{"id":12985,"date":"2023-04-17T12:00:33","date_gmt":"2023-04-17T12:00:33","guid":{"rendered":"https:\/\/agrupacionio.com\/?p=12985"},"modified":"2023-04-18T09:11:49","modified_gmt":"2023-04-18T09:11:49","slug":"galego-boletin-da-oficina-iau-para-a-divulgacion-da-astronomia-abril-1","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/galego-boletin-da-oficina-iau-para-a-divulgacion-da-astronomia-abril-1\/","title":{"rendered":"Bolet\u00edn da Oficina IAU para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda: Abril #1"},"content":{"rendered":"<p><img fetchpriority=\"high\" decoding=\"async\" class=\"aligncenter size-full wp-image-12890\" src=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2023\/02\/OAO-Newsletter.jpg\" alt=\"\" width=\"1804\" height=\"1080\" srcset=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2023\/02\/OAO-Newsletter.jpg 1804w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2023\/02\/OAO-Newsletter-300x180.jpg 300w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2023\/02\/OAO-Newsletter-768x460.jpg 768w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2023\/02\/OAO-Newsletter-1024x613.jpg 1024w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2023\/02\/OAO-Newsletter-1060x635.jpg 1060w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2023\/02\/OAO-Newsletter-550x329.jpg 550w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2023\/02\/OAO-Newsletter-835x500.jpg 835w\" sizes=\"(max-width: 1804px) 100vw, 1804px\" \/><\/p>\n<p><strong>Bolet\u00edn da Oficina IAU para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda<\/strong><\/p>\n<p><strong>Abril 2023 #1<\/strong><\/p>\n<p>Neste bolet\u00edn:<\/p>\n<p>Nota editorial<br \/>\nAsunto destacado: Ceos escuros e tranquilos<br \/>\n1) Axudas de mobilidade da IAU OAD<br \/>\n2) 6\u00aa edici\u00f3n do D\u00eda Internacional da Luz da UNESCO<br \/>\n3) Jupyter Notebooks m\u00e1is acces\u00edbeis<br \/>\n4) Dobre anuncio sobre ciencia cidad\u00e1<br \/>\n5) Novas NOC<br \/>\n6) Oportunidades<br \/>\n7) Recursos interesantes<br \/>\n8) Bolet\u00edn da Oficina IAU para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda en linguas diferentes do ingl\u00e9s<br \/>\n9) Contribuci\u00f3ns ao bolet\u00edn da Oficina IAU para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda<\/p>\n<p><strong>Nota editorial<\/strong><\/p>\n<p>Prezadas amizades e colegas,<\/p>\n<p>Este bolet\u00edn ofrece oportunidades interesantes para participardes na protecci\u00f3n do ceo. Durante o programa \u201cCeos escuros e tranquilos\u201d do mes de maio teredes a oportunidade de co\u00f1ecer o problema dobre da contaminaci\u00f3n luminosa e a interferencia das constelaci\u00f3ns de sat\u00e9lites, descubrir formas de favorecer que as vosas comunidades act\u00faen en favor da protecci\u00f3n da noite (sen esquecer os nosos ecosistemas e o noso benestar) contra estas ameazas e dar pasos adiantes nesta loita. Convid\u00e1mosvos tam\u00e9n a participar no D\u00eda Internacional da Luz (IDL) da UNESCO o 16 de maio. A trav\u00e9s do IDL como do noso programa \u201cCeos escuros e tranquilos\u201d podedes compartir os vosos eventos co mundo e maximizar o alcance das vosas actividades.<\/p>\n<p>A xustiza, a equidade, a diversidade e a inclusi\u00f3n est\u00e1n na cerna do noso esforzo na OAO. Este bolet\u00edn destaca un proxecto do Space Telescope Science Institute para desenvolver Jupyter Notebooks m\u00e1is acces\u00edbeis. Isto abre moitas oportunidades para chegar a novos p\u00fablicos na educaci\u00f3n astron\u00f3mica formal e informal e na divulgaci\u00f3n da astronom\u00eda. Ademais, destacamos oportunidades de financiamento e implicaci\u00f3n na ciencia cidad\u00e1, redes CTEM inclusivas, obradoiros, recursos de lingua de signos e moitas cousas m\u00e1is.<\/p>\n<p>Como sempre, queremos darlles as grazas \u00e1s Coordinaci\u00f3ns Nacionais de Divulgaci\u00f3n por todo o traballo que fan para inspirar as xeraci\u00f3ns futuras da astronom\u00eda e promover o abraio nas s\u00faas comunidades.<\/p>\n<p>Que te\u00f1ades uns ceos escuros e tranquilos,<\/p>\n<p>Kelly Blumenthal, en nome do equipo da Oficina IAU para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda<\/p>\n<p><strong>Ceos escuros e tranquilos<\/strong><\/p>\n<p>Na Oficina de Astronom\u00eda da IAU temos o orgullo de presentar a iniciativa \u201cCeos escuros e tranquilos\u201d deste ano. O <a href=\"https:\/\/www.iau.org\/public\/darkskiesawareness\/\">proxecto<\/a> crea conciencia sobre a necesidade de preservar a escuridade do ceo. Os dous adxectivos van xuntos mais te\u00f1en significados diferentes. A protecci\u00f3n do ceo escuro xorde da reduci\u00f3n da contaminaci\u00f3n luminosa a trav\u00e9s da pol\u00edtica, a lexislaci\u00f3n e o activismo sobre o espectro electromagn\u00e9tico. A protecci\u00f3n do ceo tranquilo ref\u00edrese \u00e1 ameaza que sup\u00f3n a interferencia das constelaci\u00f3ns de sat\u00e9lites, que \u00e9 a principal preocupaci\u00f3n do noso socio, o Centro IAU para a Protecci\u00f3n do Ceo Escuro e Tranquilo contra a Interferencia das Constelaci\u00f3ns de Sat\u00e9lites (CPS).<\/p>\n<p>A trav\u00e9s deste proxecto, a xente aprender\u00e1 a importancia dos ceos escuros e tranquilos para a cultura, o patrimonio e a sa\u00fade humana, ademais da sa\u00fade dos nosos ecosistemas e a s\u00faa importancia para a investigaci\u00f3n astron\u00f3mica.<\/p>\n<p>A Oficina IAU para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda (<a href=\"https:\/\/www.iau.org\/public\/oao\/\">IAU OAO<\/a>) leva a cabo este proxecto en colaboraci\u00f3n con <a href=\"https:\/\/cps.iau.org\/\">CPS<\/a>, a Oficina IAU de Astronom\u00eda para a Educaci\u00f3n (<a href=\"https:\/\/www.astro4edu.org\/\">OAE<\/a>), o D\u00eda Internacional da Luz (<a href=\"https:\/\/www.lightday.org\/\">IDL<\/a>), a International Dark Sky Association (<a href=\"https:\/\/www.darksky.org\/\">IDA<\/a>), Astronom\u00eda sen Fronteiras (<a href=\"https:\/\/my.astronomerswithoutborders.org\/home\">AWB<\/a>), a <a href=\"https:\/\/www.iau.org\/science\/scientific_bodies\/commissions\/B7\/\">Comisi\u00f3n B7<\/a> da IAU, <a href=\"https:\/\/globeatnight.org\/\">Globe at Night<\/a>, a <a href=\"http:\/\/globeatnight-network.org\/resources.html\">Universidade de Hong Kong<\/a> e outros socios nacionais e rexionais. Se representades unha organizaci\u00f3n en favor da protecci\u00f3n do ceo e tedes interese en colaborar connosco, po\u00f1\u00e9devos en contacto con public@oao.iau.org.<\/p>\n<p><strong>1) Axudas de mobilidade da IAU OAD<\/strong><\/p>\n<p>A Oficina IAU de Astronom\u00eda para o Desenvolvemento anunciou axudas de mobilidade a trav\u00e9s da Royal Astronomical Society para establecer ou fomentar colaboraci\u00f3ns de investigaci\u00f3n, educaci\u00f3n e\/ou desenvolvemento entre o Reino Unido e os pa\u00edses onde a investigaci\u00f3n astron\u00f3mica non est\u00e1 ben establecida. A convocatoria \u00e9 unha colaboraci\u00f3n entre a Oficina de Astronom\u00eda para o Desenvolvemento e a Royal Astronomical Society. O prazo para as solicitudes remata o 3 de maio de 2023.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/www.astro4dev.org\/partners-programs\/rasexperts2\/\">Facede clic aqu\u00ed<\/a> para obterdes m\u00e1is informaci\u00f3n sobre esta oportunidade de financiamento.<\/p>\n<p><strong>2) 6\u00aa edici\u00f3n do D\u00eda Internacional da Luz da UNESCO<\/strong><\/p>\n<p>\u00c9 un pracer convidarvos a participar na 6a edici\u00f3n do D\u00eda Internacional da Luz da UNESCO. O D\u00eda Internacional da Luz (<a href=\"https:\/\/www.lightday.org\/\">IDL<\/a>) \u00e9 unha celebraci\u00f3n anual das Naci\u00f3ns Unidas que aumenta a conciencia sobre a importancia social da ciencia e a tecnolox\u00eda da luz en diversos sectores da sociedade e en diversos campos como as comunicaci\u00f3ns, a enerx\u00eda e a sa\u00fade, as\u00ed como a arte e a cultura. O IDL cel\u00e9brase cada ano o 16 de maio, o aniversario cient\u00edfico do primeiro uso dun l\u00e1ser polo f\u00edsico Theodore Maiman. Desde a s\u00faa proclamaci\u00f3n en 2018, tiveron lugar m\u00e1is de 2200 eventos en 103 pa\u00edses, cunha audiencia global estimada en m\u00e1is de 2 mill\u00f3ns de persoas.<\/p>\n<p>Un obxectivo clave para a sexta edici\u00f3n \u00e9 recoller informaci\u00f3n m\u00e1is profunda sobre os desaf\u00edos aos que se enfrontan as comunidades na organizaci\u00f3n de eventos, a trav\u00e9s da <a href=\"https:\/\/www.lightday.org\/\/survey\">enquisa en li\u00f1a IDL Event Organiser<\/a>. Anim\u00e1mosvos a contactar connosco para obter m\u00e1is informaci\u00f3n sobre como participar nas celebraci\u00f3ns mundiais. A inscrici\u00f3n para 2023 est\u00e1 aberta. Basta encher este sinxelo formulario para obter reco\u00f1ecemento oficial como evento IDL. Un\u00eddevos nunha celebraci\u00f3n mundial m\u00e1is proveitosa!<\/p>\n<p>Ligaz\u00f3ns importantes:<br \/>\nP\u00e1xina web: <a href=\"http:\/\/www.lightday.org\">www.lightday.org<\/a><br \/>\nRecursos: <a href=\"https:\/\/www.lightday.org\/resources\">https:\/\/www.lightday.org\/resources<\/a><br \/>\nGu\u00eda r\u00e1pida: <a href=\"https:\/\/www.lightday.org\/quickguide-organising-an-idl-event\">https:\/\/www.lightday.org\/quickguide-organising-an-idl-event<\/a><br \/>\nIdeas a partir de eventos anteriores: <a href=\"https:\/\/www.lightday.org\/previous-years\">https:\/\/www.lightday.org\/previous-years<\/a><br \/>\nEnquisa en li\u00f1a: <a href=\"https:\/\/www.lightday.org\/survey\">https:\/\/www.lightday.org\/survey<\/a><br \/>\nBolet\u00edn informativo: <a href=\"https:\/\/www.lightday.org\/newsletter-archive\">https:\/\/www.lightday.org\/newsletter-archive<\/a><br \/>\nCancelo oficial: #LightDay2023<\/p>\n<p>Para obterdes m\u00e1is informaci\u00f3n, po\u00f1\u00e9devos en contacto coa coordinaci\u00f3n de comunicaci\u00f3ns de IDL, Geethu Paulose, en contact@lightday.org.<\/p>\n<p><strong>3) Jupyter Notebooks m\u00e1is acces\u00edbeis<\/strong><\/p>\n<p>O 10 de marzo de 2023, o Space Telescope Science Institute (STScI) acolleu o <a href=\"https:\/\/iota-school.github.io\/accessibility_hackathon\/\">\u201cAccesible Notebooks Hackathon<\/a>\u201d. O evento abriuse con presentaci\u00f3ns sobre <a href=\"https:\/\/github.com\/Iota-School\/notebooks-for-all\/blob\/main\/resources\/event-hackathon\/Notebook%20Authoring%20Tips.pdf\">a historia e o estado actual dos Notebooks na investigaci\u00f3n cient\u00edfica<\/a>, para despois tratar <a href=\"https:\/\/github.com\/Iota-School\/notebooks-for-all\/blob\/main\/resources\/event-hackathon\/notebook-authoring-checklist.md\">formas de que sexan m\u00e1is acces\u00edbeis<\/a>. Despois, os participantes xunt\u00e1ronse en grupos nunha <a href=\"https:\/\/iota-school.github.io\/accessibility_hackathon\/hack\">actividade mini-hack<\/a> para examinar como se pod\u00edan facer m\u00e1is acces\u00edbeis os Notebooks HTML publicados. A gravaci\u00f3n da primeira parte do evento est\u00e1 <a href=\"https:\/\/www.youtube.com\/watch?v=zskT7leTxXM\">dispo\u00f1\u00edbel en YouTube<\/a>.<\/p>\n<p>Un dos principais motivos de preocupaci\u00f3n neste evento foi a inaccesibilidade do editor Jupyter Notebook para os usuarios de lectores de pantalla. Dado que Jupyter Notebooks se converteu nun est\u00e1ndar de facto na investigaci\u00f3n cient\u00edfica, a s\u00faa falta de accesibilidade \u00e9 un gran obst\u00e1culo para persoas con discapacidade que estudan e investigan en \u00e1reas CTEM, inclu\u00edda a astronom\u00eda. Este ano, STScI levou a cabo un proxecto, <a href=\"https:\/\/iota-school.github.io\/notebooks-for-all\/\">\u201cAstronomy Notebooks for All\u201d<\/a>, para mellorar a accesibilidade dos resultados cient\u00edficos dos Jupyter Notebooks e o 13 de abril de 2023 STScI tam\u00e9n celebrar\u00e1 un D\u00eda da Accesibilidade para concienciar sobre a <a href=\"https:\/\/iota-school.github.io\/day_accessibility\/\">accesibilidade en astronom\u00eda<\/a>.<\/p>\n<p>Contido cortes\u00eda do Dr Patrick Smyth (Iota School), Jennifer Kolter (STScI) e Scott W. Fleming (STScI).<\/p>\n<p><strong>4) Dobre anuncio sobre ciencia cidad\u00e1<\/strong><\/p>\n<p>a) Caza de planetas<\/p>\n<p>O sat\u00e9lite TESS (Transiting Exoplanet Survey Satellite) est\u00e1 a proporcionarnos unha enorme cantidade de datos que nos permiten buscar planetas f\u00f3ra do noso sistema solar. O proxecto de ciencia cidad\u00e1 Planet Hunters TESS ofrece unha oportunidade para abordar cuesti\u00f3ns como a formaci\u00f3n do sistema solar.<\/p>\n<p>Este mes est\u00e1n a clasificar o Sector 61. Os datos incl\u00faen medici\u00f3ns de brillo de 20.000 estrelas observadas por TESS. Algunhas destas estrelas son binarias eclipsantes, outras son estrelas vari\u00e1beis e, por suposto, algunhas te\u00f1en planetas que orbitan ao seu redor. Que tipo de planetas atoparedes nesta parte do ceo? Un\u00eddevos a TESS na s\u00faa busca <a href=\"https:\/\/www.zooniverse.org\/projects\/nora-dot-eisner\/planet-hunters-tess\">nesta ligaz\u00f3n<\/a>.<\/p>\n<p>Se vedes unha estrela ou planeta interesante e queredes investigalo m\u00e1is a fondo, crearon unha ferramenta en li\u00f1a para facelo: a ferramenta de an\u00e1lise de curvas de luz para exoplanetas en tr\u00e1nsito (<a href=\"http:\/\/latte-online.flatironinstitute.org\/app\">LATTE<\/a>).<\/p>\n<p>b) Gaia Vari: axudade a descubrir os segredos da V\u00eda L\u00e1ctea<\/p>\n<p>O novo proxecto de ciencia cidad\u00e1 Gaia Vari acaba de lanzarse en Zooniverse. O proxecto est\u00e1 financiado pola Axencia Espacial Europea (ESA) e apoia a clasificaci\u00f3n de estrelas vari\u00e1beis de Gaia. Os seus obxectivos principais son formar unha comunidade arredor da misi\u00f3n Gaia e clasificar o conxunto de datos para casos de estrelas vari\u00e1beis interesantes.<\/p>\n<p>Gaia \u00e9 unha misi\u00f3n da ESA para inspeccionar a V\u00eda L\u00e1ctea e os seus arredores co fin de constru\u00edr o mapa 3D m\u00e1is preciso da nosa galaxia xamais producido. Mentres a nave espacial explora a nosa galaxia, permite controlar as variaci\u00f3ns no brillo de m\u00e1is de 2.000 mill\u00f3ns de obxectos. A ciencia cidad\u00e1 axudar\u00e1 a analizar este conxunto masivo de datos clasificando vari\u00e1beis, identificando obxectos clasificados incorrectamente, descubrindo fontes que mostran un comportamento de variabilidade peculiar e axudando a adestrar e validar a clasificaci\u00f3n cara \u00e1 pr\u00f3xima publicaci\u00f3n de datos de Gaia en 2025.<\/p>\n<p>Acaba de comezar a primeira campa\u00f1a do proxecto. Ser\u00e1n tres campa\u00f1as en total e cada unha delas revelar\u00e1 novos e fascinantes datos recollidos por Gaia. A inscrici\u00f3n en Zooniverse est\u00e1 aberta a calquera persoa interesada en participar nun proxecto de ciencia cidad\u00e1. Para unirvos \u00e1 aventura cient\u00edfica de Gaia Vari, visitade <a href=\"https:\/\/www.zooniverse.org\/projects\/gaia-zooniverse\/gaia-vari\">a p\u00e1xina Zooniverse do proxecto<\/a>.<\/p>\n<p>As campa\u00f1as de Gaia Vari tam\u00e9n <a href=\"https:\/\/www.gaiavari.space\/\">ir\u00e1n acompa\u00f1adas de materiais did\u00e1cticos<\/a>. Apoiar\u00e1n a ciencia cidad\u00e1 proporcionando informaci\u00f3n adicional sobre as estrelas vari\u00e1beis, titoriais sobre clasificaci\u00f3n de estrelas vari\u00e1beis e ferramentas que poden achegar a astronom\u00eda a diferentes p\u00fablicos.<\/p>\n<p><strong>5) Novas NOC<\/strong><\/p>\n<p>a) Hait\u00ed<\/p>\n<p>O noso equipo <a href=\"https:\/\/sites.google.com\/oao.iau.org\/iauoaonews\/national-pages\/america-haiti\">NOC de Hait\u00ed<\/a> produciu dous novos v\u00eddeos excelentes para a s\u00faa serie de YouTube sobre astronom\u00eda. Neste v\u00eddeo, o noso NOC, o doutor Rulx Narcisse, <a href=\"https:\/\/youtu.be\/PNcxHQRG6Ts\">fala sobre o Vwe Lakte (V\u00eda L\u00e1ctea)<\/a> e neste v\u00eddeo <a href=\"http:\/\/youtu.be\/VYcLrUA3FXo\">fala da principal ferramenta da astronom\u00eda: o telescopio<\/a>. Os dous v\u00eddeos est\u00e1n en haitiano, mais p\u00f3dense traducir automaticamente mediante o servizo de subt\u00edtulos de YouTube.<\/p>\n<p>b) Brunei, Timor Oriental e Vietnam<\/p>\n<p>Os nosos coordinadores nacionais de divulgaci\u00f3n de <a href=\"https:\/\/sites.google.com\/oao.iau.org\/iauoaonews\/national-pages\/asia-brunei\">Brunei Darussalam<\/a>, <a href=\"https:\/\/sites.google.com\/oao.iau.org\/iauoaonews\/national-pages\/asia-timorleste\">Timor Leste<\/a> e <a href=\"https:\/\/sites.google.com\/oao.iau.org\/iauoaonews\/national-pages\/Vietnam\">Vietnam<\/a> organizar\u00e1n varias actividades de divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica en Timor Leste para educar o p\u00fablico sobre as marabillas do Universo e divulgar formas seguras de gozar da eclipse solar total que ter\u00e1 lugar a finais deste mes. O equipo preparou materiais de presentaci\u00f3n en 4 idiomas -tetun (un dos idiomas oficiais de Timor Oriental), indonesio, ingl\u00e9s e portugu\u00e9s- e reuniu 1000 lentes de eclipse solar para os diversos eventos.<\/p>\n<p><strong>6) Oportunidades<\/strong><\/p>\n<p>a) Obradoiro gratu\u00edto sobre como comunicar o cambio clim\u00e1tico coa astronom\u00eda<\/p>\n<p>Este obradoiro gratu\u00edto do profesor Travis Rector (Universidade de Alaska, Anchorage) presentar\u00e1 estratexias sobre como facer que estudantes e p\u00fablico saian dunha aula ou charla divulgativa sentindo que te\u00f1en informaci\u00f3n, esperanza e disposici\u00f3n para abordar o problema do cambio clim\u00e1tico. Un\u00eddevos en li\u00f1a (de balde) o 28 de abril de 2023. Para obterdes m\u00e1is informaci\u00f3n sobre este obradoiro gratu\u00edto sobre o cambio clim\u00e1tico e rexistrarvos, facede clic <a href=\"https:\/\/www.eventbrite.com.au\/e\/how-to-teach-and-talk-about-climate-change-tickets-598248957737?fbclid=IwAR1jZfiC5kbGwklYS_Jj6y4RQIK90_JoaXBRRvgsZPQCtBP_fUKXhVgkJnY\">nesta ligaz\u00f3n<\/a>.<\/p>\n<p>b) Convocatoria Falling Walls 2023<\/p>\n<p>M\u00e1is ca nunca, a confianza do p\u00fablico e a implicaci\u00f3n na ciencia te\u00f1en un papel importante para afrontar os desaf\u00edos globais. O compromiso cient\u00edfico pode axudarnos a acadar os Obxectivos de Desenvolvemento Sost\u00edbel das Naci\u00f3ns Unidas e dar forma a sociedades m\u00e1is inclusivas e iguais. Coa convocatoria global Falling Walls, a organizaci\u00f3n d\u00e1 a benvida a proxectos que comprometan activamente o p\u00fablico coa ciencia a trav\u00e9s de formatos participativos de todo tipo e tama\u00f1o.<\/p>\n<p>Co\u00f1ecedes ou xestionades unha iniciativa de divulgaci\u00f3n cient\u00edfica que envolva o p\u00fablico activamente coa ciencia? <a href=\"https:\/\/bit.ly\/3le03vQ\">Prop\u00f3n candidaturas ou participa<\/a> na convocatoria global Falling Walls 2023 na categor\u00eda \u201cScience Engagement\u201c. A convocatoria xa est\u00e1 aberta! O prazo remata o 1 de maio de 2023.<\/p>\n<p>c) Convocatoria dos Premios Eric e Wendy Schmidt das Academias Nacionais \u00e1 Excelencia en Comunicaci\u00f3n Cient\u00edfica<\/p>\n<p>Os Premios Eric e Wendy Schmidt das Academias Nacionais celebran as contribuci\u00f3ns de persoas que se dedican ao xornalismo e a comunicaci\u00f3n cient\u00edfica en todo o mundo. Ademais destes premios, desenvolver\u00e1n unha serie de oportunidades de formaci\u00f3n profesional para as persoas reco\u00f1ecidas a trav\u00e9s do programa. Para obterdes m\u00e1is informaci\u00f3n sobre a elixibilidade no programa de premios das Academias Nacionais, facede clic <a href=\"https:\/\/www.nationalacademies.org\/awards\/excellence-in-communication\/for-applicants\">nesta ligaz\u00f3n<\/a>.<\/p>\n<p><strong>7) Recursos interesantes<\/strong><\/p>\n<p>a) Recursos do obradoiro GlobalSCAPE [Contido en ingl\u00e9s]<\/p>\n<p>O proxecto <a href=\"https:\/\/global-scape.eu\/\">GlobalSCAPE<\/a> ti\u00f1a como obxectivo comprender o panorama global da comunicaci\u00f3n cient\u00edfica, centr\u00e1ndose nas voces menos escoitadas de todo o mundo. Como parte deste proxecto, crearon dous obradoiros de comunicaci\u00f3n cient\u00edfica: un sobre \u201cRelevancia global na comunicaci\u00f3n cient\u00edfica\u201d e outro sobre \u201cXustiza, equidade, diversidade e inclusi\u00f3n na comunicaci\u00f3n cient\u00edfica\u201d. Para descargar os materiais dos obradoiros, inclu\u00eddas as gravaci\u00f3ns, <a href=\"https:\/\/global-scape.eu\/portfolio\/globalscape-workshop-materials\/\">consultade esta web<\/a>.<\/p>\n<p>b) Artigo destacado de investigaci\u00f3n: a negatividade impulsa o consumo de noticias en li\u00f1a [Contido en ingl\u00e9s]<\/p>\n<p>Nun artigo recente de Nature Human Behaviour Claire E. Robertson, Nicolas Pr\u00f6llochs, Kaoru Schwarzenegger, Philip P\u00e4rnamets, Jay J. Van Bavel e Stefan Feuerriegel analizan a correlaci\u00f3n entre a presenza de palabras negativas no titular dun artigo e o alcance do artigo. En base a un amplo estudo de artigos, descubriron que cada palabra negativa adicional nun t\u00edtulo aumentaba a taxa de clics nun 2,3%. Podedes ler o artigo, \u201cA negatividade impulsa o consumo de noticias en li\u00f1a\u201d, <a href=\"https:\/\/www.nature.com\/articles\/s41562-023-01538-4\">aqu\u00ed<\/a>.<\/p>\n<p>c) Atlas virtual da L\u00faa (VMA), Versi\u00f3n 8 [Contido en ingl\u00e9s]<\/p>\n<p>Desde o seu primeiro lanzamento en 2002, o atlas descargouse aproximadamente 1,9 mill\u00f3ns de veces en todo o mundo. \u00dasase principalmente na astronom\u00eda amadora, mais tam\u00e9n en varios libros e revistas, observatorios, universidades, sitios web e blogs. A nova edici\u00f3n incl\u00fae a incorporaci\u00f3n de novos datos, imaxes e mapas, e dous novos m\u00f3dulos para mellorar as posibilidades de procesar datos espec\u00edficos da L\u00faa. Podedes obter m\u00e1is informaci\u00f3n sobre o \u201cVirtual Moon Atlas\u201d <a href=\"https:\/\/www.ap-i.net\/avl\/en\/start\">aqu\u00ed<\/a>.<\/p>\n<p>d) Termos do curr\u00edculo cient\u00edfico en lingua de signos do Scottish Sensory Center [Contido en ingl\u00e9s e lingua de signos brit\u00e1nica]<\/p>\n<p>Esta aplicaci\u00f3n ofrece un glosario de m\u00e1is de 1000 termos CTEM (inclu\u00edda a astronom\u00eda, a biolox\u00eda, a qu\u00edmica, a xeograf\u00eda, as matem\u00e1ticas e a f\u00edsica) en lingua de signos brit\u00e1nica. Para obterdes m\u00e1is informaci\u00f3n sobre este glosario STEM da linguaxe de signos, <a href=\"https:\/\/www.ssc.education.ed.ac.uk\/BSL\/app.htm\">consultade este sitio web<\/a>.<\/p>\n<p>e) Un\u00eddevos \u00e1 Rede Internacional CTEM para persoas cegos e con baixa visi\u00f3n [Contido en ingl\u00e9s]<\/p>\n<p>Esta rede ten como obxectivo conectar a persoas cegas ou con baixa visi\u00f3n que se especializan ou estean interesadas en materias CTEM en todo o mundo. Te\u00f1en tres \u00e1reas de traballo principais: intercambio de informaci\u00f3n, educaci\u00f3n CTEM e carreiras CTEM. Se tedes interese en unirvos ou s\u00f3 queredes saber m\u00e1is sobre esta Rede BLV internacional, <a href=\"https:\/\/www.intlstemblv.net\/\">facede clic aqu\u00ed<\/a>.<\/p>\n<p><strong>8) Traduci\u00f3ns do bolet\u00edn da Oficina IAU para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda do ingl\u00e9s a outros idiomas<\/strong><\/p>\n<p>O noso bolet\u00edn ten traduci\u00f3n aos seguintes idiomas:<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/stargazersbh.wixsite.com\/bsac\/iau\"><strong>\u00c1rabe<\/strong><\/a><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas aos membros do Club de Observaci\u00f3n Astron\u00f3mica de Bahrain.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/sdas.wh.sdu.edu.cn\/info\/1657\/1261.htm\"><strong>Chin\u00e9s (Simplificado)<\/strong><\/a><br \/>\nTraduci\u00f3n grazas ao Dr Chen Cao, Sociedade Astron\u00f3mica Shandong (SDAS) de China.<\/p>\n<p><strong><a href=\"https:\/\/noc-iau.oac.unc.edu.ar\/boletin-informativo-newsletter-de-la-iau-astronomy-outreach\/\">Espa\u00f1ol<\/a><\/strong><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas a Andrea Ahumada, do Observatorio Astron\u00f3mico da Universidad Nacional de C\u00f3rdoba, e Ileana Andruchow, do Inst\u00edtuto de Astrof\u00edsica de La Plata, da Universidad Nacional de La Plata. Poden atoparse\u00a0<a href=\"http:\/\/asafile.blogspot.jp\/p\/blog-page_12.html\">aqu\u00ed<\/a>\u00a0as traduci\u00f3ns dos anteriores bolet\u00edns, feitas por Emilio Z\u00fa\u00f1iga, da Asociaci\u00f3n de Astr\u00f3nomos Aficionados de Le\u00f3n, Nicaragua.<\/p>\n<p><strong><a href=\"https:\/\/haitiastronomie.blogspot.com\/p\/bulletin-dinformationde-luai-sur.html\">Franc\u00e9s<\/a><\/strong><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas ao\u00a0<a href=\"https:\/\/haitiastronomie.blogspot.com\/p\/groupe-de-traduction-haitienne.html\">Grupo Haitiano de Traduci\u00f3n da Astronom\u00eda (GTHA)<\/a>\u00a0da Sociedade Astron\u00f3mica Haitiana.<\/p>\n<p><a href=\"http:\/\/agrupacionio.com\/gl\/tag\/boletin-iau\"><strong>Galego<\/strong><\/a><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas a Martin Pawley da Agrupaci\u00f3n Astron\u00f3mica Coru\u00f1esa \u00cdo en Espa\u00f1a.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/www.astronomiamo.it\/DivulgazioneAstronomica\/Newsletter-IAU\/last\"><strong>Italiano<\/strong><\/a><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas a Eleonora Piromalli de AstronomiAmo en Italia.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/drive.google.com\/drive\/folders\/1wN1txv57CLoDbLEEwNjStBMk6CrlkTxu?usp=sharing\"><strong>Portugu\u00e9s (europeo)<\/strong><\/a><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas a Catarina Leote, Jo\u00e3o Ferreira e Jonas Souza a trav\u00e9s do grupo de lingua portuguesa da Rede de Traduci\u00f3n Astron\u00f3mica.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/bit.ly\/36XeKZr\"><strong>Xapon\u00e9s<\/strong><\/a><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas a Akihiko Tomita a trav\u00e9s da Rede de Traduci\u00f3n Astron\u00f3mica. Se queres recibir a traduci\u00f3n ao xapon\u00e9s do bolet\u00edn, subscr\u00edbete \u00e1\u00a0<a href=\"http:\/\/www.jaaa-astro.jp\/jaaa-ml.html\">Asociaci\u00f3n Xaponesa de Astronom\u00eda Amadora<\/a>\u00a0ou \u00e1\u00a0<a href=\"http:\/\/www.tenkyo.net\/\">Sociedade Xaponesa pola Educaci\u00f3n e Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda<\/a>.<\/p>\n<div class=\"entry-content\">\n<p><strong>9) Contribuci\u00f3ns ao bolet\u00edn da Oficina IAU para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda<\/strong><\/p>\n<p>Queres facer achegas ao bolet\u00edn informativo da Oficina IAU para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda? Estamos sempre na procura de material sobre divulgaci\u00f3n e comunicaci\u00f3n da astronom\u00eda de todo o mundo para inclu\u00edla no noso seguinte bolet\u00edn. Se tedes alg\u00fan evento astron\u00f3mico, ofrecedes un posto ou oportunidade de traballo, un recurso educativo ou calquera outra cousa que poida ser de interese para a comunidade da divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica, envi\u00e1denos un correo a public@oao.iau.org con m\u00e1is informaci\u00f3n.<\/p>\n<\/div>\n<div class=\"entry-content\">\n<p>Por favor, enviade as vosas suxesti\u00f3ns at\u00e9 o d\u00eda 4 de cada mes (para o primeiro bolet\u00edn) e at\u00e9 o 17 (para o segundo bolet\u00edn). Desexamos recibir noticias vosas!<\/p>\n<p>Traduci\u00f3n: Martin Pawley (Agrupaci\u00f3n \u00cdo). Podedes consultar o bolet\u00edn en ingl\u00e9s\u00a0<a href=\"https:\/\/mailchi.mp\/iau\/iauoutreachnewsletter_2023april1\">nesta ligaz\u00f3n<\/a>.<\/p>\n<\/div>\n<p><\/p>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Bolet\u00edn da Oficina IAU para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda Abril 2023 #1 Neste bolet\u00edn: Nota editorial Asunto destacado: Ceos escuros e tranquilos 1) Axudas de mobilidade da IAU OAD 2) 6\u00aa edici\u00f3n do D\u00eda Internacional da Luz da UNESCO 3) Jupyter Notebooks m\u00e1is acces\u00edbeis 4) Dobre anuncio sobre ciencia cidad\u00e1 5) Novas NOC 6) Oportunidades 7) Recursos interesantes 8) Bolet\u00edn da Oficina IAU para a&#8230; <\/p>\n<p class=\"more\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/galego-boletin-da-oficina-iau-para-a-divulgacion-da-astronomia-abril-1\/\">Read More<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":12890,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[51],"tags":[188],"class_list":["post-12985","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-noticias-gl","tag-boletin-iau"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12985","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=12985"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12985\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":12987,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12985\/revisions\/12987"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/12890"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=12985"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=12985"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=12985"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}