{"id":12662,"date":"2022-07-25T14:09:10","date_gmt":"2022-07-25T14:09:10","guid":{"rendered":"http:\/\/agrupacionio.com\/?p=12662"},"modified":"2023-05-23T12:11:56","modified_gmt":"2023-05-23T12:11:56","slug":"galego-boletin-iau-de-divulgacion-da-astronomia-xullo-1-2","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/galego-boletin-iau-de-divulgacion-da-astronomia-xullo-1-2\/","title":{"rendered":"Bolet\u00edn IAU de divulgaci\u00f3n da astronom\u00eda: Xullo #1"},"content":{"rendered":"<p><img fetchpriority=\"high\" decoding=\"async\" class=\"aligncenter size-full wp-image-11795\" src=\"http:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2021\/04\/Newsletter-2021.jpg\" alt=\"\" width=\"1200\" height=\"718\" srcset=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2021\/04\/Newsletter-2021.jpg 1200w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2021\/04\/Newsletter-2021-300x180.jpg 300w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2021\/04\/Newsletter-2021-768x460.jpg 768w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2021\/04\/Newsletter-2021-1024x613.jpg 1024w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2021\/04\/Newsletter-2021-1060x634.jpg 1060w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2021\/04\/Newsletter-2021-550x329.jpg 550w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2021\/04\/Newsletter-2021-836x500.jpg 836w\" sizes=\"(max-width: 1200px) 100vw, 1200px\" \/><\/p>\n<p><strong>Bolet\u00edn IAU de divulgaci\u00f3n da astronom\u00eda<\/strong><\/p>\n<p><strong>Xullo #1<\/strong><\/p>\n<p>Neste bolet\u00edn:<\/p>\n<p>0) Nota editorial<br \/>\n1) Novo lanzamento do programa \u201cMeet the IAU Astronomers!\u201d<br \/>\n2) Aberto o env\u00edo de resumos para o obradoiro Shaw-IAU sobre Astronom\u00eda para a Educaci\u00f3n<br \/>\n3) A organizaci\u00f3n da conferencia AstroEDU 2023 procura comentarios<br \/>\n4) Obradoiro CTEAM-Med do Centro OAE Italia<br \/>\n5) A Fundaci\u00f3n Heising-Simons financia a IAU e a AUI<br \/>\n6) Novas NOC<br \/>\n7) Oportunidades<br \/>\n8) Recursos interesantes<br \/>\n9) Bolet\u00edn da Oficina IAU para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda noutros idiomas<br \/>\n10) Contribuci\u00f3ns ao bolet\u00edn da Oficina IAU para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda<\/p>\n<p><strong>0) Nota editorial<\/strong><\/p>\n<p>Prezadas amigas, amigos e colegas,<\/p>\n<p>Neste bolet\u00edn atopar\u00e1s moitas oportunidades para interactuar co p\u00fablico xeral e coa xente que se dedica \u00e1 astronom\u00eda. En particular, a Oficina para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda relanzou o programa \u201cMeet the IAU Astronomers!\u201d. Podedes rexistrarvos para que profesionais da astronom\u00eda da IAU participen nos vosos eventos virtuais ou presenciais. O noso equipo organizar\u00e1 coidadosamente unha experiencia de divulgaci\u00f3n que se adapte \u00e1s vosas necesidades e intereses.<\/p>\n<p>Para as persoas que se dedican \u00e1 educaci\u00f3n: valorade enviardes un resumo ao obradoiro Shaw-IAU de Astronom\u00eda para a Educaci\u00f3n e achegade os vosos comentarios para a pr\u00f3xima conferencia AstroEDU. O voso traballo \u00e9 moi importante e deber\u00eda ser compartido co mundo.<\/p>\n<p>No bolet\u00edn tratamos tam\u00e9n diversas oportunidades de contacto e formas de mellorar as vosas pr\u00e1cticas. Agardamos que as aproveitedes e compartades as vosas experiencias connosco.<\/p>\n<p>Coma sempre, queremos darlles as grazas \u00e1s persoas que levan a Coordinaci\u00f3n Nacional de Divulgaci\u00f3n (NOC) polo incr\u00edbel traballo que realizan para promoveren a astronom\u00eda nos seus pa\u00edses. De feito, unha das nosas NOC, Meriem El Yajouri (Marrocos), foi reco\u00f1ecida polo seu traballo na comunicaci\u00f3n astron\u00f3mica en Marrocos. Sentimos moito orgullo e d\u00e1moslle os parab\u00e9ns a Meriem e a todo o equipo NOC Marrocos.<\/p>\n<p>Que te\u00f1ades uns ceos escuros e tranquilos,<\/p>\n<p>Kelly Blumenthal, en nome do equipo da Oficina IAU para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda<\/p>\n<p><strong>1) Novo lanzamento do programa \u201cMeet the IAU Astronomers!\u201d<\/strong><\/p>\n<p>A trav\u00e9s do <a href=\"https:\/\/www.iau.org\/public\/meettheiauastronomers\/#:~:text=Programme,astronomers%20for%20a%20virtual%20presentation\">programa \u201cMeet the IAU Astronomers!\u201d<\/a> a xente que practica astronom\u00eda de xeito amador, fai educaci\u00f3n informal ou se dedica \u00e1 docencia pode solicitar eventos virtuais ou presenciais para que membros da IAU poidan falar co p\u00fablico sobre a s\u00faa investigaci\u00f3n astron\u00f3mica, a importancia da astronom\u00eda para a sociedade e a elecci\u00f3n da astronom\u00eda como carreira. O programa ten como obxectivo que calquera comunidade poida co\u00f1ecer profesionais da astronom\u00eda, sexa cal for o lugar do mundo de que se trate. Se tes interese neste programa, enche <a href=\"https:\/\/forms.gle\/6qgo6PkaVhWpwTDX9\">este formulario<\/a>.<\/p>\n<p>Aseg\u00farate de enviar o formulario polo menos tres semanas antes da data preferida para o teu evento. Se tes alg\u00fan problema para acceder ao formulario ou prefires unha forma alternativa de enviar a t\u00faa informaci\u00f3n, ponte en contacto en meet.astronomers@oao.iau.org.<\/p>\n<p><strong>2) Aberto o env\u00edo de resumos para o obradoiro Shaw-IAU sobre Astronom\u00eda para a Educaci\u00f3n<\/strong><\/p>\n<p>Xa est\u00e1 aberto o env\u00edo de resumos para o obradoiro Shaw-IAU sobre Astronom\u00eda para a Educaci\u00f3n, do 15 ao 17 de novembro. O tema do obradoiro \u00e9 &#8220;aproveitar o potencial da astronom\u00eda para a educaci\u00f3n formal&#8221;. En concreto, neste obradoiro abordaranse as preguntas: Como ensinamos astronom\u00eda? Cal \u00e9 o papel da astronom\u00eda no ensino da f\u00edsica, a qu\u00edmica ou o cambio clim\u00e1tico? Para obter m\u00e1is informaci\u00f3n, <a href=\"https:\/\/www.iau.org\/news\/announcements\/detail\/ann22028\/\">preme nesta ligaz\u00f3n<\/a>. Para enviar un resumo, suxerir conferenciantes e rexistrarte no obradoiro, visita <a href=\"https:\/\/www.astro4edu.org\/shaw-iau\/\">este sitio web<\/a>.<\/p>\n<p><strong>3) A organizaci\u00f3n da conferencia AstroEDU 2023 procura comentarios<\/strong><\/p>\n<p>A organizaci\u00f3n de AstroEdu 2023 procura comentarios sobre o mellor formato para a conferencia, co obxectivo de facela acces\u00edbel, equitativa e respectuosa co clima. Podes <a href=\"https:\/\/www.surveymonkey.com\/r\/astroedu\">encher esta pequena enquisa<\/a> para rexistrar a t\u00faa opini\u00f3n. Para obter m\u00e1is informaci\u00f3n sobre AstroEdu, <a href=\"https:\/\/astroeducon.org\/\">consulta esta ligaz\u00f3n<\/a>.<\/p>\n<p><strong>4) Obradoiro CTEAM-Med do Centro OAE Italia<\/strong><\/p>\n<p>O Centro OAE Italia organizou un obradoiro presencial, CTEAM-Med, con preto de trinta representantes do Mediterr\u00e1neo para discutir sobre a educaci\u00f3n cient\u00edfica en primaria e secundaria, co foco na aprendizaxe centrada no alumnado. Para m\u00e1is informaci\u00f3n, <a href=\"https:\/\/www.iau.org\/news\/announcements\/detail\/ann22030\/\">visita este sitio web<\/a>.<\/p>\n<p><strong>5) A Fundaci\u00f3n Heising-Simons financia a IAU e a AUI<\/strong><\/p>\n<p>A IAU e a <a href=\"https:\/\/aui.edu\/\">AUI<\/a> recibiron 126.500 d\u00f3lares da Fundaci\u00f3n Heising-Simons para apoiar o proxecto Mulleres e Nenas na Astronom\u00eda e o Fondo de Subvenci\u00f3ns de Viaxes para Membros J\u00fanior da IAU. Para saber m\u00e1is, <a href=\"https:\/\/www.iau.org\/news\/announcements\/detail\/ann22029\/\">consulta esta ligaz\u00f3n<\/a>.<\/p>\n<p><strong>6) Novas NOC<\/strong><\/p>\n<p>a) NOC Bahrein<\/p>\n<p>A NOC de Bahrein, <a href=\"https:\/\/sites.google.com\/oao.iau.org\/iauoaonews\/national-pages\/asia-bahrain\">Myriam Algassab<\/a>, organizou unha serie de eventos polo D\u00eda do Asteroide o 30 de xu\u00f1o, inclu\u00edda unha actividade de debuxo de asteroides. Podes ver os debuxos <a href=\"https:\/\/www.instagram.com\/p\/CfePTZrMTGP\/\">aqu\u00ed<\/a> e un v\u00eddeo que resume o evento <a href=\"https:\/\/storage.3.basecamp.com\/3800056\/buckets\/4341905\/recordings\/5091354762\/email\/download\/BAh7CEkiCGdpZAY6BkVUSSIoZ2lkOi8vYmMzL0Jsb2IvNDA4OTAxMjQ1P2V4cGlyZXNfaW4GOwBUSSIMcHVycG9zZQY7AFRbB0kiCmVtYWlsBjsAVGwrCIrody8BAEkiD2V4cGlyZXNfYXQGOwBUMA==--5426d85dabcab998c8ed44335c238125ff681ee8\/Video.mp4\">aqu\u00ed<\/a>.<\/p>\n<p>b) NOC Hait\u00ed<\/p>\n<p>O equipo <a href=\"https:\/\/sites.google.com\/oao.iau.org\/iauoaonews\/national-pages\/america-haiti\">NOC Hait\u00ed<\/a> organizou un evento polo D\u00eda do Asteroide o 30 de xu\u00f1o e elaborou <a href=\"https:\/\/storage.3.basecamp.com\/3800056\/blobs\/1747b904-f9a1-11ec-8c89-66879a478b81\/download\/InShot_20220701_063737066.mp4\">un v\u00eddeo<\/a> que mostra as s\u00faas actividades. Ademais, grazas ao traballo do membro do equipo John Masken Larose, est\u00e1 listo o \u00faltimo episodio de \u201cG\u00e9ologie et Astronomie en Ha\u00efti\u201d Podes velo canda os outros episodios <a href=\"https:\/\/www.youtube.com\/channel\/UCqs95mPf8t6cs-u2ppnkdTg\">na s\u00faa canle de YouTube<\/a>.<\/p>\n<p>c) NOC Kuwait<\/p>\n<p>O NOC Kuwait, <a href=\"https:\/\/sites.google.com\/oao.iau.org\/iauoaonews\/national-pages\/asia-kuwait\">Khaled A Al-jamaan<\/a>, contin\u00faa este mes cos obradoiros de Astronom\u00eda Pequeni\u00f1a. A rapazada de 7 a 11 anos aprendeu sobre o Sol e a s\u00faa importancia observ\u00e1ndoo a trav\u00e9s de telescopios solares.<\/p>\n<p>d) NOC Marrocos<\/p>\n<p>O equipo <a href=\"https:\/\/sites.google.com\/oao.iau.org\/iauoaonews\/national-pages\/Morocco\">NOC Marrocos<\/a>, inclu\u00eddo o profesor Hassan Darhmaoui, axudou a organizar a d\u00e9cima edici\u00f3n do Festival de Astronom\u00eda de Ifrane. Persoas que practican astronom\u00eda de xeito amador ou a astrofotograf\u00eda, profesionais da astronom\u00eda e docentes compartiron a s\u00faa paix\u00f3n a trav\u00e9s de actividades, obradoiros educativos e sesi\u00f3ns de observaci\u00f3n das estrelas. A nosa NOC Marrocos, Meriem El Yajouri, tam\u00e9n foi reco\u00f1ecida polas s\u00faas incr\u00edbeis contribuci\u00f3ns \u00e1 promoci\u00f3n da astronom\u00eda no seu pa\u00eds. Ademais, El Mehdi Essaidi, do equipo NOC Marrocos, colaborou con asociaci\u00f3ns locais de crianzas con discapacidade da provincia de Tiznit para traballar na sensibilizaci\u00f3n no marco da educaci\u00f3n inclusiva.<\/p>\n<p>e) NOC Venezuela<\/p>\n<p>O noso <a href=\"https:\/\/sites.google.com\/oao.iau.org\/iauoaonews\/national-pages\/Venezuela\">NOC Venezuela<\/a>, \u00c1ngel D\u00edaz,\u00a0 comezou un bolet\u00edn de divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica. Podes atopar m\u00e1is actualizaci\u00f3ns do Departamento de Divulgaci\u00f3n Cient\u00edfica e Astron\u00f3mica do \u201cCentro de Investigaciones de Astronom\u00eda\u201d (CITA) e da comunidade de astronom\u00eda amadora de Venezuela <a href=\"https:\/\/drive.google.com\/file\/d\/1ZwGNCVyyKPAvhvCJTqexCD8DDM0Imlb5\/view?usp=sharing\">aqu\u00ed<\/a> e <a href=\"https:\/\/drive.google.com\/file\/d\/1H8XflzJzpUp08gux0gF5IzCn-tR98mTR\/view?usp=sharing\">aqu\u00ed<\/a>.<\/p>\n<p><strong>7) Oportunidades<\/strong><\/p>\n<p>a) Seminario web do subgrupo de traballo da IAU para a divulgaci\u00f3n inclusiva da astronom\u00eda<\/p>\n<p>O subgrupo de traballo da IAU para a divulgaci\u00f3n inclusiva da astronom\u00eda organiza un seminario web sobre astronom\u00eda inclusiva para profesionais da divulgaci\u00f3n, a comunidade da astronom\u00eda amadora e calquera persoa interesada no tema. A data l\u00edmite para presentar unha proposta \u00e9 o 10 de xullo. Podes rexistrarte <a href=\"https:\/\/forms.gle\/foPXcLyEhZYfzGsF7\">aqu\u00ed<\/a>.<\/p>\n<p>b) Programa de titor\u00edas INGSA-\u00c1frica<\/p>\n<p>A Rede Internacional de Asesoramento Cient\u00edfico ao Goberno (INGSA), secci\u00f3n \u00c1frica, ten como obxectivo apoiar o persoal investigador en \u00e1reas de ciencia mentres aprenden a comunicar mellor a s\u00faa ciencia co p\u00fablico e avanzar pol\u00edticas cient\u00edficas. As persoas que exerzan as mentor\u00edas deben ser l\u00edderes nos seus campos con experiencia substancial en comunicaci\u00f3n cient\u00edfica. Podes atopar m\u00e1is informaci\u00f3n <a href=\"https:\/\/substack.com\/redirect\/c9dbab5d-e60a-4acb-8074-db75c1f06f93?u=36710901\">aqu\u00ed<\/a>.<\/p>\n<p>c) F\u00f3rum Social SciComm Xap\u00f3n<\/p>\n<p>\u00danete ao \u201cJapan SciComm Forum\u201d nun evento en li\u00f1a de 90 minutos no que l\u00edderes do campo da comunicaci\u00f3n cient\u00edfica compartir\u00e1n as s\u00faas experiencias. O pr\u00f3ximo evento ter\u00e1 lugar o 22 de xullo \u00e1s 10:00 UTC e centrarase no uso das redes sociais para a comunicaci\u00f3n cient\u00edfica. Para obter m\u00e1is informaci\u00f3n e inscribirse no evento, <a href=\"https:\/\/japanscicom.github.io\/socials.html?utm_source=substack&amp;utm_medium=email%C2%A0\">visita a s\u00faa p\u00e1xina web<\/a>.<\/p>\n<p><strong>8) Recursos interesantes<\/strong><\/p>\n<p>a) \u201cTalk Back Better: Six Takeaways on Science Communication\u201d [Contido en ingl\u00e9s]<\/p>\n<p>O Consello Internacional da Ciencia conclu\u00edu recentemente un seminario web sobre comunicaci\u00f3n cient\u00edfica. Neste artigo, o anfitri\u00f3n Nick Ishmael-Perkins resume as s\u00faas seis conclusi\u00f3ns m\u00e1is importantes da serie. Podes velas <a href=\"https:\/\/council.science\/current\/blog\/tbb-webinars-takeaways\/\">aqu\u00ed<\/a>\u00a0para incorporalas \u00e1 t\u00faa pr\u00e1ctica de comunicaci\u00f3n astron\u00f3mica.<\/p>\n<p>b) Nova aplicaci\u00f3n de realidade aumentada sobre mulleres hist\u00f3ricas na astronom\u00eda [Contido en ingl\u00e9s]<\/p>\n<p>A aplicaci\u00f3n <a href=\"https:\/\/chandra.si.edu\/women\/ar\/\">\u201cReach Across The Stars\u201d<\/a> permite que as persoas usuarias entren nunha experiencia de realidade aumentada e interactiva para aprenderen sobre mulleres hist\u00f3ricas na astronom\u00eda. Para obter m\u00e1is informaci\u00f3n sobre as mulleres que aparecen na aplicaci\u00f3n e a propia aplicaci\u00f3n, fai clic <a href=\"https:\/\/www.discovermagazine.com\/the-sciences\/reach-across-the-stars-new-app-offers-interactive-exploration-of-women-in\">aqu\u00ed<\/a>.<\/p>\n<p>c) \u201cThe Science of Stories and the Stories of Science\u201d [Contido en ingl\u00e9s]<\/p>\n<p>Neste artigo atopar\u00e1s unha descrici\u00f3n da ciencia da narraci\u00f3n, como permite a comunicaci\u00f3n e como se pode usar para a comunicaci\u00f3n cient\u00edfica. <a href=\"https:\/\/substack.com\/redirect\/22b34c7b-5b11-49f5-9ba0-71e8341e627e?u=36710901\">Fai clic aqu\u00ed<\/a> para obter m\u00e1is informaci\u00f3n.<\/p>\n<p>d) \u201c The Queer Variable: Interviews with Insightful LGBTQ+ People in STEM\u201d [Contido en ingl\u00e9s]<\/p>\n<p>Este libro en li\u00f1a gratu\u00edto presenta as experiencias e perspectivas das persoas LGBTQI+ que traballan en \u00e1reas CTEM a trav\u00e9s dun conxunto de 40 entrevistas. Sobre a colecci\u00f3n, o co-comisario do libro, o doutor Shaun O&#8217;Boyle, di: &#8220;Esperamos que as persoas LGBTQ+ que estudan materias CTEM ou traballan en campos CTEM atopen neste libro historias coas que poidan relacionarse e aprender. Agardamos que estas historias axuden outras persoas a navegaren polo mundo CTEM como persoas LGBTQ+&#8221;.<br \/>\nPodes atopar o libro en li\u00f1a <a href=\"https:\/\/prideinstem.org\/the-queer-variable\/\">aqu\u00ed<\/a>.<\/p>\n<p><strong>9) Bolet\u00edn da Oficina IAU para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda noutros idiomas<\/strong><\/p>\n<p>O noso bolet\u00edn ten traduci\u00f3n aos seguintes idiomas:<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/stargazersbh.wixsite.com\/bsac\/iau\"><strong>\u00c1rabe<\/strong><\/a><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas aos membros do Club de Observaci\u00f3n Astron\u00f3mica de Bahrain.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/sdas.wh.sdu.edu.cn\/info\/1657\/1261.htm\"><strong>Chin\u00e9s (Simplificado)<\/strong><\/a><br \/>\nTraduci\u00f3n grazas ao Dr Chen Cao, Sociedade Astron\u00f3mica Shandong (SDAS) de China.<\/p>\n<p><strong><a href=\"https:\/\/noc-iau.oac.unc.edu.ar\/boletin-informativo-newsletter-de-la-iau-astronomy-outreach\/\">Espa\u00f1ol<\/a><\/strong><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas a Andrea Ahumada, do Observatorio Astron\u00f3mico da Universidad Nacional de C\u00f3rdoba, e Ileana Andruchow, do Inst\u00edtuto de Astrof\u00edsica de La Plata, da Universidad Nacional de La Plata. Poden atoparse <a href=\"http:\/\/asafile.blogspot.jp\/p\/blog-page_12.html\">aqu\u00ed<\/a> as traduci\u00f3ns dos anteriores bolet\u00edns, feitas por Emilio Z\u00fa\u00f1iga, da Asociaci\u00f3n de Astr\u00f3nomos Aficionados de Le\u00f3n, Nicaragua.<\/p>\n<p><strong><a href=\"https:\/\/haitiastronomie.blogspot.com\/p\/bulletin-dinformationde-luai-sur.html\">Franc\u00e9s<\/a><\/strong><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas ao <a href=\"https:\/\/haitiastronomie.blogspot.com\/p\/groupe-de-traduction-haitienne.html\">Grupo Haitiano de Traduci\u00f3n da Astronom\u00eda (GTHA)<\/a> da Sociedade Astron\u00f3mica Haitiana.<\/p>\n<p><a href=\"http:\/\/agrupacionio.com\/gl\/tag\/boletin-iau\"><strong>Galego<\/strong><\/a><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas a Martin Pawley e Xabier P\u00e9rez Couto da Agrupaci\u00f3n Astron\u00f3mica Coru\u00f1esa \u00cdo en Espa\u00f1a.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/www.astronomiamo.it\/DivulgazioneAstronomica\/Newsletter-IAU\/last\"><strong>Italiano<\/strong><\/a><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas a Eleonora Piromalli de AstronomiAmo en Italia.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/drive.google.com\/drive\/folders\/1wN1txv57CLoDbLEEwNjStBMk6CrlkTxu?usp=sharing\"><strong>Portugu\u00e9s (europeo)<\/strong><\/a><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas a Catarina Leote, Jo\u00e3o Ferreira e Jonas Souza a trav\u00e9s do grupo de lingua portuguesa da Rede de Traduci\u00f3n Astron\u00f3mica.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/bit.ly\/36XeKZr\"><strong>Xapon\u00e9s<\/strong><\/a><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas a Akihiko Tomita a trav\u00e9s da Rede de Traduci\u00f3n Astron\u00f3mica. Se queres recibir a traduci\u00f3n ao xapon\u00e9s do bolet\u00edn, subscr\u00edbete \u00e1 <a href=\"http:\/\/www.jaaa-astro.jp\/jaaa-ml.html\">Asociaci\u00f3n Xaponesa de Astronom\u00eda Amadora<\/a> ou \u00e1 <a href=\"http:\/\/www.tenkyo.net\/\">Sociedade Xaponesa pola Educaci\u00f3n e Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda<\/a>.<\/p>\n<p>Se queredes traducir o noso bolet\u00edn ao voso idioma, por favor escrib\u00eddenos a public@oao.iau.org.<\/p>\n<div class=\"entry-content\">\n<p><strong>10) Contribuci\u00f3ns ao bolet\u00edn de divulgaci\u00f3n da astronom\u00eda da IAU<\/strong><\/p>\n<p>Estamos sempre na busca de material sobre investigaci\u00f3n, comunicaci\u00f3n e divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica en todo o mundo para inclu\u00edla no seguinte bolet\u00edn da Oficina IAU para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda. Se tedes alg\u00fan evento astron\u00f3mico, ofrecedes un posto ou oportunidade de traballo, un recurso educativo ou calquera outra cousa que poida ser de interese para a comunidade da divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica, envi\u00e1denos un correo a public@oao.iau.org con m\u00e1is informaci\u00f3n.<\/p>\n<\/div>\n<div class=\"entry-content\">\n<p>Podedes enviarnos as vosas suxesti\u00f3ns at\u00e9 o d\u00eda 4 de cada mes (para o primeiro bolet\u00edn) e at\u00e9 o 17 (para o segundo bolet\u00edn). Desexamos recibir noticias vosas!<\/p>\n<p>Traduci\u00f3n: Martin Pawley e Xabier P\u00e9rez Couto (Agrupaci\u00f3n \u00cdo). Podedes consultar o bolet\u00edn en ingl\u00e9s\u00a0<a href=\"https:\/\/mailchi.mp\/iau\/iauoutreachnewsletter_2022july1\">nesta ligaz\u00f3n<\/a>.<\/p>\n<\/div>\n<p><\/p>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Bolet\u00edn IAU de divulgaci\u00f3n da astronom\u00eda Xullo #1 Neste bolet\u00edn: 0) Nota editorial 1) Novo lanzamento do programa \u201cMeet the IAU Astronomers!\u201d 2) Aberto o env\u00edo de resumos para o obradoiro Shaw-IAU sobre Astronom\u00eda para a Educaci\u00f3n 3) A organizaci\u00f3n da conferencia AstroEDU 2023 procura comentarios 4) Obradoiro CTEAM-Med do Centro OAE Italia 5) A Fundaci\u00f3n Heising-Simons financia a IAU e a AUI 6) Novas&#8230; <\/p>\n<p class=\"more\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/galego-boletin-iau-de-divulgacion-da-astronomia-xullo-1-2\/\">Read More<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":11795,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[51],"tags":[188],"class_list":["post-12662","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-noticias-gl","tag-boletin-iau"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12662","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=12662"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12662\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":13033,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12662\/revisions\/13033"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/11795"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=12662"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=12662"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=12662"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}