{"id":3646,"date":"2017-02-28T19:34:26","date_gmt":"2017-02-28T17:34:26","guid":{"rendered":"http:\/\/agrupacionio.com\/?p=3646"},"modified":"2019-10-15T10:16:59","modified_gmt":"2019-10-15T10:16:59","slug":"antroido-semana-santa-e-astronomia","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/antroido-semana-santa-e-astronomia\/","title":{"rendered":"Antroido, Semana Santa e astronom\u00eda"},"content":{"rendered":"<p style=\"text-align: justify;\"><img fetchpriority=\"high\" decoding=\"async\" class=\"alignleft wp-image-3647 size-medium\" src=\"http:\/\/agrupacionio.com\/wp-content\/uploads\/2017\/02\/SemanaSanta-300x199.jpg\" alt=\"SemanaSanta\" width=\"300\" height=\"199\" srcset=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2017\/02\/SemanaSanta-300x199.jpg 300w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2017\/02\/SemanaSanta.jpg 500w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/>A diferenza doutras festividades de orixe relixiosa que te\u00f1en data fixa, caso do Nadal, a Semana Santa cambia de datas cada ano. Var\u00eda, mais non demasiado: o venres santo, por exemplo, nunca cae o 5 de marzo e tampouco nunca o 30 de abril. A posici\u00f3n no calendario da Semana Santa tira o Antroido cara adiante ou cara atr\u00e1s, pois como ben sabemos as d\u00faas celebraci\u00f3ns est\u00e1n conectadas no tempo. O que non \u00e9 tan co\u00f1ecido \u00e9 como se determinan esas datas, que obedecen a raz\u00f3ns astron\u00f3micas.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Empecemos polo Antroido, xa que estamos nel. Uns d\u00edas de festa e transgresi\u00f3n que anteceden \u00e1 Coresma cristi\u00e1, o per\u00edodo de corenta d\u00edas de preparaci\u00f3n da Pascua no calendario lit\u00farxico. O primeiro d\u00eda da Coresma \u00e9 o M\u00e9rcores de Cinza, que precede en corenta d\u00edas ao domingo anterior ao de resurrecci\u00f3n, o chamado \u201cdomingo de ramos\u201d. O final do Carnaval e o comezo da Coresma v\u00e9n marcado, pois, por unha data da Semana Santa.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Queda por aclarar como se determina a Semana Santa e aqu\u00ed \u00e9 cando entra a astronom\u00eda. A regra b\u00e1sica \u00e9 esta: o Domingo de Resurrecci\u00f3n \u00e9 o primeiro domingo despois da primeira L\u00faa Chea da primavera (a primeira L\u00faa Chea logo do equinoccio de primavera). A conexi\u00f3n lunar (e equinoccial) v\u00e9n da tradici\u00f3n orixinal xud\u00eda, que emprega un calendario de tipo lunisolar, isto \u00e9, toma coma referencia para os meses \u201ca L\u00faa\u201d e completa periodicamente a diferenza de d\u00edas respecto do ciclo solar engadindo cada dous ou tres anos un mes adicional (lembrade que doce lunaci\u00f3ns son 12*29,5=354 d\u00edas, once menos que o ano solar).<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><img decoding=\"async\" class=\"aligncenter size-full wp-image-3648\" src=\"http:\/\/agrupacionio.com\/wp-content\/uploads\/2017\/02\/DataSemanaSanta.jpg\" alt=\"DataSemanaSanta\" width=\"994\" height=\"640\" srcset=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2017\/02\/DataSemanaSanta.jpg 994w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2017\/02\/DataSemanaSanta-300x193.jpg 300w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2017\/02\/DataSemanaSanta-768x494.jpg 768w\" sizes=\"(max-width: 994px) 100vw, 994px\" \/><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Nas fases iniciais da Igrexa Cristi\u00e1 conviv\u00edan en funci\u00f3n dos lugares diferentes criterios para moitas cousas, entre elas a data da Pascua; alg\u00fan peg\u00e1banse m\u00e1is \u00e1 orixe hebraica, outros eran m\u00e1is pr\u00f3ximos aos mandatos de Roma. O <a href=\"https:\/\/en.wikipedia.org\/wiki\/First_Council_of_Nicaea\">Concilio de Nicea<\/a> -hoxe Iznik, en Turqu\u00eda- do ano 325 foi o primeiro gran encontro de bispos da cristiandade organizado coa intenci\u00f3n de ordenar usos e costumes. O Concilio tivo unha enorme importancia na fixaci\u00f3n de dogmas e normas para o futuro da Igrexa, dende a natureza de Xesucristo coma fillo de Deus at\u00e9 a prohibici\u00f3n da autocastraci\u00f3n, que nin era infrecuente nin era rexeitada no cristianismo antigo. Outra das decisi\u00f3ns do Concilio de Nicea foi a definitiva separaci\u00f3n da Pascua cristi\u00e1 da xud\u00eda -non deber\u00edan coincidir xuntas- e a imposici\u00f3n do domingo coma d\u00eda de referencia.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">A confusi\u00f3n manter\u00edase a\u00ednda uns s\u00e9culos. A determinaci\u00f3n precisa do equinoccio de primavera non \u00e9 un asunto trivial, en particular a medida que o progreso no co\u00f1ecemento do ceo revela que ademais do movemento anual (o da Terra arredor do Sol, se ben daquela a idea era a contraria, que o Sol xiraba arredor da Terra) hai outra distorsi\u00f3n provocada polo que hoxe chamamos movemento de precesi\u00f3n (o do eixo da Terra, que despraza o pano de fondo celeste). O eixo da Terra describe un c\u00edrculo amplo cada 26 mil anos; m\u00f3vese un grao cada setenta anos ou 50 segundos de arco cada ano. \u00c9 un \u201ccase nada\u201d, mais un case nada que xa daquela os astr\u00f3nomos m\u00e1is espelidos foron capaces de reco\u00f1ecer. E iso afectaba ao reco\u00f1ecemento dos ritmos do ceo, inclu\u00edda a determinaci\u00f3n do equinoccio e en consecuencia a celebraci\u00f3n da Pascua.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><a href=\"https:\/\/en.wikipedia.org\/wiki\/Dionysius_Exiguus\">Dionisio o Exiguo<\/a> (470-544), inventor do \u201canno domini\u201d que empregamos no noso calendario para datar feitos \u201cantes e despois de Cristo\u201d a\u00ednda que non sexamos cristi\u00e1ns, introduciu un m\u00e9todo para a determinaci\u00f3n xeral da Semana Santa. O c\u00e1lculo ou &#8220;computus&#8221; non \u00e9 simple e foi obxecto do interese de grandes matem\u00e1ticos posteriores, entre eles Gauss, na procura de <a href=\"https:\/\/en.wikipedia.org\/wiki\/Computus#Algorithms\">algoritmos<\/a> que simplificasen o laborioso procedemento.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A diferenza doutras festividades de orixe relixiosa que te\u00f1en data fixa, caso do Nadal, a Semana Santa cambia de datas cada ano. Var\u00eda, mais non demasiado: o venres santo, por exemplo, nunca cae o 5 de marzo e tampouco nunca o 30 de abril. A posici\u00f3n no calendario da Semana Santa tira o Antroido cara adiante ou cara atr\u00e1s, pois como ben sabemos as d\u00faas&#8230; <\/p>\n<p class=\"more\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/antroido-semana-santa-e-astronomia\/\">Read More<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":3647,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[24],"tags":[224,225],"class_list":["post-3646","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-historia-da-astronomia-gl","tag-antroido","tag-semana-santa"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/3646","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=3646"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/3646\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":10685,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/3646\/revisions\/10685"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/3647"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=3646"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=3646"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=3646"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}