{"id":3319,"date":"2016-11-14T14:14:15","date_gmt":"2016-11-14T14:14:15","guid":{"rendered":"http:\/\/agrupacionio.com\/?p=3319"},"modified":"2021-09-07T09:58:06","modified_gmt":"2021-09-07T09:58:06","slug":"contra-a-contaminacion-luminosa","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/contra-a-contaminacion-luminosa\/","title":{"rendered":"Contra a contaminaci\u00f3n luminosa"},"content":{"rendered":"<p><\/p>\n<p align=\"justify\">por <strong>Marcos P\u00e9rez<\/strong><\/p>\n<figure id=\"attachment_3320\" aria-describedby=\"caption-attachment-3320\" style=\"width: 206px\" class=\"wp-caption alignleft\"><img fetchpriority=\"high\" decoding=\"async\" class=\"wp-image-3320 size-medium\" src=\"http:\/\/agrupacionio.com\/wp-content\/uploads\/2016\/11\/\u00d3SCAR-BLANCO-Namibia-206x300.jpg\" alt=\"oscar-blanco-namibia\" width=\"206\" height=\"300\" srcset=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2016\/11\/\u00d3SCAR-BLANCO-Namibia-206x300.jpg 206w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2016\/11\/\u00d3SCAR-BLANCO-Namibia.jpg 344w\" sizes=\"(max-width: 206px) 100vw, 206px\" \/><figcaption id=\"caption-attachment-3320\" class=\"wp-caption-text\">Ceo de Namibia. <em>Autor<\/em>: \u00d3scar Blanco.<\/figcaption><\/figure>\n<p align=\"justify\">Toda forma de contaminaci\u00f3n leva aparellados custos sanitarios, econ\u00f3micos e medioambientais, que no caso da contaminaci\u00f3n luminosa cada vez co\u00f1ecemos con m\u00e1is detalle. Este tipo de valoraci\u00f3ns, feitas dende a perspectiva da raz\u00f3n instrumental, abonda para establecermos canto antes unhas normas estritas para a iluminaci\u00f3n nocturna dos espazos p\u00fablicos. As evidencias cient\u00edficas dispo\u00f1\u00edbeis deber\u00edan servir de referencia para limitar o alumeado p\u00fablico e privado en termos de intensidades, lugares, horarios e rangos espectrais, sen ter que renunciar a ning\u00fan dos seus beneficios. Mais \u00e1 parte dos prexu\u00edzos \u00e1 nosa sa\u00fade, ao noso peto e aos nosos ecosistemas, a contaminaci\u00f3n luminosa tam\u00e9n trae danos m\u00e1is sut\u00eds, pero non por iso menos importantes.<\/p>\n<p align=\"justify\">O primeiro ser\u00eda o prexu\u00edzo est\u00e9tico que sup\u00f3n a desaparici\u00f3n do firmamento, non xa do centro das cidades, sen\u00f3n da pr\u00e1ctica totalidade do territorio ag\u00e1s os lugares m\u00e1is remotos e inacces\u00edbeis. \u00c9 certo que calquera pode afastarse medio cento de quil\u00f3metros dunha urbe e albiscar o perfil da V\u00eda L\u00e1ctea e contar varios centos de estrelas. Mais esta visi\u00f3n \u00e9 un triste suced\u00e1neo da beleza dun ceo verdadeiramente escuro no que se aprecie a luz zodiacal que revela a estrutura do Sistema Solar, ou o esplendor da V\u00eda L\u00e1ctea, coa s\u00faa marabillosa mestura de ocos negr\u00edsimos e velos luminosos que mesmo chegan a proxectar no chan unha sombra difusa. Nestas condici\u00f3ns as correntes de meteoros como as co\u00f1ecidas Perseidas de agosto poden merecer realmente o nome de chuvias de estrelas fugaces; e o brillo puntual de milleiros de estrelas revela a profundidade tridimensional do ceo \u00e1 que te\u00f1en aludido astr\u00f3nomos e poetas de todos os tempos. Son estas visi\u00f3ns, limitadas hoxe a paraxes excepcionais pola s\u00faa distancia \u00e1s fontes de contaminaci\u00f3n luminosa, as que explican a intensidade de obras de arte como a <em>Noite estrelada<\/em> de Van Gogh que, como suxire <a href=\"http:\/\/www.paul-bogard.com\/books-and-writings\/\">Paul Bogard en <em>The End of Night<\/em><\/a>, deberiamos interpretar como un ceo imaxinado, mais inspirado nun ceo real dunha calidade que poucos dos mill\u00f3ns de visitantes do museo neoiorquino onde se custodia viron na s\u00faa vida.<\/p>\n<p align=\"justify\">Por outra banda, o avance da ciencia e a s\u00faa alucinante descrici\u00f3n do universo non fixo sen\u00f3n aumentar a transcendencia do firmamento. A visi\u00f3n dun ceo non contaminado proporciona a perspectiva ideal para sent\u00edrmonos flotando no espazo nun planeta que orbita xunta outros arredor dunha estrela entre centenares de miles de mill\u00f3ns que forman a V\u00eda L\u00e1ctea, a nosa galaxia. Hai outras galaxias, moit\u00edsimas, mais est\u00e1n tan lonxe que co ollo espido apenas albiscamos un pu\u00f1ado delas. E todo est\u00e1 en expansi\u00f3n. Quen ten a oportunidade de mergullarse nestas paisaxes infinitas pode experimentar a revelaci\u00f3n de que, dende o punto de vista c\u00f3smico, somos absolutamente irrelevantes, un accidente da materia prendido no tecido do tempo, con data de caducidade marcada polo d\u00eda en que a nosa estrela deixe de brillar. Tan lonxe de calquera outro lugar habit\u00e1bel que non podemos imaxinar un destino noutro sitio, noutra compa\u00f1a.<\/p>\n<p align=\"justify\">Finalmente, ademais de atesourar estes valores est\u00e9ticos e metaf\u00edsicos, o ceo estrelado visto dende a Terra segue a ser a nosa principal porta de acceso a investigaci\u00f3n sobre o cosmos. Case todo o que nos queda por saber sobre o universo depender\u00e1 de que o espallamento da contaminaci\u00f3n luminosa non chegue a afogar os derradeiros observatorios astron\u00f3micos con ceos a\u00ednda escuros. Deles depende descubrirmos o que son a materia e a enerx\u00eda escuras, se a vida prendeu nun planeta arredor doutra estrela ou se ese asteroide que agora orbita lonxe de n\u00f3s alg\u00fan d\u00eda entrar\u00e1 en rumbo de colisi\u00f3n coa Terra. Moitos dos telescopios dende os que constru\u00edmos a nosa imaxe do universo son agora reliquias inserv\u00edbeis, non tanto pola chegada de novos instrumentos mais potentes, como por ficaren en observatorios asolagados polo brillo crecente das poboaci\u00f3ns pr\u00f3ximas. E nin sequera os telescopios espaciais que operan f\u00f3ra da atmosfera van resolver este problema, xa que sen acceso \u00e1 inspiraci\u00f3n que nos proporcionan os firmamentos cheos de estrelas, que rapaces e rapazas han descubrir a s\u00faa vocaci\u00f3n polo estudo do universo? Do mesmo xeito que non hai mari\u00f1eiros sen mar ou naturalistas sen natureza, non pode haber astr\u00f3nomos sen estrelas.<\/p>\n<p align=\"justify\">A contaminaci\u00f3n luminosa avanza como a marea, ocupando cada espazo sen atopar barreiras, disfrazada de progreso, e mesmo present\u00e1ndose como o triunfo das luces da ilustraci\u00f3n e o desenvolvemento t\u00e9cnico contra a escuridade dun pasado de tebras. Mais a noite non \u00e9 inimiga de ningu\u00e9n, sen\u00f3n unha parte fundamental da experiencia de sermos humanos.<\/p>\n<p style=\"text-align: center;\">* * *<\/p>\n<p align=\"justify\"><em>Marcos P\u00e9rez \u00e9 director t\u00e9cnico da <a href=\"http:\/\/mc2coruna.org\/gl\/casa.html\">Casa das Ciencias e Planetario da Coru\u00f1a<\/a> e membro da Agrupaci\u00f3n Astron\u00f3mica Coru\u00f1esa \u00cdo. O artigo foi escrito para o caderno \u201cA Fondo\u201d dedicado \u00e1 contaminaci\u00f3n luminosa que publicou o semanario <a href=\"http:\/\/sermosgaliza.gal\/\">Sermos Galiza<\/a> o 22 de setembro de 2016. <\/em><\/p>\n<p><\/p>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>por Marcos P\u00e9rez Toda forma de contaminaci\u00f3n leva aparellados custos sanitarios, econ\u00f3micos e medioambientais, que no caso da contaminaci\u00f3n luminosa cada vez co\u00f1ecemos con m\u00e1is detalle. Este tipo de valoraci\u00f3ns, feitas dende a perspectiva da raz\u00f3n instrumental, abonda para establecermos canto antes unhas normas estritas para a iluminaci\u00f3n nocturna dos espazos p\u00fablicos. As evidencias cient\u00edficas dispo\u00f1\u00edbeis deber\u00edan servir de referencia para limitar o alumeado p\u00fablico&#8230; <\/p>\n<p class=\"more\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/contra-a-contaminacion-luminosa\/\">Read More<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":3320,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[26],"tags":[182,162,185],"class_list":["post-3319","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-contaminacion-luminosa-gl","tag-a-fondo-contaminacion-luminosa","tag-marcos-perez","tag-sermos-galiza"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/3319","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=3319"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/3319\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":12132,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/3319\/revisions\/12132"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/3320"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=3319"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=3319"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=3319"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}