{"id":12954,"date":"2023-03-18T15:00:32","date_gmt":"2023-03-18T15:00:32","guid":{"rendered":"https:\/\/agrupacionio.com\/?p=12954"},"modified":"2023-03-21T12:58:08","modified_gmt":"2023-03-21T12:58:08","slug":"galego-boletin-da-oficina-iau-para-a-divulgacion-da-astronomia-marzo-1-2","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/galego-boletin-da-oficina-iau-para-a-divulgacion-da-astronomia-marzo-1-2\/","title":{"rendered":"Bolet\u00edn da Oficina IAU para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda: Marzo #1"},"content":{"rendered":"<p><img fetchpriority=\"high\" decoding=\"async\" class=\"size-full wp-image-12890 aligncenter\" src=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2023\/02\/OAO-Newsletter.jpg\" alt=\"\" width=\"1804\" height=\"1080\" srcset=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2023\/02\/OAO-Newsletter.jpg 1804w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2023\/02\/OAO-Newsletter-300x180.jpg 300w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2023\/02\/OAO-Newsletter-768x460.jpg 768w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2023\/02\/OAO-Newsletter-1024x613.jpg 1024w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2023\/02\/OAO-Newsletter-1060x635.jpg 1060w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2023\/02\/OAO-Newsletter-550x329.jpg 550w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2023\/02\/OAO-Newsletter-835x500.jpg 835w\" sizes=\"(max-width: 1804px) 100vw, 1804px\" \/><\/p>\n<p><strong>Bolet\u00edn da Oficina IAU para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda<\/strong><\/p>\n<p><strong>Marzo 2023 #1<\/strong><\/p>\n<p>Neste bolet\u00edn:<\/p>\n<p>Nota editorial<br \/>\nAsunto destacado: Centro de Participaci\u00f3n Comunitaria do CPS<br \/>\n1) Enquisa global sobre iniciativas arredor da contaminaci\u00f3n global da IAU OAO<br \/>\n2) Obradoiros CAPtraining<br \/>\n3) D\u00eda da comunidade &#8220;Big Astronomy&#8221; 2023<br \/>\n4) Xa est\u00e1n abertas as solicitudes dos campamentos astron\u00f3micos internacionais da xuventude.<br \/>\n5) D\u00eda Internacional da Luz 2023<br \/>\n6) Novas NOC<br \/>\n7) Oportunidades<br \/>\n8) Recursos interesantes<br \/>\n9) Bolet\u00edn da Oficina IAU para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda en linguas diferentes do ingl\u00e9s<br \/>\n10) Contribuci\u00f3ns ao bolet\u00edn da Oficina IAU para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda<\/p>\n<p><strong>Nota editorial<\/strong><\/p>\n<p>Prezadas amizades e colegas,<\/p>\n<p>Neste bolet\u00edn atoparedes moitas novas oportunidades para aprenderdes da comunidade global de comunicaci\u00f3n cient\u00edfica e obterdes reco\u00f1ecemento tam\u00e9n polo voso traballo. Por exemplo, hai dous novos obradoiros e gu\u00edas de recursos dispo\u00f1\u00edbeis na canle de YouTube de OAO: CAPtrainings, en colaboraci\u00f3n co Telescopio Espacial Webb e o Observatorio Chandra de Raios X. Ademais, animamos a xente nova a participar no Campamento Internacional Astron\u00f3mico para a Xuventude.<\/p>\n<p>No asunto destacado, present\u00e1mosvos unha nova forma de involucrarvos co problema dos ceos escuros e tranquilos: o N\u00facleo de Participaci\u00f3n Comunitaria do Centro IAU para a Protecci\u00f3n do Ceo Escuro e Tranquilo da Interferencia das Constelaci\u00f3ns de Sat\u00e9lites. Con isto en mente, tam\u00e9n seguimos coidando o noso proxecto de divulgaci\u00f3n global &#8220;Ceos Escuros e Tranquilos&#8221; que ter\u00e1 lugar en maio. Agardamos que nos axudedes na nosa busca por comprender os esforzos mundiais para combater a contaminaci\u00f3n luminosa. Se tedes interese en aprender m\u00e1is, buscade o folleto sobre contaminaci\u00f3n luminosa da IAU, dispo\u00f1\u00edbel en lingua filipina e outros nove idiomas.<\/p>\n<p>Como sempre, agradecemos \u00e1s Coordinaci\u00f3ns Nacionais de Divulgaci\u00f3n o seu esforzo para achegar a astronom\u00eda a todas as persoas. A\u00ednda que hai moitas que non se enumeran aqu\u00ed, est\u00e1n a facer un traballo importante en comunidades de todo o mundo.<\/p>\n<p>Tam\u00e9n queremos engadir un agradecemento especial \u00e1s persoas que traducen o bolet\u00edn, que ofrecen o seu tempo e esforzo voluntario para ampliar o alcance do bolet\u00edn informativo da IAU OAO.<\/p>\n<p>\u00c9 con estas redes de voluntariado (NOC, traduci\u00f3n e toda a xente que ofrece o seu tempo \u00e1 OAO) onde a OAO atopa a s\u00faa forza. Grazas por todo o que facedes.<\/p>\n<p>Que te\u00f1ades uns ceos escuros e tranquilos,<\/p>\n<p>Kelly Blumenthal, en nome do equipo da Oficina IAU para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda<\/p>\n<p><strong>Asunto destacado: Centro de Participaci\u00f3n Comunitaria do CPS<\/strong><\/p>\n<p>O espazo ao redor do noso planeta est\u00e1 cada vez m\u00e1is poboado. Nos \u00faltimos anos lanz\u00e1ronse miles de novos sat\u00e9lites \u00e1 \u00f3rbita baixa da Terra. A maior\u00eda est\u00e1n dese\u00f1ados, lanzados e operados como un grupo cun prop\u00f3sito com\u00fan, o de ofrecer acceso a Internet de banda larga. As chamadas &#8220;megaconstelaci\u00f3ns&#8221; est\u00e1n a alterar o aspecto do ceo nocturno, o que pode ter importantes implicaci\u00f3ns tanto para a ciencia como para a sociedade. Por exemplo, poden interferir coas observaci\u00f3ns astron\u00f3micas e facer que a investigaci\u00f3n perda oportunidades para medir eventos c\u00f3smicos raros. Os enxames de sat\u00e9lites poden interferir coas pr\u00e1cticas culturais e relixiosas dalgunhas persoas, inclu\u00eddas as comunidades ind\u00edxenas de todo o mundo. Finalmente, os sat\u00e9lites tam\u00e9n poden ser unha intrusi\u00f3n non desexada para quen observa estrelas e para todas as persoas que aman a tranquilidade das noites escuras.<\/p>\n<p>A astronom\u00eda profesional respondeu a estas ameazas e reun\u00eduse con representantes da industria espacial comercial en 2020 e 2021 na serie de obradoiros &#8220;Dark And Quiet Skies&#8221; convocados coa Uni\u00f3n Astron\u00f3mica Internacional (IAU) e a Oficina de Asuntos do Espazo Exterior das Naci\u00f3ns Unidas. Pretend\u00edan comprender o problema e suxerir soluci\u00f3ns. Un resultado do proceso foi a creaci\u00f3n do Centro da IAU para a Protecci\u00f3n do Ceo Escuro e Tranquilo contra a Interferencia das Constelaci\u00f3ns de Sat\u00e9lites (CPS).<\/p>\n<p>O N\u00facleo de Participaci\u00f3n Comunitaria do CPS ten como obxectivo establecer un foro xusto para o debate consciente e respectuoso sobre o uso do espazo pr\u00f3ximo \u00e1 Terra e os seus efectos no ceo nocturno, con todas as partes interesadas e as comunidades afectadas. O N\u00facleo colabora principalmente con comunidades f\u00f3ra da astronom\u00eda profesional, xa que os cambios emerxentes no ceo nocturno afectar\u00e1n a toda a humanidade. Tam\u00e9n est\u00e1 a traballar xunto coa Oficina IAU para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda para axudar a educar o p\u00fablico sobre o tema e animar a s\u00faa participaci\u00f3n no traballo do CPS.<\/p>\n<p>Calquera persoa pode unirse ao traballo do N\u00facleo. A s\u00faa primeira gran iniciativa \u00e9 axudar a educar o p\u00fablico sobre o tema dos sat\u00e9lites e como afectan ao ceo nocturno a trav\u00e9s do seu programa de divulgaci\u00f3n &#8220;Satellite Constellations 101&#8221;. As persoas participantes poden aprender sobre os sat\u00e9lites ao seu propio ritmo a trav\u00e9s dunha serie de v\u00eddeos que se espera que estean dispo\u00f1\u00edbeis a mediados de 2023. O N\u00facleo solicitar\u00e1 as opini\u00f3ns das partes interesadas no ceo nocturno a trav\u00e9s da redacci\u00f3n de comentarios e reuni\u00f3ns de grupos focais. Para obterdes m\u00e1is informaci\u00f3n, po\u00f1\u00e9devos en contacto cos respons\u00e1beis do N\u00facleo en <a href=\"mailto:community-engage@cps.iau.org\">community-engage@cps.iau.org<\/a>.<\/p>\n<p><strong>1) Enquisa global sobre iniciativas arredor da contaminaci\u00f3n global da IAU OAO<\/strong><\/p>\n<p>Como preparaci\u00f3n do noso proxecto de divulgaci\u00f3n global Ceos Escuros e Tranquilos deste maio, a IAU OAO est\u00e1 a recompilar informaci\u00f3n sobre como abordan os pa\u00edses de todo o mundo a loita contra a contaminaci\u00f3n luminosa. <a href=\"https:\/\/forms.gle\/LJim3aLssqU8on7r9\">Nesta enquisa<\/a>, ped\u00edmosvos que proporcionedes informaci\u00f3n breve sobre as iniciativas no voso pa\u00eds (dirixidas por v\u00f3s ou por outras persoas) e que acheguedes formas pr\u00e1cticas de que a xente poida involucrarse neste esforzo. Isto vai dende cambiar as l\u00e1mpadas por LED, asinar unha petici\u00f3n, colaborar cos concellos ou unirse a un grupo de presi\u00f3n\u2026 o que creades que \u00e9 m\u00e1is relevante para a vosa comunidade. Usaremos esta informaci\u00f3n como parte dun recurso global sobre contaminaci\u00f3n luminosa e como forma de promover iniciativas globais para protexer os nosos ceos escuros e tranquilos.<\/p>\n<p><strong>2) Obradoiros CAPtraining<\/strong><\/p>\n<p>a) O obradoiro de tratamento de imaxes OAO-JWST xa est\u00e1 dispo\u00f1\u00edbel para o p\u00fablico<\/p>\n<p>Este obradoiro trata o proceso de produci\u00f3n dunha imaxe astron\u00f3mica, desde a recollida de datos no telescopio at\u00e9 a nota de prensa. O obradoiro ofrece unha v\u00eda tanx\u00edbel para utilizar os datos reais de telescopios espaciais, as\u00ed como apreciar o traballo que fan os equipos de procesamento de imaxes para crear as fermosas imaxes que vemos de telescopios espaciais como o JWST.<\/p>\n<p>O obradoiro completo est\u00e1 dispo\u00f1ible na nosa canle de YouTube <a href=\"https:\/\/youtu.be\/eIy_GlcomM8\">aqu\u00ed<\/a>.<\/p>\n<p>Tam\u00e9n podedes atopar a Gu\u00eda de recursos [en ingl\u00e9s] <a href=\"https:\/\/docs.google.com\/document\/d\/1xzUmXV7l0HH113hxAkcDxsusdBjcU9fESfvpX2SXn5U\/edit?usp=sharing\">nesta ligaz\u00f3n<\/a>.<\/p>\n<p>b) O obradoiro de accesibilidade \u00e1 imaxe OAO-CXC xa est\u00e1 dispo\u00f1\u00edbel para o p\u00fablico<\/p>\n<p>Neste obradoiro, Kim Arcand, do equipo de visualizaci\u00f3n do Observatorio Chandra de Raios X, xunto con colegas do seu mesmo campo, discuten as formas de facer que as imaxes astron\u00f3micas sexan m\u00e1is acces\u00edbeis para permitir que a comunicaci\u00f3n cient\u00edfica chegue a un p\u00fablico m\u00e1is amplo. O v\u00eddeo aborda as descrici\u00f3ns das imaxes, as sonificaci\u00f3ns, as impresi\u00f3ns en 3D e a importancia das traduci\u00f3ns e proporciona un cami\u00f1o para novas formas de uso de datos reais dos telescopios espaciais coas s\u00faas audiencias.<\/p>\n<p>O obradoiro completo est\u00e1 dispo\u00f1\u00edbel na nosa canle YouYube, <a href=\"https:\/\/www.youtube.com\/watch?v=pigYHutImCA\">aqu\u00ed<\/a>.<\/p>\n<p>Tam\u00e9n podedes atopar a Gu\u00eda de recursos [en ingl\u00e9s] <a href=\"https:\/\/docs.google.com\/document\/d\/12LV1pfc298YexrSvMMWjoyFZwQGWxhJdfExQ-y31s5Y\/edit?usp=sharing\">nesta ligaz\u00f3n<\/a>.<\/p>\n<p><strong>3) D\u00eda da comunidade &#8220;Big Astronomy&#8221; 2023<\/strong><\/p>\n<p>&#8220;Big Astronomy&#8221; \u00e9 un espect\u00e1culo de planetario (financiado pola National Science Foundation dos Estados Unidos) dese\u00f1ado para mostrar a diversidade de carreiras e persoas na astronom\u00eda. A pel\u00edcula est\u00e1 dese\u00f1ada para planetarios, mais tam\u00e9n hai dispo\u00f1\u00edbel unha versi\u00f3n HD para pantallas planas, xunto con numerosas actividades pr\u00e1cticas, entre elas novas actividades acces\u00edbeis para a comunidade cega e con baixa visi\u00f3n e subt\u00edtulos para a comunidade xorda e con discapacidade auditiva. Est\u00e1 dispo\u00f1\u00edbel para o p\u00fablico de forma gratu\u00edta ou a baixo custo. <a href=\"https:\/\/www.bigastronomy.org\/show\/\">Descargade aqu\u00ed a pel\u00edcula<\/a> no voso formato preferido.<\/p>\n<p>Un\u00eddevos a quen produciu este programa de planetario no seu D\u00eda da Comunidade o D\u00eda da Astronom\u00eda, 29 de abril de 2023, e durante todo o mes de abril para organizar eventos nos que se proxecte a pel\u00edcula &#8220;Big Astronomy&#8221; ou se desenvolvan actividades pr\u00e1cticas relacionadas.<\/p>\n<p>As organizaci\u00f3ns e persoas que organicen un evento do D\u00eda da Comunidade &#8220;Big Astronomy&#8221; ter\u00e1n a oportunidade de ga\u00f1ar un destes tres premios:<\/p>\n<p>&#8211;<a href=\"https:\/\/www.celestron.com\/products\/nexstar-6se-computerized-telescope\">Telescopio computarizado Celestron NEXSTAR 6SE<\/a><\/p>\n<p>&#8211;<a href=\"https:\/\/www.meade.com\/solar-telescopes\/coronado-personal-solar-telescope.pdp\">Telescopio solar Meade Coronado P.S.T.<\/a><\/p>\n<p>&#8211;<a href=\"https:\/\/radiojove.gsfc.nasa.gov\/kits\/\">Kit completo de Radio JOVE 2.0<\/a><\/p>\n<p>Rexistrade o voso evento <a href=\"https:\/\/forms.gle\/ctWGLJ3XZbcR65p47\">aqu\u00ed<\/a> antes do 10 de maio.<\/p>\n<p><strong>4) Xa est\u00e1n abertas as solicitudes dos campamentos astron\u00f3micos internacionais da xuventude.<\/strong><\/p>\n<p>Imaxinade pasar tres semanas do ver\u00e1n no campo, baixo alg\u00fans dos ceos m\u00e1is escuros de Europa, traballando con xente moza de todo o mundo no proxecto astron\u00f3mico que elixades. O International Astronomical Youth Camp (IAYC) \u00e9 un campamento de investigaci\u00f3n de ver\u00e1n que ofrece unha atmosfera internacional \u00fanica para que a mocidade de entre 16 e 24 anos estude o Universo. A celebraci\u00f3n da diversidade est\u00e1 profundamente incrustada na cultura do campamento: queremos que o campamento sexa acces\u00edbel para todas as persoas e agradecemos especialmente as solicitudes de minor\u00edas en CTEM.<\/p>\n<p>O IAYC \u00e9 un lugar de intercambio cultural ao tempo que se aprende a dese\u00f1ar e levar a cabo un pequeno proxecto propio de investigaci\u00f3n. A ciencia non consiste en obter a resposta correcta a primeira vez, sen\u00f3n en explorar preguntas e ter oportunidades para equivocarse: o IAYC \u00e9 o lugar perfecto para cometer erros e tentalo de novo. Pola noite teredes acceso a varios telescopios diferentes, tanto se sodes principiantes como se tedes experiencia. Durante as tardes, traballaredes con outras persoas o voso proxecto de investigaci\u00f3n. Os grupos est\u00e1n dirixidos por profesionais da ciencia xoves e c\u00e9ntranse nun tema espec\u00edfico relacionado co espazo e a astronom\u00eda. Hai algo para cada persoa, dende estudantes con ambici\u00f3ns at\u00e9 principiantes (non \u00e9 necesario ning\u00fan co\u00f1ecemento previo de ciencia ou astronom\u00eda!).<\/p>\n<p>Para m\u00e1is informaci\u00f3n, <a href=\"https:\/\/iayc.org\/nextcamp\/\">consultade esta web<\/a> e inscrib\u00eddevos antes do 26 de marzo!<\/p>\n<p><strong>5) D\u00eda Internacional da Luz 2023<\/strong><\/p>\n<p>Ach\u00e9gase o D\u00eda Internacional da Luz! Consultade o \u00faltimo bolet\u00edn informativo do equipo de IDL, que incl\u00fae historias sobre os proxectos en preparaci\u00f3n. Lede e subscrib\u00eddevos ao seu bolet\u00edn, mant\u00e9devos ao d\u00eda das novidades no seu sitio web aqu\u00ed e rexistrade <a href=\"https:\/\/www.lightday.org\/\">aqu\u00ed<\/a> os vosos eventos relacionados coa luz.<\/p>\n<p><strong>6) Novas NOC<\/strong><\/p>\n<p>a) Bangladesh<\/p>\n<p>O <a href=\"https:\/\/sites.google.com\/oao.iau.org\/iauoaonews\/national-pages\/Bangladesh\">equipo de Coordinaci\u00f3n de Divulgaci\u00f3n Nacional da IAU en Bangladesh<\/a>, en colaboraci\u00f3n coa Sociedade Astron\u00f3mica de Bangladesh, a Sociedade para a Popularizaci\u00f3n da Ciencia de Bangladesh, o Whiteboard Science Club, a Sociedade Cient\u00edfica da Universidade de Chittagong e Universe Awareness (UNAWE), celebrou o D\u00eda Internacional da Muller e a Nena na Ciencia cun obradoiro de dous d\u00edas para 70 nenas de seis escolas de Chittagong. O obradoiro ti\u00f1a como obxectivo promover a educaci\u00f3n CTEM para as nenas de Bangladesh, especialmente aquelas que se enfrontan a barreiras adicionais para acceder \u00e1 educaci\u00f3n e realizar carreiras nestes campos. Durante o obradoiro, as nenas participaron en concursos e nunha exposici\u00f3n de arte, con premios para as ga\u00f1adoras. Tam\u00e9n tiveron a oportunidade de aprender de profesionais da astronom\u00eda, o que puido inspirar algunhas delas a escoller a astronom\u00eda como carreira.<\/p>\n<p>b) Hait\u00ed<\/p>\n<p>En homenaxe \u00e1s mulleres e nenas na astronom\u00eda, o noso Co-<a href=\"https:\/\/sites.google.com\/oao.iau.org\/iauoaonews\/national-pages\/america-haiti\">NOC de Hait\u00ed<\/a>, John Masken Larose, foi mentor dunha estudante, Ne\u00efssa Dory, na produci\u00f3n dun v\u00eddeo que explica a teor\u00eda da deriva continental. Podedes ver o v\u00eddeo (en franc\u00e9s) <a href=\"https:\/\/www.youtube.com\/watch?v=KmSwmdpNYE0\">nesta ligaz\u00f3n<\/a>.<\/p>\n<p>c) Kuwait<\/p>\n<p>O noso <a href=\"https:\/\/sites.google.com\/oao.iau.org\/iauoaonews\/national-pages\/asia-kuwait\">NOC de Kuwait<\/a>, Khaled A. Al-jamaan, organizou un evento -In the Stars- que levou a xente da cidade contaminada pola luz ao medio do deserto de Kuwait para observar un ceo nocturno verdadeiramente escuro. Mirade <a href=\"https:\/\/drive.google.com\/file\/d\/1QPgzzQgmcF7nMP0x5JMDf3U9LxF1GTA7\/view?usp=share_link\">o v\u00eddeo (en \u00e1rabe)<\/a> para saberdes m\u00e1is do evento. O NOC de Kuwait tam\u00e9n realizou outra sesi\u00f3n na s\u00faa serie de obradoiros para crianzas, no que a rapazada de entre 8 e 11 anos aprendeu cousas sobre o noso planeta Terra.<\/p>\n<p>d) Iraq<\/p>\n<p>O noso <a href=\"https:\/\/sites.google.com\/oao.iau.org\/iauoaonews\/national-pages\/asia-iraq\">NOC de Iraq<\/a>, Ali Jaber Al-Edhari, creou un p\u00f3ster para celebrar unha artista, atleta, estudante e astr\u00f3noma afeccionada da s\u00faa comunidade. Podedes ver o p\u00f3ster <a href=\"https:\/\/drive.google.com\/file\/d\/1rs5vTLXGfOx6h8wL6D0R72CxBQPjAnhm\/view?usp=share_link\">en \u00e1rabe<\/a> e <a href=\"https:\/\/drive.google.com\/file\/d\/1wyrZynvYuU_OpiyOxn4FvfiNh5zyBUGG\/view?usp=share_link\">en ingl\u00e9s<\/a>.<\/p>\n<p>e) Qatar<\/p>\n<p>O <a href=\"https:\/\/sites.google.com\/oao.iau.org\/iauoaonews\/national-pages\/asia-qatar\">NOC de Qatar<\/a>, Hani Dalee, en asociaci\u00f3n coa Uni\u00f3n \u00c1rabe de Astronom\u00eda e Ciencia Espacial, Qatar Calendar, Sociedade Astron\u00f3mica de Qatar, QU Astronomy Club e QNHG &amp; Engineers&#8217; Paths (Masarat), organizaron un evento para ver a conxunci\u00f3n de X\u00fapiter e Venus en Rawdat Al-Hamamah.<\/p>\n<p>f) Bahrein e L\u00edbano<\/p>\n<p>Os equipos <a href=\"https:\/\/sites.google.com\/oao.iau.org\/iauoaonews\/national-pages\/asia-bahrain\">NOC de Bahrein<\/a> (Myriam Alqassab) e <a href=\"https:\/\/sites.google.com\/oao.iau.org\/iauoaonews\/national-pages\/Lebanon\">L\u00edbano<\/a> (Ahmed Chalaan) realizaron un evento chamado &#8220;A astronom\u00eda nas escolas, a mi\u00f1a experiencia na educaci\u00f3n&#8221;, que formou parte dunha serie de seminarios web mensuales organizados a iniciativa das oficinas IAU na rexi\u00f3n \u00e1rabe para a Educaci\u00f3n e a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda.<\/p>\n<p><strong>7) Oportunidades<\/strong><\/p>\n<p>a) Propo\u00f1ede unha candidatura ao Premio Beetlestone 2023!<\/p>\n<p>O premio Beetlestone chega ao seu sexto ano co obxectivo de reco\u00f1ecer un traballo extraordinario na educaci\u00f3n informal en ciencias. Para nomeardes algu\u00e9n, completade este breve formulario en li\u00f1a <a href=\"https:\/\/forms.office.com\/e\/FF5cy2mKhN\">aqu\u00ed<\/a> antes do 15 de maio. Non son necesarias referencias. Para obterdes m\u00e1is informaci\u00f3n sobre a elixibilidade e a orientaci\u00f3n da candidatura, <a href=\"https:\/\/www.big.uk.com\/resources\/Documents\/Final%20Beetlestone%20Application%20Process%202023%20.pdf\">consultade esta p\u00e1xina<\/a>.<\/p>\n<p>b) Oportunidades de investigaci\u00f3n da rede PAPSSN: data l\u00edmite 19 de marzo<\/p>\n<p>O obxectivo xeral da rede PAPSSN \u00e9 apoiar o desenvolvemento dunha comunidade de estudantes de posgrao cualificada e innovadora e mellorar a s\u00faa preparaci\u00f3n para o crecente mercado laboral en ciencias planetarias e espaciais en \u00c1frica, as\u00ed como fomentar a s\u00faa capacidade para operar infraestruturas locais, xerar datos locais e relacionarse coa comunidade internacional. Podedes saber m\u00e1is sobre estas oportunidades <a href=\"https:\/\/drive.google.com\/file\/d\/1ODRNGEM93XzjDo7xUSSK6xiLj6mZI44l\/view?usp=share_link\">aqu\u00ed<\/a>.<\/p>\n<p>c) Abertas as solicitudes STEM MentHER<\/p>\n<p>STEM MentHER abriu solicitudes para o seu programa 2023. As candidaturas est\u00e1n abertas para rapazas de secundaria en Gauteng e Western Cape, Sud\u00e1frica. As candidatas seleccionadas ser\u00e1n orientadas por profesionais do \u00e1mbito acad\u00e9mico e estudantes de posgrao que se identifican como mulleres. Para m\u00e1is informaci\u00f3n, <a href=\"https:\/\/mailchi.mp\/nithecs\/stem-menther2023?e=2defb9f01f\">consultade esta ligaz\u00f3n<\/a>.<\/p>\n<p>d) A convocatoria global Falling Walls 2023 xa est\u00e1 aberta<\/p>\n<p>Falling Walls invita os principais actores da ciencia e do mundo acad\u00e9mico a que propo\u00f1an proxectos cient\u00edficos innovadores en nove categor\u00edas diferentes para ser nomeados como os avances cient\u00edficos do ano de Falling Walls. Esta \u00e9 unha boa oportunidade de mostrardes o voso traballo innovador que aborde os desaf\u00edos globais. Solicitade agora e presentade a vosa investigaci\u00f3n innovadora no Falling Walls Science Summit 2023. Entre as categor\u00edas est\u00e1n as ciencias f\u00edsicas, a enxe\u00f1ar\u00eda, a divulgaci\u00f3n cient\u00edfica e as startups. Para m\u00e1is informaci\u00f3n, consultade <a href=\"http:\/\/www.falling-walls.com\/global-call\/\">esta ligaz\u00f3n<\/a>.<\/p>\n<p>e) Solicitade agora un proxecto de F\u00edsica sen Fronteiras<\/p>\n<p>Physics Without Frontiers (F\u00edsica sen Fronteiras) ten como obxectivo motivar, formar e educar estudantes de f\u00edsica e matem\u00e1ticas das universidades de todo o mundo para constru\u00edr a pr\u00f3xima xeraci\u00f3n de profesionais da ciencia. Physics Without Frontiers organiza proxectos que traballan con persoas voluntarias apaixonadas por promover e apoiar a f\u00edsica e as matem\u00e1ticas. Podedes saber m\u00e1is e solicitar un proxecto <a href=\"https:\/\/www.ictp.it\/home\/physics-without-frontiers\">nesta ligaz\u00f3n<\/a>.<\/p>\n<p>f) Oportunidade de pr\u00e1cticas: World Space Week Association<\/p>\n<p>A World Space Week Association busca d\u00faas persoas que se unan ao seu equipo. Se tedes interese nas comunicaci\u00f3ns ou relaci\u00f3ns externas, esta \u00e9 a oportunidade perfecta para adquirirdes experiencia. Para obterdes m\u00e1is informaci\u00f3n e unha listaxe de ofertas de traballo, consultade <a href=\"http:\/\/www.worldspaceweek.org\/\">o seu sitio web<\/a>.<\/p>\n<p><strong>8) Recursos interesantes<\/strong><\/p>\n<p>a) Xa est\u00e1 dispo\u00f1\u00edbel un novo Space Coop [Contido en ingl\u00e9s]<\/p>\n<p>Space Scoop produce artigos sobre as novidades en astronom\u00eda e ciencia espacial en linguaxe f\u00e1cil de entender. Non perdades as s\u00faas actualizaci\u00f3ns semanais que incl\u00faen historias de moitas das axencias espaciais do mundo. Podedes atopar o Scoop <a href=\"http:\/\/www.spacescoop.org\/en\/scoops\/2305\/surprise-surprise-stars-moving-into-another-galaxy\/\">aqu\u00ed<\/a> e <a href=\"http:\/\/www.spacescoop.org\/en\/scoops\/2306\/a-bird-a-plane-a-tadpole\/\">aqu\u00ed<\/a>. Se queredes axudar a que Space Scoop se traduza a m\u00e1is idiomas do mundo, env\u00edade un correo electr\u00f3nico a <a href=\"mailto:info@unawe.org\">info@unawe.org<\/a>.<\/p>\n<p>b) Folleto sobre contaminaci\u00f3n luminosa [Contido en \u00e1rabe, indonesio, malaio, chin\u00e9s, ingl\u00e9s, lingua filipina, polaco, portugu\u00e9s, espa\u00f1ol e turco]<\/p>\n<p>Esta publicaci\u00f3n \u00e9 unha compilaci\u00f3n de importantes descubrimentos feitos por persoas expertas de todo o mundo na \u00e1rea da contaminaci\u00f3n luminosa. A informaci\u00f3n compilouse baixo o paraugas do programa &#8220;Cosmic Light&#8221;, organizado pola IAU durante o Ano Internacional da Luz 2015. O obxectivo deste folleto \u00e9 dar a co\u00f1ecer os avances recentes na nosa comprensi\u00f3n da contaminaci\u00f3n luminosa, en particular no que respecta ao uso de LEDs, para apoiar a comunidade astron\u00f3mica e aumentar a conciencia p\u00fablica sobre a investigaci\u00f3n nesta \u00e1rea. O folleto est\u00e1 agora dispo\u00f1\u00edbel en lingua filipina <a href=\"https:\/\/www.iau.org\/public\/images\/detail\/light-pollution-brochure\/\">nesta ligaz\u00f3n<\/a>.<\/p>\n<p>c) Asunto destacado de investigaci\u00f3n: estas ferramentas axudan as persoas con discapacidade visual a ler datos e revistas<\/p>\n<p>Neste artigo de Nature, a autora describe as barreiras que te\u00f1en as persoas cegas e con baixa visi\u00f3n para entrar nos campos CTEM e as ferramentas que poden axudalas a superar esas barreiras. Tedes m\u00e1is informaci\u00f3n <a href=\"https:\/\/doi.org\/10.1038\/d41586-023-00645-6\">aqu\u00ed<\/a>.<\/p>\n<p><strong>9) Traduci\u00f3ns do bolet\u00edn da Oficina IAU para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda do ingl\u00e9s a outros idiomas<\/strong><\/p>\n<p>O noso bolet\u00edn ten traduci\u00f3n aos seguintes idiomas:<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/stargazersbh.wixsite.com\/bsac\/iau\"><strong>\u00c1rabe<\/strong><\/a><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas aos membros do Club de Observaci\u00f3n Astron\u00f3mica de Bahrain.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/sdas.wh.sdu.edu.cn\/info\/1657\/1261.htm\"><strong>Chin\u00e9s (Simplificado)<\/strong><\/a><br \/>\nTraduci\u00f3n grazas ao Dr Chen Cao, Sociedade Astron\u00f3mica Shandong (SDAS) de China.<\/p>\n<p><strong><a href=\"https:\/\/noc-iau.oac.unc.edu.ar\/boletin-informativo-newsletter-de-la-iau-astronomy-outreach\/\">Espa\u00f1ol<\/a><\/strong><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas a Andrea Ahumada, do Observatorio Astron\u00f3mico da Universidad Nacional de C\u00f3rdoba, e Ileana Andruchow, do Inst\u00edtuto de Astrof\u00edsica de La Plata, da Universidad Nacional de La Plata. Poden atoparse\u00a0<a href=\"http:\/\/asafile.blogspot.jp\/p\/blog-page_12.html\">aqu\u00ed<\/a>\u00a0as traduci\u00f3ns dos anteriores bolet\u00edns, feitas por Emilio Z\u00fa\u00f1iga, da Asociaci\u00f3n de Astr\u00f3nomos Aficionados de Le\u00f3n, Nicaragua.<\/p>\n<p><strong><a href=\"https:\/\/haitiastronomie.blogspot.com\/p\/bulletin-dinformationde-luai-sur.html\">Franc\u00e9s<\/a><\/strong><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas ao\u00a0<a href=\"https:\/\/haitiastronomie.blogspot.com\/p\/groupe-de-traduction-haitienne.html\">Grupo Haitiano de Traduci\u00f3n da Astronom\u00eda (GTHA)<\/a>\u00a0da Sociedade Astron\u00f3mica Haitiana.<\/p>\n<p><a href=\"http:\/\/agrupacionio.com\/gl\/tag\/boletin-iau\"><strong>Galego<\/strong><\/a><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas a Martin Pawley da Agrupaci\u00f3n Astron\u00f3mica Coru\u00f1esa \u00cdo en Espa\u00f1a.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/www.astronomiamo.it\/DivulgazioneAstronomica\/Newsletter-IAU\/last\"><strong>Italiano<\/strong><\/a><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas a Eleonora Piromalli de AstronomiAmo en Italia.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/drive.google.com\/drive\/folders\/1wN1txv57CLoDbLEEwNjStBMk6CrlkTxu?usp=sharing\"><strong>Portugu\u00e9s (europeo)<\/strong><\/a><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas a Catarina Leote, Jo\u00e3o Ferreira e Jonas Souza a trav\u00e9s do grupo de lingua portuguesa da Rede de Traduci\u00f3n Astron\u00f3mica.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/bit.ly\/36XeKZr\"><strong>Xapon\u00e9s<\/strong><\/a><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas a Akihiko Tomita a trav\u00e9s da Rede de Traduci\u00f3n Astron\u00f3mica. Se queres recibir a traduci\u00f3n ao xapon\u00e9s do bolet\u00edn, subscr\u00edbete \u00e1\u00a0<a href=\"http:\/\/www.jaaa-astro.jp\/jaaa-ml.html\">Asociaci\u00f3n Xaponesa de Astronom\u00eda Amadora<\/a>\u00a0ou \u00e1\u00a0<a href=\"http:\/\/www.tenkyo.net\/\">Sociedade Xaponesa pola Educaci\u00f3n e Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda<\/a>.<\/p>\n<div class=\"entry-content\">\n<p><strong>10) Contribuci\u00f3ns ao bolet\u00edn da Oficina IAU para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda<\/strong><\/p>\n<p>Queres facer achegas ao bolet\u00edn informativo da Oficina IAU para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda? Estamos sempre na procura de material sobre divulgaci\u00f3n e comunicaci\u00f3n da astronom\u00eda de todo o mundo para inclu\u00edla no noso seguinte bolet\u00edn. Se tedes alg\u00fan evento astron\u00f3mico, ofrecedes un posto ou oportunidade de traballo, un recurso educativo ou calquera outra cousa que poida ser de interese para a comunidade da divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica, envi\u00e1denos un correo a public@oao.iau.org con m\u00e1is informaci\u00f3n.<\/p>\n<\/div>\n<div class=\"entry-content\">\n<p>Por favor, enviade as vosas suxesti\u00f3ns at\u00e9 o d\u00eda 4 de cada mes (para o primeiro bolet\u00edn) e at\u00e9 o 17 (para o segundo bolet\u00edn). Desexamos recibir noticias vosas!<\/p>\n<p>Traduci\u00f3n: Martin Pawley (Agrupaci\u00f3n \u00cdo). Podedes consultar o bolet\u00edn en ingl\u00e9s <a href=\"https:\/\/mailchi.mp\/iau\/iauoutreachnewsletter_2023march1\">nesta ligaz\u00f3n<\/a>.<\/p>\n<\/div>\n<p><\/p>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Bolet\u00edn da Oficina IAU para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda Marzo 2023 #1 Neste bolet\u00edn: Nota editorial Asunto destacado: Centro de Participaci\u00f3n Comunitaria do CPS 1) Enquisa global sobre iniciativas arredor da contaminaci\u00f3n global da IAU OAO 2) Obradoiros CAPtraining 3) D\u00eda da comunidade &#8220;Big Astronomy&#8221; 2023 4) Xa est\u00e1n abertas as solicitudes dos campamentos astron\u00f3micos internacionais da xuventude. 5) D\u00eda Internacional da Luz 2023 6)&#8230; <\/p>\n<p class=\"more\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/galego-boletin-da-oficina-iau-para-a-divulgacion-da-astronomia-marzo-1-2\/\">Read More<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":12890,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[51],"tags":[188],"class_list":["post-12954","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-noticias-gl","tag-boletin-iau"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12954","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=12954"}],"version-history":[{"count":6,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12954\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":12960,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12954\/revisions\/12960"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/12890"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=12954"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=12954"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=12954"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}