{"id":3217,"date":"2016-10-15T15:55:42","date_gmt":"2016-10-15T13:55:42","guid":{"rendered":"http:\/\/agrupacionio.com\/?p=3217"},"modified":"2019-09-25T16:20:56","modified_gmt":"2019-09-25T16:20:56","slug":"revista-astronomia-premio-prisma-especial-do-xurado-2016","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/revista-astronomia-premio-prisma-especial-do-xurado-2016\/","title":{"rendered":"Revista Astronom\u00eda, Premio Prisma Especial do Xurado 2016"},"content":{"rendered":"<p><\/p>\n<p align=\"justify\"><em><img fetchpriority=\"high\" decoding=\"async\" class=\"alignleft wp-image-3218\" src=\"http:\/\/agrupacionio.com\/wp-content\/uploads\/2016\/10\/Astronom\u00eda-214x300.jpg\" alt=\"astronomia\" width=\"285\" height=\"400\" srcset=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2016\/10\/Astronom\u00eda-214x300.jpg 214w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2016\/10\/Astronom\u00eda.jpg 427w\" sizes=\"(max-width: 285px) 100vw, 285px\" \/>Acaban <a href=\"http:\/\/mc2coruna.org\/prismas\/fallo-jurado-2016-gl.html\">de anunciarse<\/a> <a href=\"http:\/\/mc2coruna.org\/prismas\/fallo-jurado-2016.html\">os ga\u00f1adores<\/a> dos Premios Prisma \u00e1 Divulgaci\u00f3n 2016 e recibimos a feliz noticia de que o Premio Especial do Xurado foi para a <a href=\"http:\/\/www.astronomia-mag.com\/\">Revista Astronom\u00eda<\/a>. Vaian dende aqu\u00ed os nosos parab\u00e9ns aos que fan pos\u00edbel esta indispens\u00e1bel publicaci\u00f3n mes tras mes dende hai 31 anos, e de maneira moi especial ao seu director, \u00c1ngel G\u00f3mez Rold\u00e1n. A Agrupaci\u00f3n Astron\u00f3mica Coru\u00f1esa \u00cdo foi unha das entidades que apoiou a candidatura da revista a dito premio. Compartimos a continuaci\u00f3n a carta de apoio que en agosto enviamos aos Museos Cient\u00edficos Coru\u00f1eses xunto \u00e1 correspondente ficha de inscrici\u00f3n:<\/em><\/p>\n<p align=\"justify\"><strong>CANDIDATURA DA REVISTA &#8220;ASTRONOM\u00cdA&#8221; AO PREMIO ESPECIAL DO XURADO PRISMAS 2016, PRESENTADA POLA AGRUPACI\u00d3N ASTRON\u00d3MICA CORU\u00d1ESA \u00cdO.<\/strong><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-family: Arial,sans-serif;\">Decembro de 1985. Chega aos quioscos de toda Espa\u00f1a unha revista nova titulada <i>Tribuna de Astronom\u00eda<\/i>. O editorial daquel primeiro n\u00famero non deixaba d\u00fabidas do esforzado que foi aquel parto feliz:<\/span><\/p>\n<blockquote>\n<p align=\"justify\">Al fin estamos en la calle. Despu\u00e9s de mil sinsabores, TRIBUNA DE ASTRONOM\u00cdA aparece con su n\u00famero 1. Ello ha sido posible gracias, en primer lugar, a nuestro equipo de colaboradores, que adem\u00e1s de quemarse las pesta\u00f1as delante del ocular, ha tenido que aporrear la m\u00e1quina de escribir. En segundo lugar, gracias a todos los que nos han ayudado con sus \u00e1nimos y cr\u00edticas; y tambi\u00e9n, por qu\u00e9 no, a aquellos que pensando que en Espa\u00f1a existe un mercado de aficionados a la astronom\u00eda, desconf\u00edan de la viabilidad de un proyecto como este&#8230;<\/p>\n<\/blockquote>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-family: Arial,sans-serif;\">O lector daquel 1985 no que os artigos se escrib\u00edan en m\u00e1quinas de escribir -Internet era a\u00ednda un so\u00f1o de futuro- atopaba, por 200 pesetas, unha revista que falaba do cometa Halley que ao ano seguinte crear\u00eda tanta expectaci\u00f3n, de Alfonso X o Sabio, \u201cRei e Astr\u00f3nomo\u201d, ou das ferramentas inform\u00e1ticas que facilitaban os c\u00e1lculos astron\u00f3micos. A viabilidade foise confirmando cos feitos, mes tras mes, n\u00famero tras n\u00famero.<\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-family: Arial,sans-serif;\">En 1999 as d\u00faas revistas de referencia en Espa\u00f1a, <i>Tribuna de Astronom\u00eda<\/i> e <i>Universo<\/i>, fusion\u00e1ronse para dar lugar a <i>Tribuna de astronom\u00eda y universo<\/i>, que uns anos despois simplificou o seu nome no actual <i>Astronom\u00edA<\/i>. Unha revista que agora xa non \u00e9 s\u00f3 de papel, pois tam\u00e9n ten versi\u00f3n dixital, e que no seu trix\u00e9simo primeiro ano de vida segue sendo a mellor compa\u00f1eira pos\u00edbel para os afeccionados en Espa\u00f1a. 31 anos de publicaci\u00f3n ininterrompida: un m\u00e9rito heroico para calquera revista, para canto m\u00e1is unha de divulgaci\u00f3n cient\u00edfica. <\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-family: Arial,sans-serif;\">Onte, hoxe e ma\u00f1\u00e1 <i>Astronom\u00edA<\/i> abre as s\u00faas p\u00e1xinas a autores maioritariamente espa\u00f1ois ou do mundo de fala hispana. A astronom\u00eda profesional e a astronom\u00eda amadora, o traballo cient\u00edfico punteiro e o labor entusiasta das asociaci\u00f3ns astron\u00f3micas, todo encontra un oco nas p\u00e1xinas dunha revista exemplar, esencial para saber o que pasou nestas tres d\u00e9cadas. Se hai unha parcela de co\u00f1ecemento onde o labor dos profesionais e o dos afeccionados pode alimentarse e apoiarse mutuamente para producir resultados extraordinarios, esa \u00e9 a astronom\u00eda. Nos seus 31 anos de vida a revista esforzouse en estimular eses contactos e favorecer e saudar toda sorte de iniciativas ProAm. A revista \u00e9 colaboradora, ademais, da <a href=\"http:\/\/www.sea-astronomia.es\/\">Sociedad Espa\u00f1ola de Astronom\u00eda<\/a> e, dende o seu a\u00ednda recente nacemento, da <a href=\"http:\/\/federacionastronomica.es\/\">Federaci\u00f3n de Asociaciones Astron\u00f3micas de Espa\u00f1a<\/a>, de cuxa fundaci\u00f3n participou -dic\u00edmolo con orgullo- a Agrupaci\u00f3n Astron\u00f3mica Coru\u00f1esa \u00cdo.<\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-family: Arial,sans-serif;\"><i>Astronom\u00edA<\/i> alenta e promove a divulgaci\u00f3n da astronom\u00eda; polas s\u00faas p\u00e1xinas -\u00e1s veces, ao seu abeiro- pasaron e se formaron alg\u00fans dos mellores divulgadores que desta materia hai en Espa\u00f1a. <i>Astronom\u00edA<\/i> \u00e9 tam\u00e9n destino habitual dos excepcionais froitos fotogr\u00e1ficos de grandes creadores -alg\u00fans moi reco\u00f1ecidos, outros m\u00e1is an\u00f3nimos- que te\u00f1en no firmamento e os obxectos celestes o seu principal obxectivo. <\/span><\/p>\n<p align=\"justify\"><span style=\"font-family: Arial,sans-serif;\">A ciencia do futuro contada en tempo presente. O relato do que pode verse no ceo cada noite, contado de forma que resulte igualmente satisfactoria para o afeccionado m\u00e1is esixente e para o que est\u00e1 empezando. As historias grandes e pequenas dunha ciencia tan antiga como a humanidade. Todo iso e m\u00e1is \u00e9 a revista <i>Astronom\u00edA<\/i>, unha revista que os afeccionados sentimos nosa. Na Agrupaci\u00f3n Astron\u00f3mica Coru\u00f1esa \u00cdo pensamos que a concesi\u00f3n do Premio Especial do Xurado dos Prismas 2016 \u00e1 revista <i>Astronom\u00edA<\/i> ser\u00eda un acto elemental de xustiza. Rogamos ao xurado dos Prismas que aval\u00ede e reco\u00f1eza os m\u00e1is que sobrados m\u00e9ritos acumulados ao longo de case catrocentas lunaci\u00f3ns.<\/span><\/p>\n<p><\/p>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Acaban de anunciarse os ga\u00f1adores dos Premios Prisma \u00e1 Divulgaci\u00f3n 2016 e recibimos a feliz noticia de que o Premio Especial do Xurado foi para a Revista Astronom\u00eda. Vaian dende aqu\u00ed os nosos parab\u00e9ns aos que fan pos\u00edbel esta indispens\u00e1bel publicaci\u00f3n mes tras mes dende hai 31 anos, e de maneira moi especial ao seu director, \u00c1ngel G\u00f3mez Rold\u00e1n. A Agrupaci\u00f3n Astron\u00f3mica Coru\u00f1esa \u00cdo foi&#8230; <\/p>\n<p class=\"more\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/revista-astronomia-premio-prisma-especial-do-xurado-2016\/\">Read More<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":3218,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[51],"tags":[175,176,177],"class_list":["post-3217","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-noticias-gl","tag-angel-gomez-roldan","tag-premio-prisma","tag-revista-astronomia"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/3217","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=3217"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/3217\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":10687,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/3217\/revisions\/10687"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/3218"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=3217"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=3217"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=3217"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}