{"id":12915,"date":"2023-01-31T12:00:00","date_gmt":"2023-01-31T12:00:00","guid":{"rendered":"https:\/\/agrupacionio.com\/?p=12915"},"modified":"2023-02-28T12:28:26","modified_gmt":"2023-02-28T12:28:26","slug":"galego-boletin-da-oficina-iau-para-a-divulgacion-da-astronomia-xaneiro-2","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/galego-boletin-da-oficina-iau-para-a-divulgacion-da-astronomia-xaneiro-2\/","title":{"rendered":"Bolet\u00edn da Oficina IAU para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda: Xaneiro #2"},"content":{"rendered":"<p><img fetchpriority=\"high\" decoding=\"async\" class=\"aligncenter size-full wp-image-12890\" src=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2023\/02\/OAO-Newsletter.jpg\" alt=\"\" width=\"1804\" height=\"1080\" srcset=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2023\/02\/OAO-Newsletter.jpg 1804w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2023\/02\/OAO-Newsletter-300x180.jpg 300w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2023\/02\/OAO-Newsletter-768x460.jpg 768w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2023\/02\/OAO-Newsletter-1024x613.jpg 1024w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2023\/02\/OAO-Newsletter-1060x635.jpg 1060w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2023\/02\/OAO-Newsletter-550x329.jpg 550w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2023\/02\/OAO-Newsletter-835x500.jpg 835w\" sizes=\"(max-width: 1804px) 100vw, 1804px\" \/><\/p>\n<p><strong>Bolet\u00edn da Oficina IAU para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda<\/strong><\/p>\n<p><strong>Xaneiro 2023 #2<\/strong><\/p>\n<p>Neste bolet\u00edn:<\/p>\n<p>Nota editorial<br \/>\nAsunto destacado: Convocatoria de Participaci\u00f3n Global na Investigaci\u00f3n sobre Educaci\u00f3n Cient\u00edfica no Ensino Secundario<br \/>\n1) Aberto o rexistro e o env\u00edo de resumos de AstroEDU<br \/>\n2) Aberto o rexistro e o env\u00edo de resumos de APRIM 2023<br \/>\n3) Foro Aberto de Astronom\u00eda Cultural<br \/>\n4) Almorzo Mundial das Mulleres da IUPAC 2023<br \/>\n5) ET &#8211; Un xogo de aventura do sistema solar<br \/>\n6) A ciencia cidad\u00e1 mostra a ameaza da contaminaci\u00f3n luminosa<br \/>\n7) Novas NOC<br \/>\n8) Oportunidades<br \/>\n9) Recursos interesantes<br \/>\n10) Bolet\u00edn da Oficina IAU para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda en linguas diferentes do ingl\u00e9s<br \/>\n11) Contribuci\u00f3ns ao bolet\u00edn da Oficina IAU para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda<\/p>\n<p><strong>Nota editorial<\/strong><\/p>\n<p>Prezadas amigas, amigos e colegas,<\/p>\n<p>Este bolet\u00edn ofrece moitas oportunidades para tecer redes, aprender e crecer. Entre elas hai diversas conferencias, tanto para a comunidade da IAU como para o p\u00fablico en xeral. Por exemplo, todas as persoas interesadas na educaci\u00f3n en astronom\u00eda poden asistir e participar na Conferencia AstroEdu, un evento h\u00edbrido que ter\u00e1 lugar durante o segundo semestre de 2023. Un equipo de investigaci\u00f3n do Observatorio Astron\u00f3mico Nacional de Xap\u00f3n (a nosa organizaci\u00f3n matriz xunto coa IAU) est\u00e1 a realizar investigaci\u00f3ns sobre educaci\u00f3n cient\u00edfica e busca profesionais da educaci\u00f3n de todo o mundo para participar na s\u00faa enquisa. Os resultados ser\u00e1n discutidos na Conferencia AstroEdu, polo que esta \u00e9 unha excelente oportunidade para verdes o impacto dos vosos esforzos!<\/p>\n<p>Tam\u00e9n presentamos un artigo do equipo de GlobeAtNight sobre a ameaza presente da contaminaci\u00f3n luminosa. A\u00ednda que os seus resultados poden ser desalentadores, e quizais metan un pouco de medo, deber\u00edan verse como unha chamada \u00e1 acci\u00f3n para atopar novas formas de combater a contaminaci\u00f3n luminosa nas nosas comunidades. Por exemplo, podedes asinar a petici\u00f3n para establecer unha lexislaci\u00f3n uniforme sobre contaminaci\u00f3n luminosa en Nova Zelanda (a\u00ednda que non sexas neozeland\u00e9s) ou propo\u00f1erlle ao voso goberno local un cambio de pol\u00edtica sobre contaminaci\u00f3n luminosa. Tam\u00e9n podedes participar nunha conversa global sobre o noso planeta en cambio, xunto con xente da astronom\u00eda, ecoloxismo, co\u00f1ecemento ind\u00edxena e cidadan\u00eda en xeral preocupada polo mundo. Sempre hai novos cami\u00f1os para abordarmos os problemas aos que se enfronta o noso planeta. Se tedes m\u00e1is exemplos ou queredes compartir as vosas propias ideas, anim\u00e1mosvos a po\u00f1ervos en contacto!<\/p>\n<p>As nosas Coordinaci\u00f3ns Nacionais de Divulgaci\u00f3n (NOC) est\u00e1n planificando a s\u00faa listaxe de actividades de 2023, inclu\u00edda a preparaci\u00f3n do evento Mulleres e Nenas na Astronom\u00eda que se lanzar\u00e1 o pr\u00f3ximo mes. Agradecemos a toda a rede NOC o seu continuo e incans\u00e1bel esforzo para avanzar na ciencia da astronom\u00eda.<\/p>\n<p>Que te\u00f1ades uns ceos escuros e tranquilos,<\/p>\n<p>Kelly Blumenthal, en nome do equipo da Oficina IAU para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda<\/p>\n<p><strong>Convocatoria de Participaci\u00f3n Global na Investigaci\u00f3n sobre Educaci\u00f3n Cient\u00edfica en Ensino Secundario<\/strong><\/p>\n<p>En Xap\u00f3n, as directrices nacionais do curr\u00edculo de secundaria que entraron en vigor este ano a\u00ednda obrigan a que o alumnado escolla entre f\u00edsica, qu\u00edmica, biolox\u00eda e xeolox\u00eda. Por\u00e9n, para resolver os diversos problemas aos que se enfronta a sociedade moderna, inclu\u00edda a ciencia, a tecnolox\u00eda e o medio ambiente global, non \u00e9 suficiente unha educaci\u00f3n separada: requ\u00edrese unha educaci\u00f3n cient\u00edfica integrada.<\/p>\n<p>Un equipo de investigaci\u00f3n do Observatorio Astron\u00f3mico Nacional de Xap\u00f3n (NAOJ) espera dese\u00f1ar un novo curr\u00edculo para a educaci\u00f3n cient\u00edfica nas escolas secundarias xaponesas que aborde a necesidade emerxente de comprensi\u00f3n cient\u00edfica interdisciplinar. Con este obxectivo, realizar\u00e1n un estudo comparativo para comprender a comunicaci\u00f3n cient\u00edfica noutros pa\u00edses, mais precisan da vosa axuda! Podedes atopar a s\u00faa enquisa r\u00e1pida <a href=\"https:\/\/docs.google.com\/forms\/d\/e\/1FAIpQLSfwPoMynEPOvyR5Bfr5eWmFZ3Yi1xnCM5rltnFg4VIBfQS2cg\/viewform\">aqu\u00ed<\/a>.<\/p>\n<p><strong>1) Aberto o rexistro e o env\u00edo de resumos de AstroEDU<\/strong><\/p>\n<p>Xa est\u00e1 aberta <a href=\"https:\/\/astroeducon.org\/2023\/#registration\">a inscrici\u00f3n<\/a> e o <a href=\"https:\/\/astroeducon.org\/2023\/#abstracts\">env\u00edo de resumos<\/a> para a Conferencia de Educaci\u00f3n en Astronom\u00eda (AstroEdu): &#8220;Bridging Research &amp; Practice&#8221;. A conferencia celebrarase en Toronto do 10 ao 12 de maio de 2023 e ser\u00e1 organizada polo Instituto Dunlap de Astronom\u00eda e Astrof\u00edsica. AstroEdu 2023 reunir\u00e1 a persoas de todo o mundo para discutiren os \u00faltimos desenvolvementos na educaci\u00f3n en astronom\u00eda a todos os niveis. Todas as persoas interesadas na educaci\u00f3n en astronom\u00eda poden participar.<\/p>\n<p>A reuni\u00f3n celebrarase nun formato h\u00edbrido, con participantes presentes no campus da Universidade de Toronto as\u00ed como en li\u00f1a. Para obterdes m\u00e1is informaci\u00f3n sobre a conferencia, rexistrarse ou enviar un resumo, visitade o <a href=\"https:\/\/astroeducon.org\/2023\/\">sitio web da conferencia<\/a>.<\/p>\n<p>Para facilitar a maior participaci\u00f3n pos\u00edbel, as taxas de inscrici\u00f3n ir\u00e1n relacionadas coa Renda Nacional Bruta, con tarifas reducidas para quen participe virtualmente. Disporase dun n\u00famero limitado de bolsas de viaxe, patrocinadas en parte pola Uni\u00f3n Astron\u00f3mica Internacional (IAU).<\/p>\n<p><strong>2) Aberto o rexistro e o env\u00edo de resumos de APRIM 2023<\/strong><\/p>\n<p>A Reuni\u00f3n Rexional da IAU Asia-Pac\u00edfico de 2023 (APRIM) ter\u00e1 lugar do 7 ao 11 de agosto de 2023 en Koriyama, Xap\u00f3n. O env\u00edo de resumos e a inscrici\u00f3n na conferencia xa est\u00e1n abertas! M\u00e1is informaci\u00f3n sobre a s\u00faa convocatoria de resumos <a href=\"https:\/\/aprim2023.org\/call-for-abstracts\/\">aqu\u00ed<\/a> e sobre o procedemento de inscrici\u00f3n <a href=\"https:\/\/aprim2023.org\/registration\/\">nesta ligaz\u00f3n<\/a>.<\/p>\n<p><strong>3) Foro Aberto de Astronom\u00eda Cultural<\/strong><\/p>\n<p>O Foro Aberto de Astronom\u00eda Cultural (Open Cultural Astronomy Forum, OCAF) c\u00e9ntrase nas formas en que diversas culturas percibiron os obxectos celestes, coa esperanza de comprender mellor o papel da astronom\u00eda nas culturas e a influencia destas na astronom\u00eda actual. O pr\u00f3ximo seminario OCAF ter\u00e1 lugar o 2 de febreiro \u00e1s 23:00 UTC a trav\u00e9s de Zoom. A doutora Mia de los Reyes, nunha charla titulada &#8220;\u00bfQue hai nun nome?&#8221;, analizar\u00e1 o co\u00f1ecemento astron\u00f3mico das comunidades ind\u00edxenas que atopou Magallanes na s\u00faa primeira expedici\u00f3n para dar a volta ao globo.<\/p>\n<p>Para obter m\u00e1is informaci\u00f3n, incluido como conectarse, consultade a <a href=\"http:\/\/ocaf.pbworks.com\/\">p\u00e1xina web de OCAF<\/a>.<\/p>\n<p><strong>4) Almorzo Mundial das Mulleres da IUPAC 2023<\/strong><\/p>\n<p>O <a href=\"https:\/\/iupac.org\/gwb\/2023\/\">Almorzo Mundial das Mulleres da IUPAC<\/a> (#GWB2023) celebrarase o 14 de febreiro de 2023 conxuntamente co D\u00eda da Muller e a Nena na Ciencia da ONU. O obxectivo dos eventos GWB \u00e9 establecer unha rede activa de persoas de todos os x\u00e9neros para superarmos as barreiras \u00e1 igualdade de x\u00e9nero na ciencia.<\/p>\n<p>O tema de #GWB2023 \u00e9 &#8220;Romper as barreiras na ciencia&#8221;. Conv\u00eddase a acoller eventos a grupos de todo tipo de organizaci\u00f3ns cient\u00edficas, inclu\u00edndo institutos, sociedades cient\u00edficas, universidades, empresas, gobernos e organizaci\u00f3ns non gobernamentais. GWB \u00e9 tam\u00e9n un evento destacado do Ano Internacional das Ciencias B\u00e1sicas para o Desenvolvemento Sost\u00edbel, que re\u00fane a persoas de todas as disciplinas cient\u00edficas.<\/p>\n<p><strong>5) ET &#8211; Un xogo de aventura do sistema solar<\/strong><\/p>\n<p>O Grupo de Comunicaci\u00f3n Cient\u00edfica do Instituto de Astrof\u00edsica e Ciencias Espaciais de Portugal acaba de lanzar un xogo de mesa sobre o Sistema Solar chamado &#8220;ET \u2013 Uma Aventura no Sistema Solar&#8221;. A\u00ednda que actualmente s\u00f3 est\u00e1 dispo\u00f1\u00edbel en formato &#8220;imprimir e xogar&#8221;, este xogo p\u00f3dese descargar gratuitamente tanto en portugu\u00e9s como en ingl\u00e9s. A produci\u00f3n deste xogo foi financiada polo Europlanet Public Engagement Funding Scheme.<\/p>\n<p>Podedes ler a nota de prensa <a href=\"https:\/\/bit.ly\/ET-game\">aqu\u00ed<\/a>, ver un pequeno v\u00eddeo promocional <a href=\"https:\/\/www.youtube.com\/watch?v=b8zODYpc8TE\">aqu\u00ed<\/a> e descargar o xogo <a href=\"https:\/\/divulgacao.iastro.pt\/en\/et-a-solar-system-adventure-game\/\">aqu\u00ed<\/a>.<\/p>\n<p><strong>6) A ciencia cidad\u00e1 mostra a ameaza da contaminaci\u00f3n luminosa<\/strong><\/p>\n<p>Globe at Night \u00e9 unha campa\u00f1a internacional de ciencia cidad\u00e1 que, durante os \u00faltimos 17 anos, pediu a xente de todo o mundo que valorase o brillo do ceo nocturno onde viven. Ao analizar decenas de miles de observaci\u00f3ns de Globe at Night feitas por persoas de todo o mundo, un grupo de investigaci\u00f3n descubriu que a xente informa agora de menos estrelas, o que se corresponde cun aumento do brillo do ceo nocturno do 9,6% cada ano. Estes datos mostran a extrema necesidade de estratexias de mitigaci\u00f3n da contaminaci\u00f3n luminosa. Podedes ler o <a href=\"https:\/\/www.science.org\/doi\/10.1126\/science.abq7781\">artigo completo de Science<\/a>, a <a href=\"https:\/\/noirlab.edu\/public\/news\/noirlab2302\/\">nota de prensa de NOIRLab<\/a> e a <a href=\"https:\/\/www.darksky.org\/new-study-highlights-the-need-for-urgent-action-to-reverse-runaway-light-pollution\/\">nota de prensa da International Dark-Sky Association<\/a>.<\/p>\n<p><strong>7) Novas NOC<\/strong><\/p>\n<p>a) Exipto<\/p>\n<p>O 18 de xaneiro de 2022, o NRIAG, xunto coa nosa <a href=\"https:\/\/sites.google.com\/oao.iau.org\/iauoaonews\/national-pages\/Egypt\">NOC de Exipto<\/a>, a doutora Somaya Saad, recibiu estudantes da Future Vanguards School for Languages do distrito de Nasr, que est\u00e1 asociada a un programa da UNESCO. A viaxe comezou cunha visita ao Museo de Ciencia e \u00e1 Rede Nacional de Terremotos. O alumnado tam\u00e9n visitou o telescopio solar e o reloxo de sol, e aprendeu a usar o reloxo solar e a determinar as direcci\u00f3ns. Ademais, o equipo NOC de Exipto organizou unha conferencia p\u00fablica sobre os fen\u00f3menos e eventos astron\u00f3micos m\u00e1is importantes de 2023.<\/p>\n<p>b) Iraq<\/p>\n<p>Por iniciativa das oficinas da IAU na rexi\u00f3n \u00e1rabe para a educaci\u00f3n e a divulgaci\u00f3n da astronom\u00eda, o <a href=\"https:\/\/sites.google.com\/oao.iau.org\/iauoaonews\/national-pages\/asia-iraq\">NOC e NAEC de Iraq<\/a> Ali Jaber Al-Edhari presentou as teor\u00edas sobre a creaci\u00f3n do universo. O seminario web desenvolveuse en \u00e1rabe a trav\u00e9s de Zoom.<\/p>\n<p><strong>8) Oportunidades<\/strong><\/p>\n<p>a) Participade! Asinade a petici\u00f3n de ceos escuros e tranquilos en Nova Zelanda!<\/p>\n<p>Nunha petici\u00f3n presentada ao Parlamento de Nova Zelanda, o autor propuxo que se introduza unha lexislaci\u00f3n nacional para reducir a contaminaci\u00f3n luminosa e promover os ceos escuros. Argumentan que se isto se fai a nivel nacional, o proceso de obtenci\u00f3n da acreditaci\u00f3n de Dark Sky Places en NZ ser\u00e1 moito m\u00e1is sinxelo, xa que todo o pa\u00eds ter\u00e1 unha lei uniforme de reduci\u00f3n da contaminaci\u00f3n luminosa. Ademais, isto deber\u00eda reducir en gran medida os esforzos dos concellos e distritos.<\/p>\n<p>Calquera persoa pode apoiar esta petici\u00f3n asin\u00e1ndoa en li\u00f1a, mesmo aquelas que non sexan neozelandesas.<br \/>\nPodedes <a href=\"https:\/\/drive.google.com\/file\/d\/1ox5cA5sKodkdxpnPBHhSxxMSSdZYVkO9\/view?usp=share_link\">ler este documento<\/a> para saber m\u00e1is sobre a necesidade de controlar a contaminaci\u00f3n luminosa en Nova Zelanda. Lede e asinade a petici\u00f3n <a href=\"https:\/\/www.parliament.nz\/en\/pb\/petitions\/document\/PET_130407\/petition-of-john-hearnshaw-new-zealand-needs-a-national\">aqu\u00ed<\/a>.<\/p>\n<p>b) Cumio NEREID 2023: O noso planeta cambiante<\/p>\n<p>A Rede pola Investigaci\u00f3n, Educaci\u00f3n e Innovaci\u00f3n con datos sobre a Terra e o Espazo (Network for Earth-space Research, Education, and Innovation with Data, NEREID) acolle unha conferencia colaborativa de 3 d\u00edas que ten como obxectivo reunir persoas dunha gran variedade de campos e procedencias para explorar os desaf\u00edos e soluci\u00f3ns en torno ao noso planeta en cambio. Para m\u00e1is informaci\u00f3n consultade <a href=\"https:\/\/www.earthspacenetwork.org\/meeting-info\">o seu sitio web<\/a>.<\/p>\n<p>c) Descolonizar Universidades e Epistemolox\u00edas<\/p>\n<p>Este evento h\u00edbrido, que forma parte da Conferencia SDG 2023 de Bergen, permite que as persoas participantes exploren a importancia da descolonizaci\u00f3n para a consecuci\u00f3n dos Obxectivos de Desenvolvemento Sost\u00edbel (ODS) da ONU. Podedes rexistrarvos neste evento <a href=\"https:\/\/gripinequality.org\/event\/day-zero-sdg-bergen-2023-decolonising-universities-and-epistemologies\/\">nesta ligaz\u00f3n<\/a> e descubrir m\u00e1is sobre a conferencia <a href=\"https:\/\/www.uib.no\/en\/sdgconference\/157278\/day-zero-2023#the-energy-transition-cross-disciplinary-teaching\">aqu\u00ed<\/a>.<\/p>\n<p>d) Obradoiros gratu\u00edtos de comunicaci\u00f3n cient\u00edfica de GlobalSCAPE<\/p>\n<p>En febreiro de 2023, GlobalSCAPE levar\u00e1 a cabo un conxunto de obradoiros en li\u00f1a gratu\u00edtos, cada un composto por d\u00faas sesi\u00f3ns de 2 horas. Os obradoiros son estes: \u201cRelevancia global na comunicaci\u00f3n cient\u00edfica\u201d e \u201cXustiza, equidade, diversidade e inclusi\u00f3n na comunicaci\u00f3n cient\u00edfica\u201d, e repetiranse catro veces para axustarse a diversos fusos horarios. Para m\u00e1is informaci\u00f3n e rexistro, consultade <a href=\"https:\/\/global-scape.eu\/free-training-workshops-for-science-communicators\/\">esta ligaz\u00f3n<\/a>.<\/p>\n<p>e) Premio de Ciencia Cidad\u00e1 da UE<\/p>\n<p>Co\u00f1ecedes algu\u00e9n que se dedique \u00e1 ciencia cidad\u00e1? Podedes nominar esas persoas para este novo premio financiado pola UE e operado por Ars Electronica. Para m\u00e1is informaci\u00f3n, consultade <a href=\"https:\/\/ars.electronica.art\/citizenscience\/en\/\">esta ligaz\u00f3n<\/a>.<\/p>\n<p><strong>9) Recursos interesantes<\/strong><\/p>\n<p>a) C\u00f3mic sobre radioastronom\u00eda e VLBI [Contido en ingl\u00e9s e franc\u00e9s]<\/p>\n<p>No marco do proxecto <a href=\"https:\/\/jumping.jive.eu\/\">H2020 JUMPING JIVE<\/a> coordinado polo Joint Institute for VLBI ERIC (JIVE), o CNRS encargou unha banda dese\u00f1ada sobre a t\u00e9cnica de Interferometr\u00eda de Moi Longa Base (VLBI) que xa est\u00e1 dispo\u00f1\u00edbel tanto <a href=\"https:\/\/www.jive.eu\/sites\/default\/files\/shared\/VLBI_comics\/JJ%20VLBI%20Comic%20English.pdf\">en ingl\u00e9s<\/a> como <a href=\"https:\/\/www.jive.eu\/sites\/default\/files\/shared\/VLBI_comics\/JJ%20VLBI%20Comic%20French.pdf\">en franc\u00e9s<\/a>. No c\u00f3mic, d\u00faas amigas emb\u00e1rcanse nunha viaxe polo espazo animadas pola curiosidade logo de ver a primeira imaxe dun buraco negro. Na s\u00faa viaxe, aprenden cousas sobre VLBI, as s\u00faas aplicaci\u00f3ns, a Rede Europea VLBI (EVN) e o Square Kilometer Array (SKA).<\/p>\n<p>b) Investigaci\u00f3n destacada: como debemos organizar a formaci\u00f3n en comunicaci\u00f3n cient\u00edfica para acadar competencias? [Contido en ingl\u00e9s]<\/p>\n<p>No seu \u00faltimo traballo Bruce Lewenstein e Ayelet Baram-Tsabari, que investigan en comunicaci\u00f3n cient\u00edfica, conceptualizan esta como unha comunidade de pr\u00e1ctica. Podedes <a href=\"https:\/\/www.tandfonline.com\/doi\/epdf\/10.1080\/21548455.2022.2136985\">ler m\u00e1is aqu\u00ed<\/a> sobre como unen a teor\u00eda e a pr\u00e1ctica para definir &#8220;conceptos limiar&#8221; e &#8220;progresi\u00f3ns de aprendizaxe&#8221; para navegardes mellor neste campo en crecemento.<\/p>\n<p><strong>10) Traduci\u00f3ns do bolet\u00edn da Oficina IAU para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda do ingl\u00e9s a outros idiomas<\/strong><\/p>\n<p>O noso bolet\u00edn ten traduci\u00f3n aos seguintes idiomas:<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/stargazersbh.wixsite.com\/bsac\/iau\"><strong>\u00c1rabe<\/strong><\/a><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas aos membros do Club de Observaci\u00f3n Astron\u00f3mica de Bahrain.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/sdas.wh.sdu.edu.cn\/info\/1657\/1261.htm\"><strong>Chin\u00e9s (Simplificado)<\/strong><\/a><br \/>\nTraduci\u00f3n grazas ao Dr Chen Cao, Sociedade Astron\u00f3mica Shandong (SDAS) de China.<\/p>\n<p><strong><a href=\"https:\/\/noc-iau.oac.unc.edu.ar\/boletin-informativo-newsletter-de-la-iau-astronomy-outreach\/\">Espa\u00f1ol<\/a><\/strong><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas a Andrea Ahumada, do Observatorio Astron\u00f3mico da Universidad Nacional de C\u00f3rdoba, e Ileana Andruchow, do Inst\u00edtuto de Astrof\u00edsica de La Plata, da Universidad Nacional de La Plata. Poden atoparse\u00a0<a href=\"http:\/\/asafile.blogspot.jp\/p\/blog-page_12.html\">aqu\u00ed<\/a>\u00a0as traduci\u00f3ns dos anteriores bolet\u00edns, feitas por Emilio Z\u00fa\u00f1iga, da Asociaci\u00f3n de Astr\u00f3nomos Aficionados de Le\u00f3n, Nicaragua.<\/p>\n<p><strong><a href=\"https:\/\/haitiastronomie.blogspot.com\/p\/bulletin-dinformationde-luai-sur.html\">Franc\u00e9s<\/a><\/strong><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas ao\u00a0<a href=\"https:\/\/haitiastronomie.blogspot.com\/p\/groupe-de-traduction-haitienne.html\">Grupo Haitiano de Traduci\u00f3n da Astronom\u00eda (GTHA)<\/a>\u00a0da Sociedade Astron\u00f3mica Haitiana.<\/p>\n<p><a href=\"http:\/\/agrupacionio.com\/gl\/tag\/boletin-iau\"><strong>Galego<\/strong><\/a><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas a Martin Pawley e Xabier P\u00e9rez Couto da Agrupaci\u00f3n Astron\u00f3mica Coru\u00f1esa \u00cdo en Espa\u00f1a.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/www.astronomiamo.it\/DivulgazioneAstronomica\/Newsletter-IAU\/last\"><strong>Italiano<\/strong><\/a><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas a Eleonora Piromalli de AstronomiAmo en Italia.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/drive.google.com\/drive\/folders\/1wN1txv57CLoDbLEEwNjStBMk6CrlkTxu?usp=sharing\"><strong>Portugu\u00e9s (europeo)<\/strong><\/a><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas a Catarina Leote, Jo\u00e3o Ferreira e Jonas Souza a trav\u00e9s do grupo de lingua portuguesa da Rede de Traduci\u00f3n Astron\u00f3mica.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/bit.ly\/36XeKZr\"><strong>Xapon\u00e9s<\/strong><\/a><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas a Akihiko Tomita a trav\u00e9s da Rede de Traduci\u00f3n Astron\u00f3mica. Se queres recibir a traduci\u00f3n ao xapon\u00e9s do bolet\u00edn, subscr\u00edbete \u00e1\u00a0<a href=\"http:\/\/www.jaaa-astro.jp\/jaaa-ml.html\">Asociaci\u00f3n Xaponesa de Astronom\u00eda Amadora<\/a>\u00a0ou \u00e1\u00a0<a href=\"http:\/\/www.tenkyo.net\/\">Sociedade Xaponesa pola Educaci\u00f3n e Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda<\/a>.<\/p>\n<div class=\"entry-content\">\n<p><strong>11) Contribuci\u00f3ns ao bolet\u00edn da Oficina IAU para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda<\/strong><\/p>\n<p>Queres facer achegas ao bolet\u00edn informativo da Oficina IAU para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda? Estamos sempre na procura de material sobre divulgaci\u00f3n e comunicaci\u00f3n da astronom\u00eda de todo o mundo para inclu\u00edla no noso seguinte bolet\u00edn. Se tedes alg\u00fan evento astron\u00f3mico, ofrecedes un posto ou oportunidade de traballo, un recurso educativo ou calquera outra cousa que poida ser de interese para a comunidade da divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica, envi\u00e1denos un correo a public@oao.iau.org con m\u00e1is informaci\u00f3n.<\/p>\n<\/div>\n<div class=\"entry-content\">\n<p>Por favor, enviade as vosas suxesti\u00f3ns at\u00e9 o d\u00eda 4 de cada mes (para o primeiro bolet\u00edn) e at\u00e9 o 17 (para o segundo bolet\u00edn). Desexamos recibir noticias vosas!<\/p>\n<p>Traduci\u00f3n: Martin Pawley e Xabier P\u00e9rez Couto (Agrupaci\u00f3n \u00cdo). Podedes consultar o bolet\u00edn en ingl\u00e9s <a href=\"https:\/\/mailchi.mp\/iau\/iauoutreachnewsletter_2023jan2\">nesta ligaz\u00f3n<\/a>.<\/p>\n<\/div>\n<p><\/p>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Bolet\u00edn da Oficina IAU para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda Xaneiro 2023 #2 Neste bolet\u00edn: Nota editorial Asunto destacado: Convocatoria de Participaci\u00f3n Global na Investigaci\u00f3n sobre Educaci\u00f3n Cient\u00edfica no Ensino Secundario 1) Aberto o rexistro e o env\u00edo de resumos de AstroEDU 2) Aberto o rexistro e o env\u00edo de resumos de APRIM 2023 3) Foro Aberto de Astronom\u00eda Cultural 4) Almorzo Mundial das Mulleres da&#8230; <\/p>\n<p class=\"more\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/galego-boletin-da-oficina-iau-para-a-divulgacion-da-astronomia-xaneiro-2\/\">Read More<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":12890,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[51],"tags":[188],"class_list":["post-12915","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-noticias-gl","tag-boletin-iau"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12915","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=12915"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12915\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":12917,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12915\/revisions\/12917"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/12890"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=12915"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=12915"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=12915"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}