{"id":12978,"date":"2023-03-31T14:00:41","date_gmt":"2023-03-31T14:00:41","guid":{"rendered":"https:\/\/agrupacionio.com\/?p=12978"},"modified":"2023-04-08T13:14:46","modified_gmt":"2023-04-08T13:14:46","slug":"galego-boletin-da-oficina-iau-para-a-divulgacion-da-astronomia-marzo-2-2","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/galego-boletin-da-oficina-iau-para-a-divulgacion-da-astronomia-marzo-2-2\/","title":{"rendered":"Bolet\u00edn da Oficina IAU para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda: Marzo #2"},"content":{"rendered":"<p><img fetchpriority=\"high\" decoding=\"async\" class=\"aligncenter size-full wp-image-12890\" src=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2023\/02\/OAO-Newsletter.jpg\" alt=\"\" width=\"1804\" height=\"1080\" srcset=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2023\/02\/OAO-Newsletter.jpg 1804w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2023\/02\/OAO-Newsletter-300x180.jpg 300w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2023\/02\/OAO-Newsletter-768x460.jpg 768w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2023\/02\/OAO-Newsletter-1024x613.jpg 1024w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2023\/02\/OAO-Newsletter-1060x635.jpg 1060w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2023\/02\/OAO-Newsletter-550x329.jpg 550w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2023\/02\/OAO-Newsletter-835x500.jpg 835w\" sizes=\"(max-width: 1804px) 100vw, 1804px\" \/><\/p>\n<p><strong>Bolet\u00edn da Oficina IAU para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda<\/strong><\/p>\n<p><strong>Marzo 2023 #2<\/strong><\/p>\n<p>Neste bolet\u00edn:<\/p>\n<p>Nota editorial<br \/>\nAsunto destacado: anuncio dos resultados de NameExoWorlds 2022 o 27 de abril<br \/>\n1) Enquisa global IAU OAO sobre iniciativas arredor da contaminaci\u00f3n luminosa<br \/>\n2) Gu\u00eda de fontes de imaxes astron\u00f3micas<br \/>\n3) Chamada \u00e1 astronom\u00eda amadora: ciencia cidad\u00e1 con Gaia<br \/>\n4) Simposio GlobalSCAPE sobre comunicaci\u00f3n cient\u00edfica<br \/>\n5) D\u00eda Internacional da Luz 2023<br \/>\n6) Novas NOC<br \/>\n7) Oportunidades<br \/>\n8) Recursos interesantes<br \/>\n9) Bolet\u00edn da Oficina IAU para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda en linguas diferentes do ingl\u00e9s<br \/>\n10) Contribuci\u00f3ns ao bolet\u00edn da Oficina IAU para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda<\/p>\n<p><strong>Nota editorial<\/strong><\/p>\n<p>Prezadas amizades e colegas,<\/p>\n<p>Na Oficina IAU para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda agardamos con entusiasmo o anuncio dos resultados da campa\u00f1a NameExoWorlds2022. Al\u00e9granos poder compartir isto convosco e esperamos que vos unades a n\u00f3s o 27 de abril para felicitar as candidaturas ga\u00f1adoras. Seguide as nosas mensaxes para obterdes m\u00e1is informaci\u00f3n do equipo OAO sobre este momento \u00fanico!<\/p>\n<p>Pedimos de novo a vosa participaci\u00f3n na nosa Enquisa Global de Iniciativas de Contaminaci\u00f3n Luminosa. Xa reunimos un conxunto diverso de informaci\u00f3n sobre como diferentes pa\u00edses abordan a reduci\u00f3n da contaminaci\u00f3n luminosa, mais necesitamos a vosa axuda! Compartide o voso co\u00f1ecemento connosco para promovermos o importante traballo que realizades v\u00f3s e a vosa comunidade para protexer o noso ceo nocturno.<\/p>\n<p>Neste bolet\u00edn temos moitas oportunidades para que a xente se involucre na pr\u00e1ctica da astronom\u00eda, xa sexa a trav\u00e9s da ciencia cidad\u00e1 ou colaborando coa comunidade da comunicaci\u00f3n cient\u00edfica. Non esquezades as oportunidades para estudantes das que damos conta. Ademais, compilamos unha colecci\u00f3n diversa de recursos, inclu\u00edda unha experiencia educativa que aproveita a flexibilidade de Minecraft para aprendermos astronom\u00eda.<\/p>\n<p>D\u00e1moslles as grazas \u00e1s coordinaci\u00f3ns nacionais de divulgaci\u00f3n polo que fan para o avance da astronom\u00eda. Ademais do traballo dos equipos nacionais, vemos que moitos equipos multinacionais comentaban o seu traballo conxunto este mes. Esperamos que atopedes inspiraci\u00f3n nas s\u00faas experiencias.<\/p>\n<p>Que te\u00f1ades uns ceos escuros e tranquilos,<\/p>\n<p>Kelly Blumenthal, en nome do equipo da Oficina IAU para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda<\/p>\n<p><strong>Asunto destacado: anuncio dos resultados de NameExoWorlds 2022 o 27 de abril<\/strong><\/p>\n<p>A edici\u00f3n NameExoWorlds 2022 animou a formaci\u00f3n de equipos que combinaban a astronom\u00eda profesional e a amadora, estudantes, profesorado e p\u00fablico en xeral para po\u00f1erlle nome a un exomundo: un exoplaneta e a s\u00faa estrela anfitrioa. Estes equipos non s\u00f3 deb\u00edan propo\u00f1er nomes para o sistema, sen\u00f3n que co esp\u00edrito de tender pontes cara a outras comunidades (novos mundos, atrev\u00e9monos a dicir) tam\u00e9n ti\u00f1an a tarefa de realizar un acto de divulgaci\u00f3n para falarlle ao p\u00fablico sobre os exoplanetas e o seu nome. A edici\u00f3n de 2022 pechou en novembro de 2022 e contou con 603 propostas de 91 pa\u00edses participantes. Entre todas as actividades de divulgaci\u00f3n chegouse a case doce mill\u00f3ns de persoas!<\/p>\n<p>Desde novembro, estivemos traballando na an\u00e1lise das propostas coa axuda dos paneis nacionais (formados en gran parte polas coordinaci\u00f3ns nacionais de divulgaci\u00f3n) e o grupo de traballo do Comit\u00e9 Executivo da IAU sobre a nomenclatura de sistemas exoplanetarios. Os resultados xa case est\u00e1n. O 27 de abril anunciaremos os nomes seleccionados a trav\u00e9s <a href=\"https:\/\/iau.us11.list-manage.com\/subscribe?u=0ecb46e29196a0f367daf3dd6&amp;id=9c0d469b8f\">da nosa listaxe de correo<\/a> e as nosas canles de redes sociais. Se a\u00ednda non o fixestes, podedes subscribirvos \u00e1 OAO nesta ligaz\u00f3n e seguirnos <a href=\"https:\/\/www.facebook.com\/IAUoutreach\">en Facebook<\/a> e <a href=\"https:\/\/twitter.com\/IAU_Outreach\">Twitter<\/a>. Moita sorte a todas as persoas que participaron!<\/p>\n<p><strong>1) Enquisa global IAU OAO sobre iniciativas arredor da contaminaci\u00f3n luminosa<\/strong><\/p>\n<p>Como preparaci\u00f3n do noso proxecto de divulgaci\u00f3n global \u201cCeos escuros e tranquilos\u201d deste maio, a IAU OAO est\u00e1 a compilar informaci\u00f3n sobre como se aborda en todo o mundo a loita contra a contaminaci\u00f3n luminosa. <a href=\"https:\/\/forms.gle\/LJim3aLssqU8on7r9\">Nesta enquisa<\/a> ped\u00edmosvos que proporcionedes informaci\u00f3n breve sobre as iniciativas no voso pa\u00eds e que acheguedes formas pr\u00e1cticas de que a xente poida involucrarse neste esforzo. Isto vai dende cambiar as l\u00e1mpadas por LED, asinar unha petici\u00f3n, colaborar cos concellos ou unirse a un grupo de presi\u00f3n, o que creades que ser\u00eda m\u00e1is relevante para a vosa comunidade. Usaremos esta informaci\u00f3n como parte dun recurso global sobre contaminaci\u00f3n luminosa e como forma de promover iniciativas globais para protexer os nosos ceos escuros e tranquilos.<\/p>\n<p><strong>2) Gu\u00eda de fontes de imaxes astron\u00f3micas<\/strong><\/p>\n<p>Hai unha versi\u00f3n revisada e actualizada da gu\u00eda de Andrew Fraknoi sobre onde acceder a imaxes astron\u00f3micas en Internet. A nova versi\u00f3n incl\u00fae 26 sitios diferentes onde podedes atopar fotos ou imaxes de alta calidade para mostrar nunha clase, laboratorio ou programa p\u00fablico. Entre eles est\u00e1n os principais observatorios na Terra e no espazo e sitios como o PhotoJournal da NASA, Astronomy Picture of the Day e o relativamente novo AstroPix.<\/p>\n<p>A gu\u00eda p\u00f3dese descargar <a href=\"http:\/\/bit.ly\/astroimage\">nesta ligaz\u00f3n<\/a>.<\/p>\n<p><strong>3) Chamada \u00e1 astronom\u00eda amadora: ciencia cidad\u00e1 con Gaia<\/strong><\/p>\n<p>A ESA lanzou un novo proxecto de ciencia cidad\u00e1 chamado Gaia Vari. <a href=\"https:\/\/www.gaiavari.space\/\">Segundo o sitio web<\/a>, &#8220;os seus principais obxectivos son constru\u00edr unha comunidade arredor da misi\u00f3n Gaia, clasificar o conxunto de datos de series temporais para estrelas vari\u00e1beis interesantes e invitar a cidadan\u00eda a formar parte de publicaci\u00f3ns cient\u00edficas&#8221;.<\/p>\n<p>Para obterdes m\u00e1is informaci\u00f3n, premede na ligaz\u00f3n anterior ou <a href=\"https:\/\/www.esa.int\/Enabling_Support\/Preparing_for_the_Future\/Space_for_Earth\/Amateur_astronomers_needed_help_classify_stars_with_Gaia_s_data\">consultade esta p\u00e1xina<\/a>.<\/p>\n<p><strong>4) Simposio GlobalSCAPE sobre comunicaci\u00f3n cient\u00edfica<\/strong><\/p>\n<p>O 10 de abril a Universidade de Leiden e GlobalSCAPE acollen un simposio sobre comunicaci\u00f3n cient\u00edfica cun invitado especial, o profesor de Relaci\u00f3ns P\u00fablicas da Universidade Estatal de Michigan John Besley. Se vos apuntades poderedes asistir aos debates sobre o <a href=\"https:\/\/global-scape.eu\">proxecto GlobalSCAPE<\/a>, obradoiros, recursos de comunicaci\u00f3n cient\u00edfica e moito m\u00e1is!<\/p>\n<p>Para obter m\u00e1is informaci\u00f3n e rexistrarvos, <a href=\"https:\/\/www.eventbrite.co.uk\/e\/globalscape-symposium-tickets-596838940337\">facede clic aqu\u00ed<\/a>.<\/p>\n<p><strong>5) D\u00eda Internacional da Luz 2023<\/strong><\/p>\n<p>Ach\u00e9gase o D\u00eda Internacional da Luz! Consultade o \u00faltimo bolet\u00edn informativo do equipo de IDL, que incl\u00fae historias sobre os proxectos en preparaci\u00f3n. Lede e subscrib\u00eddevos ao seu bolet\u00edn, mant\u00e9devos ao d\u00eda das novidades no seu sitio web aqu\u00ed e <a href=\"https:\/\/www.lightday.org\/\">rexistrade aqu\u00ed<\/a> os vosos eventos relacionados coa luz.<\/p>\n<p><strong>6) Novas NOC<\/strong><\/p>\n<p>a) Barbados<\/p>\n<p>Xunto coa Sociedade Astron\u00f3mica de Barbados, o <a href=\"https:\/\/sites.google.com\/oao.iau.org\/iauoaonews\/national-pages\/america-barbados\">NOC de Barbados<\/a>, David Marshall, acolleu un evento de divulgaci\u00f3n centrado nos asteroides. Logo dunha breve presentaci\u00f3n, o p\u00fablico xuntouse para observar o ceo nocturno e seguir o paso pr\u00f3ximo do asteroide 2023 DZ2. <a href=\"https:\/\/fb.watch\/jvSLcCLbVD\/?mibextid=RUbZ1f\">Facede clic aqu\u00ed<\/a> para acceder a un v\u00eddeo en timelapse das observaci\u00f3ns no que se pode ver claramente o asteroide mov\u00e9ndose polo campo de visi\u00f3n.<\/p>\n<p>b) Brasil<\/p>\n<p>A principios deste mes, o equipo <a href=\"https:\/\/sites.google.com\/oao.iau.org\/iauoaonews\/national-pages\/Brazil\">NOC do Brasil<\/a> mantivo un encontro virtual para celebrar as nenas e as mulleres na astronom\u00eda. Foron convidadas Jeane de F\u00e1tima Moreira Branco, pedagoga e neuroeducadora, e Teresinha Souza, astr\u00f3noma afeccionada. A mediaci\u00f3n correu a cargo de d\u00faas mulleres do Comit\u00e9 NOC Brasil Josina Nascimento, do Observatorio Nacional, e Gleici Kelly de Lima, estudante de doutoramento en Educaci\u00f3n para a Ciencia da UNESP\/Bauru. Podedes ver a gravaci\u00f3n da emisi\u00f3n en directo <a href=\"https:\/\/www.youtube.com\/watch?v=DUFNEAO3cNI\">nesta ligaz\u00f3n<\/a>.<\/p>\n<p>c) Exipto<\/p>\n<p>A <a href=\"https:\/\/sites.google.com\/oao.iau.org\/iauoaonews\/national-pages\/Egypt\">NOC de Exipto<\/a>, Somaya Saad, e o Instituto Nacional de Investigaci\u00f3n de Astronom\u00eda e Xeof\u00edsica (NRIAG) recibiron estudantes e p\u00fablico xeral no seu esforzo pola divulgaci\u00f3n p\u00fablica da astronom\u00eda. En marzo, m\u00e1is de 250 estudantes, docentes e p\u00fablico xeral visitaron o Observatorio de Kottamia e o museo do Instituto, ao tempo que se organizou un campamento para seguir os planetas e as constelaci\u00f3ns estelares. Moita xente visitou ademais a estaci\u00f3n solar, o museo de instrumentos astron\u00f3micos antigos e o reloxo de sol do observatorio Helwan.<\/p>\n<p>d) Iraq<\/p>\n<p>O Scientific Care Forum na gobernaci\u00f3n de Babilonia, en cooperaci\u00f3n co <a href=\"https:\/\/sites.google.com\/oao.iau.org\/iauoaonews\/national-pages\/asia-iraq\">NOC de Iraq<\/a> e o Equipo Astron\u00f3mico de Babilonia, organizou unha conferencia sobre a formaci\u00f3n do Universo e debateu a teor\u00eda do Big Bang. Esta conferencia foi impartida por Haider Matcher Al-Hilali, o xefe do equipo astron\u00f3mico de Babilonia. \u00c1 conferencia asistiron persoas afeccionadas \u00e1 astronom\u00eda.<\/p>\n<p>e) Kuwait<\/p>\n<p>O <a href=\"https:\/\/sites.google.com\/oao.iau.org\/iauoaonews\/national-pages\/asia-kuwait\">NOC de Kuwait<\/a>, Khaled A. Al-jamaan, dirixiu outro obradoiro para crianzas no Centro Cultural Sheikh Abdullah Al Salem. A trav\u00e9s deste obradoiro interactivo, a rapazada entre 8 e 11 anos aprendeu m\u00e1is sobre os foguetes e como lanzalos.<\/p>\n<p>f) Xordania e Bahrein<\/p>\n<p>O <a href=\"https:\/\/sites.google.com\/oao.iau.org\/iauoaonews\/national-pages\/Jordan\">NOC de Xordania<\/a>, a <a href=\"https:\/\/sites.google.com\/oao.iau.org\/iauoaonews\/national-pages\/asia-bahrain\">NOC de Bahrein<\/a> e a Uni\u00f3n \u00c1rabe de Ciencias Espaciais e Astronom\u00eda uniron forzas este mes para realizar un obradoiro sobre astronom\u00eda para principiantes. Este obradoiro forma parte dun ciclo semanal de conferencias en \u00e1rabe e dirixido ao p\u00fablico xeral.<\/p>\n<p>g) Trindade e Tobago e Barbados<\/p>\n<p>Dentro dun proxecto do plan de financiamento NOC, os equipos NOC de <a href=\"https:\/\/sites.google.com\/oao.iau.org\/iauoaonews\/national-pages\/america-trinidadandtobago\">Trindade e Tobago<\/a> e <a href=\"https:\/\/sites.google.com\/oao.iau.org\/iauoaonews\/national-pages\/america-barbados\">Barbados<\/a> traballaron xuntos nun libro sobre a perspectiva caribe\u00f1a da astronom\u00eda para que a mocidade aprenda sobre esta materia, atope inspiraci\u00f3n en imaxes do ceo nocturno e valore a posibilidade de dedicarse \u00e1 astronom\u00eda. O proxecto contou ademais cunha serie de actividades como acompa\u00f1amento do libro, que o equipo est\u00e1 a desenvolver nos seus respectivos pa\u00edses.<\/p>\n<p>h) Colombia, Honduras, Nicaragua, Costa Rica, Panam\u00e1 e Brasil<\/p>\n<p>Os equipos NOC de <a href=\"https:\/\/sites.google.com\/oao.iau.org\/iauoaonews\/national-pages\/Colombia\">Colombia<\/a>, <a href=\"https:\/\/sites.google.com\/oao.iau.org\/iauoaonews\/national-pages\/Honduras\">Honduras<\/a>, <a href=\"https:\/\/sites.google.com\/oao.iau.org\/iauoaonews\/national-pages\/Nicaragua\">Nicaragua<\/a>, <a href=\"https:\/\/sites.google.com\/oao.iau.org\/iauoaonews\/national-pages\/america-costa-rica\">Costa Rica<\/a>, <a href=\"https:\/\/sites.google.com\/oao.iau.org\/iauoaonews\/national-pages\/america-panama\">Panam\u00e1<\/a> e <a href=\"https:\/\/sites.google.com\/oao.iau.org\/iauoaonews\/national-pages\/Brazil\">Brasil<\/a> prep\u00e1ranse para un evento incr\u00edbel a finais deste ano, en outubro de 2023: unha eclipse anular ser\u00e1 vis\u00edbel desde grande parte de Am\u00e9rica Central e do Sur. Consultade o cartel promocional en <a href=\"https:\/\/drive.google.com\/file\/d\/1FMor_jDWR9RPaBYXT8DVY1vMuB7A-cy6\/view?usp=share_link\">espa\u00f1ol<\/a>, <a href=\"https:\/\/drive.google.com\/file\/d\/18dRET3NfVVbtxJ0cz9tN-sIlFBKDFb3Q\/view?usp=share_link\">portugu\u00e9s<\/a> e <a href=\"https:\/\/drive.google.com\/file\/d\/1wiqYDxPbYW1LHtm9Vaa-urQsmntJ9gWs\/view?usp=share_link\">ingl\u00e9s<\/a>.<\/p>\n<p><strong>7) Oportunidades<\/strong><\/p>\n<p>a) Pr\u00e1cticas de ver\u00e1n na Haus der Astronomie<\/p>\n<p>Cada ver\u00e1n, Haus der Astronomie ofrece un programa de pr\u00e1cticas internacionais de ver\u00e1n. As pr\u00e1cticas de ver\u00e1n est\u00e1n pensadas para estudantes dos \u00faltimos cursos de bacharelato ou que acaban de rematalo. Durante a s\u00faa estad\u00eda de tres semanas, as persoas participantes traballar\u00e1n en diversas observaci\u00f3ns e experimentos astrof\u00edsicos. Igual que na investigaci\u00f3n profesional, non hai un horario fixo, e quen participe ten bastante liberdade para seguir as s\u00faas propias ideas.<\/p>\n<p>As solicitudes est\u00e1n abertas at\u00e9 o 15 de abril. Tedes m\u00e1is informaci\u00f3n <a href=\"https:\/\/www.haus-der-astronomie.de\/en\/what-we-do\/internships\/summer-internship?fbclid=IwAR1s3pGo1RFMwb_Y6bv2iau2goXsP_nTa8cixEwClbUEXuyEDUUwzVMmvzA\">na s\u00faa p\u00e1xina web<\/a>.<\/p>\n<p>b) II Olimp\u00edada Internacional de Astronom\u00eda e Astrof\u00edsica (IOAA)<\/p>\n<p>A segunda edici\u00f3n da Olimp\u00edada Internacional Junior de Astronom\u00eda e Astrof\u00edsica IOAA-Juniors ter\u00e1 lugar en setembro en Volos, Grecia. O obxectivo deste evento \u00e9 achegar ao alumnado de bacharelato as marabillas do cosmos e promover os seus co\u00f1ecementos na \u00e1rea de astronom\u00eda e astrof\u00edsica. Para m\u00e1is informaci\u00f3n sobre este evento, consultade <a href=\"https:\/\/ioaajr2023.gr\/\">a s\u00faa p\u00e1xina web<\/a>.<\/p>\n<p><strong>8) Recursos interesantes<\/strong><\/p>\n<p>a) Mulleres astrofot\u00f3grafas en Qatar [Contido en ingl\u00e9s]<\/p>\n<p>Os desertos de Qatar ofrecen ceos escuros pr\u00edstinos, perfectos para a astronom\u00eda e a astrofotograf\u00eda. <a href=\"https:\/\/www.euronews.com\/culture\/2023\/03\/08\/shooting-the-sky-meet-the-women-astrophotographers-capturing-the-beauty-of-the-milky-way-i\">Neste artigo<\/a> podedes ler as experiencias dalgunhas mulleres novas e intr\u00e9pidas que abren cami\u00f1o para si mesmas e para outras no campo da astrofotograf\u00eda en Qatar.<\/p>\n<p>b) Galer\u00edas de astrofotograf\u00eda da IAU OAE [Contido en ingl\u00e9s]<\/p>\n<p>Durante os \u00faltimos dous anos, a Oficina de Astronom\u00eda para a Educaci\u00f3n da IAU realizou concursos de astrofotograf\u00eda coa intenci\u00f3n de producir unha galer\u00eda de imaxes de grande calidade e valor pedag\u00f3xico que poidan ser utilizadas libremente. Podedes atopar as persoas ga\u00f1adoras da edici\u00f3n 2021 <a href=\"https:\/\/www.astro4edu.org\/news\/6U456Tc\/\">aqu\u00ed<\/a> e as da edici\u00f3n 2022 <a href=\"https:\/\/astro4edu.org\/news\/mF8443f\/\">aqu\u00ed<\/a>.<\/p>\n<p>c) Manifesto de Comunicaci\u00f3n Cient\u00edfica [Contido en ingl\u00e9s]<\/p>\n<p>Un grupo de persoas que se dedican \u00e1 comunicaci\u00f3n cient\u00edfica reuniuse no Campus Gutenberg-CosmoCaixa en 2022 e elaboraron un manifesto. A trav\u00e9s deste documento, preg\u00fantanlle \u00e1 comunidade cal \u00e9 a responsabilidade no fomento da paz e a seguridade. O documento concl\u00fae que a comunicaci\u00f3n cient\u00edfica pode converterse nunha ferramenta para axudar a eliminar a desigualdade, a inxustiza, a pobreza e outras ameazas \u00e1 paz. O Manifesto pola Comunicaci\u00f3n Respons\u00e1bel da Ciencia <a href=\"https:\/\/zenodo.org\/record\/7620391#.ZA76MnbMKUk\">p\u00f3dese consultar aqu\u00ed<\/a>.<\/p>\n<p>d) Xa dispo\u00f1\u00edbel o n\u00famero 34 da revista RELEA [Resumos en espa\u00f1ol, portugu\u00e9s e ingl\u00e9s, texto principal en portugu\u00e9s]<\/p>\n<p>Xa est\u00e1 dispo\u00f1\u00edbel o n\u00famero 34 da \u201cRevista Latinoamericana de Educaci\u00f3n en Astronom\u00eda\u201d (RELEA). <a href=\"https:\/\/www.relea.ufscar.br\/index.php\/relea\">Este n\u00famero<\/a> presenta artigos que tratan temas de formaci\u00f3n e formaci\u00f3n do profesorado, divulgaci\u00f3n e moito m\u00e1is.<\/p>\n<p>e) Recursos educativos gamificados de AstronoMine [Contido en ingl\u00e9s]<\/p>\n<p>AstronoMine ofrece recursos educativos sobre astronom\u00eda para docentes e unha plataforma de Minecraft onde calquera estudante pode aprender sobre astronom\u00eda. Tedes m\u00e1is informaci\u00f3n <a href=\"http:\/\/astronomine.erasmusplus.website\/\">na s\u00faa p\u00e1xina web<\/a>.<\/p>\n<p>f) Xa est\u00e1 dispo\u00f1\u00edbel a edici\u00f3n de abril de 2023 do Bolet\u00edn informativo da Real Sociedade Astron\u00f3mica de Nova Zelanda (RASNZ) [Contido en ingl\u00e9s]<\/p>\n<p>A RASNZ \u00e9 unha sociedade dedicada a ampliar o co\u00f1ecemento da astronom\u00eda, fomentar o interese do p\u00fablico pola ciencia e facer avanzar a astronom\u00eda cara a novas fronteiras. Podedes ler <a href=\"https:\/\/tinyurl.com\/rasnz-enews266\">o seu bolet\u00edn<\/a> para obter m\u00e1is informaci\u00f3n sobre as s\u00faas actividades e oportunidades en Nova Zelanda.<\/p>\n<p><strong>9) Traduci\u00f3ns do bolet\u00edn da Oficina IAU para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda do ingl\u00e9s a outros idiomas<\/strong><\/p>\n<p>O noso bolet\u00edn ten traduci\u00f3n aos seguintes idiomas:<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/stargazersbh.wixsite.com\/bsac\/iau\"><strong>\u00c1rabe<\/strong><\/a><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas aos membros do Club de Observaci\u00f3n Astron\u00f3mica de Bahrain.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/sdas.wh.sdu.edu.cn\/info\/1657\/1261.htm\"><strong>Chin\u00e9s (Simplificado)<\/strong><\/a><br \/>\nTraduci\u00f3n grazas ao Dr Chen Cao, Sociedade Astron\u00f3mica Shandong (SDAS) de China.<\/p>\n<p><strong><a href=\"https:\/\/noc-iau.oac.unc.edu.ar\/boletin-informativo-newsletter-de-la-iau-astronomy-outreach\/\">Espa\u00f1ol<\/a><\/strong><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas a Andrea Ahumada, do Observatorio Astron\u00f3mico da Universidad Nacional de C\u00f3rdoba, e Ileana Andruchow, do Inst\u00edtuto de Astrof\u00edsica de La Plata, da Universidad Nacional de La Plata. Poden atoparse\u00a0<a href=\"http:\/\/asafile.blogspot.jp\/p\/blog-page_12.html\">aqu\u00ed<\/a>\u00a0as traduci\u00f3ns dos anteriores bolet\u00edns, feitas por Emilio Z\u00fa\u00f1iga, da Asociaci\u00f3n de Astr\u00f3nomos Aficionados de Le\u00f3n, Nicaragua.<\/p>\n<p><strong><a href=\"https:\/\/haitiastronomie.blogspot.com\/p\/bulletin-dinformationde-luai-sur.html\">Franc\u00e9s<\/a><\/strong><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas ao\u00a0<a href=\"https:\/\/haitiastronomie.blogspot.com\/p\/groupe-de-traduction-haitienne.html\">Grupo Haitiano de Traduci\u00f3n da Astronom\u00eda (GTHA)<\/a>\u00a0da Sociedade Astron\u00f3mica Haitiana.<\/p>\n<p><a href=\"http:\/\/agrupacionio.com\/gl\/tag\/boletin-iau\"><strong>Galego<\/strong><\/a><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas a Martin Pawley da Agrupaci\u00f3n Astron\u00f3mica Coru\u00f1esa \u00cdo en Espa\u00f1a.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/www.astronomiamo.it\/DivulgazioneAstronomica\/Newsletter-IAU\/last\"><strong>Italiano<\/strong><\/a><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas a Eleonora Piromalli de AstronomiAmo en Italia.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/drive.google.com\/drive\/folders\/1wN1txv57CLoDbLEEwNjStBMk6CrlkTxu?usp=sharing\"><strong>Portugu\u00e9s (europeo)<\/strong><\/a><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas a Catarina Leote, Jo\u00e3o Ferreira e Jonas Souza a trav\u00e9s do grupo de lingua portuguesa da Rede de Traduci\u00f3n Astron\u00f3mica.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/bit.ly\/36XeKZr\"><strong>Xapon\u00e9s<\/strong><\/a><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas a Akihiko Tomita a trav\u00e9s da Rede de Traduci\u00f3n Astron\u00f3mica. Se queres recibir a traduci\u00f3n ao xapon\u00e9s do bolet\u00edn, subscr\u00edbete \u00e1\u00a0<a href=\"http:\/\/www.jaaa-astro.jp\/jaaa-ml.html\">Asociaci\u00f3n Xaponesa de Astronom\u00eda Amadora<\/a>\u00a0ou \u00e1\u00a0<a href=\"http:\/\/www.tenkyo.net\/\">Sociedade Xaponesa pola Educaci\u00f3n e Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda<\/a>.<\/p>\n<div class=\"entry-content\">\n<p><strong>10) Contribuci\u00f3ns ao bolet\u00edn da Oficina IAU para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda<\/strong><\/p>\n<p>Queres facer achegas ao bolet\u00edn informativo da Oficina IAU para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda? Estamos sempre na procura de material sobre divulgaci\u00f3n e comunicaci\u00f3n da astronom\u00eda de todo o mundo para inclu\u00edla no noso seguinte bolet\u00edn. Se tedes alg\u00fan evento astron\u00f3mico, ofrecedes un posto ou oportunidade de traballo, un recurso educativo ou calquera outra cousa que poida ser de interese para a comunidade da divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica, envi\u00e1denos un correo a public@oao.iau.org con m\u00e1is informaci\u00f3n.<\/p>\n<\/div>\n<div class=\"entry-content\">\n<p>Por favor, enviade as vosas suxesti\u00f3ns at\u00e9 o d\u00eda 4 de cada mes (para o primeiro bolet\u00edn) e at\u00e9 o 17 (para o segundo bolet\u00edn). Desexamos recibir noticias vosas!<\/p>\n<p>Traduci\u00f3n: Martin Pawley (Agrupaci\u00f3n \u00cdo). Podedes consultar o bolet\u00edn en ingl\u00e9s\u00a0<a href=\"https:\/\/mailchi.mp\/iau\/iauoutreachnewsletter_2023march2\">nesta ligaz\u00f3n<\/a>.<\/p>\n<\/div>\n<p><\/p>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Bolet\u00edn da Oficina IAU para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda Marzo 2023 #2 Neste bolet\u00edn: Nota editorial Asunto destacado: anuncio dos resultados de NameExoWorlds 2022 o 27 de abril 1) Enquisa global IAU OAO sobre iniciativas arredor da contaminaci\u00f3n luminosa 2) Gu\u00eda de fontes de imaxes astron\u00f3micas 3) Chamada \u00e1 astronom\u00eda amadora: ciencia cidad\u00e1 con Gaia 4) Simposio GlobalSCAPE sobre comunicaci\u00f3n cient\u00edfica 5) D\u00eda Internacional da&#8230; <\/p>\n<p class=\"more\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/galego-boletin-da-oficina-iau-para-a-divulgacion-da-astronomia-marzo-2-2\/\">Read More<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":12890,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[51],"tags":[188],"class_list":["post-12978","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-noticias-gl","tag-boletin-iau"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12978","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=12978"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12978\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":12980,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12978\/revisions\/12980"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/12890"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=12978"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=12978"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=12978"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}