{"id":12919,"date":"2023-02-13T12:30:17","date_gmt":"2023-02-13T12:30:17","guid":{"rendered":"https:\/\/agrupacionio.com\/?p=12919"},"modified":"2023-03-01T14:31:57","modified_gmt":"2023-03-01T14:31:57","slug":"galego-boletin-da-oficina-iau-para-a-divulgacion-da-astronomia-febreiro-1-2","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/galego-boletin-da-oficina-iau-para-a-divulgacion-da-astronomia-febreiro-1-2\/","title":{"rendered":"Bolet\u00edn da Oficina IAU para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda: Febreiro #1"},"content":{"rendered":"<p><img fetchpriority=\"high\" decoding=\"async\" class=\"aligncenter size-full wp-image-12890\" src=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2023\/02\/OAO-Newsletter.jpg\" alt=\"\" width=\"1804\" height=\"1080\" srcset=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2023\/02\/OAO-Newsletter.jpg 1804w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2023\/02\/OAO-Newsletter-300x180.jpg 300w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2023\/02\/OAO-Newsletter-768x460.jpg 768w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2023\/02\/OAO-Newsletter-1024x613.jpg 1024w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2023\/02\/OAO-Newsletter-1060x635.jpg 1060w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2023\/02\/OAO-Newsletter-550x329.jpg 550w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2023\/02\/OAO-Newsletter-835x500.jpg 835w\" sizes=\"(max-width: 1804px) 100vw, 1804px\" \/><\/p>\n<p><strong>Bolet\u00edn da Oficina IAU para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda<\/strong><\/p>\n<p><strong>Febreiro 2023 #1<\/strong><\/p>\n<p>Neste bolet\u00edn:<\/p>\n<p>Nota editorial<br \/>\nAsunto destacado: CAPjournal &#8211; Edici\u00f3n especial sobre planetarios<br \/>\n1) Convocatoria para a participaci\u00f3n global na investigaci\u00f3n sobre educaci\u00f3n cient\u00edfica nos centros de ensino secundario<br \/>\n2) Space Scoop: noticias de todo o universo<br \/>\n3) A \u201cGu\u00eda do Autoestopista\u201d para a educaci\u00f3n astron\u00f3mica, a divulgaci\u00f3n p\u00fablica e a comunicaci\u00f3n<br \/>\n4) Global Sky Clubs<br \/>\n5) Crosspost do Bolet\u00edn IDL: Leiden apaga as luces para ver as estrelas<br \/>\n6) Actualizaci\u00f3ns das Coordinaci\u00f3ns Nacionais de Divulgaci\u00f3n (NOC) da IAU<br \/>\n7) Oportunidades<br \/>\n8) Recursos interesantes<br \/>\n9) Bolet\u00edn da Oficina IAU para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda en linguas diferentes do ingl\u00e9s<br \/>\n10) Contribuci\u00f3ns ao bolet\u00edn da Oficina IAU para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda<\/p>\n<p><strong>Nota editorial<\/strong><\/p>\n<p>Prezadas amizades e colegas,<\/p>\n<p>Cando foi a \u00faltima vez que ampliastes os vosos horizontes? Quizais lestes algo nun libro ou xornal que vos permitiu imaxinar un novo cami\u00f1o. Quizais tivestes unha conversa con algu\u00e9n que compartiu algo que desafiou a vosa forma de pensar. Ou mellor a\u00ednda, quizais experimentastes algo completamente novo que abriu a vosa mente a novas posibilidades.<br \/>\nNeste Bolet\u00edn, atoparedes moitas oportunidades para ampliardes un pouco m\u00e1is os horizontes. En Space Scoop podedes explorar cuesti\u00f3ns sobre proporci\u00f3ns astron\u00f3micas nunha linguaxe sinxela de entender. Podedes escoitar a persoas expertas discutir sobre a confianza na ciencia ou asistirdes a unha conferencia sobre educaci\u00f3n e divulgaci\u00f3n p\u00fablica. Os clubes de astronom\u00eda poden colaborar co persoal cient\u00edfico do Observatorio Las Cumbres para crear novos co\u00f1ecementos sobre o noso Universo. Mesmo podedes aprender m\u00e1is sobre a comunicaci\u00f3n cient\u00edfica ou atopar formas de afondar no co\u00f1ecemento cient\u00edfico a trav\u00e9s da arte.<\/p>\n<p>As nosas Coordinaci\u00f3ns Nacionais de Divulgaci\u00f3n (NOC) da IAU realizan este tipo de traballo todos os d\u00edas. Agradecemos moito os esforzos para enriqueceren as mentes das s\u00faas comunidades, como se demostra a continuaci\u00f3n.<\/p>\n<p>Convidamos aos planetarios do mundo a ampliar os seus horizontes: coa edici\u00f3n especial de CAPjournal sobre planetarios esperamos reunir a investigaci\u00f3n, as mellores pr\u00e1cticas, as aprendizaxes e as celebraci\u00f3ns dos planetarios de todo o mundo.<\/p>\n<p>Con todo isto e moito m\u00e1is, esperamos que atopedes algo neste bolet\u00edn que esperte a vosa sensaci\u00f3n de admiraci\u00f3n e curiosidade.<\/p>\n<p>Que te\u00f1ades uns ceos escuros e tranquilos,<\/p>\n<p>Kelly Blumenthal, en nome do equipo da Oficina IAU para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda<\/p>\n<p><strong>Asunto destacado: convocatoria aberta para o CAPjournal &#8211; Edici\u00f3n Especial sobre Planetarios<\/strong><\/p>\n<p>En 1923 encargouse en Alema\u00f1a o primeiro proxector de estrelas, mais non tivo a s\u00faa estrea p\u00fablica at\u00e9 un ano despois. O primeiro planetario abriu as s\u00faas portas no Deutsches Museum de M\u00fanic en 1925, inaugurando unha nova era para o co\u00f1ecemento p\u00fablico da astronom\u00eda. Hoxe, os planetarios serven como oasis de ceo escuro onde todo o mundo pode aprender, explorar, imaxinar e medrar.<\/p>\n<p>A International Planetarium Society celebra o <a href=\"https:\/\/planetarium100.org\/\">centenario do planetario<\/a> entre 2023 a 2025. Para honrar este importante fito na comunicaci\u00f3n astron\u00f3mica, a <a href=\"https:\/\/www.capjournal.org\/index.php\">revista &#8220;Comunicar Astronom\u00eda co P\u00fablico&#8221; <\/a>(Communicating Astronomy with the Public, CAPjournal) ter\u00e1 un n\u00famero especial sobre planetarios en todo o mundo.<\/p>\n<p>CAPjournal \u00e9 unha publicaci\u00f3n peri\u00f3dica de divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica de acceso aberto e revisada por pares patrocinada conxuntamente pola Uni\u00f3n Astron\u00f3mica Internacional (IAU) e o Observatorio Astron\u00f3mico Nacional de Xap\u00f3n (NAOJ). Presenta <a href=\"https:\/\/www.capjournal.org\/issues\/index.php\">artigos<\/a> dirixidos \u00e1 comunicaci\u00f3n de astronom\u00eda e axuda a unir a comunidade cient\u00edfica astron\u00f3mica coa sociedade. Convidamos a todos os planetarios, grandes e pequenos, a enviar un artigo a esta edici\u00f3n especial do CAPjournal.<\/p>\n<p>Os artigos deste n\u00famero poden inclu\u00edr, entre outros asuntos, as lecci\u00f3ns aprendidas dende a direcci\u00f3n dun planetario; como establecer (ou facer medrar) un planetario; como proporcionar unha experiencia de planetario significativa a persoas cegas ou con visi\u00f3n parcial; o papel do planetario como oasis do ceo escuro; o papel do planetario na loita contra a contaminaci\u00f3n luminosa; e moitos outros temas.<\/p>\n<p>O noso cronograma para esta edici\u00f3n especial \u00e9 o seguinte:<\/p>\n<p>-Os artigos deben enviarse antes do 31 de marzo de 2023<\/p>\n<p>-O proceso editorial e de revisi\u00f3n dos artigos ter\u00e1 lugar de abril a agosto de 2023<\/p>\n<p>-Publicaci\u00f3n en setembro de 2023<\/p>\n<p>Con esta edici\u00f3n de CAPjournal, esperamos celebrar os innumer\u00e1beis logros da comunidade planetarista nos \u00faltimos 100 anos. Seguide as <a href=\"https:\/\/www.capjournal.org\/submission.php\">directrices de env\u00edo<\/a> que aparecen no noso sitio web e env\u00edade os vosos artigos completos a capjournal@oao.iau.org co asunto \u201cCAPjournal #33 Abstract Submission\u201d.<\/p>\n<p><strong>1) Convocatoria para a participaci\u00f3n global na investigaci\u00f3n sobre a educaci\u00f3n cient\u00edfica nas escolas secundarias<\/strong><\/p>\n<p>En Xap\u00f3n, as directrices nacionais do curr\u00edculo de secundaria que entraron en vigor este ano a\u00ednda obrigan o alumnado a escoller entre f\u00edsica, qu\u00edmica, biolox\u00eda e xeolox\u00eda. Por\u00e9n, para resolver os diversos problemas aos que se enfronta a sociedade moderna, inclu\u00edndo a ciencia, a tecnolox\u00eda e o medio ambiente, non \u00e9 suficiente con que o estudantado elixa unha educaci\u00f3n xa separada. O cami\u00f1o a seguir require unha educaci\u00f3n cient\u00edfica integrada.<\/p>\n<p>O persoal investigador do Observatorio Astron\u00f3mico Nacional de Xap\u00f3n (NAOJ) agarda dese\u00f1ar un novo curr\u00edculo para a educaci\u00f3n cient\u00edfica nas escolas secundarias xaponesas que aborde a necesidade emerxente da comprensi\u00f3n cient\u00edfica interdisciplinar. Para iso, realizar\u00e1n un estudo comparativo para comprender a comunicaci\u00f3n cient\u00edfica noutros pa\u00edses, mais precisan da vosa axuda! Podedes atopar a s\u00faa enquisa r\u00e1pida <a href=\"https:\/\/docs.google.com\/forms\/d\/e\/1FAIpQLSfwPoMynEPOvyR5Bfr5eWmFZ3Yi1xnCM5rltnFg4VIBfQS2cg\/viewform\">aqu\u00ed<\/a>.<\/p>\n<p><strong>2) Space Scoop: noticias de todo o universo<\/strong><\/p>\n<p>Space Scoop produce artigos sobre as novidades en astronom\u00eda e ciencia espacial nunha linguaxe sinxela de entender. Non perdades as s\u00faas actualizaci\u00f3ns semanais que incl\u00faen historias de moitas das axencias espaciais do mundo. Esta semana, Space Scoop centra a s\u00faa atenci\u00f3n nos discos protoplanetarios coa presentaci\u00f3n de novos m\u00e9todos desenvolvidos no Observatorio Nacional de Xap\u00f3n. M\u00e1is informaci\u00f3n,\u00a0<a href=\"http:\/\/www.spacescoop.org\/en\/scoops\/2301\/how-to-directly-weigh-a-protoplanetary-disk\/\">aqu\u00ed<\/a>.<\/p>\n<p><strong>3) A \u201cGu\u00eda do Autoestopista\u201d para a educaci\u00f3n astron\u00f3mica, a divulgaci\u00f3n p\u00fablica e a comunicaci\u00f3n<\/strong><\/p>\n<p>A sesi\u00f3n especial \u201cA Gu\u00eda do Autoestopista para a educaci\u00f3n astron\u00f3mica, a divulgaci\u00f3n p\u00fablica e a comunicaci\u00f3n ter\u00e1 lugar o m\u00e9rcores 12 de xullo como parte da reuni\u00f3n anual da Sociedade Astron\u00f3mica Europea (EAS) en Cracovia (Polonia). A sesi\u00f3n est\u00e1 dedicada a explorar o traballo de profesionais da educaci\u00f3n, a divulgaci\u00f3n p\u00fablica e a comunicaci\u00f3n (EPOC) en astronom\u00eda, compartindo os pormenores do noso traballo, desde as mellores pr\u00e1cticas e problemas estruturais at\u00e9 as lecci\u00f3ns aprendidas e os retos superados.<\/p>\n<p>Animamos a profesionais de EPOC que desexen compartir os seus co\u00f1ecementos e experiencias a que env\u00eden un resumo a trav\u00e9s do sitio web da EAS antes do 1 de marzo de 2023. Non dubidedes en facer circular a mensaxe entre colegas e comunidades que poidan estar interesadas en participar. Agradecemos e alentamos especialmente as contribuci\u00f3ns de colegas procedentes de \u00e1mbitos que tradicionalmente est\u00e1n pouco representados na astronom\u00eda e na comunidade de divulgaci\u00f3n cient\u00edfica e astron\u00f3mica.<\/p>\n<p>P\u00f3dese atopar m\u00e1is informaci\u00f3n na <a href=\"https:\/\/eas.unige.ch\/EAS_meeting\/session.jsp?id=SS36\">p\u00e1xina web da sesi\u00f3n<\/a>.<\/p>\n<p><strong>4) Global Sky Clubs<\/strong><\/p>\n<p>O Observatorio Las Cumbres (LCO) ofrece un novo programa exclusivamente para os clubs de astronom\u00eda dos colexios que queiran realizar proxectos de investigaci\u00f3n. LCO ofrece 10 horas de tempo na s\u00faa rede de telescopios de 10 x 0,4 m.<\/p>\n<p>Para obterdes m\u00e1is informaci\u00f3n sobre o programa, a elexibilidade e como solicitalo, consultade <a href=\"https:\/\/lco.global\/education\/global-sky-clubs\/\">este sitio web<\/a>.<\/p>\n<p><strong>5) Noticia do bolet\u00edn IDL: Leiden apaga as s\u00faas luces para ver estrelas<\/strong><\/p>\n<p>O 25 de setembro de 2022 durante un per\u00edodo de 90 minutos, a cidade de Leiden quedou sumida na escuridade nun intento de ver un ceo nocturno cheo de estrelas por primeira vez en d\u00e9cadas. Ironicamente, a\u00ednda que Leiden ten unha longa tradici\u00f3n de excelente investigaci\u00f3n en astronom\u00eda, tam\u00e9n \u00e9 unha das cidades m\u00e1is contaminadas pola luz artificial. Unha colaboraci\u00f3n entre o municipio de Leiden, a Universidade de Leiden, o <a href=\"https:\/\/lightday.us15.list-manage.com\/track\/click?u=c8c821e196c8c97b05e919d36&amp;id=44da75cb97&amp;e=0fa797178b\">Studio Roosegaarde<\/a> e a UNESCO prop\u00faxose recuperar as estrelas apagando tantas luces como for pos\u00edbel. Miles de persoas sa\u00edron \u00e1s r\u00faas para vivir a s\u00faa cidade como nunca antes. A\u00ednda que un ceo parcialmente nubrado non permitiu que os cidad\u00e1ns gozasen dunha completa vista do cosmos, houbo ocos claros suficientes para apreciar a escuridade. O evento fixo que moitas persoas se preguntasen: &#8220;Por que non o facemos m\u00e1is a mi\u00fado?&#8221; Podes ler m\u00e1is <a href=\"https:\/\/www.visitleiden.nl\/en\/highlights\/seeing-stars-leiden\">aqu\u00ed<\/a>.<\/p>\n<p><strong>6) Novas NOC<\/strong><\/p>\n<p>a) Exipto<\/p>\n<p>A principios deste mes, durante unha serie de percorridos no Museo do Observatorio de Helwan (NRIAG, en colaboraci\u00f3n co equipo <a href=\"https:\/\/sites.google.com\/oao.iau.org\/iauoaonews\/national-pages\/Egypt\">NOC de Exipto<\/a>), explicouse a importancia dos dispositivos e ferramentas astron\u00f3micas, inclu\u00eddo como usar o reloxo de sol para medir o tempo. Ademais, as persoas visitantes viron a c\u00fapula solar e co\u00f1eceron o seu uso. Durante a Feira Internacional do Libro do Cairo, NRIAG e o equipo NOC de Exipto presentaron moitas actividades sobre diversos temas de astronom\u00eda, entre eles as eclipses solares, os reloxos de sol, os planetas e o noso sistema solar e as fases da L\u00faa. As persoas visitantes tam\u00e9n pod\u00edan observar o Sol e a L\u00faa a trav\u00e9s dun telescopio de 8 polgadas. O voluntariado tivo a oportunidade de interactuar cun n\u00famero incr\u00edbel de persoas de todas as idades e divulgar o seu interese pola astronom\u00eda.<\/p>\n<p>b) Grecia<\/p>\n<p>A <a href=\"https:\/\/sites.google.com\/oao.iau.org\/iauoaonews\/national-pages\/Greece\">NOC de Grecia<\/a>, Kalliopi Dasyra, acolleu a cerimonia de resultados a nivel nacional de NameExoWorlds o 1 de febreiro. O evento inclu\u00edu varias charlas sobre exoplanetas e retransmitiuse en directo en grego.<\/p>\n<p><strong>7) Oportunidades<\/strong><\/p>\n<p>a) Ampliaci\u00f3n do prazo: solicitudes para acoller a conferencia PCST 2027<\/p>\n<p>O prazo para solicitar a sede da conferencia PCST 2027 ampliouse ata o 28 de febreiro. Para obter m\u00e1is informaci\u00f3n sobre o que implica a organizaci\u00f3n desta conferencia e como enviar a t\u00faa proposta, consulta <a href=\"https:\/\/www.pcst.network\/conferences\/hosting-a-conference\/\">esta ligaz\u00f3n<\/a>.<\/p>\n<p>b) Primeiro anuncio: Conferencia da Sociedade Europea de Astronom\u00eda na Cultura<\/p>\n<p>A 30\u00aa conferencia da Sociedade Europea de Astronom\u00eda na Cultura (SEAC) ter\u00e1 lugar do 6 ao 9 de setembro de 2023 en Varsovia, Polonia. O tema desta conferencia SEAC \u00e9: \u201cEntre a astronom\u00eda antiga e a moderna\u201d. Ao longo desta conferencia, a organizaci\u00f3n agarda conmemorar dous importantes aniversarios relacionados con Nicol\u00e1s Cop\u00e9rnico: o 550 aniversario do seu nacemento e o 480 aniversario da s\u00faa morte. Para obterdes m\u00e1is informaci\u00f3n sobre como facer contribuci\u00f3ns a esta conferencia, consultade <a href=\"https:\/\/drive.google.com\/file\/d\/1LF7RY1BR2RZhmSEIKkSRsjdKgTDonm5x\/view?usp=share_link\">esta p\u00e1xina<\/a>.<\/p>\n<p>c) Campamento &#8220;A Arte do Espazo&#8221;<\/p>\n<p>A Fundaci\u00f3n Proctor para a Arte e a Ciencia \u00e9 unha organizaci\u00f3n sen \u00e1nimo de lucro con sede en Estados Unidos dedicada a unir a arte e a ciencia a trav\u00e9s de &#8220;viaxes e experiencias arredor da investigaci\u00f3n e a exploraci\u00f3n cient\u00edfica&#8221; para estudantes e docentes BIPOC (siglas en ingl\u00e9s para &#8220;Black, Indigenous, and\/or People of Color&#8221;, persoas afroamericanas, ind\u00edxenas e\/ou persoas de cor). Actualmente ofrecen dez bolsas para estudantes e outras tantas para docentes de colexios universitarios que se identifiquen como BIPOC para asistir ao campamento espacial nos Estados Unidos. Para obter m\u00e1is informaci\u00f3n sobre a elexibilidade e como solicitar as bolsas pode consultarse <a href=\"https:\/\/proctor.foundation\/\">este sitio web<\/a>.<\/p>\n<p>d) Cumio do Premio Nobel sobre a loita contra a desinformaci\u00f3n e a creaci\u00f3n de confianza na ciencia<\/p>\n<p>Este mes de maio, persoas ga\u00f1adoras do Premio Nobel e outras expertas en diversos campos reuniranse para discutir o impacto da informaci\u00f3n err\u00f3nea na percepci\u00f3n e a confianza do p\u00fablico na ciencia. Para saberdes m\u00e1is, consultade <a href=\"https:\/\/www.nationalacademies.org\/news\/2023\/02\/nobel-prize-summit-on-countering-misinformation-and-building-trust-in-science-to-be-held-may-24-26?utm_source=NASEM+News+and+Publications&amp;utm_campaign=fb04344600-EMAIL_CAMPAIGN_2023_02_06_06_48&amp;utm_medium=email&amp;utm_term=0_-fb04344600-%5BLIST_EMAIL_ID%5D&amp;mc_cid=fb04344600&amp;mc_eid=6c37fdb6ce\">esta ligaz\u00f3n<\/a>.<\/p>\n<p><strong>8) Recursos interesantes<\/strong><\/p>\n<p>a) Investigaci\u00f3n destacada: modelos mentais para a comunicaci\u00f3n cient\u00edfica [contido en ingl\u00e9s]<\/p>\n<p>Neste artigo Kara Morgan e Baruch Fischhoff propo\u00f1en que as instituci\u00f3ns acad\u00e9micas se centren na formaci\u00f3n baseada na evidencia para a comunicaci\u00f3n cient\u00edfica que po\u00f1a o foco en atopar o contido axeitado para abordar o modo de pensar do p\u00fablico, e non o m\u00e9todo de entrega. Salientan que ao centrarse en abordar directamente os modelos mentais das persoas, as persoas que fan ciencia estar\u00e1n mellor equipadas para comunicar a s\u00faa mensaxe. Podedes ler o artigo <a href=\"https:\/\/issues.org\/mental-models-scientists-risk-communication-morgan-fischhoff\/\">aqu\u00ed<\/a>.<\/p>\n<p>b) Intersecci\u00f3n de Arte e Ciencia [Contido en ingl\u00e9s]<\/p>\n<p>A revista Consilience explora a ciencia a trav\u00e9s da arte. Neste n\u00famero, o equipo de Consilience elaborou contidos arredor da idea da percepci\u00f3n, en todas as s\u00faas formas. Podedes descargar o xornal de balde <a href=\"https:\/\/www.consilience-journal.com\/field-notes\">nesta ligaz\u00f3n<\/a>.<\/p>\n<p><strong>9) Traduci\u00f3ns do bolet\u00edn da Oficina IAU para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda do ingl\u00e9s a outros idiomas<\/strong><\/p>\n<p>O noso bolet\u00edn ten traduci\u00f3n aos seguintes idiomas:<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/stargazersbh.wixsite.com\/bsac\/iau\"><strong>\u00c1rabe<\/strong><\/a><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas aos membros do Club de Observaci\u00f3n Astron\u00f3mica de Bahrain.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/sdas.wh.sdu.edu.cn\/info\/1657\/1261.htm\"><strong>Chin\u00e9s (Simplificado)<\/strong><\/a><br \/>\nTraduci\u00f3n grazas ao Dr Chen Cao, Sociedade Astron\u00f3mica Shandong (SDAS) de China.<\/p>\n<p><strong><a href=\"https:\/\/noc-iau.oac.unc.edu.ar\/boletin-informativo-newsletter-de-la-iau-astronomy-outreach\/\">Espa\u00f1ol<\/a><\/strong><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas a Andrea Ahumada, do Observatorio Astron\u00f3mico da Universidad Nacional de C\u00f3rdoba, e Ileana Andruchow, do Inst\u00edtuto de Astrof\u00edsica de La Plata, da Universidad Nacional de La Plata. Poden atoparse\u00a0<a href=\"http:\/\/asafile.blogspot.jp\/p\/blog-page_12.html\">aqu\u00ed<\/a>\u00a0as traduci\u00f3ns dos anteriores bolet\u00edns, feitas por Emilio Z\u00fa\u00f1iga, da Asociaci\u00f3n de Astr\u00f3nomos Aficionados de Le\u00f3n, Nicaragua.<\/p>\n<p><strong><a href=\"https:\/\/haitiastronomie.blogspot.com\/p\/bulletin-dinformationde-luai-sur.html\">Franc\u00e9s<\/a><\/strong><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas ao\u00a0<a href=\"https:\/\/haitiastronomie.blogspot.com\/p\/groupe-de-traduction-haitienne.html\">Grupo Haitiano de Traduci\u00f3n da Astronom\u00eda (GTHA)<\/a>\u00a0da Sociedade Astron\u00f3mica Haitiana.<\/p>\n<p><a href=\"http:\/\/agrupacionio.com\/gl\/tag\/boletin-iau\"><strong>Galego<\/strong><\/a><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas a Martin Pawley e Xabier P\u00e9rez Couto da Agrupaci\u00f3n Astron\u00f3mica Coru\u00f1esa \u00cdo en Espa\u00f1a.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/www.astronomiamo.it\/DivulgazioneAstronomica\/Newsletter-IAU\/last\"><strong>Italiano<\/strong><\/a><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas a Eleonora Piromalli de AstronomiAmo en Italia.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/drive.google.com\/drive\/folders\/1wN1txv57CLoDbLEEwNjStBMk6CrlkTxu?usp=sharing\"><strong>Portugu\u00e9s (europeo)<\/strong><\/a><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas a Catarina Leote, Jo\u00e3o Ferreira e Jonas Souza a trav\u00e9s do grupo de lingua portuguesa da Rede de Traduci\u00f3n Astron\u00f3mica.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/bit.ly\/36XeKZr\"><strong>Xapon\u00e9s<\/strong><\/a><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas a Akihiko Tomita a trav\u00e9s da Rede de Traduci\u00f3n Astron\u00f3mica. Se queres recibir a traduci\u00f3n ao xapon\u00e9s do bolet\u00edn, subscr\u00edbete \u00e1\u00a0<a href=\"http:\/\/www.jaaa-astro.jp\/jaaa-ml.html\">Asociaci\u00f3n Xaponesa de Astronom\u00eda Amadora<\/a>\u00a0ou \u00e1\u00a0<a href=\"http:\/\/www.tenkyo.net\/\">Sociedade Xaponesa pola Educaci\u00f3n e Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda<\/a>.<\/p>\n<div class=\"entry-content\">\n<p><strong>10) Contribuci\u00f3ns ao bolet\u00edn da Oficina IAU para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda<\/strong><\/p>\n<p>Queres facer achegas ao bolet\u00edn informativo da Oficina IAU para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda? Estamos sempre na procura de material sobre divulgaci\u00f3n e comunicaci\u00f3n da astronom\u00eda de todo o mundo para inclu\u00edla no noso seguinte bolet\u00edn. Se tedes alg\u00fan evento astron\u00f3mico, ofrecedes un posto ou oportunidade de traballo, un recurso educativo ou calquera outra cousa que poida ser de interese para a comunidade da divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica, envi\u00e1denos un correo a public@oao.iau.org con m\u00e1is informaci\u00f3n.<\/p>\n<\/div>\n<div class=\"entry-content\">\n<p>Por favor, enviade as vosas suxesti\u00f3ns at\u00e9 o d\u00eda 4 de cada mes (para o primeiro bolet\u00edn) e at\u00e9 o 17 (para o segundo bolet\u00edn). Desexamos recibir noticias vosas!<\/p>\n<p>Traduci\u00f3n: Martin Pawley e Xabier P\u00e9rez Couto (Agrupaci\u00f3n \u00cdo). Podedes consultar o bolet\u00edn en ingl\u00e9s\u00a0<a href=\"https:\/\/mailchi.mp\/iau\/iauoutreachnewsletter_2023feb1\">nesta ligaz\u00f3n<\/a>.<\/p>\n<\/div>\n<p><\/p>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Bolet\u00edn da Oficina IAU para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda Febreiro 2023 #1 Neste bolet\u00edn: Nota editorial Asunto destacado: CAPjournal &#8211; Edici\u00f3n especial sobre planetarios 1) Convocatoria para a participaci\u00f3n global na investigaci\u00f3n sobre educaci\u00f3n cient\u00edfica nos centros de ensino secundario 2) Space Scoop: noticias de todo o universo 3) A \u201cGu\u00eda do Autoestopista\u201d para a educaci\u00f3n astron\u00f3mica, a divulgaci\u00f3n p\u00fablica e a comunicaci\u00f3n 4) Global&#8230; <\/p>\n<p class=\"more\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/galego-boletin-da-oficina-iau-para-a-divulgacion-da-astronomia-febreiro-1-2\/\">Read More<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":12890,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[51],"tags":[188],"class_list":["post-12919","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-noticias-gl","tag-boletin-iau"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12919","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=12919"}],"version-history":[{"count":3,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12919\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":12935,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12919\/revisions\/12935"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/12890"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=12919"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=12919"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=12919"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}