{"id":3307,"date":"2016-11-11T01:25:32","date_gmt":"2016-11-10T23:25:32","guid":{"rendered":"http:\/\/agrupacionio.com\/?p=3307"},"modified":"2016-11-11T01:25:32","modified_gmt":"2016-11-10T23:25:32","slug":"boletin-divulgacion-astronomica-da-iau-novembro-2016-1","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/boletin-divulgacion-astronomica-da-iau-novembro-2016-1\/","title":{"rendered":"Bolet\u00edn de Divulgaci\u00f3n Astron\u00f3mica da IAU: Novembro 2016 #1"},"content":{"rendered":"<p style=\"text-align: justify\"><img fetchpriority=\"high\" decoding=\"async\" class=\"aligncenter size-full wp-image-3863\" src=\"http:\/\/agrupacionio.com\/wp-content\/uploads\/2017\/05\/IAU-Bolet\u00edn-Blog.jpg\" alt=\"IAU Bolet\u00edn Blog\" width=\"600\" height=\"360\" srcset=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2017\/05\/IAU-Bolet\u00edn-Blog.jpg 600w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2017\/05\/IAU-Bolet\u00edn-Blog-300x180.jpg 300w\" sizes=\"(max-width: 600px) 100vw, 600px\" \/><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\"><strong>Bolet\u00edn de Divulgaci\u00f3n Astron\u00f3mica da Uni\u00f3n Astron\u00f3mica Internacional (<a href=\"http:\/\/www.iau.org\/\">IAU<\/a>)<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\"><strong>Novembro 2016 #1<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">Neste bolet\u00edn:<br \/>\n0) Nota dos editores<br \/>\n1) Premio de Doutoramento da IAU<br \/>\n2) Oficina da IAU de Astronom\u00eda para o Desenvolvemento (OAD) Bolet\u00edn #14<br \/>\n3) Espazo de contacto da divulgaci\u00f3n nacional (NOC): novas de Indonesia<br \/>\n4) Desaf\u00edo Europeo Astro Pi: dese\u00f1a o teu experimento na Estaci\u00f3n Espacial Internacional<br \/>\n5) Programa de Financiamento para a Participaci\u00f3n do P\u00fablico Europlanet<br \/>\n6) Libro de Introduci\u00f3n \u00e1 Astronom\u00eda de uso libre<br \/>\n7) Concurso do Telescopio Mundial da American Astronomical Society (AAS)<br \/>\n8) Portal de contrataci\u00f3n do Observatorio Europeo do Sur (ESO)<br \/>\n9) Encontros e actividades globais<br \/>\n10) Bolet\u00edn de Divulgaci\u00f3n Astron\u00f3mica da IAU noutros idiomas<br \/>\n11) Contribuci\u00f3ns ao Bolet\u00edn de Divulgaci\u00f3n da IAU 2016<\/p>\n<p><strong>0) Nota dos editores<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">Nesta edici\u00f3n aprenderemos m\u00e1is sobre o Desaf\u00edo Astro Pi promovido pola Axencia Espacial Europea, o concurso do Telescopio Mundial da Sociedade Astron\u00f3mica Americana e o programa de financiamento para a participaci\u00f3n do p\u00fablico Europlanet. E non esquecemos que est\u00e1 xa na rede o bolet\u00edn #14 da Oficina IAU de Astronom\u00eda para o Desenvolvemento. Feliz lectura!<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">Queremos unha vez m\u00e1is dar as grazas aos tradutores do bolet\u00edn de divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica da IAU polo seu apoio para levar todas as novas de educaci\u00f3n e divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica \u00e1 comunidade. O equipo desexar\u00eda estender este agradecemento a todos os afeccionados \u00e1 astronom\u00eda en todo o mundo que comparten con n\u00f3s novas dos seus pa\u00edses. Sent\u00edmonos inspirados polas actividades que promovedes, pola vosa creatividade e esforzo. E non esquecemos os nosos Contactos de Divulgaci\u00f3n Nacional (NOCs) que seguen a mandarnos informaci\u00f3n das acci\u00f3ns e actividades dos seus pa\u00edses respectivos; neste n\u00famero salientamos as novas que ve\u00f1en de Indonesia.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">Para rematar, non esquezades gozar da L\u00faa o 14 de novembro e compartir a vosa experiencia tanto como poidades coa xente de todo o planeta!<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">Ceos despexados!<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\"><em>O equipo da Oficina para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda da IAU<\/em><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\"><strong>1) Premio de Doutoramento da IAU<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">A Uni\u00f3n Astron\u00f3mica Internacional anunciou un novo premio, o Premio de Doutoramento IAU, para reco\u00f1ecer a excelencia dos achados cient\u00edficos en astronom\u00eda en todo o mundo. Calquera que rematase un doutorado no \u00faltimo ano pode postularse para o premio antes do 15 de decembro. As solicitudes poden formularse a trav\u00e9s de calquera das nove secci\u00f3ns da IAU, unha delas a Secci\u00f3n de Educaci\u00f3n, Divulgaci\u00f3n e Patrimonio. Cada ano outorgaremos un premio nun destes campos: educaci\u00f3n astron\u00f3mica, comunicaci\u00f3n astron\u00f3mica e historia ou patrimonio astron\u00f3mico.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">Podedes ler aqu\u00ed o anuncio oficial do premio: <a href=\"http:\/\/www.iau.org\/news\/announcements\/detail\/ann16044\/\">http:\/\/www.iau.org\/news\/announcements\/detail\/ann16044\/<\/a><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\"><strong>2) Bolet\u00edn #14 da Oficina IAU de Astronom\u00eda para o Desenvolvemento (OAD)<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">O bolet\u00edn #14 da OAD IAU est\u00e1 agora na rede. Publ\u00edcao cada trimestre a Oficina IAU de Astronom\u00eda para o Desenvolvemento (OAD) e nel podes aprender cousas sobre as \u00faltimas actividades do OAD. Entre os aspectos m\u00e1is destacados deste n\u00famero est\u00e1 a participaci\u00f3n da OAD na Conferencia da Casa Branca e os Proxectos Visitantes do OAD.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">Podes ler m\u00e1is aqu\u00ed: <a href=\"http:\/\/bit.ly\/2fk8YWD\">http:\/\/bit.ly\/2fk8YWD<\/a>.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">O bolet\u00edn est\u00e1 tam\u00e9n dispo\u00f1ible en formato PDF no sitio web da Oficina IAU de Astronom\u00eda para o Desenvolvemento (OAD): <a href=\"http:\/\/www.astro4dev.org\/media\/newsletters\/\">www.astro4dev.org\/media\/newsletters\/<\/a>.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\"><strong>3) Espazo de contacto da divulgaci\u00f3n nacional (NOC): novas de Indonesia<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\"><em>a) Concurso de ensaio astron\u00f3mico &#8211; LEAP<\/em><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">langitselatan \u00e9 un grupo indonesio de educaci\u00f3n e divulgaci\u00f3n da astronom\u00eda que emprega Internet para comunicar astronom\u00eda e realiza acci\u00f3ns de aprendizaxe e pr\u00e1ctica na astronom\u00eda. langitselatan (LS) convida o p\u00fablico indonesio a participar no \u201cLomba Esai Astronomi Populer\u201d ou LEAP, un concurso de ensaio astron\u00f3mico. O obxectivo deste concurso \u00e9 promover o co\u00f1ecemento da astronom\u00eda entre o p\u00fablico xeral en Indonesia e inspiralos para que compartan o que saben, os seus so\u00f1os e as s\u00faas opini\u00f3ns sobre a astronom\u00eda. O concurso est\u00e1 aberto at\u00e9 o 20 de novembro de 2016 e o resultado anunciarase o 5 de decembro de 2016.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">Toda a informaci\u00f3n respecto desta actividade pode atoparse (en indonesio) aqu\u00ed: <a href=\"http:\/\/langitselatan.com\/leap\">http:\/\/langitselatan.com\/leap<\/a><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\"><strong>4) Desaf\u00edo Europeo Astro Pi: dese\u00f1a o teu experimento na Estaci\u00f3n Espacial Internacional (ISS)<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">Astro Pi \u00e9 o nome dun pequeno computador desenvolvido pola Fundaci\u00f3n Raspberry Pi en colaboraci\u00f3n coa Axencia Espacial do Reino Unido e a Axencia Espacial Europea (ESA). Dous destes ordenadores est\u00e1n a bordo da ISS para uso dos estudantes. O Desaf\u00edo Europeo Astro Pi convida a estudantes de escolas e institutos a dese\u00f1ar un experimento cient\u00edfico que poida desenvolverse empregando os sensores de Astro Pi e a escribir o c\u00f3digo inform\u00e1tico para programar o Astro Pi para que execute o experimento na ISS. A data l\u00edmite para rexistrarse \u00e9 o 13 de novembro de 2016.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">Podes ler m\u00e1is sobre este desaf\u00edo aqu\u00ed: <a href=\"http:\/\/bit.ly\/2f7VQ97\">http:\/\/bit.ly\/2f7VQ97<\/a><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\"><strong>5) Programa de Financiamento para a Participaci\u00f3n do P\u00fablico Europlanet<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">Europlanet \u00e9 un proxecto que xunta instituci\u00f3ns de investigaci\u00f3n e empresas activas na investigaci\u00f3n de ciencia planetaria en Europa e o resto do mundo. Hai pouco abriuse o prazo de solicitudes para o Programa de Financiamento para a Participaci\u00f3n do P\u00fablico Europlanet 2017. Ofrecer\u00e1 apoios de entre 5000 e 15000 euros para o financiamento de proxectos que acheguen ao p\u00fablico a ciencia planetaria. A trav\u00e9s deste programa de financiamento, Europlanet alenta novas maneiras de traer a ciencia planetaria a audiencias de toda Europa e servir de inspiraci\u00f3n a unha nova xeraci\u00f3n de cient\u00edficos e enxe\u00f1eiros. As solicitudes est\u00e1n abertas at\u00e9 o 31 de xaneiro de 2017.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">M\u00e1is informaci\u00f3n: <a href=\"http:\/\/www.europlanet-eu.org\/outreach\/funding-scheme\/\">http:\/\/www.europlanet-eu.org\/outreach\/funding-scheme\/<\/a><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\"><strong>6) Libro de Introduci\u00f3n \u00e1 Astronom\u00eda de uso libre<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">Un novo manual de iniciaci\u00f3n titulado \u201cAstronom\u00eda\u201d v\u00e9n de ser publicado por OpenStax, un proxecto internacional sen \u00e1nimo de lucro que desenvolve libros de texto introdutorios de grande calidade que est\u00e1 a libre disposici\u00f3n dos estudantes. A editorial est\u00e1 apoiada por diversas fundaci\u00f3ns (entre elas as fundaci\u00f3ns Gates e Hewlett) e o libro benef\u00edciase das achegas de m\u00e1is de 75 astr\u00f3nomos e educadores en astronom\u00eda, asegurando que o texto est\u00e1 actualizado, \u00e9 rigoroso e ten solidez educativa.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">O libro \u00e9 gratu\u00edto para estudantes e profesores na s\u00faa versi\u00f3n electr\u00f3nica e pode atoparse aqu\u00ed: <a href=\"https:\/\/openstax.org\/details\/astronomy\">https:\/\/openstax.org\/details\/astronomy<\/a>.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\"><strong>7) Concurso do Telescopio Mundial da American Astronomical Society (AAS)<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">A Sociedade Astron\u00f3mica Americana (American Astronomical Society, AAS) promove unha competici\u00f3n para crear as mellores experiencias visuais usando o sistema de Telescopio Mundial da American Astronomical Society (AAS-WWT). Se ti es un usuario experimentado do WWT e creaches un tour WWT, un m\u00f3dulo interactivo para sitios web ou un v\u00eddeo, ou se es un usuario novo do WWT mais tes unha historia astron\u00f3mica que contar, presenta a t\u00faa solicitude en calquera destas tres categor\u00edas: Investigaci\u00f3n, Educaci\u00f3n ou Planetario. A competici\u00f3n est\u00e1 aberta a todas as persoas e ac\u00e9ptanse solicitudes at\u00e9 as 5 p.m. do 16 de decembro, horario do leste dos EEUU.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">M\u00e1is informaci\u00f3n aqu\u00ed: <a href=\"http:\/\/worldwidetelescope.org\/news\/2016wwtprize\">http:\/\/worldwidetelescope.org\/news\/2016wwtprize<\/a><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\"><strong>8) Portal de contrataci\u00f3n do Observatorio Europeo do Sur (ESO)<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">ESO anuncia convocatorias de traballo no seu portal de contrataci\u00f3n. Isto d\u00e1 a oportunidade de traballar nun ambiente verdadeiramente internacional, con acceso a tecnolox\u00eda de vangarda e investigaci\u00f3n cient\u00edfica de fronteira. ESO esf\u00f3rzase en atraer e fixar o talento excepcional para soster o seu desenvolvemento como l\u00edder mundial en astronom\u00eda, contratando persoas que demostran unha variedade de grandes aptitudes, entre elas a integridade, excelencia acad\u00e9mica, iniciativa, capacidade para resolver problemas e liderado. Hai agora sete postos de traballo convocados na ESO, un deles de astr\u00f3nomo investigador e outro como bolseiro de xornalismo cient\u00edfico.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">M\u00e1is informaci\u00f3n sobre as oportunidades de traballo do ESO: <a href=\"https:\/\/recruitment.eso.org\/\">https:\/\/recruitment.eso.org\/<\/a><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\"><strong>9) Encontros e actividades globais<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">Aqu\u00ed tes unha listaxe de conferencias e actividades sobre educaci\u00f3n e investigaci\u00f3n astron\u00f3mica en todo o mundo.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\"><em>a) Engadidos hai pouco<\/em><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">10\u00ba Encontro Internacional de Astronom\u00eda e Astron\u00e1utica<br \/>\n<em>Data<\/em>: 6-8 de abril, 2017<br \/>\n<em>Lugar<\/em>: Campos, RJ, Brazil<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n<\/em>: <a href=\"http:\/\/bit.ly\/2e3Gj5k\">http:\/\/bit.ly\/2e3Gj5k<\/a><\/p>\n<p><em>b) Pr\u00f3ximas actividades<\/em><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">a) IX Conferencia Internacional de Astronom\u00eda Oriental<br \/>\n<em>Data<\/em>: 15\u201318 de novembro, 2016<br \/>\n<em>Lugar<\/em>: Pune, India<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n<\/em>: <a href=\"http:\/\/icoa2016.tifr.res.in\">icoa2016.tifr.res.in<\/a><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">b) Rede Astron\u00f3mica do Sueste Asi\u00e1tico (Southeast Asia Astronomical Network, SEAAN)<br \/>\n<em>Data<\/em>: 12 e 13 de novembro, 2016<br \/>\n<em>Lugar<\/em>: Hanoi, Vietnam<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n<\/em>: <a href=\"https:\/\/vnsc.org.vn\/seaan2016\">https:\/\/vnsc.org.vn\/seaan2016<\/a><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">c) Campamento Astron\u00f3mico ESO<br \/>\n<em>Data<\/em>: do 26 de decembro de 2016 ao 1 de xaneiro de 2017<br \/>\n<em>Lugar<\/em>: Aosta Valley, Italy.<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n<\/em>: <a href=\"http:\/\/www.eso.org\/public\/announcements\/ann16031\/\">http:\/\/www.eso.org\/public\/announcements\/ann16031\/<\/a><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">d) 7\u00ba Festival Internacional da Visualizaci\u00f3n da Ciencia &#8211; Dome Fest<br \/>\n<em>Data<\/em>: 5-7 marzo, 2017<br \/>\n<em>Lugar<\/em>: Tokyo, Japan<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n<\/em>: <a href=\"http:\/\/ifsv.org\/en\/index.html\">http:\/\/ifsv.org\/en\/index.html<\/a><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">e) 10\u00ba Encontro Internacional de Astronom\u00eda e Astron\u00e1utica<br \/>\n<em>Data<\/em>: 6-8 de abril, 2017<br \/>\n<em>Lugar<\/em>: Campos, RJ, Brazil<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n<\/em>: <a href=\"http:\/\/bit.ly\/2e3Gj5k\">http:\/\/bit.ly\/2e3Gj5k<\/a><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">f) Sociedade Planetaria Internacional<br \/>\n<em>Data<\/em>: 1\u20136 de xullo, 2017<br \/>\n<em>Lugar<\/em>: Toulouse, France<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n<\/em>: <a href=\"http:\/\/www.ips-planetarium.org\/page\/IPS2018Toulouse\">http:\/\/www.ips-planetarium.org\/page\/IPS2018Toulouse<\/a><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">g) 13\u00ba Encontro Rexional Asia-Pac\u00edfico (APRIM 2017)<br \/>\n<em>Data<\/em>: 3\u20137 de xullo, 2017<br \/>\n<em>Lugar<\/em>: Taipei, Taiwan<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n<\/em>: <a href=\"http:\/\/www.aprim2017.tw\/\">http:\/\/www.aprim2017.tw\/<\/a><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">h) Simposio Internacional de Educaci\u00f3n en Astronom\u00eda e Astrobiolox\u00eda<br \/>\n<em>Data<\/em>: 3\u20138 de xullo, 2017<br \/>\n<em>Lugar<\/em>: Utrecht, Netherlands<br \/>\n<em>M\u00e1is informaci\u00f3n<\/em>: <a href=\"http:\/\/ise2a.uu.nl\/\">http:\/\/ise2a.uu.nl\/<\/a><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">Esquecemos algo? Ent\u00f3n comparte os teus encontros sobre educaci\u00f3n e divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica con n\u00f3s v\u00eda outreach@iau.org.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\"><strong>10) Bolet\u00edn de Divulgaci\u00f3n Astron\u00f3mica da IAU noutros idiomas<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">a) Traduci\u00f3ns ao serbio, pola doutora Liliana Gracanin de Serbia: <a href=\"https:\/\/twitter.com\/IAU_srpski\">https:\/\/twitter.com\/IAU_srpski<\/a>;<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">b) Traduci\u00f3n ao espa\u00f1ol, por ASAFILE, Asociaci\u00f3n de Astr\u00f3nomos Aficionados de Le\u00f3n, Nicaragua: <a href=\"http:\/\/asafile.blogspot.jp\/p\/blog-page_12.html\">http:\/\/asafile.blogspot.jp\/p\/blog-page_12.html<\/a>;<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">[s\u00f3 n\u00fameros antigos] En espa\u00f1ol, pola Sociedad Espa\u00f1ola de Astronom\u00eda: <a href=\"http:\/\/www.sea-astronomia.es\/drupal\/content\/newsletter-iau-noc\">http:\/\/www.sea-astronomia.es\/drupal\/content\/newsletter-iau-noc<\/a>;<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">c) Se queres recibir a traduci\u00f3n ao xapon\u00e9s do bolet\u00edn, subscr\u00edbete \u00e1 Asociaci\u00f3n Xaponesa de Astr\u00f3nomos Afeccionados aqu\u00ed: <a href=\"http:\/\/www.jaaa-astro.jp\/jaaa-ml.html\">http:\/\/www.jaaa-astro.jp\/jaaa-ml.html<\/a>;<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">Se est\u00e1s interesado en traducir o noso bolet\u00edn ao teu idioma, por favor contacta con n\u00f3s v\u00eda outreach@iau.org.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\"><strong>11) Contribuci\u00f3ns ao Bolet\u00edn de Divulgaci\u00f3n da IAU 2016<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify\">Na Oficina de Divulgaci\u00f3n Astron\u00f3mica da IAU sempre estamos buscando noticias sobre educaci\u00f3n e divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica en todo o mundo. Por favor, continuade compartindo as vosas historias con n\u00f3s en 2016! Se est\u00e1s organizando actividades a gran escala a nivel rexional ou internacional, ofreces postos de traballo de educaci\u00f3n e comunicaci\u00f3n da astronom\u00eda, tes proxectos innovadores ou historias inspiradoras, buscas colaboraci\u00f3n ProAm en astronom\u00eda ou creaches recursos educativos, f\u00e1inolo saber por correo electr\u00f3nico: outreach@iau.org.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify\"><em>Traduci\u00f3n: Martin Pawley (Agrupaci\u00f3n \u00cdo). Podes consultar o bolet\u00edn en ingl\u00e9s <a href=\"http:\/\/us11.campaign-archive1.com\/?u=0ecb46e29196a0f367daf3dd6&amp;id=77da39de7e&amp;e=[UNIQID]\">nesta ligaz\u00f3n<\/a>.<\/em><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Bolet\u00edn de Divulgaci\u00f3n Astron\u00f3mica da Uni\u00f3n Astron\u00f3mica Internacional (IAU) Novembro 2016 #1 Neste bolet\u00edn: 0) Nota dos editores 1) Premio de Doutoramento da IAU 2) Oficina da IAU de Astronom\u00eda para o Desenvolvemento (OAD) Bolet\u00edn #14 3) Espazo de contacto da divulgaci\u00f3n nacional (NOC): novas de Indonesia 4) Desaf\u00edo Europeo Astro Pi: dese\u00f1a o teu experimento na Estaci\u00f3n Espacial Internacional 5) Programa de Financiamento para&#8230; <\/p>\n<p class=\"more\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/boletin-divulgacion-astronomica-da-iau-novembro-2016-1\/\">Read More<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[51],"tags":[188,189],"class_list":["post-3307","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-noticias-gl","tag-boletin-iau","tag-union-astronomica-internacional"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/3307","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=3307"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/3307\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=3307"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=3307"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=3307"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}