{"id":3408,"date":"2016-12-10T14:58:47","date_gmt":"2016-12-10T12:58:47","guid":{"rendered":"http:\/\/agrupacionio.com\/?p=3408"},"modified":"2016-12-10T14:58:47","modified_gmt":"2016-12-10T12:58:47","slug":"boletin-divulgacion-astronomica-da-iau-decembro-2016-1","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/boletin-divulgacion-astronomica-da-iau-decembro-2016-1\/","title":{"rendered":"Boletin de Divulgaci\u00f3n Astron\u00f3mica da IAU: Decembro 2016 #1"},"content":{"rendered":"<p><img fetchpriority=\"high\" decoding=\"async\" class=\"aligncenter size-full wp-image-3863\" src=\"http:\/\/agrupacionio.com\/wp-content\/uploads\/2017\/05\/IAU-Bolet\u00edn-Blog.jpg\" alt=\"IAU Bolet\u00edn Blog\" width=\"600\" height=\"360\" srcset=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2017\/05\/IAU-Bolet\u00edn-Blog.jpg 600w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2017\/05\/IAU-Bolet\u00edn-Blog-300x180.jpg 300w\" sizes=\"(max-width: 600px) 100vw, 600px\" \/><\/p>\n<p><strong>Bolet\u00edn de Divulgaci\u00f3n Astron\u00f3mica da Uni\u00f3n Astron\u00f3mica Internacional (<a href=\"http:\/\/www.iau.org\/\">IAU<\/a>)<\/strong><\/p>\n<p align=\"left\"><strong>Decembro 2016 #1<\/strong><\/p>\n<p align=\"left\">Neste bolet\u00edn:<br \/>\n0) Nota dos editores<br \/>\n1) IAU aproba formalmente o nome de 227 estrelas<br \/>\n2) Xap\u00f3n ser\u00e1 sede da conferencia \u201cComunicar Astronom\u00eda co P\u00fablico\u201d<br \/>\n3) Espazo de contacto da divulgaci\u00f3n nacional (NOC): novas de Xap\u00f3n<br \/>\n4) Primeiros pasos cos Telescopios Faulkes<br \/>\n5) Novos cursos de formaci\u00f3n da Academia Europea de Ciencias da Educaci\u00f3n (ESEA)<br \/>\n6) Cartograf\u00eda de Estrelas da Axencia Espacial Europea (ESA)<br \/>\n7) App de xogo Veh\u00edculo Explorador da NASA<br \/>\n8) Stellarium<br \/>\n9) Encontros e actividades globais<br \/>\n10) Bolet\u00edn de Divulgaci\u00f3n Astron\u00f3mica da IAU noutros idiomas:<br \/>\n11) Contribuci\u00f3ns ao Bolet\u00edn de Divulgaci\u00f3n da IAU 2016<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\"><strong>0) Nota dos editores<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Queremos empezar dando os parab\u00e9ns a Xap\u00f3n como sede da conferencia \u201cComunicar Astronom\u00eda co P\u00fablico\u201d (CAP2018), que ter\u00e1 lugar en Fukuoka do 24 ao 28 de marzo. Empeza a preparar a viaxe para visitar Xap\u00f3n en 2018 e participar nun dos eventos de comunicaci\u00f3n da ciencia m\u00e1is interesantes do ano mentres observas as fermosas cerdeiras sakura xaponesas en plena floraci\u00f3n.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Neste n\u00famero salientamos os nomes de estrelas que aprobou formalmente o IAU, e desexamos que goces navegando a trav\u00e9s de todas elas, as 227! Ademais revisamos a gran ferramenta inform\u00e1tica Stellarium e, a punto de po\u00f1erlle o ramo ao 2016, damos conta dos novos cursos de formaci\u00f3n da Academia Europea de Ciencias da Educaci\u00f3n (ESEA) para 2017.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Finalmente, queremos mandar unha c\u00e1lida aperta a todos os colaboradores deste bolet\u00edn que compartiron connosco algunhas das s\u00faas actividades e recursos de divulgaci\u00f3n e educaci\u00f3n astron\u00f3mica en todo o mundo.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Ceos despexados!<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\"><em>O equipo da Oficina para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda da IAU<\/em><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\"><strong>1) IAU aproba formalmente o nome de 227 estrelas<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">En maio deste ano, o Comit\u00e9 Executivo do IAU aprobou a creaci\u00f3n dun Grupo de Traballo IAU especializado, o Grupo de Traballo de Nomes de Estrelas (Working Group on Star Names , WGSN), para formalizar nomes de estrelas que foron usadas de maneira com\u00fan durante s\u00e9culos. O WGSN estableceu un novo cat\u00e1logo IAU de nomes de estrelas, cunha primeira listaxe de 227 nomes aprobados publicado no sitio web do IAU.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Podes ler a nota de prensa orixinal no sitio web do IAU: <a href=\"http:\/\/www.iau.org\/news\/pressreleases\/detail\/iau1603\/\">http:\/\/www.iau.org\/news\/pressreleases\/detail\/iau1603\/<\/a><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\"><strong>2) Xap\u00f3n ser\u00e1 sede da conferencia \u201cComunicar Astronom\u00eda co P\u00fablico\u201d<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Do 24 ao 28 de marzo de 2018 Xap\u00f3n ser\u00e1 sede da conferencia \u201cComunicar Astronom\u00eda co P\u00fablico\u201d (CAP2018) na cidade de Fukuoka. Profesionais da comunicaci\u00f3n, astr\u00f3nomos investigadores, persoal das oficinas de prensa, xornalistas de ciencia e moita m\u00e1is xente intercambiar\u00e1 visi\u00f3ns e experiencias durante unha conferencia de cinco d\u00edas sobre os \u00faltimos desaf\u00edos en comunicaci\u00f3n da astronom\u00eda e divulgaci\u00f3n ao p\u00fablico.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Podes ler m\u00e1is aqu\u00ed: <a href=\"http:\/\/bit.ly\/2g87gpu\">http:\/\/bit.ly\/2g87gpu <\/a><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\"><strong>3) Espazo de contacto da divulgaci\u00f3n nacional (NOC): novas de Xap\u00f3n<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\"><em>a) Concurso de Comic \u201cSpace Scoop\u201d do UNAWE<\/em><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">O equipo xapon\u00e9s do concurso de comic \u201cSpace Scoop\u201d v\u00e9n de anunciar que xa seleccionaron os ga\u00f1adores dese pa\u00eds. O primeiro ga\u00f1ador \u00e9 da categor\u00eda de 8 a 11 anos, e o segundo da categor\u00eda de 16 a 18. A mellor obra entrar\u00e1 nunha competici\u00f3n internacional cuxos resultados se anunciar\u00e1n en breve.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Para m\u00e1is informaci\u00f3n sobre o concurso nacional xapon\u00e9s, visitade o sitio web (en xapon\u00e9s): <a href=\"http:\/\/www.wakayama-u.ac.jp\/~atomita\/sscc\/\">http:\/\/www.wakayama-u.ac.jp\/~atomita\/sscc\/<\/a><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Actualizaci\u00f3n: podes atopar os resultados do concurso internacional aqu\u00ed: <a href=\"http:\/\/www.unawe.org\/updates\/unawe-update-2016-49\/\">http:\/\/www.unawe.org\/updates\/unawe-update-2016-49\/<\/a><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\"><em>b) Space Scoop Xap\u00f3n<\/em><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Este equipo, formado por profesores, persoal de museos de ciencia, do Observatorio Astron\u00f3mico Nacional de Xap\u00f3n (NAOJ) e das universidades, traduce os artigos de Space Scoop do ingl\u00e9s ao xapon\u00e9s. O equipo traduciu xa m\u00e1is de 200 artigos.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Podes ver os artigos aqu\u00ed <a href=\"http:\/\/www.spacescoop.org\/ja\/\">http:\/\/www.spacescoop.org\/ja\/<\/a> e aqu\u00ed <a href=\"http:\/\/www.unawe.org\/kids\/archive\/lang\/ja\/\">http:\/\/www.unawe.org\/kids\/archive\/lang\/ja\/<\/a><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\"><strong>4) Primeiros pasos cos Telescopios Faulkes<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">O Proxecto de Telescopios Faulkes consiste nunha rede de telescopios situados en todo o mundo que poden ser controlados de forma remota dende as casas, aulas ou practicamente calquera lugar. Quen estea interesado pode aprender a usar os telescopios gui\u00e1ndose pola gu\u00eda b\u00e1sica que proporcionan. Hai ademais varias actividades pr\u00e1cticas que te axudar\u00e1n a descubrir as fascinantes cousas que podes facer coas imaxes que obte\u00f1as. Esta colecci\u00f3n de rigorosas gu\u00edas te axudar\u00e1 a facer as t\u00faas propias observaci\u00f3ns, crear imaxes e facer an\u00e1lises b\u00e1sicas dos teus datos.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Podes descubrir como empezar a traballar cos Telescopios Faulkes aqu\u00ed: <a href=\"http:\/\/www.faulkes-telescope.com\/GettingStarted\/\">http:\/\/www.faulkes-telescope.com\/GettingStarted\/<\/a><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\"><strong>5) Novos cursos de formaci\u00f3n da Academia Europea de Ciencias da Educaci\u00f3n (ESEA)<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">A Academia Europea de Ciencias da Educaci\u00f3n (ESEA) acaba de lanzar os seus cursos para 2017. Estes cursos estar\u00e1n apoiados por expertos de toda Europa que axudar\u00e1n aos participantes a crear m\u00e1is fascinantes lecci\u00f3ns de ciencias. Dende as grandes ideas da ciencia at\u00e9 aprender a programar robots para explorar os porentos desertos de Marte, todo iso e moito m\u00e1is \u00e9 o que podes atopar nestes cursos de formaci\u00f3n.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Podes apuntarte agora v\u00eda <a href=\"http:\/\/esea.ea.gr\/content\/training-courses-workshops\">http:\/\/esea.ea.gr\/content\/training-courses-workshops<\/a><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\"><strong>6) Cartograf\u00eda de Estrelas da Axencia Espacial Europea (ESA)<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">A visualizaci\u00f3n da Cartograf\u00eda de Estrelas da ESA explora alg\u00fans dos principais aspectos dos cat\u00e1logos astrom\u00e9tricos de estrelas, que empregan datos da misi\u00f3n Hipparcos da ESA. A astrometr\u00eda \u00e9 a ciencia que fai cartograf\u00eda do ceo e \u00e9 unha das ramas m\u00e1is antigas da astronom\u00eda. Esta visualizaci\u00f3n incl\u00fae 59921 estrelas do Cat\u00e1logo Hipparcos e o paseo div\u00eddese en cinco secci\u00f3ns: Magnitude Aparente, Magnitude Absoluta, Hertzsprung-Russell, Movemento, e Explora; cada secci\u00f3n achega unha breve explicaci\u00f3n.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Podes ler m\u00e1is aqu\u00ed: <a href=\"http:\/\/sci.esa.int\/hipparcos\/58154-star-mapper\/\">http:\/\/sci.esa.int\/hipparcos\/58154-star-mapper\/ <\/a><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\"><strong>7) App de xogo Veh\u00edculo Explorador da NASA<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">A NASA busca pilotos do veh\u00edculo explorador de Marte! Mars Rover \u00e9 unha aplicaci\u00f3n dispon\u00edbel para Android e iPhone, iPad e escritorio. Podes buscar auga mentres o teu veh\u00edculo explorador virtual sobe e baixa polos outeiros na s\u00faa exploraci\u00f3n da superficie de Marte. Precisas conducir con coidado se non queres estrelarte nun cr\u00e1ter e ser eliminado do xogo! No sitio web oficial podes obter informaci\u00f3n sobre canto se parece o veh\u00edculo do xogo aos veh\u00edculos de exploraci\u00f3n real en Marte.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Podes baixar esta aplicaci\u00f3n de balde aqu\u00ed: <a href=\"http:\/\/mars.nasa.gov\/gamee-rover\/\">http:\/\/mars.nasa.gov\/gamee-rover\/<\/a><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\"><strong>8) Stellarium<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Stellarium \u00e9 un programa de planetario para ordenador de c\u00f3digo libre e de balde. Amosa un ceo realista en 3D, tal e como o ver\u00edas a ollo ceibe, con prism\u00e1ticos ou con telescopio. O cat\u00e1logo por defecto incl\u00fae centos de miles de estrelas e con actualizaci\u00f3ns pode chegar a ter centos de mill\u00f3ns. Ademais presenta as constelaci\u00f3n de dez culturas diferentes as\u00ed como ilustraci\u00f3ns e asterismos.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Podes baixar Stellarium e moito m\u00e1is aqu\u00ed: <a href=\"http:\/\/stellarium.org\/\">http:\/\/stellarium.org\/<\/a><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\"><strong>9) Encontros e actividades globais<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Aqu\u00ed tes unha listaxe de conferencias e actividades sobre educaci\u00f3n e investigaci\u00f3n astron\u00f3mica en todo o mundo.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\"><em>a) Engadidos hai pouco<\/em><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\" align=\"left\">Obradoiro Internacional \u201cData to Dome\u201d (Datos \u00e1 C\u00fapula)<br \/>\n<em>Data:<\/em> 2 e 3 de decembro de 2017<br \/>\n<em>Lugar:<\/em> Observatorio Astron\u00f3mico Nacional de Xap\u00f3n (NAOJ), Mitaka, Tokyo, Xap\u00f3n<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n: <\/em><a href=\"http:\/\/prc.nao.ac.jp\/fukyu\/dtod\/\">http:\/\/prc.nao.ac.jp\/fukyu\/dtod\/<\/a><\/p>\n<p><em>b) Pr\u00f3ximas actividades<\/em><\/p>\n<p>a) Rede Astron\u00f3mica do Sueste Asi\u00e1tico (Southeast Asia Astronomical Network, SEAAN)<br \/>\n<em>Data<\/em>: 12 e 13 de novembro, 2016<br \/>\n<em>Lugar<\/em>: Hanoi, Vietnam<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n<\/em>: <a href=\"https:\/\/vnsc.org.vn\/seaan2016\">https:\/\/vnsc.org.vn\/seaan2016<\/a><\/p>\n<p>b) Campamento Astron\u00f3mico ESO<br \/>\n<em>Data<\/em>: do 26 de decembro de 2016 ao 1 de xaneiro de 2017<br \/>\n<em>Lugar<\/em>: Aosta Valley, Italy.<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n<\/em>: <a href=\"http:\/\/www.eso.org\/public\/announcements\/ann16031\/\">http:\/\/www.eso.org\/public\/announcements\/ann16031\/<\/a><\/p>\n<p>c) 7\u00ba Festival Internacional da Visualizaci\u00f3n da Ciencia \u2013 Dome Fest<br \/>\n<em>Data<\/em>: 5-7 marzo, 2017<br \/>\n<em>Lugar<\/em>: Tokyo, Japan<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n<\/em>: <a href=\"http:\/\/ifsv.org\/en\/index.html\">http:\/\/ifsv.org\/en\/index.html<\/a><\/p>\n<p>d) 10\u00ba Encontro Internacional de Astronom\u00eda e Astron\u00e1utica<br \/>\n<em>Data<\/em>: 6-8 de abril, 2017<br \/>\n<em>Lugar<\/em>: Campos, RJ, Brazil<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n<\/em>: <a href=\"http:\/\/bit.ly\/2e3Gj5k\">http:\/\/bit.ly\/2e3Gj5k<\/a><\/p>\n<p>e) 13\u00ba Encontro Rexional Asia-Pac\u00edfico (APRIM 2017)<br \/>\n<em>Data<\/em>: 3\u20137 de xullo, 2017<br \/>\n<em>Lugar<\/em>: Taipei, Taiwan<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n<\/em>: <a href=\"http:\/\/www.aprim2017.tw\/\">http:\/\/www.aprim2017.tw\/<\/a><\/p>\n<p>f) Simposio Internacional de Educaci\u00f3n en Astronom\u00eda e Astrobiolox\u00eda<br \/>\n<em>Data<\/em>: 3\u20138 de xullo, 2017<br \/>\n<em>Lugar<\/em>: Utrecht, Netherlands<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n<\/em>: <a href=\"http:\/\/ise2a.uu.nl\/\">http:\/\/ise2a.uu.nl\/<\/a><\/p>\n<p>g) Sociedade Planetaria Internacional<br \/>\n<em>Data<\/em>: 1\u20136 de xullo, 2017<br \/>\n<em>Lugar<\/em>: Toulouse, France<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n<\/em>: <a href=\"http:\/\/www.ips-planetarium.org\/page\/IPS2018Toulouse\">http:\/\/www.ips-planetarium.org\/page\/IPS2018Toulouse<\/a><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">Esquecemos algo? Ent\u00f3n comparte os teus encontros sobre educaci\u00f3n e divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica con n\u00f3s v\u00eda outreach@iau.org.<\/p>\n<p><strong>10) Bolet\u00edn de Divulgaci\u00f3n Astron\u00f3mica da IAU noutros idiomas<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">-Traduci\u00f3ns ao serbio, pola doutora Liliana Gracanin de Serbia: <a href=\"https:\/\/twitter.com\/IAU_srpski\">https:\/\/twitter.com\/IAU_srpski<\/a>;<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">-Traduci\u00f3n ao espa\u00f1ol, por ASAFILE, Asociaci\u00f3n de Astr\u00f3nomos Aficionados de Le\u00f3n, Nicaragua: <a href=\"http:\/\/asafile.blogspot.jp\/p\/blog-page_12.html\">http:\/\/asafile.blogspot.jp\/p\/blog-page_12.html<\/a>;<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">-Se queres recibir a traduci\u00f3n ao xapon\u00e9s do bolet\u00edn, subscr\u00edbete \u00e1 Asociaci\u00f3n Xaponesa de Astr\u00f3nomos Afeccionados aqu\u00ed: <a href=\"http:\/\/www.jaaa-astro.jp\/jaaa-ml.html\">http:\/\/www.jaaa-astro.jp\/jaaa-ml.html<\/a>;<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">-Traduci\u00f3ns ao galego, pola Agrupaci\u00f3n Astron\u00f3mica Coru\u00f1esa \u00cdo, en Espa\u00f1a, aqu\u00ed: <a href=\"http:\/\/agrupacionio.com\/gl\/tag\/boletin-iau\">http:\/\/agrupacionio.com\/gl\/tag\/boletin-iau<\/a>;<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">-Podes atopar n\u00fameros antigos deste bolet\u00edn en espa\u00f1ol traducidos pola Sociedad Espa\u00f1ola de Astronom\u00eda neste enderezo: <a href=\"http:\/\/www.sea-astronomia.es\/drupal\/content\/newsletter-iau-noc\">http:\/\/www.sea-astronomia.es\/drupal\/content\/newsletter-iau-noc<\/a>;<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">Se est\u00e1s interesado en traducir o noso bolet\u00edn ao teu idioma, por favor contacta con n\u00f3s v\u00eda outreach@iau.org.<\/p>\n<p><strong>11) Contribuci\u00f3ns ao Bolet\u00edn de Divulgaci\u00f3n da IAU 2016<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">Na Oficina de Divulgaci\u00f3n Astron\u00f3mica da IAU sempre estamos buscando noticias sobre educaci\u00f3n e divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica en todo o mundo. Por favor, continuade compartindo as vosas historias con n\u00f3s en 2016! Se est\u00e1s organizando actividades a gran escala a nivel rexional ou internacional, ofreces postos de traballo de educaci\u00f3n e comunicaci\u00f3n da astronom\u00eda, tes proxectos innovadores ou historias inspiradoras, buscas colaboraci\u00f3n ProAm en astronom\u00eda ou creaches recursos educativos, f\u00e1inolo saber por correo electr\u00f3nico: outreach@iau.org.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\"><em>Traduci\u00f3n: Martin Pawley (Agrupaci\u00f3n \u00cdo). Podes consultar o bolet\u00edn en ingl\u00e9s <a href=\"http:\/\/us11.campaign-archive2.com\/?u=0ecb46e29196a0f367daf3dd6&amp;id=b5bffd6ee9&amp;e=\">nesta ligaz\u00f3n<\/a>.<\/em><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Bolet\u00edn de Divulgaci\u00f3n Astron\u00f3mica da Uni\u00f3n Astron\u00f3mica Internacional (IAU) Decembro 2016 #1 Neste bolet\u00edn: 0) Nota dos editores 1) IAU aproba formalmente o nome de 227 estrelas 2) Xap\u00f3n ser\u00e1 sede da conferencia \u201cComunicar Astronom\u00eda co P\u00fablico\u201d 3) Espazo de contacto da divulgaci\u00f3n nacional (NOC): novas de Xap\u00f3n 4) Primeiros pasos cos Telescopios Faulkes 5) Novos cursos de formaci\u00f3n da Academia Europea de Ciencias da&#8230; <\/p>\n<p class=\"more\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/boletin-divulgacion-astronomica-da-iau-decembro-2016-1\/\">Read More<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[51],"tags":[188],"class_list":["post-3408","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-noticias-gl","tag-boletin-iau"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/3408","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=3408"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/3408\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=3408"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=3408"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=3408"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}