{"id":13026,"date":"2023-04-30T20:00:24","date_gmt":"2023-04-30T20:00:24","guid":{"rendered":"https:\/\/agrupacionio.com\/?p=13026"},"modified":"2023-05-23T12:10:38","modified_gmt":"2023-05-23T12:10:38","slug":"galego-boletin-da-oficina-iau-para-a-divulgacion-da-astronomia-abril-2","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/galego-boletin-da-oficina-iau-para-a-divulgacion-da-astronomia-abril-2\/","title":{"rendered":"Bolet\u00edn da Oficina IAU para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda: Abril #2"},"content":{"rendered":"<p><img fetchpriority=\"high\" decoding=\"async\" class=\"aligncenter size-large wp-image-12890\" src=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2023\/02\/OAO-Newsletter-1024x613.jpg\" alt=\"\" width=\"710\" height=\"425\" srcset=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2023\/02\/OAO-Newsletter-1024x613.jpg 1024w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2023\/02\/OAO-Newsletter-300x180.jpg 300w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2023\/02\/OAO-Newsletter-768x460.jpg 768w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2023\/02\/OAO-Newsletter-1060x635.jpg 1060w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2023\/02\/OAO-Newsletter-550x329.jpg 550w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2023\/02\/OAO-Newsletter-835x500.jpg 835w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2023\/02\/OAO-Newsletter.jpg 1804w\" sizes=\"(max-width: 710px) 100vw, 710px\" \/><\/p>\n<p><strong>Bolet\u00edn da Oficina IAU para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda<\/strong><\/p>\n<p><strong>Abril 2023 #2<\/strong><\/p>\n<p>Neste bolet\u00edn:<\/p>\n<p>Nota editorial<br \/>\nAsunto destacado: obradoiros de astrofotograf\u00eda para tel\u00e9fonos intelixentes<br \/>\n1) Novas das oficinas IAU<br \/>\n2) O Grupo de Traballo da IAU sobre Etnoastronom\u00eda e Patrimonio Astron\u00f3mico Inmaterial acolle o Panel de Astronom\u00eda Cultural<br \/>\n3) I-HOW acepta solicitudes<br \/>\n4) D\u00eda Internacional da Luz da UNESCO, 6\u00aa edici\u00f3n<br \/>\n5) Tempo de observaci\u00f3n en telescopio para proxectos educativos<br \/>\n6) Impl\u00edcate coa comunidade de transmisi\u00f3ns en directo de AWB<br \/>\n7) Novas NOC<br \/>\n8) Oportunidades<br \/>\n9) Recursos interesantes<br \/>\n10) Bolet\u00edn da Oficina IAU para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda en linguas diferentes do ingl\u00e9s<br \/>\n11) Contribuci\u00f3ns ao bolet\u00edn da Oficina IAU para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda<\/p>\n<p><strong>Nota editorial<\/strong><\/p>\n<p>Prezadas amizades e colegas,<\/p>\n<p>Mentres nos preparamos para o noso mes de Ceos Escuros e Tranquilos e para o D\u00eda Internacional da Luz, queremos chamar a vosa atenci\u00f3n sobre os obradoiros de astrofotograf\u00eda para tel\u00e9fonos intelixentes que celebramos durante a primeira semana de maio. Rex\u00edstrate usando a ligaz\u00f3n do asunto destacado deste bolet\u00edn para obter as \u00faltimas actualizaci\u00f3ns e informaci\u00f3n.<\/p>\n<p>Este bolet\u00edn vai todo sobre oportunidades. As nosas oficinas irm\u00e1s estiveron ocupadas nas \u00faltimas d\u00faas semanas coa posta en marcha do concurso de astrofotograf\u00eda da OAE, a convocatoria de propostas da OAD e a s\u00faa convocatoria de voluntariado, bolsas e contratos de formaci\u00f3n. Tam\u00e9n estamos felices de promover o traballo dos equipos colegas de LCO e AWB, que ofrecen espazo (o xogo de palabras non \u00e9 casual) para que a xente aprenda e medre a trav\u00e9s dos valiosos recursos que proporcionan. Neste bolet\u00edn tedes oportunidades para compartir o voso traballo, colaborardes e aprenderdes do traballo doutras persoas. Agardamos que vos beneficiedes destas oportunidades e queremos saber como as aproveitades!<\/p>\n<p>As nosas coordinaci\u00f3ns nacionais de divulgaci\u00f3n da IAU est\u00e1n traballando arduamente na planificaci\u00f3n do mes de Ceos Escuros e Tranquilos, mais tam\u00e9n temos a sorte de ter unha imaxe emocionante da recente eclipse solar h\u00edbrida.<\/p>\n<p>Hai m\u00e1is noticias interesantes no horizonte!<\/p>\n<p>Que te\u00f1ades uns ceos escuros e tranquilos,<\/p>\n<p>Kelly Blumenthal, en nome do equipo da Oficina IAU para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda<\/p>\n<p><strong>Asunto destacado: obradoiros de astrofotograf\u00eda para tel\u00e9fonos intelixentes<\/strong><\/p>\n<p>A astrofotograf\u00eda (o proceso e o seu produto) \u00e9 amplamente considerada como unha das mellores formas de involucrar a xente coa astronom\u00eda. Por\u00e9n, o equipo que normalmente se require pode ser moi caro, o que impide que algunhas persoas consideren a actividade como un pasatempo. Os tel\u00e9fonos intelixentes, por outra banda, son utilizados por unha fracci\u00f3n importante da poboaci\u00f3n mundial, polo que son un recurso relativamente acces\u00edbel para moitas persoas (a\u00ednda que, por suposto, isto non sempre \u00e9 certo). En colaboraci\u00f3n con AWB, a OAO reuniu algunhas das principais persoas expertas en astrofotograf\u00eda con tel\u00e9fonos intelixentes para ofrecer consellos e trucos sobre como usalos para facer fermosas fotograf\u00edas do ceo nocturno.<\/p>\n<p>Para maximizar o n\u00famero de persoas en todo o mundo que poden participar, ofrecemos este obradoiro en tres momentos diferentes:<br \/>\n\u2022 3 de maio de 2023 \u00e1s 07:00 UTC<br \/>\n\u2022 4 de maio de 2023 \u00e1s 15:00 UTC<br \/>\n\u2022 14 de maio de 2023 \u00e1s 06:00 UTC<\/p>\n<p>Para rexistrarte nun* destes obradoiros, <a href=\"https:\/\/www.eventbrite.com\/e\/609131658187\">accede a esta ligaz\u00f3n<\/a>.<\/p>\n<p>Tam\u00e9n nos asociamos coa nosa oficina irm\u00e1 para patrocinar unha categor\u00eda de astrofotograf\u00eda para tel\u00e9fonos intelixentes no <a href=\"https:\/\/astro4edu.org\/oae-astrophoto-contest-2023\/\">concurso de astrofotograf\u00eda da OAE<\/a>,\u00a0 que se describe m\u00e1is adiante. Despois de que se anuncien, as imaxes ga\u00f1adoras e menci\u00f3ns de honra ser\u00e1n presentadas nunha exposici\u00f3n electr\u00f3nica e unha gala organizadas pola OAO. Seguide as nosas informaci\u00f3ns para saberdes m\u00e1is detalles!<\/p>\n<p>* Tede en conta que o contido destes obradoiros ser\u00e1 o mesmo. Non \u00e9 necesario participar nos tres obradoiros. Se queredes ter a oportunidade de revisar o material ao voso ritmo, as gravaci\u00f3ns de cada obradoiro estar\u00e1n dispo\u00f1\u00edbeis inmediatamente despois de que remate o obradoiro.<\/p>\n<p><strong>1) Novas das oficinas IAU<\/strong><\/p>\n<p>a) A Oficina de Astronom\u00eda para a Educaci\u00f3n da IAU (OAE) lanzou a terceira edici\u00f3n do seu concurso de astrofotograf\u00eda. Este ano, a OAE invita a enviar imaxes nas seguintes categor\u00edas: fases de Venus, arcos diarios do Sol e gr\u00e1ficos solares, amencer e solpor ao longo do ano e imaxes de calquera obxecto astron\u00f3mico tomadas exclusivamente con tel\u00e9fonos intelixentes ou dispositivos m\u00f3biles. O prazo de presentaci\u00f3n de solicitudes remata o 30 de xu\u00f1o de 2023 \u00e1s 12:00 CET. Os env\u00edos ser\u00e1n avaliados por un panel internacional de persoas expertas en astrofotograf\u00eda e educaci\u00f3n astron\u00f3mica, que ter\u00e1 en conta non s\u00f3 as calidades est\u00e9ticas e t\u00e9cnicas das imaxes sen\u00f3n tam\u00e9n o valor educativo de cada entrada no contexto do ensino de primaria e secundaria. Para m\u00e1is informaci\u00f3n sobre o concurso da OAE e para enviar as t\u00faas fotograf\u00edas, <a href=\"https:\/\/astro4edu.org\/oae-astrophoto-contest-2023\/\">accede a este sitio web<\/a>.<\/p>\n<p>b) Xa est\u00e1 dispo\u00f1\u00edbel o bolet\u00edn informativo da Oficina IAU de Astronom\u00eda para o Desenvolvemento de xaneiro a marzo. Este n\u00famero incl\u00fae moitas oportunidades para que a comunidade se involucre en proxectos da OAD e forme parte da s\u00faa comunidade. Facede clic aqu\u00ed para verdes <a href=\"https:\/\/www.astro4dev.org\/iau-oad-newsletter-32-january-march-2023\/\">o \u00faltimo bolet\u00edn da OAD<\/a>.<\/p>\n<p>c) A OAD convoca solicitudes para proxectos que utilicen a astronom\u00eda para incidir no desenvolvemento sost\u00edbel. A convocatoria de propostas da OAD est\u00e1 aberta a calquera persoa de calquera parte do mundo. As persoas que carezan de formaci\u00f3n ou experiencia na redacci\u00f3n de propostas poden solicitar apoio para a redacci\u00f3n. A data l\u00edmite para solicitar o apoio \u00e1 redacci\u00f3n de propostas \u00e9 o 14 de maio de 2023, e a data l\u00edmite para presentar a solicitude \u00e9 o 31 de maio de 2023. Para obterdes m\u00e1is informaci\u00f3n e un enlace \u00e1 solicitude da convocatoria, consultade <a href=\"https:\/\/www.astro4dev.org\/cfp\/\">esta p\u00e1xina web<\/a>.<\/p>\n<p>d) A OAD ten convocatorias abertas para voluntariado, bolsas e contratos de aprendizaxe. Invitan a presentarse a persoas con toda clase de formaci\u00f3n (inclu\u00eddas a astronom\u00eda, enxe\u00f1ar\u00eda, ciencias, humanidades, etc.) e nivel educativo (grao, estudantes de posgrao, posdoutoramento, profesionais, etc.), sempre que poidan motivar a s\u00faa contribuci\u00f3n \u00e1 OAD. Non hai prazos para estas oportunidades; as solicitudes ser\u00e1n revisadas de forma continua. <a href=\"https:\/\/www.astro4dev.org\/opportunities-at-iau-oad\/\">Facede clic aqu\u00ed<\/a> para obter m\u00e1is informaci\u00f3n sobre as oportunidades de OAD.<\/p>\n<p><strong>2) O Grupo de Traballo da IAU sobre Etnoastronom\u00eda e Patrimonio Astron\u00f3mico Inmaterial acolle o Panel de Astronom\u00eda Cultural<\/strong><\/p>\n<p>O Grupo de Traballo da IAU sobre Etnoastronom\u00eda e Patrimonio Astron\u00f3mico Inmaterial acoller\u00e1 un <a href=\"https:\/\/4sonline.org\/news_manager.php?page=31445\">panel h\u00edbrido titulado \u201cCultural Astronomy: The Meeting Point of Sea, Sky, and Land\u201d<\/a>, na Sociedade para os Estudos Sociais da Ciencia (4S) que se re\u00fane en Honolulu, Hawai\u2019i, este novembro. <a href=\"https:\/\/www.4sonline.org\/call_for_submissions.php\">Env\u00edade os vosos resumos para o panel antes do 26 de maio<\/a>. Hai bolsas de viaxe dispo\u00f1\u00edbeis, mais non cobren o aloxamento en Honolulu.<\/p>\n<p><strong>3) I-HOW acepta solicitudes<\/strong><\/p>\n<p>A IAU convoca solicitudes para obradoiros baixo a iniciativa IAU Hands-On Workshops (I-HOW). Tr\u00e1tase dunha iniciativa para formar persoal cient\u00edfico dos pa\u00edses en desenvolvemento para acceder, analizar e utilizar eses datos nos seus proxectos de investigaci\u00f3n. Para m\u00e1is informaci\u00f3n, <a href=\"https:\/\/www.iau.org\/training\/iau-hands-on-workshops\/\">consultade o sitio web de I-HOW<\/a>.<\/p>\n<p><strong>4) D\u00eda Internacional da Luz da UNESCO, 6\u00aa edici\u00f3n<\/strong><\/p>\n<p>\u00c9 un pracer dar a benvida \u00e1 participaci\u00f3n na sexta edici\u00f3n do D\u00eda Internacional da Luz da UNESCO. O D\u00eda Internacional da Luz (IDL) \u00e9 unha celebraci\u00f3n anual das Naci\u00f3ns Unidas que aumenta a conciencia sobre a ampla importancia social da ciencia e a tecnolox\u00eda da luz en diversos sectores da sociedade e en diversos campos como as comunicaci\u00f3ns, a enerx\u00eda e a sa\u00fade, as\u00ed como a arte e a cultura. O IDL cel\u00e9brase cada ano o 16 de maio, aniversario do primeiro uso do l\u00e1ser polo f\u00edsico Theodore Maiman. Desde a s\u00faa primeira proclamaci\u00f3n en 2018 tiveron lugar m\u00e1is de 2200 eventos en m\u00e1is de 103 pa\u00edses e v\u00edronse eventos de divulgaci\u00f3n cient\u00edfica en todo o mundo a todos os niveis que chegaron a unha audiencia global estimada en m\u00e1is de 2 mill\u00f3ns.<\/p>\n<p>Un obxectivo clave para a sexta edici\u00f3n \u00e9 recoller informaci\u00f3n m\u00e1is profunda sobre os retos aos que se enfrontan as comunidades na organizaci\u00f3n de eventos, a trav\u00e9s da enquisa en li\u00f1a Organizaci\u00f3n de eventos IDL. Anim\u00e1mosvos a po\u00f1ervos en contacto connosco para obter m\u00e1is informaci\u00f3n sobre como participar nas celebraci\u00f3ns globais. A inscrici\u00f3n para 2023 est\u00e1 aberta. Enchede este sinxelo formulario para obter reco\u00f1ecemento oficial como un evento IDL. Un\u00eddevos a n\u00f3s nunha celebraci\u00f3n mundial m\u00e1is proveitosa!<\/p>\n<p>Ligaz\u00f3ns importantes:<br \/>\nP\u00e1xina web: <a href=\"http:\/\/www.lightday.org\">www.lightday.org<\/a><br \/>\nRecursos: <a href=\"https:\/\/www.lightday.org\/resources\">https:\/\/www.lightday.org\/resources<\/a><br \/>\nGu\u00eda r\u00e1pida: <a href=\"https:\/\/www.lightday.org\/quickguide-organising-an-idl-event\">https:\/\/www.lightday.org\/quickguide-organising-an-idl-event<\/a><br \/>\nIdeas a partir de eventos anteriores: <a href=\"https:\/\/www.lightday.org\/previous-years\">https:\/\/www.lightday.org\/previous-years<\/a><br \/>\nEnquisa de organizaci\u00f3n de eventos: <a href=\"https:\/\/www.lightday.org\/survey\">https:\/\/www.lightday.org\/survey<\/a><br \/>\nBolet\u00edn informativo: <a href=\"https:\/\/www.lightday.org\/newsletter-archive\">https:\/\/www.lightday.org\/newsletter-archive<\/a><br \/>\nCancelo oficial: #LightDay2023<br \/>\nPara obter m\u00e1is informaci\u00f3n, po\u00f1\u00e9devos en contacto co coordinador de comunicaci\u00f3ns de IDL, Geethu Paulose, en contact@lightday.org.<\/p>\n<p><strong>5) Tempo de observaci\u00f3n en telescopio para proxectos educativos<\/strong><\/p>\n<p>O Observatorio de Las Cumbres ofrece 1000 horas para proxectos educativos utilizando a s\u00faa rede rob\u00f3tica de telescopios de 10 x 0,4 m. Ac\u00e9ptanse solicitudes de proxectos educativos de toda clase, mais son especialmente benvidas as de comunidades desfavorecidas e do mundo en desenvolvemento. As solicitudes deben presentarse antes do 26 de maio de 2023. <a href=\"https:\/\/lco.global\/news\/call-for-global-sky-partners-2023\/\">Facede clic aqu\u00ed<\/a> para obter m\u00e1is informaci\u00f3n sobre a oportunidade educativa LCO.<\/p>\n<p><strong>6) Impl\u00edcate coa comunidade de transmisi\u00f3ns en directo de AWB<\/strong><\/p>\n<p>Astronom\u00eda sen Fronteiras (AWB) lanzou recentemente unha comunidade de transmisi\u00f3n en directo de astronom\u00eda na s\u00faa plataforma, que ten como obxectivo reunir xente con experiencia ou interese en transmitir eventos astron\u00f3micos en directo. Este m\u00e9todo de participaci\u00f3n \u00e9 cada vez m\u00e1is popular, especialmente durante e despois da pandemia de Covid-19, e a organizaci\u00f3n traballou en novas formas de explotar este formato exitoso para interactuar con audiencias cada vez maiores. Tras os debates celebrados na conferencia EPSC2022 o pasado setembro e nunha sesi\u00f3n de seguimento en li\u00f1a, varios equipos de todo o mundo destacaron a necesidade dunha plataforma en li\u00f1a para fortalecer a rede, compartir materiais e acoller conversas que apoien a transmisi\u00f3n en directo de eventos astron\u00f3micos en todo o mundo.<br \/>\nAntes de unirvos \u00e1 comunidade, debedes visitar o sitio web de AWB e facer clic en &#8220;Conv\u00e9rtete en membro&#8221; (\u00e9 gratu\u00edto!). Despois podedes engadirvos \u00e1 comunidade &#8220;Astronomy Live-Streaming&#8221; e unirvos \u00e1 discusi\u00f3n.<\/p>\n<p>O sitio web da comunidade de transmisi\u00f3n en directo de AWB (que require inicio de sesi\u00f3n) <a href=\"https:\/\/my.astronomerswithoutborders.org\/communities\/community-home?CommunityKey=de1f50d3-eed3-427a-8868-0186a2e21d1b\">p\u00f3dese atopar aqu\u00ed<\/a>.<\/p>\n<p>Coordinan esta comunidade Graham Jones (TimeAndDate), Helen Usher (Open University e Europlanet) e Claudia Mignone (INAF). Po\u00f1\u00e9devos en contacto con estas persoas para obterdes m\u00e1is informaci\u00f3n.<\/p>\n<p><strong>7) Novas NOC<\/strong><\/p>\n<p>a) Brunei, Timor Oriental e Vietnam<\/p>\n<p>A eclipse solar h\u00edbrida do 20 de abril de 2023 foi unha marabilla no noso ceo. As coordinaci\u00f3ns nacionais de divulgaci\u00f3n de <a href=\"https:\/\/sites.google.com\/oao.iau.org\/iauoaonews\/national-pages\/asia-brunei\">Brunei Darussalam<\/a>, <a href=\"https:\/\/sites.google.com\/oao.iau.org\/iauoaonews\/national-pages\/asia-timorleste\">Timor Leste<\/a> e <a href=\"https:\/\/sites.google.com\/oao.iau.org\/iauoaonews\/national-pages\/Vietnam\">Vietnam<\/a> organizaron varias actividades de divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica en Timor Leste para educar o p\u00fablico sobre as marabillas do Universo e concienciar sobre formas seguras de gozar da eclipse solar. <a href=\"https:\/\/drive.google.com\/file\/d\/191474NChPIsRFzYoyPkRhBUrRxkpYyWW\/view?usp=share_link\">Mirade esta imaxe<\/a> para ver o que viviron en Timor Leste. M\u00e1is informaci\u00f3n sobre os esforzos do equipo <a href=\"https:\/\/bruneiastronomy.org\/web\/timoreclipse\/\">neste sitio web<\/a>.<\/p>\n<p><strong>8) Oportunidades<\/strong><\/p>\n<p>a) Falling Walls Female Science Talents<\/p>\n<p>Falling Walls Female Science Talents e a Elsevier Foundation buscan talentos excepcionais que realicen investigaci\u00f3ns interdisciplinarias e innovadoras no seu campo e contrib\u00faan \u00e1 igualdade de x\u00e9nero e \u00e1 diversidade na ciencia e na academia. As mulleres destacadas (inclu\u00eddas as mulleres trans, queer e as persoas non binarias) ser\u00e1n premiadas en cada unha destas tres categor\u00edas: Innovaci\u00f3n, Integraci\u00f3n de X\u00e9nero e Empoderamento. O prazo de presentaci\u00f3n de candidaturas remata o 31 de maio de 2023. Para obterdes m\u00e1is informaci\u00f3n, <a href=\"https:\/\/falling-walls.com\/female-science-talents\/women-breakthrough-award-call-for-nominations\/\">consultade o sitio web<\/a>.<\/p>\n<p>b) Apunta a data! Conferencia do Foro Cient\u00edfico de Xap\u00f3n este novembro<\/p>\n<p>A quinta conferencia Japan SciCom Forum (JSF) celebrarase do 21 ao 22 de novembro de 2023 de forma presencial no Instituto de Ciencia e Tecnolox\u00eda de Okinawa en Okinawa, Xap\u00f3n. A\u00ednda est\u00e1n traballando para elaborar un programa para a s\u00faa conferencia e est\u00e1n a recibir suxesti\u00f3ns de temas, sesi\u00f3ns ou conferenciantes. Se queres enviar unha suxesti\u00f3n, escribe a japanscicomforum@gmail.com. O <a href=\"https:\/\/www.japansci.com\/\">sitio web de JSF<\/a> actualizarase con m\u00e1is informaci\u00f3n nos pr\u00f3ximos meses.<\/p>\n<p><strong>9) Recursos interesantes<\/strong><\/p>\n<p>a) Novo n\u00famero de Space Scoops [Contido en ingl\u00e9s]<\/p>\n<p>Space Scoop produce artigos sobre as novidades en astronom\u00eda e ciencia espacial en linguaxe f\u00e1cil de entender. Non perdades as actualizaci\u00f3ns semanais que incl\u00faen historias de moitas das axencias espaciais do mundo. Aprendede como usar a intelixencia artificial para comprender as primeiras estrelas <a href=\"http:\/\/www.spacescoop.org\/en\/scoops\/2310\/ais-hunt-for-the-first-stars\/\">nesta ligaz\u00f3n<\/a> e sobre como usar a contorna dunha estrela beb\u00e9 para comprender o seu crecemento <a href=\"http:\/\/www.spacescoop.org\/en\/scoops\/2309\/playing-connect-the-dots-around-a-baby-star\/\">aqu\u00ed<\/a>. Se queredes axudar a que Space Scoop se traduza a m\u00e1is idiomas do mundo, env\u00edade un correo electr\u00f3nico a info@unawe.org<\/p>\n<p>b) Xa est\u00e1 dispo\u00f1\u00edbel a edici\u00f3n de maio de 2023 do bolet\u00edn informativo da Royal Astronomical Society de Nova Zelanda [Contido en ingl\u00e9s]<\/p>\n<p>A RASNZ \u00e9 unha sociedade dedicada a ampliar o noso co\u00f1ecemento da astronom\u00eda, fomentar o interese do p\u00fablico pola ciencia e facer avanzar a astronom\u00eda cara a novas fronteiras. Podedes ler o <a href=\"https:\/\/www.rasnz.org.nz\/news-events\/newsletters\">bolet\u00edn informativo de RASNZ<\/a> de maio para obter m\u00e1is informaci\u00f3n sobre as s\u00faas actividades e oportunidades en Nova Zelanda.<\/p>\n<p>c) Ferramentas para facer que as reuni\u00f3ns sexan m\u00e1is acces\u00edbeis para as persoas cegas ou con baixa visi\u00f3n [Contido en ingl\u00e9s]<br \/>\nDesenvolvido polo Centro de Investigaci\u00f3n en Sa\u00fade da Discapacidade da Universidade Johns Hopkins e a Rede Internacional de Persoas Investigadoras con Discapacidade Visual e as s\u00faas Aliadas (INOVA), este conxunto de ferramentas bas\u00e9ase en principios de dese\u00f1o universal e incl\u00fae informaci\u00f3n para a xente que planifica de reuni\u00f3ns, organiza conferencias, as presenta ou asiste a elas, independentemente da s\u00faa familiaridade coa cuesti\u00f3n da accesibilidade. <a href=\"https:\/\/disabilityhealth.jhu.edu\/wp-content\/uploads\/2023\/03\/JHU_Conference_Accessibiity_Toolkit_Accessible_FINAL.pdf\">Facede clic aqu\u00ed<\/a> para acceder a este conxunto de ferramentas de accesibilidade.<\/p>\n<p><strong>10) Traduci\u00f3ns do bolet\u00edn da Oficina IAU para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda do ingl\u00e9s a outros idiomas<\/strong><\/p>\n<p>O noso bolet\u00edn ten traduci\u00f3n aos seguintes idiomas:<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/stargazersbh.wixsite.com\/bsac\/iau\"><strong>\u00c1rabe<\/strong><\/a><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas aos membros do Club de Observaci\u00f3n Astron\u00f3mica de Bahrain.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/sdas.wh.sdu.edu.cn\/info\/1657\/1261.htm\"><strong>Chin\u00e9s (Simplificado)<\/strong><\/a><br \/>\nTraduci\u00f3n grazas ao Dr Chen Cao, Sociedade Astron\u00f3mica Shandong (SDAS) de China.<\/p>\n<p><strong><a href=\"https:\/\/noc-iau.oac.unc.edu.ar\/boletin-informativo-newsletter-de-la-iau-astronomy-outreach\/\">Espa\u00f1ol<\/a><\/strong><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas a Andrea Ahumada, do Observatorio Astron\u00f3mico da Universidad Nacional de C\u00f3rdoba, e Ileana Andruchow, do Inst\u00edtuto de Astrof\u00edsica de La Plata, da Universidad Nacional de La Plata. Poden atoparse\u00a0<a href=\"http:\/\/asafile.blogspot.jp\/p\/blog-page_12.html\">aqu\u00ed<\/a>\u00a0as traduci\u00f3ns dos anteriores bolet\u00edns, feitas por Emilio Z\u00fa\u00f1iga, da Asociaci\u00f3n de Astr\u00f3nomos Aficionados de Le\u00f3n, Nicaragua.<\/p>\n<p><strong><a href=\"https:\/\/haitiastronomie.blogspot.com\/p\/bulletin-dinformationde-luai-sur.html\">Franc\u00e9s<\/a><\/strong><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas ao\u00a0<a href=\"https:\/\/haitiastronomie.blogspot.com\/p\/groupe-de-traduction-haitienne.html\">Grupo Haitiano de Traduci\u00f3n da Astronom\u00eda (GTHA)<\/a>\u00a0da Sociedade Astron\u00f3mica Haitiana.<\/p>\n<p><a href=\"http:\/\/agrupacionio.com\/gl\/tag\/boletin-iau\"><strong>Galego<\/strong><\/a><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas a Martin Pawley da Agrupaci\u00f3n Astron\u00f3mica Coru\u00f1esa \u00cdo en Espa\u00f1a.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/www.astronomiamo.it\/DivulgazioneAstronomica\/Newsletter-IAU\/last\"><strong>Italiano<\/strong><\/a><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas a Eleonora Piromalli de AstronomiAmo en Italia.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/drive.google.com\/drive\/folders\/1wN1txv57CLoDbLEEwNjStBMk6CrlkTxu?usp=sharing\"><strong>Portugu\u00e9s (europeo)<\/strong><\/a><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas a Catarina Leote, Jo\u00e3o Ferreira e Jonas Souza a trav\u00e9s do grupo de lingua portuguesa da Rede de Traduci\u00f3n Astron\u00f3mica.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/bit.ly\/36XeKZr\"><strong>Xapon\u00e9s<\/strong><\/a><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas a Akihiko Tomita a trav\u00e9s da Rede de Traduci\u00f3n Astron\u00f3mica. Se queres recibir a traduci\u00f3n ao xapon\u00e9s do bolet\u00edn, subscr\u00edbete \u00e1\u00a0<a href=\"http:\/\/www.jaaa-astro.jp\/jaaa-ml.html\">Asociaci\u00f3n Xaponesa de Astronom\u00eda Amadora<\/a>\u00a0ou \u00e1\u00a0<a href=\"http:\/\/www.tenkyo.net\/\">Sociedade Xaponesa pola Educaci\u00f3n e Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda<\/a>.<\/p>\n<div class=\"entry-content\">\n<p><strong>11) Contribuci\u00f3ns ao bolet\u00edn da Oficina IAU para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda<\/strong><\/p>\n<p>Queres facer achegas ao bolet\u00edn informativo da Oficina IAU para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda? Estamos sempre na procura de material sobre divulgaci\u00f3n e comunicaci\u00f3n da astronom\u00eda de todo o mundo para inclu\u00edla no noso seguinte bolet\u00edn. Se tedes alg\u00fan evento astron\u00f3mico, ofrecedes un posto ou oportunidade de traballo, un recurso educativo ou calquera outra cousa que poida ser de interese para a comunidade da divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica, envi\u00e1denos un correo a public@oao.iau.org con m\u00e1is informaci\u00f3n.<\/p>\n<\/div>\n<div class=\"entry-content\">\n<p>Por favor, enviade as vosas suxesti\u00f3ns at\u00e9 o d\u00eda 4 de cada mes (para o primeiro bolet\u00edn) e at\u00e9 o 17 (para o segundo bolet\u00edn). Desexamos recibir noticias vosas!<\/p>\n<p>Traduci\u00f3n: Martin Pawley (Agrupaci\u00f3n \u00cdo). Podedes consultar o bolet\u00edn en ingl\u00e9s\u00a0<a href=\"https:\/\/mailchi.mp\/iau\/iauoutreachnewsletter_2023april2\">nesta ligaz\u00f3n<\/a>.<\/p>\n<\/div>\n<p><\/p>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Bolet\u00edn da Oficina IAU para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda Abril 2023 #2 Neste bolet\u00edn: Nota editorial Asunto destacado: obradoiros de astrofotograf\u00eda para tel\u00e9fonos intelixentes 1) Novas das oficinas IAU 2) O Grupo de Traballo da IAU sobre Etnoastronom\u00eda e Patrimonio Astron\u00f3mico Inmaterial acolle o Panel de Astronom\u00eda Cultural 3) I-HOW acepta solicitudes 4) D\u00eda Internacional da Luz da UNESCO, 6\u00aa edici\u00f3n 5) Tempo de observaci\u00f3n&#8230; <\/p>\n<p class=\"more\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/galego-boletin-da-oficina-iau-para-a-divulgacion-da-astronomia-abril-2\/\">Read More<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":12890,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[51],"tags":[188],"class_list":["post-13026","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-noticias-gl","tag-boletin-iau"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/13026","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=13026"}],"version-history":[{"count":3,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/13026\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":13031,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/13026\/revisions\/13031"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/12890"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=13026"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=13026"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=13026"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}