber\u00edan ser traducidos ao teu idioma.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">Neste n\u00famero, destacamos o proxecto Slooh que abrir\u00e1 ao p\u00fablico de forma gratu\u00edta o uso en vivo dos seus telescopios; o \u00faltimo n\u00famero da Revista Latinoamericana de Educaci\u00f3n Astron\u00f3mica (RELEA), que est\u00e1 xa en Internet, e a conferencia UNESCO \u201cPatrimonio Astron\u00f3mico do Oriente Medio\u201d.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">O noso equipo agarda que tiverades unhas excelentes celebraci\u00f3ns da eclipse solar total o 21 de agosto e que nos mandedes historias das vosas experiencias a trav\u00e9s do noso correo electr\u00f3nico outreach[at]iau.org.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">Feliz lectura e ceos despexados!<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">O equipo da Oficina para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda da IAU<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\"><strong>1) Rede de Traduci\u00f3n Astron\u00f3mica \u2013 Chamada a colaboraci\u00f3n<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">O proxecto \u201cRede de Traduci\u00f3n Astron\u00f3mica\u201d desenvolveu unha enquisa co apoio de Astr\u00f3nomos Sen Fronteiras (AWB) para recoller potenciais resultados valiosos para educaci\u00f3n e divulgaci\u00f3n astron\u00f3micas que poidan ser traducidos no marco desta iniciativa. Se tes algunha recomendaci\u00f3n, gustar\u00edanos que participases na enquisa. Leva arredor de 6 minutos completala. A t\u00faa contribuci\u00f3n axudaranos a entender as necesidades de traduci\u00f3n de recursos para que o proxecto satisfaga mellor as necesidades da comunidade. O noso equipo d\u00e1che as grazas por adiantado pola t\u00faa participaci\u00f3n!<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">Tes m\u00e1is informaci\u00f3n sobre o proxecto aqu\u00ed: <a href=\"http:\/\/translation.astro4dev.org\">http:\/\/translation.astro4dev.org<\/a><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\"><strong>2) Focus Meeting 14 (FM14): rol da IAU na divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica global, \u00faltimos desaf\u00edos e como tender pontes entre diferentes comunidades<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">O IAU GA representa unha excelente oportunidade para tender pontes entre as comunidades de investigaci\u00f3n e divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica e para axudar aos cient\u00edficos a preparar mellor as actividades de divulgaci\u00f3n. O noso Focus Meeting (FM14) celebrarase durante a pr\u00f3xima IAU GA en Viena e est\u00e1 promovido pola Oficina IAU de Divulgaci\u00f3n Astron\u00f3mica e apoiada por parceiros da comunidade de divulgadores astron\u00f3micos en todo o mundo. FM14 intenta atopar novas maneiras efectivas e innovadoras de vincular astr\u00f3nomos coa comunidade de divulgadores astron\u00f3micos e en \u00faltima instancia facilitar o fluxo da investigaci\u00f3n de vangarda para que chegue ao p\u00fablico xeral.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">Para estar ao d\u00eda de m\u00e1is informaci\u00f3n e detalles do encontro, pica aqu\u00ed: <a href=\"https:\/\/www.iau.org\/science\/events\/1338\/\">https:\/\/www.iau.org\/science\/events\/1338\/<\/a><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\"><strong>3) Oficina IAU de Astronom\u00eda para o Desenvolvemento \u2013 Proxecto AstroSENSE<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">AstroSENSE \u00e9 un proxecto da Oficina de Astronom\u00eda para o Desenvolvemento (OAD) liderado pola doutora Wanda Diaz-Merced, unha astrof\u00edsica cega e cient\u00edfica inform\u00e1tica que desenvolve software de an\u00e1lise de datos astron\u00f3micos a trav\u00e9s do son. Ademais, OAD apoia iniciativas no desenvolvemento de recursos astron\u00f3micos t\u00e1ctiles, como a L\u00faa 3D, desenvolvida por \u201cTouch of the Universe\u201d. Alg\u00fans dos \u00faltimos proxectos son: dous p\u00f3sters cient\u00edficos presentados no encontro da Sociedade Astron\u00f3mica Americana (AAS) sobre a <a href=\"http:\/\/adsabs.harvard.edu\/abs\/2017reph.conf20201D\">sonificaci\u00f3n da busca de planetas extrasolares<\/a> e o <a href=\"https:\/\/aas230-aas.ipostersessions.com\/default.aspx?s=C3-F1-D8-F2-1E-92-81-A7-8F-13-21-37-3E-0F-CB-29\">primeiro ano do Grupo AAS sobre accesibilidade e discapacidade (WGAD) \u2013 Aspectos destacados e acceso \u00e1 base de datos<\/a>, e <a href=\"http:\/\/www.fas.harvard.edu\/~astrolab\/eclipse.html\">a emisi\u00f3n sonora ao vivo da eclipse do 21 de agosto de 2017<\/a>.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">M\u00e1is informaci\u00f3n sobre este proxecto: <a href=\"http:\/\/www.astro4dev.org\/oad-activities\/astrosense\/\">http:\/\/www.astro4dev.org\/oad-activities\/astrosense\/<\/a><\/p>\n<p><strong>4) Espazo de contacto da divulgaci\u00f3n nacional (NOC): Novas de Indonesia<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">a) Oportunidade para que aprendan astronom\u00eda as persoas con problemas visuais<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">As imaxes e historias descritivas son ferramentas poderosas para crear emoci\u00f3n e captar a atenci\u00f3n da xente. A astronom\u00eda como estudo observacional que \u00e9 repousa fortemente no sentido da vista para comprender os obxectos e fen\u00f3menos astron\u00f3micos. Para as persoas cegas ou discapacitadas visuais, moitos dos conceptos visuais e descritivos poden ser moi dif\u00edciles de comprender. Os equipos de UNAWE Indonesia e o Observatorio Bosscha desenvolveron actividades manuais e t\u00e1ctiles simples e que pode facer un mesmo, con recursos de uso diario e materiais de baixo custo. As actividades realizadas proporcionaron informaci\u00f3n sobre como desenvolver mellor recursos que axuden a este p\u00fablico a entender os conceptos astron\u00f3micos.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">M\u00e1is informaci\u00f3n sobre o proxecto, aqu\u00ed: <a href=\"http:\/\/bit.ly\/2xaZKE5\">http:\/\/bit.ly\/2xaZKE5<\/a><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\"><strong>b) Xuntanza de Astron\u00f3mos Amadores de Indonesia (JANAKA)<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">A misi\u00f3n da xuntanza de clubes astron\u00f3micos nacionais (JANAKA) \u00e9 compartir co\u00f1ecemento astron\u00f3mico e formar relaci\u00f3ns entre os afeccionados \u00e1 astronom\u00eda. As actividades propostas pretenden establecer comunicaci\u00f3n entre clubs de astronom\u00eda por toda Indonesia, e fortalecer o esp\u00edrito e motivaci\u00f3n dos diferentes clubs participantes para o avance da astronom\u00eda na rexi\u00f3n e en Indonesia en xeral. Astr\u00f3nomos afeccionados de varios clubs intercambiar\u00e1n experiencias sobre as actividades de cada un, festas astron\u00f3micas (\u201cstar parties\u201d), conferencias sobre astron\u00f3m\u00eda etc. O Jambore Nasional Klub Astronomi (Janaka) celebrarase en Lapan, Xava Oriental, do 22 ao 24 de setembro de 2017.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">M\u00e1is informaci\u00f3n (en indonesio): <a href=\"http:\/\/jamboreastronomi.id\">http:\/\/jamboreastronomi.id<\/a><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\"><strong>5) Slooh pon de balde a observaci\u00f3n do espazo exterior<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">Despois de catorce anos de desenvolvemento dunha rede de telescopios globais e de monitorizar telescopios rob\u00f3ticos localizados en sitios de observaci\u00f3n de primeira clase, Slooh abre as sesi\u00f3ns en directo co telescopio ao p\u00fablico global de forma gratu\u00edta en beneficio da s\u00faa misi\u00f3n de conectar a toda a humanidade a trav\u00e9s da exploraci\u00f3n conxunta do Universo. Os membros de Free Slooh ter\u00e1n acceso a todas sesi\u00f3ns de telescopio e poder\u00e1n captar un n\u00famero limitado de fotos e participar da s\u00faa comunidade virtual.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">M\u00e1is informaci\u00f3n sobre o proxecto: <a href=\"https:\/\/slooh.com\/\">https:\/\/slooh.com\/<\/a><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\"><strong>6) Revista Latinoamericana de Educaci\u00f3n Astron\u00f3mica (RELEA)<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">O n\u00famero 23 da Revista Latinoamericana de Educaci\u00f3n Astron\u00f3mica (RELEA) est\u00e1 xa dispo\u00f1\u00edbel. RELEA axuda a fortalecer e consolidar a educaci\u00f3n astron\u00f3mica na Am\u00e9rica Latina e m\u00e1is al\u00e1. Aceptan artigos orixinais e in\u00e9ditos que conte\u00f1an investigaci\u00f3n emp\u00edrica, ensaios te\u00f3ricos e recensi\u00f3ns de interese no campo da educaci\u00f3n astron\u00f3mica. Os artigos poden estar escritos en portugu\u00e9s, espa\u00f1ol ou ingl\u00e9s. Podes atopar as directrices para os autores no sitio web (<a href=\"http:\/\/www.relea.ufscar.br\/\">www.relea.ufscar.br<\/a>). Para contactar co equipo editorial, emprega o seguinte correo electr\u00f3nico: relea[at]ufscar.br.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">Podes atopar o \u00faltimo n\u00fameo neste enderezo: <a href=\"http:\/\/www.relea.ufscar.br\/\">www.relea.ufscar.br<\/a> (a primeira p\u00e1xina est\u00e1 en portugu\u00e9s, mais podes cambiar a espa\u00f1ol ou ingl\u00e9s usando o men\u00fa da dereita).<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\"><strong>7) ALMA na escola \u2013 Manual de radioastronom\u00eda para profesores<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">Revelar todos os segredos do universo dar\u00e1 traballo a moitas m\u00e1is xeraci\u00f3ns de astr\u00f3nomos. Por iso \u00e9 tan importante para o futuro da astronom\u00eda, e para a ciencia en xeral, prender o interese dos nenos e axudar aos profesores a guiar a s\u00faa aprendizaxe. O manual ALMA est\u00e1 dese\u00f1ado principalmente para profesores que queiran aumentar o seu co\u00f1ecemento da radioastronom\u00eda en xeral e do Observatorio ALMA en particular. Cont\u00e9n actividades que poden ser usadas na aula ou en obradoiros extracurriculares.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">Podes acceder ao manual ALMA na escola aqu\u00ed: <a href=\"http:\/\/bit.ly\/2xrndAa\">http:\/\/bit.ly\/2xrndAa<\/a><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">Tes m\u00e1is informaci\u00f3n das publicaci\u00f3ns de ALMA neste enderezo: <a href=\"http:\/\/www.almaobservatory.org\/en\/publications\/\">http:\/\/www.almaobservatory.org\/en\/publications\/<\/a><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\"><strong>8) Conferencia Internacional UNESCO sobre \u201cPatrimonio Astron\u00f3mico no Oriente Medio\u201d<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">A Conferencia Internacional UNESCO sobre \u201cPatrimonio Astron\u00f3mico no Oriente Medio\u201d est\u00e1 dedicada ao rol da astronom\u00eda na cultura e outros campos da actividade humana e o desenvolvemento destas \u00e1reas polo co\u00f1ecemento obtido do universo. A conferencia celebrarase do 13 ao 17 de novembro en Yerevan, Armenia. UNESCO achega bolsas aos participantes que cobren parte dos gastos de asistencia. O SOC desexa apoiar a cient\u00edficos cualificados que dispo\u00f1en de limitados medios, por exemplo colegas de pa\u00edses con econom\u00edas menos privilexiadas e cient\u00edficos mozos. A data l\u00edmite para solicitar bolsas de viaxe \u00e9 o 31 de agosto.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">M\u00e1is informaci\u00f3n: <a href=\"http:\/\/heritage.aras.am\/\">http:\/\/heritage.aras.am\/<\/a><\/p>\n<p align=\"left\"><strong>9) Encontros e actividades globais en 2017<\/strong><\/p>\n<p align=\"left\">Aqu\u00ed tes unha listaxe de conferencias e actividades sobre educaci\u00f3n e investigaci\u00f3n astron\u00f3mica en todo o mundo. Planifica con tempo un ano cheo de acontecementos interesantes!<\/p>\n<p align=\"left\"><strong>Datas importantes<br \/>\n<\/strong><\/p>\n<p align=\"left\">Astronomical Heritage of the Middle East<em><br \/>\n<strong>Data l\u00edmite para solicitude de bolsas:<\/strong><\/em> 31 de agosto de 2017<em><br \/>\nDatas:<\/em> do 13 ao 17 de novembro<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Yerevan, Armenia<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"http:\/\/unesco.aras.am\/\">http:\/\/unesco.aras.am\/<\/a><\/p>\n<p align=\"left\"><strong>Pr\u00f3ximas actividades<\/strong><\/p>\n<p>a) Escola de ver\u00e1n de comunicaci\u00f3n da ciencia Euro-Mediterr\u00e1neo e Oriente Medio (EMME)<br \/>\n<em>Data:<\/em> do 10 ao 15 de setembro de 2017<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> N\u00e1poles, Italia<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"http:\/\/www.cittadellascienza.it\/emme2017\/\">http:\/\/www.cittadellascienza.it\/emme2017\/<\/a><\/p>\n<p>b) Congreso Europeo de Ciencia Planetaria 2017<br \/>\n<em>Data:<\/em> do 17 ao 22 de setembro de 2017<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Radisson Blu Hotel Latvija, Riga, Letonia<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"http:\/\/www.epsc2017.eu\/\">http:\/\/www.epsc2017.eu\/<\/a><\/p>\n<p>c) 3\u00aa Simposio COSPAR<br \/>\n<em>Data:<\/em> do 18 ao 22 de setembro de 2017<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Illa Jeju, Corea do Sur<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"https:\/\/cosparhq.cnes.fr\/\">https:\/\/cosparhq.cnes.fr\/<\/a><\/p>\n<p>d) Obradoiro Museos de Astronom\u00eda, Centros de Visitantes e Observatorios P\u00fablicos<br \/>\n<em>Data:<\/em> do 27 ao 29 de setembro de 2017<br \/>\n<em>Lugar: <\/em>Leiden, Pa\u00edses Baixos<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n: <\/em><a href=\"https:\/\/www.communicatingastronomy.org\/visitorexperience\/\">https:\/\/www.communicatingastronomy.org\/visitorexperience\/<\/a><\/p>\n<p>e) Semana Mundial do Espazo 2017<br \/>\n<em>Data:<\/em> do 4 ao 10 de outubro de 2017<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> en todo o mundo<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"http:\/\/www.worldspaceweek.org\/theme\/\">http:\/\/www.worldspaceweek.org\/theme\/<\/a><\/p>\n<p>f) Noite Internacional de Observaci\u00f3n da L\u00faa<br \/>\n<em>Data:<\/em> 28 de outubro de 2017<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> en todo o mundo<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"http:\/\/observethemoonnight.org\/\">http:\/\/observethemoonnight.org\/<\/a><\/p>\n<p>g) Astr\u00f3nomos Novos do Leste Asi\u00e1tico 2017 (EAYAM2017)<br \/>\n<em>Data:<\/em> do 13 ao 17 de novembro de 2017<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Ishigaki, Okinawa, Xap\u00f3n<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"http:\/\/www-irc.mtk.nao.ac.jp\/eayam\/2017\/index.html\">http:\/\/www-irc.mtk.nao.ac.jp\/eayam\/2017\/index.html<\/a><\/p>\n<p>h) Astronomical Heritage of the Middle East<br \/>\n<em>Datas:<\/em> do 13 ao 17 de novembro<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Yerevan, Armenia<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"http:\/\/unesco.aras.am\/\">http:\/\/unesco.aras.am\/<\/a><\/p>\n<p>i) .Astronomy<br \/>\n<em>Data:<\/em> do 14 ao 17 de novembro de 2017<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Cidade do Cabo, Sud\u00e1frica<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"http:\/\/dotastronomy9.saao.ac.za\/\">http:\/\/dotastronomy9.saao.ac.za\/<\/a><\/p>\n<p>l) Astrobiolox\u00eda 2017<br \/>\n<em>Datas:<\/em> do 1 de novembro ao 1 de decembro de 2017<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Coyhaique, Chile<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"http:\/\/astrobiology2017.org\/\">http:\/\/astrobiology2017.org\/<\/a><\/p>\n<p>m) Comunicar Astronom\u00eda co P\u00fablico \u2013 CAP2018<br \/>\n<em>Data:<\/em> do 24 ao 28 de marzo de 2018<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Fukuoka, Xap\u00f3n<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"http:\/\/www.communicatingastronomy.org\/cap2018\/\">http:\/\/www.communicatingastronomy.org\/cap2018\/<\/a><\/p>\n<p>n) 15\u00ba Conferencia Internacional de Comunicaci\u00f3n P\u00fablica da Ciencia e Tecnolox\u00eda (PCST2018)<br \/>\n<em>Data<\/em>: do 4 ao 6 de abril de 2018<br \/>\n<em>Lugar<\/em>:\u00a0Dunedin, Nova Zelandia<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"http:\/\/www.pcst2018.org\/pcst18\">http:\/\/www.pcst2018.org\/pcst18<\/a><\/p>\n<p>\u00f1) Sociedade Planetaria Internacional 2018<br \/>\n<em>Data:<\/em> do 1 ao 6 de xullo de 2018<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Toulouse, Francia<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"http:\/\/www.ips-planetarium.org\/page\/IPS2018Toulouse\">http:\/\/www.ips-planetarium.org\/page\/IPS2018Toulouse<\/a><\/p>\n<p>Esquecemos algo? Ent\u00f3n comparte os teus encontros sobre educaci\u00f3n e divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica con n\u00f3s v\u00eda outreach@iau.org.<\/p>\n<p><strong>10) O bolet\u00edn de divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica da IAU noutros idiomas<\/strong><\/p>\n<p>-Traduci\u00f3n ao <strong>serbio<\/strong>, elaborada pola doutora Liliana Gracanin de Serbia: <a href=\"https:\/\/twitter.com\/IAU_srpski\">https:\/\/twitter.com\/IAU_srpski<\/a>;<\/p>\n<p>-Traduci\u00f3ns ao <strong>espa\u00f1ol<\/strong>, elaboradas por:<\/p>\n<p>Sof\u00eda Meneses-Goytia, doutora, investigadora asociada postdoutoral, Instituto de Cosmolox\u00eda e Gravitaci\u00f3n, Universidade de Portsmouth: <a href=\"http:\/\/bit.ly\/2rIqVGe\">http:\/\/bit.ly\/2rIqVGe<\/a>;<\/p>\n<p>Basilio Sol\u00eds-Castillo, estudante de doutorado, Instituto Max Planck de Radioastronom\u00eda, Universidade de Bonn: <a href=\"http:\/\/astronomia-para-todos.blogspot.de\">http:\/\/astronomia-para-todos.blogspot.de;<\/a><\/p>\n<p>ASAFILE, Asociaci\u00f3n de Astr\u00f3nomos Aficionados de Le\u00f3n, Nicaragua: <a href=\"http:\/\/asafile.blogspot.jp\/p\/blog-page_12.html\">http:\/\/asafile.blogspot.jp\/p\/blog-page_12.html<\/a>;<\/p>\n<p>-Se queres recibir a traduci\u00f3n ao <strong>xapon\u00e9s<\/strong> do bolet\u00edn, subscr\u00edbete \u00e1 Asociaci\u00f3n Xaponesa de Astr\u00f3nomos Afeccionados aqu\u00ed: <a href=\"http:\/\/www.jaaa-astro.jp\/jaaa-ml.html\">http:\/\/www.jaaa-astro.jp\/jaaa-ml.html<\/a>;<\/p>\n<p>-Traduci\u00f3ns ao <strong>galego<\/strong>, pola Agrupaci\u00f3n Astron\u00f3mica Coru\u00f1esa \u00cdo, en Espa\u00f1a, aqu\u00ed: <a href=\"http:\/\/agrupacionio.com\/gl\/tag\/boletin-iau\">http:\/\/agrupacionio.com\/gl\/tag\/boletin-iau<\/a>;<\/p>\n<p>\u2013<em>Podes atopar n\u00fameros antigos deste bolet\u00edn en espa\u00f1ol traducidos pola Sociedad Espa\u00f1ola de Astronom\u00eda neste enderezo: <a href=\"http:\/\/www.sea-astronomia.es\/drupal\/content\/newsletter-iau-noc\">http:\/\/www.sea-astronomia.es\/drupal\/content\/newsletter-iau-noc<\/a>;<\/em><\/p>\n<p>Se est\u00e1s interesado en traducir o noso bolet\u00edn ao teu idioma, por favor contacta con n\u00f3s v\u00eda outreach@iau.org.<\/p>\n<p><strong>11) Contribuci\u00f3ns ao bolet\u00edn de divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica da IAU<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">Na Oficina de Divulgaci\u00f3n Astron\u00f3mica da IAU sempre estamos buscando noticias sobre educaci\u00f3n e divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica en todo o mundo. Por favor, continuade compartindo as vosas historias con n\u00f3s en 2017! Se est\u00e1s organizando actividades a gran escala a nivel rexional ou internacional, ofreces postos de traballo de educaci\u00f3n e comunicaci\u00f3n da astronom\u00eda, tes proxectos innovadores ou historias inspiradoras, buscas colaboraci\u00f3n ProAm en astronom\u00eda ou creaches recursos educativos, f\u00e1inolo saber por correo electr\u00f3nico: outreach@iau.org.<\/p>\n<p><em>Traduci\u00f3n: Martin Pawley (Agrupaci\u00f3n \u00cdo). Podes consultar o bolet\u00edn en ingl\u00e9s <a href=\"http:\/\/us11.campaign-archive1.com\/?e=&amp;u=0ecb46e29196a0f367daf3dd6&amp;id=2d63aab536\">nesta ligaz\u00f3n.<\/a><\/em><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Bolet\u00edn de Divulgaci\u00f3n Astron\u00f3mica da Uni\u00f3n Astron\u00f3mica Internacional (IAU) Agosto 2017 #2 Neste bolet\u00edn: 0) Nota dos editores 1) Rede de Traduci\u00f3n Astron\u00f3mica \u2013 Chamada a colaboraci\u00f3n 2) Focus Meeting 14 (FM14): rol da IAU na divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica global, \u00faltimos desaf\u00edos e como tender pontes entre diferentes comunidades 3) Oficina IAU de Astronom\u00eda para o Desenvolvemento \u2013 Proxecto AstroSENSE 4) Espazo de contacto da divulgaci\u00f3n&#8230; <\/p>\n<p class=\"more\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/boletin-divulgacion-astronomica-da-iau-agosto-2017-2\/\">Read More<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[51],"tags":[188],"class_list":["post-4068","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-noticias-gl","tag-boletin-iau"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4068","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=4068"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/4068\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=4068"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=4068"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=4068"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}