{"id":12795,"date":"2022-10-31T21:00:02","date_gmt":"2022-10-31T21:00:02","guid":{"rendered":"https:\/\/agrupacionio.com\/?p=12795"},"modified":"2022-12-14T21:25:23","modified_gmt":"2022-12-14T21:25:23","slug":"galego-boletin-iau-de-divulgacion-da-astronomia-outubro-2-2","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/galego-boletin-iau-de-divulgacion-da-astronomia-outubro-2-2\/","title":{"rendered":"Bolet\u00edn IAU de divulgaci\u00f3n da astronom\u00eda: Outubro #2"},"content":{"rendered":"<p><img fetchpriority=\"high\" decoding=\"async\" class=\"aligncenter size-full wp-image-11402\" src=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2020\/09\/IAU100-Bolet\u00edn-blog-2020.jpg\" alt=\"\" width=\"1200\" height=\"718\" srcset=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2020\/09\/IAU100-Bolet\u00edn-blog-2020.jpg 1200w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2020\/09\/IAU100-Bolet\u00edn-blog-2020-300x180.jpg 300w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2020\/09\/IAU100-Bolet\u00edn-blog-2020-768x460.jpg 768w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2020\/09\/IAU100-Bolet\u00edn-blog-2020-1024x613.jpg 1024w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2020\/09\/IAU100-Bolet\u00edn-blog-2020-1060x634.jpg 1060w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2020\/09\/IAU100-Bolet\u00edn-blog-2020-550x329.jpg 550w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2020\/09\/IAU100-Bolet\u00edn-blog-2020-836x500.jpg 836w\" sizes=\"(max-width: 1200px) 100vw, 1200px\" \/><\/p>\n<p><strong>Bolet\u00edn IAU de divulgaci\u00f3n da astronom\u00eda<\/strong><\/p>\n<p><strong>Outubro #2<\/strong><\/p>\n<p>Neste bolet\u00edn:<\/p>\n<p>Nota editorial<br \/>\nAsunto destacado: Xa dispo\u00f1\u00edbel o n\u00famero 31 do CAPjournal<br \/>\n1) Participa na nosa enquisa sobre o bolet\u00edn informativo de divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica da IAU<br \/>\n2) Abertas as solicitudes para o premio de doutoramento IAU 2022<br \/>\n3) Lanzamento do bolet\u00edn informativo da OAD<br \/>\n4) Anunciados premios Eric e Wendy Schmidt \u00e1 excelencia en comunicaci\u00f3n cient\u00edfica<br \/>\n5) Enquisa do equipo de educaci\u00f3n e divulgaci\u00f3n de Europlanet: chamada ao profesorado e profesionais da comunicaci\u00f3n cient\u00edfica!<br \/>\n6) Novas NOC<br \/>\n7) Oportunidades<br \/>\n8) Recursos interesantes<br \/>\n9) Bolet\u00edn da Oficina IAU para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda noutros idiomas<br \/>\n10) Contribuci\u00f3ns ao bolet\u00edn da Oficina IAU para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda<\/p>\n<p><strong>Nota editorial<\/strong><\/p>\n<p>Prezadas amigas, amigos e colegas,<\/p>\n<p>Neste bolet\u00edn temos o orgullo de anunciar a publicaci\u00f3n do n\u00famero 31 da revista Comunicar a Astronom\u00eda co P\u00fablico (CAPjournal). Este n\u00famero celebra o d\u00e9cimo aniversario da Oficina para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda. De cara \u00e1 pr\u00f3xima d\u00e9cada queremos facer crecer os nosos programas, ampliar os recursos que ofrecemos e constru\u00edr pontes con m\u00e1is comunidades para garantir que a astronom\u00eda sexa realmente para todas as persoas.<\/p>\n<p>Parte dese crecemento \u00e9 darlle unha nova vida a este bolet\u00edn. Estamos a realizar unha enquisa que nos axude a comprender o que vos gusta do bolet\u00edn e o que vos gustar\u00eda ver nunha pr\u00f3xima edici\u00f3n. Podedes encher esta enquisa m\u00e1is adiante. Grazas de antem\u00e1n pola vosa contribuci\u00f3n!<\/p>\n<p>Neste bolet\u00edn atoparedes moitos exemplos esclarecedores de comunicaci\u00f3n cient\u00edfica, desde artigos at\u00e9 premios e obradoiros. Temos moitas oportunidades e recursos interesantes para v\u00f3s neste bolet\u00edn, as\u00ed que dedicade un tempo a exploralas!<\/p>\n<p>Finalmente, queremos darlles as grazas aos equipos das Coordinaci\u00f3ns Nacionais de Divulgaci\u00f3n, que unha vez m\u00e1is se esforzaron por achegar a astronom\u00eda \u00e1s s\u00faas comunidades. Recentemente, a rede NOC estivo moi ocupados organizando eventos en todo o pa\u00eds para que o p\u00fablico en xeral puidera ver con seguridade a eclipse solar parcial do 25 de outubro. Grazas polo voso traballo!<\/p>\n<p>Que te\u00f1ades uns ceos escuros e tranquilos,<\/p>\n<p>Kelly Blumenthal, en nome do equipo da Oficina IAU para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda<\/p>\n<p><strong>Asunto destacado: Xa dispo\u00f1\u00edbel o n\u00famero 31 do CAPjournal<\/strong><\/p>\n<p>Xa <a href=\"https:\/\/www.capjournal.org\/issues\/31\/index.php\">est\u00e1 dispo\u00f1\u00edbel<\/a> o n\u00famero 31 da revista Comunicar a Astronom\u00eda co P\u00fablico (CAPjournal).<\/p>\n<p>En 2022, a Oficina IAU para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda (OAO) celebra o seu d\u00e9cimo aniversario. Mirando cara atr\u00e1s estes 10 anos de comunicaci\u00f3n da astronom\u00eda co p\u00fablico, a OAO ve a CAPjournal como unha das s\u00faas iniciativas m\u00e1is importantes, que achega \u00e1 comunidade as mellores pr\u00e1cticas internacionais no campo da divulgaci\u00f3n e da comunicaci\u00f3n da astronom\u00eda. A OAO est\u00e1 orgullosa de seguir traendo CAPjournal \u00e1 nosa comunidade e nesta nova d\u00e9cada cun equipo renovado, en crecemento e con varias reestruturaci\u00f3ns. B\u00f3talle un ollo ao <a href=\"https:\/\/www.capjournal.org\/index.php\">sitio web da CAPjournal<\/a> para co\u00f1ecer os aspectos m\u00e1is destacados destes cambios nos pr\u00f3ximos meses ou renova a t\u00faa <a href=\"https:\/\/www.capjournal.org\/subscription.php\">subscrici\u00f3n a CAPjournal<\/a>.<\/p>\n<p>Neste n\u00famero presentamos artigos sobre as diferenzas (e semellanzas) entre a divulgaci\u00f3n e a educaci\u00f3n, a inclusi\u00f3n e a accesibilidade da astronom\u00eda en diversos contextos e os percorridos de realidade virtual que proporcionan a quen os experimenta unha sensaci\u00f3n de escala moi necesaria. Todo isto e moito m\u00e1is aparece nesta revista sobre comunicaci\u00f3n de astronom\u00eda gratu\u00edta e revisada por pares, <a href=\"https:\/\/www.capjournal.org\/issues\/31\/index.php\">dispo\u00f1\u00edbel agora para descarga<\/a>.<\/p>\n<p><strong>1) Participa na nosa enquisa sobre o bolet\u00edn informativo de divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica da IAU<\/strong><\/p>\n<p>Durante anos, o Bolet\u00edn de Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda da IAU tr\u00f3uxoche noticias da IAU, a comunidade de divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica, as Coordinaci\u00f3ns Nacionais de Divulgaci\u00f3n e oportunidades e recursos de todo o mundo. De cara ao futuro, queremos darlle forma ao bolet\u00edn informativo para que sirva mellor \u00e1s nosas comunidades. Ao responderes a <a href=\"https:\/\/forms.gle\/UhVpGB1u2eAowbAb7\">esta enquisa<\/a>, axudarasnos a mellorar os recursos que ofrecemos. Grazas, de antem\u00e1n, pola t\u00faa contribuci\u00f3n.<\/p>\n<p><strong>2) Abertas as solicitudes para o premio de doutoramento IAU 2022<\/strong><\/p>\n<p>A IAU invita a presentar solicitudes para o seu premio de doutoramento 2022, un premio que celebra as achegas destacadas a nivel mundial entre as investigaci\u00f3ns de doutoramento en astrof\u00edsica. O prazo de presentaci\u00f3n de candidaturas remata o 15 de decembro de 2022. Para obter m\u00e1is informaci\u00f3n, <a href=\"https:\/\/www.iau.org\/news\/announcements\/detail\/ann22037\/\">fai clic aqu\u00ed<\/a>.<\/p>\n<p><strong>3) Lanzamento do bolet\u00edn informativo da OAD<\/strong><\/p>\n<p>A Oficina de Astronom\u00eda para o Desenvolvemento acaba de publicar o seu \u00faltimo bolet\u00edn, que informa sobre as actividades entre xullo e setembro de 2022. Fai <a href=\"https:\/\/www.astro4dev.org\/iau-oad-newsletter-30-july-september-2022\/\">clic aqu\u00ed<\/a> para saber m\u00e1is sobre as novas directrices sobre Astronom\u00eda para a Sa\u00fade Mental, un conxunto de ferramentas para abordar o desenvolvemento a trav\u00e9s da astronom\u00eda, un resumo da XXXI IAU Asemblea Xeral e casos pr\u00e1cticos de proxectos financiados pola OAD.<\/p>\n<p><strong>4) Anunciados premios Eric e Wendy Schmidt \u00e1 excelencia en comunicaci\u00f3n cient\u00edfica<\/strong><\/p>\n<p>Os Premios Eric e Wendy Schmidt das Academias Nacionais \u00e1 Excelencia en Comunicaci\u00f3n Cient\u00edfica out\u00f3rganse a xornalistas de temas cient\u00edficos e persoal investigador que exemplifiquen a creatividade e a orixinalidade no seu traballo de comunicaci\u00f3n da ciencia. Entre os principais ga\u00f1adores dos premios figuran Chanda Prescod-Weinstein, f\u00edsica te\u00f3rica, te\u00f3rica feminista e escritora. Para obter m\u00e1is informaci\u00f3n sobre as persoas ga\u00f1adoras e as s\u00faas contribuci\u00f3ns \u00e1 comunicaci\u00f3n cient\u00edfica e ao premio, <a href=\"https:\/\/www.nationalacademies.org\/awards\/excellence-in-communication\">visita este sitio web<\/a>.<\/p>\n<p><strong>5) Enquisa do equipo de educaci\u00f3n e divulgaci\u00f3n de Europlanet: chamada ao profesorado e profesionais da comunicaci\u00f3n cient\u00edfica!<\/strong><\/p>\n<p>Nos \u00faltimos anos, os equipos de educaci\u00f3n e divulgaci\u00f3n do proxecto Europlanet 2024 Research Infrastructure (RI), o Grupo de traballo de divulgaci\u00f3n da Europlanet Society e a rede Europlanet Early Careers (EPEC) desenvolveron unha serie de recursos para apoiar o ensino das materias de ciencia, tecnolox\u00eda, enxe\u00f1ar\u00eda, artes e matem\u00e1ticas (CTEAM). Entre elas, cre\u00e1ronse clases de ciencia planetaria e astrobiolox\u00eda listas para usar e actividades pr\u00e1cticas asociadas.<\/p>\n<p>Pid\u00e9selle ao profesorado e profesionais da educaci\u00f3n e a divulgaci\u00f3n da ciencia que dean conta da s\u00faa experiencia e opini\u00f3n sobre os recursos m\u00e1is recentes que desenvolveron. Tam\u00e9n lles gustar\u00eda comprender os intereses e o uso dos recursos da ciencia planetaria e se cambiaron, e como, as s\u00faas necesidades e pr\u00e1cticas desde a pandemia de Covid-19.<\/p>\n<p>A enquisa est\u00e1 dispo\u00f1\u00edbel en dez idiomas <a href=\"https:\/\/www.europlanet-society.org\/outreach\/survey-on-educational-resources\/\">nesta ligaz\u00f3n<\/a>.<\/p>\n<p><strong>6) Novas NOC<\/strong><\/p>\n<p>a) Correcci\u00f3n do \u00faltimo Bolet\u00edn<\/p>\n<p>O noso NOC de Hong Kong-China, <a href=\"https:\/\/sites.google.com\/oao.iau.org\/iauoaonews\/national-pages\/China-HongKong\">Exodus Chun-Long Sit<\/a>, organizou un obradoiro en li\u00f1a sobre o uso de bloques de construci\u00f3n como ferramenta educativa.<\/p>\n<p>Varios dos equipos NOC organizaron eventos para compartir a eclipse solar parcial do 25 de outubro coas s\u00faas comunidades:<\/p>\n<p>b) NOC Exipto<\/p>\n<p>O equipo <a href=\"https:\/\/sites.google.com\/oao.iau.org\/iauoaonews\/national-pages\/Egypt\">NOC Exipto<\/a>, en colaboraci\u00f3n co Instituto Nacional de Investigaci\u00f3n de Astronom\u00eda e Xeof\u00edsica, realizou eventos de divulgaci\u00f3n para ver a eclipse solar parcial.<\/p>\n<p>c) NOC Iraq<\/p>\n<p>O <a href=\"https:\/\/sites.google.com\/oao.iau.org\/iauoaonews\/national-pages\/asia-iraq\">NOC de Iraq<\/a> coordinou varias actividades en todo o pa\u00eds para celebrar a eclipse solar parcial.<\/p>\n<p>d) NOC Kuwait<\/p>\n<p>O <a href=\"https:\/\/sites.google.com\/oao.iau.org\/iauoaonews\/national-pages\/asia-kuwait\">NOC de Kuwait<\/a> organizou un evento no Centro Cultural Skeikh Abdullah Al Salem para observar a eclipse solar parcial.<\/p>\n<p>e) NOC de Qatar<\/p>\n<p>O <a href=\"https:\/\/sites.google.com\/oao.iau.org\/iauoaonews\/national-pages\/asia-qatar\">NOC de Qatar<\/a>, Hani Dalee, organizou unha gran reuni\u00f3n de persoas con telescopios para observar a eclipse solar parcial. A Olimp\u00edada de Astronom\u00eda para Escolas de Qatar 2022-2023 aproveitou este evento astron\u00f3mico e animou a xente a observar e facer medici\u00f3ns do Sol para discutir temas importantes da astronom\u00eda.<\/p>\n<p><strong>7) Oportunidades<\/strong><\/p>\n<p>a) Talleres GlobalSCAPE de Comunicaci\u00f3n Cient\u00edfica<\/p>\n<p>\u00danete a GlobalSCAPE para as xornadas de formaci\u00f3n impartidas por Springer Nature. As sesi\u00f3ns centraranse en como constru\u00edr as t\u00faas historias, comprender o teu p\u00fablico, adquirir estratexias de escritura eficaz, preparar comunicados de prensa e maximizar a promoci\u00f3n externa. Xa se realizaron tres obradoiros en Espa\u00f1a, Sud\u00e1frica e Colombia e est\u00e1 aberta a inscrici\u00f3n para obradoiros en Xap\u00f3n (11 de novembro), India (25 de novembro) e Australia (30 de novembro). <a href=\"https:\/\/global-scape.eu\/in-person-science-communication-workshops-are-finally-happening-all-around-the-world\/\">Rex\u00edstrate hoxe! <\/a><\/p>\n<p>b) Falling Walls Science Summit 2022<\/p>\n<p>Falling Walls ded\u00edcase a crear, apoiar e difundir avances a trav\u00e9s de fronteiras e disciplinas. O seu cumio cient\u00edfico de 2022 ter\u00e1 lugar de forma presencial en Berl\u00edn, Alema\u00f1a, e en li\u00f1a do 7 ao 9 de novembro. Rex\u00edstrate <a href=\"https:\/\/falling-walls.com\/science-summit\/\">aqu\u00ed<\/a> para participar neste evento de 3 d\u00edas.<\/p>\n<p><strong>8) Recursos interesantes<\/strong><\/p>\n<p>a) Curso sobre como comunicaci\u00f3n da ciencia culturalmente relevante [Contido en ingl\u00e9s e espa\u00f1ol]<\/p>\n<p>A cultura e a lingua infl\u00faen na forma en que entendemos a informaci\u00f3n (cient\u00edfica), e demostrouse (por exemplo, <a href=\"https:\/\/psycnet.apa.org\/doiLanding?doi=10.1037%2Fa0020743\">aqu\u00ed<\/a> e <a href=\"https:\/\/journals.asm.org\/doi\/full\/10.1128\/jmbe.v21i1.2097\">aqu\u00ed<\/a>) que facer que a ciencia sexa culturalmente relevante fomenta a formaci\u00f3n da identidade e pertenza \u00e1s CTEM. Para obter m\u00e1is informaci\u00f3n sobre como levar \u00e1 pr\u00e1ctica teor\u00edas culturais relevantes, consulta este <a href=\"https:\/\/app.us.lifeology.io\/viewer\/lifeology\/scicomm\/how-to-practice-culturally-relevant-scicomm-en-U\">breve curso<\/a> sobre comunicaci\u00f3n cient\u00edfica culturalmente relevante. S<\/p>\n<p>b) Investigaci\u00f3n interesante: un mapa sistem\u00e1tico de inclusi\u00f3n, equidade e diversidade na investigaci\u00f3n da comunicaci\u00f3n cient\u00edfica: practicamos o que predicamos? [Contido en ingl\u00e9s]<\/p>\n<p>A inclusi\u00f3n na comunicaci\u00f3n cient\u00edfica significa cousas diferentes para diferentes persoas, pero este campo ten xa 40 anos e abarca unha gran variedade de temas. <a href=\"https:\/\/www.frontiersin.org\/articles\/10.3389\/fcomm.2021.744365\/full\">Neste artigo<\/a> faise un inventario da amplitude das investigaci\u00f3ns realizadas sobre a comunicaci\u00f3n cient\u00edfica inclusiva e fan suxesti\u00f3ns sobre o cami\u00f1o a seguir. Tam\u00e9n podes ler sobre este artigo <a href=\"https:\/\/www.scicommbites.org\/post\/something-old-but-also-new-mapping-40-years-of-dei-scicomm-research\">en SciComm Bites<\/a>.<\/p>\n<p>c) N\u00famero 4 de African Science Stars: Women in Astronomy [Contido en ingl\u00e9s]<\/p>\n<p>O \u00faltimo n\u00famero de African Science Stars incl\u00fae historias sobre mulleres na astronom\u00eda, o astroturismo, os buracos negros, consellos para atopar o traballo dos teus so\u00f1os e moito m\u00e1is. Podes ler a revista <a href=\"https:\/\/issuu.com\/africansciencestars\/docs\/african_science_stars_wia\">aqu\u00ed<\/a>.<\/p>\n<p>d) A ciencia ten un problema de comunicaci\u00f3n [Contido en ingl\u00e9s]<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/undark.org\/2022\/10\/20\/science-has-a-communication-problem-and-a-connection-problem\/\">Neste artigo de opini\u00f3n<\/a>, o autor describe un problema ao que se enfronta a academia: a falta de formaci\u00f3n, estrutura e confianza en comunicaci\u00f3n.<\/p>\n<p>\u201cA ciencia est\u00e1 fallando \u00e1 hora de comunicar os seus propios procesos e valores de forma efectiva ao p\u00fablico. E os intentos de difundir informaci\u00f3n vital corren o risco de ser alterados polos intereses dos medios, cooptados para obter beneficios pol\u00edticos ou ser ignorados. Como resultado, creo que o p\u00fablico est\u00e1 perdendo lentamente a confianza na ciencia porque non ven a xente de ciencia como persoas de confianza&#8221;.<\/p>\n<p><strong>9) Bolet\u00edn da Oficina IAU para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda noutros idiomas<\/strong><\/p>\n<p>O noso bolet\u00edn ten traduci\u00f3n aos seguintes idiomas:<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/stargazersbh.wixsite.com\/bsac\/iau\"><strong>\u00c1rabe<\/strong><\/a><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas aos membros do Club de Observaci\u00f3n Astron\u00f3mica de Bahrain.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/sdas.wh.sdu.edu.cn\/info\/1657\/1261.htm\"><strong>Chin\u00e9s (Simplificado)<\/strong><\/a><br \/>\nTraduci\u00f3n grazas ao Dr Chen Cao, Sociedade Astron\u00f3mica Shandong (SDAS) de China.<\/p>\n<p><strong><a href=\"https:\/\/noc-iau.oac.unc.edu.ar\/boletin-informativo-newsletter-de-la-iau-astronomy-outreach\/\">Espa\u00f1ol<\/a><\/strong><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas a Andrea Ahumada, do Observatorio Astron\u00f3mico da Universidad Nacional de C\u00f3rdoba, e Ileana Andruchow, do Inst\u00edtuto de Astrof\u00edsica de La Plata, da Universidad Nacional de La Plata. Poden atoparse\u00a0<a href=\"http:\/\/asafile.blogspot.jp\/p\/blog-page_12.html\">aqu\u00ed<\/a>\u00a0as traduci\u00f3ns dos anteriores bolet\u00edns, feitas por Emilio Z\u00fa\u00f1iga, da Asociaci\u00f3n de Astr\u00f3nomos Aficionados de Le\u00f3n, Nicaragua.<\/p>\n<p><strong><a href=\"https:\/\/haitiastronomie.blogspot.com\/p\/bulletin-dinformationde-luai-sur.html\">Franc\u00e9s<\/a><\/strong><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas ao\u00a0<a href=\"https:\/\/haitiastronomie.blogspot.com\/p\/groupe-de-traduction-haitienne.html\">Grupo Haitiano de Traduci\u00f3n da Astronom\u00eda (GTHA)<\/a>\u00a0da Sociedade Astron\u00f3mica Haitiana.<\/p>\n<p><a href=\"http:\/\/agrupacionio.com\/gl\/tag\/boletin-iau\"><strong>Galego<\/strong><\/a><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas a Martin Pawley e Xabier P\u00e9rez Couto da Agrupaci\u00f3n Astron\u00f3mica Coru\u00f1esa \u00cdo en Espa\u00f1a.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/www.astronomiamo.it\/DivulgazioneAstronomica\/Newsletter-IAU\/last\"><strong>Italiano<\/strong><\/a><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas a Eleonora Piromalli de AstronomiAmo en Italia.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/drive.google.com\/drive\/folders\/1wN1txv57CLoDbLEEwNjStBMk6CrlkTxu?usp=sharing\"><strong>Portugu\u00e9s (europeo)<\/strong><\/a><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas a Catarina Leote, Jo\u00e3o Ferreira e Jonas Souza a trav\u00e9s do grupo de lingua portuguesa da Rede de Traduci\u00f3n Astron\u00f3mica.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/bit.ly\/36XeKZr\"><strong>Xapon\u00e9s<\/strong><\/a><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas a Akihiko Tomita a trav\u00e9s da Rede de Traduci\u00f3n Astron\u00f3mica. Se queres recibir a traduci\u00f3n ao xapon\u00e9s do bolet\u00edn, subscr\u00edbete \u00e1\u00a0<a href=\"http:\/\/www.jaaa-astro.jp\/jaaa-ml.html\">Asociaci\u00f3n Xaponesa de Astronom\u00eda Amadora<\/a>\u00a0ou \u00e1\u00a0<a href=\"http:\/\/www.tenkyo.net\/\">Sociedade Xaponesa pola Educaci\u00f3n e Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda<\/a>.<\/p>\n<p>Se queredes traducir o noso bolet\u00edn ao voso idioma, por favor escrib\u00eddenos a public@oao.iau.org.<\/p>\n<div class=\"entry-content\">\n<p><strong>10) Contribuci\u00f3ns ao bolet\u00edn de divulgaci\u00f3n da astronom\u00eda da IAU<\/strong><\/p>\n<p>Estamos sempre na busca de material sobre investigaci\u00f3n, comunicaci\u00f3n e divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica en todo o mundo para inclu\u00edla no seguinte bolet\u00edn da Oficina IAU para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda. Se tedes alg\u00fan evento astron\u00f3mico, ofrecedes un posto ou oportunidade de traballo, un recurso educativo ou calquera outra cousa que poida ser de interese para a comunidade da divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica, envi\u00e1denos un correo a public@oao.iau.org con m\u00e1is informaci\u00f3n.<\/p>\n<\/div>\n<div class=\"entry-content\">\n<p>Podedes enviarnos as vosas suxesti\u00f3ns at\u00e9 o d\u00eda 4 de cada mes (para o primeiro bolet\u00edn) e at\u00e9 o 17 (para o segundo bolet\u00edn). Desexamos recibir noticias vosas!<\/p>\n<p>Traduci\u00f3n: Martin Pawley (Agrupaci\u00f3n \u00cdo). Podedes consultar o bolet\u00edn en ingl\u00e9s <a href=\"https:\/\/mailchi.mp\/iau\/iauoutreachnewsletter_2022oct2\">nesta ligaz\u00f3n<\/a>.<\/p>\n<\/div>\n<p><\/p>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Bolet\u00edn IAU de divulgaci\u00f3n da astronom\u00eda Outubro #2 Neste bolet\u00edn: Nota editorial Asunto destacado: Xa dispo\u00f1\u00edbel o n\u00famero 31 do CAPjournal 1) Participa na nosa enquisa sobre o bolet\u00edn informativo de divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica da IAU 2) Abertas as solicitudes para o premio de doutoramento IAU 2022 3) Lanzamento do bolet\u00edn informativo da OAD 4) Anunciados premios Eric e Wendy Schmidt \u00e1 excelencia en comunicaci\u00f3n cient\u00edfica&#8230; <\/p>\n<p class=\"more\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/galego-boletin-iau-de-divulgacion-da-astronomia-outubro-2-2\/\">Read More<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":11402,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[51],"tags":[188],"class_list":["post-12795","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-noticias-gl","tag-boletin-iau"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12795","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=12795"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12795\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":12797,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12795\/revisions\/12797"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/11402"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=12795"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=12795"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=12795"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}