{"id":3287,"date":"2016-10-31T16:20:10","date_gmt":"2016-10-31T16:20:10","guid":{"rendered":"http:\/\/agrupacionio.com\/?p=3287"},"modified":"2021-09-07T09:51:44","modified_gmt":"2021-09-07T09:51:44","slug":"entrevista-fabio-falchi","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/entrevista-fabio-falchi\/","title":{"rendered":"Entrevista a Fabio Falchi: \u00abA contaminaci\u00f3n luminosa debe ser afrontada con urxencia, pois xa se excederon todos os l\u00edmites toler\u00e1beis\u00bb"},"content":{"rendered":"<p><figure id=\"attachment_3288\" aria-describedby=\"caption-attachment-3288\" style=\"width: 800px\" class=\"wp-caption aligncenter\"><img fetchpriority=\"high\" decoding=\"async\" class=\"size-full wp-image-3288\" src=\"http:\/\/agrupacionio.com\/wp-content\/uploads\/2016\/10\/Falchi.jpg\" alt=\"Fabio Falchi, coordinador do Atlas Mundial do Brillo do Ceo. Foto: Riccardo Furgoni\" width=\"800\" height=\"531\" srcset=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2016\/10\/Falchi.jpg 800w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2016\/10\/Falchi-300x199.jpg 300w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2016\/10\/Falchi-768x510.jpg 768w\" sizes=\"(max-width: 800px) 100vw, 800px\" \/><figcaption id=\"caption-attachment-3288\" class=\"wp-caption-text\">Fabio Falchi. <em>Foto<\/em>: Riccardo Furgoni<\/figcaption><\/figure><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">A publicaci\u00f3n en xu\u00f1o da nova edici\u00f3n do <a href=\"http:\/\/advances.sciencemag.org\/content\/2\/6\/e1600377\">Atlas Mundial do Brillo do Ceo<\/a> introduciu nos medios de comunicaci\u00f3n titulares tan rechamantes coma desoladores: o 80% da poboaci\u00f3n mundial convive con ceos afectados pola contaminaci\u00f3n luminosa. Falamos co coordinador do Atlas, Fabio Falchi, profesor dun <a href=\"http:\/\/galileiostiglia.gov.it\/\">instituto t\u00e9cnico en Mantova<\/a> (Italia) e investigador no seu tempo libre no <a href=\"http:\/\/www.inquinamentoluminoso.it\/istil\/\">ISTIL<\/a>, Istituto di Scienza e Tecnologia dell\u2019Inquinamento Luminoso. Un verdadeiro tit\u00e1n na loita polos ceos escuros.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><strong>Por que debemos estar preocupados pola contaminaci\u00f3n luminosa?<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Desde o punto de vista ecol\u00f3xico, a contaminaci\u00f3n luminosa \u00e9 o problema m\u00e1is espallado e tam\u00e9n o m\u00e1is ignorado. Ten fortes consecuencias ambientais na ecolox\u00eda do comportamento das poboaci\u00f3ns; modifica os h\u00e1bitos de alimentaci\u00f3n, apareamento, migraci\u00f3n, comunicaci\u00f3n, competencia e predaci\u00f3n. A\u00ednda m\u00e1is, os m\u00e9dicos empezan a mostrar preocupaci\u00f3n polo efecto da exposici\u00f3n \u00e1 luz cando o noso corpo deber\u00eda estar na escuridade. Estudos recentes atoparon que a iluminaci\u00f3n residencial nocturna m\u00e1is brillante est\u00e1 asociada \u00e1 reduci\u00f3n da calidade e duraci\u00f3n do sono, e en consecuencia un sono excesivo que limita o bo funcionamento di\u00farno. Outras enfermidades parecen estar conectadas coa luz pola noite, como certos tipos de cancro e a obesidade. A American Medical Association <a href=\"http:\/\/agrupacionio.com\/asociacion-medica-contra-contaminacion-luminosa\">publicou en xu\u00f1o un informe<\/a> alertando dos efectos adversos da luz pola noite, especialmente a que pos\u00fae compo\u00f1ente azul, t\u00edpica dos LED brancos que se empregan hoxe.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><strong>Como nace o teu interese e preocupaci\u00f3n polo tema?<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\u00c9 unha longa historia. Na adolescencia lin sobre contaminaci\u00f3n luminosa e de inmediato conmocionoume o absurdo do asunto. Para a mi\u00f1a tese en F\u00edsica traballei na xeraci\u00f3n dos primeiros mapas [de contaminaci\u00f3n luminosa] a partir de datos de sat\u00e9lite, usados para modelar a propagaci\u00f3n da luz na atmosfera; xa hai diso vinte anos. O meu titor, Dr. Pierantonio Cinzano, desenvolveu os modelos que logo usamos para posteriores investigaci\u00f3ns, inclu\u00eddos o Atlas de 2001 e o de 2016.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Na altura do primeiro Atlas, da autor\u00eda de Cinzano, Chris Elvidge e m\u00e1is eu (<a href=\"http:\/\/www.lightpollution.it\/cinzano\/download\/0108052.pdf\">PDF, 650KB<\/a>), pensabamos facer unha nova edici\u00f3n periodicamente. Logo as cousas non foron as\u00ed. Nin eu nin Cinzano traballabamos na investigaci\u00f3n, a\u00ednda que nos gustar\u00eda! Traballando s\u00f3 no tempo libre s\u00f3 agora puidemos obter resultados. Por suposto, grazas \u00e1 axuda de todos os autores.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><strong>F\u00e1lanos do Atlas de 2016. Por que era necesaria unha actualizaci\u00f3n?<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">O primeiro Atlas \u00e9 de hai quince anos e os datos de sat\u00e9lite que empregamos eran de 1996-1997. O novo \u00e9 un paso de xigante en todos os aspectos, temos mellores datos de sat\u00e9lite con moita m\u00e1is resoluci\u00f3n, mellores modelos e t\u00e9cnicas de computaci\u00f3n e unha mellor calibraci\u00f3n grazas a miles de medici\u00f3ns de brillo do ceo. Na calibraci\u00f3n do Atlas foi moi importante o traballo de dous grupos de investigadores espa\u00f1ois, un da Complutense de Madrid co profesor Jaime Zamoramo e o Dr. Alejandro S\u00e1nchez de Miguel, e outro no <a href=\"http:\/\/www.parcastronomic.cat\/\">Parc Astron\u00f2mic Montsec<\/a>, co Dr. Salvador Ribas.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><strong>Que conclusi\u00f3ns extraes do Atlas 2016?<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">A principal conclusi\u00f3n que sacamos do Atlas e das estat\u00edsticas de contaminaci\u00f3n luminosa \u00e9 que o problema debe ser afrontado con urxencia, pois xa se excederon todos os l\u00edmites toler\u00e1beis. Non pode ser que en practicamente toda Europa non haxa ning\u00fan lugar sen contaminaci\u00f3n! As soluci\u00f3ns existen e son co\u00f1ecidas, mais a\u00ednda non se aplican. Co paso ao LED, impulsado pola industria, est\u00e1 perd\u00e9ndose unha ocasi\u00f3n fundamental para diminu\u00edr o problema. Ao contrario, est\u00e1molo aumentando pola forte compo\u00f1ente azul dos LED brancos que se instalan en substituci\u00f3n das l\u00e1mpadas de sodio.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><strong>Cal \u00e9 o estado do problema en Espa\u00f1a e Portugal?<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">A pen\u00ednsula ib\u00e9rica est\u00e1 extremadamente contaminada. No estado espa\u00f1ol a totalidade da poboaci\u00f3n vive baixo ceo contaminado desde o punto de vista astron\u00f3mico, tres cuartas partes non ven a V\u00eda L\u00e1ctea onde viven (a media na UE \u00e9 o 60%) e un 40% viven en lugares con tanta contaminaci\u00f3n luminosa que seguen activos os conos cando se observa o ceo nocturno (na UE, o 20%). En Portugal a situaci\u00f3n \u00e9 case id\u00e9ntica. En termos do territorio, o Estado espa\u00f1ol est\u00e1 un pouco mellor que Portugal, con vastas zonas pouco poboadas que te\u00f1en ceos bastante escuros.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">O gran problema do Estado espa\u00f1ol (e de Italia) \u00e9 que a contaminaci\u00f3n per c\u00e1pita \u00e9 elevad\u00edsima. Basta comparar Madrid con Berl\u00edn para darse conta. Son cidades coa mesma poboaci\u00f3n, mais a capital espa\u00f1ola ten moita m\u00e1is contaminaci\u00f3n c\u00e1 alem\u00e1.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><strong>Iluminamos demasiado. Canto \u00e9 \u201cdemasiado\u201d?<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">\u00c9 demasiado en canto se supera o nivel m\u00ednimo necesario para o que hai que facer. Por exemplo, non \u00e9 preciso poder ler o xornal no medio da r\u00faa, a iluminaci\u00f3n s\u00f3 debe servir para evitar eventuais obst\u00e1culos. Non podemos iluminar toda a noite a\u00ednda que non haxa ningu\u00e9n a utilizar as luces. \u00c9 unha dilapidaci\u00f3n de recursos inmensa.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><strong>Como ves o futuro pr\u00f3ximo respecto da contaminaci\u00f3n luminosa?<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">A curto prazo aumentar\u00e1 seguramente, sobre todo por culpa dos novos LED brancos. En canto aumente o co\u00f1ecemento do problema, con todo o relativo \u00e1 produci\u00f3n de melatonina, imaxino que a xente comezar\u00e1 a preocuparse e a entender que a luz pola noite \u00e9 un contaminante. A longo prazo at\u00e9 \u00e9 pos\u00edbel que volvamos a niveis m\u00e1is soport\u00e1beis. Existe xa a tecnolox\u00eda para diminu\u00edr polo menos dez veces o nivel de contaminaci\u00f3n actual, sen po\u00f1er a cidade completamente \u00e1s escuras.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><strong>Na actualidade vemos a instalaci\u00f3n masiva de l\u00e1mpadas LED. \u00c9 unha boa decisi\u00f3n?<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">A migraci\u00f3n a esta tecnolox\u00eda non est\u00e1 reducindo a contaminaci\u00f3n luminosa, sen\u00f3n ao contrario. Para ser unha soluci\u00f3n, a iluminaci\u00f3n LED deber\u00eda usarse empregando as mellores propiedades destas luces, o feito de que poden acenderse inmediatamente e regular at\u00e9 niveis moi baixos. Poder\u00edamos apostar en ter luz s\u00f3 onde \u00e9 estritamente necesaria, co horario correcto e con intensidades m\u00e1is baixas que as instaladas hoxe. No pasado todas as melloras de eficiencia provocaron un incremento do consumo de enerx\u00eda e con el un incremento maior da luz no ambiente nocturno. Desta vez, se non se corrixe, a transici\u00f3n \u00e1 luz LED dar\u00e1 o mesmo resultado.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Hai outro aspecto m\u00e1is, as novas instalaci\u00f3ns de luz LED te\u00f1en un \u00fanico obxectivo: a eficiencia enerx\u00e9tica. Non podemos pensar na eficiencia enerx\u00e9tica coma nun \u201cSanto Grial\u201d. A maior eficiencia hoxe obtense co LED branco fr\u00edo, que \u00e9 xusto o tipo de LED que ten m\u00e1is compo\u00f1ente azul, a que trae peores consecuencias para o ceo e os ritmos circadianos. Baixando un pouco a eficiencia podemos conseguir luz branca m\u00e1is c\u00e1lida e LED m\u00e1is acolledores ou LED que case non te\u00f1en compo\u00f1ente azul (LED PC \u00e1mbar, por exemplo).<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><strong>Como debe enfocarse, na t\u00faa opini\u00f3n, a divulgaci\u00f3n ante a cidadan\u00eda deste problema?<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">At\u00e9 agora viuse como algo que atinxe s\u00f3 os amantes da astronom\u00eda. Non \u00e9 as\u00ed, \u00e9 un problema cultural para todos e un problema ambiental de m\u00e1xima importancia. A xente debe ser informada de todos os aspectos negativos do uso da luz artificial na noite. Hoxe s\u00f3 co\u00f1ece os positivos ou os considerados positivos, como os relativos \u00e1 seguridade. As \u00faltimas investigaci\u00f3ns m\u00f3strannos que a seguridade das persoas e a seguridade nas estradas non depende en absoluto da luz artificial.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><strong>Cal \u00e9 o \u201cm\u00ednimo\u201d que lle deber\u00edamos esixir aos nosos representantes pol\u00edticos na loita contra a contaminaci\u00f3n luminosa?<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Para empezar, que imiten o que se fixo en Italia, onde gran parte das rexi\u00f3ns adoptaron leis contra a contaminaci\u00f3n luminosa. E con iso a contaminaci\u00f3n non diminu\u00edu, mais polo menos non aumentou nos \u00faltimos quince anos. Para reducir a contaminaci\u00f3n basta seguir coidadosamente estas suxesti\u00f3ns: non permitir luminarias que env\u00eden luz directamente por riba da horizontal; non dilapidar fluxo luminoso f\u00f3ra da zona que debe ser iluminada; evitar a iluminaci\u00f3n excesiva; apagar as luces cando a zona non est\u00e1 en uso; apostar primeiro no crecemento cero do fluxo total instalado e logo na reduci\u00f3n, como se fai con todos os outros contaminantes; e limitar severamente a luz azul, de lonxitude de onda corta. A luz non pode verse, como at\u00e9 agora, como unha cousa positiva \u201cper se\u201d; a luz, coma calquera outro contaminante, debe estar sometida a control coidadoso.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><strong>Hai case vinte anos que empezou a actividade da asociaci\u00f3n <a href=\"http:\/\/cielobuio.org\/\">Cielo Buio<\/a>, da que es presidente. Podes facernos un balanzo deste tempo?<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">A nosa maior vitoria foi a aprobaci\u00f3n de quince leis rexionais eficaces, con par\u00e1metros t\u00e9cnicos capaces de deter o aumento da contaminaci\u00f3n luminosa. A derrota \u00e9 que as leis a mi\u00fado non se aplican, sobre todo no \u00e1mbito privado. Isto ten que ver co feito de que case ning\u00fan astr\u00f3nomo afeccionado denuncia a contaminaci\u00f3n ante os Concellos. Ademais, estamos perdendo a batalla da substituci\u00f3n das l\u00e1mpadas de sodio polos novos LED brancos, moi contaminantes. Conseguimos facer entender que as luminarias deben estar totalmente apantalladas, mais non conseguimos que diminu\u00edse o seu n\u00famero. Cos anos seguiron aparecendo novas instalaci\u00f3ns.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Sen CieloBuio hoxe Italia ter\u00eda unha contaminaci\u00f3n luminosa como m\u00ednimo o duplo da que xa ten, que \u00e9 alt\u00edsima (somos o pa\u00eds do G20 co territorio m\u00e1is contaminado). O traballo das asociaci\u00f3ns \u00e9 fundamental. Sen elas as cousas ser\u00edan moito peor, sobre todo no que atinxe \u00e1 toma de conciencia do problema.<\/p>\n<p style=\"text-align: center;\">* * *<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><em>Entrevista a Fabio Falchi realizada por correo electr\u00f3nico por Martin Pawley. Foi feita para o caderno \u201cA Fondo\u201d dedicado \u00e1 contaminaci\u00f3n luminosa que publicou o semanario <a href=\"http:\/\/sermosgaliza.gal\/\">Sermos Galiza<\/a> o 22 de setembro de 2016.<\/em><\/p>\n<p><\/p>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A publicaci\u00f3n en xu\u00f1o da nova edici\u00f3n do Atlas Mundial do Brillo do Ceo introduciu nos medios de comunicaci\u00f3n titulares tan rechamantes coma desoladores: o 80% da poboaci\u00f3n mundial convive con ceos afectados pola contaminaci\u00f3n luminosa. Falamos co coordinador do Atlas, Fabio Falchi, profesor dun instituto t\u00e9cnico en Mantova (Italia) e investigador no seu tempo libre no ISTIL, Istituto di Scienza e Tecnologia dell\u2019Inquinamento Luminoso&#8230;. <\/p>\n<p class=\"more\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/entrevista-fabio-falchi\/\">Read More<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":3288,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[26],"tags":[182,186,187,185],"class_list":["post-3287","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-contaminacion-luminosa-gl","tag-a-fondo-contaminacion-luminosa","tag-entrevistas","tag-fabio-falchi","tag-sermos-galiza"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/3287","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=3287"}],"version-history":[{"count":4,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/3287\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":12129,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/3287\/revisions\/12129"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/3288"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=3287"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=3287"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=3287"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}