{"id":3334,"date":"2016-11-21T13:47:06","date_gmt":"2016-11-21T13:47:06","guid":{"rendered":"http:\/\/agrupacionio.com\/?p=3334"},"modified":"2021-09-07T10:04:47","modified_gmt":"2021-09-07T10:04:47","slug":"defensa-do-ceo-nocturno","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/defensa-do-ceo-nocturno\/","title":{"rendered":"En defensa do ceo nocturno"},"content":{"rendered":"<p><figure id=\"attachment_3338\" aria-describedby=\"caption-attachment-3338\" style=\"width: 800px\" class=\"wp-caption aligncenter\"><img fetchpriority=\"high\" decoding=\"async\" class=\"wp-image-3338 size-full\" src=\"http:\/\/agrupacionio.com\/wp-content\/uploads\/2016\/11\/XC-CL.jpg\" alt=\"Farois acendidos en pleno d\u00eda na Coru\u00f1a. Foto: Xo\u00e1n Cardelle.\" width=\"800\" height=\"449\" srcset=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2016\/11\/XC-CL.jpg 800w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2016\/11\/XC-CL-300x168.jpg 300w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2016\/11\/XC-CL-768x431.jpg 768w\" sizes=\"(max-width: 800px) 100vw, 800px\" \/><figcaption id=\"caption-attachment-3338\" class=\"wp-caption-text\">Farois acendidos en pleno d\u00eda na Coru\u00f1a. <em>Foto:<\/em> Xo\u00e1n Cardelle.<\/figcaption><\/figure><\/p>\n<p>por <strong>Martin Pawley<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Por obvio que pareza nunca est\u00e1 de m\u00e1is recordalo. A Terra d\u00e1 voltas sobre o seu eixo e ese movemento de rotaci\u00f3n xustifica que cada lugar do planeta estea exposto unhas veces de forma directa \u00e1 luz do Sol e outras non, ou o que \u00e9 o mesmo, que sexa \u201cde d\u00eda\u201d ou que sexa \u201cde noite\u201d. A alternancia do d\u00eda e da noite, da luz e a escuridade, \u00e9 unha caracter\u00edstica esencial do planeta en que vivimos. No tempo transcorrido dende que apareceron as primeiras formas de vida a Terra deu m\u00e1is dun bill\u00f3n de voltas; un bill\u00f3n -con \u201cb\u201d- de d\u00edas co seu correspondente bill\u00f3n de noites. Non parece ins\u00f3lito, dende logo, que a vida, en todas as s\u00faas formas, se acomodase a esa circunstancia, a esa sucesi\u00f3n segura de per\u00edodos de luz e per\u00edodos de escuridade. Que desenvolvesen mecanismos para axustarse a esa alternancia de d\u00edas e noites. Tam\u00e9n, por suposto, para adaptarse \u00e1 diferente duraci\u00f3n dos d\u00edas e noites ao longo do ano e as\u00ed reco\u00f1ecer con antelaci\u00f3n a chegada do ver\u00e1n e do inverno.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">N\u00f3s, os humanos, non somos seres alleos a ese padr\u00f3n d\u00eda\/noite. Estamos tan afeitos dende que nacemos que acabamos por non reparar niso, mais non \u00e9 casual que descansemos cando o ceo est\u00e1 escuro e \u201cfagamos vida\u201d cando a luz do Sol domina o ceo, nin son casuais as variaci\u00f3ns ao longo dunha mesma xornada da temperatura do noso corpo ou da presi\u00f3n arterial. A nosa intelixencia e capacidade transformadora fainos crer \u00e1s veces que para n\u00f3s non hai barreiras, mais hainas, e non poucas. Ir contra ritmos biol\u00f3xicos forxados durante mill\u00f3ns de anos trae consecuencias. A desmedida iluminaci\u00f3n artificial que (case) varreu a noite produce danos que a ciencia hoxe \u00e9 quen de explicar.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Co\u00f1ecemos o grave impacto ambiental da contaminaci\u00f3n luminosa, como altera os ciclos biol\u00f3xicos de \u00e1rbores e plantas, como dificulta a migraci\u00f3n das aves, como desequilibra as delicadas relaci\u00f3ns tecidas na fauna nocturna. Sabemos os riscos para a sa\u00fade humana, as alteraci\u00f3ns do sono, o potencial que a luz pola noite ten para reducir a produci\u00f3n de melatonina e como iso se relaciona con diversas enfermidades, dende a diabetes ao cancro. Podemos calcular a enerx\u00eda e o di\u00f1eiro que dilapidamos en iluminar a noite, 950 mill\u00f3ns de euros ao ano en Espa\u00f1a, bastante m\u00e1is c\u00f3 que custou <a href=\"https:\/\/www.nasa.gov\/mission_pages\/newhorizons\/main\/\">toda a misi\u00f3n New Horizons da NASA<\/a> que conseguiu enviar unha sonda a Plut\u00f3n. Como m\u00ednimo a metade da iluminaci\u00f3n nocturna que temos \u00e9 in\u00fatil. Iso significa que tiramos cada ano varios centos de mill\u00f3ns de euros ao lixo (m\u00e1is ben ao ceo). Canto I+D+i poder\u00edamos financiar con esa cantidade inmensa de cartos?<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">E si, a contaminaci\u00f3n luminosa -por a\u00ed empezou todo- dificulta ou impide vermos o ceo. A observaci\u00f3n da noite serviunos durante milenios para guiarnos no tempo e no espazo: val\u00e9monos do firmamento para elaborar calendarios e para movernos polo mundo. Perder a noite \u00e9 perder unha parte esencial da nosa cultura.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Temos raz\u00f3ns de sobra para estarmos preocupados. Temos raz\u00f3ns de sobra para esixirlle aos respons\u00e1beis p\u00fablicos que tomen este problema en serio. Por iso o ano pasado a Agrupaci\u00f3n \u00cdo impulsou, co apoio doutras nove asociaci\u00f3ns, unha iniciativa a favor dunha <a href=\"http:\/\/agrupacionio.com\/gl\/declaracion-institucional-do-parlamento-de-galicia-en-defensa-do-ceo-nocturno\">Declaraci\u00f3n Institucional do Parlamento de Galicia<\/a> en defensa do ceo nocturno que foi aceptada por todas as forzas pol\u00edticas presentes na c\u00e1mara [<a href=\"https:\/\/www.youtube.com\/watch?v=6Y1HRepvLaI\">ver v\u00eddeo<\/a>]:<\/p>\n<p style=\"text-align: justify; padding-left: 40px;\">O Parlamento de Galicia asume na s\u00faa integridade a \u201cDeclaraci\u00f3n sobre a defensa do ceo nocturno e o dereito \u00e1 luz das estrelas\u201d (Declaraci\u00f3n de La Palma, 2007), e de maneira expl\u00edcita recolle algunhas das s\u00faas ideas fundamentais:<\/p>\n<p style=\"text-align: justify; padding-left: 40px;\">1.- O dereito a un ceo nocturno non contaminado que permita gozar da contemplaci\u00f3n do firmamento debe considerarse un dereito inalienable da Humanidade, equiparable ao resto dos dereitos ambientais, sociais e culturais.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify; padding-left: 40px;\">2.- A difusi\u00f3n da astronom\u00eda e dos valores cient\u00edficos e culturais asociados deber\u00e1n considerarse contidos b\u00e1sicos a tratar na actividade educativa.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify; padding-left: 40px;\">3.- \u00c9 imprescindible o control da contaminaci\u00f3n luminosa en todo o territorio galego dado o impacto que xera sobre moitas especies, h\u00e1bitats, ecosistemas e paisaxes. Deber\u00e1 promoverse e esixirse o uso racional da iluminaci\u00f3n artificial para minimizar o resplandor que provoca no ceo e evitar a nociva intrusi\u00f3n de luz sobre os seres humanos e o medio natural.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify; padding-left: 40px;\">4.- Os lugares que presenten condici\u00f3ns excepcionais para a contemplaci\u00f3n do ceo, e en particular aqueles m\u00e1is aptos para a observaci\u00f3n con fins cient\u00edficos, ser\u00e1n obxecto dunha protecci\u00f3n especial.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify; padding-left: 40px;\">5.- Deber\u00e1 fomentarse o turismo responsable e sostible que faga da paisaxe nocturna un recurso a protexer e po\u00f1er en valor.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify; padding-left: 40px;\">Compostela, 29 de setembro de 2015<\/p>\n<p>Un ano despois, \u00e9 hora de que estas fermosas palabras se convertan en feitos.<\/p>\n<p style=\"text-align: center;\">* * *<\/p>\n<p><em>Martin Pawley \u00e9 membro da Agrupaci\u00f3n Astron\u00f3mica Coru\u00f1esa \u00cdo. O artigo foi escrito para o caderno \u201cA Fondo\u201d dedicado \u00e1 contaminaci\u00f3n luminosa que publicou o semanario <a href=\"http:\/\/sermosgaliza.gal\/\">Sermos Galiza<\/a> o 22 de setembro de 2016.<\/em><\/p>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>por Martin Pawley Por obvio que pareza nunca est\u00e1 de m\u00e1is recordalo. A Terra d\u00e1 voltas sobre o seu eixo e ese movemento de rotaci\u00f3n xustifica que cada lugar do planeta estea exposto unhas veces de forma directa \u00e1 luz do Sol e outras non, ou o que \u00e9 o mesmo, que sexa \u201cde d\u00eda\u201d ou que sexa \u201cde noite\u201d. A alternancia do d\u00eda e&#8230; <\/p>\n<p class=\"more\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/defensa-do-ceo-nocturno\/\">Read More<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":3338,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[26,12],"tags":[164,66],"class_list":["post-3334","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-contaminacion-luminosa-gl","category-declaracions-e-manifestos-gl","tag-martin-pawley","tag-parlamento-de-galicia-gl"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/3334","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=3334"}],"version-history":[{"count":4,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/3334\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":12137,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/3334\/revisions\/12137"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/3338"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=3334"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=3334"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=3334"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}