{"id":12768,"date":"2022-09-30T13:33:04","date_gmt":"2022-09-30T13:33:04","guid":{"rendered":"https:\/\/agrupacionio.com\/?p=12768"},"modified":"2022-10-31T13:56:55","modified_gmt":"2022-10-31T13:56:55","slug":"galego-boletin-iau-de-divulgacion-da-astronomia-setembro-2-2","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/galego-boletin-iau-de-divulgacion-da-astronomia-setembro-2-2\/","title":{"rendered":"Bolet\u00edn IAU de divulgaci\u00f3n da astronom\u00eda: Setembro #2"},"content":{"rendered":"<p><img fetchpriority=\"high\" decoding=\"async\" class=\"size-full wp-image-11795 aligncenter\" src=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2021\/04\/Newsletter-2021.jpg\" alt=\"\" width=\"1200\" height=\"718\" srcset=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2021\/04\/Newsletter-2021.jpg 1200w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2021\/04\/Newsletter-2021-300x180.jpg 300w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2021\/04\/Newsletter-2021-768x460.jpg 768w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2021\/04\/Newsletter-2021-1024x613.jpg 1024w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2021\/04\/Newsletter-2021-1060x634.jpg 1060w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2021\/04\/Newsletter-2021-550x329.jpg 550w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2021\/04\/Newsletter-2021-836x500.jpg 836w\" sizes=\"(max-width: 1200px) 100vw, 1200px\" \/><\/p>\n<p><strong>Bolet\u00edn IAU de divulgaci\u00f3n da astronom\u00eda<\/strong><\/p>\n<p><strong>Setembro #2<\/strong><\/p>\n<p>Neste bolet\u00edn:<\/p>\n<p>Nota editorial<br \/>\nAsunto destacado: anuncio das 100 horas de astronom\u00eda<br \/>\n1) Novos materiais para NameExoWorlds<br \/>\n2) 1 de decembro, final de prazo para os simposios e encontros da IAU<br \/>\n3) IV Obradoiro Shaw-IAU sobre Astronom\u00eda para a Educaci\u00f3n<br \/>\n4) Campa\u00f1a de financiamento Astronom\u00eda para a Equidade<br \/>\n5) A Sociedade Astron\u00f3mica do Pac\u00edfico anuncia os premios 2022<br \/>\n6) Os equipos NOC Nepal e NOC Brunei \u00fanense para facer un descubrimento<br \/>\n7) Novas NOC<br \/>\n8) Oportunidades<br \/>\n9) Recursos interesantes<br \/>\n10) Bolet\u00edn da Oficina IAU para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda noutros idiomas<br \/>\n11) Contribuci\u00f3ns ao bolet\u00edn da Oficina IAU para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda<\/p>\n<p><strong>Nota editorial<\/strong><\/p>\n<p>Prezadas amigas, amigos e colegas,<\/p>\n<p>Unha vez m\u00e1is, presentamos \u201c100 Horas de Astronom\u00eda\u201d, a nosa celebraci\u00f3n mundial continua da astronom\u00eda. Este ano, \u201c100 Horas\u201d cobra un significado especial xa que tam\u00e9n celebramos o d\u00e9cimo aniversario da OAO. Baixo o noso lema, \u201cAstronom\u00eda para todas as persoas\u201d, pretendemos involucrar a comunidades de todo o mundo nas marabillas do Universo, as\u00ed que bot\u00e1delle un ollo ao asunto destacado que aparece a continuaci\u00f3n para obterdes m\u00e1is informaci\u00f3n sobre como participar v\u00f3s e a vosa comunidade.<\/p>\n<p>Considerade tam\u00e9n unirvos ao noso proxecto en curso, NameExoWorlds. Forma un equipo para competir pola oportunidade de po\u00f1erlle nome a un exoplaneta e a s\u00faa estrela anfitrioa. De feito, podes xuntar tres dos programas m\u00e1is interesantes da OAO. Por exemplo, como parte da participaci\u00f3n no certame NameExoWorlds 2022, podes organizar unha charla p\u00fablica sobre exoplanetas no marco do programa \u201cMeet the IAU Astronomers\u201d. Se o voso evento ten lugar entre o 1 e o 4 de outubro de 2022, rexistrade a vosa actividade no sitio web \u201c100 Horas de Astronom\u00eda\u201d para terdes a oportunidade de ga\u00f1ar un telescopio ou outros premios, ademais de recibir o apoio da OAO e da rede NOC da IAU. As oportunidades son ilimitadas cos programas da OAO!<\/p>\n<p>A maior parte deste bolet\u00edn ded\u00edcase a constru\u00edr pontes ao servizo das futuras xeraci\u00f3ns na astronom\u00eda. Anim\u00e1mosvos a participar no 4\u00ba Obradoiro Shaw-IAU sobre Astronom\u00eda para a Educaci\u00f3n: ampliade as vosas redes mentres aprendedes de persoas expertas no campo da educaci\u00f3n en astronom\u00eda. Se es membro da IAU, colabora cun equipo para organizar un simposio ou encontro que investigue paradigmas na ciencia e da sociedade. Se dispo\u00f1edes de recursos, valorade facer unha achega \u00e1 campa\u00f1a de financiamento de \u201cAstronom\u00eda para a Equidade\u201d para apoiar o futuro da astronom\u00eda en Libia. E non esquezades consultar as oportunidades e recursos descritos neste bolet\u00edn! Desde programas de formaci\u00f3n at\u00e9 sonificaci\u00f3n de datos astron\u00f3micos, hai algo para todas as persoas.<\/p>\n<p>Este bolet\u00edn trae unha noticia das nosas Coordinaci\u00f3ns Nacionais de Divulgaci\u00f3n (NOC) de Brunei e Nepal que uniron forzas (e recursos) para facer o descubrimento provisional dun asteroide. Sentimos moito orgullo destes equipos por ser un exemplo do que significa ser parte da familia da IAU e d\u00e1moslles as grazas por mostrarnos o que \u00e9 pos\u00edbel cando traballamos en equipo.<\/p>\n<p>Como sempre, a rede NOC est\u00e1 \u00e1 vangarda na construci\u00f3n de pontes coas s\u00faas comunidades. A\u00ednda que moitos dos equipos NOC est\u00e1n ocupados preparando as \u201c100 Horas de Astronom\u00eda\u201d e NameExoWorlds, alg\u00fans a\u00ednda conseguiron organizar outras actividades este mes. D\u00e1moslles as grazas polo seu esforzo, tanto entre bastidores como de forma p\u00fablica. Prestade atenci\u00f3n \u00e1s actualizaci\u00f3ns deste incr\u00edbel grupo entregado \u00e1 comunicaci\u00f3n da astronom\u00eda.<\/p>\n<p>Que te\u00f1ades uns ceos escuros e tranquilos,<\/p>\n<p>Kelly Blumenthal, en nome do equipo da Oficina IAU para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda<\/p>\n<p><strong>Asunto destacado: anuncio das 100 horas de astronom\u00eda<\/strong><\/p>\n<p>Do 1 ao 4 de outubro de 2022, a Oficina IAU para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda convoca 100 horas seguidas de celebraci\u00f3n mundial da astronom\u00eda. A OAO convida a todas as persoas en todo o mundo a participar no evento, que ten como obxectivo involucrar o maior n\u00famero pos\u00edbel de participantes no ceo e nas marabillas do noso Universo.<\/p>\n<p>Este ano o programa insp\u00edrase no lema da OAO, \u201cAstronom\u00eda para todas as persoas\u201d. Celebrar\u00e1 o d\u00e9cimo aniversario da OAO invitando a toda a xente, en particular membros da comunidade astron\u00f3mica profesional ou amadora, docentes, profesionais da divulgaci\u00f3n e entusiastas da astronom\u00eda, a unirse para facer m\u00e1is inclusiva a astronom\u00eda en todo o mundo.<\/p>\n<p>Cando difundades o voso evento nas redes sociais, asegur\u00e1devos de usar #100HoursOfAstronomy e #IAUoutreach para que a OAO tam\u00e9n axude a promover a vosa actividade.<\/p>\n<p>Para obterdes m\u00e1is informaci\u00f3n, consultade o anuncio <a href=\"https:\/\/www.iau.org\/news\/announcements\/detail\/ann22032\/\">aqu\u00ed<\/a>.<\/p>\n<p><strong>1) Novos materiais para NameExoWorlds<\/strong><\/p>\n<p>O equipo de NameExoWorlds creou novas imaxes que mostran a posici\u00f3n no ceo nocturno dos 20 sistemas cun exoplaneta co\u00f1ecido que forman parte da campa\u00f1a NameExoWorlds 2022. As imaxes mostran a localizaci\u00f3n de cada sistema nunha fotograf\u00eda real das s\u00faas constelaci\u00f3ns anfitrioas designadas pola IAU. No certame NameExoWorlds 2022, calquera persoa pode formar equipos constituidos por unha combinaci\u00f3n de estudantes, docentes, entusiastas da astronom\u00eda ou membros da comunidade astron\u00f3mica amadora e profesional, desenvolver unha iniciativa de divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica e facer unha proposta para nomear un destes 20 exoplanetas e a s\u00faa estrela anfitrioa. Prestade atenci\u00f3n a este recurso nas nosas contas de <a href=\"https:\/\/www.facebook.com\/IAUoutreach\/\">Facebook<\/a> e <a href=\"https:\/\/twitter.com\/iau_outreach\">Twitter<\/a> nas pr\u00f3ximas semanas!<\/p>\n<p><strong>2) 1 de decembro, final de prazo para os simposios e encontros da IAU<\/strong><\/p>\n<p>As propostas para os simposios e encontros da IAU en 2024 rematan o 1 de decembro. As Cartas de Intenci\u00f3n recibidas est\u00e1n <a href=\"https:\/\/iau.org\/science\/meetings\/proposals\/loi\/2024\/\">publicadas aqu\u00ed<\/a>. An\u00edmase a todas as persoas afiliadas \u00e1 IAU a que examinen esta listaxe e atopar formas de colaboraci\u00f3n para producir unha proposta. Non \u00e9 necesario ter enviado unha carta de interese para presentar unha proposta final.<\/p>\n<p><strong>3) IV Obradoiro Shaw-IAU sobre Astronom\u00eda para a Educaci\u00f3n<\/strong><\/p>\n<p>A inscrici\u00f3n a\u00ednda est\u00e1 aberta para o IV Obradoiro Shaw-IAU sobre Astronom\u00eda para a Educaci\u00f3n. O obradoiro deste ano c\u00e9ntrase no papel da astronom\u00eda na educaci\u00f3n formal, primaria e secundaria, facendo especial fincap\u00e9 na experiencia do profesorado. Pretende dar resposta \u00e1s seguintes cuesti\u00f3ns: Como ensinamos a astronom\u00eda como materia propia? Cal \u00e9 o papel da astronom\u00eda na ensinanza da f\u00edsica ou da qu\u00edmica, ou mesmo do cambio clim\u00e1tico? Como te relacionas coa t\u00faa administraci\u00f3n? Como constr\u00faes pontes entre os fundamentos que se ensinan habitualmente nas escolas e os resultados de vangarda da investigaci\u00f3n?<\/p>\n<p>Para m\u00e1is informaci\u00f3n e para rexistrarte, <a href=\"https:\/\/astro4edu.org\/shaw-iau\/\">fai clic aqu\u00ed<\/a>.<\/p>\n<p><strong>4) Campa\u00f1a de financiamento Astronom\u00eda para a Equidade<\/strong><\/p>\n<p>Astronom\u00eda para a Equidade, unha nova iniciativa para apoiar a educaci\u00f3n CTEM en comunidades marxinadas e illadas creada polo fundador de Astronomers Without Borders Mike Simmons, lanzou a s\u00faa primeira campa\u00f1a de financiamento para levar telescopios aos clubs de astronom\u00eda de ensino medio en cinco cidades de Libia. Esta rede de clubs de estudantes foi creada por Royaa, unha ONG nacional libia, en colaboraci\u00f3n co Ministerio de Educaci\u00f3n de Libia. Estes clubs activos precisan telescopios para seguir inspirando estudantes de ciencias, inclu\u00eddas as escolas de nenas e mozas, e atraer m\u00e1is participantes e apoio. Por favor, apoia e comparte esta importante campa\u00f1a para compartir o ceo co estudantado de Libia e d\u00e1lle esperanza aos seus so\u00f1os para o futuro! Para m\u00e1is informaci\u00f3n, fai clic <a href=\"https:\/\/astro4equity.org\/please-help-students-in-libya-learn-astronomy\/\">nesta ligaz\u00f3n<\/a>. Para facer doaz\u00f3ns a esta campa\u00f1a, fai clic <a href=\"http:\/\/fundrazr.com\/LibyaTelescopes\">aqu\u00ed<\/a>.<\/p>\n<p><strong>5) A Sociedade Astron\u00f3mica do Pac\u00edfico anuncia os premios 2022<\/strong><\/p>\n<p>A ASP anunciou recentemente as persoas ga\u00f1adoras dos seus premios 2022, inclu\u00eddos os de divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica, educaci\u00f3n e participaci\u00f3n afeccionada.<\/p>\n<p>a) Premio Klumpke-Roberts por contribuci\u00f3ns destacadas ao co\u00f1ecemento p\u00fablico e apreciaci\u00f3n da astronom\u00eda<br \/>\nParab\u00e9ns a Suzanne Gurton, Directora de Educaci\u00f3n e Divulgaci\u00f3n do Observatorio Nacional de Radioastronom\u00eda. Para obter m\u00e1is informaci\u00f3n sobre as s\u00faas contribuci\u00f3ns ao campo, consulta <a href=\"https:\/\/astrosociety.org\/who-we-are\/awards\/klumpke-roberts-award.html\">este sitio web<\/a>.<\/p>\n<p>b) Premio Richard H. Emmons \u00e1 excelencia no ensino universitario de astronom\u00eda<br \/>\nParab\u00e9ns ao profesor George Greenstein, profesor em\u00e9rito Sidney Dillon de Astronom\u00eda no Amherst College! Para obter m\u00e1is informaci\u00f3n sobre os seus m\u00e9todos de ensino innovadores, textos e explicaci\u00f3ns, consulta <a href=\"https:\/\/astrosociety.org\/who-we-are\/awards\/richard-h-emmons-award.html\">este sitio web<\/a>.<\/p>\n<p>c) Premio de Divulgaci\u00f3n Amadora Las Cumbres \u00e1 divulgaci\u00f3n destacada na comunidade astron\u00f3mica amadora dirixida \u00e1 infancia e o p\u00fablico xeral.<br \/>\nParab\u00e9ns a Billy Hix, membro da Von Braun Astronomical Society en Huntsville, Alabama, e fundador e director do programa de divulgaci\u00f3n CTEM da Motlow College Foundation en Tennessee. Podes obter m\u00e1is informaci\u00f3n sobre o seu incr\u00edbel traballo de divulgaci\u00f3n e o seu tempo como educador <a href=\"https:\/\/astrosociety.org\/who-we-are\/awards\/las-cumbres-amateur-outreach-award.html\">neste sitio web<\/a>.<\/p>\n<p>d) Premio Gordon Myers ao logro amador por achados observacionais ou t\u00e9cnicos significativos na comunidade astr\u00f3noma amadora.<br \/>\nParab\u00e9ns a Paul D. Maley, membro de longa data da Sociedade Astron\u00f3mica do Centro Espacial Johnson! M\u00e1is informaci\u00f3n sobre as s\u00faas contribuci\u00f3ns \u00e1 investigaci\u00f3n astron\u00f3mica <a href=\"https:\/\/astrosociety.org\/who-we-are\/awards\/gordon-myers-amateur-achievement-award.html\">neste sitio web<\/a>.<\/p>\n<p><strong>6) Os equipos NOC Nepal e NOC Brunei \u00fanense para facer un descubrimento<\/strong><\/p>\n<p>Os equipos NOC Nepal e NOC Brunei, en colaboraci\u00f3n coa Sociedade Astron\u00f3mica de Nepal e a Sociedade Astron\u00f3mica de Brunei Darussalam realizaron o seu primeiro descubrimento provisional dun asteroide, polo de agora chamado 2021 RE43. Este \u00e9 un dos mellores exemplos de como a misi\u00f3n da IAU chega a bo porto. Parab\u00e9ns aos dous equipos! Para saber m\u00e1is, consulta <a href=\"https:\/\/bruneiastronomy.org\/web\/asteroidsearch\/asteroid-provisional\/\">esta ligaz\u00f3n<\/a>.<\/p>\n<p><strong>7) Novas NOC<\/strong><\/p>\n<p>a) Hait\u00ed<br \/>\nO equipo <a href=\"https:\/\/sites.google.com\/oao.iau.org\/iauoaonews\/national-pages\/america-haiti\">NOC Hait\u00ed<\/a> coordinou un evento en li\u00f1a para falar sobre o Sol. Tam\u00e9n se est\u00e1n preparando para as \u201c100 Horas de Astronom\u00eda\u201d e produciron un v\u00eddeo promocional este mes anunciando o seu evento.<\/p>\n<p>b) Libia<br \/>\nO <a href=\"https:\/\/sites.google.com\/oao.iau.org\/iauoaonews\/national-pages\/africa-libya\">NOC Libia<\/a>, Amjed Khurwat, creou unha fermosa compilaci\u00f3n de imaxes que mostran a diferenza entre o telescopio espacial James Webb e o Hubble a partir das primeiras imaxes do JWST, descritas completamente en \u00e1rabe.<\/p>\n<p>c) Qatar<br \/>\nO noso <a href=\"https:\/\/sites.google.com\/oao.iau.org\/iauoaonews\/national-pages\/asia-qatar\">NOC Qatar<\/a>, Hani Dalee, en colaboraci\u00f3n co Club Astron\u00f3mico da Universidade de Qatar, Qatar Calendar House, a Uni\u00f3n \u00c1rabe para a Astronom\u00eda e as Ciencias do Espazo, a Sociedade Astron\u00f3mica de Qatar e Astroever fotograf\u00eda, liderou unha campa\u00f1a de cinco d\u00edas no deserto de Al Kharrara para fotografar a misi\u00f3n DART e ver X\u00fapiter na s\u00faa oposici\u00f3n.<\/p>\n<p><strong>8) Oportunidades<\/strong><\/p>\n<p>a) Evento gratu\u00edto da Rede de Formaci\u00f3n en Participaci\u00f3n P\u00fablica<br \/>\nO 13 de outubro (12:00-14:30 UTC), a Rede de Formaci\u00f3n en Participaci\u00f3n P\u00fablica acoller\u00e1 un evento para compartir e aprender de profesionais que traballan na materia. Descubre novos m\u00e9todos e boas pr\u00e1cticas! A asistencia ao evento \u00e9 gratu\u00edta. Podes rexistrarte <a href=\"https:\/\/www.big.uk.com\/event-4971942\">nesta ligaz\u00f3n<\/a>.<\/p>\n<p>b) Anota a data: Foro sobre Astronom\u00eda en \u00c1frica 2022<br \/>\nPara seguir creando impulso cara \u00e1 Asemblea Xeral da IAU 2024, o pr\u00f3ximo Foro sobre Astronom\u00eda en \u00c1frica ter\u00e1 lugar o 25 de outubro. Este evento totalmente virtual reunir\u00e1 profesionais da astronom\u00eda, entusiastas da astronom\u00eda, especialistas en divulgaci\u00f3n e educaci\u00f3n e respons\u00e1beis pol\u00edticos. Para m\u00e1is informaci\u00f3n, consulta <a href=\"https:\/\/astronomy2024.org\/2022-forum-on-astronomy-in-africa\/\">esta ligaz\u00f3n<\/a>.<\/p>\n<p>c) Formaci\u00f3n do profesorado ESA-GTTP<br \/>\nA Axencia Espacial Europea e o Programa de Formaci\u00f3n do Profesorado Galileo (GTTP, polas siglas en ingl\u00e9s) organizan un evento de formaci\u00f3n para docentes. Este evento h\u00edbrido gratu\u00edto ter\u00e1 lugar do 17 ao 21 de outubro de 2022 presencialmente en Madrid e tam\u00e9n en li\u00f1a. Entre outras actividades enriquecedoras, este evento formativo contar\u00e1 con oportunidades de traballo en rede e colaboraci\u00f3n con profesorado e persoal cient\u00edfico. A organizaci\u00f3n afirma isto: &#8220;Participa neste curso de formaci\u00f3n e volve \u00e1 t\u00faa escola cun proxecto de investigaci\u00f3n nas t\u00faas mans&#8221;. Para m\u00e1is informaci\u00f3n, consulta <a href=\"http:\/\/galileoteachers.org\/esa-gttp-2022\/\">esta ligaz\u00f3n<\/a>. Para rexistrarte, fai <a href=\"https:\/\/forms.office.com\/pages\/responsepage.aspx?id=7xo0Ge6kPUuTWGmZYKZTo8bZuiCQcA9EpYttvS83RwZUMFpWT09DVzQ2SVA5U0c1MjExQUU0Szc2OS4u\">clic aqu\u00ed<\/a>.<\/p>\n<p>d) Desaf\u00edo de observaci\u00f3n da Terra en \u00c1frica<br \/>\nO Desaf\u00edo de Observaci\u00f3n da Terra en \u00c1frica \u00e9 unha invitaci\u00f3n aberta para estudantes e persoas en \u00c1frica dos campos da innovaci\u00f3n, a empresa e o pensamento no sector da tecnolox\u00eda espacial: un evento para calquera persoa implicada na utilizaci\u00f3n de datos espaciais para mellorar as vidas e as terras do continente africano. O reto est\u00e1 dirixido a procurar novas tecnolox\u00edas espaciais que, cun pouco de investimento ou orientaci\u00f3n, poidan converterse nun motor de cambio positivo. Se che apaixona a busca de soluci\u00f3ns, tes cari\u00f1o polo continente africano e ves oportunidades de facer o ben usando datos xeoespaciais, ent\u00f3n este desaf\u00edo \u00e9 para ti. Para unirte ao reto, fai <a href=\"https:\/\/eochallenge.africa\/enter\/\">clic aqu\u00ed<\/a>.<\/p>\n<p><strong>9) Recursos interesantes<\/strong><\/p>\n<p>a) Gravaci\u00f3ns das II Xornadas de Educaci\u00f3n Astronom\u00eda en Chile [Contido en castel\u00e1n]<br \/>\nEn xullo, a Coordinadora Nacional de Educaci\u00f3n Astron\u00f3mica de Chile organizou a segunda Conferencia de Educaci\u00f3n Astron\u00f3mica, que xuntou profesorado de ciencias, estudantes de grao e profesionais da comunicaci\u00f3n, a astronom\u00eda e o astroturismo. Xa podes ver as gravaci\u00f3ns das sesi\u00f3ns na s\u00faa <a href=\"https:\/\/www.youtube.com\/channel\/UCM6NiLw-CUyRUR4cC8EHd0g\">canle de YouTube<\/a>.<\/p>\n<p>b) Honrando as mulleres cient\u00edficas, matem\u00e1ticas, programadoras e paleont\u00f3logas esquecidas [Contido en ingl\u00e9s]<br \/>\nMoitas mulleres hist\u00f3ricas na ciencia non recibiron o reco\u00f1ecemento que merec\u00edan. Obt\u00e9n informaci\u00f3n sobre unha selecci\u00f3n destas brillantes cient\u00edficas <a href=\"https:\/\/cosmosmagazine.com\/australia\/honouring-forgotten-women-scientists-mathematicians-programmers-and-palaeontologists\/\">neste sitio web<\/a>.<\/p>\n<p>c) Sonificaci\u00f3n das primeiras imaxes de JWST [Contido en ingl\u00e9s e sons]<br \/>\nA sonificaci\u00f3n \u00e9 unha pr\u00e1ctica com\u00fan para facer que as imaxes e os datos astron\u00f3micos sexan acces\u00edbeis para as persoas con cegueira ou discapacidade visual transformando a informaci\u00f3n visual en son. Para a xente que ve, a sonificaci\u00f3n presenta informaci\u00f3n astron\u00f3mica dunha forma totalmente nova, que pode levar a novos co\u00f1ecementos e novos descubrimentos. Pr\u00f3bao ti tam\u00e9n; escoita tres das primeiras imaxes de JWST <a href=\"https:\/\/www.nasa.gov\/feature\/goddard\/2022\/nasa-webb-s-first-full-color-images-data-are-set-to-sound\">nesta ligaz\u00f3n<\/a>.<\/p>\n<p>d) Informe ISC sobre a crise en Ucra\u00edna [Contido en ingl\u00e9s e ucra\u00edno]<br \/>\nO Consello Internacional da Ciencia publicou un informe sobre as respostas dos sectores europeos de educaci\u00f3n superior e investigaci\u00f3n \u00e1 crise en Ucra\u00edna. No seu informe, detallan sete recomendaci\u00f3ns para que a comunidade internacional apoie mellor os sistemas cient\u00edficos afectados polos conflitos. Descarga o informe <a href=\"https:\/\/council.science\/publications\/ukraine-crisis-responses-from-european-higher-education-research\/\">aqu\u00ed<\/a>.<\/p>\n<p><strong>10) Bolet\u00edn da Oficina IAU para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda noutros idiomas<\/strong><\/p>\n<p>O noso bolet\u00edn ten traduci\u00f3n aos seguintes idiomas:<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/stargazersbh.wixsite.com\/bsac\/iau\"><strong>\u00c1rabe<\/strong><\/a><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas aos membros do Club de Observaci\u00f3n Astron\u00f3mica de Bahrain.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/sdas.wh.sdu.edu.cn\/info\/1657\/1261.htm\"><strong>Chin\u00e9s (Simplificado)<\/strong><\/a><br \/>\nTraduci\u00f3n grazas ao Dr Chen Cao, Sociedade Astron\u00f3mica Shandong (SDAS) de China.<\/p>\n<p><strong><a href=\"https:\/\/noc-iau.oac.unc.edu.ar\/boletin-informativo-newsletter-de-la-iau-astronomy-outreach\/\">Espa\u00f1ol<\/a><\/strong><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas a Andrea Ahumada, do Observatorio Astron\u00f3mico da Universidad Nacional de C\u00f3rdoba, e Ileana Andruchow, do Inst\u00edtuto de Astrof\u00edsica de La Plata, da Universidad Nacional de La Plata. Poden atoparse\u00a0<a href=\"http:\/\/asafile.blogspot.jp\/p\/blog-page_12.html\">aqu\u00ed<\/a>\u00a0as traduci\u00f3ns dos anteriores bolet\u00edns, feitas por Emilio Z\u00fa\u00f1iga, da Asociaci\u00f3n de Astr\u00f3nomos Aficionados de Le\u00f3n, Nicaragua.<\/p>\n<p><strong><a href=\"https:\/\/haitiastronomie.blogspot.com\/p\/bulletin-dinformationde-luai-sur.html\">Franc\u00e9s<\/a><\/strong><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas ao\u00a0<a href=\"https:\/\/haitiastronomie.blogspot.com\/p\/groupe-de-traduction-haitienne.html\">Grupo Haitiano de Traduci\u00f3n da Astronom\u00eda (GTHA)<\/a>\u00a0da Sociedade Astron\u00f3mica Haitiana.<\/p>\n<p><a href=\"http:\/\/agrupacionio.com\/gl\/tag\/boletin-iau\"><strong>Galego<\/strong><\/a><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas a Martin Pawley e Xabier P\u00e9rez Couto da Agrupaci\u00f3n Astron\u00f3mica Coru\u00f1esa \u00cdo en Espa\u00f1a.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/www.astronomiamo.it\/DivulgazioneAstronomica\/Newsletter-IAU\/last\"><strong>Italiano<\/strong><\/a><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas a Eleonora Piromalli de AstronomiAmo en Italia.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/drive.google.com\/drive\/folders\/1wN1txv57CLoDbLEEwNjStBMk6CrlkTxu?usp=sharing\"><strong>Portugu\u00e9s (europeo)<\/strong><\/a><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas a Catarina Leote, Jo\u00e3o Ferreira e Jonas Souza a trav\u00e9s do grupo de lingua portuguesa da Rede de Traduci\u00f3n Astron\u00f3mica.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/bit.ly\/36XeKZr\"><strong>Xapon\u00e9s<\/strong><\/a><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas a Akihiko Tomita a trav\u00e9s da Rede de Traduci\u00f3n Astron\u00f3mica. Se queres recibir a traduci\u00f3n ao xapon\u00e9s do bolet\u00edn, subscr\u00edbete \u00e1\u00a0<a href=\"http:\/\/www.jaaa-astro.jp\/jaaa-ml.html\">Asociaci\u00f3n Xaponesa de Astronom\u00eda Amadora<\/a>\u00a0ou \u00e1\u00a0<a href=\"http:\/\/www.tenkyo.net\/\">Sociedade Xaponesa pola Educaci\u00f3n e Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda<\/a>.<\/p>\n<p>Se queredes traducir o noso bolet\u00edn ao voso idioma, por favor escrib\u00eddenos a public@oao.iau.org.<\/p>\n<div class=\"entry-content\">\n<p><strong>11) Contribuci\u00f3ns ao bolet\u00edn de divulgaci\u00f3n da astronom\u00eda da IAU<\/strong><\/p>\n<p>Estamos sempre na busca de material sobre investigaci\u00f3n, comunicaci\u00f3n e divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica en todo o mundo para inclu\u00edla no seguinte bolet\u00edn da Oficina IAU para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda. Se tedes alg\u00fan evento astron\u00f3mico, ofrecedes un posto ou oportunidade de traballo, un recurso educativo ou calquera outra cousa que poida ser de interese para a comunidade da divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica, envi\u00e1denos un correo a public@oao.iau.org con m\u00e1is informaci\u00f3n.<\/p>\n<\/div>\n<div class=\"entry-content\">\n<p>Podedes enviarnos as vosas suxesti\u00f3ns at\u00e9 o d\u00eda 4 de cada mes (para o primeiro bolet\u00edn) e at\u00e9 o 17 (para o segundo bolet\u00edn). Desexamos recibir noticias vosas!<\/p>\n<p>Traduci\u00f3n: Martin Pawley e Xabier P\u00e9rez Couto (Agrupaci\u00f3n \u00cdo). Podedes consultar o bolet\u00edn en ingl\u00e9s\u00a0<a href=\"https:\/\/mailchi.mp\/iau\/iauoutreachnewsletter_2022sep2\">nesta ligaz\u00f3n<\/a>.<\/p>\n<\/div>\n<p><\/p>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Bolet\u00edn IAU de divulgaci\u00f3n da astronom\u00eda Setembro #2 Neste bolet\u00edn: Nota editorial Asunto destacado: anuncio das 100 horas de astronom\u00eda 1) Novos materiais para NameExoWorlds 2) 1 de decembro, final de prazo para os simposios e encontros da IAU 3) IV Obradoiro Shaw-IAU sobre Astronom\u00eda para a Educaci\u00f3n 4) Campa\u00f1a de financiamento Astronom\u00eda para a Equidade 5) A Sociedade Astron\u00f3mica do Pac\u00edfico anuncia os premios&#8230; <\/p>\n<p class=\"more\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/galego-boletin-iau-de-divulgacion-da-astronomia-setembro-2-2\/\">Read More<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":11402,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[51],"tags":[188],"class_list":["post-12768","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-noticias-gl","tag-boletin-iau"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12768","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=12768"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12768\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":12771,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12768\/revisions\/12771"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/11402"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=12768"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=12768"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=12768"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}