{"id":12758,"date":"2022-09-15T22:25:30","date_gmt":"2022-09-15T22:25:30","guid":{"rendered":"https:\/\/agrupacionio.com\/?p=12758"},"modified":"2022-10-31T13:56:44","modified_gmt":"2022-10-31T13:56:44","slug":"galego-boletin-iau-de-divulgacion-da-astronomia-setembro-1-2","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/galego-boletin-iau-de-divulgacion-da-astronomia-setembro-1-2\/","title":{"rendered":"Bolet\u00edn IAU de divulgaci\u00f3n da astronom\u00eda: Setembro #1"},"content":{"rendered":"<p><img fetchpriority=\"high\" decoding=\"async\" class=\"size-full wp-image-11795 aligncenter\" src=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2021\/04\/Newsletter-2021.jpg\" alt=\"\" width=\"1200\" height=\"718\" srcset=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2021\/04\/Newsletter-2021.jpg 1200w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2021\/04\/Newsletter-2021-300x180.jpg 300w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2021\/04\/Newsletter-2021-768x460.jpg 768w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2021\/04\/Newsletter-2021-1024x613.jpg 1024w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2021\/04\/Newsletter-2021-1060x634.jpg 1060w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2021\/04\/Newsletter-2021-550x329.jpg 550w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2021\/04\/Newsletter-2021-836x500.jpg 836w\" sizes=\"(max-width: 1200px) 100vw, 1200px\" \/><\/p>\n<p><strong>Bolet\u00edn IAU de divulgaci\u00f3n da astronom\u00eda<\/strong><\/p>\n<p><strong>Setembro #1<\/strong><\/p>\n<p>Neste bolet\u00edn:<\/p>\n<p>Nota editorial<br \/>\nAsunto destacado: anuncio das 100 horas de astronom\u00eda<br \/>\n1) Concurso NameExoWorlds 2022<br \/>\n2) OAD permanecer\u00e1 en Sud\u00e1frica at\u00e9 2027<br \/>\n3) A medida que os incendios forestais son m\u00e1is extremos, os observatorios corren un maior risco<br \/>\n4) Enquisa Europlanet sobre recursos educativos [Contido en varios idiomas]<br \/>\n5) Enquisa sobre actividades extraescolares sobre o espazo despois da COVID-19<br \/>\n6) Novas NOC<br \/>\n7) Oportunidades<br \/>\n8) Recursos interesantes<br \/>\n9) Bolet\u00edn da Oficina IAU para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda noutros idiomas<br \/>\n10) Contribuci\u00f3ns ao bolet\u00edn da Oficina IAU para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda<\/p>\n<p><strong>Nota editorial<\/strong><\/p>\n<p>Prezadas amigas, amigos e colegas,<\/p>\n<p>\u00c9nchenos de orgullo anunciar outra celebraci\u00f3n do d\u00e9cimo aniversario da Oficina IAU para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda: o noso evento de divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica continua m\u00e1is longo do ano, 100 Horas de Astronom\u00eda. Baixo o noso lema, \u201castronom\u00eda para todas as persoas\u201d, pretendemos involucrar comunidades de todo o mundo nas marabillas do Universo. O asunto destacado deste bolet\u00edn describe como podes participar.<\/p>\n<p>Podes unirte a outro proxecto noso en curso, NameExoWorlds. Forma un equipo para competir pola oportunidade de nomear un exoplaneta e a s\u00faa estrela anfitrioa. De feito, podes xuntar tres dos programas m\u00e1is interesantes da OAO. Por exemplo, como parte da t\u00faa participaci\u00f3n no certame NameExoWorlds 2022, podes organizar unha conferencia sobre exoplanetas no marco da iniciativa \u201cMeet the IAU Astronomers\u201d. Se o teu evento ten lugar entre os d\u00edas 1 e 4 de outubro de 2022, podes rexistralo como parte das 100 Horas de Astronom\u00eda para ter a oportunidade de nomear un exoplaneta e ga\u00f1ar un telescopio ou outros premios, ademais de recibir o apoio da OAO e a Coordinaci\u00f3n Nacional de Divulgaci\u00f3n da IAU. Hai numerosas oportunidades no marco dos programas da OAO.<\/p>\n<p>Queremos mandar unha calorosa felicitaci\u00f3n \u00e1 nosa familia na Oficina IAU de Astronom\u00eda para o Desenvolvemento, que continuar\u00e1 o seu incr\u00edbel traballo en Sud\u00e1frica at\u00e9 2027.<\/p>\n<p>Neste bolet\u00edn tam\u00e9n atopar\u00e1s varios debates (e oportunidades para debater) sobre a astronom\u00eda e a comunicaci\u00f3n astron\u00f3mica no contexto dos fen\u00f3menos globais. Desde o cambio clim\u00e1tico at\u00e9 o COVID-19, \u00e9 interesante considerar como esta renovada perspectiva global cambiou a forma en que miramos a comunicaci\u00f3n e a educaci\u00f3n astron\u00f3mica.<\/p>\n<p>Como sempre, queremos darlles as grazas aos equipos das Coordinaci\u00f3ns Nacionais de Divulgaci\u00f3n, que, para al\u00e9n das s\u00faas outras responsabilidades, atopan tempo para envolver as s\u00faas comunidades con actividades astron\u00f3micas sorprendentes. M\u00e1is abaixo damos conta dalgunhas das s\u00faas novas m\u00e1is destacadas.<\/p>\n<p>Que te\u00f1ades uns ceos escuros e tranquilos,<\/p>\n<p>Kelly Blumenthal, en nome do equipo da Oficina IAU para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda<\/p>\n<p><strong>Asunto destacado: anuncio das 100 horas de astronom\u00eda<\/strong><\/p>\n<p>Do 1 ao 4 de outubro de 2022, a Oficina IAU para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda convoca 100 horas seguidas de celebraci\u00f3n mundial da astronom\u00eda. A OAO convida a todas as persoas en todo o mundo a participar no evento, que ten como obxectivo involucrar o maior n\u00famero pos\u00edbel de participantes no ceo e nas marabillas do noso Universo.<\/p>\n<p>Este ano o programa insp\u00edrase no lema da OAO, \u201cAstronom\u00eda para todas as persoas\u201d. Celebrar\u00e1 o d\u00e9cimo aniversario da OAO invitando a toda a xente, en particular membros da comunidade astron\u00f3mica profesional ou amadora, docentes, profesionais da divulgaci\u00f3n e entusiastas da astronom\u00eda, a unirse para facer m\u00e1is inclusiva a astronom\u00eda en todo o mundo.<\/p>\n<p>15 dos eventos que mellor involucren as s\u00faas comunidades ga\u00f1ar\u00e1n un telescopio, como iniciativa especial do programa \u201cTelescopios para todas as persoas\u201d. Os telescopios foron amabelmente doados por entidades parceiras da OAO: <a href=\"http:\/\/www.ssvi.be\/\">Sterren Schitteren Voor Iedereen<\/a>, a <a href=\"https:\/\/www.universiteitleiden.nl\/en\/science\/astronomy\/pubout\">Universidade de Leiden<\/a> e <a href=\"https:\/\/www.bresser.de\/en\/Brand\/Bresser\/\">BRESSER<\/a>. Os primeiros 100 eventos rexistrados nas \u201c100 Horas de Astronom\u00eda\u201d recibir\u00e1n agasallos da Oficina IAU para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda, inclu\u00eddas versi\u00f3ns impresas da revista Comunicar Astronom\u00eda co P\u00fablico. Para que o teu evento sexa elix\u00edbel, comun\u00edcao \u00e1 listaxe de eventos de divulgaci\u00f3n da IAU a trav\u00e9s deste formulario antes do 31 de setembro de 2022 \u00e1s 23:59 da t\u00faa hora local e desenvolve o evento durante as 100 horas de astronom\u00eda (1-4 de outubro, hora local). Podes atopar m\u00e1is informaci\u00f3n sobre o concurso <a href=\"https:\/\/www.iau.org\/static\/announcements\/pdf\/ann22032a.pdf\">aqu\u00ed<\/a>.<\/p>\n<p>Cando difundas o teu evento nas redes sociais, aseg\u00farate de usar #100HoursOfAstronomy e #IAUoutreach para que a OAO tam\u00e9n axude a promover a t\u00faa actividade.<\/p>\n<p>Para obter m\u00e1is informaci\u00f3n, consulta o anuncio <a href=\"https:\/\/www.iau.org\/news\/announcements\/detail\/ann22032\/\">aqu\u00ed<\/a>.<\/p>\n<p><strong>1) Concurso NameExoWorlds 2022<\/strong><\/p>\n<p>Para celebrar o d\u00e9cimo aniversario da s\u00faa Oficina de Divulgaci\u00f3n Astron\u00f3mica (OAO), a Uni\u00f3n Astron\u00f3mica Internacional (IAU) lanzou un concurso para nomear 20 sistemas exoplanetarios que ser\u00e1n observados polo telescopio espacial James Webb. A competici\u00f3n, NameExoWorlds 2022, busca reunir tanto a profesionais da astronom\u00eda como ao p\u00fablico en xeral, d\u00e1ndolles a oportunidade de nomear os 20 exoplanetas seleccionados xunto coas s\u00faas estrelas anfitrioas. Podes ler m\u00e1is informaci\u00f3n <a href=\"https:\/\/www.nameexoworlds.iau.org\/\">aqu\u00ed<\/a>.<\/p>\n<p><strong>2) OAD permanecer\u00e1 en Sud\u00e1frica at\u00e9 2027<\/strong><\/p>\n<p>A Uni\u00f3n Astron\u00f3mica Internacional (IAU) e a Fundaci\u00f3n Nacional de Investigaci\u00f3n de Sud\u00e1frica (NRF) asinaron un acordo para seguir acollendo a Oficina de Astronom\u00eda para o Desenvolvemento (OAD) en Sud\u00e1frica at\u00e9 2027.<\/p>\n<p>A OAD estivo aloxada en Sud\u00e1frica desde que foi lanzada oficialmente en 2011. O ano pasado encargouse unha revisi\u00f3n independente da oficina. A revisi\u00f3n externa considerou que o rendemento da OAD \u00e9 &#8220;sobresaliente baixo calquera punto de vista, e excepcional dado o pequeno tama\u00f1o do equipo principal, a s\u00faa misi\u00f3n global e os seus recursos relativamente modestos&#8221;.<\/p>\n<p>Para saber m\u00e1is, consulta aqu\u00ed <a href=\"https:\/\/www.iau.org\/news\/announcements\/detail\/ann22033\/\">o anuncio da IAU<\/a>.<\/p>\n<p><strong>3) A medida que os incendios forestais son m\u00e1is extremos, os observatorios corren un maior risco<\/strong><\/p>\n<p>&#8220;Moitas veces a xente se sorprende ao escoitar que a comunidade astron\u00f3mica est\u00e1 implicada no problema clim\u00e1tico, porque ao principio pode parecer que non hai moita relaci\u00f3n&#8221;, di Rector. &#8220;Mais a f\u00edsica do cambio clim\u00e1tico \u00e9 esencialmente a mesma f\u00edsica que usamos para estudar as atmosferas dos planetas, das nebulosas gasosas da nosa galaxia e m\u00e1is al\u00f3&#8221;. A astronom\u00eda tam\u00e9n nos fai entender o raro que \u00e9 que un planeta sexa habit\u00e1bel, porque hai moitos exemplos de &#8220;Terras fracasadas&#8221;, di. &#8220;De verdade, en efecto, non hai ning\u00fan outro lugar&#8221;.<\/p>\n<p>Podes ler a historia completa <a href=\"https:\/\/www.wired.com\/story\/as-wildfires-get-more-extreme-observatories-are-at-greater-risk\/\">aqu\u00ed<\/a>.<\/p>\n<p><strong>4) Enquisa Europlanet sobre recursos educativos [Contido en varios idiomas]<\/strong><\/p>\n<p>Nos \u00faltimos anos, os equipos de educaci\u00f3n e divulgaci\u00f3n do proxecto Europlanet 2024 Research Infrastructure (RI), o grupo de traballo de divulgaci\u00f3n da Europlanet Society e a rede Europlanet Early Careers (EPEC) desenvolveron unha serie de recursos para apoiar o ensino das materias de ciencia, tecnolox\u00eda, enxe\u00f1ar\u00eda, artes e matem\u00e1ticas (CTEAM). Entre eles, crearon aulas de ciencia planetaria e astrobiolox\u00eda listas para usar e actividades pr\u00e1cticas asociadas.<\/p>\n<p>Agora buscan aproveitar a experiencia de profesionais da docencia, a educaci\u00f3n e a divulgaci\u00f3n da ciencia para comprender como mellorar os recursos m\u00e1is recentes que desenvolveron. Europlanet pretende ofrecer recursos m\u00e1is adapt\u00e1beis e f\u00e1ciles de usar adaptados \u00e1s necesidades da comunidade. Tam\u00e9n queren comprender os vosos intereses, o uso dos recursos de ciencia planetaria e se\/como cambiaron as vosas necesidades e pr\u00e1cticas desde a pandemia de Covid-19. Podes responder a enquisa (dispo\u00f1\u00edbel en 8 idiomas) <a href=\"https:\/\/www.europlanet-society.org\/outreach\/survey-on-educational-resources\/\">aqu\u00ed<\/a>.<\/p>\n<p><strong>5) Enquisa sobre actividades extraescolares relacionadas co espazo despois da COVID-19<\/strong><\/p>\n<p>Un equipo da Federaci\u00f3n Internacional de Astron\u00e1utica &#8211; Comit\u00e9 de Educaci\u00f3n e Divulgaci\u00f3n Espacial e do Consello Consultivo Xeraci\u00f3n Espacial desenvolveron unha enquisa para analizar como, despois da COVID-19, poden apoiar mellor os sistemas educativos de todo o mundo mediante a colaboraci\u00f3n co profesorado e desenvolver novas actividades espaciais que fomenten a creatividade e a imaxinaci\u00f3n do alumnado. Para participar nesta enquisa e medir o impacto das actividades educativas espaciais realizadas na t\u00faa instituci\u00f3n como parte dos plans estrat\u00e9xicos de recuperaci\u00f3n post-COVID-19, fai clic <a href=\"https:\/\/forms.gle\/XgjcoWLzbvGTGcBZ9\">aqu\u00ed<\/a>.<\/p>\n<p><strong>6) Novas NOC<\/strong><\/p>\n<p>a) NOC Bahrein<\/p>\n<p>A <a href=\"https:\/\/sites.google.com\/oao.iau.org\/iauoaonews\/national-pages\/asia-bahrain\">NOC de Bahrein<\/a>, Myriam Alqassab, v\u00e9n de conclu\u00edr un campamento de ver\u00e1n durante o cal vinte estudantes de diversas procedencias e nacionalidades gozaron de actividades e sesi\u00f3ns de formaci\u00f3n relacionadas coa astronom\u00eda. Podes ver aqu\u00ed <a href=\"https:\/\/www.instagram.com\/reel\/CiGPgCosILg\/\">un v\u00eddeo resumo<\/a>\u00a0do campamento.<\/p>\n<p>b) NOC Bangladesh<\/p>\n<p>O <a href=\"https:\/\/sites.google.com\/oao.iau.org\/iauoaonews\/national-pages\/Bangladesh\">NOC de Bangladesh<\/a>, Farseem Mohammedy, elaborou un folleto dos seus \u00faltimos proxectos e actividades. Tes m\u00e1is informaci\u00f3n <a href=\"https:\/\/drive.google.com\/file\/d\/1c_7-e1GgSm1tG-nD1-TKdIc1CFPK8gV6\/view?usp=sharing\">aqu\u00ed<\/a>.<\/p>\n<p>Ademais, o equipo NOC de Bangladesh creou unha nova rede de traduci\u00f3n voluntaria formada por estudantes de ensino secundario e de grao. O seu primeiro proxecto foi traducir a <a href=\"https:\/\/apod.nasa.gov\/apod\/astropix.html\">imaxe astron\u00f3mica do d\u00eda<\/a> \u00e1 s\u00faa lingua nativa, o bengal\u00ed. Podes atopar o seu incr\u00edbel traballo <a href=\"https:\/\/www.facebook.com\/media\/set\/?set=oa.827288908262559\">aqu\u00ed<\/a>.<\/p>\n<p>c) NOC Hait\u00ed<\/p>\n<p>Rulx Narcisse, que forma parte do equipo <a href=\"https:\/\/sites.google.com\/oao.iau.org\/iauoaonews\/national-pages\/america-haiti\">NOC Hait\u00ed<\/a>, impartiu d\u00faas charlas para o p\u00fablico en xeral, inclu\u00edndo como pensan participar na competici\u00f3n NameExoWorlds 2022. Podes saber m\u00e1is sobre isto no seu <a href=\"https:\/\/haitiastronomie.blogspot.com\/p\/exoworlds-haiti-2022.html\">sitio web<\/a>.<\/p>\n<p>Outro membro do equipo NOC Hait\u00ed, John Masken Larose, subiu un novo v\u00eddeo \u00e1 s\u00faa serie de astronom\u00eda en crioulo haitiano. Podes <a href=\"https:\/\/www.youtube.com\/watch?v=-xGoBPT4mjU\">velo aqu\u00ed<\/a>.<\/p>\n<p>d) NOC Exipto<\/p>\n<p>Membros do equipo <a href=\"https:\/\/sites.google.com\/oao.iau.org\/iauoaonews\/national-pages\/Egypt\">NOC Exipto<\/a>, xunto con profesionais do Instituto Nacional de Investigaci\u00f3n de Astronom\u00eda e Xeof\u00edsica de Exipto, lideran un proxecto para observar e documentar a ortogonalidade do Sol no Santo dos Santos do Templo de Hibis o 6 de setembro. Este fen\u00f3meno foi documentado por primeira vez en pel\u00edcula. Podes velo <a href=\"https:\/\/www.facebook.com\/NRIAG2\/videos\/1282772912528008\">aqu\u00ed<\/a>.<\/p>\n<p>e) NOC Etiop\u00eda<br \/>\nKirubel Menberu, do equipo <a href=\"https:\/\/sites.google.com\/oao.iau.org\/iauoaonews\/national-pages\/Ethiopia\">NOC de Etiop\u00eda<\/a>, axudou a Sociedade Et\u00edope de Ciencia Espacial a realizar a s\u00faa formaci\u00f3n anual de ver\u00e1n sobre o espazo. O programa, que durou unha semana, inclu\u00edu cursos breves de iniciaci\u00f3n en M\u00e9todos Cient\u00edficos, Astronom\u00eda Observacional, Tecnolox\u00eda de Sat\u00e9lites e Enxe\u00f1ar\u00eda Aeroespacial para estudantes de secundaria. At\u00e9 o momento, m\u00e1is de 400 estudantes participaron nesta formaci\u00f3n.<\/p>\n<p>f) NOC Kuwait<br \/>\nKhaled Al-jaaman, o noso <a href=\"https:\/\/sites.google.com\/oao.iau.org\/iauoaonews\/national-pages\/asia-kuwait\">NOC en Kuwait<\/a>, volveu asociarse co Centro Cultural Sheikh Abdullah Al Salem para levar as crianzas locais a unha aventura intergal\u00e1ctica, da V\u00eda L\u00e1ctea \u00e1 Galaxia de Andr\u00f3meda e a\u00ednda m\u00e1is al\u00f3, at\u00e9 as primeiras imaxes do telescopio espacial James Webb.<\/p>\n<p><strong>7) Oportunidades<\/strong><\/p>\n<p>a) Curso en li\u00f1a de Comunicaci\u00f3n Cient\u00edfica para o Impacto Social<br \/>\nEste curso, organizado por Network for Advancing and Evaluating the Social Impact of Science, desenvolverase en li\u00f1a este mes de outubro, do 4 ao 7. Organizado para audiencias do continente africano e do sur global, o curso explorar\u00e1 estratexias, pr\u00e1cticas e marcos de comunicaci\u00f3n cient\u00edfica que poden axudar a que a ciencia te\u00f1a m\u00e1is impacto e sexa valiosa para a sociedade e que as\u00ed os problemas sociais prementes poidan tratarse de forma m\u00e1is eficaz. Para rexistrarte, fai clic <a href=\"https:\/\/aesisnet.com\/register-for-event.html?event=134&amp;data=4%20%E2%80%93%207%20October%202022\">aqu\u00ed<\/a>.<\/p>\n<p><strong>8) Recursos interesantes<\/strong><\/p>\n<p>a) Grandes Ideas de la Astronom\u00eda [Contido en castel\u00e1n]<br \/>\nO libro \u201cGrandes ideas en astronom\u00eda\u201d da Oficina de Educaci\u00f3n en Astronom\u00eda xa est\u00e1 dispo\u00f1\u00edbel en castel\u00e1n. Podes descargar este recurso de balde <a href=\"https:\/\/www.astro4edu.org\/bigideas\/translations\/\">aqu\u00ed<\/a>.<\/p>\n<p>b) Serie de seminarios web do International Science Council sobre comunicaci\u00f3n cient\u00edfica [Contido en ingl\u00e9s]<br \/>\nA principios deste ano, o ISC realizou unha serie de cinco seminarios web sobre comunicaci\u00f3n cient\u00edfica, que van desde os medios sociais at\u00e9 a comunicaci\u00f3n cient\u00edfica en colaboraci\u00f3ns multiinstitucionais. Podes atopar todos estes seminarios web <a href=\"https:\/\/council.science\/current\/news\/talk-back-better\/\">neste sitio web<\/a>.<\/p>\n<p>c) Gravaci\u00f3n da conferencia Global Hands-On Universe 2022 [Contido en ingl\u00e9s]<br \/>\nGlobal Hands-On Universe (GHOU) \u00e9 unha organizaci\u00f3n sen \u00e1nimo de lucro dedicada a achegar ferramentas e recursos CTEM \u00e1s investigaci\u00f3ns astron\u00f3micas para estudantes e docentes de todo o mundo. Hai pouco celebraron en li\u00f1a unha conferencia, que sinalaba o seu 25 aniversario. Podes atopar a gravaci\u00f3n <a href=\"https:\/\/www.facebook.com\/GlobalHOU\/videos\">aqu\u00ed<\/a>.<\/p>\n<p>d) Perspectivas c\u00f3smicas: Astronom\u00eda holandesa na sociedade [Contido en ingl\u00e9s]<br \/>\nEste \u00e9 un podcast que explora o impacto beneficioso da astronom\u00eda holandesa na sociedade, desde a construci\u00f3n de relaci\u00f3ns internacionais positivas at\u00e9 a transferencia de tecnolox\u00eda que cambia a vida. Podes unirte ao anfitri\u00f3n, o comunicador cient\u00edfico Callum Griffiths, mentres desvela alg\u00fans dos maiores esforzos astron\u00f3micos das \u00faltimas d\u00e9cadas para descubrir novas perspectivas. Este podcast dun \u00fanico episodio est\u00e1 dispo\u00f1\u00edbel en todas as plataformas principais de podcasts e a trav\u00e9s de <a href=\"https:\/\/anchor.fm\/cosmicperspectives\">Anchor.fm<\/a>.<\/p>\n<p>e) TransAstronautica e Slooh ofrecen acceso a telescopios para as escolas dos Estados Unidos [Contido en ingl\u00e9s]<br \/>\nTransAstronautica asociouse coa plataforma de astronom\u00eda en li\u00f1a Slooh para que as escolas estadounidenses accedan a unha rede global de telescopios terrestres e espaciais para a caza de asteroides. Podes facer clic <a href=\"https:\/\/spacenews.com\/transastra-and-slooh-to-offer-students-asteroid-detection-tool\/\">aqu\u00ed<\/a> para obter m\u00e1is informaci\u00f3n. Para obter m\u00e1is informaci\u00f3n sobre o seu programa de subvenci\u00f3ns (para escolas estadounidenses), consulta esta <a href=\"https:\/\/www.slooh.org\/apply-now\">ligaz\u00f3n<\/a>. E fai clic <a href=\"https:\/\/www.slooh.com\/higher-education\">aqu\u00ed<\/a> para reclamar a t\u00faa conta gratu\u00edta de profesor (sen importar o pa\u00eds).<\/p>\n<p><strong>9) Bolet\u00edn da Oficina IAU para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda noutros idiomas<\/strong><\/p>\n<p>O noso bolet\u00edn ten traduci\u00f3n aos seguintes idiomas:<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/stargazersbh.wixsite.com\/bsac\/iau\"><strong>\u00c1rabe<\/strong><\/a><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas aos membros do Club de Observaci\u00f3n Astron\u00f3mica de Bahrain.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/sdas.wh.sdu.edu.cn\/info\/1657\/1261.htm\"><strong>Chin\u00e9s (Simplificado)<\/strong><\/a><br \/>\nTraduci\u00f3n grazas ao Dr Chen Cao, Sociedade Astron\u00f3mica Shandong (SDAS) de China.<\/p>\n<p><strong><a href=\"https:\/\/noc-iau.oac.unc.edu.ar\/boletin-informativo-newsletter-de-la-iau-astronomy-outreach\/\">Espa\u00f1ol<\/a><\/strong><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas a Andrea Ahumada, do Observatorio Astron\u00f3mico da Universidad Nacional de C\u00f3rdoba, e Ileana Andruchow, do Inst\u00edtuto de Astrof\u00edsica de La Plata, da Universidad Nacional de La Plata. Poden atoparse\u00a0<a href=\"http:\/\/asafile.blogspot.jp\/p\/blog-page_12.html\">aqu\u00ed<\/a>\u00a0as traduci\u00f3ns dos anteriores bolet\u00edns, feitas por Emilio Z\u00fa\u00f1iga, da Asociaci\u00f3n de Astr\u00f3nomos Aficionados de Le\u00f3n, Nicaragua.<\/p>\n<p><strong><a href=\"https:\/\/haitiastronomie.blogspot.com\/p\/bulletin-dinformationde-luai-sur.html\">Franc\u00e9s<\/a><\/strong><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas ao\u00a0<a href=\"https:\/\/haitiastronomie.blogspot.com\/p\/groupe-de-traduction-haitienne.html\">Grupo Haitiano de Traduci\u00f3n da Astronom\u00eda (GTHA)<\/a>\u00a0da Sociedade Astron\u00f3mica Haitiana.<\/p>\n<p><a href=\"http:\/\/agrupacionio.com\/gl\/tag\/boletin-iau\"><strong>Galego<\/strong><\/a><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas a Martin Pawley e Xabier P\u00e9rez Couto da Agrupaci\u00f3n Astron\u00f3mica Coru\u00f1esa \u00cdo en Espa\u00f1a.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/www.astronomiamo.it\/DivulgazioneAstronomica\/Newsletter-IAU\/last\"><strong>Italiano<\/strong><\/a><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas a Eleonora Piromalli de AstronomiAmo en Italia.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/drive.google.com\/drive\/folders\/1wN1txv57CLoDbLEEwNjStBMk6CrlkTxu?usp=sharing\"><strong>Portugu\u00e9s (europeo)<\/strong><\/a><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas a Catarina Leote, Jo\u00e3o Ferreira e Jonas Souza a trav\u00e9s do grupo de lingua portuguesa da Rede de Traduci\u00f3n Astron\u00f3mica.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/bit.ly\/36XeKZr\"><strong>Xapon\u00e9s<\/strong><\/a><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas a Akihiko Tomita a trav\u00e9s da Rede de Traduci\u00f3n Astron\u00f3mica. Se queres recibir a traduci\u00f3n ao xapon\u00e9s do bolet\u00edn, subscr\u00edbete \u00e1\u00a0<a href=\"http:\/\/www.jaaa-astro.jp\/jaaa-ml.html\">Asociaci\u00f3n Xaponesa de Astronom\u00eda Amadora<\/a>\u00a0ou \u00e1\u00a0<a href=\"http:\/\/www.tenkyo.net\/\">Sociedade Xaponesa pola Educaci\u00f3n e Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda<\/a>.<\/p>\n<p>Se queredes traducir o noso bolet\u00edn ao voso idioma, por favor escrib\u00eddenos a public@oao.iau.org.<\/p>\n<div class=\"entry-content\">\n<p><strong>10) Contribuci\u00f3ns ao bolet\u00edn de divulgaci\u00f3n da astronom\u00eda da IAU<\/strong><\/p>\n<p>Estamos sempre na busca de material sobre investigaci\u00f3n, comunicaci\u00f3n e divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica en todo o mundo para inclu\u00edla no seguinte bolet\u00edn da Oficina IAU para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda. Se tedes alg\u00fan evento astron\u00f3mico, ofrecedes un posto ou oportunidade de traballo, un recurso educativo ou calquera outra cousa que poida ser de interese para a comunidade da divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica, envi\u00e1denos un correo a public@oao.iau.org con m\u00e1is informaci\u00f3n.<\/p>\n<\/div>\n<div class=\"entry-content\">\n<p>Podedes enviarnos as vosas suxesti\u00f3ns at\u00e9 o d\u00eda 4 de cada mes (para o primeiro bolet\u00edn) e at\u00e9 o 17 (para o segundo bolet\u00edn). Desexamos recibir noticias vosas!<\/p>\n<p>Traduci\u00f3n: Martin Pawley e Xabier P\u00e9rez Couto (Agrupaci\u00f3n \u00cdo). Podedes consultar o bolet\u00edn en ingl\u00e9s\u00a0<a href=\"https:\/\/mailchi.mp\/iau\/iauoutreachnewsletter_2022sep1\">nesta ligaz\u00f3n<\/a>.<\/p>\n<\/div>\n<p><\/p>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Bolet\u00edn IAU de divulgaci\u00f3n da astronom\u00eda Setembro #1 Neste bolet\u00edn: Nota editorial Asunto destacado: anuncio das 100 horas de astronom\u00eda 1) Concurso NameExoWorlds 2022 2) OAD permanecer\u00e1 en Sud\u00e1frica at\u00e9 2027 3) A medida que os incendios forestais son m\u00e1is extremos, os observatorios corren un maior risco 4) Enquisa Europlanet sobre recursos educativos [Contido en varios idiomas] 5) Enquisa sobre actividades extraescolares sobre o espazo&#8230; <\/p>\n<p class=\"more\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/galego-boletin-iau-de-divulgacion-da-astronomia-setembro-1-2\/\">Read More<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":11795,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[51],"tags":[188],"class_list":["post-12758","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-noticias-gl","tag-boletin-iau"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12758","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=12758"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12758\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":12770,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12758\/revisions\/12770"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/11795"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=12758"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=12758"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=12758"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}