{"id":12631,"date":"2022-05-13T18:00:31","date_gmt":"2022-05-13T18:00:31","guid":{"rendered":"http:\/\/agrupacionio.com\/?p=12631"},"modified":"2022-06-12T18:23:16","modified_gmt":"2022-06-12T18:23:16","slug":"galego-boletin-iau-de-divulgacion-da-astronomia-maio-1-2","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/galego-boletin-iau-de-divulgacion-da-astronomia-maio-1-2\/","title":{"rendered":"Bolet\u00edn IAU de divulgaci\u00f3n da astronom\u00eda: Maio #1"},"content":{"rendered":"<p><img fetchpriority=\"high\" decoding=\"async\" class=\"wp-image-11795 size-full aligncenter\" src=\"http:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2021\/04\/Newsletter-2021.jpg\" alt=\"\" width=\"1200\" height=\"718\" srcset=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2021\/04\/Newsletter-2021.jpg 1200w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2021\/04\/Newsletter-2021-300x180.jpg 300w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2021\/04\/Newsletter-2021-768x460.jpg 768w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2021\/04\/Newsletter-2021-1024x613.jpg 1024w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2021\/04\/Newsletter-2021-1060x634.jpg 1060w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2021\/04\/Newsletter-2021-550x329.jpg 550w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2021\/04\/Newsletter-2021-836x500.jpg 836w\" sizes=\"(max-width: 1200px) 100vw, 1200px\" \/><\/p>\n<p><strong>Bolet\u00edn IAU de divulgaci\u00f3n da astronom\u00eda<\/strong><\/p>\n<p><strong>Maio #1<\/strong><\/p>\n<p>Neste bolet\u00edn:<\/p>\n<p>0) Nota editorial<br \/>\n1) Programa piloto de formaci\u00f3n do profesorado da OAE<br \/>\n2) Novas do Grupo de Traballo Mulleres en Astronom\u00eda<br \/>\n3) Campa\u00f1a de financiamento da OAD para formar estudantes de tribos como astrogu\u00edas<br \/>\n4) Telescopios para todas as persoas 2022<br \/>\n5) Bolet\u00edn do D\u00eda Internacional da Luz<br \/>\n6) Novas NOC<br \/>\n7) Oportunidades<br \/>\n8) Recursos interesantes<br \/>\n9) Bolet\u00edn da Oficina IAU para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda noutros idiomas<br \/>\n10) Contribuci\u00f3ns ao bolet\u00edn da Oficina IAU para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda<\/p>\n<p><strong>0) Nota editorial<\/strong><\/p>\n<p>Prezados amigos, amigas e colegas,<br \/>\nEste bolet\u00edn presenta moitas excelentes oportunidades para asistir a conferencias e seminarios web, inclu\u00edda a Conferencia Internacional de Astronom\u00eda Ind\u00edxena. Esperamos que asistades e aprendades deste grupo tan diverso de persoas.<\/p>\n<p>Tam\u00e9n temos o pracer de dar a co\u00f1ecer o proxecto Telescopios para todas as persoas 2022! Este proxecto distrib\u00fae telescopios a comunidades desatendidas de todo o mundo e os proxectos ga\u00f1adores de anteriores edici\u00f3ns fixeron unha divulgaci\u00f3n incr\u00edbel como resultado. A data l\u00edmite ach\u00e9gase rapidamente (1 de xu\u00f1o), polo que debedes enviar as vosas solicitudes o antes pos\u00edbel.<\/p>\n<p>Por \u00faltimo, esperamos que saquedes proveito do mes de concienciaci\u00f3n sobre os ceos escuros e tranquilos. Ao abeiro do D\u00eda Internacional da Luz da UNESCO do 16 de maio, este proxecto crea conciencia sobre a necesidade de preservar os ceos escuros e tranquilos. Para saber m\u00e1is, non deixes de ler o bolet\u00edn do D\u00eda Internacional da Luz.<\/p>\n<p>Que te\u00f1ades uns ceos escuros e tranquilos,<\/p>\n<p>Kelly Blumenthal, en nome do equipo da Oficina IAU para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda<\/p>\n<p><strong>1) Programa piloto de formaci\u00f3n do profesorado da OAE<\/strong><\/p>\n<p>A Oficina de Educaci\u00f3n en Astronom\u00eda abriu unha li\u00f1a de financiamento para as Coordinaci\u00f3ns Nacionais de Educaci\u00f3n en Astronom\u00eda (NAEC), en colaboraci\u00f3n con profesionais locais da docencia e da astronom\u00eda. As propostas ga\u00f1adoras recibir\u00e1n at\u00e9 2000 euros para planificar e desenvolver programas piloto de formaci\u00f3n do profesorado. Para saber m\u00e1is, consulta <a href=\"https:\/\/astro4edu.org\/ttp\/\">a s\u00faa p\u00e1xina web<\/a>.<\/p>\n<p><strong>2) Novas do Grupo de Traballo Mulleres en Astronom\u00eda<\/strong><\/p>\n<p>a) Actualizaci\u00f3n da Memoria Anual<\/p>\n<p>Para leres o Informe Anual do Grupo de Traballo de Mulleres en Astronom\u00eda (WiA WG), <a href=\"https:\/\/drive.google.com\/file\/d\/1z0f4_ICjbkM0LCu9MWXDtLQ0P9MjDG81\/view?usp=sharing\">preme nesta ligaz\u00f3n<\/a>.<\/p>\n<p>b) Participar nunha enquisa sobre o impacto da COVID-19 na carreira e a produtividade das astr\u00f3nomas<\/p>\n<p>Esta enquisa que leva s\u00f3 cinco minutos foi realizada polo WiA WG para estudar o impacto da pandemia de COVID-19 na carreira e produtividade das astr\u00f3nomas. Desde xaneiro recibiron 80 respostas de astr\u00f3nomas de 19 pa\u00edses. Para engadir a t\u00faa voz, <a href=\"https:\/\/forms.gle\/Kw2gft9RaS1V5rhz7\">fai clic nesta ligaz\u00f3n<\/a>.<\/p>\n<p>c) Actualizaci\u00f3n da revista ENSEMBLE<\/p>\n<p>O WiA WG a\u00ednda acepta contribuci\u00f3ns para o pr\u00f3ximo n\u00famero da revista ENSEMBLE, que se publicar\u00e1 en xu\u00f1o.<\/p>\n<p>d) Sesi\u00f3n de orientaci\u00f3n do IAU WiA WG<\/p>\n<p>O WiA WG invita a estudantes de doutoramento, postdoc e investigadoras a unirse \u00e1 sesi\u00f3n de orientaci\u00f3n do IAU WiA WG o 25 de maio de 13:30 a 15:30 CET. Esta \u00e9 unha oportunidade para que as mentoras e mentoreadas se re\u00fanan, fagan preguntas, obte\u00f1an respostas, compartan experiencias e discutan. Todas son benvidas! Para rexistrarte, <a href=\"https:\/\/forms.gle\/YSKWbKbxacJw5jrE7\">segue esta ligaz\u00f3n<\/a>.<\/p>\n<p>e) \u00danete ao IAU WiA WG<\/p>\n<p>As persoas socias da IAU de calquera x\u00e9nero poden unirse \u00e1 IAU WiA e \u00e1s s\u00faas actividades. Se desexas unirte ao Grupo de Traballo, env\u00eda un correo electr\u00f3nico a iauwia2124@gmail.com.<\/p>\n<p><strong>3) Campa\u00f1a de financiamento da OAD para formar estudantes de tribos como astrogu\u00edas<\/strong><\/p>\n<p>A Oficina IAU de Astronom\u00eda para o Desenvolvemento (OAD) financiou recentemente un proxecto para educar en astronom\u00eda a estudantes de tribos desfavorecidas e darlles adestramento como astrogu\u00edas. Este proxecto, organizado por <a href=\"https:\/\/astronera.org\/\">AstronEra<\/a>, iniciou agora unha campa\u00f1a de financiamento para completar a subvenci\u00f3n da OAD. Para obter m\u00e1is informaci\u00f3n sobre o proxecto e como podes axudar a apoiar o seu traballo, <a href=\"https:\/\/www.astro4dev.org\/oad-project-crowdfunds-to-train-students-as-astroguides\/\">consulta este sitio web<\/a>.<\/p>\n<p><strong>4) Telescopios para todas as persoas 2022<\/strong><\/p>\n<p>Telescopios para todas as persoas \u00e9 un proxecto liderado pola Oficina IAU para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda (OAO), <a href=\"http:\/\/www.ssvi.be\/\">Sterren Schitteren Voor Iedereen<\/a> (As estrelas brillan para todas as persoas \u2014 SSVI), Bresser e a Universidade de Leiden. O seu obxectivo \u00e9 distribu\u00edr 15 telescopios a comunidades desatendidas de todo o mundo. As propostas e recomendaci\u00f3ns deben escribirse en ingl\u00e9s e enviarse <a href=\"https:\/\/docs.google.com\/forms\/d\/e\/1FAIpQLSdx5YnWXjnGYI4-rZPlRp8BzPrBJi_H_Vi2G9l4CvO2hRncpA\/viewform?usp=sf_link\">a trav\u00e9s deste formulario<\/a> antes das 23:59 hora local do 1 de xu\u00f1o de 2022. Para obter m\u00e1is informaci\u00f3n sobre o proceso de solicitude, <a href=\"https:\/\/www.iau.org\/public\/telescopecollaboration\/\">consulta o seu sitio web<\/a>.<\/p>\n<p><strong>5) Bolet\u00edn do D\u00eda Internacional da Luz<\/strong><\/p>\n<p>Ach\u00e9gase o D\u00eda Internacional da Luz (IDL)! Aseg\u00farate de consultar o \u00faltimo bolet\u00edn informativo do equipo de IDL, que incl\u00fae historias sobre proxectos en preparaci\u00f3n. Podes ler e subscribirte ao seu bolet\u00edn <a href=\"https:\/\/mailchi.mp\/03ff293014ec\/idl2022-newsletter-march-20153233\">aqu\u00ed<\/a>, manterte ao d\u00eda das novidades no seu sitio web <a href=\"https:\/\/www.lightday.org\/\">aqu\u00ed<\/a> e rexistrar os teus eventos de IDL <a href=\"https:\/\/tinyurl.com\/IDL2022events\">aqu\u00ed<\/a>.<\/p>\n<p><strong>6) Novas NOC<\/strong><\/p>\n<p>a) Hait\u00ed<\/p>\n<p>O equipo NOC Hait\u00ed tomou fotos e compartiu a experiencia do halo solar coa cidadan\u00eda de Port-au-Prince, sobre a cal <a href=\"https:\/\/haitiastronomie.blogspot.com\/2022\/04\/un-halo-solaire-port-au-prince.html\">podes ler m\u00e1is aqu\u00ed<\/a>. Tam\u00e9n crearon tres novas entidades que traballar\u00e1n para promover a astronom\u00eda en Hait\u00ed: unha <a href=\"https:\/\/haitiastronomie.blogspot.com\/p\/club-dastronomie.html\">Rede de Clubs de Astronom\u00eda<\/a>, <a href=\"https:\/\/haitiastronomie.blogspot.com\/p\/coordinnation-pour-la-sensibilisation.html\">Astronom\u00eda nas Escolas<\/a> e <a href=\"https:\/\/haitiastronomie.blogspot.com\/p\/communautes-religieuses-ou-non.html\">Astronom\u00eda na Igrexa (Comunidades Relixiosas)<\/a>.<\/p>\n<p>b) Grecia<\/p>\n<p>Unha das NOC para Grecia, Margarita Metaxa, en colaboraci\u00f3n con varias organizaci\u00f3ns e asociaci\u00f3ns locais, organizou unha xornada sobre preservaci\u00f3n do ceo escuro. Para obter unha ligaz\u00f3n \u00e1 p\u00e1xina web da s\u00faa conferencia, consulta a secci\u00f3n Oportunidades m\u00e1is abaixo.<\/p>\n<p>c) Kuwait<\/p>\n<p>O noso NOC Kuwait, Khaled A. Al-jamaan, deu unha conferencia no Centro Cultural Sheikh Abdullah Al Salem sobre o Calendario Hijiri, o calendario isl\u00e1mico que se basea nas fases da L\u00faa. A charla inclu\u00edu unha historia do calendario, como calcular o inicio e o final dun mes e os c\u00e1lculos astron\u00f3micos implicados na formulaci\u00f3n do calendario.<\/p>\n<p><strong>7) Oportunidades<\/strong><\/p>\n<p>a) Seminario web \u201cO desaf\u00edo das megaconstelaci\u00f3ns\u201d 7-8 de maio<\/p>\n<p>\u00danete \u00e1 Federaci\u00f3n de Sociedades Astron\u00f3micas no seu webinar gratu\u00edto de dous d\u00edas (7-8 de maio) sobre as megaconstelaci\u00f3ns de sat\u00e9lites, o seu impacto na astronom\u00eda e os seus efectos na sociedade. A inscrici\u00f3n est\u00e1 aberta a todas as persoas: profesionais da astronom\u00eda, practicantes de astronom\u00eda amadora, estudantes e docentes. Para rexistrarte, <a href=\"https:\/\/fedastro.org.uk\/fas\/megaconstellation-webinar\/\">fai clic aqu\u00ed<\/a>.<\/p>\n<p>b) Conferencia sobre Preservaci\u00f3n de Ceos Escuros para a Sostibilidade, Observaci\u00f3ns Astron\u00f3micas, Sa\u00fade, Ecosistemas e Cultura 16-17 de maio<\/p>\n<p>Unha das NOC Grecia, en colaboraci\u00f3n co Comit\u00e9 Astron\u00f3mico Nacional Grego, o Instituto de Astronom\u00eda, Astrof\u00edsica, Aplicaci\u00f3ns Espaciais e Teledetecci\u00f3n, Philekpedeftiki Eter\u00eda e a Oficina de Educaci\u00f3n Secundaria de \u0392\u0384Atenas, organiza unha conferencia de dous d\u00edas sobre preservaci\u00f3n do ceo escuro os d\u00edas 16 e 17 de maio. Para ter m\u00e1is informaci\u00f3n e inscribirte, <a href=\"https:\/\/www.astro.noa.gr\/darkskies\/en\/\">visita a s\u00faa p\u00e1xina web<\/a>.<\/p>\n<p>c) Xa est\u00e1 aberta a convocatoria de propostas da Oficina IAU de Astronom\u00eda para o Desenvolvemento<\/p>\n<p>Xa est\u00e1 aberta a convocatoria de propostas de 2022 da Oficina IAU de Astronom\u00eda para o Desenvolvemento (OAD). A fase 1 da convocatoria ter\u00e1 lugar o 31 de maio. S\u00f3 un n\u00famero limitado de propostas da Fase 1 ser\u00e1n convidadas a presentar unha proposta na Fase 2. Para obter m\u00e1is informaci\u00f3n sobre o programa e os seus temas para esta convocatoria, <a href=\"http:\/\/www.astro4dev.org\/cfp\/\">consulta a s\u00faa p\u00e1xina web<\/a>.<\/p>\n<p>d) Conferencia Internacional de Astronom\u00eda Ind\u00edxena 27-29 de xullo<\/p>\n<p>\u00danete \u00e1 Conferencia Internacional de Astronom\u00eda Ind\u00edxena este mes de xullo para tecer rede, aprender sobre os sistemas de co\u00f1ecemento ind\u00edxena e escoitar a persoas expertas sobre o aproveitamento da astronom\u00eda ind\u00edxena para o desenvolvemento e o empoderamento social, cultural, educativo e econ\u00f3mico. Para saber m\u00e1is, <a href=\"https:\/\/natural-sciences.nwu.ac.za\/indigenous-knowledge-systems-centre\/about-conference\">preme aqu\u00ed<\/a>.<\/p>\n<p>e) III Encontro da Noite 14 de maio<\/p>\n<p>O 14 de maio ter\u00e1 lugar na Coru\u00f1a, Galicia, a III edici\u00f3n do III Encontro da Noite. Esta reuni\u00f3n gratu\u00edta centrarase na contaminaci\u00f3n luminosa, a preservaci\u00f3n do ceo escuro e a importancia dos ceos escuros. Para m\u00e1is informaci\u00f3n (en galego e castel\u00e1n), <a href=\"http:\/\/agrupacionio.com\/gl\/portfolio\/iii-encontro-da-noite\/\">consulta a s\u00faa p\u00e1xina web<\/a>.<\/p>\n<p><strong>8) Recursos interesantes<\/strong><\/p>\n<p>a) Nais en astronom\u00eda [Contido en ingl\u00e9s]<\/p>\n<p>Este libro cont\u00e9n historias dunha colecci\u00f3n internacional de astr\u00f3nomas nais. Con estas historias esp\u00e9rase amplificar as voces das nais astr\u00f3nomas, concienciar sobre os retos aos que se enfrontan, destacar o impacto positivo da maternidade nas s\u00faas carreiras e crear un sentido colectivo de empoderamento. Para ler m\u00e1is e descargar o libro, <a href=\"https:\/\/misaladino.com\/mothers-in-astronomy\/\">consulta esta p\u00e1xina<\/a>.<\/p>\n<p>b) Relanzamento de Subaru Kids [Contido en ingl\u00e9s e xapon\u00e9s]<\/p>\n<p>O sitio para nenos e nenas do Telescopio Subaru acaba de relanzarse en ingl\u00e9s e en xapon\u00e9s. As crianzas \u00fanense a Subby, o personaxe oficial do Telescopio Subaru, para explorar o espazo e a astronom\u00eda a trav\u00e9s de materiais en li\u00f1a, cuestionarios, v\u00eddeos e manualidades. Podes atopar m\u00e1is informaci\u00f3n <a href=\"https:\/\/subarutelescope.org\/en\/news\/announcements\/2022\/04\/27\/3054.html\">na s\u00faa p\u00e1xina web<\/a>.<\/p>\n<p>c) Carteis interactivos de constelaci\u00f3ns [Contido en portugu\u00e9s]<\/p>\n<p>O persoal do Museu da Vida estivo traballando nun proxecto especial de elaboraci\u00f3n de mapas interactivos das constelaci\u00f3ns, inclu\u00eddas as do pobo guaran\u00ed. Fai clic <a href=\"https:\/\/drive.google.com\/file\/d\/1k_HOzp5RqbsqG0hutuU97uS1R1c9BkmI\/view\">nesta ligaz\u00f3n<\/a> para obter m\u00e1is informaci\u00f3n.<\/p>\n<p><strong>9) Bolet\u00edn da Oficina IAU para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda noutros idiomas<\/strong><\/p>\n<p>O noso bolet\u00edn ten traduci\u00f3n aos seguintes idiomas:<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/stargazersbh.wixsite.com\/bsac\/iau\"><strong>\u00c1rabe<\/strong><\/a><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas aos membros do Club de Observaci\u00f3n Astron\u00f3mica de Bahrain.<\/p>\n<p><strong><a href=\"https:\/\/sdas.wh.sdu.edu.cn\/info\/1657\/1261.htm\">Chin\u00e9s (Simplificado)<\/a><\/strong><br \/>\nTraduci\u00f3n grazas ao Dr Chen Cao, Sociedade Astron\u00f3mica Shandong (SDAS) de China.<\/p>\n<p><a href=\"http:\/\/asafile.blogspot.jp\/p\/blog-page_12.html\"><strong>Espa\u00f1ol<\/strong><\/a><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas a Emilio Z\u00fa\u00f1iga, da Asociaci\u00f3n de Astr\u00f3nomos Aficionados de Le\u00f3n, Nicaragua.<\/p>\n<p><strong><a href=\"https:\/\/haitiastronomie.blogspot.com\/p\/bulletin-dinformationde-luai-sur.html\">Franc\u00e9s<\/a><\/strong><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas a Rulx Narcisse da Sociedade Astron\u00f3mica Haitiana.<\/p>\n<p><a href=\"http:\/\/agrupacionio.com\/gl\/tag\/boletin-iau\"><strong>Galego<\/strong><\/a><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas a Martin Pawley e Xabier P\u00e9rez Couto da Agrupaci\u00f3n Astron\u00f3mica Coru\u00f1esa \u00cdo en Espa\u00f1a.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/www.astronomiamo.it\/DivulgazioneAstronomica\/Newsletter-IAU\/last\"><strong>Italiano<\/strong><\/a><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas a Eleonora Piromalli de AstronomiAmo en Italia.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/drive.google.com\/drive\/folders\/1wN1txv57CLoDbLEEwNjStBMk6CrlkTxu?usp=sharing\"><strong>Portugu\u00e9s (europeo)<\/strong><\/a><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas a Catarina Leote, Jo\u00e3o Ferreira e Jonas Souza a trav\u00e9s do grupo de lingua portuguesa da Rede de Traduci\u00f3n Astron\u00f3mica.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/bit.ly\/36XeKZr\"><strong>Xapon\u00e9s<\/strong><\/a><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas a Akihiko Tomita a trav\u00e9s da Rede de Traduci\u00f3n Astron\u00f3mica. Se queres recibir a traduci\u00f3n ao xapon\u00e9s do bolet\u00edn, subscr\u00edbete \u00e1\u00a0<a href=\"http:\/\/www.jaaa-astro.jp\/jaaa-ml.html\">Asociaci\u00f3n Xaponesa de Astr\u00f3nomos Afeccionados<\/a>\u00a0ou \u00e1\u00a0<a href=\"http:\/\/www.tenkyo.net\/\">Sociedade Xaponesa pola Educaci\u00f3n e Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda<\/a>.<\/p>\n<p>Se queredes traducir o noso bolet\u00edn ao voso idioma, por favor escrib\u00eddenos a public@oao.iau.org.<\/p>\n<div class=\"hentry-wrap\">\n<div class=\"entry-content\">\n<p><strong>10) Contribuci\u00f3ns ao bolet\u00edn de divulgaci\u00f3n da astronom\u00eda da IAU<\/strong><\/p>\n<p>Estamos sempre na busca de material sobre investigaci\u00f3n, comunicaci\u00f3n e divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica en todo o mundo para inclu\u00edla no seguinte bolet\u00edn da Oficina IAU para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda. Se tedes alg\u00fan evento astron\u00f3mico, ofrecedes un posto ou oportunidade de traballo, un recurso educativo ou calquera outra cousa que poida ser de interese para a comunidade da divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica, envi\u00e1denos un correo a public@oao.iau.org con m\u00e1is informaci\u00f3n.<\/p>\n<\/div>\n<div class=\"entry-content\">\n<p>Podedes enviarnos as vosas suxesti\u00f3ns at\u00e9 o d\u00eda 4 de cada mes (para o primeiro bolet\u00edn) e at\u00e9 o 17 (para o segundo bolet\u00edn). Desexamos recibir noticias vosas!<\/p>\n<p>Traduci\u00f3n: Martin Pawley e Xabier P\u00e9rez Couto (Agrupaci\u00f3n \u00cdo). Podedes consultar o bolet\u00edn en ingl\u00e9s\u00a0<a href=\"https:\/\/mailchi.mp\/iau\/iauoutreachnewsletter_2022may1\">nesta ligaz\u00f3n<\/a>.<\/p>\n<\/div>\n<\/div>\n<p><\/p>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Bolet\u00edn IAU de divulgaci\u00f3n da astronom\u00eda Maio #1 Neste bolet\u00edn: 0) Nota editorial 1) Programa piloto de formaci\u00f3n do profesorado da OAE 2) Novas do Grupo de Traballo Mulleres en Astronom\u00eda 3) Campa\u00f1a de financiamento da OAD para formar estudantes de tribos como astrogu\u00edas 4) Telescopios para todas as persoas 2022 5) Bolet\u00edn do D\u00eda Internacional da Luz 6) Novas NOC 7) Oportunidades 8) Recursos&#8230; <\/p>\n<p class=\"more\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/galego-boletin-iau-de-divulgacion-da-astronomia-maio-1-2\/\">Read More<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":11795,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[51],"tags":[188],"class_list":["post-12631","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-noticias-gl","tag-boletin-iau"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12631","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=12631"}],"version-history":[{"count":3,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12631\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":12635,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12631\/revisions\/12635"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/11795"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=12631"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=12631"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=12631"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}