{"id":12869,"date":"2022-12-30T15:00:40","date_gmt":"2022-12-30T15:00:40","guid":{"rendered":"https:\/\/agrupacionio.com\/?p=12869"},"modified":"2023-01-04T11:20:46","modified_gmt":"2023-01-04T11:20:46","slug":"galego-boletin-iau-de-divulgacion-da-astronomia-decembro-2-2","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/galego-boletin-iau-de-divulgacion-da-astronomia-decembro-2-2\/","title":{"rendered":"Bolet\u00edn IAU de divulgaci\u00f3n da astronom\u00eda: Decembro #2"},"content":{"rendered":"<p><img fetchpriority=\"high\" decoding=\"async\" class=\"aligncenter size-full wp-image-11402\" src=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2020\/09\/IAU100-Bolet\u00edn-blog-2020.jpg\" alt=\"\" width=\"1200\" height=\"718\" srcset=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2020\/09\/IAU100-Bolet\u00edn-blog-2020.jpg 1200w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2020\/09\/IAU100-Bolet\u00edn-blog-2020-300x180.jpg 300w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2020\/09\/IAU100-Bolet\u00edn-blog-2020-768x460.jpg 768w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2020\/09\/IAU100-Bolet\u00edn-blog-2020-1024x613.jpg 1024w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2020\/09\/IAU100-Bolet\u00edn-blog-2020-1060x634.jpg 1060w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2020\/09\/IAU100-Bolet\u00edn-blog-2020-550x329.jpg 550w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2020\/09\/IAU100-Bolet\u00edn-blog-2020-836x500.jpg 836w\" sizes=\"(max-width: 1200px) 100vw, 1200px\" \/><strong>Bolet\u00edn IAU de divulgaci\u00f3n da astronom\u00eda<\/strong><\/p>\n<p><strong>Decembro #2<\/strong><\/p>\n<p>Neste bolet\u00edn:<\/p>\n<p>Nota editorial<br \/>\nResumo do ano:<br \/>\n1) Mulleres e nenas na astronom\u00eda<br \/>\n2) Telescopios para todas as persoas<br \/>\n3) Ceos escuros e tranquilos<br \/>\n4) Baixo un mesmo ceo<br \/>\n5) Co\u00f1ece as persoas que fan astronom\u00eda na IAU!<br \/>\n6) XXXI Asemblea Xeral da IAU<br \/>\n7) 100 horas de astronom\u00eda<br \/>\n8) NameExoWorlds 2022<br \/>\n9) Tr\u00edptico CAP (Comunicar a Astronom\u00eda co P\u00fablico)<br \/>\n10) Nova asociaci\u00f3n: MOU OAO-IA<br \/>\n11) Traduci\u00f3ns do bolet\u00edn da Oficina IAU para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda do ingl\u00e9s a outros idiomas<\/p>\n<p><strong>Nota editorial<\/strong><\/p>\n<p>Prezadas amigas, amigos e colegas,<\/p>\n<p>Mentres rematamos as nosas celebraci\u00f3ns do d\u00e9cimo aniversario, \u00e9 hora de reflexionarmos sobre todas as marabillosas oportunidades que 2022 trouxo \u00e1 Oficina de Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda. A nosa directora, Lina Canas, e a oficial de divulgaci\u00f3n internacional, Suzana Filipecki Martins, contan agora co apoio de Kelly Blumenthal, a nova subdirectora da OAO. O equipo tam\u00e9n se expandiu para inclu\u00edr a Miho Matsumoto, que foi fundamental para afondar na nosa comprensi\u00f3n da comunidade da comunicaci\u00f3n cient\u00edfica xaponesa, e Matipon Tangmatitham, que chegou a n\u00f3s como bolseiro do Instituto Nacional de Investigaci\u00f3n Astron\u00f3mica de Tailandia.<\/p>\n<p>Este ano tam\u00e9n nos gustou traballar co noso Comit\u00e9 de Direcci\u00f3n para atopar un cami\u00f1o a seguir que maximice o noso impacto e alcance. Seguimos d\u00e1ndolle as grazas ao noso Director Supervisor, Hidehiko Agata, que a trav\u00e9s do seu continuo asesoramento e xenerosidade apoiou a Oficina durante a \u00faltima d\u00e9cada, contribu\u00edndo ao \u00e9xito que \u00e9 hoxe. Tam\u00e9n gozamos do apoio inquebrant\u00e1bel de Makiko Aoki e outras persoas no Observatorio Astron\u00f3mico Nacional de Xap\u00f3n. Sen a s\u00faa axuda, a OAO non ser\u00eda o mesmo.<\/p>\n<p>Ao longo de todo o ano os equipos das coordinaci\u00f3ns nacionais de divulgaci\u00f3n, formados por persoas voluntarias, desenvolveron programas incr\u00edbeis nas s\u00faas comunidades e compartiron o seu amor e entusiasmo pola astronom\u00eda. Tam\u00e9n queremos agradecervos a vosa participaci\u00f3n nas nosas iniciativas e contribu\u00edr as\u00ed ao avance da astronom\u00eda. E, por \u00faltimo, queremos darlles as grazas \u00e1s persoas que traducen o bolet\u00edn: o Bahrain Stargazers Astronomy Club (\u00e1rabe), Chen Cao (chin\u00e9s simplificado), o grupo de traduci\u00f3n astron\u00f3mica de Hait\u00ed (franc\u00e9s), Martin Pawley e Xabier P\u00e9rez Couto (galego), Eleonora Piromalli (italiano), Akihiko Tomita (xapon\u00e9s), Catarina Leote e Jo\u00e3o Ferreira (portugu\u00e9s) e Andrea Ahumada e Ileana Andruchow (espa\u00f1ol). Grazas polas innumer\u00e1beis horas que dedicastes a facer que este bolet\u00edn sexa m\u00e1is acces\u00edbel en todo o mundo.<\/p>\n<p>Grazas por facer deste ano o mellor ano que a OAO viu. Agardamos que pasedes unhas marabillosas vacaci\u00f3ns e un feliz 2023. Desexamos seguir acheg\u00e1ndovos o \u00faltimo en divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica da IAU e m\u00e1is al\u00e1!<\/p>\n<p>Que te\u00f1ades uns ceos escuros e tranquilos,<\/p>\n<p>Kelly Blumenthal, en nome do equipo da Oficina IAU para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda<\/p>\n<p><strong>1) Mulleres e nenas na astronom\u00eda<\/strong><\/p>\n<p>Este ano colaboramos co Grupo de Traballo do Comit\u00e9 Executivo da IAU Mulleres en Astronom\u00eda para destacar as contribuci\u00f3ns das mulleres e as nenas na astronom\u00eda. Organizamos un concurso de debuxo para representar unha astr\u00f3noma (o premio para a persoa ga\u00f1adora foi un telescopio de SSVI), lanzamos unha campa\u00f1a nas redes sociais e realizamos unha serie de entrevistas a unha serie de astr\u00f3nomas que se identifican como mulleres. Podes ver a listaxe de entrevistas <a href=\"https:\/\/youtube.com\/playlist?list=PLqscU0F-NkNRU4MnjQC-p-QrDJxWzud1W\">nesta ligaz\u00f3n<\/a>. En todo o mundo, houbo m\u00e1is de 250 eventos das coordinaci\u00f3ns nacionais de divulgaci\u00f3n (NOC) da IAU e doutras entidades, que involucraron a m\u00e1is de 3.000 persoas en total.<\/p>\n<p>Para m\u00e1is informaci\u00f3n, <a href=\"https:\/\/www.iau.org\/public\/women-and-girls-in-astronomy\/\">consulta esta ligaz\u00f3n<\/a>.<\/p>\n<p><strong>2) Telescopios para todas as persoas<\/strong><\/p>\n<p>A Oficina IAU para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda (OAO), xunto cos nosos parceiros Stars Shine for Everyone (Sterren Schitteren voor Iedereen, SSVI) e a Universidade de Leiden, outorgaron 15 telescopios a comunidades desfavorecidas de todo o mundo no marco do proxecto &#8220;Telescopios para todas as persoas&#8221;. Este proxecto busca ampliar os horizontes das crianzas, pais e nais e persoas que se dedican \u00e1 educaci\u00f3n para espertar o interese pola ciencia e promover a igualdade de oportunidades no acceso \u00e1 astronom\u00eda. Este ano recibimos 104 solicitudes de 35 pa\u00edses. As propostas seleccionadas achegar\u00e1n telescopios a comunidades desatendidas de Puerto Rico e a pacientes con cancro infantil en Iraq; contribuir\u00e1n a abordar as disparidades educativas en Chad, Bangladesh e Madagascar; e mellorar\u00e1n o acceso \u00e1 educaci\u00f3n CTEAM en M\u00e9xico e as comunidades rurais de Botswana. Cada unha das propostas ga\u00f1adoras ampl\u00eda o acceso e o co\u00f1ecemento do p\u00fablico sobre a astronom\u00eda, dous dos principais obxectivos da OAO.<\/p>\n<p>Para m\u00e1is informaci\u00f3n, <a href=\"https:\/\/www.iau.org\/public\/telescopecollaboration\/\">visita este sitio web<\/a>.<\/p>\n<p><strong>3) Ceos escuros e tranquilos<\/strong><\/p>\n<p>En 2022 coordin\u00e1monos co D\u00eda Internacional da Luz, o Centro para a Protecci\u00f3n do Ceo Escuro e Tranquilo contra a Interferencia das Constelaci\u00f3ns de Sat\u00e9lites e a Comisi\u00f3n B7 da IAU sobre a Protecci\u00f3n de Sitios de Observatorios Existentes e Potenciais para planificar un mes de celebraci\u00f3n sobre os ceos escuros. Organizamos un concurso de arte no que se lle pediu \u00e1s persoas participantes que comunicaran artisticamente a s\u00faa relaci\u00f3n co ceo e teren as\u00ed a oportunidade de ga\u00f1ar un telescopio doado por SSVI e en paralelo realizamos unha campa\u00f1a en redes sociais centrada na concienciaci\u00f3n. Tam\u00e9n celebramos un seminario que se transmitiu en directo por Zoom e YouTube que atraeu a 310 persoas en li\u00f1a de todos os continentes (excepto a Ant\u00e1rtida) e preto de 2.700 visitas at\u00e9 a data.<\/p>\n<p>Para saber m\u00e1is, <a href=\"https:\/\/www.iau.org\/public\/darkskiesawareness\/\">consulta esta ligaz\u00f3n<\/a>.<\/p>\n<p><strong>4) Baixo un mesmo ceo<\/strong><\/p>\n<p>A convocatoria da IAU &#8220;Baixo un mesmo ceo&#8221; apoiou proxectos que usan a astronom\u00eda cultural, a divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica e a comunicaci\u00f3n astron\u00f3mica para reco\u00f1ecer o co\u00f1ecemento ind\u00edxena e respectar os sistemas de aprendizaxe ind\u00edxenas cun achegamento baseado nos dereitos. Este programa \u00e9 un legado das celebraci\u00f3ns IAU100 e foi pos\u00edbel grazas ao xeneroso apoio do Observatorio de Leiden e do Premio de Comunicaci\u00f3n NWO 2020. Os cinco proxectos galardoados recibiron at\u00e9 2.000 euros para desenvolver actividades durante o D\u00eda Internacional dos Pobos Ind\u00edxenas do Mundo das Naci\u00f3ns Unidas (9 de agosto de 2022).<\/p>\n<p>Para m\u00e1is informaci\u00f3n, <a href=\"https:\/\/www.iau.org\/news\/announcements\/detail\/ann22031\/\">visita este sitio web<\/a>.<\/p>\n<p><strong>5) Co\u00f1ece as persoas que fan astronom\u00eda na IAU!<\/strong><\/p>\n<p>En 2022 relanzamos o programa \u201cMeet the IAU Astronomers\u201d, que conecta a comunidade astron\u00f3mica amadora, xente que se dedica \u00e1 educaci\u00f3n informal e profesorado con profesionais da astronom\u00eda da IAU en eventos virtuais ou presenciais. A trav\u00e9s destes encontros, as persoas membros da IAU falan con crianzas, adultos e p\u00fablico en xeral sobre temas de investigaci\u00f3n astron\u00f3mica, a importancia da astronom\u00eda para a sociedade e a elecci\u00f3n da astronom\u00eda como carreira. O programa \u201cMeet the IAU Astronomers\u201d ten como obxectivo que calquera comunidade poida co\u00f1ecer profesionais da astronom\u00eda e compartir as marabillas do universo independentemente de onde estean no mundo.<\/p>\n<p>Para saber m\u00e1is, <a href=\"https:\/\/www.iau.org\/public\/meettheiauastronomers\/\">consulta esta ligaz\u00f3n<\/a>.<\/p>\n<p><strong>6) XXXI Asemblea Xeral da IAU<\/strong><\/p>\n<p>Durante a Asemblea Xeral da IAU de 2022 en Busan, Corea do Sur, a OAO participou e dirixiu unha serie de eventos para involucrar xente que se dedica \u00e1 comunicaci\u00f3n da astronom\u00eda. Por exemplo, lideramos o esforzo de colaboraci\u00f3n para crear un posto que destacou o traballo das Oficinas da IAU. Este posto serviu como eixo central da sala de exposici\u00f3ns da asemblea xeral: un lugar de encontro para que todas as persoas discutiran sobre o seu traballo, estableceran redes e crearan colaboraci\u00f3ns. As sesi\u00f3ns da OAO durante a conferencia destacaron o traballo das nosas Coordinaci\u00f3ns Nacionais de Divulgaci\u00f3n, e a nosa Sesi\u00f3n Sat\u00e9lite KASI-OAO centrouse na importancia da colaboraci\u00f3n internacional para o avance da comunicaci\u00f3n astron\u00f3mica. Tam\u00e9n realizamos un obradoiro sobre comunicaci\u00f3n cient\u00edfica que promoveu a creaci\u00f3n de relaci\u00f3ns como ferramenta clave para unha comunicaci\u00f3n cient\u00edfica eficaz.<\/p>\n<p>Para m\u00e1is informaci\u00f3n, <a href=\"https:\/\/www.iau.org\/public\/oao\/ga-2022\/\">visita este sitio web<\/a>.<\/p>\n<p><strong>7) 100 horas de astronom\u00eda<\/strong><\/p>\n<p>Do 1 ao 4 de outubro de 2022, a Oficina da IAU para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda celebrou os ceos que compartimos e como nos unen a trav\u00e9s do evento \u201c100 horas de astronom\u00eda\u201d. Este proxecto anima a nosa comunidade global a acoller ou participar en eventos de divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica durante cen horas consecutivas. O obxectivo \u00e9 permitir que o maior n\u00famero pos\u00edbel de persoas, desde menores at\u00e9 anci\u00e1s, participen do ceo e adquiran unha comprensi\u00f3n b\u00e1sica do noso barrio no Universo. En 2022 realiz\u00e1ronse 201 actividades en 55 pa\u00edses que reuniron a m\u00e1is de 50.000 persoas.<\/p>\n<p>Para saber m\u00e1is, <a href=\"https:\/\/www.iau.org\/public\/oao\/100-hours-of-astronomy\/\">consulta esta ligaz\u00f3n<\/a>.<\/p>\n<p><strong>8) NameExoWorlds 2022<\/strong><\/p>\n<p>En agosto de 2022 lanzouse o certame NameExoWorlds para celebrar o d\u00e9cimo aniversario da Oficina de Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda. Equipos de todo o mundo presentaron propostas para nomear un dos 20 sistemas extrasolares: un exoplaneta e a s\u00faa estrela anfitrioa. Estes 20 sistemas son especiais xa que ser\u00e1n dos primeiros observados por JWST, d\u00e1ndonos m\u00e1is informaci\u00f3n sobre as condici\u00f3ns destes mundos. Recibimos 590 propostas de m\u00e1is de 90 pa\u00edses. As coordinaci\u00f3ns nacionais de divulgaci\u00f3n reuniron paneis nacionais para seleccionar as tres principais propostas de cada pa\u00eds que despois se enviar\u00e1n a un comit\u00e9 formado polo Grupo de Traballo do Comit\u00e9 Executivo da IAU sobre a nomenclatura do sistema exoplanetario e os equipos que descubriron eses exoplanetas. Permanecede en sinton\u00eda! As propostas ga\u00f1adoras anunciaranse no primeiro trimestre de 2023.<\/p>\n<p>Para m\u00e1is informaci\u00f3n, <a href=\"https:\/\/www.nameexoworlds.iau.org\">visita este sitio web<\/a>.<\/p>\n<p><strong>9) Tr\u00edptico CAP (Comunicar a Astronom\u00eda co P\u00fablico)<\/strong><\/p>\n<p>a) Revista CAP<\/p>\n<p>Este ano a revista Comunicar a Astronom\u00eda co P\u00fablico (CAPjournal) publicou o seu n\u00famero 31, que celebra o d\u00e9cimo aniversario da Oficina IAU para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda con artigos que abranguen unha ampla gama de temas que exemplifican a dedicaci\u00f3n da OAO \u00e1 divulgaci\u00f3n da astronom\u00eda, a inclusi\u00f3n e a accesibilidade. Actualmente estamos no proceso editorial do n\u00famero 32, unha edici\u00f3n especial sobre a Conferencia CAP 2022 que incl\u00fae artigos dalg\u00fans dos principais asuntos tratados na conferencia.<\/p>\n<p>Para m\u00e1is informaci\u00f3n, <a href=\"https:\/\/www.capjournal.org\/issues\/31\/index.php\">visita este sitio web<\/a>.<\/p>\n<p>b) Conferencia CAP 2022<\/p>\n<p>Este ano tam\u00e9n colaboramos coa conferencia Comunicar Astronom\u00eda co P\u00fablico que tivo lugar en Sydney, Australia, no mes de setembro. Queremos darlles as grazas a todas as persoas participantes, tanto de xeito presencial como en li\u00f1a, ao Comit\u00e9 Organizador Local e ao Comit\u00e9 Organizador Virtual por todo o seu esforzo para facer desta conferencia un gran \u00e9xito. Seguide as nosas novas para obter m\u00e1is informaci\u00f3n sobre a pr\u00f3xima Conferencia CAP en 2024.<\/p>\n<p>Para saber m\u00e1is, <a href=\"https:\/\/capconferences.org\/2022\/\">consulta esta ligaz\u00f3n<\/a>.<\/p>\n<p>c) Novo Programa: Formaci\u00f3n CAP<\/p>\n<p>Este ano a Oficina para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda iniciou un novo proxecto, Formaci\u00f3n en Comunicaci\u00f3n da Astronom\u00eda co P\u00fablico, que completa este tr\u00edptico CAP. Este programa naceu a partir dun proxecto conxunto da IAU-Kavli Foundation para formar profesionais da astronom\u00eda na comunicaci\u00f3n p\u00fablica. O obradoiro piloto que resultou dese proxecto utilizou a ciencia da comunicaci\u00f3n cient\u00edfica para po\u00f1er o foco na construci\u00f3n de relaci\u00f3ns como ferramenta para unha comunicaci\u00f3n cient\u00edfica eficaz. As sesi\u00f3ns de formaci\u00f3n posteriores pretenden darlles \u00e1s persoas que comunican ciencia as ferramentas que necesitan para achegaren oportunidades \u00e1s s\u00faas comunidades, todo iso no marco da comunicaci\u00f3n cient\u00edfica estrat\u00e9xica. O pr\u00f3ximo ano haber\u00e1 moitas m\u00e1is sesi\u00f3ns de formaci\u00f3n para a nosa familia da IAU, as\u00ed que prestade atenci\u00f3n \u00e1s novas!<\/p>\n<p><strong>10) Nova asociaci\u00f3n: MOU OAO-IA<\/strong><\/p>\n<p>Este ano a Oficina IAU para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda e o Instituto de Astrof\u00edsica e Ciencias Espaciais de Portugal asinaron un memorando de entendemento para o desenvolvemento conxunto de proxectos internacionais de divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica. Tanto o \u00e1mbito da comunicaci\u00f3n astron\u00f3mica como as persoas que traballan nel beneficiaranse desta colaboraci\u00f3n, xa que aumentar\u00e1 a concienciaci\u00f3n sobre a importancia da astronom\u00eda na educaci\u00f3n e, de forma m\u00e1is ampla, na nosa vida coti\u00e1. Agardamos un ano proveitoso de traballo estreito co Grupo de Comunicaci\u00f3n Cient\u00edfica do IA e invitamos a outros centros a tecer colaboraci\u00f3ns formais coa OAO no futuro.<\/p>\n<p><strong>11) Traduci\u00f3ns do bolet\u00edn da Oficina IAU para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda do ingl\u00e9s a outros idiomas<\/strong><\/p>\n<p>O noso bolet\u00edn ten traduci\u00f3n aos seguintes idiomas:<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/stargazersbh.wixsite.com\/bsac\/iau\"><strong>\u00c1rabe<\/strong><\/a><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas aos membros do Club de Observaci\u00f3n Astron\u00f3mica de Bahrain.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/sdas.wh.sdu.edu.cn\/info\/1657\/1261.htm\"><strong>Chin\u00e9s (Simplificado)<\/strong><\/a><br \/>\nTraduci\u00f3n grazas ao Dr Chen Cao, Sociedade Astron\u00f3mica Shandong (SDAS) de China.<\/p>\n<p><strong><a href=\"https:\/\/noc-iau.oac.unc.edu.ar\/boletin-informativo-newsletter-de-la-iau-astronomy-outreach\/\">Espa\u00f1ol<\/a><\/strong><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas a Andrea Ahumada, do Observatorio Astron\u00f3mico da Universidad Nacional de C\u00f3rdoba, e Ileana Andruchow, do Inst\u00edtuto de Astrof\u00edsica de La Plata, da Universidad Nacional de La Plata. Poden atoparse\u00a0<a href=\"http:\/\/asafile.blogspot.jp\/p\/blog-page_12.html\">aqu\u00ed<\/a>\u00a0as traduci\u00f3ns dos anteriores bolet\u00edns, feitas por Emilio Z\u00fa\u00f1iga, da Asociaci\u00f3n de Astr\u00f3nomos Aficionados de Le\u00f3n, Nicaragua.<\/p>\n<p><strong><a href=\"https:\/\/haitiastronomie.blogspot.com\/p\/bulletin-dinformationde-luai-sur.html\">Franc\u00e9s<\/a><\/strong><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas ao\u00a0<a href=\"https:\/\/haitiastronomie.blogspot.com\/p\/groupe-de-traduction-haitienne.html\">Grupo Haitiano de Traduci\u00f3n da Astronom\u00eda (GTHA)<\/a>\u00a0da Sociedade Astron\u00f3mica Haitiana.<\/p>\n<p><a href=\"http:\/\/agrupacionio.com\/gl\/tag\/boletin-iau\"><strong>Galego<\/strong><\/a><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas a Martin Pawley e Xabier P\u00e9rez Couto da Agrupaci\u00f3n Astron\u00f3mica Coru\u00f1esa \u00cdo en Espa\u00f1a.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/www.astronomiamo.it\/DivulgazioneAstronomica\/Newsletter-IAU\/last\"><strong>Italiano<\/strong><\/a><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas a Eleonora Piromalli de AstronomiAmo en Italia.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/drive.google.com\/drive\/folders\/1wN1txv57CLoDbLEEwNjStBMk6CrlkTxu?usp=sharing\"><strong>Portugu\u00e9s (europeo)<\/strong><\/a><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas a Catarina Leote, Jo\u00e3o Ferreira e Jonas Souza a trav\u00e9s do grupo de lingua portuguesa da Rede de Traduci\u00f3n Astron\u00f3mica.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/bit.ly\/36XeKZr\"><strong>Xapon\u00e9s<\/strong><\/a><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas a Akihiko Tomita a trav\u00e9s da Rede de Traduci\u00f3n Astron\u00f3mica. Se queres recibir a traduci\u00f3n ao xapon\u00e9s do bolet\u00edn, subscr\u00edbete \u00e1\u00a0<a href=\"http:\/\/www.jaaa-astro.jp\/jaaa-ml.html\">Asociaci\u00f3n Xaponesa de Astronom\u00eda Amadora<\/a>\u00a0ou \u00e1\u00a0<a href=\"http:\/\/www.tenkyo.net\/\">Sociedade Xaponesa pola Educaci\u00f3n e Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda<\/a>.<\/p>\n<p>Se queredes traducir o noso bolet\u00edn ao voso idioma, por favor escrib\u00eddenos a public@oao.iau.org.<\/p>\n<p>Traduci\u00f3n: Martin Pawley (Agrupaci\u00f3n \u00cdo). Podedes consultar o bolet\u00edn en ingl\u00e9s\u00a0<a href=\"https:\/\/mailchi.mp\/iau\/iauoutreachnewsletter_2022dec2\">nesta ligaz\u00f3n<\/a>.<\/p>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Bolet\u00edn IAU de divulgaci\u00f3n da astronom\u00eda Decembro #2 Neste bolet\u00edn: Nota editorial Resumo do ano: 1) Mulleres e nenas na astronom\u00eda 2) Telescopios para todas as persoas 3) Ceos escuros e tranquilos 4) Baixo un mesmo ceo 5) Co\u00f1ece as persoas que fan astronom\u00eda na IAU! 6) XXXI Asemblea Xeral da IAU 7) 100 horas de astronom\u00eda 8) NameExoWorlds 2022 9) Tr\u00edptico CAP (Comunicar a&#8230; <\/p>\n<p class=\"more\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/galego-boletin-iau-de-divulgacion-da-astronomia-decembro-2-2\/\">Read More<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":11402,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[51],"tags":[188],"class_list":["post-12869","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-noticias-gl","tag-boletin-iau"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12869","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=12869"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12869\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":12871,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12869\/revisions\/12871"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/11402"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=12869"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=12869"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=12869"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}