{"id":12799,"date":"2022-11-16T21:27:41","date_gmt":"2022-11-16T21:27:41","guid":{"rendered":"https:\/\/agrupacionio.com\/?p=12799"},"modified":"2022-12-14T21:43:04","modified_gmt":"2022-12-14T21:43:04","slug":"galego-boletin-iau-de-divulgacion-da-astronomia-novembro-1-2","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/galego-boletin-iau-de-divulgacion-da-astronomia-novembro-1-2\/","title":{"rendered":"Bolet\u00edn IAU de divulgaci\u00f3n da astronom\u00eda: Novembro #1"},"content":{"rendered":"<p><img fetchpriority=\"high\" decoding=\"async\" class=\"aligncenter size-full wp-image-11402\" src=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2020\/09\/IAU100-Bolet\u00edn-blog-2020.jpg\" alt=\"\" width=\"1200\" height=\"718\" srcset=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2020\/09\/IAU100-Bolet\u00edn-blog-2020.jpg 1200w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2020\/09\/IAU100-Bolet\u00edn-blog-2020-300x180.jpg 300w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2020\/09\/IAU100-Bolet\u00edn-blog-2020-768x460.jpg 768w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2020\/09\/IAU100-Bolet\u00edn-blog-2020-1024x613.jpg 1024w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2020\/09\/IAU100-Bolet\u00edn-blog-2020-1060x634.jpg 1060w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2020\/09\/IAU100-Bolet\u00edn-blog-2020-550x329.jpg 550w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2020\/09\/IAU100-Bolet\u00edn-blog-2020-836x500.jpg 836w\" sizes=\"(max-width: 1200px) 100vw, 1200px\" \/><\/p>\n<p><strong>Bolet\u00edn IAU de divulgaci\u00f3n da astronom\u00eda<\/strong><\/p>\n<p><strong>Novembro #1<\/strong><\/p>\n<p>Neste bolet\u00edn:<\/p>\n<p>Nota editorial<br \/>\nAsunto destacado: ga\u00f1a un telescopio con NameExoWorlds 2022<br \/>\n1) Participa na nosa enquisa sobre o bolet\u00edn informativo de divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica da IAU<br \/>\n2) Primeiro anuncio: Segunda Conferencia AstroEdu 2023<br \/>\n3) A IAU aplaude o importante paso da Comisi\u00f3n Federal de Comunicaci\u00f3ns cara \u00e1 regulaci\u00f3n do espazo<br \/>\n4) EXPLORE, desaf\u00edos lunares para o p\u00fablico e as escolas<br \/>\n5) Lanzamento de \u201cAstroVoices\u201d (AstroVoces)<br \/>\n6) Novas NOC<br \/>\n7) Oportunidades<br \/>\n8) Recursos interesantes<br \/>\n9) Bolet\u00edn da Oficina IAU para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda noutros idiomas<br \/>\n10) Contribuci\u00f3ns ao bolet\u00edn da Oficina IAU para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda<\/p>\n<p><strong>Nota editorial<\/strong><\/p>\n<p>Prezadas amigas, amigos e colegas,<\/p>\n<p>Neste bolet\u00edn, presentamos a oportunidade de ga\u00f1ardes un telescopio en asociaci\u00f3n co concurso NameExoWorlds 2022. Forma un equipo, organiza un evento (ou eventos!) de divulgaci\u00f3n, prop\u00f3n un nome para un dos 20 exomundos (exoplaneta xunto coa s\u00faa estrela anfitrioa) e participa para ga\u00f1ar un telescopio BRESSER NANO AR-70\/700 AZ! A data l\u00edmite para propo\u00f1er un nome \u00e9 o 11 de decembro. Podes atopar m\u00e1is detalles noi asunto destacado deste mes.<\/p>\n<p>Unha vez m\u00e1is, ped\u00edmosvos que participedes na enquisa para mellorar o bolet\u00edn de divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica da IAU. Se a\u00ednda non o fixestes e tedes cinco minutos libres, valorade a posibilidade de encher o formulario que aparece m\u00e1is abaixo.<\/p>\n<p>Hai varias novas e interesantes oportunidades para que persoas de todas as idades se involucren na astronom\u00eda. Tam\u00e9n destacamos un proxecto especial que amplifica as voces de centos de astr\u00f3nomas que se identifican como mulleres, chamado AstroVoices. Esperamos que atopedes algo que vos inspire.<\/p>\n<p>Finalmente, agradecemos a todas as persoas que forman parte das coordinaci\u00f3ns nacionais de divulgaci\u00f3n da IAU polos seus esforzos para constru\u00edr pontes dentro das s\u00faas comunidades e garantir que a astronom\u00eda sexa acces\u00edbel para todas as persoas.<\/p>\n<p>Que te\u00f1ades uns ceos escuros e tranquilos,<\/p>\n<p>Kelly Blumenthal, en nome do equipo da Oficina IAU para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda<\/p>\n<p><strong>Asunto destacado: ga\u00f1a un telescopio con NameExoWorlds 2022<\/strong><\/p>\n<p>Como parte do concurso <a href=\"https:\/\/www.nameexoworlds.iau.org\/2022edition\">NameExoWorlds 2022<\/a>, a Oficina IAU para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda, en colaboraci\u00f3n cos seus socios <a href=\"http:\/\/www.ssvi.be\/\">Sterren Schitteren Voor Iedereen<\/a> (As estrelas brillan para todas as persoas \u2013 SSVI), o <a href=\"https:\/\/www.ugent.be\/we\/physics-astronomy\/en\">Departamento de F\u00edsica e Astronom\u00eda da Universidade de Gante<\/a>, a <a href=\"https:\/\/www.universiteitleiden.nl\/en\/science\/astronomy\/pubout\">Universidade de Leiden<\/a> e <a href=\"https:\/\/www.bresser.de\/en\/Brand\/Bresser\/\">BRESSER<\/a> entregar\u00e1 15 telescopios BRESSER NANO AR-70\/700 AZ aos mellores eventos de divulgaci\u00f3n rexistrados na competici\u00f3n NameExoWorlds 2022. Os proxectos ga\u00f1adores dos telescopios BRESSER ser\u00e1n seleccionados en funci\u00f3n de:<\/p>\n<p>-A creatividade: o evento supuxo un enfoque imaxinativo ou inusual para entusiasmar o p\u00fablico coa astronom\u00eda?<\/p>\n<p>-O compromiso comunitario: o evento conseguiu a participaci\u00f3n de comunidades que non est\u00e1n centradas na astronom\u00eda ou fixo esforzos para conectarse con persoas non afeccionadas \u00e1 astronom\u00eda?<\/p>\n<p>Para obter m\u00e1is informaci\u00f3n sobre a elixibilidade no concurso e os termos e condici\u00f3ns, podes ler <a href=\"https:\/\/mcusercontent.com\/0ecb46e29196a0f367daf3dd6\/files\/6a696765-6b82-e7bf-8e08-0140bd216bda\/NameExoWorlds_2022_Win_a_Telescope_Eligibility_Terms_and_Conditions.pdf\">este documento<\/a>.<\/p>\n<p>Por favor, ten en conta que a selecci\u00f3n dos mellores eventos de divulgaci\u00f3n non est\u00e1 asociada necesariamente coa selecci\u00f3n de nomes para os exoplanetas e as s\u00faas estrelas anfitrioas.<\/p>\n<p>Se tes algunha d\u00fabida ou cuesti\u00f3n, ponte en contacto co equipo de NameExoWorlds 2022 en nameexoworlds2022@oao.iau.org.<\/p>\n<p><strong>1) Participa na nosa enquisa sobre o bolet\u00edn informativo de divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica da IAU<\/strong><\/p>\n<p>Durante anos, o Bolet\u00edn de Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda da IAU tr\u00f3uxoche noticias da IAU, a comunidade de divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica, as Coordinaci\u00f3ns Nacionais de Divulgaci\u00f3n e oportunidades e recursos de todo o mundo. De cara ao futuro, queremos darlle forma ao bolet\u00edn informativo para que sirva mellor \u00e1s nosas comunidades. Ao responderes a <a href=\"https:\/\/forms.gle\/UhVpGB1u2eAowbAb7\">esta enquisa<\/a>, axudarasnos a mellorar os recursos que ofrecemos. Grazas, de antem\u00e1n, pola t\u00faa contribuci\u00f3n.<\/p>\n<p><strong>2) Primeiro anuncio: Segunda Conferencia AstroEdu 2023<\/strong><\/p>\n<p>A Conferencia de Educaci\u00f3n en Astronom\u00eda: Pontes entre a Investigaci\u00f3n e a Pr\u00e1ctica, celebrarase na Universidade de Toronto, Canad\u00e1, do 10 ao 12 de maio de 2023. Esta reuni\u00f3n segue a primeira conferencia AstroEdu celebrada en 2019, que reuniu a persoas do \u00e1mbito da investigaci\u00f3n e a educaci\u00f3n astron\u00f3mica. O obxectivo das xornadas AstroEdu \u00e9 aumentar a calidade, a cantidade, a comunidade e o impacto da investigaci\u00f3n e da pr\u00e1ctica da educaci\u00f3n astron\u00f3mica.<\/p>\n<p>Para recibires actualizaci\u00f3ns a medida que estean dispo\u00f1\u00edbeis os detalles, visita <a href=\"https:\/\/www.astroeducon.org\/2023\">o seu sitio web<\/a>.<\/p>\n<p><strong>3) A IAU aplaude o importante paso da Comisi\u00f3n Federal de Comunicaci\u00f3ns cara \u00e1 regulaci\u00f3n do espazo<\/strong><\/p>\n<p>O mes pasado, a IAU enviou unha carta en nome da comunidade astron\u00f3mica global para instar a Comisi\u00f3n Federal de Comunicaci\u00f3ns (FCC) dos Estados Unidos a considerar seriamente os riscos que as constelaci\u00f3ns de sat\u00e9lites representan para a ciencia da astronom\u00eda, o preservaci\u00f3n do ceo nocturno pr\u00edstino e o medio ambiente.<\/p>\n<p>Nun evento da Asociaci\u00f3n da Industria de Sat\u00e9lites o 3 de novembro de 2022, a presidenta da FCC, Jessica Rosenworcel, fixo referencia ao r\u00e1pido aumento do n\u00famero de sat\u00e9lites propostos para o seu lanzamento. Ela anunciou a s\u00faa intenci\u00f3n de abordar isto reorganizando a Oficina Internacional da FCC nunha nova Oficina Espacial e unha Oficina de Asuntos Internacionais. Isto dar\u00edalle \u00e1 Oficina Espacial proposta m\u00e1is recursos para tratar este problema urxente.<\/p>\n<p>Como parte de Space4OurPlanet, a IAU participa cunha exposici\u00f3n na sede da ONU en Nova York durante outubro e novembro de 2022. Nesta exposici\u00f3n, dest\u00e1canse os 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sost\u00edbel das Naci\u00f3ns Unidas aos que contrib\u00fae a IAU, inclu\u00eddo o traballo da IAU CPS.<\/p>\n<p>Para obter m\u00e1is informaci\u00f3n, consulta o anuncio da IAU <a href=\"https:\/\/www.iau.org\/news\/announcements\/detail\/ann22039\/\">aqu\u00ed<\/a>.<\/p>\n<p><strong>4) EXPLORE, desaf\u00edos lunares para o p\u00fablico e as escolas<\/strong><\/p>\n<p>As persoas afeccionadas \u00e1 L\u00faa de todas as idades e de todo o mundo te\u00f1en o desaf\u00edo de axudar a identificar caracter\u00edsticas da L\u00faa que poidan supo\u00f1er un perigo para rovers ou astronautas que exploran a s\u00faa superficie nunha nova e emocionante serie de EXPLORE Data Challenges:<\/p>\n<p>-Classroom Lunar Data Challenge prop\u00f3n actividades interactivas e atractivas de \u201cmachine learning\u201d e exploraci\u00f3n lunar. Entre as tarefas est\u00e1n as de etiquetar caracter\u00edsticas da superficie e trazar unha traves\u00eda lunar. As actividades, dirixidas a nenos de 10 a 14 anos, p\u00f3dense realizar en li\u00f1a ou na aula.<\/p>\n<p>-EXPLORE Public Lunar Challenge est\u00e1 aberto a todas as persoas que queiran probalo. Env\u00eda a t\u00faa traves\u00eda lunar antes do 1 de decembro de 2022 e participa nun sorteo para ga\u00f1ar premios, inclu\u00eddo un anaco de meteorito lunar.<\/p>\n<p>Hai dispo\u00f1\u00edbeis versi\u00f3ns traducidas. Tes m\u00e1is informaci\u00f3n <a href=\"https:\/\/exploredatachallenges.space\/index.php\/take-the-2022-data-challenge\/\">na s\u00faa p\u00e1xina web<\/a>. #ExploreMoonData #ExplorePlatform<\/p>\n<p><strong>5) Lanzamento de \u201cAstroVoices\u201d (AstroVoces)<\/strong><\/p>\n<p>AstroVoices \u00e9 un proxecto que ten como obxectivo celebrar as mulleres astr\u00f3nomas e estudantes, d\u00e1ndolles &#8220;voz&#8221; para compartiren a s\u00faa paix\u00f3n pola astronom\u00eda, co que se espera que animen mozas novas a achegarse a este fascinante campo. Podes ver e escoitar o proxecto <a href=\"https:\/\/www.youtube.com\/@astrovoices\">AstroVoices en YouTube<\/a>.<\/p>\n<p>Para obter m\u00e1is informaci\u00f3n, consulta o anuncio da IAU <a href=\"https:\/\/www.iau.org\/news\/announcements\/detail\/ann22040\/\">aqu\u00ed<\/a>.<\/p>\n<p><strong>6) Novas NOC<\/strong><\/p>\n<p>a) NOC Xordania<\/p>\n<p>O noso <a href=\"https:\/\/sites.google.com\/oao.iau.org\/iauoaonews\/national-pages\/Jordan\">NOC de Xordania<\/a>, Awni Mohammad Khasawneh, colaborou coa Uni\u00f3n \u00c1rabe de Ciencias Espaciales e Astronom\u00eda para ofrecer unha charla titulada &#8220;A importancia do espazo para promover e apoiar a sustentabilidade&#8221; durante a Semana Mundial do Espazo.<\/p>\n<p>b) NOC Sud\u00e1n<\/p>\n<p>O noso <a href=\"https:\/\/sites.google.com\/oao.iau.org\/iauoaonews\/national-pages\/africa-sudan\">NOC de Sud\u00e1n<\/a>, Mohammed Yahya, dirixiu un evento para observar a eclipse solar parcial mediante un innovador sistema de telescopio e proxecci\u00f3n. Tam\u00e9n puideron ver varias manchas solares no disco do sol.<\/p>\n<p>c) NOC Emiratos \u00c1rabes Unidos<\/p>\n<p>O noso <a href=\"https:\/\/sites.google.com\/oao.iau.org\/iauoaonews\/national-pages\/UAE\">NOC dos Emiratos \u00c1rabes Unidos<\/a>, Hamid.M.K.AL-Naimiy,\u00a0 participou nun evento sobre a eclipse solar parcial o mes pasado na Academia de Astronom\u00eda e Ciencias Espaciais de Sharjah (Emiratos \u00c1rabes Unidos). M\u00e1is de 600 persoas asistiron ao evento en persoa e 45.000 persoas conectaron para ver a transmisi\u00f3n en directo. Podes ver m\u00e1is sobre a actividade <a href=\"https:\/\/youtu.be\/hGp6JoG9Ljc\">aqu\u00ed<\/a>.<\/p>\n<p><strong>7) Oportunidades<\/strong><\/p>\n<p>a) Simposio de Venecia do PCST<\/p>\n<p>O Simposio PCST ter\u00e1 lugar en setembro de 2023 en Venecia, Italia, baixo o tema &#8220;Educaci\u00f3n e formaci\u00f3n en comunicaci\u00f3n cient\u00edfica. Retos e estratexias para as instituci\u00f3ns de investigaci\u00f3n e acad\u00e9micas\u201d. Podes rexistrarte xa <a href=\"https:\/\/www.univiu.org\/focus-areas\/science-communication-and-education\/2023-pcst-venice-symposium\">no seu sitio web<\/a>.<\/p>\n<p><strong>8) Recursos interesantes<\/strong><\/p>\n<p>a) 50 anos de astronom\u00eda en Sutherland<\/p>\n<p>O \u00faltimo <a href=\"https:\/\/newsletters.saao.ac.za\/\">bolet\u00edn electr\u00f3nico externo da SAAO<\/a> conmemora os 50 anos desde a creaci\u00f3n do observatorio Sutherland.<\/p>\n<p>b) Recursos educativos e de divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica da OAD<\/p>\n<p>B\u00f3talle un ollo a <a href=\"https:\/\/www.astro4dev.org\/resources\/education-outreach\/\">estes recursos<\/a> da Oficina IAU de Astronom\u00eda para o Desenvolvemento. As gu\u00edas van desde a creaci\u00f3n do teu propio club de astronom\u00eda at\u00e9 a astronom\u00eda inclusiva.<\/p>\n<p>c) The Public Engagement Principles [Contido en ingl\u00e9s e alem\u00e1n]<\/p>\n<p>Presentado na Semana da Ciencia de Berl\u00edn, \u201cThe Public Engagement Principles\u201d pretende axudar a aquelas persoas que comunican ciencia ao p\u00fablico, inclu\u00edda unha definici\u00f3n unificada de &#8220;public engagement&#8221; (divulgaci\u00f3n e captaci\u00f3n de p\u00fablico). Inf\u00f3rmate <a href=\"https:\/\/www.publicengagement.berlin\/the-principles\">na s\u00faa p\u00e1xina web<\/a>.<\/p>\n<p><strong>9) Bolet\u00edn da Oficina IAU para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda noutros idiomas<\/strong><\/p>\n<p>O noso bolet\u00edn ten traduci\u00f3n aos seguintes idiomas:<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/stargazersbh.wixsite.com\/bsac\/iau\"><strong>\u00c1rabe<\/strong><\/a><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas aos membros do Club de Observaci\u00f3n Astron\u00f3mica de Bahrain.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/sdas.wh.sdu.edu.cn\/info\/1657\/1261.htm\"><strong>Chin\u00e9s (Simplificado)<\/strong><\/a><br \/>\nTraduci\u00f3n grazas ao Dr Chen Cao, Sociedade Astron\u00f3mica Shandong (SDAS) de China.<\/p>\n<p><strong><a href=\"https:\/\/noc-iau.oac.unc.edu.ar\/boletin-informativo-newsletter-de-la-iau-astronomy-outreach\/\">Espa\u00f1ol<\/a><\/strong><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas a Andrea Ahumada, do Observatorio Astron\u00f3mico da Universidad Nacional de C\u00f3rdoba, e Ileana Andruchow, do Inst\u00edtuto de Astrof\u00edsica de La Plata, da Universidad Nacional de La Plata. Poden atoparse\u00a0<a href=\"http:\/\/asafile.blogspot.jp\/p\/blog-page_12.html\">aqu\u00ed<\/a>\u00a0as traduci\u00f3ns dos anteriores bolet\u00edns, feitas por Emilio Z\u00fa\u00f1iga, da Asociaci\u00f3n de Astr\u00f3nomos Aficionados de Le\u00f3n, Nicaragua.<\/p>\n<p><strong><a href=\"https:\/\/haitiastronomie.blogspot.com\/p\/bulletin-dinformationde-luai-sur.html\">Franc\u00e9s<\/a><\/strong><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas ao\u00a0<a href=\"https:\/\/haitiastronomie.blogspot.com\/p\/groupe-de-traduction-haitienne.html\">Grupo Haitiano de Traduci\u00f3n da Astronom\u00eda (GTHA)<\/a>\u00a0da Sociedade Astron\u00f3mica Haitiana.<\/p>\n<p><a href=\"http:\/\/agrupacionio.com\/gl\/tag\/boletin-iau\"><strong>Galego<\/strong><\/a><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas a Martin Pawley e Xabier P\u00e9rez Couto da Agrupaci\u00f3n Astron\u00f3mica Coru\u00f1esa \u00cdo en Espa\u00f1a.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/www.astronomiamo.it\/DivulgazioneAstronomica\/Newsletter-IAU\/last\"><strong>Italiano<\/strong><\/a><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas a Eleonora Piromalli de AstronomiAmo en Italia.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/drive.google.com\/drive\/folders\/1wN1txv57CLoDbLEEwNjStBMk6CrlkTxu?usp=sharing\"><strong>Portugu\u00e9s (europeo)<\/strong><\/a><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas a Catarina Leote, Jo\u00e3o Ferreira e Jonas Souza a trav\u00e9s do grupo de lingua portuguesa da Rede de Traduci\u00f3n Astron\u00f3mica.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/bit.ly\/36XeKZr\"><strong>Xapon\u00e9s<\/strong><\/a><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas a Akihiko Tomita a trav\u00e9s da Rede de Traduci\u00f3n Astron\u00f3mica. Se queres recibir a traduci\u00f3n ao xapon\u00e9s do bolet\u00edn, subscr\u00edbete \u00e1\u00a0<a href=\"http:\/\/www.jaaa-astro.jp\/jaaa-ml.html\">Asociaci\u00f3n Xaponesa de Astronom\u00eda Amadora<\/a>\u00a0ou \u00e1\u00a0<a href=\"http:\/\/www.tenkyo.net\/\">Sociedade Xaponesa pola Educaci\u00f3n e Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda<\/a>.<\/p>\n<p>Se queredes traducir o noso bolet\u00edn ao voso idioma, por favor escrib\u00eddenos a public@oao.iau.org.<\/p>\n<div class=\"entry-content\">\n<p><strong>10) Contribuci\u00f3ns ao bolet\u00edn de divulgaci\u00f3n da astronom\u00eda da IAU<\/strong><\/p>\n<p>Estamos sempre na busca de material sobre investigaci\u00f3n, comunicaci\u00f3n e divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica en todo o mundo para inclu\u00edla no seguinte bolet\u00edn da Oficina IAU para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda. Se tedes alg\u00fan evento astron\u00f3mico, ofrecedes un posto ou oportunidade de traballo, un recurso educativo ou calquera outra cousa que poida ser de interese para a comunidade da divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica, envi\u00e1denos un correo a public@oao.iau.org con m\u00e1is informaci\u00f3n.<\/p>\n<\/div>\n<div class=\"entry-content\">\n<p>Podedes enviarnos as vosas suxesti\u00f3ns at\u00e9 o d\u00eda 4 de cada mes (para o primeiro bolet\u00edn) e at\u00e9 o 17 (para o segundo bolet\u00edn). Desexamos recibir noticias vosas!<\/p>\n<p>Traduci\u00f3n: Martin Pawley (Agrupaci\u00f3n \u00cdo). Podedes consultar o bolet\u00edn en ingl\u00e9s\u00a0<a href=\"https:\/\/mailchi.mp\/iau\/iauoutreachnewsletter_2022nov1\">nesta ligaz\u00f3n<\/a>.<\/p>\n<\/div>\n<p><\/p>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Bolet\u00edn IAU de divulgaci\u00f3n da astronom\u00eda Novembro #1 Neste bolet\u00edn: Nota editorial Asunto destacado: ga\u00f1a un telescopio con NameExoWorlds 2022 1) Participa na nosa enquisa sobre o bolet\u00edn informativo de divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica da IAU 2) Primeiro anuncio: Segunda Conferencia AstroEdu 2023 3) A IAU aplaude o importante paso da Comisi\u00f3n Federal de Comunicaci\u00f3ns cara \u00e1 regulaci\u00f3n do espazo 4) EXPLORE, desaf\u00edos lunares para o p\u00fablico&#8230; <\/p>\n<p class=\"more\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/galego-boletin-iau-de-divulgacion-da-astronomia-novembro-1-2\/\">Read More<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":11402,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[51],"tags":[188],"class_list":["post-12799","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-noticias-gl","tag-boletin-iau"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12799","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=12799"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12799\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":12801,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12799\/revisions\/12801"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/11402"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=12799"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=12799"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=12799"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}