{"id":3634,"date":"2017-02-21T12:04:34","date_gmt":"2017-02-21T10:04:34","guid":{"rendered":"http:\/\/agrupacionio.com\/?p=3634"},"modified":"2017-02-21T12:04:34","modified_gmt":"2017-02-21T10:04:34","slug":"boletin-divulgacion-astronomica-da-iau-febreiro-2017-2","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/boletin-divulgacion-astronomica-da-iau-febreiro-2017-2\/","title":{"rendered":"Bolet\u00edn de divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica da IAU: Febreiro 2017 #2"},"content":{"rendered":"<p><strong><img fetchpriority=\"high\" decoding=\"async\" class=\"aligncenter size-full wp-image-3863\" src=\"http:\/\/agrupacionio.com\/wp-content\/uploads\/2017\/05\/IAU-Bolet\u00edn-Blog.jpg\" alt=\"IAU Bolet\u00edn Blog\" width=\"600\" height=\"360\" srcset=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2017\/05\/IAU-Bolet\u00edn-Blog.jpg 600w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2017\/05\/IAU-Bolet\u00edn-Blog-300x180.jpg 300w\" sizes=\"(max-width: 600px) 100vw, 600px\" \/>Bolet\u00edn de Divulgaci\u00f3n Astron\u00f3mica da Uni\u00f3n Astron\u00f3mica Internacional (<a href=\"http:\/\/www.iau.org\/\">IAU<\/a>)<\/strong><\/p>\n<p><strong>Febreiro 2017 #2<\/strong><\/p>\n<p>Neste bolet\u00edn:<\/p>\n<p>0) Nota dos editores<br \/>\n1) 17 corpos menores designados polos ga\u00f1adores do concurso NameExoWorlds<br \/>\n2) Resultado da convocatoria anual do OAD para 2017<br \/>\n3) Espazo de contacto da divulgaci\u00f3n nacional (NOC): Novas de Chile<br \/>\n4) Espazo de contacto da divulgaci\u00f3n nacional (NOC): Novas de Italia<br \/>\n5) Astrobiolox\u00eda<br \/>\n6) Rede brasileira de noticias astron\u00f3micas<br \/>\n7) 15\u00ba Festival Nacional de Astronom\u00eda Popular<br \/>\n8) Experimento de Erat\u00f3stenes<br \/>\n9) Encontros e actividades globais<br \/>\n10) O bolet\u00edn de divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica da IAU noutros idiomas<br \/>\n11) Contribuci\u00f3ns ao bolet\u00edn de divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica da IAU<\/p>\n<p><strong>0) Nota dos editores<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">O resultado da convocatoria de apoios OAD 2017 ve\u00f1en de ser anunciados, e agora podemos saber m\u00e1is dos fascinantes novos proxectos que van ser implementados en todo o mundo. Neste bolet\u00edn faremos periodicamente menci\u00f3n de cada un destes proxectos e convidar\u00e9mosvos a disfrutar e descubrir m\u00e1is.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">Os ga\u00f1adores do Concurso IAU 2015 de Denominaci\u00f3n de Exoplanetas, ademais de po\u00f1eren nome de forma oficial a exoplanetas, tiveron un premio adicional: ofrec\u00e9uselles a posibilidade de po\u00f1erlles nomes a corpos menores do sistema solar, e o resultado xa se publicou!<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">Neste n\u00famero queremos salientar a eclipse solar de Chile e Arxentina do 26 de febreiro -se tes oportunidade, non o perdas, e aproveita a ocasi\u00f3n de compartir a t\u00faa experiencia coa comunidade internacional. Alxeria acoller\u00e1 un do maiores festivais astron\u00f3micos para o p\u00fablico xeral en \u00c1frica, e Italia hospeda na actualidade a nova exposici\u00f3n no Telescopio Espacial Hubble.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">Feliz lectura e ceos despexados!<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">O equipo da Oficina para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda da IAU<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\"><strong>1) 17 corpos menores designados polos ga\u00f1adores do concurso NameExoWorlds<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">En 2015 a IAU organizou o concurso NameExoWorlds (ponlle nome a exoplanetas), que lle deu por primeira vez oportunidade ao p\u00fablico xeral de propo\u00f1er nomes aos exoplanetas e as s\u00faas estrelas. Como resultado, os nomes de 19 exoplanetas foron elixidos por votaci\u00f3n popular, e como recompensa os ga\u00f1adores tiveron ademais a opci\u00f3n de po\u00f1erlle nome a corpos menores do noso sistema solar. A IAU, a trav\u00e9s da s\u00faa Divisi\u00f3n F Grupo de Traballo de Nomenclatura dos Corpos Menores, aprobou recentemente os novos nomes dos 17 corpos logo de que os ga\u00f1adores fixesen as s\u00faas propostas.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">Podes mirar a listaxe completa e detalles dos nomes aqu\u00ed: <a href=\"https:\/\/www.iau.org\/news\/pressreleases\/detail\/iau1701\/\">https:\/\/www.iau.org\/news\/pressreleases\/detail\/iau1701\/<\/a><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\"><strong>2) Resultado da convocatoria anual do OAD para 2017<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">Rematou a quinta edici\u00f3n da convocatoria de propostas da IAU \u2013 Oficina de Astronom\u00eda para o Desenvolvemento (OAD) e vinte proxectos foron seleccionados para recibir financiamento en 2017. A convocatoria recibiu un total de 127 proxectos iniciais que foron avaliados pola OAD e as s\u00faas oficinas rexionais, que achegaron suxesti\u00f3ns de colaboraci\u00f3ns e melloras. A OAD recibiu despois proxectos finais na data l\u00edmite do 15 de setembro de 2016. Os tres grupos operativos revisaron todas as solicitudes e propuxeron as s\u00faas recomendaci\u00f3ns ao Comit\u00e9 Asesor, que aprobou a listaxe final de proxectos. A achega total que ser\u00e1 repartida entre os proxectos apoiados ser\u00e1 de 106207 euros.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">Podes atopar a listaxe de proxectos aqu\u00ed: <a href=\"https:\/\/www.iau.org\/news\/announcements\/detail\/ann17009\/\">https:\/\/www.iau.org\/news\/announcements\/detail\/ann17009\/<\/a><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\"><strong>3) Espazo de contacto da divulgaci\u00f3n nacional (NOC): Novas de Chile<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\"><em>a) Informaci\u00f3n da eclipse anular e parcial<\/em><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">O domingo 26 de febreiro de 2017, arredor das 10:30 am, a xente de Chile ter\u00e1 a oportunidade de ver unha eclipse parcial de Sol (anular na zona de Ays\u00e9n e Coyhaique). O N\u00facleo de Astronom\u00eda da Universidade de Diego Portales (UDP) compilou informaci\u00f3n -en espa\u00f1ol- sobre este incr\u00edbel fen\u00f3meno natural que cruzar\u00e1 a Patagonia chilena e arxentina na s\u00faa fase anular, as\u00ed como consellos de como observar o Sol con seguridade e os danos potenciais de mirar o Sol directamente.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">M\u00e1is informaci\u00f3n (en espa\u00f1ol): <a href=\"http:\/\/astronomia.udp.cl\/es\/eclipse-solar-anular-en-chile-26-de-febrero-2017\/\">http:\/\/astronomia.udp.cl\/es\/eclipse-solar-anular-en-chile-26-de-febrero-2017\/<\/a><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\"><em>b) \u201cM\u00e1s all\u00e1 de las estrellas\u201d, libro de astrofotograf\u00eda (en espa\u00f1ol)<\/em><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">A rexi\u00f3n de Coquimbo en Chile ten un ceo nocturno magn\u00edfico, ideal para a astrofotograf\u00eda. \u00c9, por\u00e9n, un dos menos co\u00f1ecidos sitios de observaci\u00f3n de calidade de Chile. Co obxectivo de animar \u00e1 xente de Chile a co\u00f1ecer e aprezar este impresionante legado, o autor Manuel Paredes publicou o primeiro libro de astrofotograf\u00eda enteiramente producido en Chile. M\u00e1s all\u00e1 de las estrellas est\u00e1 cheo de grandes imaxes dos ceos sobre a IV Rexi\u00f3n, e est\u00e1 dispo\u00f1\u00edbel gratuitamente para todos.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">Descubre m\u00e1is sobre este recurso gratu\u00edto <a href=\"http:\/\/www.portalastronomico.com\/mas-alla-de-las-estrellas-libro-gratuito-de-astrofotografia\/\">aqu\u00ed<\/a> a trav\u00e9s do Portal Astron\u00f3mico, ou <a href=\"http:\/\/comunidadastronomicachile.blogspot.jp\/p\/astrofotografia-en-chile_05.html\">aqu\u00ed<\/a> v\u00eda Comunidad Astron\u00f3mica Aficionada Chilena. Est\u00e1 dispo\u00f1\u00edbel para descarga a trav\u00e9s da ligaz\u00f3n <a href=\"http:\/\/www.masalladelasestrellas.cl\/\">http:\/\/www.masalladelasestrellas.cl\/<\/a><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\"><strong>4) Espazo de contacto da divulgaci\u00f3n nacional (NOC): Novas de Italia<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\"><em>a) Exposici\u00f3n do Telescopio Espacial Hubble NASA\/ESA: o noso lugar no espazo<\/em><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">Durante 26 anos, o Telescopio Espacial Hubble NASA\/ESA estivo expandindo o noso horizonte c\u00f3smico. Ao capturar un n\u00famero astron\u00f3mico de imaxes, Hubble revelou e compartiu a beleza, a marabilla e a complexidade do universo. O 1 de febreiro de 2017 unha nova exposici\u00f3n chamada <a href=\"http:\/\/spacetelescope.org\/projects\/ourplaceinspace\/\"><em>O noso lugar no espazo<\/em><\/a> abriu en Venecia, Italia. Presenta unha viaxe visual asombrosa do noso sistema solar aos l\u00edmites do universo co\u00f1ecido, ademais de obrs inspiradas polo Hubble de artistas italianos contempor\u00e1neos. Esta nova exposici\u00f3n itinerante estar\u00e1 at\u00e9 o 17 de abril de 2017 no Istituto Veneto de Scienze, Lettere ed Arti, no Palazzo Cavalli Franchetti, en Venecia, Italia.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">M\u00e1is informaci\u00f3n e imaxes, nesta ligaz\u00f3n: <a href=\"http:\/\/www.spacetelescope.org\/news\/heic1701\/\">http:\/\/www.spacetelescope.org\/news\/heic1701\/<\/a><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\"><strong>5) Astrobiolox\u00eda<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">Xa est\u00e1 aberto o rexistro para Astrobiolox\u00eda 2017, un encontro de investigaci\u00f3n da <a href=\"https:\/\/www.iau.org\/science\/scientific_bodies\/commissions\/F3\/\">Comisi\u00f3n F3 da IAU<\/a>. A conferencia ter\u00e1 lugar na Patagonia chilena en Coyhaique do 26 de novembro ao 1 de decembro de 2017. En favor dun debate verdadeiramente multidisciplinar, a organizaci\u00f3n d\u00e1 a benvida a investigadores nas fronteiras da ciencia nos campos da astronom\u00eda, ciencia espacial e planetaria, qu\u00edmica, biolox\u00eda, xeolox\u00eda, filosof\u00eda, sociolox\u00eda e cuesti\u00f3ns \u00e9ticas, entre outros. Destacamos en particular os asuntos relacionados cos aspectos \u00e9ticos e sociais da astrobiolox\u00eda e a educaci\u00f3n en astrobiolox\u00eda. Podedes inscribir as vosas contribuci\u00f3ns at\u00e9 o 28 de xullo.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">M\u00e1is informaci\u00f3n sobre esta conferencia da IAU aqu\u00ed: <a href=\"http:\/\/www.astrobiology2017.org\/\">http:\/\/www.astrobiology2017.org<\/a><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\"><strong>6) Rede brasileira de noticias astron\u00f3micas<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">Este proxecto financiado en 2017 polo Grupo Operativo 3 \u2013 Divulgaci\u00f3n p\u00fablica satisfai d\u00faas necesidades no Brasil -a alfabetizaci\u00f3n cient\u00edfica e a concienciaci\u00f3n p\u00fablica respecto da ciencia nacional- ao establecer unha rede de astr\u00f3nomos interesados na divulgaci\u00f3n p\u00fablica que act\u00faan coma ligaz\u00f3n entre os astr\u00f3nomos brasileiros e a prensa. Os membros promover\u00e1n de forma activa a aparici\u00f3n de investigaci\u00f3n nacional na prensa para compensar a desequilibrada cobertura de noticias astron\u00f3micas internacionais; isto atraer\u00e1 maior atenci\u00f3n \u00e1 ciencia brasileira e idealmente estimular\u00e1 a m\u00e1is estudantes a desenvolver carreiras cient\u00edficas.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">Tedes m\u00e1is detalles deste proxecto aqu\u00ed: <a href=\"http:\/\/www.astro4dev.org\/blog\/2017\/02\/07\/overview-of-project-renastro\/\">http:\/\/www.astro4dev.org\/blog\/2017\/02\/07\/overview-of-project-renastro\/ <\/a><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\"><strong>7) 15\u00ba Festival Nacional de Astronom\u00eda Popular<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">Alxeria acoller\u00e1 axi\u00f1a un dos maiores encontros de \u00c1frica de astronom\u00eda amadora, que ter\u00e1 lugar entre o 23 e o 25 de marzo en Constatina. O tema deste ano \u00e9 \u201cO universo en todas as longuras de onda \u2013 para explorar un universo colorido, explicar os matices dos corpos celestes que desvela a astrof\u00edsica, mirar m\u00e1is al\u00e1 do noso vecindario solar&#8230;\u201d Dende 2001, os Festivais Nacionais de Astronom\u00eda Popular cel\u00e9branse para beneficio do p\u00fablico xeral e unha vez m\u00e1is haber\u00e1 moitas actividades, inclu\u00eddas sesi\u00f3ns con m\u00e1is contido cient\u00edfico e para o p\u00fabico xeral. Os participantes internacionais poden facer proposta <a href=\"http:\/\/siriusalgeria.net\/salon017\/participants.htm#2\">nesta ligaz\u00f3n<\/a>.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">Podes atopar m\u00e1is informaci\u00f3n aqu\u00ed: <a href=\"http:\/\/siriusalgeria.net\/salon017.htm\">http:\/\/siriusalgeria.net\/salon017.htm <\/a><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\"><strong>8) Experimento de Erat\u00f3stenes<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">O 21 de marzo as escolas de todo o mundo participar\u00e1n no experimento de Erat\u00f3stenes para rexistrar datos e calcular a circunferencia da Terra. Este ano o experimento ter\u00e1 lugar un d\u00eda despois do equinoccio de primavera (luns 20 de marzo de 2017) \u00e1s 10:29 UTC. O programa pretende emparellar escolas que rexistren as s\u00faas coordenadas e detalles de contacto para que poidas conectar unha coa outra o d\u00eda do experimento.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">M\u00e1is informaci\u00f3n: <a href=\"http:\/\/eratosthenes.ea.gr\/\">http:\/\/eratosthenes.ea.gr\/<\/a><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\"><strong>9) Encontros e actividades globais en 2017<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">Aqu\u00ed tes unha listaxe de conferencias e actividades sobre educaci\u00f3n e investigaci\u00f3n astron\u00f3mica en todo o mundo. Planifica con tempo un ano cheo de acontecementos interesantes!<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\"><strong>Engadidos hai pouco<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">Divulgaci\u00f3n e comunicaci\u00f3n para grandes proxectos cient\u00edficos internacionais.<br \/>\n<em>Data:<\/em> do 11 ao 13 de abril de 2017<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Pasadena, California (EEUU)<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"http:\/\/conference.ipac.caltech.edu\/wepoc2017\">http:\/\/conference.ipac.caltech.edu\/wepoc2017<\/a><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\"><strong>Datas importantes<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">13\u00ba Encontro IAU da Rexi\u00f3n Asia-Pac\u00edfico (APRIM 2017)<br \/>\n<em>Data l\u00edmite para o env\u00edo de propostas:<\/em> 1 de marzo de 2017<br \/>\n<em>Data:<\/em> do 3 ao 7 de xullo de 2017<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Taipei, Taiwan.<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"http:\/\/www.aprim2017.tw\/\">http:\/\/www.aprim2017.tw\/<\/a><\/p>\n<p><strong style=\"text-align: justify\">Pr\u00f3ximas actividades<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">a) Obradoiro Internacional \u201cData to Dome\u201d (Datos \u00e1 C\u00fapula)<br \/>\n<em>Data:<\/em> 2 e 3 de marzo de 2017<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Observatorio Astron\u00f3mico Nacional de Xap\u00f3n (NAOJ), Mitaka, Tokyo, Xap\u00f3n<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"http:\/\/prc.nao.ac.jp\/fukyu\/dtod\/index.html\">http:\/\/prc.nao.ac.jp\/fukyu\/dtod\/index.html<\/a><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">b) 7\u00ba Festival Internacional da Visualizaci\u00f3n da Ciencia &#8211; Dome Fest<br \/>\n<em>Data:<\/em> do 5 ao 7 marzo, 2017<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Tokyo, Japan<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"http:\/\/ifsv.org\/en\/index.html\">http:\/\/ifsv.org\/en\/index.html<\/a><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">c) Congreso de Imaxes de Ceo Profundo de Europa Central (CEDIC)<br \/>\n<em>Data:<\/em> do 10 ao 12 de marzo de 2017<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Linz, Austria<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"http:\/\/www.cedic.at\">http:\/\/www.cedic.at<\/a><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">d) Mes Astron\u00f3mico Global<br \/>\n<em>Data:<\/em> abril de 2017<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> en todo o mundo<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"http:\/\/www.astronomerswithoutborders.org\/\">http:\/\/www.astronomerswithoutborders.org\/<\/a><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">e) 10\u00ba Encontro Internacional de Astronom\u00eda e Astron\u00e1utica<br \/>\n<em>Data:<\/em> do 6 ao 8 de abril de 2017<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Campos, RJ, Brazil<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"http:\/\/bit.ly\/2e3Gj5k\">http:\/\/bit.ly\/2e3Gj5k<\/a><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">f) Divulgaci\u00f3n e comunicaci\u00f3n para grandes proxectos cient\u00edficos internacionais.<br \/>\n<em>Data:<\/em> do 11 ao 13 de abril de 2017<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Pasadena, California (EEUU)<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"http:\/\/conference.ipac.caltech.edu\/wepoc2017\">http:\/\/conference.ipac.caltech.edu\/wepoc2017<\/a><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">g) Noite de Yuri<br \/>\n<em>Data:<\/em> 12 de abril<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> en todo o mundo<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"https:\/\/yurisnight.net\/\">https:\/\/yurisnight.net\/<\/a><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">h) Cuarto Encontro IAU Oriente Medio e \u00c1frica (MEARIM IV)<br \/>\n<em>Data:<\/em> do 22 ao 25 de maio de 2017<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Ad\u00eds Abeba, Etiop\u00eda<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"http:\/\/www.eorcworkshop.com\/mearim-iv-home\">http:\/\/www.eorcworkshop.com\/mearim-iv-home<\/a><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">i) IV Festival Starmus: a vida e o universo<br \/>\n<em>Data:<\/em> do 18 ao 23 de xu\u00f1o de 2017<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Trondheim, Noruega<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"https:\/\/www.starmus.com\">https:\/\/www.starmus.com<\/a><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">l) Semana Europea da Astronom\u00eda e Ciencia do Espazo (EWASS)<br \/>\n<em>Data:<\/em> do 26 ao 30 de xu\u00f1o de 2017<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Praga, Rep\u00fablica Checa<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"http:\/\/eas.unige.ch\/EWASS2017\/about.jsp\">http:\/\/eas.unige.ch\/EWASS2017\/about.jsp<\/a><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">m) D\u00eda do Asteroide<br \/>\n<em>Data:<\/em> 30 de xu\u00f1o de 2017<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> en todo o mundo<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"http:\/\/asteroidday.org\/\">http:\/\/asteroidday.org\/<\/a><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">n) Encontro astron\u00f3mico nacional da Royal Astronomical Society 2017<br \/>\n<em>Data:<\/em> do 2 ao 6 de xullo de 2017<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Universidade de Hull, Reino Unido<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"https:\/\/nam2017.org\/\">https:\/\/nam2017.org\/<\/a><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">\u00f1) 13\u00ba Encontro Rexional Asia-Pac\u00edfico (APRIM 2017)<br \/>\n<em>Data:<\/em> do 3 ao 7 de xullo de 2017<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Taipei, Taiwan<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"http:\/\/www.aprim2017.tw\/\">http:\/\/www.aprim2017.tw\/<\/a><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">o) Simposio Internacional sobre Educaci\u00f3n en Astronom\u00eda e Astrobiolox\u00eda<br \/>\n<em>Data:<\/em> do 3 ao 8 de xullo de 2017<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Utrecht, Pa\u00edses Baixos<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"http:\/\/ise2a.uu.nl\/\">http:\/\/ise2a.uu.nl\/<\/a><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">p) Congreso Europeo de Ciencia Planetaria 2017<br \/>\n<em>Data:<\/em> do 17 ao 22 de setembro de 2017<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Radisson Blu Hotel Latvija, Riga, Letonia<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"http:\/\/www.epsc2017.eu\/\">http:\/\/www.epsc2017.eu\/<\/a><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">q) 3\u00aa Simposio COSPAR<br \/>\n<em>Data:<\/em> do 18 ao 22 de setembro de 2017<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Illa Jeju, Corea do Sur<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"https:\/\/cosparhq.cnes.fr\/\">https:\/\/cosparhq.cnes.fr\/<\/a><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">r) Semana Mundial do Espazo 2017<br \/>\n<em>Data:<\/em> do 4 ao 10 de outubro de 2017<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> en todo o mundo<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"http:\/\/www.worldspaceweek.org\/theme\/\">http:\/\/www.worldspaceweek.org\/theme\/<\/a><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">s) Noite Internacional de Observaci\u00f3n da L\u00faa<br \/>\n<em>Data:<\/em> 28 de outubro de 2017<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> en todo o mundo<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"http:\/\/observethemoonnight.org\/\">http:\/\/observethemoonnight.org\/<\/a><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">t) Comunicar Astronom\u00eda co P\u00fablico \u2013 CAP2018<br \/>\n<em>Data:<\/em> do 24 ao 28 de marzo de 2018<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Fukuoka, Xap\u00f3n<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"http:\/\/www.communicatingastronomy.org\/cap2018\/\">http:\/\/www.communicatingastronomy.org\/cap2018\/<\/a><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">u) Sociedade Planetaria Internacional 2018<br \/>\n<em>Data:<\/em> do 1 ao 6 de xullo de 2018<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Toulouse, Francia<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n:<\/em> <a href=\"http:\/\/www.ips-planetarium.org\/page\/IPS2018Toulouse\">http:\/\/www.ips-planetarium.org\/page\/IPS2018Toulouse<\/a><\/p>\n<p>Esquecemos algo? Ent\u00f3n comparte os teus encontros sobre educaci\u00f3n e divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica con n\u00f3s v\u00eda outreach@iau.org.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\"><strong>10) O bolet\u00edn de divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica da IAU noutros idiomas<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">-Traduci\u00f3ns ao serbio, pola doutora Liliana Gracanin de Serbia: <a href=\"https:\/\/twitter.com\/IAU_srpski\">https:\/\/twitter.com\/IAU_srpski<\/a>;<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">-Traduci\u00f3n ao espa\u00f1ol, por ASAFILE, Asociaci\u00f3n de Astr\u00f3nomos Aficionados de Le\u00f3n, Nicaragua: <a href=\"http:\/\/asafile.blogspot.jp\/p\/blog-page_12.html\">http:\/\/asafile.blogspot.jp\/p\/blog-page_12.html<\/a>;<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">-Se queres recibir a traduci\u00f3n ao xapon\u00e9s do bolet\u00edn, subscr\u00edbete \u00e1 Asociaci\u00f3n Xaponesa de Astr\u00f3nomos Afeccionados aqu\u00ed: <a href=\"http:\/\/www.jaaa-astro.jp\/jaaa-ml.html\">http:\/\/www.jaaa-astro.jp\/jaaa-ml.html<\/a>;<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">-Traduci\u00f3ns ao galego, pola Agrupaci\u00f3n Astron\u00f3mica Coru\u00f1esa \u00cdo, en Espa\u00f1a, aqu\u00ed: <a href=\"http:\/\/agrupacionio.com\/gl\/tag\/boletin-iau\">http:\/\/agrupacionio.com\/gl\/tag\/boletin-iau<\/a>;<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">-Podes atopar n\u00fameros antigos deste bolet\u00edn en espa\u00f1ol traducidos pola Sociedad Espa\u00f1ola de Astronom\u00eda neste enderezo: <a href=\"http:\/\/www.sea-astronomia.es\/drupal\/content\/newsletter-iau-noc\">http:\/\/www.sea-astronomia.es\/drupal\/content\/newsletter-iau-noc<\/a>;<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">Se est\u00e1s interesado en traducir o noso bolet\u00edn ao teu idioma, por favor contacta con n\u00f3s v\u00eda outreach@iau.org.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\"><strong>11) Contribuci\u00f3ns ao bolet\u00edn de divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica da IAU<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">Na Oficina de Divulgaci\u00f3n Astron\u00f3mica da IAU sempre estamos buscando noticias sobre educaci\u00f3n e divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica en todo o mundo. Por favor, continuade compartindo as vosas historias con n\u00f3s en 2017! Se est\u00e1s organizando actividades a gran escala a nivel rexional ou internacional, ofreces postos de traballo de educaci\u00f3n e comunicaci\u00f3n da astronom\u00eda, tes proxectos innovadores ou historias inspiradoras, buscas colaboraci\u00f3n ProAm en astronom\u00eda ou creaches recursos educativos, f\u00e1inolo saber por correo electr\u00f3nico: outreach@iau.org.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\"><em>Traduci\u00f3n: Martin Pawley (Agrupaci\u00f3n \u00cdo). Podes consultar o bolet\u00edn en ingl\u00e9s <a href=\"http:\/\/us11.campaign-archive1.com\/?u=0ecb46e29196a0f367daf3dd6&amp;id=76aa467be7&amp;e=\">nesta ligaz\u00f3n<\/a>.<\/em><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Bolet\u00edn de Divulgaci\u00f3n Astron\u00f3mica da Uni\u00f3n Astron\u00f3mica Internacional (IAU) Febreiro 2017 #2 Neste bolet\u00edn: 0) Nota dos editores 1) 17 corpos menores designados polos ga\u00f1adores do concurso NameExoWorlds 2) Resultado da convocatoria anual do OAD para 2017 3) Espazo de contacto da divulgaci\u00f3n nacional (NOC): Novas de Chile 4) Espazo de contacto da divulgaci\u00f3n nacional (NOC): Novas de Italia 5) Astrobiolox\u00eda 6) Rede brasileira de&#8230; <\/p>\n<p class=\"more\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/boletin-divulgacion-astronomica-da-iau-febreiro-2017-2\/\">Read More<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[51],"tags":[188],"class_list":["post-3634","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-noticias-gl","tag-boletin-iau"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/3634","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=3634"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/3634\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=3634"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=3634"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=3634"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}