{"id":13100,"date":"2023-08-30T13:15:13","date_gmt":"2023-08-30T13:15:13","guid":{"rendered":"https:\/\/agrupacionio.com\/?p=13100"},"modified":"2023-08-30T13:59:02","modified_gmt":"2023-08-30T13:59:02","slug":"galego-nin-super-nin-blue-a-superlua-azul-do-31-de-agosto","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/galego-nin-super-nin-blue-a-superlua-azul-do-31-de-agosto\/","title":{"rendered":"Nin &#8220;s\u00faper&#8221;, nin &#8220;blue&#8221;: a &#8220;superl\u00faa azul&#8221; do 31 de agosto"},"content":{"rendered":"<p>A pr\u00f3xima madrugada, xa no 31 de agosto, temos l\u00faa chea. Segundo se le en moitos medios, tr\u00e1tase dunha <a href=\"https:\/\/www.gciencia.com\/ceos\/superlua-azul-cando-ver-fenomeno-non-repetira-2037\/\">\u201csuperl\u00faa azul\u201d<\/a> que non se repetir\u00e1 at\u00e9 o ano 2037. Mais o feito \u00e9 que a tal l\u00faa nin \u00e9 tan \u201cs\u00faper\u201d nin \u00e9 \u201cazul\u201d, ou \u201cblue\u201d no orixinal ingl\u00e9s, ou non o era antes de 1946. Vaiamos por partes.<\/p>\n<p><strong>1. Non \u00e9 (tan) \u201cs\u00faper\u201d.<\/strong><\/p>\n<figure id=\"attachment_13101\" aria-describedby=\"caption-attachment-13101\" style=\"width: 317px\" class=\"wp-caption alignleft\"><img decoding=\"async\" class=\"wp-image-13101 size-full\" src=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2023\/08\/Tama\u00f1o_angular.jpg\" alt=\"\" width=\"317\" height=\"123\" srcset=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2023\/08\/Tama\u00f1o_angular.jpg 317w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2023\/08\/Tama\u00f1o_angular-300x116.jpg 300w\" sizes=\"(max-width: 317px) 100vw, 317px\" \/><figcaption id=\"caption-attachment-13101\" class=\"wp-caption-text\">Imaxe: Sriram.aeropsn, CC BY-SA 3.0. Fonte: wikipedia.<\/figcaption><\/figure>\n<p>Para o sistema visual humano non s\u00f3 \u00e9 importante o tama\u00f1o das cousas, sen\u00f3n tam\u00e9n a distancia \u00e1 cal se atopan. Podemos ver sen dificultade unha formiga que pasea a car\u00f3n dos nosos p\u00e9s, mais non a ver\u00edamos se estivese a medio quil\u00f3metro. Eses dous par\u00e1metros, as dimensi\u00f3ns reais e a distancia \u00e1 que est\u00e1 algo, pod\u00e9molos relacionar a trav\u00e9s do \u201ctama\u00f1o angular\u201d, o \u00e1ngulo que forman os extremos dun obxecto vistos desde o noso ollo. O noso sistema visual \u00e9 capaz de reco\u00f1ecer obxectos cun tama\u00f1o angular de 1 minuto de arco, isto \u00e9, a sexax\u00e9sima parte (1 de 60) dun \u00e1ngulo de 1 grao, que \u00e1 s\u00faa vez \u00e9 1 parte de 360 do arco completo que debuxa unha circunferencia. As mans s\u00e9rvennos de referencia para medir \u00e1ngulos de forma aproximada. Co brazo estirado, unha cuarta -a distancia m\u00e1xima entre o extremo do polgar e o dedo maimi\u00f1o- abrangue vinte graos, o pu\u00f1o pechado dez graos e o grosor do dedo maimi\u00f1o levantado un grao.<\/p>\n<figure id=\"attachment_13102\" aria-describedby=\"caption-attachment-13102\" style=\"width: 576px\" class=\"wp-caption aligncenter\"><img fetchpriority=\"high\" decoding=\"async\" class=\"wp-image-13102 size-full\" src=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2023\/08\/L\u00faa_tam_ang.jpg\" alt=\"\" width=\"576\" height=\"320\" srcset=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2023\/08\/L\u00faa_tam_ang.jpg 576w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2023\/08\/L\u00faa_tam_ang-300x167.jpg 300w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2023\/08\/L\u00faa_tam_ang-550x306.jpg 550w\" sizes=\"(max-width: 576px) 100vw, 576px\" \/><figcaption id=\"caption-attachment-13102\" class=\"wp-caption-text\">Imaxe: adaptada de Sriram.aeropsn. Dominio p\u00fablico. Fonte: wikipedia.<\/figcaption><\/figure>\n<p>A nosa estrela, o Sol, ten un di\u00e1metro de 1,4 mill\u00f3ns de quil\u00f3metros e cont\u00e9n, por si s\u00f3, o 99,86% de toda a masa do sistema solar; no noso barrio celeste \u00e9, con diferenza, o corpo maior. A Terra est\u00e1, en promedio, a 150 mill\u00f3ns de quil\u00f3metros de distancia do Sol. A combinaci\u00f3n desa distancia media e do di\u00e1metro solar real d\u00e1nos un tama\u00f1o angular para o Sol visto dende a Terra de algo m\u00e1is de medio grao (31-32 minutos de arco). A L\u00faa ten un di\u00e1metro de 3474 quil\u00f3metros, mais est\u00e1 a \u201cs\u00f3\u201d 384000 quil\u00f3metros, do que resulta que o seu tama\u00f1o angular no ceo \u00e9, tam\u00e9n, de algo m\u00e1is de medio grao. A L\u00faa \u00e9 400 veces m\u00e1is pequena ca o Sol, mais est\u00e1 400 veces m\u00e1is perto, e en consecuencia os seus tama\u00f1os aparentes no ceo son semellantes. Esa casualidade \u00e9 a que permite as eclipses totais de Sol, de feito.<\/p>\n<p>Mais a \u00f3rbita da L\u00faa arredor da Terra non debuxa unha circunferencia, sen\u00f3n unha elipse, as\u00ed que a distancia da L\u00faa \u00e1 Terra non \u00e9 sempre a mesma. Oscila entre un valor m\u00e1ximo, no apoxeo, e un valor m\u00ednimo, no perixeo. O rango de distancias m\u00f3vese entre 356400 e 406700 km, e en consecuencia os tama\u00f1os angulares entre 0,5584\u00ba (33,5 minutos de arco) e 0,4894\u00ba (29,36 minutos de arco). A L\u00faa no perixeo m\u00e1is pr\u00f3ximo ten un di\u00e1metro un 14% maior ca o da L\u00faa no apoxeo m\u00e1is afastado: hai, entre a L\u00faa \u201cm\u00e1is s\u00faper\u201d e a L\u00faa \u201cm\u00e1is mini\u201d, apenas 4 minutos de arco de diferenza.<\/p>\n<figure id=\"attachment_13103\" aria-describedby=\"caption-attachment-13103\" style=\"width: 800px\" class=\"wp-caption aligncenter\"><img decoding=\"async\" class=\"wp-image-13103 size-full\" src=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2023\/08\/L\u00faas.jpg\" alt=\"\" width=\"800\" height=\"485\" srcset=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2023\/08\/L\u00faas.jpg 800w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2023\/08\/L\u00faas-300x182.jpg 300w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2023\/08\/L\u00faas-768x466.jpg 768w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2023\/08\/L\u00faas-550x333.jpg 550w\" sizes=\"(max-width: 800px) 100vw, 800px\" \/><figcaption id=\"caption-attachment-13103\" class=\"wp-caption-text\">Imaxe: adaptado de Tomruen para wikipedia, CC BY-SA 3.0<\/figcaption><\/figure>\n<p>Recuperemos a referencia do maimi\u00f1o: co brazo estirado, o dedo pequeno tapa 60 minutos de arco, ou sexa, d\u00faas l\u00faas cheas (ou d\u00faas veces o Sol, mais lembrade que mirar o Sol sen protecci\u00f3n \u00e9 moi perigoso). Esa L\u00faa \u201cenorme\u201d da que se fala nas redes sociais medir\u00e1, m\u00e1is ou menos, a metade do grosor do dedo pequeno, hoxe, ma\u00f1\u00e1 e no que nos quede de vida. Entre a L\u00faa m\u00e1is s\u00faper e a L\u00faa m\u00e1is mini a diferenza \u00e9 a quinceava parte do grosor dese dedo. \u00c9 para tanto? Teoricamente, o sistema visual \u00e9 capaz de distinguir eses catro minutos de arco de diferenza, mais a\u00ed chocamos con outra limitaci\u00f3n do noso cerebro: d\u00e1senos moito mellor \u201ccomparar\u201d ca \u201cmedir\u201d. Poder\u00edamos ser quen de distinguir entre d\u00faas L\u00faas cal \u00e9 un pouco maior se as tiveramos xuntas no ceo, mais non podemos comparar o tama\u00f1o da L\u00faa de hoxe co tama\u00f1o dunha L\u00faa do mes pasado ou de hai seis meses, que xa non recordamos. Nin sequera podemos comparar \u201cvisualmente\u201d o tama\u00f1o da L\u00faa cando sae co que lle vemos unhas horas despois, m\u00e1is alta no ceo.<\/p>\n<p>Por que, ent\u00f3n, tanta teima con que \u201cse ve inmensa a l\u00faa chea\u201d, para al\u00e9n do feito obvio de que o disco da L\u00faa iluminado por completo chame per se a atenci\u00f3n, tan redondi\u00f1o e brillante como \u00e9? Nunha l\u00faa chea, o noso sat\u00e9lite sit\u00faase en li\u00f1a coa Terra e o Sol, mais oposto a este, as\u00ed que a vemos asomar sobre o horizonte no p\u00f3r do Sol e sae do ceo contra o abrente. Asoma ao inicio da noite, e iso garante unha audiencia not\u00e1bel da que non van dispo\u00f1er, con certeza, as l\u00faas minguantes, ben m\u00e1is interesantes para observar con prism\u00e1ticos, pois \u00e9 no terminador, a separaci\u00f3n entre a zona de luz e sombra, onde podemos reco\u00f1ecer volumes no sat\u00e9lite. Ademais, cando a L\u00faa est\u00e1 perto do horizonte a sensaci\u00f3n que nos d\u00e1 \u00e9 de que \u00e9 \u201cm\u00e1is grande\u201d, debido a unha ilusi\u00f3n \u00f3ptica, a <a href=\"https:\/\/en.m.wikipedia.org\/wiki\/Moon_illusion\">\u201cilusi\u00f3n lunar\u201d<\/a>, para a cal non hai unha explicaci\u00f3n definitiva e conclu\u00ednte. Que \u00e9 unha ilusi\u00f3n \u00e9 doado de comprobar: a mesma L\u00faa, unhas horas despois, xa non nos parecer\u00e1 tan inmensa, e ademais podemos constatar que seguir\u00e1 medindo medio dedo maimi\u00f1o.<\/p>\n<p><strong>2. Non \u00e9 \u201cblue\u201d.<\/strong><\/p>\n<p>A l\u00faa chea desta madrugada \u00e9 a segunda do mes de agosto, logo da que houbo o d\u00eda 1. Posto que o intervalo medio entre d\u00faas l\u00faas cheas \u00e9 de 29,5 d\u00edas, non \u00e9 frecuente que haxa d\u00faas nun mesmo mes; supostamente, esa segunda l\u00faa chea do mes ter\u00eda dereito a alcume propio, o de \u201cblue moon\u201d, l\u00faa azul, que por suposto non implica que se vaia ver de ning\u00fan xeito desa cor. Mais o caso \u00e9 que nin sequera iso \u00e9 certo, ou non o foi at\u00e9 que un colaborador da revista \u201cSky and Telescope\u201d meteu a zoca en 1946.<\/p>\n<figure id=\"attachment_13104\" aria-describedby=\"caption-attachment-13104\" style=\"width: 454px\" class=\"wp-caption alignleft\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" class=\"wp-image-13104 size-full\" src=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2023\/08\/Maine.jpg\" alt=\"\" width=\"454\" height=\"788\" srcset=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2023\/08\/Maine.jpg 454w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2023\/08\/Maine-173x300.jpg 173w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2023\/08\/Maine-288x500.jpg 288w\" sizes=\"(max-width: 454px) 100vw, 454px\" \/><figcaption id=\"caption-attachment-13104\" class=\"wp-caption-text\">Imaxe: p\u00e1xina do Maine Farmer&#8217;s Almanac de 1937. Fonte: Sky &amp; Telescope, marzo de 1999.<\/figcaption><\/figure>\n<p>Segundo parece, non hai significativas referencias dun uso tradicional, nin sequera na cultura anglosaxoa, da expresi\u00f3n \u201cblue moon\u201d cun sentido astron\u00f3mico (si como s\u00edmbolo de algo absurdo ou impos\u00edbel, de a\u00ed a expresi\u00f3n \u201conce in a blue moon\u201d). Consta o uso no exemplar de 1937 do Maine Farmers\u2019 Almanac, que, escuso dicilo, non era unha publicaci\u00f3n mundialmente lida, precisamente. Na folla correspondente ao mes de agosto ind\u00edcase o 21 como \u201cblue moon\u201d e aparece un breve texto de acompa\u00f1amento no que se indican alg\u00fans nomes dados \u00e1s l\u00faas cheas polos \u201cearly English ancestors\u201d a raz\u00f3n de tres por estaci\u00f3n, esas l\u00faas do lobo (wolf), da colleita (harvest) ou do cazador (hunter) coas que agora nos torturan as axencias de noticias. Calquera l\u00faa chea que non encaixara con esas 12 xerais, ou, en particular, cando nunha estaci\u00f3n se deran catro l\u00faas cheas en vez das tres habituais, unha delas ser\u00eda \u201cblue\u201d, mais non se especifica cal nin como. No caso de 1937, o almanaque converte en \u201cblue\u201d a de agosto, que \u00e9 a terceira de catro.<\/p>\n<p>O n\u00famero de xullo de 1943 da revista \u201cSky and Telescope\u201d fixo menci\u00f3n disto sen explicitar criterio para nomear como \u201cblue\u201d unha l\u00faa. Foi finalmente un artigo de marzo de 1946 de J.Hugh Pruett o que interpretou mal a informaci\u00f3n do almanaque. Nos anos con 13 l\u00faas cheas haber\u00eda 11 meses cunha l\u00faa chea e un mes con d\u00faas e \u201cThis second in a month, so I interpret it, was called Blue Moon\u201d. Pruett supuxo, seguramente sen ter acceso ao Maine Farmers\u2019 Almanac orixinal e partindo apenas da revista de 1943, que a \u201cblue moon\u201d era simplemente a segunda dun mesmo mes. Non era as\u00ed segundo a \u00fanica fonte real dispo\u00f1\u00edbel e no fondo tanto daba, porque durante d\u00e9cadas ningu\u00e9n, tampouco nos Estados Unidos, prestou atenci\u00f3n \u00e1s \u201cblue moons\u201d. Todo isto c\u00f3ntao moi ben Philip Hiscock nun artigo da Sky &amp; Telescope de marzo de 1999, &#8220;Once in a Blue Moon&#8221;. Non foi at\u00e9 os anos 80 que empezou a popularizarse al\u00f3 o termo co significado errado, que acabou chegando a n\u00f3s sen ningunha necesidade. Postos a usarmos nomes sen xustificaci\u00f3n hist\u00f3rica, <a href=\"https:\/\/www.nosdiario.gal\/opinion\/martin-pawley\/lua-da-pataca-nova\/20230802141859174744.html\">mellor invent\u00e9molos de noso<\/a>.<\/p>\n<p>Martin Pawley<\/p>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>A pr\u00f3xima madrugada, xa no 31 de agosto, temos l\u00faa chea. Segundo se le en moitos medios, tr\u00e1tase dunha \u201csuperl\u00faa azul\u201d que non se repetir\u00e1 at\u00e9 o ano 2037. Mais o feito \u00e9 que a tal l\u00faa nin \u00e9 tan \u201cs\u00faper\u201d nin \u00e9 \u201cazul\u201d, ou \u201cblue\u201d no orixinal ingl\u00e9s, ou non o era antes de 1946. Vaiamos por partes. 1. Non \u00e9 (tan) \u201cs\u00faper\u201d. Para&#8230; <\/p>\n<p class=\"more\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/galego-nin-super-nin-blue-a-superlua-azul-do-31-de-agosto\/\">Read More<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":6,"featured_media":13104,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[146,24],"tags":[326,327,511],"class_list":["post-13100","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-astronomia-visual-gl","category-historia-da-astronomia-gl","tag-blue-moon","tag-lua-azul","tag-superlua"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/13100","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/6"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=13100"}],"version-history":[{"count":14,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/13100\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":13118,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/13100\/revisions\/13118"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/13104"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=13100"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=13100"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=13100"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}