{"id":12636,"date":"2022-05-31T18:00:26","date_gmt":"2022-05-31T18:00:26","guid":{"rendered":"http:\/\/agrupacionio.com\/?p=12636"},"modified":"2022-06-12T18:41:58","modified_gmt":"2022-06-12T18:41:58","slug":"galego-boletin-iau-de-divulgacion-da-astronomia-maio-2-2","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/galego-boletin-iau-de-divulgacion-da-astronomia-maio-2-2\/","title":{"rendered":"Bolet\u00edn IAU de divulgaci\u00f3n da astronom\u00eda: Maio #2"},"content":{"rendered":"<p><img fetchpriority=\"high\" decoding=\"async\" class=\"aligncenter size-full wp-image-11795\" src=\"http:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2021\/04\/Newsletter-2021.jpg\" alt=\"\" width=\"1200\" height=\"718\" srcset=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2021\/04\/Newsletter-2021.jpg 1200w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2021\/04\/Newsletter-2021-300x180.jpg 300w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2021\/04\/Newsletter-2021-768x460.jpg 768w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2021\/04\/Newsletter-2021-1024x613.jpg 1024w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2021\/04\/Newsletter-2021-1060x634.jpg 1060w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2021\/04\/Newsletter-2021-550x329.jpg 550w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2021\/04\/Newsletter-2021-836x500.jpg 836w\" sizes=\"(max-width: 1200px) 100vw, 1200px\" \/><\/p>\n<p><strong>Bolet\u00edn IAU de divulgaci\u00f3n da astronom\u00eda<\/strong><\/p>\n<p><strong>Maio #2<\/strong><\/p>\n<p>Neste bolet\u00edn:<\/p>\n<p>0) Nota editorial<br \/>\n1) Anuncio de premios patrocinados pola IAU<br \/>\n2) Novas da Oficina IAU de Astronom\u00eda para a Educaci\u00f3n<br \/>\n3) P\u00e1xina web do D\u00eda da Astronom\u00eda nas Escolas<br \/>\n4) Ampl\u00edase o prazo de Telescopios para todas as persoas 2022<br \/>\n5) Anunciados os simposios IAU de 2023<br \/>\n6) Convocatoria global de colaboraci\u00f3n<br \/>\n7) Novas NOC<br \/>\n8) Oportunidades<br \/>\n9) Recursos interesantes<br \/>\n10) Bolet\u00edn da Oficina IAU para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda noutros idiomas<br \/>\n11) Contribuci\u00f3ns ao bolet\u00edn da Oficina IAU para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda<\/p>\n<p><strong>0) Nota editorial<\/strong><\/p>\n<p>Prezados amigos, amigas e colegas,<\/p>\n<p>Este bolet\u00edn ofr\u00e9cevos eventos de excelente ciencia e oportunidades para participar na comunicaci\u00f3n astron\u00f3mica. Por exemplo, dous dos nove Simposios da IAU anunciados para 2023 est\u00e1n dedicados a temas que se relacionan directamente coa misi\u00f3n da Oficina para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda, a astronom\u00eda para todas as persoas; a convocatoria de Telescopios para Todas as Persoas ampliouse para achegar m\u00e1is voces da comunidade; e o Observatorio Las Cumbres busca propostas de proxectos educativos de comunidades desatendidas.<\/p>\n<p>Agardamos que vos inspiren os esforzos incans\u00e1beis das nosas coordinaci\u00f3ns nacionais de divulgaci\u00f3n, que traballaron duro durante a celebraci\u00f3n en maio do ceo escuro para ampliar o alcance da astronom\u00eda nas s\u00faas comunidades. Agradec\u00e9moslles todo o que fan.<\/p>\n<p>De cami\u00f1o ao final deste mes de concienciaci\u00f3n sobre os ceos escuros e tranquilos, esperamos que sigades divulgando e protexendo os ceos por riba das vosas cabezas.<\/p>\n<p>Que te\u00f1ades uns ceos escuros e tranquilos,<\/p>\n<p>Kelly Blumenthal, en nome do equipo da Oficina IAU para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda<\/p>\n<p><strong>1) Anuncio de premios patrocinados pola IAU<\/strong><\/p>\n<p>a) Premio Gruber de Cosmolox\u00eda<\/p>\n<p>O Premio de Cosmolox\u00eda da Fundaci\u00f3n Gruber, copatrocinado pola IAU, reco\u00f1ece figuras da ciencia cuxos descubrimentos ampliaron a nosa comprensi\u00f3n do Universo. O premio Gruber 2022 foi concedido a Frank Eisenhauer por desenvolver tecnolox\u00eda que axudou a demostrar a existencia dun buraco negro no centro da nosa galaxia. Para obter m\u00e1is informaci\u00f3n, <a href=\"https:\/\/www.iau.org\/news\/pressreleases\/detail\/iau2203\/?lang\">consulta esta p\u00e1xina<\/a>.<\/p>\n<p>b) Bolsas Gruber<\/p>\n<p>A Fundaci\u00f3n Gruber, en colaboraci\u00f3n coa IAU, patrocina un programa de bolsas para xente nova e prometedora que se dedica profesionalmente \u00e1 astronom\u00eda. Este ano recibiron as bolsas Itai Linial, Kunyang Li e Piyush Sharda. Para m\u00e1is informaci\u00f3n sobre o seu traballo, <a href=\"https:\/\/www.iau.org\/news\/announcements\/detail\/ann22021\/\">consulta esta ligaz\u00f3n<\/a>.<\/p>\n<p>c) Premio Shaw<\/p>\n<p>O Premio Shaw en Astronom\u00eda de 2022 foi concedido a Lennart Lindegren e Michael Perryman, dous astr\u00f3nomos que dedicaron a s\u00faa carreira \u00e1 astrometr\u00eda, sobre todo nas misi\u00f3ns Hipparcos e Gaia. Podes obter m\u00e1is informaci\u00f3n <a href=\"https:\/\/www.iau.org\/news\/pressreleases\/detail\/iau2204\/?lang\">aqu\u00ed<\/a>.<\/p>\n<p>d) Premio de Doutoramento da IAU<\/p>\n<p>A IAU outorga premios a estudantes de doutoramento polo traballo de tese m\u00e1is importante dentro de cada divisi\u00f3n da IAU, m\u00e1is un premio de doutoramento xeral. Para obter m\u00e1is informaci\u00f3n sobre as persoas que ga\u00f1aron os premios este ano, <a href=\"https:\/\/www.iau.org\/news\/announcements\/detail\/ann22022\/\">consulta esta ligaz\u00f3n<\/a>.<\/p>\n<p><strong>2) Novas da Oficina IAU de Astronom\u00eda para a Educaci\u00f3n<\/strong><\/p>\n<p>a) Anunciado un novo nodo OAE<\/p>\n<p>A IAU anunciou unha nova sucursal da Oficina IAU de Astronom\u00eda para a Educaci\u00f3n: o Nodo OAE Francia na Universidade CY Cergy Par\u00eds. A OAE c\u00e9ntrase na educaci\u00f3n CTEM de estudantes de primaria e secundaria, especialmente en astronom\u00eda. Para m\u00e1is informaci\u00f3n, <a href=\"https:\/\/www.iau.org\/news\/announcements\/detail\/ann22020\/?lang\">consulta esta ligaz\u00f3n<\/a>.<\/p>\n<p>b) Obradoiro Shaw-IAU sobre Astronom\u00eda para a Educaci\u00f3n 2022<\/p>\n<p>Convid\u00e1moste a unirte ao obradoiro Shaw-IAU sobre Astronom\u00eda para a Educaci\u00f3n do 15 ao 17 de novembro. O tema do obradoiro \u00e9 &#8220;aproveitar o potencial da astronom\u00eda para a educaci\u00f3n formal&#8221;. En concreto, neste obradoiro abordaranse as preguntas: Como ensinamos astronom\u00eda? Cal \u00e9 o papel da astronom\u00eda na aprendizaxe da f\u00edsica, a qu\u00edmica ou o cambio clim\u00e1tico?<\/p>\n<p>Para m\u00e1is informaci\u00f3n sobre o obradoiro do ano pasado, <a href=\"https:\/\/www.astro4edu.org\/shaw-iau\/\">consulta a s\u00faa p\u00e1xina web<\/a>.<\/p>\n<p><strong>3) P\u00e1xina web do D\u00eda da Astronom\u00eda nas Escolas<\/strong><\/p>\n<p>O subgrupo de traballo IAU D\u00eda da Astronom\u00eda nas Escolas, baixo a Comisi\u00f3n C1 da IAU, creou un sitio web para anunciar informaci\u00f3n sobre as actividades de astronom\u00eda nas escolas de todo o mundo. Podes explorar o sitio web <a href=\"https:\/\/adis.narit.or.th\/\">aqu\u00ed<\/a>.<\/p>\n<p><strong>4) Ampl\u00edase o prazo de Telescopios para todas as persoas 2022<\/strong><\/p>\n<p>En atenci\u00f3n \u00e1s solicitudes recibidas, ampl\u00edase at\u00e9 o 15 de xu\u00f1o o prazo para enviar propostas para Telescopios para Todas as Persoas. Podes atopar m\u00e1is informaci\u00f3n sobre o proceso de presentaci\u00f3n <a href=\"https:\/\/www.iau.org\/public\/telescopecollaboration\/\">aqu\u00ed<\/a>. Telescopios para todas as persoas distrib\u00fae telescopios entre comunidades desatendidas de todo o mundo. Acollemos con satisfacci\u00f3n propostas de proxectos que ampl\u00eden os horizontes das crianzas, os pais e as nais e o profesorado, para espertar o interese pola ciencia e sensibilizar sobre a igualdade de oportunidades para desenvolver unha carreira na astronom\u00eda.<\/p>\n<p><strong>5) Anunciados os simposios IAU de 2023<\/strong><\/p>\n<p>Os Simposios IAU pretenden avanzar significativamente nos seus campos e explorar cuesti\u00f3ns clave a trav\u00e9s de charlas invitadas, charlas propostas e p\u00f3sters, as\u00ed como os debates correspondentes. Anunci\u00e1ronse os nove simposios para 2023, aos que todo o mundo est\u00e1 convidado a asistir. Dous simposios poden ser de especial interese para as persoas que len este bolet\u00edn: \u201cAstronom\u00eda e Constelaci\u00f3ns de Sat\u00e9lites: Cami\u00f1os a seguir\u201d e \u201cCeo Escuro e Patrimonio Astron\u00f3mico para impulsar o astroturismo en todo o planeta\u201d. Para obter m\u00e1is informaci\u00f3n, <a href=\"https:\/\/www.iau.org\/news\/announcements\/detail\/ann22023\/\">consulta o anuncio da IAU<\/a>.<\/p>\n<p><strong>6) Convocatoria global de colaboraci\u00f3n<\/strong><\/p>\n<p>O Observatorio de Las Cumbres ofrece 1000 horas para proxectos educativos utilizando a s\u00faa rede rob\u00f3tica de telescopios de 10 x 0,4 m. Todas as solicitudes de proxectos educativos son benvidas, mais recom\u00e9ndanse especialmente as de comunidades desfavorecidas e do mundo en desenvolvemento. O prazo remata o 12 de xu\u00f1o de 2022. Para obter m\u00e1is informaci\u00f3n, <a href=\"https:\/\/lco.global\/news\/call-for-global-sky-partners-2022\/\">consulta esta ligaz\u00f3n<\/a>.<\/p>\n<p><strong>7) Novas NOC<\/strong><\/p>\n<p>a) Barbados<\/p>\n<p>O noso <a href=\"https:\/\/sites.google.com\/oao.iau.org\/iauoaonews\/national-pages\/america-barbados\">NOC Barbados<\/a>, David Marshall, realizou un evento h\u00edbrido para mostrar a eclipse total de L\u00faa do 15 ao 16 de maio.<\/p>\n<p>b) Brunei<\/p>\n<p>O noso <a href=\"https:\/\/sites.google.com\/oao.iau.org\/iauoaonews\/national-pages\/asia-brunei\">NOC Brunei<\/a>, Hazarry Haji Ali Ahmad, transmitiu en directo a ocultaci\u00f3n lunar de Venus, vis\u00edbel no sueste asi\u00e1tico. Podes atopar a transmisi\u00f3n na s\u00faa <a href=\"http:\/\/youtube.com\/bruneiastronomy\">canle de YouTube<\/a>.<\/p>\n<p>c) Italia<\/p>\n<p>O equipo <a href=\"https:\/\/sites.google.com\/oao.iau.org\/iauoaonews\/national-pages\/Italy\">NOC Italia<\/a> elaborou un informe para este trimestre, que podes consultar <a href=\"https:\/\/drive.google.com\/file\/d\/1ju1H5cXlj5EVESHGvA28jzLRhWswRbTz\/view?usp=sharing\">aqu\u00ed<\/a>.<\/p>\n<p>d) Exipto<\/p>\n<p>A nosa <a href=\"https:\/\/sites.google.com\/oao.iau.org\/iauoaonews\/national-pages\/Egypt\">NOC Exipto<\/a>, a doutora Somaya Saad, en colaboraci\u00f3n co Instituto Nacional de Investigaci\u00f3n de Astronom\u00eda e Xeof\u00edsica de Helwan, O Cairo, guiou o p\u00fablico nun evento de observaci\u00f3n h\u00edbrida da eclipse lunar na madrugada do 16 de maio utilizando os telescopios do Observatorio Solar de Helwan e o Observatorio Astron\u00f3mico de Kottamya. Ademais, a doutora Saad tam\u00e9n ofreceu unha charla en li\u00f1a polo D\u00eda Internacional da Luz titulada \u201cA evoluci\u00f3n da tecnolox\u00eda da luz e o seu papel no desenvolvemento da astronom\u00eda\u201d.<\/p>\n<p>e) Etiop\u00eda<\/p>\n<p>Despois da eclipse lunar, o noso <a href=\"https:\/\/sites.google.com\/oao.iau.org\/iauoaonews\/national-pages\/Ethiopia\">NOC Etiop\u00eda<\/a>, Kirubel Menberu, en asociaci\u00f3n coa Sociedade de Ciencia Espacial Et\u00edope (ESSS), o Instituto de Ciencias Xeoespaciais e Espaciais (SSGI) e a Universidade de Semera (SU) organizaron un evento para observar a L\u00faa e outros obxectos do sistema solar en Semera, Afar.<\/p>\n<p>f) Kuwait<\/p>\n<p>O <a href=\"https:\/\/sites.google.com\/oao.iau.org\/iauoaonews\/national-pages\/asia-kuwait\">NOC Kuwait<\/a>, Khaled A. Al-jamaan, continuou este mes a s\u00faa serie de obradoiros de astronom\u00eda para crianzas cunha lecci\u00f3n sobre as constelaci\u00f3ns e unha actividade na que a rapazada entre os 7 e os 11 anos crearon e nomearon as s\u00faas propias constelaci\u00f3ns.<\/p>\n<p><strong>8) Oportunidades<\/strong><\/p>\n<p>a) \u00danete ao Grupo de Traballo sobre Cambio Clim\u00e1tico da IAU<\/p>\n<p>O estudo da astronom\u00eda proporciona unha perspectiva \u00fanica do Universo que destaca a fraxilidade da vida na Terra. O Grupo de Traballo da IAU sobre a Comunicaci\u00f3n do Cambio Clim\u00e1tico a trav\u00e9s da Astronom\u00eda pretende utilizar esta perspectiva para po\u00f1er de relevo os problemas relacionados co cambio clim\u00e1tico. O Grupo de Traballo est\u00e1 a buscar novos membros e calquera persoa pode propo\u00f1erse. Para m\u00e1is informaci\u00f3n, env\u00eda un correo electr\u00f3nico a public@oao.iau.org.<\/p>\n<p>b) II Festival de Astronom\u00eda do INAF, \u201cUniverso atractivo\u201d<\/p>\n<p>Despois do \u00e9xito da primeira edici\u00f3n, o INAF organiza os d\u00edas 10 e 12 de xu\u00f1o de 2022 a segunda edici\u00f3n dun Festival de Astronom\u00eda &#8211; \u201cUniverso atractivo\u201d- en Castellaro Lagusello, preto de Mantova, no norte de Italia. O foco central desta edici\u00f3n ser\u00e1 a gravidade; o festival ter\u00e1 exposici\u00f3ns, obradoiros pr\u00e1cticos, proxecci\u00f3ns de mapas murais, pel\u00edculas, espect\u00e1culos, conferencias divulgativas e observaci\u00f3ns con telescopio. Os obxectivos do festival son m\u00faltiples: promover a difusi\u00f3n da cultura e do co\u00f1ecemento cient\u00edfico a trav\u00e9s da divulgaci\u00f3n e conectar institutos de investigaci\u00f3n e universidades cos centros educativos e co p\u00fablico en xeral mediante a chamada educaci\u00f3n entre iguais, as\u00ed como potenciar a beleza da zona e os seus lugares hist\u00f3ricos. Para m\u00e1is informaci\u00f3n e imaxes da primeira edici\u00f3n deste festival, <a href=\"https:\/\/www.astronomiacastellaro.oapd.inaf.it\/\">consulta esta ligaz\u00f3n<\/a>.<\/p>\n<p>c) \u00danete \u00e1 comunidade de eventos globais do D\u00eda do Asteroide<\/p>\n<p>Cada 30 de xu\u00f1o persoas de todo o mundo organizan eventos locais para crear conciencia sobre a protecci\u00f3n do noso planeta contra a colisi\u00f3n de asteroides, explorar como se poder\u00e1n usar no futuro recursos dos asteroides e co\u00f1ecer as orixes do sistema solar a trav\u00e9s deles. Para obter axuda para organizar un evento, <a href=\"https:\/\/asteroidday-dot-yamm-track.appspot.com\/1yEM7Cp3la29VbzzOUUx39_NXwvE2yk2n0TcdJ5bHbbsdTeL1gAEE5_tk97spvQxgjcaDyHSTriRMFAwhLTL7WsF1nuhGtOj3XqM3bFwaY1PsqBLYnHA_Kpd7K3IzAMVmNFn1jOprvgoTOXNYLSTWgvTUVRu_m0kMXPdctApahoavQhfAIupkqpEqh-M\">consulta este recurso<\/a> (contido en ingl\u00e9s, espa\u00f1ol, portugu\u00e9s e franc\u00e9s).<\/p>\n<p><strong>9) Recursos interesantes<\/strong><\/p>\n<p>a) Nova investigaci\u00f3n sobre ciencia cidad\u00e1 nas escolas [Contido en ingl\u00e9s, resumo en ingl\u00e9s, portugu\u00e9s e espa\u00f1ol]<\/p>\n<p>Acaba de publicarse un novo traballo titulado \u201cCiencia cidad\u00e1 nas escolas: a importancia das relaci\u00f3ns interpersoais\u201d. As tres persoas que asinan o artigo dirix\u00edronse espec\u00edficamente a comunidades con baixa conciencia astron\u00f3mica e demostran que as relaci\u00f3ns interpersoais son importantes non s\u00f3 para os resultados das e dos estudantes sen\u00f3n tam\u00e9n para a eficacia do proxecto de ciencia cidad\u00e1. Para lerdes o artigo, <a href=\"http:\/\/cuadernos.info\/index.php\/cdi\/article\/view\/39405\/40369\">seguide esta ligaz\u00f3<\/a>n. Hai m\u00e1is informaci\u00f3n sobre o proxecto <a href=\"https:\/\/condominio.astro.up.pt\/?page_id=908&amp;lang=en\">na s\u00faa p\u00e1xina web<\/a>.<\/p>\n<p>b) Novo informe para mellorar os esforzos DEIA da NASA [Contido en ingl\u00e9s]<\/p>\n<p>Un novo informe das Academias Nacionais de Ciencias, Enxe\u00f1ar\u00eda e Medicina describe como a NASA pode mellorar para cumprir os seus obxectivos de diversidade, equidade, inclusi\u00f3n e accesibilidade (DEIA). Para lerdes o informe e obterdes m\u00e1is informaci\u00f3n, <a href=\"https:\/\/www.nationalacademies.org\/news\/2022\/05\/advancing-diversity-equity-inclusion-and-accessibility-in-competed-space-mission-leadership-at-nasa-will-require-extensive-efforts-along-entire-career-pathways-says-new-report\">consultade a s\u00faa p\u00e1xina web<\/a>.<\/p>\n<p><strong>10) Bolet\u00edn da Oficina IAU para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda noutros idiomas<\/strong><\/p>\n<p>O noso bolet\u00edn ten traduci\u00f3n aos seguintes idiomas:<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/stargazersbh.wixsite.com\/bsac\/iau\"><strong>\u00c1rabe<\/strong><\/a><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas aos membros do Club de Observaci\u00f3n Astron\u00f3mica de Bahrain.<\/p>\n<p><strong><a href=\"https:\/\/sdas.wh.sdu.edu.cn\/info\/1657\/1261.htm\">Chin\u00e9s (Simplificado)<\/a><\/strong><br \/>\nTraduci\u00f3n grazas ao Dr Chen Cao, Sociedade Astron\u00f3mica Shandong (SDAS) de China.<\/p>\n<p><a href=\"http:\/\/asafile.blogspot.jp\/p\/blog-page_12.html\"><strong>Espa\u00f1ol<\/strong><\/a><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas a Emilio Z\u00fa\u00f1iga, da Asociaci\u00f3n de Astr\u00f3nomos Aficionados de Le\u00f3n, Nicaragua.<\/p>\n<p><strong><a href=\"https:\/\/haitiastronomie.blogspot.com\/p\/bulletin-dinformationde-luai-sur.html\">Franc\u00e9s<\/a><\/strong><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas a Rulx Narcisse da Sociedade Astron\u00f3mica Haitiana.<\/p>\n<p><a href=\"http:\/\/agrupacionio.com\/gl\/tag\/boletin-iau\"><strong>Galego<\/strong><\/a><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas a Martin Pawley e Xabier P\u00e9rez Couto da Agrupaci\u00f3n Astron\u00f3mica Coru\u00f1esa \u00cdo en Espa\u00f1a.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/www.astronomiamo.it\/DivulgazioneAstronomica\/Newsletter-IAU\/last\"><strong>Italiano<\/strong><\/a><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas a Eleonora Piromalli de AstronomiAmo en Italia.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/drive.google.com\/drive\/folders\/1wN1txv57CLoDbLEEwNjStBMk6CrlkTxu?usp=sharing\"><strong>Portugu\u00e9s (europeo)<\/strong><\/a><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas a Catarina Leote, Jo\u00e3o Ferreira e Jonas Souza a trav\u00e9s do grupo de lingua portuguesa da Rede de Traduci\u00f3n Astron\u00f3mica.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/bit.ly\/36XeKZr\"><strong>Xapon\u00e9s<\/strong><\/a><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas a Akihiko Tomita a trav\u00e9s da Rede de Traduci\u00f3n Astron\u00f3mica. Se queres recibir a traduci\u00f3n ao xapon\u00e9s do bolet\u00edn, subscr\u00edbete \u00e1\u00a0<a href=\"http:\/\/www.jaaa-astro.jp\/jaaa-ml.html\">Asociaci\u00f3n Xaponesa de Astr\u00f3nomos Afeccionados<\/a>\u00a0ou \u00e1\u00a0<a href=\"http:\/\/www.tenkyo.net\/\">Sociedade Xaponesa pola Educaci\u00f3n e Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda<\/a>.<\/p>\n<p>Se queredes traducir o noso bolet\u00edn ao voso idioma, por favor escrib\u00eddenos a public@oao.iau.org.<\/p>\n<div class=\"hentry-wrap\">\n<div class=\"entry-content\">\n<p><strong>11) Contribuci\u00f3ns ao bolet\u00edn de divulgaci\u00f3n da astronom\u00eda da IAU<\/strong><\/p>\n<p>Estamos sempre na busca de material sobre investigaci\u00f3n, comunicaci\u00f3n e divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica en todo o mundo para inclu\u00edla no seguinte bolet\u00edn da Oficina IAU para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda. Se tedes alg\u00fan evento astron\u00f3mico, ofrecedes un posto ou oportunidade de traballo, un recurso educativo ou calquera outra cousa que poida ser de interese para a comunidade da divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica, envi\u00e1denos un correo a public@oao.iau.org con m\u00e1is informaci\u00f3n.<\/p>\n<\/div>\n<div class=\"entry-content\">\n<p>Podedes enviarnos as vosas suxesti\u00f3ns at\u00e9 o d\u00eda 4 de cada mes (para o primeiro bolet\u00edn) e at\u00e9 o 17 (para o segundo bolet\u00edn). Desexamos recibir noticias vosas!<\/p>\n<p>Traduci\u00f3n: Martin Pawley e Xabier P\u00e9rez Couto (Agrupaci\u00f3n \u00cdo). Podedes consultar o bolet\u00edn en ingl\u00e9s\u00a0<a href=\"https:\/\/mailchi.mp\/iau\/iauoutreachnewsletter_2022may2\">nesta ligaz\u00f3n<\/a>.<\/p>\n<\/div>\n<\/div>\n<p><\/p>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Bolet\u00edn IAU de divulgaci\u00f3n da astronom\u00eda Maio #2 Neste bolet\u00edn: 0) Nota editorial 1) Anuncio de premios patrocinados pola IAU 2) Novas da Oficina IAU de Astronom\u00eda para a Educaci\u00f3n 3) P\u00e1xina web do D\u00eda da Astronom\u00eda nas Escolas 4) Ampl\u00edase o prazo de Telescopios para todas as persoas 2022 5) Anunciados os simposios IAU de 2023 6) Convocatoria global de colaboraci\u00f3n 7) Novas NOC&#8230; <\/p>\n<p class=\"more\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/galego-boletin-iau-de-divulgacion-da-astronomia-maio-2-2\/\">Read More<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":11795,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[51],"tags":[188],"class_list":["post-12636","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-noticias-gl","tag-boletin-iau"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12636","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=12636"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12636\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":12638,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12636\/revisions\/12638"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/11795"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=12636"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=12636"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=12636"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}