{"id":12738,"date":"2022-08-28T09:12:24","date_gmt":"2022-08-28T09:12:24","guid":{"rendered":"https:\/\/agrupacionio.com\/?p=12738"},"modified":"2022-09-12T20:41:58","modified_gmt":"2022-09-12T20:41:58","slug":"galego-boletin-iau-de-divulgacion-da-astronomia-iauga-2022-2","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/galego-boletin-iau-de-divulgacion-da-astronomia-iauga-2022-2\/","title":{"rendered":"Bolet\u00edn IAU de divulgaci\u00f3n da astronom\u00eda: IAUGA 2022 #2"},"content":{"rendered":"<p><img fetchpriority=\"high\" decoding=\"async\" class=\"size-full wp-image-11795 aligncenter\" src=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2021\/04\/Newsletter-2021.jpg\" alt=\"\" width=\"1200\" height=\"718\" srcset=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2021\/04\/Newsletter-2021.jpg 1200w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2021\/04\/Newsletter-2021-300x180.jpg 300w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2021\/04\/Newsletter-2021-768x460.jpg 768w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2021\/04\/Newsletter-2021-1024x613.jpg 1024w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2021\/04\/Newsletter-2021-1060x634.jpg 1060w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2021\/04\/Newsletter-2021-550x329.jpg 550w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2021\/04\/Newsletter-2021-836x500.jpg 836w\" sizes=\"(max-width: 1200px) 100vw, 1200px\" \/><\/p>\n<p><strong>Bolet\u00edn IAU de divulgaci\u00f3n da astronom\u00eda<\/strong><\/p>\n<p><strong>IAUGA 2022 #2<\/strong><\/p>\n<p>Neste bolet\u00edn:<\/p>\n<p>0) Nota editorial<br \/>\n1) Remate da XXXI Asemblea Xeral da IAU<br \/>\n2) Lanzamento do certame NameExoWorlds 2022<br \/>\n3) Tres primeiros obradoiros pr\u00e1cticos da IAU en Chile, Ir\u00e1n e Sud\u00e1frica<br \/>\n4) Programa \u201cMeet the IAU Astronomers!\u201d<br \/>\n5) Diario electr\u00f3nico da XXXI IAU GA 2022<br \/>\n6) Arquivo Fotogr\u00e1fico da XXXI IAU GA<br \/>\n7) A IAU OAO anuncia as propostas ga\u00f1adoras da convocatoria \u201cUnder One Sky\u201d<br \/>\n8) Conferencia CAP 2022 do 12 ao 16 de setembro en Sydney, Australia<br \/>\n9) Bolet\u00edn da Oficina IAU para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda noutros idiomas<br \/>\n10) Contribuci\u00f3ns ao bolet\u00edn da Oficina IAU para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda<\/p>\n<p><strong>0) Nota editorial<\/strong><\/p>\n<p>Prezadas amigas, amigos e colegas,<\/p>\n<p>Durante a XXXII Asemblea Xeral da IAU (IAU GA, polas siglas en ingl\u00e9s) en Busan, Corea do Sur, a OAO anunciou o lanzamento da edici\u00f3n 2022 de NameExoWorlds, unha convocatoria na que o p\u00fablico volve ter a oportunidade de nomear un exoplaneta e a s\u00faa estrela anfitrioa. Como proba do interese verdadeiramente internacional pola astronom\u00eda, a primeira edici\u00f3n de NameExoWorlds en 2015 puxo nome a 19 exomundos, con m\u00e1is de medio mill\u00f3n de votos de 182 pa\u00edses e territorios. En 2019, como parte das celebraci\u00f3ns IAU100, a competici\u00f3n NameExoWorlds de 2019 ofreceu a todos os pa\u00edses a oportunidade de nomear un sistema planetario. Desta volta 112 pa\u00edses organizaron campa\u00f1as nacionais que implicaron a participaci\u00f3n directa de m\u00e1is de 780000 persoas en todo o mundo. Nesta edici\u00f3n, os exomundos at\u00f3panse entre os primeiros obxectivos exoplanetarios do Telescopio Espacial James Webb (JWST), un observatorio espacial internacional liderado pola NASA cos seus socios, a ESA e a CSA, que tivo a s\u00faa primeira luz en xullo de 2022.<\/p>\n<p>NameExoWorlds 2022 \u00e9 unha colaboraci\u00f3n entre o Grupo de Traballo do Comit\u00e9 Executivo sobre Nomenclatura de Sistemas Exoplanetarios e a Oficina de Divulgaci\u00f3n Astronom\u00eda da IAU. Nesta edici\u00f3n, a IAU quere que o p\u00fablico xeral e as comunidades da astronom\u00eda amadora e a ciencia exoplanetaria se xunten para nomear este novo conxunto de exomundos dispo\u00f1\u00edbeis. Pode <a href=\"https:\/\/docs.google.com\/forms\/d\/e\/1FAIpQLSdBNwrIBGTm9x-uw6_GEaKJkF2BWFIVmigWf8H961DlX6nFVQ\/viewform?usp=send_form\">formar un equipo<\/a> calquera persoa, por exemplo estudantes e docentes, entusiastas da astronom\u00eda e membros das comunidades da astronom\u00eda amadora e a ciencia exoplanetaria, e propo\u00f1er nomes para 20 sistemas exoplanetarios, cada un dos cales consta dun exoplaneta co\u00f1ecido e a s\u00faa estrela anfitrioa.<\/p>\n<p>Neste bolet\u00edn atopar\u00e1s instant\u00e1neas da XXXI IAU GA 2022, que tivo lugar en Busan, Corea do Sur. Se non puideches unirte a n\u00f3s esta vez, valora formar parte da <a href=\"https:\/\/astronomy2024.org\/\">XXXII Asemblea Xeral da IAU de 2024<\/a> en Cidade do Cabo, Sud\u00e1frica!<\/p>\n<p>Que te\u00f1ades uns ceos escuros e tranquilos,<\/p>\n<p>Kelly Blumenthal, en nome do equipo da Oficina IAU para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda<\/p>\n<p><strong>1) Remate da XXXI Asemblea Xeral da IAU<\/strong><\/p>\n<p>A XXXI Asemblea Xeral da Uni\u00f3n Astron\u00f3mica Internacional (IAU) rematou o 11 de agosto de 2022 en Busan, Corea do Sur. Tras ser aprazada un ano debido \u00e1 pandemia de COVID-19, a reuni\u00f3n celebrouse por primeira vez de forma h\u00edbrida, con arredor de 1200 participantes presenciais e 700 en li\u00f1a. A conferencia inclu\u00edu sete simposios, 10 encontros tem\u00e1ticos e moitas m\u00e1is reuni\u00f3n das divisi\u00f3ns, comisi\u00f3ns e grupos de traballo da IAU.<\/p>\n<p>Para saber m\u00e1is: <a href=\"https:\/\/www.iau.org\/news\/pressreleases\/detail\/iau2210\/\">https:\/\/www.iau.org\/news\/pressreleases\/detail\/iau2210\/<\/a><\/p>\n<p><strong>2) Lanzamento do certame NameExoWorlds 2022<\/strong><\/p>\n<p>Para celebrar o d\u00e9cimo aniversario da Oficina de Divulgaci\u00f3n Astron\u00f3mica (OAO), a Uni\u00f3n Astron\u00f3mica Internacional (IAU) lanza un certame para nomear 20 sistemas exoplanetarios que ser\u00e1n observados polo JWST. A convocatoria, NameExoWorlds 2022, anunciouse nunha rolda de prensa na XXXI Asemblea Xeral da IAU, celebrada en Busan, Corea do Sur. O certame busca reunir a comunidade astron\u00f3mica profesional e o p\u00fablico xeral para darlles a oportunidade de nomear os 20 exoplanetas seleccionados xunto coas s\u00faas estrelas anfitrioas.<\/p>\n<p>M\u00e1is informaci\u00f3n: <a href=\"https:\/\/www.iau.org\/news\/pressreleases\/detail\/iau2209\/\">https:\/\/www.iau.org\/news\/pressreleases\/detail\/iau2209\/<\/a><\/p>\n<p><strong>3) Tres primeiros obradoiros pr\u00e1cticos da IAU en Chile, Ir\u00e1n e Sud\u00e1frica<\/strong><\/p>\n<p>Na XXXI Asemblea Xeral da IAU en Busan, Corea do Sur, anunciouse que ter\u00e1n lugar tres obradoiros pr\u00e1cticos da IAU (I-HOW, \u201cHands-On Workshops\u201d) en 2022-2023. Xa est\u00e1 aberta a inscrici\u00f3n para dous deles e en breve abrirase para un terceiro. A iniciativa I-HOW lanzouse o ano pasado e ensinar\u00e1 como acceder e analizar os datos astron\u00f3micos arquivados para a s\u00faa investigaci\u00f3n a persoas que est\u00e1n iniciando as s\u00faas carreiras cient\u00edficas en pa\u00edses en desenvolvemento.<\/p>\n<p>M\u00e1is informaci\u00f3n: <a href=\"https:\/\/www.iau.org\/news\/pressreleases\/detail\/iau2208\/\">https:\/\/www.iau.org\/news\/pressreleases\/detail\/iau2208\/<\/a><\/p>\n<p><strong>4) Programa \u201cMeet the IAU Astronomers!\u201d<\/strong><\/p>\n<p>O programa <a href=\"https:\/\/www.iau.org\/public\/meettheiauastronomers\/#:~:text=Programme,astronomers%20for%20a%20virtual%20presentation\">\u201cMeet the IAU Astronomers!\u201d<\/a> pretende facilitar o contacto de profesionais da astronom\u00eda co p\u00fablico xeral. A trav\u00e9s do programa, a comunidade da astronom\u00eda amadora, as persoas que se dedican \u00e1 educaci\u00f3n informal, o profesorado e outros grupos organizados poden convidar profesionais da astronom\u00eda para que impartan charlas e compartan a marabilla do universo con xente de todo o mundo. Ao longo da IAU GA, a OAO acolleu varias sesi\u00f3ns sobre o programa co obxectivo de destacar por que relacionarse coa s\u00faa comunidade pode ser un intercambio de experiencias enriquecedor para todas as persoas implicadas. Podes solicitar o teu evento <a href=\"https:\/\/forms.gle\/6qgo6PkaVhWpwTDX9\">a trav\u00e9s deste formulario<\/a>.<\/p>\n<p>Para saber m\u00e1is:<br \/>\n<a href=\"https:\/\/www.iau.org\/public\/meettheiauastronomers\/#:~:text=Programme,astronomers%20for%20a%20virtual%20presentation\">https:\/\/www.iau.org\/public\/meettheiauastronomers\/#:~:text=Programme,astronomers%20for%20a%20virtual%20presentation<\/a><\/p>\n<p><strong>5) Diario electr\u00f3nico da XXXI IAU GA 2022<\/strong><\/p>\n<p>A XXXI GA da IAU en Busan, Corea do Sur, cubriu unha ampla gama de temas cient\u00edficos, educativos e culturais. Para saber m\u00e1is sobre o que se aprendeu durante a asemblea, podes consultar o xornal electr\u00f3nico, elaborado a diario, na ligaz\u00f3n seguinte: <a href=\"https:\/\/www.iauga2022.org\/board\/board.asp?sMenu=med2&amp;bbsCate=EN\">https:\/\/www.iauga2022.org\/board\/board.asp?sMenu=med2&amp;bbsCate=EN<\/a><\/p>\n<p><strong>6) Arquivo Fotogr\u00e1fico da XXXI IAU GA<\/strong><\/p>\n<p>Perdiches a GA, queres ver como foi ou queres compartir alg\u00fans dos mellores momentos? No arquivo de fotos atopar\u00e1s unha gran variedade de imaxes da conferencia. Comp\u00e1rteos nas t\u00faas redes coa etiqueta #IAUGA2022!<\/p>\n<p>Arquivo de imaxes: <a href=\"https:\/\/iau.org\/public\/images\/archive\/category\/general_assembly_2022\/\">https:\/\/iau.org\/public\/images\/archive\/category\/general_assembly_2022\/<\/a><\/p>\n<p><strong>7) A IAU OAO anuncia as propostas ga\u00f1adoras da convocatoria \u201cUnder One Sky\u201d<\/strong><\/p>\n<p>A convocatoria de propostas de IAU Under One Sky apoia proxectos que utilizan a astronom\u00eda cultural, a divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica e a comunicaci\u00f3n astron\u00f3mica para reco\u00f1ecer o co\u00f1ecemento ind\u00edxena e respectar os sistemas de aprendizaxe ind\u00edxenas cun enfoque baseado nos dereitos. Os proxectos seleccionados recibir\u00e1n subvenci\u00f3ns de at\u00e9 2000 euros para desenvolver actividades durante o D\u00eda Internacional dos Pobos Ind\u00edxenas do Mundo das Naci\u00f3ns Unidas (9 de agosto de 2022). Este programa \u00e9 un legado das celebraci\u00f3ns do IAU100 e faise pos\u00edbel grazas ao xeneroso apoio do Observatorio de Leiden (Holanda) e do Premio de Comunicaci\u00f3n NWO 2020.<\/p>\n<p>M\u00e1is informaci\u00f3n: <a href=\"https:\/\/www.iau.org\/news\/announcements\/detail\/ann22031\/\">https:\/\/www.iau.org\/news\/announcements\/detail\/ann22031\/<\/a><\/p>\n<p><strong>8) Conferencia CAP 2022 do 12 ao 16 de setembro en Sydney, Australia<\/strong><\/p>\n<p>A Conferencia \u201cComunicar astronom\u00eda co p\u00fablico\u201d ter\u00e1 lugar do 12 ao 16 de setembro en Sydney, Australia. Esta conferencia h\u00edbrida centrarase en temas relacionados coa &#8220;astronom\u00eda para un mundo mellor&#8221;, con sesi\u00f3ns especiais sobre astronom\u00eda planetaria e ind\u00edxena. A inscrici\u00f3n en li\u00f1a a\u00ednda est\u00e1 aberta!<\/p>\n<p>M\u00e1is informaci\u00f3n: <a href=\"https:\/\/capconferences.org\/2022\/registrationabstracts\/#registration\">https:\/\/capconferences.org\/2022\/registrationabstracts\/#registration<\/a><\/p>\n<p><strong>9) Bolet\u00edn da Oficina IAU para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda noutros idiomas<\/strong><\/p>\n<p>O noso bolet\u00edn ten traduci\u00f3n aos seguintes idiomas:<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/stargazersbh.wixsite.com\/bsac\/iau\"><strong>\u00c1rabe<\/strong><\/a><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas aos membros do Club de Observaci\u00f3n Astron\u00f3mica de Bahrain.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/sdas.wh.sdu.edu.cn\/info\/1657\/1261.htm\"><strong>Chin\u00e9s (Simplificado)<\/strong><\/a><br \/>\nTraduci\u00f3n grazas ao Dr Chen Cao, Sociedade Astron\u00f3mica Shandong (SDAS) de China.<\/p>\n<p><strong><a href=\"https:\/\/noc-iau.oac.unc.edu.ar\/boletin-informativo-newsletter-de-la-iau-astronomy-outreach\/\">Espa\u00f1ol<\/a><\/strong><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas a Andrea Ahumada, do Observatorio Astron\u00f3mico da Universidad Nacional de C\u00f3rdoba, e Ileana Andruchow, do Inst\u00edtuto de Astrof\u00edsica de La Plata, da Universidad Nacional de La Plata. Poden atoparse\u00a0<a href=\"http:\/\/asafile.blogspot.jp\/p\/blog-page_12.html\">aqu\u00ed<\/a>\u00a0as traduci\u00f3ns dos anteriores bolet\u00edns, feitas por Emilio Z\u00fa\u00f1iga, da Asociaci\u00f3n de Astr\u00f3nomos Aficionados de Le\u00f3n, Nicaragua.<\/p>\n<p><strong><a href=\"https:\/\/haitiastronomie.blogspot.com\/p\/bulletin-dinformationde-luai-sur.html\">Franc\u00e9s<\/a><\/strong><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas ao\u00a0<a href=\"https:\/\/haitiastronomie.blogspot.com\/p\/groupe-de-traduction-haitienne.html\">Grupo Haitiano de Traduci\u00f3n da Astronom\u00eda (GTHA)<\/a>\u00a0da Sociedade Astron\u00f3mica Haitiana.<\/p>\n<p><a href=\"http:\/\/agrupacionio.com\/gl\/tag\/boletin-iau\"><strong>Galego<\/strong><\/a><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas a Martin Pawley e Xabier P\u00e9rez Couto da Agrupaci\u00f3n Astron\u00f3mica Coru\u00f1esa \u00cdo en Espa\u00f1a.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/www.astronomiamo.it\/DivulgazioneAstronomica\/Newsletter-IAU\/last\"><strong>Italiano<\/strong><\/a><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas a Eleonora Piromalli de AstronomiAmo en Italia.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/drive.google.com\/drive\/folders\/1wN1txv57CLoDbLEEwNjStBMk6CrlkTxu?usp=sharing\"><strong>Portugu\u00e9s (europeo)<\/strong><\/a><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas a Catarina Leote, Jo\u00e3o Ferreira e Jonas Souza a trav\u00e9s do grupo de lingua portuguesa da Rede de Traduci\u00f3n Astron\u00f3mica.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/bit.ly\/36XeKZr\"><strong>Xapon\u00e9s<\/strong><\/a><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas a Akihiko Tomita a trav\u00e9s da Rede de Traduci\u00f3n Astron\u00f3mica. Se queres recibir a traduci\u00f3n ao xapon\u00e9s do bolet\u00edn, subscr\u00edbete \u00e1\u00a0<a href=\"http:\/\/www.jaaa-astro.jp\/jaaa-ml.html\">Asociaci\u00f3n Xaponesa de Astronom\u00eda Amadora<\/a>\u00a0ou \u00e1\u00a0<a href=\"http:\/\/www.tenkyo.net\/\">Sociedade Xaponesa pola Educaci\u00f3n e Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda<\/a>.<\/p>\n<p>Se queredes traducir o noso bolet\u00edn ao voso idioma, por favor escrib\u00eddenos a public@oao.iau.org.<\/p>\n<div class=\"entry-content\">\n<p><strong>10) Contribuci\u00f3ns ao bolet\u00edn de divulgaci\u00f3n da astronom\u00eda da IAU<\/strong><\/p>\n<p>Estamos sempre na busca de material sobre investigaci\u00f3n, comunicaci\u00f3n e divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica en todo o mundo para inclu\u00edla no seguinte bolet\u00edn da Oficina IAU para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda. Se tedes alg\u00fan evento astron\u00f3mico, ofrecedes un posto ou oportunidade de traballo, un recurso educativo ou calquera outra cousa que poida ser de interese para a comunidade da divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica, envi\u00e1denos un correo a public@oao.iau.org con m\u00e1is informaci\u00f3n.<\/p>\n<\/div>\n<div class=\"entry-content\">\n<p>Podedes enviarnos as vosas suxesti\u00f3ns at\u00e9 o d\u00eda 4 de cada mes (para o primeiro bolet\u00edn) e at\u00e9 o 17 (para o segundo bolet\u00edn). Desexamos recibir noticias vosas!<\/p>\n<p>Traduci\u00f3n: Martin Pawley e Xabier P\u00e9rez Couto (Agrupaci\u00f3n \u00cdo). Podedes consultar o bolet\u00edn en ingl\u00e9s\u00a0<a href=\"https:\/\/mailchi.mp\/iau\/iauoutreachnewsletter_2022iauga2\">nesta ligaz\u00f3n<\/a>.<\/p>\n<\/div>\n<p><\/p>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Bolet\u00edn IAU de divulgaci\u00f3n da astronom\u00eda IAUGA 2022 #2 Neste bolet\u00edn: 0) Nota editorial 1) Remate da XXXI Asemblea Xeral da IAU 2) Lanzamento do certame NameExoWorlds 2022 3) Tres primeiros obradoiros pr\u00e1cticos da IAU en Chile, Ir\u00e1n e Sud\u00e1frica 4) Programa \u201cMeet the IAU Astronomers!\u201d 5) Diario electr\u00f3nico da XXXI IAU GA 2022 6) Arquivo Fotogr\u00e1fico da XXXI IAU GA 7) A IAU OAO&#8230; <\/p>\n<p class=\"more\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/galego-boletin-iau-de-divulgacion-da-astronomia-iauga-2022-2\/\">Read More<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":11402,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[51],"tags":[188],"class_list":["post-12738","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-noticias-gl","tag-boletin-iau"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12738","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=12738"}],"version-history":[{"count":4,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12738\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":12746,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12738\/revisions\/12746"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/11402"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=12738"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=12738"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=12738"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}