{"id":3365,"date":"2016-11-27T18:57:39","date_gmt":"2016-11-27T18:57:39","guid":{"rendered":"http:\/\/agrupacionio.com\/?p=3365"},"modified":"2021-09-07T10:33:32","modified_gmt":"2021-09-07T10:33:32","slug":"descontaminacion-luminosa-e-moi-rendibel","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/descontaminacion-luminosa-e-moi-rendibel\/","title":{"rendered":"A descontaminaci\u00f3n luminosa \u00e9 moi rend\u00edbel"},"content":{"rendered":"<p><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">por <strong>Josep Maria Oll\u00e9<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">A descontaminaci\u00f3n luminosa non consiste en apagar luces, nin deixar r\u00faas \u00e1s escuras, sen\u00f3n en <strong>iluminar o xusto e necesario<\/strong> e <strong>s\u00f3 onde e cando \u00e9 necesario<\/strong> para garantir unha correcta visi\u00f3n. \u00c9 pos\u00edbel dar un adecuado servizo de iluminaci\u00f3n p\u00fablica sen apenas producir contaminaci\u00f3n luminosa.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">A descontaminaci\u00f3n luminosa non s\u00f3 <strong>\u00e9 pos\u00edbel tecnicamente<\/strong> sen\u00f3n que <strong>\u00e9 moi conveniente economicamente<\/strong> pois a electricidade que consome a iluminaci\u00f3n p\u00fablica pag\u00e1mola os cidad\u00e1ns cos nosos impostos e canta menos contaminaci\u00f3n luminosa haxa, menos electricidade in\u00fatil estaremos a gastar.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Os cidad\u00e1ns debemos esixir aos nosos xestores pol\u00edticos e econ\u00f3micos que realicen canto antes actuaci\u00f3ns de descontaminaci\u00f3n luminosa das nosas cidades. O aforro econ\u00f3mico que se obt\u00e9n pola reduci\u00f3n do consumo de electricidade amortiza en pouco tempo o investimento necesario e este aforro deber\u00eda traducirse, se non nunha diminuci\u00f3n dos impostos municipais que pagamos, si nunha mellora dos servizos que recibimos.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Como debe realizarse unha descontaminaci\u00f3n luminosa? Que criterios t\u00e9cnicos deben seguirse? Moi sinxelo, basta con empregar o sentido com\u00fan:<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">1.- <strong>A iluminaci\u00f3n p\u00fablica debe iluminar s\u00f3 o que \u00e9 p\u00fablico<\/strong>, \u00e9 dicir, o chan das r\u00faas, non as fachadas nin as xanelas dos veci\u00f1os e moito menos enviar luz cara ao ceo, que ocasiona unha contaminaci\u00f3n luminosa directa.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">2.- <strong>O nivel de iluminaci\u00f3n do chan das r\u00faas debe ser o xusto e necesario<\/strong> para garantir unha adecuada visi\u00f3n que nos permita esquivar as cacas dos cans ou as irregularidades do chan para non tropezar. Sobreiluminar non nos vai dar m\u00e1is seguridade, ao contrario, se hai moito brillo ou se producen cegamentos a percepci\u00f3n ser\u00e1 peor e seranos m\u00e1is dif\u00edcil discernir se a persoa que se nos achega v\u00e9n con cara de amigo ou non. O ollo humano acom\u00f3dase mellor a niveis baixos de iluminaci\u00f3n se hai unha boa uniformidade que a grandes niveis de luz mesturados con sombras. Ademais, un exceso de luz no chan implica unha maior reflexi\u00f3n da luz desde o pavimento cara ao ceo, que produce contaminaci\u00f3n luminosa indirecta.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">3.- <strong>Iluminar s\u00f3 cando \u00e9 necesario<\/strong>. Non \u00e9 necesario que as luces dun parque pechado sen acceso p\u00fablico permanezan acesas toda a noite, nin \u00e9 necesario ter iluminados toda a noite monumentos que ningu\u00e9n vai mirar.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">4.- <strong>Utilizar a luz m\u00e1is inocua pos\u00edbel<\/strong>. \u00c9 dicir, luz c\u00e1lida nas r\u00faas, como en casa, sen radiaci\u00f3ns azuladas. Hoxe a tecnolox\u00eda LED permite usar luz de menos de 3.000K con elevada eficacia. Xa non hai xustificaci\u00f3n para o uso de luz fr\u00eda (4.000K ou m\u00e1is) para iluminar os espazos exteriores porque as eficacias enerx\u00e9ticas son similares.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Estes m\u00ednimos criterios, baseados no sentido com\u00fan, son f\u00e1ciles de aplicar tecnicamente:<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">1.- As <strong>luminarias<\/strong> deben dirixir a luz por debaixo da horizontal, nunca cara ao ceo. Debe redese\u00f1arse a iluminaci\u00f3n p\u00fablica a unha escala humana, \u00e9 dicir, instalando as luminarias o mais baixas, m\u00e1is xuntas e coa menor potencia el\u00e9ctrica pos\u00edbel.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">2.- Axustar os <strong>niveis de iluminaci\u00f3n por debaixo dos valores m\u00e1ximos<\/strong> que estableceu o R.D. 1890\/2008 polo que se aprobou o regulamento de eficiencia enerx\u00e9tica en instalaci\u00f3ns de iluminaci\u00f3n exterior.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">3.- Usar <strong>reloxos ou programadores astron\u00f3micos<\/strong> para controlar o acendido e apagado en cada zona iluminada.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">4.- Instalar luminarias con <strong>tecnolox\u00eda LED de 3.000K ou menos<\/strong> nas r\u00faas das cidades ou <strong>LED PC-\u00e1mbar<\/strong> en zonas que requiren maior protecci\u00f3n \u00e1 contaminaci\u00f3n luminosa.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">A\u00ednda que pode ter aplicaci\u00f3n nalgunhas zonas, non \u00e9 necesario instalar de forma xen\u00e9rica sistemas de xesti\u00f3n centralizada tipo punto a punto. Os custos da s\u00faa instalaci\u00f3n e mantemento a\u00ednda non o xustifican.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">E que aforros econ\u00f3micos se poden conseguir? Depende do tipo de iluminaci\u00f3n existente. Como caso exemplo temos o <strong>aforro dun 92 %<\/strong> obtido na praza Antonio Correig de Reus:<\/p>\n<figure id=\"attachment_3366\" aria-describedby=\"caption-attachment-3366\" style=\"width: 1440px\" class=\"wp-caption aligncenter\"><img fetchpriority=\"high\" decoding=\"async\" class=\"wp-image-3366 size-full\" src=\"http:\/\/agrupacionio.com\/wp-content\/uploads\/2016\/11\/AntonioCorreigAntes.jpg\" alt=\"antoniocorreigantes\" width=\"1440\" height=\"1080\" srcset=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2016\/11\/AntonioCorreigAntes.jpg 1440w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2016\/11\/AntonioCorreigAntes-300x225.jpg 300w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2016\/11\/AntonioCorreigAntes-768x576.jpg 768w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2016\/11\/AntonioCorreigAntes-1024x768.jpg 1024w\" sizes=\"(max-width: 1440px) 100vw, 1440px\" \/><figcaption id=\"caption-attachment-3366\" class=\"wp-caption-text\">Praza Antonio Correig de Reus antes, con farois globo de 250W.<\/figcaption><\/figure>\n<figure id=\"attachment_3367\" aria-describedby=\"caption-attachment-3367\" style=\"width: 1440px\" class=\"wp-caption aligncenter\"><img decoding=\"async\" class=\"wp-image-3367 size-full\" src=\"http:\/\/agrupacionio.com\/wp-content\/uploads\/2016\/11\/AntonioCorreigDespois.jpg\" alt=\"antoniocorreigdespois\" width=\"1440\" height=\"1080\" srcset=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2016\/11\/AntonioCorreigDespois.jpg 1440w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2016\/11\/AntonioCorreigDespois-300x225.jpg 300w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2016\/11\/AntonioCorreigDespois-768x576.jpg 768w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2016\/11\/AntonioCorreigDespois-1024x768.jpg 1024w\" sizes=\"(max-width: 1440px) 100vw, 1440px\" \/><figcaption id=\"caption-attachment-3367\" class=\"wp-caption-text\">Praza Antonio Correig de Reus despois da descontaminaci\u00f3n, con l\u00e1mpadas de 20W.<\/figcaption><\/figure>\n<p style=\"text-align: justify;\">Como pode apreciarse na foto eliminouse a luz que se dirix\u00eda directamente ao ceo e tam\u00e9n a luz intrusa que se introduc\u00eda nas vivendas, e o espazo p\u00fablico segue ben iluminado. A potencia el\u00e9ctrica das luminarias pasou de 250w a 20w. S\u00f3 se substitu\u00edu a luminaria esf\u00e9rica por unha nova luminaria con FHS=0, como a que se mostra na esquina superior dereita da fotograf\u00eda. A columna e o resto da instalaci\u00f3n non se tocou, polo que o custo da descontaminaci\u00f3n foi \u00ednfimo comparado co aforro dun 92% anual en consumo de electricidade.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">A\u00ednda que pareza paradoxal, nas zonas urbanas tam\u00e9n se pode descontaminar substitu\u00edndo as l\u00e1mpadas de vapor de sodio de alta presi\u00f3n e axustando a altura das luminarias e os niveis de iluminaci\u00f3n, tal como se fixo na r\u00faa Closa de Mestres. Neste caso baix\u00e1ronse as luminarias de 8m a 6m de alto e se substitu\u00edron as luminarias de 150w de sodio de alta presi\u00f3n por luminarias de 35w e luz de 3.000K. Deste xeito reduciuse o excesivo nivel medio de iluminaci\u00f3n de 30 lux a 12 lux para cumprir as\u00ed co R.D. 1890\/2008.<\/p>\n<figure id=\"attachment_3368\" aria-describedby=\"caption-attachment-3368\" style=\"width: 810px\" class=\"wp-caption aligncenter\"><img decoding=\"async\" class=\"wp-image-3368 size-full\" src=\"http:\/\/agrupacionio.com\/wp-content\/uploads\/2016\/11\/ClosaAntes.jpg\" alt=\"closaantes\" width=\"810\" height=\"1080\" srcset=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2016\/11\/ClosaAntes.jpg 810w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2016\/11\/ClosaAntes-225x300.jpg 225w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2016\/11\/ClosaAntes-768x1024.jpg 768w\" sizes=\"(max-width: 810px) 100vw, 810px\" \/><figcaption id=\"caption-attachment-3368\" class=\"wp-caption-text\">Closa de Mestres antes, con luces de 150W a 8 m de altura.<\/figcaption><\/figure>\n<figure id=\"attachment_3369\" aria-describedby=\"caption-attachment-3369\" style=\"width: 810px\" class=\"wp-caption aligncenter\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" class=\"wp-image-3369 size-full\" src=\"http:\/\/agrupacionio.com\/wp-content\/uploads\/2016\/11\/ClosaDespois.jpg\" alt=\"closadespois\" width=\"810\" height=\"1080\" srcset=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2016\/11\/ClosaDespois.jpg 810w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2016\/11\/ClosaDespois-225x300.jpg 225w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2016\/11\/ClosaDespois-768x1024.jpg 768w\" sizes=\"(max-width: 810px) 100vw, 810px\" \/><figcaption id=\"caption-attachment-3369\" class=\"wp-caption-text\">Closa de Mestres despois, con luces de 35W a 3000K a 6m de altura.<\/figcaption><\/figure>\n<p style=\"text-align: justify;\">Ao substitu\u00edr a luz das l\u00e1mpadas de vapor de sodio de alta presi\u00f3n por unha luz c\u00e1lida de 3.000K a percepci\u00f3n do ollo \u00e9 mellor. Isto pode apreciarse na foto de despois da descontaminaci\u00f3n coas cores dos colectores de lixo. Na fotograf\u00eda de antes, os colectores de lixo est\u00e1n na beirarr\u00faa da dereita antes do cruzamento. Esta mellor percepci\u00f3n permite baixar o nivel de iluminaci\u00f3n sen que a sensaci\u00f3n de seguridade dimin\u00faa.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Neste caso substitu\u00edronse as luminarias e os brazos que as sustentaban. O resto da instalaci\u00f3n el\u00e9ctrica mant\u00edvose e obt\u00edvose un<strong> aforro dun 76% no consumo de electricidade<\/strong>. Nas fotos pode apreciarse como a luz nas fachadas queda por baixo do primeiro piso, permitindo aos veci\u00f1os durmir no ver\u00e1n coas xanelas abertas sen molestias por luz intrusa.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Estes dous exemplos son sinxelos e abarcan espazos pequenos mais mostr\u00e1molos por seren moi significativos. Poderiamos presentar moitos m\u00e1is casos de descontaminaci\u00f3n luminosa que implicaron consider\u00e1beis aforros no consumo de electricidade sen que iso representase unha diminuci\u00f3n na visi\u00f3n nocturna dos cidad\u00e1ns ou menor seguridade.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Debemos ter presente que moitas das \u00faltimas iluminaci\u00f3ns realiz\u00e1ronse cando en Espa\u00f1a criamos ser ricos e sen os co\u00f1ecementos que hoxe se te\u00f1en dos efectos negativos da contaminaci\u00f3n luminosa.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Agora, coa nova situaci\u00f3n econ\u00f3mica que vivimos, imponse reverter a situaci\u00f3n da excesiva iluminaci\u00f3n que se instalou. Da concienciaci\u00f3n cidad\u00e1 e da presi\u00f3n que os cidad\u00e1ns exerzan sobre os seus xestores pol\u00edticos e econ\u00f3micos depender\u00e1 a dilixencia con que se acometan as produtivas actuaci\u00f3ns de descontaminaci\u00f3n luminosa.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Sen d\u00fabida, a descontaminaci\u00f3n luminosa \u00e9 moi rend\u00edbel econ\u00f3mica e politicamente. A tecnolox\u00eda necesaria existe e o investimento recup\u00e9rase en pouco tempo co aforro no consumo de electricidade, s\u00f3 falta a vontade pol\u00edtica de facelo. En fin, depende de n\u00f3s, os que pagamos os impostos.<\/p>\n<p style=\"text-align: center;\">* * *<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><em>Jos\u00e9 Mar\u00eda Oll\u00e9 Martorell \u00e9 profesor de Luminotecnia da <a href=\"http:\/\/www.urv.cat\/\">Universidade Rovira e Virgili de Tarragona<\/a> e t\u00e9cnico municipal da iluminaci\u00f3n de Reus. O artigo foi escrito como complemento ao caderno &#8220;A Fondo&#8221; de contaminaci\u00f3n luminosa publicado por Sermos Galiza e apareceu primeiro <a href=\"http:\/\/www.sermosgaliza.gal\/articulo\/social\/descontaminacion-luminosa-moi-rendibel\/20161008102341051783.html\">no sitio web do semanario o 9 de outubro<\/a> de 2016.<\/em><\/p>\n<p><\/p>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>por Josep Maria Oll\u00e9 A descontaminaci\u00f3n luminosa non consiste en apagar luces, nin deixar r\u00faas \u00e1s escuras, sen\u00f3n en iluminar o xusto e necesario e s\u00f3 onde e cando \u00e9 necesario para garantir unha correcta visi\u00f3n. \u00c9 pos\u00edbel dar un adecuado servizo de iluminaci\u00f3n p\u00fablica sen apenas producir contaminaci\u00f3n luminosa. A descontaminaci\u00f3n luminosa non s\u00f3 \u00e9 pos\u00edbel tecnicamente sen\u00f3n que \u00e9 moi conveniente economicamente pois&#8230; <\/p>\n<p class=\"more\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/descontaminacion-luminosa-e-moi-rendibel\/\">Read More<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[26],"tags":[182,191,192,185],"class_list":["post-3365","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-contaminacion-luminosa-gl","tag-a-fondo-contaminacion-luminosa","tag-descontaminacion-luminosa","tag-josep-maria-olle","tag-sermos-galiza"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/3365","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=3365"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/3365\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":12139,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/3365\/revisions\/12139"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=3365"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=3365"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=3365"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}