{"id":1415,"date":"2015-09-12T12:23:37","date_gmt":"2015-09-12T12:23:37","guid":{"rendered":"http:\/\/agrupacionio.com\/?p=1415"},"modified":"2022-01-24T12:03:43","modified_gmt":"2022-01-24T12:03:43","slug":"nota-informativa-sobre-contaminacion-luminosa","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/nota-informativa-sobre-contaminacion-luminosa\/","title":{"rendered":"Nota informativa sobre contaminaci\u00f3n luminosa"},"content":{"rendered":"<p><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><img fetchpriority=\"high\" decoding=\"async\" class=\"alignleft wp-image-10672 size-full\" src=\"http:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2015\/09\/CL.jpg\" alt=\"\" width=\"424\" height=\"600\" srcset=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2015\/09\/CL.jpg 424w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2015\/09\/CL-212x300.jpg 212w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2015\/09\/CL-353x500.jpg 353w\" sizes=\"(max-width: 424px) 100vw, 424px\" \/>Definimos <strong>\u201ccontaminaci\u00f3n luminosa\u201d<\/strong> como a alteraci\u00f3n da escuridade natural do medio nocturno producida polas emisi\u00f3ns artificiais de luz. A contaminaci\u00f3n luminosa est\u00e1 provocada entre outras causas pola disipaci\u00f3n de luz en zonas que non deben ser iluminadas, ou a horas ou momentos do ano nas que non \u00e9 preciso iluminalas, ou polo uso de intensidades e espectros de luz inadecuados. Manif\u00e9stase de diversas formas, entre elas a intrusi\u00f3n luminosa no medio ambiente e en domicilios particulares, o incremento do brillo do ceo nocturno ou os efectos de cegamento que poden po\u00f1er en perigo a seguridade das persoas.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">O crecemento desmedido da iluminaci\u00f3n artificial da noite que experimentamos nas \u00faltimas d\u00e9cadas ten consecuencias que hoxe en d\u00eda resultan xa inneg\u00e1beis:<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">-A contaminaci\u00f3n luminosa <strong>afecta ao medio ambiente<\/strong>: altera a vida mari\u00f1a (pola iluminaci\u00f3n indiscriminada das praias), dificulta ou impide os movementos migratorios das aves e provoca graves desequilibrios na fauna nocturna e crepuscular.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">-Sup\u00f3n un sobreconsumo de combust\u00edbeis f\u00f3siles, enerx\u00eda e recursos naturais. <strong>Gastamos moit\u00edsimo m\u00e1is do que precisamos<\/strong>. Segundo as estimaci\u00f3ns do proxecto <em><a href=\"http:\/\/www.citiesatnight.org\/\">Cities at night<\/a><\/em>, cada ano en Espa\u00f1a g\u00e1stanse 950 mill\u00f3ns de euros na iluminaci\u00f3n da noite.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">-A exposici\u00f3n \u00e1 luz artificial durante a noite <strong>afecta \u00e1 sa\u00fade humana<\/strong> ao desaxustar o \u201creloxo biol\u00f3xico\u201d e inhibir a secreci\u00f3n de melatonina, que desenvolve unha gran variedade de funci\u00f3ns no organismo.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">A contaminaci\u00f3n luminosa non \u00e9 un asunto menor, un \u201ccapricho\u201d de afeccionados \u00e1 astronom\u00eda na procura de ceos escuros (un patrimonio cultural que \u00e9, por outra parte, m\u00e1is que merecedor de atenci\u00f3n e protecci\u00f3n). A contaminaci\u00f3n luminosa \u00e9 un asunto relevante que conv\u00e9n introducir o m\u00e1is pronto pos\u00edbel no debate p\u00fablico -con rigor, sosego e esp\u00edrito construtivo- en favor do ben com\u00fan.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">A necesidade de combater a contaminaci\u00f3n luminosa, de feito, <strong>xa est\u00e1 recollida na lexislaci\u00f3n espa\u00f1ola<\/strong> dende 2007. A <a href=\"https:\/\/www.boe.es\/buscar\/doc.php?id=BOE-A-2007-19744\">Ley 34\/2007<\/a>, de 15 de novembro, \u201cde calidad del aire y protecci\u00f3n de la atm\u00f3sfera\u201d, ded\u00edcalle un apartado espec\u00edfico a este asunto na s\u00faa disposici\u00f3n adicional cuarta.<\/p>\n<p style=\"padding-left: 40px;\"><em>Ley 34\/2007 Disposici\u00f3n adicional cuarta. Contaminaci\u00f3n lum\u00ednica.<\/em><br \/>\nLas Administraciones p\u00fablicas, en el \u00e1mbito de sus competencias, promover\u00e1n la prevenci\u00f3n y reducci\u00f3n de la contaminaci\u00f3n lum\u00ednica, con la finalidad de conseguir los siguientes objetivos:<br \/>\na) Promover un uso eficiente del alumbrado exterior, sin menoscabo de la seguridad que debe proporcionar a los peatones, los veh\u00edculos y las propiedades.<br \/>\nb) Preservar al m\u00e1ximo posible las condiciones naturales de las horas nocturnas en beneficio de la fauna, la flora y los ecosistemas en general.<br \/>\nc) Prevenir, minimizar y corregir los efectos de la contaminaci\u00f3n lum\u00ednica en el cielo nocturno, y, en particular en el entorno de los observatorios astron\u00f3micos que trabajan dentro del espectro visible.<br \/>\nd) Reducir la intrusi\u00f3n lum\u00ednica en zonas distintas a las que se pretende iluminar, principalmente en entornos naturales e interior de edificios.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">O ano seguinte aprobouse o <a href=\"https:\/\/www.boe.es\/diario_boe\/txt.php?id=BOE-A-2008-18634\">Real Decreto 1890\/2008<\/a>, de 14 de novembro, \u201cpor el que se aprueba el Reglamento de eficiencia energ\u00e9tica en instalaciones de alumbrado exterior y sus Instrucciones t\u00e9cnicas complementarias EA-01 a EA-07\u201d, que determina uns criterios b\u00e1sicos xerais mais tam\u00e9n instruci\u00f3ns t\u00e9cnicas concretas que non sempre se est\u00e1n po\u00f1endo en pr\u00e1ctica de forma correcta.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">Ademais destas d\u00faas normas estatais de obrigado cumprimento, hai outros exemplos de lexislaci\u00f3n a estudar de cara a unha ordenaci\u00f3n da iluminaci\u00f3n exterior. Destacamos, en particular, o <a href=\"http:\/\/www.juntadeandalucia.es\/boja\/2010\/159\/2\">DECRETO 357\/2010<\/a>, de 3 de agosto, polo que se aproba o \u201cReglamento para la Protecci\u00f3n de la Calidad del Cielo Nocturno frente a la contaminaci\u00f3n lum\u00ednica y el establecimiento de medidas de ahorro y eficiencia energ\u00e9tica\u201d da Junta de Andaluc\u00eda. Tam\u00e9n o <a href=\"http:\/\/mediambient.gencat.cat\/ca\/detalls\/Noticies\/20150825_decret_llum\">DECRET 190\/2015<\/a>, de 25 de agosto, \u201cde desplegament de la Llei 6\/2001, de 31 de maig, d&#8217;ordenaci\u00f3 ambiental de l&#8217;enllumenament per a la protecci\u00f3 del medi nocturn\u201d da Generalitat de Catalunya.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">A iluminaci\u00f3n p\u00fablica, un servizo esencial que as administraci\u00f3ns prestan \u00e1 cidadan\u00eda, consume unha gran cantidade de recursos econ\u00f3micos de moitas entidades locais e sup\u00f3n unha porcentaxe importante do consumo enerx\u00e9tico da nosa sociedade. Por iso, e porque a luz non \u00e9 inocua para o medio ambiente nin para a sa\u00fade, cremos que \u00e9 fundamental prestar este servizo nas mellores condici\u00f3ns pos\u00edbeis. Coa tecnolox\u00eda actual e as novas l\u00e1mpadas, luminarias, detectores de presenza, sistemas de control e mantemento, software de dese\u00f1o&#8230; p\u00f3dese conseguir que as nosas r\u00faas e prazas estean ben iluminadas minimizando os impactos que producen no medio nocturno.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><strong>Criterios b\u00e1sicos contra a contaminaci\u00f3n luminosa<\/strong><\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">A luz artificial ten que usarse <strong>s\u00f3 onde se necesita<\/strong>, <strong>s\u00f3 cando se necesita<\/strong>, en cantidade <strong>suficiente e non excesiva<\/strong> e co <strong>espectro axeitado<\/strong>. Nestas catro sinxelas regras res\u00famense os principios que deber\u00edan inspirar calquera normativa de iluminaci\u00f3n artificial. De maneira m\u00e1is detallada, listamos a continuaci\u00f3n os aspectos m\u00e1is importantes a ter en conta para o control da contaminaci\u00f3n luminosa:<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">-O acendido e apagado da iluminaci\u00f3n exterior debe vir marcado pola <strong>ausencia da luz solar<\/strong>, que en xeral consideramos asociada ao crep\u00fasculo civil (intervalo que comeza cando o disco solar se sit\u00faa 6\u00ba por debaixo do horizonte, ben posterior \u00e1 posta de Sol e anterior \u00e1 s\u00faa sa\u00edda). Recordamos que os horarios de sa\u00edda e posta de Sol son diferentes en cada lugar en funci\u00f3n da s\u00faa situaci\u00f3n xeogr\u00e1fica (var\u00edan coa lonxitude), de tal maneira que os horarios de referencia v\u00e1lidos para Barcelona, por exemplo, ser\u00e1n sumamente inadecuados para A Coru\u00f1a. S\u00f3 naquelas r\u00faas e prazas singularmente escuras por causa do seu trazado urban\u00edstico deber\u00eda ampliarse o horario de acendido das luminarias.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">-Todos os sistemas de iluminaci\u00f3n xeral deben inclu\u00edr mecanismos para a <strong>reduci\u00f3n do fluxo a partir de certas horas da noite<\/strong>. En horario nocturno a iluminaci\u00f3n ornamental ter\u00e1 que manterse apagada.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">-Con car\u00e1cter xeral, as luminarias para a iluminaci\u00f3n <strong>non poden enviar luz por encima do plano horizontal<\/strong> na s\u00faa posici\u00f3n de instalaci\u00f3n (FHSi=0%). As excepci\u00f3ns deben estar debidamente xustificadas.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">-Iluminaranse exclusivamente aqueles lugares onde a luz sexa necesaria. <strong>Evitarase a intrusi\u00f3n luminosa<\/strong> en domicilios, espazos non habitados (r\u00edos, zonas h\u00famidas, campos, bosques, monta\u00f1as, praias, costas&#8230;) e por suposto a emisi\u00f3n directa ao ceo. A iluminaci\u00f3n de establecementos comerciais deber\u00e1 permanecer <strong>apagada cando estes non se atopan abertos ao p\u00fablico<\/strong>.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">-Deberase formular un <strong>plan realista e fi\u00e1bel de divulgaci\u00f3n<\/strong> da normativa e de difusi\u00f3n do co\u00f1ecemento da contaminaci\u00f3n luminosa. O control do cumprimento da lexislaci\u00f3n e a imposici\u00f3n das sanci\u00f3ns que correspondan debe atender a un criterio cr\u00edbel, realista e eficaz, que favoreza a aceptaci\u00f3n da mesma en beneficio de todos.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\">-Ante os <strong>riscos para a sa\u00fade<\/strong> asociados \u00e1 ruptura do ciclo natural d\u00eda\/noite provocado polo uso abusivo de luz artificial, e en particular da luz branca con intensa compo\u00f1ente azul, t\u00edpica dos LEDs m\u00e1is utilizados hoxe, \u00e9 preciso gui\u00e1rmonos por un <strong>principio de precauci\u00f3n<\/strong>. Iso implica axustar a cantidade de iluminaci\u00f3n aos niveis m\u00ednimos suficientes para as tarefas a realizar e utilizar fontes co espectro adecuado. C\u00f3mpre repensar a instalaci\u00f3n masiva e indiscriminada de LEDs brancos que \u00e9 com\u00fan na actualidade e optar, de acordo cos estudos dos que se disp\u00f3n, por l\u00e1mpadas de menor temperatura de cor e luminarias coas caracter\u00edsticas id\u00f3neas para cada espazo.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><em>Colectivos e asociaci\u00f3ns que se suman a esta nota (a 19 de setembro):<\/em> Agrupaci\u00f3n Astron\u00f3mica Coru\u00f1esa \u00cdo, <a href=\"http:\/\/www.celfosc.org\/\">Cel Fosc<\/a>, <a href=\"http:\/\/www.amigoscc.org\">Asociaci\u00f3n de Amigos de la Casa de las Ciencias<\/a>, <a href=\"http:\/\/calidadedoceo.wordpress.com\">Calidade do Ceo<\/a>, <a href=\"http:\/\/www.sgosgo.org\/\">Sociedade Galega de Ornitolox\u00eda<\/a>, <a href=\"http:\/\/www.astroriasbaixas.org\/joomla\/\">Agrupaci\u00f3n Astron\u00f3mica R\u00edas Baixas<\/a>,\u00a0<a href=\"http:\/\/www.asociacionsirio.es\/\">Asociaci\u00f3n Astron\u00f3mica Sirio<\/a>,\u00a0<a href=\"http:\/\/divulgaccion.org\/\">Asociaci\u00f3n Galega de Comunicaci\u00f3n de Cultura Cient\u00edfica e Tecnol\u00f3xica<\/a>\u00a0e <a href=\"http:\/\/denebola.org\/japp\/vega\/\">Clube Vega<\/a>.<\/p>\n<p style=\"text-align: justify;\"><strong>ACTUALIZACI\u00d3N &#8211; A NOTA INFORMATIVA EN PDF:<\/strong> A4 para dobrar (<a href=\"http:\/\/agrupacionio.com\/wp-content\/uploads\/2015\/09\/Nota-informativa-CL-A4-dobrado.pdf\">descargar, 762KB<\/a>) ou <a href=\"http:\/\/www.slideshare.net\/agrupacionio\/nota-informativa-sobre-contaminacin-luminosa\">consultar en Slideshare<\/a>; dese\u00f1o e maquetaci\u00f3n, Marta Cortacans.<\/p>\n<p><\/p>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Definimos \u201ccontaminaci\u00f3n luminosa\u201d como a alteraci\u00f3n da escuridade natural do medio nocturno producida polas emisi\u00f3ns artificiais de luz. A contaminaci\u00f3n luminosa est\u00e1 provocada entre outras causas pola disipaci\u00f3n de luz en zonas que non deben ser iluminadas, ou a horas ou momentos do ano nas que non \u00e9 preciso iluminalas, ou polo uso de intensidades e espectros de luz inadecuados. Manif\u00e9stase de diversas formas, entre&#8230; <\/p>\n<p class=\"more\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/nota-informativa-sobre-contaminacion-luminosa\/\">Read More<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":10672,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[26],"tags":[],"class_list":["post-1415","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-contaminacion-luminosa-gl"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1415","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=1415"}],"version-history":[{"count":4,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1415\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":12385,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/1415\/revisions\/12385"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/10672"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=1415"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=1415"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=1415"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}