{"id":3487,"date":"2016-12-30T16:28:39","date_gmt":"2016-12-30T14:28:39","guid":{"rendered":"http:\/\/agrupacionio.com\/?p=3487"},"modified":"2016-12-30T16:28:39","modified_gmt":"2016-12-30T14:28:39","slug":"boletin-divulgacion-astronomica-da-iau-edicion-especial-2016-2017","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/boletin-divulgacion-astronomica-da-iau-edicion-especial-2016-2017\/","title":{"rendered":"Bolet\u00edn de Divulgaci\u00f3n Astron\u00f3mica da IAU: Edici\u00f3n Especial 2016-2017"},"content":{"rendered":"<p><img fetchpriority=\"high\" decoding=\"async\" class=\"aligncenter size-full wp-image-3863\" src=\"http:\/\/agrupacionio.com\/wp-content\/uploads\/2017\/05\/IAU-Bolet\u00edn-Blog.jpg\" alt=\"IAU Bolet\u00edn Blog\" width=\"600\" height=\"360\" srcset=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2017\/05\/IAU-Bolet\u00edn-Blog.jpg 600w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2017\/05\/IAU-Bolet\u00edn-Blog-300x180.jpg 300w\" sizes=\"(max-width: 600px) 100vw, 600px\" \/><\/p>\n<p align=\"left\"><strong>Bolet\u00edn de Divulgaci\u00f3n Astron\u00f3mica da Uni\u00f3n Astron\u00f3mica Internacional (<a href=\"http:\/\/www.iau.org\/\">IAU<\/a>)<\/strong><\/p>\n<p align=\"left\"><strong>Edici\u00f3n Especial 2016-2017<\/strong><\/p>\n<p align=\"left\">Neste bolet\u00edn:<\/p>\n<p>0) Nota dos editores<br \/>\n1) N\u00famero 21 da revista CAP, xa dispo\u00f1\u00edbel<br \/>\n2) Bolet\u00edn de noticias do CC1 \u2013 Educaci\u00f3n e desenvolvemento da astronom\u00eda<br \/>\n3) Encontros e simposios da Uni\u00f3n Astron\u00f3mica Internacional<br \/>\n4) Luz c\u00f3smica \u2013 un legado dende 2015 e para o futuro<br \/>\n5) astroEDU \u2013 astronom\u00eda revisada por pares para actividades educativas<br \/>\n6) Rede de grupos astron\u00f3micos e Directorio da IAU<br \/>\n7) Grupos de traballo da IAU<br \/>\n8) Os temas da IAU<br \/>\n9) Encontros e actividades globais en 2017<br \/>\n10) O noso bolet\u00edn noutros idiomas: un agradecemento especial aos nosos tradutores<br \/>\n11) Contribuci\u00f3ns para este bolet\u00edn \u2013 agard\u00e1mosvos en 2017!<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\"><strong>0) Nota dos editores<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">O Bolet\u00edn de Divulgaci\u00f3n Astron\u00f3mica da Uni\u00f3n Astron\u00f3mica Internacional \u00e9 unha publicaci\u00f3n dixital bimensual preparada polo equipo de divulgaci\u00f3n da oficina da IAU. O noso equipo xunta e comparte de forma continua recursos, actividades e convocatorias recomendadas por e para a comunidade de educadores e divulgadores da ciencia en todo o mundo. Cada mes non podemos evitar sorprendernos polo inmenso n\u00famero de actividades que se celebran en todo o mundo. Ao compartilos a trav\u00e9s deste bolet\u00edn o noso equipo espera inspirar e proporcionar ideas aos nosos lectores para aprenderen das experiencias dos outros e darmos apoio aos vosos esforzos en achegar a astronom\u00eda \u00e1 xente.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Neste n\u00famero empezamos ofrecendo suxesti\u00f3ns para as vosas lecturas de vacaci\u00f3ns, como o n\u00famero 21 da revista CAP e o \u00faltimo bolet\u00edn de Educaci\u00f3n e Desenvolvemento da Astronom\u00eda. Ademais, listamos unha serie de encontros e eventos astron\u00f3micos en 2017 para que poidades planificalos con tempo. Neste n\u00famero, o #24 de 2016 e o derradeiro do ano, queremos traervos tam\u00e9n contidos lixeiramente diferentes. Dedicamos este bolet\u00edn a salientar algunhas das actividades de divulgaci\u00f3n da IAU e as moitas maneiras en que podedes unirvos co voso equipo de divulgaci\u00f3n e a alg\u00fans destes programas da IAU. Ao facelo esperamos que en 2017 poidamos seguir apoi\u00e1ndovos a v\u00f3s e aos vosos grupos incluso a\u00ednda m\u00e1is.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Como sempre, non queremos deixar sen mencionar todo o apoio voluntario que fai pos\u00edbel este bolet\u00edn: os nosos tradutores e colaboradores. O noso equipo en Xap\u00f3n desexa ter noticias vosas en 2017 e apoiarvos do mellor xeito que poidamos.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Ceos despexados en 2017!<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\"><em>O equipo da Oficina para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda da IAU<\/em><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\"><strong>1) N\u00famero 21 da revista CAP, xa dispo\u00f1\u00edbel<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">O n\u00famero 21 da revista \u201cComunicar Astronom\u00eda co P\u00fablico\u201d (CAP) xa est\u00e1 listo! Neste n\u00famero os colaboradores de CAP resumen un programa de ver\u00e1n en astronom\u00eda para estudantes de instituto; evaluan unha clase aberta e online masiva sobre astronom\u00eda; proporcionan pistas esenciais sobre como escribir unha boa nota de prensa; e describen a comunicaci\u00f3n astron\u00f3mica m\u00e1is informal, o crecente programa de actividades astron\u00f3micas que te\u00f1en lugar en bares. Todo isto e m\u00e1is est\u00e1 inclu\u00eddo nesta revista gratu\u00edta, revisada por pares, para comunicadores da astronom\u00eda.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">A revista CAP est\u00e1 dispo\u00f1\u00edbel para descarga aqu\u00ed: <a href=\"http:\/\/www.capjournal.org\/issues\/21\/index.php\">http:\/\/www.capjournal.org\/issues\/21\/index.php<\/a><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\"><strong>2) Bolet\u00edn de noticias do CC1 \u2013 Educaci\u00f3n e desenvolvemento da astronom\u00eda<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Benvidos ao bolet\u00edn #84 da Comisi\u00f3n C1 da IAU, o segundo que se publica baixo a nova divisi\u00f3n estrutural da IAU que se estableceu na XXIX Asemblea Xeral en Honolulu, en agosto de 2015. Neste n\u00famero podes atopar informes sobre as actividades dos tres grupos de traballo: WG3 sobre Igualdade e Inclusi\u00f3n; o grupo de traballo compartido entre as comisi\u00f3ns B7 e C1, \u201cDesaf\u00edo dos Ceos Escuros e Educaci\u00f3n\u201d; e o primeiro seminario da Rede de Educaci\u00f3n Astron\u00f3mica na Escola (NASE).<\/p>\n<p>Podes ler o bolet\u00edn aqu\u00ed: <a href=\"http:\/\/iaucc1.frm.utn.edu.ar\/wp-content\/uploads\/2012\/11\/IAUNL-CC1-2-No84-final.pdf\">http:\/\/iaucc1.frm.utn.edu.ar\/wp-content\/uploads\/2012\/11\/IAUNL-CC1-2-No84-final.pdf<\/a> (PDF, 1,3MB).<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\"><strong>3) Encontros e simposios da Uni\u00f3n Astron\u00f3mica Internacional<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">O programa de encontros cient\u00edficos \u00e9 un dos medios m\u00e1is importantes cos cales a IAU persegue o obxectivo de promover a ciencia da astronom\u00eda a trav\u00e9s da colaboraci\u00f3n internacional. En moitos destes encontros hai sesi\u00f3ns especiais dedicadas \u00e1 educaci\u00f3n e divulgaci\u00f3n nas cales os astr\u00f3nomos, educadores non formais e profesionais da divulgaci\u00f3n intercambian as s\u00faas mellores experiencias sobre como levar diferentes \u00e1reas da astronom\u00eda \u00e1 comunidade e o p\u00fablico xeral.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Podes atopar os encontros e simposios da IAU aqu\u00ed: <a href=\"https:\/\/www.iau.org\/science\/meetings\/future\/\">https:\/\/www.iau.org\/science\/meetings\/future\/ <\/a><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\"><strong>4) Luz C\u00f3smica \u2013 un legado do 2015 para o futuro<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Durante o Ano Internacional da Luz (IYL2015), o programa Luz C\u00f3smica da IAU agrupou mil actividades que chegaron a m\u00e1is de 2,5 mill\u00f3ns de persoas. A trav\u00e9s de Luz C\u00f3smica, a IAU uniuse oficialmente a diversos proxectos, como <a href=\"http:\/\/globalscienceopera.com\/\">Global Science Opera<\/a> e <a href=\"http:\/\/www.constellationproject.org\/\">Constellation<\/a>, polo seu enfoque innovador, esforzo colaborativo e sostenibilidade. Para 2017 a IAU OAO apoia \u201cA historia do Espazo\u201d; convid\u00e1mosvos a saber m\u00e1is deste proxecto aqu\u00ed: <a href=\"http:\/\/www.thestoryof.org\/space2017\/\">http:\/\/www.thestoryof.org\/space2017\/<\/a>.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\"><strong>5) astroEDU \u2013 astronom\u00eda revisada por pares para actividades educativas<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Un dos proxectos oficialmente apoiados polo IAU \u00e9 astroEDU, unha plataforma de acceso libre para actividades de educaci\u00f3n cient\u00edfica revisadas por pares. Aqu\u00ed os educadores poden descubrir, revisar, distribu\u00edr, mellorar e reelaborar contidos educativos, todos con licencia <a href=\"https:\/\/creativecommons.org\/licenses\/by\/3.0\/es\/legalcode.gl\">Creative Commons Reco\u00f1ecemento 3.0<\/a>. AstroEDU fai acces\u00edbeis aos educadores de todo o mundo as mellores actividades cient\u00edficas, en particular aquelas con foco na astronom\u00eda ou nas ciencias da Terra e o Espazo, e proporciona visibilidade cunha ampla distribuci\u00f3n a trav\u00e9s das redes colaboradoras e co selo oficial da IAU. Anim\u00e1mosvos a todos educadores formais e non formais a descubrir m\u00e1is sobre astroEDU aqu\u00ed: <a href=\"http:\/\/astroedu.iau.org\/\">http:\/\/astroedu.iau.org\/<\/a>, e a compartir as actividades educativas aqu\u00ed: <a href=\"http:\/\/astroedu.iau.org\/submission\/\">http:\/\/astroedu.iau.org\/submission\/<\/a>.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\"><strong>6) Rede de grupos astron\u00f3micos e Directorio da IAU<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">O directorio IAU de Astronom\u00eda no Mundo pretende ser unha base de datos inclusiva das organizaci\u00f3ns e grupos activos que comparten a s\u00faa paix\u00f3n pola astronom\u00eda e promoven actividades de educaci\u00f3n e divulgaci\u00f3n para unha comunidade global m\u00e1is ampla. Con esta plataforma, a IAU intenta proporcionar un recurso onde todos poidan facilmente acceder a informaci\u00f3n sobre asociaci\u00f3ns e grupos astron\u00f3micos e poidan contactar con eles con facilidade para co\u00f1ecer m\u00e1is sobre actividades relacionadas coa astronom\u00eda.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Convid\u00e1mosvos a descubrir que actividades e grupos operan na vosa rexi\u00f3n ou incluso a formar parte da nosa comunidade: <a href=\"https:\/\/directory.iau.org\/\">https:\/\/directory.iau.org\/<\/a>.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\"><strong>7) Grupos de traballo da IAU<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">A IAU na actualidade ten na s\u00faa estrutura de grupos de traballo establecidos polo Comit\u00e9 Executivo, Divisi\u00f3ns ou Comisi\u00f3ns da IAU, para desenvolver certas tarefas ben definidas. Exemplos destes grupos de traballo son <a href=\"http:\/\/www.iau.org\/science\/scientific_bodies\/working_groups\/288\/\">Protecci\u00f3n dos Sitios<\/a>, <a href=\"http:\/\/www.iau.org\/science\/scientific_bodies\/working_groups\/259\/\">Astronom\u00eda para a Igualdade e a Inclusi\u00f3n<\/a>, <a href=\"http:\/\/www.iau.org\/science\/scientific_bodies\/working_groups\/258\/\">Rede para a Educaci\u00f3n Astron\u00f3mica na Escola (NASE)<\/a> e <a href=\"http:\/\/www.iau.org\/science\/scientific_bodies\/working_groups\/264\/\">Profesionalizaci\u00f3n e Acreditaci\u00f3n da Divulgaci\u00f3n<\/a>. Hai moitos m\u00e1is.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Convid\u00e1mosvos a explorar as diferentes tarefas de cada grupo de traballo da IAU aqu\u00ed: <a href=\"http:\/\/www.iau.org\/science\/scientific_bodies\/working_groups\/\">http:\/\/www.iau.org\/science\/scientific_bodies\/working_groups\/<\/a>.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\"><strong>8) Os temas da IAU<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Nos \u00faltimos anos a IAU recibiu centos de correos electr\u00f3nicos con preguntas que van dende as da mocidade estudante que quere facerse astr\u00f3noma, as dos astr\u00f3nomos afeccionados que queren implicarse na investigaci\u00f3n activa ou o p\u00fablico xeral que pregunta pola importancia da astronom\u00eda na s\u00faa vida diaria. Os Temas da IAU cobren os asuntos m\u00e1is populares en astronom\u00eda e reflicten a maior\u00eda das preguntas m\u00e1is frecuentemente consultadas que a Oficina de Prensa da IAU recibiu ao longo dos anos. O noso equipo est\u00e1 na actualidade renovando os Temas e podes ser parte do proceso envi\u00e1ndonos as t\u00faas preguntas e suxesti\u00f3ns a outreach@iau.org.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Podes ver m\u00e1is sobre os Temas da IAU aqu\u00ed: <a href=\"http:\/\/www.iau.org\/public\/themes\/\">http:\/\/www.iau.org\/public\/themes\/<\/a>.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\"><strong>9) Encontros e actividades globais en 2017<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Agora que remata 2016, aqu\u00ed tedes unha listaxe das conferencias e encontros sobre educaci\u00f3n e divulgaci\u00f3n da astronom\u00eda m\u00e1is longamente agardados. Planificade con antelaci\u00f3n un ano cheo de acontecementos interesantes. E se notades que falta algo, compartide connosco outros encontros ou convocatorias sobre educaci\u00f3n e divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica a trav\u00e9s do correo electr\u00f3nico outreach@iau.org.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">a) Campamento Astron\u00f3mico ESO<br \/>\n<em>Data<\/em>: do 26 de decembro de 2016 ao 1 de xaneiro de 2017<br \/>\n<em>Lugar<\/em>: Aosta Valley, Italy.<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n<\/em>: <a href=\"http:\/\/www.eso.org\/public\/announcements\/ann16031\/\">http:\/\/www.eso.org\/public\/announcements\/ann16031\/<\/a><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">b) 229\u00ba Encontro da Sociedade Astron\u00f3mica Americana<br \/>\n<em>Data<\/em>: do 3 ao 7 de xaneiro de 2017<br \/>\n<em>Lugar<\/em>: Grapevine, Texas<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n<\/em>: <a href=\"https:\/\/aas.org\/meetings\/aas229\">https:\/\/aas.org\/meetings\/aas229<\/a><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">c) 7\u00ba Festival Internacional da Visualizaci\u00f3n da Ciencia &#8211; Dome Fest<br \/>\n<em>Data<\/em>: do 5 ao 7 marzo, 2017<br \/>\n<em>Lugar<\/em>: Tokyo, Japan<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n<\/em>: <a href=\"http:\/\/ifsv.org\/en\/index.html\">http:\/\/ifsv.org\/en\/index.html<\/a><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">d) Mes Astron\u00f3mico Global<br \/>\n<em>Data<\/em>: abril de 2017<br \/>\n<em>Lugar<\/em>: en todo o mundo<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n<\/em>: <a href=\"http:\/\/www.astronomerswithoutborders.org\/\">http:\/\/www.astronomerswithoutborders.org\/<\/a><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">e) 10\u00ba Encontro Internacional de Astronom\u00eda e Astron\u00e1utica<br \/>\n<em>Data<\/em>: do 6 ao 8 de abril de 2017<br \/>\n<em>Lugar<\/em>: Campos, RJ, Brazil<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n<\/em>: <a href=\"http:\/\/bit.ly\/2e3Gj5k\">http:\/\/bit.ly\/2e3Gj5k<\/a><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">f) Semana Europea da Astronom\u00eda e Ciencia do Espazo (EWASS)<br \/>\n<em>Data<\/em>: do 26 ao 30 de xu\u00f1o de 2017<br \/>\n<em>Lugar<\/em>: Praga, Rep\u00fablica Checa<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n<\/em>: <a href=\"http:\/\/eas.unige.ch\/EWASS2017\/about.jsp\">http:\/\/eas.unige.ch\/EWASS2017\/about.jsp<\/a><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">g) D\u00eda do Asteroide<br \/>\n<em>Data<\/em>: 30 de xu\u00f1o de 2017<br \/>\n<em>Lugar<\/em>: en todo o mundo<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n<\/em>: <a href=\"http:\/\/asteroidday.org\/\">http:\/\/asteroidday.org\/<\/a><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">h) Encontro astron\u00f3mico nacional da Royal Astronomical Society 2017<br \/>\n<em>Data<\/em>: do 2 ao 6 de xullo de 2017<br \/>\n<em>Lugar<\/em>: Universidade de Hull, Reino Unido<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n<\/em>: <a href=\"https:\/\/nam2017.org\/\">https:\/\/nam2017.org\/<\/a><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">i) 13\u00ba Encontro Rexional Asia-Pac\u00edfico (APRIM 2017)<br \/>\n<em>Data<\/em>: do 3 ao 7 de xullo de 2017<br \/>\n<em>Lugar<\/em>: Taipei, Taiwan<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n<\/em>: <a href=\"http:\/\/www.aprim2017.tw\/\">http:\/\/www.aprim2017.tw\/<\/a><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">j) Simposio Internacional sobre Educaci\u00f3n en Astronom\u00eda e Astrobiolox\u00eda<br \/>\n<em>Data<\/em>: do 3 ao 8 de xullo de 2017<br \/>\n<em>Lugar<\/em>: Utrecht, Pa\u00edses Baixos<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n<\/em>: <a href=\"http:\/\/ise2a.uu.nl\/\">http:\/\/ise2a.uu.nl\/<\/a><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">k) Congreso Europeo de Ciencia Planetaria 2017<br \/>\n<em>Data<\/em>: do 17 ao 22 de setembro de 2017<br \/>\n<em>Lugar<\/em>: Radisson Blu Hotel Latvija, Riga, Letonia<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n<\/em>: <a href=\"http:\/\/www.epsc2017.eu\/\">http:\/\/www.epsc2017.eu\/<\/a><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">l) 3\u00aa Simposio COSPAR<br \/>\n<em>Data<\/em>: do 18 ao 22 de setembro de 2017<br \/>\n<em>Lugar<\/em>: Illa Jeju, Corea do Sur<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n<\/em>: <a href=\"https:\/\/cosparhq.cnes.fr\/\">https:\/\/cosparhq.cnes.fr\/<\/a><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">m) Noite Internacional de Observaci\u00f3n da L\u00faa<br \/>\n<em>Data<\/em>: 28 de outubro de 2017<br \/>\n<em>Lugar<\/em>: en todo o mundo<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n<\/em>: <a href=\"http:\/\/observethemoonnight.org\/\">http:\/\/observethemoonnight.org\/<\/a><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\"><strong>10) O noso bolet\u00edn noutros idiomas: un agradecemento especial aos nosos tradutores<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">-Traduci\u00f3ns ao serbio, pola doutora Liliana Gracanin de Serbia: <a href=\"https:\/\/twitter.com\/IAU_srpski\">https:\/\/twitter.com\/IAU_srpski<\/a>;<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">-Traduci\u00f3n ao espa\u00f1ol, por ASAFILE, Asociaci\u00f3n de Astr\u00f3nomos Aficionados de Le\u00f3n, Nicaragua: <a href=\"http:\/\/asafile.blogspot.jp\/p\/blog-page_12.html\">http:\/\/asafile.blogspot.jp\/p\/blog-page_12.html<\/a>;<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">-Se queres recibir a traduci\u00f3n ao xapon\u00e9s do bolet\u00edn, subscr\u00edbete \u00e1 Asociaci\u00f3n Xaponesa de Astr\u00f3nomos Afeccionados aqu\u00ed: <a href=\"http:\/\/www.jaaa-astro.jp\/jaaa-ml.html\">http:\/\/www.jaaa-astro.jp\/jaaa-ml.html<\/a>;<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">-Traduci\u00f3ns ao galego, pola Agrupaci\u00f3n Astron\u00f3mica Coru\u00f1esa \u00cdo, en Espa\u00f1a, aqu\u00ed: <a href=\"http:\/\/agrupacionio.com\/gl\/tag\/boletin-iau\">http:\/\/agrupacionio.com\/gl\/tag\/boletin-iau<\/a><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">-Podes atopar n\u00fameros antigos deste bolet\u00edn en espa\u00f1ol traducidos pola Sociedad Espa\u00f1ola de Astronom\u00eda neste enderezo: <a href=\"http:\/\/www.sea-astronomia.es\/drupal\/content\/newsletter-iau-noc\">http:\/\/www.sea-astronomia.es\/drupal\/content\/newsletter-iau-noc<\/a>;<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Se est\u00e1s interesado en traducir o noso bolet\u00edn ao teu idioma, por favor contacta con n\u00f3s v\u00eda outreach@iau.org.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\"><strong>11) Contribuci\u00f3ns para este bolet\u00edn \u2013 agard\u00e1mosvos en 2017!<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Na Oficina de Divulgaci\u00f3n Astron\u00f3mica da IAU sempre estamos buscando noticias sobre educaci\u00f3n e divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica en todo o mundo. Por favor, continuade compartindo as vosas historias con n\u00f3s en 2017! Se est\u00e1s organizando actividades a gran escala a nivel rexional ou internacional, ofreces postos de traballo de educaci\u00f3n e comunicaci\u00f3n da astronom\u00eda, tes proxectos innovadores ou historias inspiradoras, buscas colaboraci\u00f3n ProAm en astronom\u00eda ou creaches recursos educativos, f\u00e1inolo saber por correo electr\u00f3nico: outreach@iau.org.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\"><em>Traduci\u00f3n: Martin Pawley (Agrupaci\u00f3n \u00cdo). Podes consultar o bolet\u00edn en ingl\u00e9s <a href=\"http:\/\/us11.campaign-archive1.com\/?u=0ecb46e29196a0f367daf3dd6&amp;id=d76e186444&amp;e=dc17d81cba\">nesta ligaz\u00f3n<\/a>.<\/em><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Bolet\u00edn de Divulgaci\u00f3n Astron\u00f3mica da Uni\u00f3n Astron\u00f3mica Internacional (IAU) Edici\u00f3n Especial 2016-2017 Neste bolet\u00edn: 0) Nota dos editores 1) N\u00famero 21 da revista CAP, xa dispo\u00f1\u00edbel 2) Bolet\u00edn de noticias do CC1 \u2013 Educaci\u00f3n e desenvolvemento da astronom\u00eda 3) Encontros e simposios da Uni\u00f3n Astron\u00f3mica Internacional 4) Luz c\u00f3smica \u2013 un legado dende 2015 e para o futuro 5) astroEDU \u2013 astronom\u00eda revisada por pares&#8230; <\/p>\n<p class=\"more\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/boletin-divulgacion-astronomica-da-iau-edicion-especial-2016-2017\/\">Read More<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[51],"tags":[188],"class_list":["post-3487","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-noticias-gl","tag-boletin-iau"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/3487","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=3487"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/3487\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=3487"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=3487"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=3487"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}