{"id":13029,"date":"2023-05-13T15:00:19","date_gmt":"2023-05-13T15:00:19","guid":{"rendered":"https:\/\/agrupacionio.com\/?p=13029"},"modified":"2023-05-23T12:10:50","modified_gmt":"2023-05-23T12:10:50","slug":"galego-boletin-da-oficina-iau-para-a-divulgacion-da-astronomia-maio-1","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/galego-boletin-da-oficina-iau-para-a-divulgacion-da-astronomia-maio-1\/","title":{"rendered":"Bolet\u00edn da Oficina IAU para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda: Maio #1"},"content":{"rendered":"<p><img fetchpriority=\"high\" decoding=\"async\" class=\"aligncenter size-large wp-image-12890\" src=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2023\/02\/OAO-Newsletter-1024x613.jpg\" alt=\"\" width=\"710\" height=\"425\" srcset=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2023\/02\/OAO-Newsletter-1024x613.jpg 1024w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2023\/02\/OAO-Newsletter-300x180.jpg 300w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2023\/02\/OAO-Newsletter-768x460.jpg 768w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2023\/02\/OAO-Newsletter-1060x635.jpg 1060w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2023\/02\/OAO-Newsletter-550x329.jpg 550w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2023\/02\/OAO-Newsletter-835x500.jpg 835w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2023\/02\/OAO-Newsletter.jpg 1804w\" sizes=\"(max-width: 710px) 100vw, 710px\" \/><\/p>\n<p><strong>Bolet\u00edn da Oficina IAU para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda<\/strong><\/p>\n<p><strong>Maio 2023 #1<\/strong><\/p>\n<p>Neste bolet\u00edn:<\/p>\n<p>Nota editorial<br \/>\nAsunto destacado: seminario da OAO sobre a relevancia cultural da protecci\u00f3n do ceo escuro e tranquilo<br \/>\n1) Convocatoria de posto de oficial de divulgaci\u00f3n internacional da IAU OAO<br \/>\n2) XVIII Edici\u00f3n do Festival Nacional de Astronom\u00eda Popular<br \/>\n3) III Certame de Astrofotograf\u00eda IAU OAE<br \/>\n4) Premios Rexionais TWAS para 2023<br \/>\n5) Desconto para docentes de EclipseGlasses.com<br \/>\n6) Novas NOC<br \/>\n7) Oportunidade<br \/>\n8) Recursos interesantes<br \/>\n9) Bolet\u00edn da Oficina IAU para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda en linguas diferentes do ingl\u00e9s<br \/>\n10) Contribuci\u00f3ns ao bolet\u00edn da Oficina IAU para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda<\/p>\n<p><strong>Nota editorial<\/strong><\/p>\n<p>Prezadas amizades e colegas,<\/p>\n<p>Esperamos que te\u00f1ades un comezo estelar no mes dos Ceos Escuros e Tranquilos!<\/p>\n<p>Comezamos este mes con dous obradoiros p\u00fablicos en directo sobre astrofotograf\u00eda con tel\u00e9fonos intelixentes e celebraremos un m\u00e1is o 14 de maio (principalmente en coreano, con subt\u00edtulos en ingl\u00e9s e traduci\u00f3ns). Tam\u00e9n seguimos apoiando a nosa Enquisa Global de Iniciativas sobre Contaminaci\u00f3n Luminosa e o programa Protector dos Ceos Escuros e Tranquilos. O asunto destacado deste bolet\u00edn ofrece m\u00e1is detalles sobre o noso \u00faltimo evento, o Seminario da OAO sobre a relevancia cultural da protecci\u00f3n do ceo escuro e tranquilo. Agardamos que poidades unirvos a n\u00f3s neste evento repleto de estrelas o 31 de maio \u00e1s 13:00 UTC. E, se che gusta o que facemos na OAO, valora unirte a n\u00f3s solicitando o posto de Oficial de Divulgaci\u00f3n Internacional.<\/p>\n<p>Neste bolet\u00edn hai moitas formas de celebrar a astronom\u00eda. Anim\u00e1mosvos a participar no Concurso de Astrofotograf\u00eda da OAE (no que existe unha categor\u00eda de astrofotograf\u00eda co tel\u00e9fonos intelixentes patrocinada pola OAO). Podedes sumarvos ao Festival Nacional de Astronom\u00eda Popular en Alxeria ou aproveitar o desconto dispo\u00f1\u00edbel para docentes en EclipseGlasses.com.<\/p>\n<p>Coma sempre, temos algunhas oportunidades e recursos interesantes dispo\u00f1\u00edbeis para v\u00f3s e os vosos equipos mentres desenvolvedes as vosas pr\u00e1cticas de divulgaci\u00f3n.<\/p>\n<p>Finalmente, queremos agradecer as nosas coordinaci\u00f3ns nacionais de divulgaci\u00f3n da IAU todo o traballo que realizan nas s\u00faas comunidades. Insp\u00edrannos na OAO para crear contido relevante e emocionante.<\/p>\n<p>Aproveitade o tempo para sa\u00edr e gozar do ceo nocturno este mes (e todos os meses). E por suposto:<\/p>\n<p>Que te\u00f1ades uns ceos escuros e tranquilos,<\/p>\n<p>Kelly Blumenthal, en nome do equipo da Oficina IAU para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda<\/p>\n<p><strong>Ceos escuros e tranquilos: Seminario da OAO sobre a relevancia cultural da protecci\u00f3n do ceo escuro e tranquilo<\/strong><\/p>\n<p>Un\u00eddevos a n\u00f3s o 31 de maio de 2023 \u00e1s 13:00 UTC no noso \u201cSeminario IAU OAO sobre a protecci\u00f3n dos ceos escuros e tranquilos: a relevancia cultural da protecci\u00f3n do ceo escuro e tranquilo\u201d. Este evento en li\u00f1a reunir\u00e1 profesionais da astronom\u00eda, a cultura, as artes, o activismo e a divulgaci\u00f3n para compartir a s\u00faa conexi\u00f3n co ceo escuro e tranquilo e a s\u00faa importancia para as culturas do mundo. Convidamos a toda a xente, desde estudantes e profesionais da astronom\u00eda at\u00e9 as persoas que preservan o co\u00f1ecemento dos pobos orixinarios, a que sintonicen, aprendan e se comprometan con esta importante cuesti\u00f3n.<\/p>\n<p>Recom\u00e9ndase encarecidamente a <a href=\"https:\/\/oaoseminar2023.eventbrite.com\/\">inscrici\u00f3n previa para este evento<\/a>.<\/p>\n<p>Acompa\u00f1arannos Masaaki Hiramatsu (NAOJ), Manuel Grullon (IAU NOC Rep\u00fablica Dominicana), Lya Osborn (Light Justice), Duane Hamacher (Universidade de Melbourne), Krystal de Napoli (Universidade de Monash), Bon Mott (artista, educador e comisario en Melbourne, Australia), Aparna Venkatesan (Universidade de San Francisco) e Jessica Heim (Universidade do Sur de Queensland; IAU CPS).<\/p>\n<p><strong>1) Convocatoria de posto de oficial de divulgaci\u00f3n internacional da IAU OAO<\/strong><\/p>\n<p>A OAO busca unha persoa motivada para unirse como oficial de divulgaci\u00f3n internacional. O posto \u00e9 a tempo completo e estar\u00e1 baseado no OAO, que est\u00e1 situado no Observatorio Astron\u00f3mico Nacional de Xap\u00f3n, Campus de Mitaka, en Toquio, Xap\u00f3n.<\/p>\n<p>Para obterdes m\u00e1is informaci\u00f3n, elixibilidade e detalles sobre como enviar a solicitude, <a href=\"https:\/\/www.iau.org\/news\/announcements\/detail\/ann23016\/\">consultade este anuncio<\/a>.<\/p>\n<p><strong>2) XVIII Edici\u00f3n do Festival Nacional de Astronom\u00eda Popular<\/strong><\/p>\n<p>Convid\u00e1mosvos a asistir \u00e1 18\u00aa edici\u00f3n do Festival Nacional de Astronom\u00eda Popular, do 22 ao 24 de xu\u00f1o de 2023, en Constantina, Alxeria.<\/p>\n<p>A edici\u00f3n deste ano estar\u00e1 dedicada ao asunto &#8220;Explorar o Universo Invis\u00edbel: un ano da posta en servizo do Telescopio Espacial James Webb&#8221; e conta co apoio da Uni\u00f3n Astron\u00f3mica Internacional, a Sociedade Astron\u00f3mica Africana e a Uni\u00f3n \u00c1rabe de Astronom\u00eda e Ciencia Espacial.<\/p>\n<p>A organizaci\u00f3n proporcionar\u00e1 aloxamento local gratu\u00edto para a comunidade profesional e amadora que se una ao festival. Para obterdes m\u00e1is informaci\u00f3n sobre este evento, <a href=\"http:\/\/www.siriusalgeria.net\/salon023.htm\">consultade o sitio web da conferencia<\/a>.<\/p>\n<p><strong>3) III Certame de Astrofotograf\u00eda IAU OAE<\/strong><\/p>\n<p>A Oficina de Astronom\u00eda para a Educaci\u00f3n da IAU (OAE) lanzou a terceira edici\u00f3n do seu concurso de astrofotograf\u00eda. Este ano, a OAE invita a enviar imaxes nas seguintes categor\u00edas: fases de Venus, arcos diarios do Sol e gr\u00e1ficos solares, amencer e solpor ao longo do ano e imaxes de calquera obxecto astron\u00f3mico tomadas exclusivamente con tel\u00e9fonos intelixentes ou dispositivos m\u00f3biles. O prazo de presentaci\u00f3n de solicitudes remata o 30 de xu\u00f1o de 2023 \u00e1s 12:00 CET. Os env\u00edos ser\u00e1n avaliados por un panel internacional de persoas expertas en astrofotograf\u00eda e educaci\u00f3n astron\u00f3mica que ter\u00e1 en conta non s\u00f3 as calidades est\u00e9ticas e t\u00e9cnicas das imaxes sen\u00f3n tam\u00e9n o valor educativo de cada entrada no contexto do ensino de primaria e secundaria.<\/p>\n<p>Para m\u00e1is informaci\u00f3n sobre o concurso da OAE e para enviardes as vosas fotograf\u00edas, <a href=\"https:\/\/astro4edu.org\/oae-astrophoto-contest-2023\/\">accedede a este sitio web<\/a>.<\/p>\n<p><strong>4) Premios Rexionais TWAS para 2023<\/strong><\/p>\n<p>Os premios rexionais da Academia Mundial de Ciencias para o avance da ciencia en pa\u00edses en desenvolvemento (TWAS, polas siglas en ingl\u00e9s) para 2023 outorgaranse en reco\u00f1ecemento \u00e1s contribuci\u00f3ns significativas e innovadoras ao material educativo cient\u00edfico que axuden a mellorar a calidade da educaci\u00f3n cient\u00edfica na rexi\u00f3n \u00e1rabe. Cada ga\u00f1ador do premio rexional TWAS recibir\u00e1 3.000 d\u00f3lares.<\/p>\n<p>Para obterdes m\u00e1is informaci\u00f3n sobre o premio e a elixibilidade, <a href=\"https:\/\/www.bibalex.org\/TWAS-AREP\/en\/Prize\/Details.aspx?prizeID=1039\">consultade o sitio web do premio TWAS<\/a>.<\/p>\n<p><strong>5) Desconto para docentes de EclipseGlasses.com<\/strong><\/p>\n<p>De cara \u00e1s pr\u00f3ximas eclipses, EclipseGlasses.com ofrece un desconto especial para docentes nas s\u00faas lentes de eclipse e no filtro para tel\u00e9fonos intelixentes, Solar Snap. Este filtro, que tam\u00e9n incl\u00fae unha descarga gratu\u00edta da aplicaci\u00f3n Solar Snap, perm\u00edtevos a v\u00f3s e o voso alumnado facer fotos dunha eclipse solar con seguridade mentres a experimentas en tempo real. Tedes m\u00e1is informaci\u00f3n sobre este desconto do filtro solar <a href=\"https:\/\/www.eclipseglasses.com\/products\/special-school-discount-program\">no sitio web de EclipseGlasses<\/a>.<\/p>\n<p><strong>6) Novas NOC<\/strong><\/p>\n<p>a) Costa de Marfil<\/p>\n<p>O estado de Costa de Marfil pretende lanzar o primeiro sat\u00e9lite marfile\u00f1o para 2024 e crear unha axencia espacial marfile\u00f1a. O 18 de maio, <a href=\"https:\/\/sites.google.com\/oao.iau.org\/iauoaonews\/national-pages\/africa-cotedivoire?authuser=0\">o NOC de Costa de Marfil<\/a> axuda a organizar un evento denominado &#8221;AstroPause&#8221; para discutir as apostas e os retos desta axencia espacial. A charla correr\u00e1 a cargo do doutor Aka, epistem\u00f3logo e fil\u00f3sofo da ciencia.<\/p>\n<p>b) Hait\u00ed<\/p>\n<p>O equipo NOC de Hait\u00ed volveu producir un gran v\u00eddeo para o p\u00fablico, esta vez sobre o Sol. Est\u00e1 dispo\u00f1ible en haitiano, con subt\u00edtulos en ingl\u00e9s. Podedes atopar o v\u00eddeo <a href=\"https:\/\/youtu.be\/OTeV1ag2sfs\">nesta ligaz\u00f3n<\/a>.<\/p>\n<p>c) Kuwait<\/p>\n<p>O domingo 23 de abril, o equipo NOC de Kuwait observou a conxunci\u00f3n de Venus e a l\u00faa crecente do mes de Shawwal no Centro Cultural Sheikh Abdullah Al Salem. O evento atraeu grande n\u00famero de visitantes ao centro, que gozaron vendo este evento astron\u00f3mico con telescopios e a simple vista.<\/p>\n<p>d) Qatar<\/p>\n<p>O Ministerio de Educaci\u00f3n de Qatar anunciou os resultados da s\u00faa Olimp\u00edada de Astronom\u00eda de Qatar para Escolas 2022-2023, celebrada durante o curso acad\u00e9mico 2022-2023. En total, foron 58 as escolas ga\u00f1adoras en dous proxectos astron\u00f3micos, e m\u00e1is de 40 escolas adquiriron telescopios para cumprir este proxecto. A Olimp\u00edada est\u00e1 supervisada e dirixida pola Oficina Nacional de Coordinaci\u00f3n de Divulgaci\u00f3n en Qatar, a Uni\u00f3n \u00c1rabe para a Astronom\u00eda e as Ciencias Espaciais e a Casa do Calendario de Qatar.<\/p>\n<p><strong>7) Oportunidades<\/strong><\/p>\n<p>a) Bolsas de Investigaci\u00f3n en Arqueolox\u00eda da Paisaxe Celeste<br \/>\nAs bolsas de investigaci\u00f3n en arqueolox\u00eda da paisaxe celeste do Sophia Center\/JSA apoian, promoven e fomentan futuros proxectos de investigaci\u00f3n de estudantes e persoal investigador no inicio da s\u00faa carreira no campo da arqueolox\u00eda da paisaxe celeste. Cada subvenci\u00f3n consistir\u00e1 nun m\u00e1ximo de 500 \u00a3 para a execuci\u00f3n dun proxecto de investigaci\u00f3n. Os proxectos poden formar parte dos seus estudos (se as\u00ed o permite o seu programa ou unidade), ser pezas de investigaci\u00f3n completamente independentes ou proxectos piloto para estudos posteriores.<\/p>\n<p>As solicitudes rec\u00edbense de forma continua; podedes facer a solicitude en calquera momento, sempre que a\u00ednda existan fondos dispo\u00f1\u00edbeis. Para saberdes se a\u00ednda hai fondos dispo\u00f1\u00edbeis, po\u00f1\u00e9devos en contacto co doutor Fabio Silva (fsilva@bournemouth.ac.uk) antes de enviar unha solicitude.<\/p>\n<p>Para obterdes m\u00e1is informaci\u00f3n sobre esta oportunidade, <a href=\"https:\/\/drive.google.com\/file\/d\/19zYdilvtsoTCkSIds5qExB7OjDMP2Rn5\/view?usp=share_link\">consultade este documento informativo<\/a>.<\/p>\n<p><strong>8) Recursos interesantes<\/strong><\/p>\n<p>a) Novo n\u00famero de Space Scoops [Contido en ingl\u00e9s]<br \/>\n<a href=\"http:\/\/www.spacescoop.org\/en\/scoops\/2311\/fast-and-furious-starring-dual-quasars\/\">Aprende sobre galaxias distantes<\/a>, probabelmente atrapadas durante unha gran fusi\u00f3n. Se queredes axudar a que Space Scoop se traduza a m\u00e1is idiomas do mundo, env\u00edade un correo electr\u00f3nico a info@unawe.org<\/p>\n<p>b) Un\u00eddevos ao Ecite\u2019s Space Group e facede achegas ao seu bolet\u00edn 52<\/p>\n<p>O Space Group mellora e ampl\u00eda a comunicaci\u00f3n sobre a ciencia espacial axudando a centros cient\u00edficos, profesionais espaciais e non especialistas a desenvolver proxectos e eventos colaborativos. Calquera persoa pode unirse ao Space Group <a href=\"https:\/\/www.ecsite.eu\/activities-and-services\/thematic-groups\/space-group\">dende esta ligaz\u00f3n<\/a>.<\/p>\n<p>Cando o fagades, engadide as vosas contribuci\u00f3ns ao seu bolet\u00edn 52. Env\u00edade as vosas contribuci\u00f3ns a Space Group antes do 19 de maio.<\/p>\n<p><strong>9) Traduci\u00f3ns do bolet\u00edn da Oficina IAU para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda do ingl\u00e9s a outros idiomas<\/strong><\/p>\n<p>O noso bolet\u00edn ten traduci\u00f3n aos seguintes idiomas:<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/stargazersbh.wixsite.com\/bsac\/iau\"><strong>\u00c1rabe<\/strong><\/a><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas aos membros do Club de Observaci\u00f3n Astron\u00f3mica de Bahrain.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/sdas.wh.sdu.edu.cn\/info\/1657\/1261.htm\"><strong>Chin\u00e9s (Simplificado)<\/strong><\/a><br \/>\nTraduci\u00f3n grazas ao Dr Chen Cao, Sociedade Astron\u00f3mica Shandong (SDAS) de China.<\/p>\n<p><strong><a href=\"https:\/\/noc-iau.oac.unc.edu.ar\/boletin-informativo-newsletter-de-la-iau-astronomy-outreach\/\">Espa\u00f1ol<\/a><\/strong><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas a Andrea Ahumada, do Observatorio Astron\u00f3mico da Universidad Nacional de C\u00f3rdoba, e Ileana Andruchow, do Inst\u00edtuto de Astrof\u00edsica de La Plata, da Universidad Nacional de La Plata. Poden atoparse\u00a0<a href=\"http:\/\/asafile.blogspot.jp\/p\/blog-page_12.html\">aqu\u00ed<\/a>\u00a0as traduci\u00f3ns dos anteriores bolet\u00edns, feitas por Emilio Z\u00fa\u00f1iga, da Asociaci\u00f3n de Astr\u00f3nomos Aficionados de Le\u00f3n, Nicaragua.<\/p>\n<p><strong><a href=\"https:\/\/haitiastronomie.blogspot.com\/p\/bulletin-dinformationde-luai-sur.html\">Franc\u00e9s<\/a><\/strong><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas ao\u00a0<a href=\"https:\/\/haitiastronomie.blogspot.com\/p\/groupe-de-traduction-haitienne.html\">Grupo Haitiano de Traduci\u00f3n da Astronom\u00eda (GTHA)<\/a>\u00a0da Sociedade Astron\u00f3mica Haitiana.<\/p>\n<p><a href=\"http:\/\/agrupacionio.com\/gl\/tag\/boletin-iau\"><strong>Galego<\/strong><\/a><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas a Martin Pawley da Agrupaci\u00f3n Astron\u00f3mica Coru\u00f1esa \u00cdo en Espa\u00f1a.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/www.astronomiamo.it\/DivulgazioneAstronomica\/Newsletter-IAU\/last\"><strong>Italiano<\/strong><\/a><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas a Eleonora Piromalli de AstronomiAmo en Italia.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/drive.google.com\/drive\/folders\/1wN1txv57CLoDbLEEwNjStBMk6CrlkTxu?usp=sharing\"><strong>Portugu\u00e9s (europeo)<\/strong><\/a><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas a Catarina Leote, Jo\u00e3o Ferreira e Jonas Souza a trav\u00e9s do grupo de lingua portuguesa da Rede de Traduci\u00f3n Astron\u00f3mica.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/bit.ly\/36XeKZr\"><strong>Xapon\u00e9s<\/strong><\/a><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas a Akihiko Tomita a trav\u00e9s da Rede de Traduci\u00f3n Astron\u00f3mica. Se queres recibir a traduci\u00f3n ao xapon\u00e9s do bolet\u00edn, subscr\u00edbete \u00e1\u00a0<a href=\"http:\/\/www.jaaa-astro.jp\/jaaa-ml.html\">Asociaci\u00f3n Xaponesa de Astronom\u00eda Amadora<\/a>\u00a0ou \u00e1\u00a0<a href=\"http:\/\/www.tenkyo.net\/\">Sociedade Xaponesa pola Educaci\u00f3n e Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda<\/a>.<\/p>\n<div class=\"entry-content\">\n<p><strong>10) Contribuci\u00f3ns ao bolet\u00edn da Oficina IAU para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda<\/strong><\/p>\n<p>Queres facer achegas ao bolet\u00edn informativo da Oficina IAU para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda? Estamos sempre na procura de material sobre divulgaci\u00f3n e comunicaci\u00f3n da astronom\u00eda de todo o mundo para inclu\u00edla no noso seguinte bolet\u00edn. Se tedes alg\u00fan evento astron\u00f3mico, ofrecedes un posto ou oportunidade de traballo, un recurso educativo ou calquera outra cousa que poida ser de interese para a comunidade da divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica, envi\u00e1denos un correo a public@oao.iau.org con m\u00e1is informaci\u00f3n.<\/p>\n<\/div>\n<div class=\"entry-content\">\n<p>Por favor, enviade as vosas suxesti\u00f3ns at\u00e9 o d\u00eda 4 de cada mes (para o primeiro bolet\u00edn) e at\u00e9 o 17 (para o segundo bolet\u00edn). Desexamos recibir noticias vosas!<\/p>\n<p>Traduci\u00f3n: Martin Pawley (Agrupaci\u00f3n \u00cdo). Podedes consultar o bolet\u00edn en ingl\u00e9s\u00a0<a href=\"https:\/\/mailchi.mp\/iau\/iauoutreachnewsletter_2023may1\">nesta ligaz\u00f3n<\/a>.<\/p>\n<\/div>\n<p><\/p>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Bolet\u00edn da Oficina IAU para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda Maio 2023 #1 Neste bolet\u00edn: Nota editorial Asunto destacado: seminario da OAO sobre a relevancia cultural da protecci\u00f3n do ceo escuro e tranquilo 1) Convocatoria de posto de oficial de divulgaci\u00f3n internacional da IAU OAO 2) XVIII Edici\u00f3n do Festival Nacional de Astronom\u00eda Popular 3) III Certame de Astrofotograf\u00eda IAU OAE 4) Premios Rexionais TWAS para&#8230; <\/p>\n<p class=\"more\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/galego-boletin-da-oficina-iau-para-a-divulgacion-da-astronomia-maio-1\/\">Read More<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":12890,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[51],"tags":[188],"class_list":["post-13029","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-noticias-gl","tag-boletin-iau"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/13029","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=13029"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/13029\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":13032,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/13029\/revisions\/13032"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/12890"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=13029"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=13029"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=13029"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}