{"id":12951,"date":"2023-02-28T15:00:57","date_gmt":"2023-02-28T15:00:57","guid":{"rendered":"https:\/\/agrupacionio.com\/?p=12951"},"modified":"2023-03-21T10:22:37","modified_gmt":"2023-03-21T10:22:37","slug":"galego-boletin-da-oficina-iau-para-a-divulgacion-da-astronomia-febreiro-2-2","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/galego-boletin-da-oficina-iau-para-a-divulgacion-da-astronomia-febreiro-2-2\/","title":{"rendered":"Bolet\u00edn da Oficina IAU para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda: Febreiro #2"},"content":{"rendered":"<p><img fetchpriority=\"high\" decoding=\"async\" class=\"size-full wp-image-12890 aligncenter\" src=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2023\/02\/OAO-Newsletter.jpg\" alt=\"\" width=\"1804\" height=\"1080\" srcset=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2023\/02\/OAO-Newsletter.jpg 1804w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2023\/02\/OAO-Newsletter-300x180.jpg 300w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2023\/02\/OAO-Newsletter-768x460.jpg 768w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2023\/02\/OAO-Newsletter-1024x613.jpg 1024w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2023\/02\/OAO-Newsletter-1060x635.jpg 1060w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2023\/02\/OAO-Newsletter-550x329.jpg 550w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2023\/02\/OAO-Newsletter-835x500.jpg 835w\" sizes=\"(max-width: 1804px) 100vw, 1804px\" \/><\/p>\n<p><strong>Bolet\u00edn da Oficina IAU para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda<\/strong><\/p>\n<p><strong>Febreiro 2023 #2<\/strong><\/p>\n<p>Neste bolet\u00edn:<\/p>\n<p>Nota editorial<br \/>\nAsunto destacado: Mulleres e nenas na astronom\u00eda<br \/>\n1) Enquisa global IAU OAO sobre iniciativas arredor da contaminaci\u00f3n luminosa<br \/>\n2) Galileoscopio: un universo de oportunidades para a educaci\u00f3n<br \/>\n3) Os equipos NOC\/NAEC de Xap\u00f3n anuncian unha charla e debate sobre as mulleres na astronom\u00eda<br \/>\n4) Convocatoria de participaci\u00f3n global na Investigaci\u00f3n sobre Educaci\u00f3n Cient\u00edfica en Ensino Secundario<br \/>\n5) Enquisa do ISC e da UNESCO sobre a comunicaci\u00f3n cient\u00edfica<br \/>\n6) Novas NOC<br \/>\n7) Oportunidades<br \/>\n8) Recursos interesantes<br \/>\n9) Bolet\u00edn da Oficina IAU para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda en linguas diferentes do ingl\u00e9s<br \/>\n10) Contribuci\u00f3ns ao bolet\u00edn da Oficina IAU para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda<\/p>\n<p><strong>Nota editorial<\/strong><\/p>\n<p>Prezadas amizades e colegas,<\/p>\n<p>Temos o orgullo de anunciar a continuaci\u00f3n do noso proxecto de divulgaci\u00f3n global \u201cMulleres e Nenas na Astronom\u00eda\u201d. No asunto destacado desta entrega describimos as moitas formas en que a xente pode participar. Por suposto, a celebraci\u00f3n de Mulleres e Nenas na Astronom\u00eda est\u00e9ndese moito m\u00e1is al\u00e1 do per\u00edodo que vai do 11 de febreiro ao 8 de marzo (podedes ver, por exemplo, a charla especial que organiza o NOC\/NAEC para Xap\u00f3n). A OAO esf\u00f3rzase por involucrar e honrar \u00e1s minor\u00edas de x\u00e9nero en materias CTEM en todos os nosos programas. Por favor, aproveitade estas oportunidades e un\u00eddevos \u00e1 conversa sobre o que significa para v\u00f3s a equidade de x\u00e9nero.<\/p>\n<p>Tam\u00e9n adiantamos o noso proxecto de divulgaci\u00f3n global \u201cCeos escuros e tranquilos\u201d e esperamos que nos axudedes na busca de todos os esforzos mundiais para combater a contaminaci\u00f3n luminosa.<\/p>\n<p>Este bolet\u00edn tam\u00e9n presenta algunhas oportunidades interesantes para persoas dedicadas \u00e1 educaci\u00f3n e a comunicaci\u00f3n cient\u00edfica, inclu\u00edndo descontos en Galileoscope, postos de emprego e pr\u00e1cticas e unha oportunidade para participar na investigaci\u00f3n.<\/p>\n<p>D\u00e1moslles as grazas \u00e1s Coordinaci\u00f3ns Nacionais de Divulgaci\u00f3n (NOC) da IAU. Moitas m\u00e1is persoas das aqu\u00ed citadas seguen activas nas s\u00faas comunidades e participan directamente nos nosos programas. A rede NOC d\u00e1 vida \u00e1 misi\u00f3n e \u00e1 visi\u00f3n da OAO.<\/p>\n<p>Que te\u00f1ades uns ceos escuros e tranquilos,<\/p>\n<p>Kelly Blumenthal, en nome do equipo da Oficina IAU para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda<\/p>\n<p><strong>Asunto destacado: Mulleres e nenas na astronom\u00eda<\/strong><\/p>\n<p>O proxecto \u201cMulleres e nenas na astronom\u00eda\u201d apoia eventos que reco\u00f1ecen o papel de todas as mulleres no avance da ciencia e anima a todas as persoas a considerar carreiras na astronom\u00eda. A Uni\u00f3n Astron\u00f3mica Internacional fomenta as actividades durante todo o ano, con especial atenci\u00f3n entre os dous d\u00edas internacionais adoptados polas Naci\u00f3ns Unidas: o D\u00eda Internacional da Muller e a Nena na Ciencia o 11 de febreiro e o D\u00eda Internacional da Muller o 8 de marzo.<\/p>\n<p>Con cada nova edici\u00f3n, o proxecto \u201cMulleres e nenas na astronom\u00eda\u201d esf\u00f3rzase por crecer e mellorar. Queremos afirmar claramente que as mulleres trans son mulleres. Invitamos a todas as persoas a participar neste programa e destacar as experiencias individuais e compartidas que poden axudarnos a crecer cara a un futuro mellor e m\u00e1is inclusivo nos campos CTEM.<\/p>\n<p>Convid\u00e1mosvos a participar neste programa. Aqu\u00ed tedes algunhas ideas:<\/p>\n<p>-Solicitade un <a href=\"https:\/\/www.iau.org\/public\/meettheiauastronomers\/\">evento \u201cMeet the IAU Astronomers\u201d<\/a> para discutir a inclusi\u00f3n de x\u00e9nero en \u00e1reas CTEM!<\/p>\n<p>-Navega pola <a href=\"https:\/\/drive.google.com\/file\/d\/1q2SAChhpY6WbbYmB20rnzsYbpWCiTcgb\/view?usp=share_link\">secci\u00f3n de actividades da IAU OAO<\/a> para obter ideas que podedes facer na vosa comunidade.<\/p>\n<p>-Tedes a vosa propia idea para unha actividade? <a href=\"https:\/\/forms.gle\/zrjeBVJe8CUcM6vJ6\">Envi\u00e1dea!<\/a><\/p>\n<p>-Un\u00eddevos ou organizade un evento. Tedes m\u00e1is informaci\u00f3n no noso <a href=\"https:\/\/forms.gle\/7vsfkxvVwxjGBdfVA\">calendario de eventos<\/a>.<\/p>\n<p>-Participade no concurso de carteis <a href=\"https:\/\/drive.google.com\/file\/d\/1EbMsx7Sy7C8V1za6RYZfy2Fw-iG7NEAW\/view?usp=share_link\">\u201cDescubre xente que fai astronom\u00eda\u201d<\/a>.<\/p>\n<p>-Se facedes astronom\u00eda ou facedes educaci\u00f3n ou divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica, compartide as vosas historias <a href=\"https:\/\/forms.gle\/76ryq4htk2rAnSsx9\">aqu\u00ed<\/a>.<\/p>\n<p>-Segu\u00eddenos en <a href=\"https:\/\/twitter.com\/IAU_Outreach\">Twitter<\/a> e <a href=\"https:\/\/www.facebook.com\/IAUoutreach\">Facebook<\/a> para saberdes m\u00e1is sobre xente que fai astronom\u00eda en todo o mundo, actividades e proxectos inclusivos, compartir recursos, eventos, etc. E non esquezades unirvos \u00e1 conversa usando os cancelos #WomenInAstronomy #WomenInSTEM #AstroMulleres<\/p>\n<p><strong>1) Enquisa global IAU OAO sobre iniciativas arredor da contaminaci\u00f3n luminosa<\/strong><\/p>\n<p>Como preparaci\u00f3n do noso proxecto de divulgaci\u00f3n global \u201cCeos escuros e tranquilos\u201d deste maio, a IAU OAO est\u00e1 a compilar informaci\u00f3n sobre como se aborda en todo o mundo a loita contra a contaminaci\u00f3n luminosa. <a href=\"https:\/\/forms.gle\/LJim3aLssqU8on7r9\">Nesta enquisa<\/a>, ped\u00edmosvos que proporcionedes informaci\u00f3n breve sobre as iniciativas no voso pa\u00eds e que acheguedes formas pr\u00e1cticas de que a xente poida involucrarse neste esforzo. Isto vai dende cambiar as l\u00e1mpadas por LED, asinar unha petici\u00f3n, colaborar cos concellos ou unirse a un grupo de presi\u00f3n&#8230; o que creades que \u00e9 m\u00e1is relevante para a vosa comunidade. Usaremos esta informaci\u00f3n como parte dun recurso global sobre contaminaci\u00f3n luminosa e como forma de promover iniciativas globais para protexer os nosos ceos escuros e tranquilos.<\/p>\n<p><strong>2) Galileoscope: un universo de oportunidades para a educaci\u00f3n<\/strong><\/p>\n<p>O kit de telescopio educativo Galileoscope, desenvolvido para o Ano Internacional da Astronom\u00eda 2009, a\u00ednda est\u00e1 en produci\u00f3n. Explore Scientific, o novo fabricante, vende o Galileoscope cun desconto de m\u00e1is do 50% no prezo de venda para cantidades de 10 ou m\u00e1is unidades. Para usar nos pr\u00f3ximos eclipses solares, Explore Scientific desenvolveu un filtro solar e un parasol para o Galileoscope que permite a observaci\u00f3n segura do Sol. Tedes m\u00e1is informaci\u00f3n no <a href=\"http:\/\/galileoscope.org\/eclipse\">sitio web de Galileoscope<\/a>. Ademais, esta p\u00e1xina ofrece recursos gratu\u00edtos para docentes, inclu\u00edndo <a href=\"http:\/\/galileoscope.org\/observing-activity-guides\/\">gu\u00edas de actividades e ideas de actividades na aula<\/a>.<\/p>\n<p><strong>3) Os equipos NOC\/NAEC de Xap\u00f3n anuncian unha charla e debate sobre as mulleres na astronom\u00eda<\/strong><\/p>\n<p>Cando pensas en &#8220;persoas que cambiaron a astronom\u00eda&#8221; en quen pensas? Cop\u00e9rnico, Galileo, Kepler ou Hubble? Todos son homes, non si? De feito, durante s\u00e9culos as mulleres tiveron pouca presenza na ciencia en xeral e na astronom\u00eda en particular. Mais isto non significa que as mulleres non fixeran achegas. Na s\u00faa charla &#8220;Mulleres na Astronom\u00eda&#8221;, a profesora doutora Ya\u00ebl Naz\u00e9 trazar\u00e1 os cami\u00f1os percorridos por mulleres cient\u00edficas que realizaron traballos importantes. A conferencia tam\u00e9n presentar\u00e1 os seus descubrimentos sobre os principais temas da astrof\u00edsica moderna, como a materia escura, os p\u00falsares e moitas outras \u00e1reas da astrof\u00edsica.<\/p>\n<p>Este <a href=\"https:\/\/drive.google.com\/file\/d\/1dO1-XkoWQnYeHOteS14NU0ClZ5lDXX3B\/view?usp=share_link\">evento<\/a> ter\u00e1 lugar presencialmente o s\u00e1bado 22 de abril de 14:30 a 16:30 UTC+9 no Instituto Franc\u00e9s de Kansai en Kioto. A entrada \u00e9 gratu\u00edta con interpretaci\u00f3n simult\u00e1nea do franc\u00e9s ao xapon\u00e9s. As prazas son limitadas, polo que debedes reservar <a href=\"https:\/\/peatix.com\/event\/3487949\/view\">aqu\u00ed<\/a> a vosa praza (\u00e9 necesario facelo con antelaci\u00f3n). Para obterdes m\u00e1is informaci\u00f3n, consultade o seu sitio web <a href=\"https:\/\/www.institutfrancais.jp\/kansai\/agenda\/tenbungaku\/\">en xapon\u00e9s<\/a> e <a href=\"https:\/\/www.institutfrancais.jp\/kansai\/fr\/agenda\/yaelnaze\/\">franc\u00e9s<\/a>.<\/p>\n<p><strong>4) Convocatoria de participaci\u00f3n global na Investigaci\u00f3n sobre Educaci\u00f3n Cient\u00edfica en Ensino Secundario<\/strong><\/p>\n<p>En Xap\u00f3n, as directrices nacionais do curr\u00edculo de secundaria que entraron en vigor este ano a\u00ednda obrigan a que o alumnado escolla entre f\u00edsica, qu\u00edmica, biolox\u00eda e xeolox\u00eda. Por\u00e9n, para resolver os diversos problemas aos que se enfronta a sociedade moderna, inclu\u00edndo a ciencia, a tecnolox\u00eda e o medio ambiente global, non \u00e9 suficiente con que o alumnado elixa unha educaci\u00f3n xa separada: requ\u00edrese unha educaci\u00f3n cient\u00edfica integrada.<\/p>\n<p>Un equipo de investigaci\u00f3n do Observatorio Astron\u00f3mico Nacional de Xap\u00f3n (NAOJ) quere dese\u00f1ar un novo curr\u00edculo para a educaci\u00f3n cient\u00edfica nas escolas secundarias xaponesas que aborde a necesidade emerxente de comprensi\u00f3n cient\u00edfica interdisciplinar. Para iso, realizar\u00e1n un estudo comparativo para comprender a comunicaci\u00f3n cient\u00edfica noutros pa\u00edses, mais precisan a vosa axuda. Podedes atopar a s\u00faa <a href=\"https:\/\/docs.google.com\/forms\/d\/e\/1FAIpQLSfwPoMynEPOvyR5Bfr5eWmFZ3Yi1xnCM5rltnFg4VIBfQS2cg\/viewform\">enquisa r\u00e1pida<\/a> aqu\u00ed.<\/p>\n<p><strong>5) Enquisa do ISC e da UNESCO sobre a comunicaci\u00f3n cient\u00edfica<\/strong><\/p>\n<p>O International Science Council (ISC) a trav\u00e9s do seu <a href=\"https:\/\/council.science\/annual-report-2021\/public-value-of-science\/\">proxecto \u201cPublic Value of Science\u201d<\/a> coa C\u00e1tedra UNESCO de <a href=\"https:\/\/cpas.anu.edu.au\/unesco-chair-science-communication-public-good\">Comunicaci\u00f3n Cient\u00edfica para o Ben P\u00fablico<\/a> est\u00e1 a preparar un informe para respons\u00e1beis pol\u00edticos e l\u00edderes de investigaci\u00f3n sobre a concienciaci\u00f3n cient\u00edfica: comprender a confianza, a ciencia e os p\u00fablicos. Unha das ferramentas de investigaci\u00f3n que rese\u00f1a este informe \u00e9 unha <a href=\"https:\/\/www.surveymonkey.com\/r\/sciengagepolicy\">enquisa que leva 15-20 minutos responder<\/a> orientada a persoas que participan na comunicaci\u00f3n cient\u00edfica. Se queredes contribu\u00edr, completade a enquisa antes do 3 de marzo.<\/p>\n<p><strong>6) Novas NOC<\/strong><\/p>\n<p>a) Arxentina<\/p>\n<p>O equipo <a href=\"https:\/\/sites.google.com\/oao.iau.org\/iauoaonews\/national-pages\/Argentina\">NOC de Arxentina<\/a> celebrou o D\u00eda Xuliano: o d\u00eda e a hora (24 de febreiro \u00e1s 12:00 UTC) no que o Calendario Xuliano sinala 2460000. Continuar\u00e1n ao longo do ano con actividades relacionadas co tempo, a s\u00faa medici\u00f3n e a importancia que ten na astronom\u00eda.<\/p>\n<p>b) Barbados<\/p>\n<p>O equipo <a href=\"https:\/\/sites.google.com\/oao.iau.org\/iauoaonews\/national-pages\/america-barbados\">NOC de Barbados<\/a> puido capturar esta <a href=\"https:\/\/www.facebook.com\/NOCBarbados\/posts\/pfbid0ED771niqxvo7dB3p9dG9GN3ahQuUgP7DLbUKJxG8vYFBh1j7gBZ8zArMrNf8mnMcl\">fermosa foto<\/a> do cometa verde, C\/2022 E3 (ZTF).<\/p>\n<p>c) Bolivia<\/p>\n<p>O equipo <a href=\"https:\/\/sites.google.com\/oao.iau.org\/iauoaonews\/national-pages\/Bolivia\">NOC de Bolivia<\/a> tam\u00e9n capturou unha imaxe do cometa verde. Podes atopar a imaxe <a href=\"https:\/\/drive.google.com\/file\/d\/1E5RFvg1OJURW3eUxPbOHZ84xKEc_ug3P\/view?usp=share_link\">aqu\u00ed<\/a> e unha reportaxe completa (en castel\u00e1n) <a href=\"https:\/\/drive.google.com\/file\/d\/1KGUBGw6yThj-x5mcNIQJZS8NiQaA9zkm\/view?usp=share_link\">aqu\u00ed<\/a>.<\/p>\n<p>d) Francia<\/p>\n<p>Para o D\u00eda Internacional da Muller e da Nena na Ciencia o 11 de febreiro, o equipo <a href=\"https:\/\/sites.google.com\/oao.iau.org\/iauoaonews\/national-pages\/France\">NOC de Francia<\/a> elaborou un mosaico para celebrar as mulleres na astronom\u00eda. Con m\u00e1is de 100 perf\u00eds, o mosaico celebra as palabra eliminada astr\u00f3nomas francesas en Francia e no estranxeiro. Consulta m\u00e1is informaci\u00f3n <a href=\"https:\/\/cloud.univ-grenoble-alpes.fr\/s\/j5SHbrWQA9N3fgS\">aqu\u00ed<\/a>.<\/p>\n<p>e) Libia<\/p>\n<p>O <a href=\"https:\/\/sites.google.com\/oao.iau.org\/iauoaonews\/national-pages\/africa-libya\">NOC de Libia<\/a> Amjed Khurwat prep\u00e1rase para lanzar o primeiro campamento espacial de Libia en marzo. O campamento ten como obxectivo reunir a mocidade entusiasta das ciencias espaciais de diferentes rexi\u00f3ns de Libia e involucrala en desaf\u00edos cient\u00edficos, observaci\u00f3ns astron\u00f3micas e conferencias.<\/p>\n<p>f) Portugal<\/p>\n<p>O equipo NOC de Portugal e o socio da OAO, o Instituto de Astrof\u00edsica e Ciencias Espaciais (IA), acolleron actos presenciais en homenaxe ao D\u00eda Internacional da Muller e a Nena na Ciencia 2023 en Lisboa, Coimbra e Porto. As actividades inclu\u00edron charlas informais con persoas que se dedican \u00e1 investigaci\u00f3n, observaci\u00f3ns con telescopios, obradoiros, presentaci\u00f3ns e unha visita a un espectroheli\u00f3grafo. Para m\u00e1is informaci\u00f3n, consultade a s\u00faa <a href=\"https:\/\/divulgacao.iastro.pt\/en\/evento\/international-day-of-women-and-girls-in-science-2023\/\">p\u00e1xina web<\/a>.<\/p>\n<p>g) Trinidad e Tobago<\/p>\n<p>A <a href=\"https:\/\/sites.google.com\/oao.iau.org\/iauoaonews\/national-pages\/america-trinidadandtobago\">NOC de Trinidad e Tobago<\/a> Shirin Haque acolleu unha edici\u00f3n especial de &#8220;The Wormhole&#8221;, unha serie web dedicada a compartir o asombro e a marabilla da vida, do Universo e de todo. Este episodio moi especial contou coa doutora Breezy Ocana-Flaquer, unha astr\u00f3noma da Rep\u00fablica Dominicana que actualmente \u00e9 profesora adxunta na Universidade de San Diego en California. \u00c9 cofundadora de Caribbean Astronomy for Inclusion e traballa co seu equipo para poder achegar a astronom\u00eda tam\u00e9n \u00e1s persoas con discapacidade. Esta \u00e9 a s\u00faa historia, en conmemoraci\u00f3n do d\u00eda de Mulleres e Nenas na Ciencia de 2023. Para verdes o episodio, <a href=\"https:\/\/youtu.be\/MCrO_U_Kr4g\">consultade esta ligaz\u00f3n<\/a>.<\/p>\n<p><strong>7) Oportunidades<\/strong><\/p>\n<p>a) \u00danete ao Equipo Supernova da ESO!<\/p>\n<p>-Posto de especialista en educaci\u00f3n en Garching, Alema\u00f1a. As persoas seleccionadas estar\u00e1n encargadas de liderar o proxecto &#8220;Fomento da educaci\u00f3n cient\u00edfica temper\u00e1 en ESO Supernova en cooperaci\u00f3n con Forscherstation&#8221;, que ten como obxectivo reforzar e ampliar a oferta educativa de ESO Supernova, especialmente para crianzas de 3 a 12 anos, persoas que se dedican \u00e1 educaci\u00f3n e docentes de primaria. O prazo de presentaci\u00f3n de solicitudes remata o 3 de marzo de 2023. Para obterdes m\u00e1is informaci\u00f3n, consultade o sitio web <a href=\"https:\/\/supernova.eso.org\/news\/releases\/es2301\/\">en ingl\u00e9s<\/a> e <a href=\"https:\/\/supernova.eso.org\/germany\/news\/releases\/es2301\/\">alem\u00e1n<\/a>.<\/p>\n<p>-Posto de pr\u00e1cticas en ESO Supernova: este contrato de pr\u00e1cticas de seis meses \u00e9 unha excelente oportunidade para quen queira adquirir m\u00e1is experiencia coas actividades presenciais de divulgaci\u00f3n e aprender a traballar nun centro cient\u00edfico ou nun museo. B\u00fascase unha persoa recentemente graduada en ciencias ou actualmente matriculada nun programa de mestrado en comunicaci\u00f3n cient\u00edfica que domine o ingl\u00e9s e o alem\u00e1n. Podedes consultar todos os detalles sobre o posto e como presentardes a solicitude na <a href=\"https:\/\/recruitment.eso.org\/\">web de contrataci\u00f3n da ESO<\/a> (ver &#8220;ESO Supernova Internship&#8221;). A data de inicio \u00e9 flex\u00edbel e o proceso de solicitude \u00e9 continuo.<\/p>\n<p>b) Posdoutoramento en Astrobiolox\u00eda e Comunicaci\u00f3n Cient\u00edfica na Universidade de Leiden<\/p>\n<p>O Observatorio de Leiden e o Departamento de Comunicaci\u00f3n Cient\u00edfica e Sociedade da Universidade de Leiden ofrecen un contrato posdoutoramento en astrobiolox\u00eda e comunicaci\u00f3n cient\u00edfica. O posdoutoramento examinar\u00e1 o papel dos medios de comunicaci\u00f3n na comunicaci\u00f3n cient\u00edfica eficaz e a s\u00faa contribuci\u00f3n \u00e1 comprensi\u00f3n p\u00fablica da orixe da vida e da astrobiolox\u00eda. P\u00f3dese atopar informaci\u00f3n adicional <a href=\"https:\/\/www.universiteitleiden.nl\/en\/vacancies\/2023\/q1\/23-094postdoc---astrobiology--science-communication\">nesta ligaz\u00f3n<\/a>.<\/p>\n<p>c) Candidaturas abertas aos premios ASP<\/p>\n<p>A Sociedade Astron\u00f3mica do Pac\u00edfico convida a propo\u00f1er candidaturas para varios premios de educaci\u00f3n, divulgaci\u00f3n e investigaci\u00f3n en astronom\u00eda. Tede en conta que poden nomear e seren nomeadas persoas de calquera pa\u00eds, non precisan ser membros da ASP. Para saber m\u00e1is consultade <a href=\"https:\/\/astrosociety.org\/who-we-are\/awards\/asp.html\">esta ligaz\u00f3n<\/a>. O prazo de presentaci\u00f3n de candidaturas remata o 15 de marzo.<\/p>\n<p>d) Curso gratu\u00edto de astronom\u00eda cultural na Europa medieval e moderna<\/p>\n<p>O curso centrarase na Europa medieval e moderna e as s\u00faas formas culturais de comprensi\u00f3n, teor\u00eda e pr\u00e1ctica da astronom\u00eda entre os s\u00e9culos XIII e XVII. Para obterdes m\u00e1is informaci\u00f3n sobre como rexistrarse, <a href=\"https:\/\/drive.google.com\/file\/d\/1asol-ZVojyXeKCPJQkeE0lYcdfzAnuVB\/view?usp=share_link\">consultade este folleto<\/a>.<\/p>\n<p><strong>8) Recursos interesantes<\/strong><\/p>\n<p>a) Novo \u201cSpace Scoop\u201d [Contido en ingl\u00e9s]<\/p>\n<p>Space Scoop produce artigos sobre as novidades en astronom\u00eda e ciencia espacial nunha linguaxe f\u00e1cil de entender. Non perdades as s\u00faas actualizaci\u00f3ns semanais que incl\u00faen historias de moitas das axencias espaciais do mundo. Obt\u00e9n o Triple Scoop <a href=\"https:\/\/www.spacescoop.org\/en\/scoops\/2302\/counting-a-sky-full-of-stars\/\">aqu\u00ed<\/a>, <a href=\"https:\/\/www.spacescoop.org\/en\/scoops\/2303\/twinkle-twinkle-little-stars-how-we-wonder-where-you-are\/\">aqu\u00ed<\/a> e <a href=\"https:\/\/www.spacescoop.org\/en\/scoops\/2304\/high-speed-baby-star-tantrums\/?fbclid=IwAR2xtbKlPufVdbswwf0lAXf3QZHXMqvX2GghW8s_QDO9uCono0jjY_mn2FY\">aqu\u00ed<\/a>. Se queredes axudar a que Space Scoop se traduza a m\u00e1is idiomas do mundo, env\u00edade un correo electr\u00f3nico a info@unawe.org<\/p>\n<p>b) Novo v\u00eddeo sobre Mirza Ghalib, Xulio C\u00e9sar e os cometas de Kainaat Studios [Contido de audio en urd\u00fa\/hindi, subt\u00edtulos en ingl\u00e9s]<\/p>\n<p>Kainaat Studios \u00e9 unha organizaci\u00f3n sen \u00e1nimo de lucro con sede nos Estados Unidos que ten como obxectivo proporcionar materiais educativos de astronom\u00eda de alta calidade para o mundo de fala urd\u00fa\/hindi. Acompa\u00f1ade <a href=\"https:\/\/www.youtube.com\/watch?v=eBge-k5cUZY\">neste v\u00eddeo<\/a> o astrof\u00edsico e CEO de Kainaat Studios, Salman Hameed mentres explora non s\u00f3 a historia dos cometas, sen\u00f3n tam\u00e9n a ciencia detr\u00e1s da cor do cometa verde, C\/2022 E3 (ZTF).<\/p>\n<p><strong>9) Traduci\u00f3ns do bolet\u00edn da Oficina IAU para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda do ingl\u00e9s a outros idiomas<\/strong><\/p>\n<p>O noso bolet\u00edn ten traduci\u00f3n aos seguintes idiomas:<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/stargazersbh.wixsite.com\/bsac\/iau\"><strong>\u00c1rabe<\/strong><\/a><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas aos membros do Club de Observaci\u00f3n Astron\u00f3mica de Bahrain.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/sdas.wh.sdu.edu.cn\/info\/1657\/1261.htm\"><strong>Chin\u00e9s (Simplificado)<\/strong><\/a><br \/>\nTraduci\u00f3n grazas ao Dr Chen Cao, Sociedade Astron\u00f3mica Shandong (SDAS) de China.<\/p>\n<p><strong><a href=\"https:\/\/noc-iau.oac.unc.edu.ar\/boletin-informativo-newsletter-de-la-iau-astronomy-outreach\/\">Espa\u00f1ol<\/a><\/strong><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas a Andrea Ahumada, do Observatorio Astron\u00f3mico da Universidad Nacional de C\u00f3rdoba, e Ileana Andruchow, do Inst\u00edtuto de Astrof\u00edsica de La Plata, da Universidad Nacional de La Plata. Poden atoparse\u00a0<a href=\"http:\/\/asafile.blogspot.jp\/p\/blog-page_12.html\">aqu\u00ed<\/a>\u00a0as traduci\u00f3ns dos anteriores bolet\u00edns, feitas por Emilio Z\u00fa\u00f1iga, da Asociaci\u00f3n de Astr\u00f3nomos Aficionados de Le\u00f3n, Nicaragua.<\/p>\n<p><strong><a href=\"https:\/\/haitiastronomie.blogspot.com\/p\/bulletin-dinformationde-luai-sur.html\">Franc\u00e9s<\/a><\/strong><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas ao\u00a0<a href=\"https:\/\/haitiastronomie.blogspot.com\/p\/groupe-de-traduction-haitienne.html\">Grupo Haitiano de Traduci\u00f3n da Astronom\u00eda (GTHA)<\/a>\u00a0da Sociedade Astron\u00f3mica Haitiana.<\/p>\n<p><a href=\"http:\/\/agrupacionio.com\/gl\/tag\/boletin-iau\"><strong>Galego<\/strong><\/a><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas a Martin Pawley e Xabier P\u00e9rez Couto da Agrupaci\u00f3n Astron\u00f3mica Coru\u00f1esa \u00cdo en Espa\u00f1a.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/www.astronomiamo.it\/DivulgazioneAstronomica\/Newsletter-IAU\/last\"><strong>Italiano<\/strong><\/a><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas a Eleonora Piromalli de AstronomiAmo en Italia.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/drive.google.com\/drive\/folders\/1wN1txv57CLoDbLEEwNjStBMk6CrlkTxu?usp=sharing\"><strong>Portugu\u00e9s (europeo)<\/strong><\/a><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas a Catarina Leote, Jo\u00e3o Ferreira e Jonas Souza a trav\u00e9s do grupo de lingua portuguesa da Rede de Traduci\u00f3n Astron\u00f3mica.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/bit.ly\/36XeKZr\"><strong>Xapon\u00e9s<\/strong><\/a><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas a Akihiko Tomita a trav\u00e9s da Rede de Traduci\u00f3n Astron\u00f3mica. Se queres recibir a traduci\u00f3n ao xapon\u00e9s do bolet\u00edn, subscr\u00edbete \u00e1\u00a0<a href=\"http:\/\/www.jaaa-astro.jp\/jaaa-ml.html\">Asociaci\u00f3n Xaponesa de Astronom\u00eda Amadora<\/a>\u00a0ou \u00e1\u00a0<a href=\"http:\/\/www.tenkyo.net\/\">Sociedade Xaponesa pola Educaci\u00f3n e Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda<\/a>.<\/p>\n<div class=\"entry-content\">\n<p><strong>10) Contribuci\u00f3ns ao bolet\u00edn da Oficina IAU para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda<\/strong><\/p>\n<p>Queres facer achegas ao bolet\u00edn informativo da Oficina IAU para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda? Estamos sempre na procura de material sobre divulgaci\u00f3n e comunicaci\u00f3n da astronom\u00eda de todo o mundo para inclu\u00edla no noso seguinte bolet\u00edn. Se tedes alg\u00fan evento astron\u00f3mico, ofrecedes un posto ou oportunidade de traballo, un recurso educativo ou calquera outra cousa que poida ser de interese para a comunidade da divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica, envi\u00e1denos un correo a public@oao.iau.org con m\u00e1is informaci\u00f3n.<\/p>\n<\/div>\n<div class=\"entry-content\">\n<p>Por favor, enviade as vosas suxesti\u00f3ns at\u00e9 o d\u00eda 4 de cada mes (para o primeiro bolet\u00edn) e at\u00e9 o 17 (para o segundo bolet\u00edn). Desexamos recibir noticias vosas!<\/p>\n<p>Traduci\u00f3n: Martin Pawley e Xabier P\u00e9rez Couto (Agrupaci\u00f3n \u00cdo). Podedes consultar o bolet\u00edn en ingl\u00e9s\u00a0<a href=\"https:\/\/mailchi.mp\/iau\/iauoutreachnewsletter_2023feb2\">nesta ligaz\u00f3n<\/a>.<\/p>\n<\/div>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Bolet\u00edn da Oficina IAU para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda Febreiro 2023 #2 Neste bolet\u00edn: Nota editorial Asunto destacado: Mulleres e nenas na astronom\u00eda 1) Enquisa global IAU OAO sobre iniciativas arredor da contaminaci\u00f3n luminosa 2) Galileoscopio: un universo de oportunidades para a educaci\u00f3n 3) Os equipos NOC\/NAEC de Xap\u00f3n anuncian unha charla e debate sobre as mulleres na astronom\u00eda 4) Convocatoria de participaci\u00f3n global na&#8230; <\/p>\n<p class=\"more\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/galego-boletin-da-oficina-iau-para-a-divulgacion-da-astronomia-febreiro-2-2\/\">Read More<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":12890,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[51],"tags":[188],"class_list":["post-12951","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-noticias-gl","tag-boletin-iau"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12951","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=12951"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12951\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":12953,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12951\/revisions\/12953"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/12890"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=12951"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=12951"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=12951"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}