{"id":2454,"date":"2016-06-04T18:00:13","date_gmt":"2016-06-04T16:00:13","guid":{"rendered":"http:\/\/agrupacionio.com\/?p=2454"},"modified":"2019-10-15T10:17:32","modified_gmt":"2019-10-15T10:17:32","slug":"o-ceo-dos-premios-xerais-2016","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/o-ceo-dos-premios-xerais-2016\/","title":{"rendered":"O ceo dos Premios Xerais 2016"},"content":{"rendered":"<p><\/p>\n<p style=\"text-align: right;\"><em>Illa de San Sim\u00f3n, 4 de xu\u00f1o de 2016.<\/em><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Falta pouco para o comezo do ver\u00e1n e n\u00f3tase ben na duraci\u00f3n das noites, cami\u00f1o da m\u00e1is breve, a do 20 ao 21, que sinala o inicio da nova estaci\u00f3n. O Sol, na constelaci\u00f3n de Tauro, sa\u00edu pola ma\u00f1\u00e1 \u00e1s 6:59 e culminou, a 70 graos de altura, \u00e1s 14:33. Oc\u00faltase polo horizonte en direcci\u00f3n Oeste-Noroeste \u00e1s 22:07, mais, malia non estar \u00e1 vista, a s\u00faa luz inundar\u00e1 o ceo a\u00ednda durante media hora m\u00e1is. \u00c9 o per\u00edodo que chamamos <strong>crep\u00fasculo civil<\/strong>, que remata cando o Sol est\u00e1 6 graos por debaixo do horizonte, hoxe \u00e1s 22:41. Logo desa hora a\u00ednda queda luz remanente no ceo. A escuridade non ser\u00e1 total at\u00e9 que finalice o <strong>crep\u00fasculo astron\u00f3mico<\/strong>, o momento en que o Sol se sit\u00faa 18 graos por debaixo do horizonte e de verdade empeza o espect\u00e1culo para os afeccionados \u00e1 astronom\u00eda \u2013e mellor a\u00ednda en noites coma esta sen L\u00faa\u2013, mais para iso haber\u00e1 que agardar uns minutos logo da medianoite.<br \/>\n<img fetchpriority=\"high\" decoding=\"async\" class=\"aligncenter size-full wp-image-2455\" src=\"http:\/\/agrupacionio.com\/wp-content\/uploads\/2016\/06\/Illa-de-San-Sim\u00f3n-2016-06-04-22h45m-v2.jpg\" alt=\"Illa de San Sim\u00f3n 2016-06-04 22h45m v2\" width=\"1110\" height=\"1080\" srcset=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2016\/06\/Illa-de-San-Sim\u00f3n-2016-06-04-22h45m-v2.jpg 1110w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2016\/06\/Illa-de-San-Sim\u00f3n-2016-06-04-22h45m-v2-300x292.jpg 300w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2016\/06\/Illa-de-San-Sim\u00f3n-2016-06-04-22h45m-v2-768x747.jpg 768w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2016\/06\/Illa-de-San-Sim\u00f3n-2016-06-04-22h45m-v2-1024x996.jpg 1024w\" sizes=\"(max-width: 1110px) 100vw, 1110px\" \/>Con todo, nestas primeiras horas xa hai moito e bo por ver. O punto m\u00e1is brillante do ceo \u00e9 X\u00fapiter, a boa altura na constelaci\u00f3n de Leo. Sobre o horizonte sueste dous planetas chamar\u00e1n a nosa atenci\u00f3n: Saturno e Marte. Saturno, na constelaci\u00f3n de Ofi\u00faco, unha das trece que forman o zod\u00edaco, amosa o seu maior brillo do ano porque entrou onte en oposici\u00f3n: pasa por unha posici\u00f3n diametralmente oposta ao Sol respecto da Terra e en consecuencia est\u00e1 especialmente preto de n\u00f3s, a \u201cs\u00f3\u201d 1349 mill\u00f3ns de quil\u00f3metros (nove veces a distancia media da Terra ao Sol, a chamada <strong>unidade astron\u00f3mica<\/strong>). A s\u00faa luz tarda en chegar a n\u00f3s 75 minutos: non vemos Saturno en tempo real, sen\u00f3n con 75 minutos de demora.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Marte, na constelaci\u00f3n de Libra, estivo en oposici\u00f3n hai pouco, o pasado 22 de maio. O seu brillo ir\u00e1 diminu\u00edndo ao longo do mes, mais a\u00ednda \u00e9 moi grande, pr\u00f3ximo ao de X\u00fapiter, o que fai del o segundo obxecto m\u00e1is luminoso do ceo nocturno (Venus est\u00e1 en conxunci\u00f3n e non volveremos velo at\u00e9 finais do mes que v\u00e9n, desta volta como luceiro vespertino). Ademais, \u00e9 moi reco\u00f1ec\u00edbel pola s\u00faa cor vermella.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Na nosa latitude, unha boa referencia para orientarse polo ceo nocturno \u00e9 o Carro da Osa Maior. Ao estar na veci\u00f1anza da Estrela Polar, a estrela \u201cfixa\u201d ao redor da cal parece xirar toda a b\u00f3veda celeste e que en Galicia vemos a media altura, o Carro nunca chega a sa\u00edr da vista. Permanece no ceo todas as noites do ano e durante toda a noite, v\u00e9molo sempre e podemos valernos del para localizar outros asterismos e incluso facer boas estimaci\u00f3ns da hora nocturna. Se collemos as estrelas da parte traseira da caixa do Carro, Dubhe e Merak, as unimos cunha li\u00f1a imaxinaria e a prolongamos cinco veces, chegaremos at\u00e9 un punto illado non especialmente luminoso, a Polar, a estrela que sinala a direcci\u00f3n Norte e non parece moverse en absoluto. En sentido contrario a li\u00f1a Dubhe-Merak l\u00e9vanos a Leo, coas estrelas Den\u00e9bola e Regulus como extremos m\u00e1is reco\u00f1ec\u00edbeis. E o cabezallo do Carro apunta a outra estrela brillante, Arcturus, na constelaci\u00f3n do Boieiro.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Entre os obxectos que se poden ver a simple vista no ceo nocturno hai alg\u00fans de fabricaci\u00f3n humana: os sat\u00e9lites artificiais. Cando os sat\u00e9lites reflicten a luz do Sol \u00e1 Terra d\u00e9ixanse ver coma puntos que se desprazan velozmente e esvaecen de s\u00fapeto. Son moitos os sat\u00e9lites vis\u00edbeis cada noite e grazas a sitios web coma <a href=\"http:\/\/www.heavens-above.com\">Heavens Above<\/a> podemos determinar a s\u00faa aparici\u00f3n con precisi\u00f3n absoluta para cada lugar. Pasa o mesmo coa ISS, a Estaci\u00f3n Espacial Internacional que acolle os astronautas en misi\u00f3n cient\u00edfica. A ISS \u00e9 moito maior ca un sat\u00e9lite de comunicaci\u00f3ns e o seu brillo \u00e9 moi superior. Arredor das once a ISS voar\u00e1 sobre a Illa de San Sim\u00f3n; xurdir\u00e1 baixa polo Oeste-Noroeste e emprender\u00e1 cami\u00f1o ao nordeste pasando polas constelaci\u00f3ns do Auriga, Cassiopeia e o Cisne.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><img decoding=\"async\" class=\"aligncenter size-full wp-image-2456\" src=\"http:\/\/agrupacionio.com\/wp-content\/uploads\/2016\/06\/ISS-4-Xu\u00f1o-Illa-23h-v2.jpg\" alt=\"ISS 4 Xu\u00f1o Illa 23h v2\" width=\"1278\" height=\"480\" srcset=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2016\/06\/ISS-4-Xu\u00f1o-Illa-23h-v2.jpg 1278w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2016\/06\/ISS-4-Xu\u00f1o-Illa-23h-v2-300x113.jpg 300w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2016\/06\/ISS-4-Xu\u00f1o-Illa-23h-v2-768x288.jpg 768w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2016\/06\/ISS-4-Xu\u00f1o-Illa-23h-v2-1024x385.jpg 1024w\" sizes=\"(max-width: 1278px) 100vw, 1278px\" \/><br \/>\n<strong>A luz artificial tam\u00e9n contamina<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Definimos <strong>contaminaci\u00f3n luminosa<\/strong> como a alteraci\u00f3n da escuridade natural do medio nocturno producida polas emisi\u00f3ns artificiais de luz. Son moitas as investigaci\u00f3ns cient\u00edficas que nos \u00faltimos anos ve\u00f1en alertando das graves consecuencias do crecemento desmedido da iluminaci\u00f3n artificial da noite:<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">-A contaminaci\u00f3n luminosa<strong> afecta ao medio ambiente<\/strong>: altera o crecemento e os ciclos biol\u00f3xicos de \u00e1rbores e plantas, dificulta ou impide os movementos migratorios das aves, provoca graves desequilibrios na fauna nocturna e crepuscular e incluso perturba a vida mari\u00f1a pola iluminaci\u00f3n indiscriminada das praias.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">-Sup\u00f3n un <strong>sobreconsumo<\/strong> de combust\u00edbeis f\u00f3siles, enerx\u00eda e recursos naturais. Gastamos moit\u00edsimo m\u00e1is do que precisamos. Entre as sete maiores cidades galegas vanse cada ano 19 mill\u00f3ns de euros s\u00f3 en enerx\u00eda para iluminar a noite, unha cifra que ser\u00eda moi f\u00e1cil reducir drasticamente sen prexu\u00edzo ning\u00fan para a cidadan\u00eda.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">-A exposici\u00f3n \u00e1 luz artificial durante a noite <strong>afecta \u00e1 sa\u00fade humana<\/strong> ao desaxustar o noso reloxo biol\u00f3xico e inhibir a secreci\u00f3n de melatonina, que desenvolve unha gran variedade de funci\u00f3ns no organismo.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">&#8211;<strong>Dificulta ou impide a observaci\u00f3n do ceo<\/strong> e a investigaci\u00f3n astron\u00f3mica. Ao perder a noite perdemos tam\u00e9n o inmenso patrimonio cultural asociado ao firmamento nocturno e facemos impos\u00edbel o traballo dos cient\u00edficos que nos axuda a entender mellor o universo e ademais produce resultados concretos que facilitan a nosa vida coti\u00e1.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Para evitar a contaminaci\u00f3n luminosa non \u00e9 preciso renunciar \u00e1 iluminaci\u00f3n das estradas, vilas e cidades. Tr\u00e1tase unicamente de usar a luz artificial <strong>s\u00f3 onde se necesita<\/strong>, <strong>s\u00f3 cando se necesita<\/strong>, <strong>en cantidade suficiente e non excesiva<\/strong> e <strong>co espectro axeitado<\/strong>. A contaminaci\u00f3n luminosa \u00e9 un problema que entre todos podemos resolver!<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><em>Irene Baspino e Martin Pawley (Agrupaci\u00f3n Astron\u00f3mica Coru\u00f1esa \u00cdo). Podes descargar esta nota coma documento PDF <a href=\"http:\/\/agrupacionio.com\/wp-content\/uploads\/2016\/06\/O-ceo-dos-Premios-Xerais-2016.pdf\">picando aqu\u00ed (887 KB)<\/a>.<br \/>\n<\/em><\/p>\n<p><\/p>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Illa de San Sim\u00f3n, 4 de xu\u00f1o de 2016. Falta pouco para o comezo do ver\u00e1n e n\u00f3tase ben na duraci\u00f3n das noites, cami\u00f1o da m\u00e1is breve, a do 20 ao 21, que sinala o inicio da nova estaci\u00f3n. O Sol, na constelaci\u00f3n de Tauro, sa\u00edu pola ma\u00f1\u00e1 \u00e1s 6:59 e culminou, a 70 graos de altura, \u00e1s 14:33. Oc\u00faltase polo horizonte en direcci\u00f3n Oeste-Noroeste&#8230; <\/p>\n<p class=\"more\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/o-ceo-dos-premios-xerais-2016\/\">Read More<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":2456,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[146,26],"tags":[45,46],"class_list":["post-2454","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-astronomia-visual-gl","category-contaminacion-luminosa-gl","tag-irene-baspino-gl","tag-premios-xerais-gl"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2454","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=2454"}],"version-history":[{"count":1,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2454\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":10697,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/2454\/revisions\/10697"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/2456"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=2454"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=2454"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=2454"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}