{"id":12863,"date":"2022-11-30T22:59:33","date_gmt":"2022-11-30T22:59:33","guid":{"rendered":"https:\/\/agrupacionio.com\/?p=12863"},"modified":"2023-01-04T10:21:45","modified_gmt":"2023-01-04T10:21:45","slug":"galego-boletin-iau-de-divulgacion-da-astronomia-novembro-2-2","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/galego-boletin-iau-de-divulgacion-da-astronomia-novembro-2-2\/","title":{"rendered":"Bolet\u00edn IAU de divulgaci\u00f3n da astronom\u00eda: Novembro #2"},"content":{"rendered":"<p><img fetchpriority=\"high\" decoding=\"async\" class=\"aligncenter size-full wp-image-11402\" src=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2020\/09\/IAU100-Bolet\u00edn-blog-2020.jpg\" alt=\"\" width=\"1200\" height=\"718\" srcset=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2020\/09\/IAU100-Bolet\u00edn-blog-2020.jpg 1200w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2020\/09\/IAU100-Bolet\u00edn-blog-2020-300x180.jpg 300w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2020\/09\/IAU100-Bolet\u00edn-blog-2020-768x460.jpg 768w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2020\/09\/IAU100-Bolet\u00edn-blog-2020-1024x613.jpg 1024w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2020\/09\/IAU100-Bolet\u00edn-blog-2020-1060x634.jpg 1060w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2020\/09\/IAU100-Bolet\u00edn-blog-2020-550x329.jpg 550w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2020\/09\/IAU100-Bolet\u00edn-blog-2020-836x500.jpg 836w\" sizes=\"(max-width: 1200px) 100vw, 1200px\" \/><\/p>\n<p><strong>Bolet\u00edn IAU de divulgaci\u00f3n da astronom\u00eda<\/strong><\/p>\n<p><strong>Novembro #2<\/strong><\/p>\n<p>Neste bolet\u00edn:<\/p>\n<p>Nota editorial<br \/>\nAsunto destacado: Lembranza de Carolina \u00d6dman-Govender<br \/>\n1) Participa na nosa enquisa sobre o bolet\u00edn informativo de divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica da IAU<br \/>\n2) Actas preliminares do 4\u00ba Obradoiro Shaw-IAU sobre Astronom\u00eda para a Educaci\u00f3n<br \/>\n3) Abre a canle de YouTube do D\u00eda da Astronom\u00eda nas Escolas<br \/>\n4) 20\u00ba Aniversario do Journal of Science Communication<br \/>\n5) \u00danete ao pr\u00f3ximo Foro Seminario de Astronom\u00eda Cultural Aberta<br \/>\n6) Novas NOC<br \/>\n7) Oportunidades<br \/>\n8) Recursos interesantes<br \/>\n9) Bolet\u00edn da Oficina IAU para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda noutros idiomas<br \/>\n10) Contribuci\u00f3ns ao bolet\u00edn da Oficina IAU para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda<\/p>\n<p><strong>Nota editorial<\/strong><\/p>\n<p>Prezadas amigas, amigos e colegas,<\/p>\n<p>Neste bolet\u00edn lembramos a nosa querida colega, a doutora Carolina \u00d6dman-Govender. Malia o seu falecemento, o seu legado persistir\u00e1 a trav\u00e9s da s\u00f3lida base que deixou atr\u00e1s. Podedes ler o asunto destacado desta edici\u00f3n para co\u00f1ecerdes formas de lembrar a Carolina.<\/p>\n<p>Unha vez m\u00e1is, anim\u00e1mosvos a participar na enquisa do bolet\u00edn informativo de divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica da IAU, se a\u00ednda non o fixestes. Esta \u00e9 a vosa oportunidade de dar forma ao futuro do bolet\u00edn, e esperamos que todas as persoas aproveiten a oportunidade de expresar as s\u00faas opini\u00f3ns sobre como podemos mellorar.<\/p>\n<p>Tam\u00e9n queremos transmitir unha cordial felicitaci\u00f3n aos nosos compa\u00f1eiros do Journal of Science Communication (JCOM), que este ano celebran o seu 20 aniversario. Podedes atopar a s\u00faa edici\u00f3n especial m\u00e1is abaixo.<\/p>\n<p>A\u00ednda que hai moitas oportunidades e recursos para aproveitar neste bolet\u00edn, gustar\u00edanos destacar unha en particular: a Bolsa de Desenvolvemento de Carreira \u201cOut to Innovate\u201d para estudantes de posgrao e posdoctouramento trans, intersex e non binarios. Se sodes ou co\u00f1ecedes estudantes que poder\u00edan beneficiarse deste programa, difund\u00eddeo. Ach\u00e9gase rapidamente a data l\u00edmite de presentaci\u00f3n de solicitudes.<\/p>\n<p>Moitas das nosas coordinaci\u00f3ns nacionais de divulgaci\u00f3n (NOC) est\u00e1n ocupadas cos preparativos finais de <a href=\"https:\/\/www.nameexoworlds.iau.org\/2022edition\">NameExoWorlds<\/a>. Est\u00e1 a piques de chegar a data l\u00edmite para constru\u00edr un equipo, realizar un evento de divulgaci\u00f3n e enviar un nome para a competici\u00f3n. Buscade a vosa coordinaci\u00f3n nacional <a href=\"https:\/\/sites.google.com\/oao.iau.org\/iauoaonews\/national-pages\">nesta ligaz\u00f3n<\/a> para saber m\u00e1is sobre como podedes participar hoxe! Grazas \u00e1s coordinaci\u00f3ns nacionais que fan pos\u00edbeis estes e moitos outros programas da OAO.<\/p>\n<p>Que te\u00f1ades uns ceos escuros e tranquilos,<\/p>\n<p>Kelly Blumenthal, en nome do equipo da Oficina IAU para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda<\/p>\n<p><strong>Asunto destacado: Lembranza de Carolina \u00d6dman-Govender<\/strong><\/p>\n<p>\u00c9 con moita tristeza que anunciamos o falecemento da nosa compa\u00f1eira e amiga Carolina \u00d6dman-Govender. Carolina foi profesora asociada na Universidade Western Cape (UWC) e directora asociada de Desenvolvemento e Divulgaci\u00f3n do Instituto Interuniversitario de Astronom\u00eda Intensiva de Datos en Sud\u00e1frica (IDIA). Carolina tivo unha longa historia de servizo \u00e1 divulgaci\u00f3n e \u00e1 educaci\u00f3n da astronom\u00eda a trav\u00e9s da IAU e f\u00f3ra dela. Foi a primeira xestora de proxectos internacionais de Universe Awareness (UNAWE) na Universidade de Leiden de 2005 a 2010 e formou parte do comit\u00e9 organizador da Comisi\u00f3n C2 Comunicar Astronom\u00eda co P\u00fablico.<\/p>\n<p>O traballo pioneiro da doutora \u00d6dman-Govender cambiou o panorama da divulgaci\u00f3n, desenvolvemento e educaci\u00f3n da astronom\u00eda, e en 2018, durante a XXX Asemblea Xeral da IAU, recibiu un premio especial da IAU para a Divulgaci\u00f3n, Desenvolvemento e Educaci\u00f3n da Astronom\u00eda. A presidenta da IAU, Debra Elmegreen, sinala: &#8220;Carolina foi un modelo de coraxe e resistencia, e a s\u00faa eterna boa alegr\u00eda foi unha inspiraci\u00f3n para n\u00f3s&#8221;.<\/p>\n<p>A nosa comunidade botar\u00e1 moito de menos \u00e1 doutora Carolina \u00d6dman-Govender. A s\u00faa memoria e o seu legado continuar\u00e1n a trav\u00e9s das persoas coas que contactou ao longo da s\u00faa vida.<\/p>\n<p>O seu funeral tivo lugar o 20 de novembro, na compa\u00f1a de familiares e xente amiga. Podedes atopar unha transmisi\u00f3n do servizo funerario <a href=\"https:\/\/www.youtube.com\/watch?v=a_1KKo4DHR4\">nesta ligaz\u00f3n<\/a>.<\/p>\n<p>Facede <a href=\"https:\/\/medium.com\/@kevingovender\/a-farewell-message-for-my-love-576bdd034349\">clic aqu\u00ed<\/a> para ver unha mensaxe especial de amor, agradecemento e recordo do marido de Carolina, Kevin Govender (Director da Oficina de Astronom\u00eda para o Desenvolvemento).<\/p>\n<p>Se co\u00f1ecestes a Carolina e queredes compartir as vosas lembranzas dela, podedes enviar a vosa mensaxe a celebrate.carolina@gmail.com.<\/p>\n<p><strong>1) Participa na nosa enquisa sobre o bolet\u00edn informativo de divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica da IAU<\/strong><\/p>\n<p>Durante anos, o Bolet\u00edn de Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda da IAU tr\u00f3uxoche noticias da IAU, a comunidade de divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica, as Coordinaci\u00f3ns Nacionais de Divulgaci\u00f3n e oportunidades e recursos de todo o mundo. De cara ao futuro, queremos darlle forma ao bolet\u00edn informativo para que sirva mellor \u00e1s nosas comunidades. Ao <a href=\"https:\/\/forms.gle\/UhVpGB1u2eAowbAb7\">responderes a esta enquisa<\/a>, axudarasnos a mellorar os recursos que ofrecemos. Grazas, de antem\u00e1n, pola t\u00faa contribuci\u00f3n.<\/p>\n<p><strong>2) Actas preliminares do 4\u00ba Obradoiro Shaw-IAU sobre Astronom\u00eda para a Educaci\u00f3n<\/strong><\/p>\n<p>O 4\u00ba Obradoiro de Shaw-IAU sobre Astronom\u00eda para a Educaci\u00f3n xa pasou, mais a\u00ednda hai unha oportunidade de aprender dos relatorios se perdiches o evento (ou queres ver de novo algo que escoitaches). As actas preliminares do Obradoiro est\u00e1n dispo\u00f1\u00edbeis en li\u00f1a. Podes atopar os artigos <a href=\"https:\/\/owncloud.gwdg.de\/index.php\/s\/RQjMBL5XIonrxSl\">neste sitio web<\/a>.<\/p>\n<p><strong>3) Abre a canle de YouTube do D\u00eda da Astronom\u00eda nas Escolas<\/strong><\/p>\n<p>O Grupo de traballo Investigaci\u00f3n e M\u00e9todos de Educaci\u00f3n en Astronom\u00eda da IAU, baixo a Comisi\u00f3n C1 Educaci\u00f3n en Astronom\u00eda e Desenvolvemento, creou unha nova canle de YouTube para o D\u00eda da Astronom\u00eda nas Escolas (AdiS, polas siglas en ingl\u00e9s). Podes informarte e mirar os v\u00eddeos <a href=\"https:\/\/www.youtube.com\/channel\/UCZgkhOGcFwJGLVo_BnVzY9w\">na s\u00faa canle<\/a>.<\/p>\n<p><strong>4) 20\u00ba Aniversario do Journal of Science Communication<\/strong><\/p>\n<p>O Journal of Science Communication (JCOM) publicou un n\u00famero especial en homenaxe ao seu 20 aniversario. Este n\u00famero presenta comentarios sobre a natureza e o estado da comunicaci\u00f3n cient\u00edfica, as pr\u00e1cticas de inclusi\u00f3n e xustiza, a intersecci\u00f3n da investigaci\u00f3n, a pr\u00e1ctica e a teor\u00eda, e as formas en que o JCOM contribu\u00edu ao avance do campo. Para acceder a este n\u00famero especial, <a href=\"https:\/\/jcom.sissa.it\/archive\/21\/07\/JCOM_2107_2022_C01\">consulta esta ligaz\u00f3n<\/a>.<\/p>\n<p><strong>5) \u00danete ao pr\u00f3ximo Foro Seminario de Astronom\u00eda Cultural Aberta<\/strong><\/p>\n<p>O Foro de Astronom\u00eda Cultural Aberta (OCAF, polas siglas en ingl\u00e9s) pon o foco nas formas en que as diversas culturas percibiron os obxectos celestes, coa esperanza de comprender mellor o papel da astronom\u00eda nas culturas e a s\u00faa influencia na astronom\u00eda actual. O pr\u00f3ximo seminario OCAF ter\u00e1 lugar o 1 de decembro \u00e1s 23:00 UTC a trav\u00e9s de Zoom. O profesor Hilding R. Neilson da Memorial University of Newfoundland &amp; Labrador impartir\u00e1 unha charla titulada \u201cThe night sky is part of the land: the ongoing colonization in astronomy research and space exploration\u201d (&#8220;O ceo nocturno \u00e9 parte da terra: a colonizaci\u00f3n en curso na investigaci\u00f3n astron\u00f3mica e a exploraci\u00f3n espacial&#8221;). Para m\u00e1is informaci\u00f3n, <a href=\"http:\/\/ocaf.pbworks.com\/w\/page\/145788621\/FrontPage\">consulta este sitio web<\/a>.<\/p>\n<p><strong>6) Novas NOC<\/strong><\/p>\n<p>Moitas nosas coordinaci\u00f3ns nacionais de divulgaci\u00f3n est\u00e1n ocupadas planificando e desenvolvendo eventos de divulgaci\u00f3n para o certame NameExoWorlds 2022. Busca o equipo NOC m\u00e1is pr\u00f3ximo <a href=\"https:\/\/sites.google.com\/oao.iau.org\/iauoaonews\/national-pages\">nesta ligaz\u00f3n<\/a> e mira como podes participar!<\/p>\n<p>a) Marrocos<\/p>\n<p>O noso antigo <a href=\"https:\/\/sites.google.com\/oao.iau.org\/iauoaonews\/national-pages\/Morocco\">NOC de Marrocos<\/a>, Zouhair Benkhaldoun, est\u00e1 a axudar na planificaci\u00f3n do Festival de Astronom\u00eda de Marrakech que ter\u00e1 lugar do 28 de novembro ao 3 de decembro. Inf\u00f3rmate <a href=\"http:\/\/marrakech-astro.uca.ma\/FAM23\/index.php\">na s\u00faa p\u00e1xina web<\/a>.<\/p>\n<p>b) Hait\u00ed<\/p>\n<p>Un membro do equipo <a href=\"https:\/\/sites.google.com\/oao.iau.org\/iauoaonews\/national-pages\/america-haiti\">NOC de Hait\u00ed<\/a>, John Masken Larose, creou outro v\u00eddeo educativo sobre astronom\u00eda e aloxouno na s\u00faa canle de YouTube. Este \u00faltimo v\u00eddeo \u00e9 sobre a constelaci\u00f3n de Ori\u00f3n. Podes <a href=\"https:\/\/youtu.be\/rHUwEFrrHZo\">velo agora aqu\u00ed<\/a>.<\/p>\n<p><strong>7) Oportunidades<\/strong><\/p>\n<p>a) Bolsa para estudantes de posgrao e de posdoutoramento trans, intersex e non binarios<\/p>\n<p>A bolsa Out to Innovate Career Development, antes co\u00f1ecida como Ben Barres Fellowship, \u00e9 un premio entre 2000 e 5000 d\u00f3lares para o desenvolvemento profesional de estudantes de posgrao trans, intersexuais e non binarios e bolseiros posdoutorais en \u00e1reas CTEM.<\/p>\n<p>A data l\u00edmite para solicitala \u00e9 o 2 de decembro \u00e1s 23:59 UTC-5.<\/p>\n<p>Para m\u00e1is informaci\u00f3n, <a href=\"https:\/\/noglstp.org\/programs-projects\/career-development-fellowship\/\">consulte a s\u00faa p\u00e1xina web<\/a>.<\/p>\n<p><strong>b) Recensi\u00f3n do libro \u201cStrategic Science Communication: A Guide to Setting the Right Objectives for More Effective Public Engagement\u201d<\/strong><\/p>\n<p>No artigo \u201cBalancing practice and research: a framework for strategic science communication\u201d, a autora revisa o libro \u201cStrategic science communication: A guide to setting the right objectives for more effective public engagement\u201d de John Besley e Anthony Dudo. Podes ler m\u00e1is sobre este libro, a comunicaci\u00f3n cient\u00edfica estrat\u00e9xica e como levar a investigaci\u00f3n \u00e1 pr\u00e1ctica <a href=\"https:\/\/jcom.sissa.it\/archive\/21\/07\/JCOM_2107_2022_R01\">nesta ligaz\u00f3n<\/a>.<\/p>\n<p>c) Primeira convocatoria: Conferencia Anual AfAS 2023<\/p>\n<p>A Conferencia Anual da Sociedade Astron\u00f3mica Africana (AfAS) celebrarase do 13 ao 17 de marzo de 2023. A conferencia organizarase como unha reuni\u00f3n h\u00edbrida (en li\u00f1a e presencial) en colaboraci\u00f3n co Wits Center for Astrophysics. A sede f\u00edsica \u00e9 o Wits Origins Center en Johannesburgo, \u00c1frica do Sur. Podes enviar un resumo (de tema cient\u00edfico ou relacionado coa educaci\u00f3n, o desenvolvemento e a divulgaci\u00f3n) antes do 9 de xaneiro de 2023.<\/p>\n<p>Para m\u00e1is informaci\u00f3n, <a href=\"https:\/\/www.africanastronomicalsociety.org\/2022\/10\/05\/afas-2023-information\/\">consulta a s\u00faa p\u00e1xina web<\/a>.<\/p>\n<p>Para inscribirte na conferencia, <a href=\"https:\/\/www.africanastronomicalsociety.org\/afas2023-registration-form\/\">consulta este sitio web<\/a>.<\/p>\n<p>d) Hackaton de datos cient\u00edficos da AfAS, DARA, OAD e IDIA<\/p>\n<p>A Sociedade Astron\u00f3mica Africana (AfAS), en parcer\u00eda con Development in Africa with Radio Astronomy (DARA) Big Data, a Oficina de Astronom\u00eda para o Desenvolvemento (OAD) e o Instituto Interuniversitario de Astronom\u00eda Intensiva en Datos (IDIA), organiza un evento presencial Hackathon de Datos Cient\u00edficos na Universidade de Witwatersrand do 18 ao 20 de marzo de 2023. Poden rexistrarse no evento as persoas que estudan graos e posgraos ou son profesionais de calquera campo CTEM en toda \u00c1frica. A informaci\u00f3n e a inscrici\u00f3n para o hackathon est\u00e1n <a href=\"https:\/\/www.africanastronomicalsociety.org\/afas-dara-big-data-hackathon\/\">nesta ligaz\u00f3n<\/a>.<\/p>\n<p>e) O Foro Inaugural de Laureados de Hong Kong est\u00e1 a contratar novos cient\u00edficos<\/p>\n<p>O Hong Kong Laureate Forum (HKLF) \u00e9 un programa dunha semana de duraci\u00f3n no que as persoas seleccionadas ter\u00e1n a oportunidade de interactuar e compartir ideas con figuras cient\u00edficas de renome mundial, entre elas as galardoadas co premio Shaw. O Foro inaugural celebrarase entre o 13 e o 18 de novembro de 2023.<\/p>\n<p>A xente nova que traballa nos campos da astronom\u00eda, as matem\u00e1ticas e as materias relacionadas pode presentar a s\u00faa solicitude antes do 18 de decembro \u00e1s 23:59 UTC+8.<\/p>\n<p>Para saber m\u00e1is, <a href=\"https:\/\/hklaureateforum.org\/en\/about-us\/about-hklf\">fai clic nesta ligaz\u00f3n<\/a>. Para obter m\u00e1is informaci\u00f3n sobre elixibilidade, patrocinio e inscrici\u00f3n, <a href=\"https:\/\/drive.google.com\/file\/d\/1xy5ifvKNxnAz9mC15_18bOnM264zCxNB\/view?usp=share_link\">consulta este documento<\/a>.<\/p>\n<p><strong>8) Recursos interesantes<\/strong><\/p>\n<p>a) Oportunidades e recursos de Ohana Kilo Hoku<\/p>\n<p>A organizaci\u00f3n dirixida por persoas nativas hawaianas, Ohana Kilo H\u014dk\u016b, ten excelentes recursos e oportunidades para profesionais da astronom\u00eda que queren facer divulgaci\u00f3n, membros da comunidade que desexan achegarse \u00e1 astronom\u00eda ou profesorado que quere incorporar a astronom\u00eda \u00e1s s\u00faas aulas. Inf\u00f3rmate <a href=\"https:\/\/www.ohanakilohoku.org\/opportunities\">na s\u00faa p\u00e1xina web<\/a>.<\/p>\n<p>b) Programa \u201cShadow the Scientist\u201d<\/p>\n<p>Pregunt\u00e1cheste algunha vez como se observa o ceo nocturno na astronom\u00eda profesional? Esta \u00e9 a t\u00faa oportunidade de atender unha sesi\u00f3n de observaci\u00f3n de astronom\u00eda. O programa \u201cShadow the Scientist\u201d permite ao p\u00fablico sintonizar con profesionais da astronom\u00eda que observan o Universo cos telescopios de Maunakea. Para obter m\u00e1is informaci\u00f3n sobre as sesi\u00f3ns pasadas e pr\u00f3ximas e como participar, <a href=\"https:\/\/shadow.ucsc.edu\/\">consulta o seu sitio web<\/a>.<\/p>\n<p><strong>9) Bolet\u00edn da Oficina IAU para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda noutros idiomas<\/strong><\/p>\n<p>O noso bolet\u00edn ten traduci\u00f3n aos seguintes idiomas:<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/stargazersbh.wixsite.com\/bsac\/iau\"><strong>\u00c1rabe<\/strong><\/a><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas aos membros do Club de Observaci\u00f3n Astron\u00f3mica de Bahrain.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/sdas.wh.sdu.edu.cn\/info\/1657\/1261.htm\"><strong>Chin\u00e9s (Simplificado)<\/strong><\/a><br \/>\nTraduci\u00f3n grazas ao Dr Chen Cao, Sociedade Astron\u00f3mica Shandong (SDAS) de China.<\/p>\n<p><strong><a href=\"https:\/\/noc-iau.oac.unc.edu.ar\/boletin-informativo-newsletter-de-la-iau-astronomy-outreach\/\">Espa\u00f1ol<\/a><\/strong><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas a Andrea Ahumada, do Observatorio Astron\u00f3mico da Universidad Nacional de C\u00f3rdoba, e Ileana Andruchow, do Inst\u00edtuto de Astrof\u00edsica de La Plata, da Universidad Nacional de La Plata. Poden atoparse\u00a0<a href=\"http:\/\/asafile.blogspot.jp\/p\/blog-page_12.html\">aqu\u00ed<\/a>\u00a0as traduci\u00f3ns dos anteriores bolet\u00edns, feitas por Emilio Z\u00fa\u00f1iga, da Asociaci\u00f3n de Astr\u00f3nomos Aficionados de Le\u00f3n, Nicaragua.<\/p>\n<p><strong><a href=\"https:\/\/haitiastronomie.blogspot.com\/p\/bulletin-dinformationde-luai-sur.html\">Franc\u00e9s<\/a><\/strong><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas ao\u00a0<a href=\"https:\/\/haitiastronomie.blogspot.com\/p\/groupe-de-traduction-haitienne.html\">Grupo Haitiano de Traduci\u00f3n da Astronom\u00eda (GTHA)<\/a>\u00a0da Sociedade Astron\u00f3mica Haitiana.<\/p>\n<p><a href=\"http:\/\/agrupacionio.com\/gl\/tag\/boletin-iau\"><strong>Galego<\/strong><\/a><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas a Martin Pawley e Xabier P\u00e9rez Couto da Agrupaci\u00f3n Astron\u00f3mica Coru\u00f1esa \u00cdo en Espa\u00f1a.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/www.astronomiamo.it\/DivulgazioneAstronomica\/Newsletter-IAU\/last\"><strong>Italiano<\/strong><\/a><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas a Eleonora Piromalli de AstronomiAmo en Italia.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/drive.google.com\/drive\/folders\/1wN1txv57CLoDbLEEwNjStBMk6CrlkTxu?usp=sharing\"><strong>Portugu\u00e9s (europeo)<\/strong><\/a><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas a Catarina Leote, Jo\u00e3o Ferreira e Jonas Souza a trav\u00e9s do grupo de lingua portuguesa da Rede de Traduci\u00f3n Astron\u00f3mica.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/bit.ly\/36XeKZr\"><strong>Xapon\u00e9s<\/strong><\/a><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas a Akihiko Tomita a trav\u00e9s da Rede de Traduci\u00f3n Astron\u00f3mica. Se queres recibir a traduci\u00f3n ao xapon\u00e9s do bolet\u00edn, subscr\u00edbete \u00e1\u00a0<a href=\"http:\/\/www.jaaa-astro.jp\/jaaa-ml.html\">Asociaci\u00f3n Xaponesa de Astronom\u00eda Amadora<\/a>\u00a0ou \u00e1\u00a0<a href=\"http:\/\/www.tenkyo.net\/\">Sociedade Xaponesa pola Educaci\u00f3n e Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda<\/a>.<\/p>\n<p>Se queredes traducir o noso bolet\u00edn ao voso idioma, por favor escrib\u00eddenos a public@oao.iau.org.<\/p>\n<div class=\"entry-content\">\n<p><strong>10) Contribuci\u00f3ns ao bolet\u00edn de divulgaci\u00f3n da astronom\u00eda da IAU<\/strong><\/p>\n<p>Estamos sempre na busca de material sobre investigaci\u00f3n, comunicaci\u00f3n e divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica en todo o mundo para inclu\u00edla no seguinte bolet\u00edn da Oficina IAU para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda. Se tedes alg\u00fan evento astron\u00f3mico, ofrecedes un posto ou oportunidade de traballo, un recurso educativo ou calquera outra cousa que poida ser de interese para a comunidade da divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica, envi\u00e1denos un correo a public@oao.iau.org con m\u00e1is informaci\u00f3n.<\/p>\n<\/div>\n<div class=\"entry-content\">\n<p>Podedes enviarnos as vosas suxesti\u00f3ns at\u00e9 o d\u00eda 4 de cada mes (para o primeiro bolet\u00edn) e at\u00e9 o 17 (para o segundo bolet\u00edn). Desexamos recibir noticias vosas!<\/p>\n<p>Traduci\u00f3n: Martin Pawley (Agrupaci\u00f3n \u00cdo). Podedes consultar o bolet\u00edn en ingl\u00e9s\u00a0<a href=\"https:\/\/mailchi.mp\/iau\/iauoutreachnewsletter_2022nov2\">nesta ligaz\u00f3n<\/a>.<\/p>\n<\/div>\n<p><\/p>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Bolet\u00edn IAU de divulgaci\u00f3n da astronom\u00eda Novembro #2 Neste bolet\u00edn: Nota editorial Asunto destacado: Lembranza de Carolina \u00d6dman-Govender 1) Participa na nosa enquisa sobre o bolet\u00edn informativo de divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica da IAU 2) Actas preliminares do 4\u00ba Obradoiro Shaw-IAU sobre Astronom\u00eda para a Educaci\u00f3n 3) Abre a canle de YouTube do D\u00eda da Astronom\u00eda nas Escolas 4) 20\u00ba Aniversario do Journal of Science Communication 5)&#8230; <\/p>\n<p class=\"more\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/galego-boletin-iau-de-divulgacion-da-astronomia-novembro-2-2\/\">Read More<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":11402,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[51],"tags":[188],"class_list":["post-12863","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-noticias-gl","tag-boletin-iau"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12863","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=12863"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12863\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":12865,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12863\/revisions\/12865"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/11402"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=12863"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=12863"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=12863"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}