{"id":3272,"date":"2016-10-26T11:04:03","date_gmt":"2016-10-26T11:04:03","guid":{"rendered":"http:\/\/agrupacionio.com\/?p=3272"},"modified":"2021-09-07T09:55:49","modified_gmt":"2021-09-07T09:55:49","slug":"luz-escuridade-e-ramificacions","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/luz-escuridade-e-ramificacions\/","title":{"rendered":"Luz, escuridade e ramificaci\u00f3ns"},"content":{"rendered":"<p><\/p>\n<h3 style=\"text-align: justify;\"><em>O abuso da iluminaci\u00f3n pon en risco o patrimonio natural da noite<\/em><\/h3>\n<p style=\"text-align: justify;\">por <strong>Juan Antonio Alduncin<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><img fetchpriority=\"high\" decoding=\"async\" class=\"alignright wp-image-3273 size-medium\" src=\"http:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2016\/10\/Logotipo-CEL-FOSC-300x234.jpg\" alt=\"\" width=\"300\" height=\"234\" srcset=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2016\/10\/Logotipo-CEL-FOSC-300x234.jpg 300w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2016\/10\/Logotipo-CEL-FOSC.jpg 450w\" sizes=\"(max-width: 300px) 100vw, 300px\" \/>A iluminaci\u00f3n artificial \u00e9 un dos grandes logros t\u00e9cnicos da Humanidade. \u00c9 obvio que trouxo beneficios e melloras na calidade de vida e se tomou como signo de modernidade desde que, superada a Idade Media, empezou a establecerse a iluminaci\u00f3n p\u00fablica nas cidades.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">A contaminaci\u00f3n luminosa detectouse como problema cara \u00e1 metade do s\u00e9culo XX. Daquela foron os astr\u00f3nomos profesionais os primeiros en acusalo, cando a actividade de grandes observatorios empezou a verse afectada polo crecente resplandor das urbes pr\u00f3ximas. Cos anos, a expansi\u00f3n da iluminaci\u00f3n continuou at\u00e9 niveis insospeitados e tam\u00e9n os astr\u00f3nomos afeccionados empezaron a padecelo: xa pola d\u00e9cada dos 70 e 80 hab\u00eda dificultades para ver o firmamento nocturno en moitas periferias urbanas. Durante moito tempo a cuesti\u00f3n pareceu s\u00f3 un atranco para a visi\u00f3n do ceo, sen m\u00e1is connotaci\u00f3ns. A\u00ednda limit\u00e1ndose a iso adquir\u00eda un verniz de monstruosidade, porque ameazaba con cargarse a visi\u00f3n do firmamento, o escenario m\u00e1is grande e fermoso da natureza, ademais de terreo do m\u00e1ximo interese para a investigaci\u00f3n e a ciencia. A sensibilidade cara a este problema, e a necesidade de denuncialo e de buscarlle soluci\u00f3ns, propiciou que entrasen en acci\u00f3n grupos como <a href=\"http:\/\/darksky.org\/\">International Dark-Sky Association<\/a>, ou como <a href=\"http:\/\/celfosc.org\/\">Cel Fosc, \u201cAsociaci\u00f3n contra la contaminaci\u00f3n lum\u00ednica\u201d<\/a>.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Agora ben, o uso cada vez m\u00e1is intenso e extenso da iluminaci\u00f3n veu provocar problemas m\u00e1is al\u00f3 dos que afectaban \u00e1 astronom\u00eda. Pronto se viu que a iluminaci\u00f3n artificial do medio nocturno, con resplandores que pasan os l\u00edmites das \u00e1reas urbanas, perturba as condutas de multitude de especies, desde insectos at\u00e9 r\u00e9ptiles e aves. Respecto diso debemos pensar que unha gran parte dos seres vivos da Terra son nocturnos e o seu h\u00e1bitat require de escuridade natural durante a noite.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Dentro mesmo das v\u00edas urbanas, onde a iluminaci\u00f3n \u00e9 necesaria ante todo por raz\u00f3ns de seguridade nocturna, evidenciouse que moitas iluminaci\u00f3ns son de dese\u00f1o nefasto: ademais de non aproveitar eficientemente a luz e de provocar exceso de contaminaci\u00f3n luminosa resultan cegadoras e, que paradoxo, contrib\u00faen a unha peor visi\u00f3n. De modo que a sensaci\u00f3n de seguridade que infunden ao cidad\u00e1n \u00e9 falsa, enganosa.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">O uso racional da enerx\u00eda \u00e9 outra cuesti\u00f3n que entronca de manei-ra directa co asunto. Iluminaci\u00f3n implica consumo de electricidade, que \u00e9 custosa, e x\u00e9rase na s\u00faa maior parte de fontes contaminantes (como as centrais t\u00e9rmicas e nucleares). Os excesos de iluminaci\u00f3n supo\u00f1en un malgasto econ\u00f3mico e emisi\u00f3n in\u00fatil de contaminantes (CO2, residuos radioactivos). Resultou que as soluci\u00f3ns para evitar a contaminaci\u00f3n luminosa son tam\u00e9n as que conducen a unha iluminaci\u00f3n eficiente e a un consumo enerx\u00e9tico \u00f3ptimo, reducindo as emisi\u00f3ns de contaminantes.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Indo m\u00e1is al\u00f3 nos efectos da luz, desde o sector m\u00e9dico p\u00faxose de relevo como a luz artificial inhibe a produci\u00f3n de melatonina no noso corpo. Esta \u00e9 unha hormona con importantes funci\u00f3ns: regulaci\u00f3n do ritmo do organismo no ciclo d\u00eda\/noite (circadiano), calidade do sono, control do envellecemento celular, protecci\u00f3n contra certos tipos de depresi\u00f3n e de cancro&#8230; Vivir en ambientes onde a escuridade nocturna natural est\u00e1 abolida polos excesos da iluminaci\u00f3n pode levar mesmo a fallos na nosa sa\u00fade.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">O que aprendemos logo de anos afrontando a cuesti\u00f3n p\u00f3dese sintetizar as\u00ed: tanto a escuridade natural do medio ambiente nocturno como a iluminaci\u00f3n artificial dos espazos habitados son necesarias e por tanto debe buscarse o punto de equilibrio en que coexistan. A escuridade nocturna \u00e9 un valor esencial do medio ambiente e d\u00e9bese preservar en todos aqueles espazos e tempos en que a iluminaci\u00f3n non sexa realmente necesaria. E a iluminaci\u00f3n artificial ten que cinguirse aos lugares e horarios en que poida ser \u00fatil. Dese\u00f1ado con intelixencia, focalizado onde \u00e9 preciso, coa intensidade xusta, sen excesos. Usando os tipos de luz menos agresivos co medio ambiente nocturno. E reducindo a s\u00faa potencia, apag\u00e1ndoa incluso, nos horarios en que ningunha actividade xustifique a s\u00faa presenza.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Por raz\u00f3ns culturais que ve\u00f1en dos remotos tempos en que non ti\u00f1amos luz, tendemos a valorar a iluminaci\u00f3n artificial de modo ilimitado, at\u00e9 chegar aos grandes abusos do mesmo.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Por raz\u00f3ns culturais do s\u00e9culo XXI, en que estamos a p\u00f3r en risco de extinci\u00f3n o ben natural das noites terrestres, debemos ser sumamente prudentes, cautelosos, no uso da luz artificial. A\u00ednda estamos moi lonxe de logralo.<\/p>\n<p style=\"text-align: center;\">* * *<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><em>Juan Antonio Alduncin \u00e9 membro de <a href=\"http:\/\/celfosc.org\/\">Cel Fosc, Asociaci\u00f3n contra la contaminaci\u00f3n lum\u00ednica<\/a>. O artigo foi escrito para o caderno \u201cA Fondo\u201d dedicado \u00e1 contaminaci\u00f3n luminosa que publicou o semanario <a href=\"http:\/\/sermosgaliza.gal\/\">Sermos Galiza<\/a> o 22 de setembro de 2016.<\/em><\/p>\n<p><\/p>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O abuso da iluminaci\u00f3n pon en risco o patrimonio natural da noite por Juan Antonio Alduncin A iluminaci\u00f3n artificial \u00e9 un dos grandes logros t\u00e9cnicos da Humanidade. \u00c9 obvio que trouxo beneficios e melloras na calidade de vida e se tomou como signo de modernidade desde que, superada a Idade Media, empezou a establecerse a iluminaci\u00f3n p\u00fablica nas cidades. A contaminaci\u00f3n luminosa detectouse como problema&#8230; <\/p>\n<p class=\"more\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/luz-escuridade-e-ramificacions\/\">Read More<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":3273,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[26],"tags":[182,183,184,185],"class_list":["post-3272","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-contaminacion-luminosa-gl","tag-a-fondo-contaminacion-luminosa","tag-cel-fosc","tag-juan-antonio-alduncin","tag-sermos-galiza"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/3272","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=3272"}],"version-history":[{"count":3,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/3272\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":12130,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/3272\/revisions\/12130"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/3273"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=3272"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=3272"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=3272"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}