{"id":12543,"date":"2022-04-15T23:00:42","date_gmt":"2022-04-15T23:00:42","guid":{"rendered":"http:\/\/agrupacionio.com\/?p=12543"},"modified":"2023-05-23T12:13:21","modified_gmt":"2023-05-23T12:13:21","slug":"galego-boletin-iau-de-divulgacion-da-astronomia-abril-1-2","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/galego-boletin-iau-de-divulgacion-da-astronomia-abril-1-2\/","title":{"rendered":"Bolet\u00edn IAU de divulgaci\u00f3n da astronom\u00eda: Abril #1"},"content":{"rendered":"<p><img fetchpriority=\"high\" decoding=\"async\" class=\"aligncenter size-full wp-image-11795\" src=\"http:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2021\/04\/Newsletter-2021.jpg\" alt=\"\" width=\"1200\" height=\"718\" srcset=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2021\/04\/Newsletter-2021.jpg 1200w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2021\/04\/Newsletter-2021-300x180.jpg 300w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2021\/04\/Newsletter-2021-768x460.jpg 768w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2021\/04\/Newsletter-2021-1024x613.jpg 1024w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2021\/04\/Newsletter-2021-1060x634.jpg 1060w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2021\/04\/Newsletter-2021-550x329.jpg 550w, https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/wp-content\/uploads\/2021\/04\/Newsletter-2021-836x500.jpg 836w\" sizes=\"(max-width: 1200px) 100vw, 1200px\" \/><\/p>\n<p><strong>Bolet\u00edn IAU de divulgaci\u00f3n da astronom\u00eda<\/strong><\/p>\n<p><strong>Abril #1<\/strong><\/p>\n<p>Neste bolet\u00edn:<\/p>\n<p>0) Nota editorial<br \/>\n1) Conferencia CAP 2022<br \/>\n2) Proxecto IAU astroEDU anuncia novo equipo editorial e unha actualizaci\u00f3n importante<br \/>\n3) IAU e SKAO anuncian un programa conxunto de financiamento de divulgaci\u00f3n<br \/>\n4) Telescopios para todas as persoas 2022<br \/>\n5) \u201cNa L\u00faa outra vez\u201d est\u00e1 de volta no ver\u00e1n de 2022<br \/>\n6) Novas NOC<br \/>\n7) Oportunidades<br \/>\n8) Recursos interesantes<br \/>\n9) Bolet\u00edn da Oficina IAU para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda noutros idiomas<br \/>\n10) Contribuci\u00f3ns ao bolet\u00edn da Oficina IAU para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda<\/p>\n<p><strong>0) Nota editorial<\/strong><\/p>\n<p>Prezados amigos, amigas e colegas,<\/p>\n<p>Este bolet\u00edn trae moitas boas noticias dos proxectos e oficinas da IAU, as\u00ed como oportunidades interesantes para o futuro. Enc\u00e1ntanos anunciar que a pr\u00f3xima Conferencia \u201cComunicar Astronom\u00eda co P\u00fablico\u201d ter\u00e1 lugar en Sydney, Australia, este mes de setembro. Esperamos vervos nela, en persoa ou virtualmente! Tam\u00e9n queremos promocionar outras d\u00faas conferencias neste bolet\u00edn: a conferencia sobre o aumento do interese e o compromiso do alumnado na exploraci\u00f3n espacial que organiza a Future African Space Explorer&#8217;s STEM Academy (FASESA) e a conferencia sobre a sensibilizaci\u00f3n p\u00fablica arredor das infraestruturas de investigaci\u00f3n que organiza o observatorio Square Kilometre Array (SKAO).<\/p>\n<p>Neste bolet\u00edn tam\u00e9n hai oportunidades para que o p\u00fablico xeral participe nunha ampla gama de programas (Telescopios para todas as persoas, astroEDU, Na L\u00faa outra vez) e para que membros da nosa comunidade financien o seu traballo (Programa de Financiamento da Divulgaci\u00f3n IAU-SKAO). Esperamos que aproveitedes estes programas e que compartades as vosas experiencias connosco!<\/p>\n<p>Como sempre, queremos darlles as grazas \u00e1s Coordinaci\u00f3ns Nacionais de Divulgaci\u00f3n (NOC) polo seu arduo traballo e dedicaci\u00f3n \u00e1 divulgaci\u00f3n da astronom\u00eda. M\u00e1is adiante podes atopar alg\u00fans exemplos dos seus esforzos incans\u00e1beis por achegar a astronom\u00eda a todas as persoas.<\/p>\n<p>Que te\u00f1ades uns ceos escuros e tranquilos,<\/p>\n<p>Kelly Blumenthal, en nome do equipo da Oficina IAU para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda<\/p>\n<p><strong>1) Conferencia CAP 2022<\/strong><\/p>\n<p>A conferencia Comunicar Astronom\u00eda ao P\u00fablico convocarase este outono (do 12 ao 16 de setembro) en Sydney, Australia. Profesionais da comunicaci\u00f3n cient\u00edfica e da divulgaci\u00f3n, xornalistas, a comunidade astron\u00f3mica amadora, e outras persoas est\u00e1n convidadas a asistir e compartir as s\u00faas experiencias durante esta reuni\u00f3n. Xa est\u00e1n abertos os prazos de env\u00edo de resumos e solicitude de bolsas, ademais da preinscrici\u00f3n. O prazo de presentaci\u00f3n de resumos e subvenci\u00f3ns remata o 30 de abril. Para obter m\u00e1is informaci\u00f3n, consulta <a href=\"https:\/\/www.iau.org\/news\/announcements\/detail\/ann22015\/\">o comunicado de prensa da IAU<\/a> e <a href=\"https:\/\/capconferences.org\/2022\/first-announcement\/\">o sitio web da conferencia<\/a>.<\/p>\n<p><strong>2) Proxecto IAU astroEDU anuncia novo equipo editorial e unha actualizaci\u00f3n importante<\/strong><\/p>\n<p>O Proxecto IAU astroEDU, que ten como obxectivo producir as mellores actividades cient\u00edficas de c\u00f3digo aberto para a xente que se dedica \u00e1 educaci\u00f3n cient\u00edfica de todo o mundo, d\u00e1 a benvida a unha nova editora xefa, Livia Giacomini, e o editor asociado, Giulio Mazzolo. Ademais, astroEDU sufriu recentemente unha importante actualizaci\u00f3n, que abre o cami\u00f1o para futuras innovaci\u00f3ns como os recursos multiling\u00fces. Hai m\u00e1is informaci\u00f3n <a href=\"https:\/\/www.astroedu.info\/en\/\">no seu sitio web<\/a>.<\/p>\n<p><strong>3) IAU e SKAO anuncian un programa conxunto de financiamento de divulgaci\u00f3n<\/strong><\/p>\n<p>A Oficina IAU para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda ten o pracer de anunciar a segunda edici\u00f3n do Programa de Financiamento da Divulgaci\u00f3n IAU-SKAO. Estes fondos apoiar\u00e1n boas iniciativas de divulgaci\u00f3n dirixidas pola rede de NOCs en colaboraci\u00f3n coa Rede de Comunicaci\u00f3n e Divulgaci\u00f3n do proxecto SKAO. Podes consultar <a href=\"https:\/\/mailchi.mp\/iau\/iauoutreachwomenandgirls2022-1196725\">o anuncio completo<\/a> para obter m\u00e1is detalles.<\/p>\n<p><strong>4) Telescopios para todas as persoas 2022<\/strong><\/p>\n<p>Telescopios para todas as persoas \u00e9 un proxecto liderado pola Oficina IAU para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda (OAO), Sterren Schitteren Voor Iedereen (As Estrelas Brillan para Todas as Persoas \u2014 SSVI), Bresser e a Universidade de Leiden que distrib\u00fae 15 telescopios a comunidades desfavorecidas de todo o mundo. Para obter m\u00e1is informaci\u00f3n e saber m\u00e1is sobre o proceso de solicitude, <a href=\"https:\/\/www.iau.org\/public\/telescopecollaboration\/\">consulta a s\u00faa p\u00e1xina web<\/a>.<\/p>\n<p><strong>5) \u201cNa L\u00faa outra vez\u201d est\u00e1 de volta no ver\u00e1n de 2022<\/strong><\/p>\n<p>Convid\u00e1mosvos a unirvos a un proxecto global que leva a astronom\u00eda observacional \u00e1s r\u00faas. On the Moon Again (Na L\u00faa outra vez) ter\u00e1 lugar do 8 ao 10 de xullo. Para m\u00e1is informaci\u00f3n, <a href=\"http:\/\/www.onthemoonagain.org\/\">consulta a s\u00faa p\u00e1xina web<\/a>; para rexistrar a t\u00faa actividade, <a href=\"https:\/\/forms.gle\/JoAtr6HULdkeiKTu9\">enche este formulario<\/a>.<\/p>\n<p><strong>6) Novas NOC<\/strong><\/p>\n<p>a) NOC Bahrein<\/p>\n<p>A NOC de Bahrain, <a href=\"https:\/\/sites.google.com\/oao.iau.org\/iauoaonews\/national-pages\/asia-bahrain\">Myriam Alqassab<\/a>, e o Club de Observaci\u00f3n da Astronom\u00eda de Bahrain celebraron a Hora do Planeta con observaci\u00f3n solar, limpeza de praias, charlas sobre contaminaci\u00f3n luminosa e moito m\u00e1is.<\/p>\n<p>b) NOC Benin<\/p>\n<p>O NOC Benin, <a href=\"https:\/\/sites.google.com\/oao.iau.org\/iauoaonews\/national-pages\/africa-benin\">Pide Aristide Ahanhanzo<\/a>, en asociaci\u00f3n co Astro-Club Sirius e o Club Astron\u00f3mico Ori\u00f3n de Benin e en colaboraci\u00f3n coa OAD e OAO, NASE, Bresser, SSVI e AFAS, realizaron o evento \u201cLa semaine de la Randonn\u00e9e Culturelle de l&#8217;Astronomie\u201d, que achegou a astronom\u00eda a estudantes e docentes.<\/p>\n<p>c) NOC Exipto<br \/>\nO 24 de marzo, Somaya Saad, <a href=\"https:\/\/sites.google.com\/oao.iau.org\/iauoaonews\/national-pages\/Egypt\">a nosa NOC en Exipto<\/a>, ofreceu unha charla titulada &#8220;Ela destaca en ciencia: historias pioneiras de \u00c1frica&#8221; coa Instituci\u00f3n de Informaci\u00f3n da Biblioteca Alexandrina e Departamento de Competencias Profesionais, Sector de Bibliotecas. Ao final do mes, o 27 de marzo, Somaya Saad planificou un obradoiro inclusivo sobre o sistema solar en colaboraci\u00f3n coa NAEC de Exipto, o novo Centro OAE Exipto e o Instituto Nacional de Investigaci\u00f3n de Astronom\u00eda e Xeof\u00edsica.<\/p>\n<p>d) NOC Marrocos<br \/>\nXunto co antigo NOC de Marrocos, o profesor Zouhair Benkhaldoun, a actual NOC, <a href=\"https:\/\/sites.google.com\/oao.iau.org\/iauoaonews\/national-pages\/Morocco\">Meriem El Yajouri<\/a>, organizou unha reuni\u00f3n para profesionais de divulgaci\u00f3n do pa\u00eds. Unhas 30 persoas participaron en debates en grupo, traballo en rede e sesi\u00f3ns de intercambio de ideas durante este evento de aproximadamente 2,5 horas.<\/p>\n<p>e) NOC Nicaragua<br \/>\nEmilio Zuniga Hern\u00e1ndez, <a href=\"https:\/\/sites.google.com\/oao.iau.org\/iauoaonews\/national-pages\/Nicaragua\">o noso NOC de Nicaragua<\/a>, celebrou unha festa de estrelas con seis telescopios e prism\u00e1ticos para a xente de Managua.<\/p>\n<p>f) NOC Qatar<\/p>\n<p>Hani Dalee, <a href=\"https:\/\/sites.google.com\/oao.iau.org\/iauoaonews\/national-pages\/asia-qatar\">o noso NOC de Qatar<\/a>, iniciou a Olimp\u00edada Escolar de Astronom\u00eda de 2022 o 21 de marzo. Na s\u00faa s\u00e9tima edici\u00f3n, o alumnado da Olimp\u00edada aprendeu sobre o Sol, a s\u00faa posici\u00f3n e a s\u00faa relaci\u00f3n coa Terra e o ceo, ademais dos fundamentos sobre os telescopios. Neste evento participaron m\u00e1is de 60 colexios p\u00fablicos e internacionais.<\/p>\n<p>f) NOC Tunes<\/p>\n<p>A NOC de Tunes, <a href=\"https:\/\/sites.google.com\/oao.iau.org\/iauoaonews\/national-pages\/Tunisia\">Mayssa El Yazidi<\/a>, contin\u00faa a s\u00faa serie #AstroTalk coas charlas do empresario Malak Trabelsi Loeb (1 de abril) e o NOC e NAEC de Nicaragua, Emilio Zuniga Gonzales (2 de abril).<\/p>\n<p><strong>7) Oportunidades<\/strong><\/p>\n<p>a) Oferta de emprego en Science Wave<\/p>\n<p>Science Wave est\u00e1 a contratar unha persoa para a xefatura remota de comunicaci\u00f3ns cient\u00edficas a tempo completo que dirixa a comunicaci\u00f3n das marcas espaciais afiliadas. A persoa seleccionada ter\u00e1 polo menos d\u00faas condici\u00f3ns entre as seguintes: un t\u00edtulo en comunicaci\u00f3n cient\u00edfica, un t\u00edtulo en f\u00edsica ou astronom\u00eda e experiencia laboral para unha organizaci\u00f3n cient\u00edfica (astronom\u00eda ou espacial). Env\u00eda o teu CV e unha carta de motivaci\u00f3n de media p\u00e1xina como m\u00e1ximo a connect@science-wave.com. Aseg\u00farate de mencionar o posto que solicitas no asunto!<br \/>\nO posto cubrirase tan pronto como atopen a persoa axeitada. Podes consultar <a href=\"https:\/\/www.linkedin.com\/company\/science-wave\/\">a s\u00faa p\u00e1xina de LinkedIn<\/a> para ver as actualizaci\u00f3ns de estado.<\/p>\n<p>b) Conferencia de FASESA sobre o aumento do interese e a participaci\u00f3n de estudantes na exploraci\u00f3n espacial<\/p>\n<p>Future African Space Explorer&#8217;s STEM Academy (FASESA) celebra unha conferencia este mes. Conv\u00eddase a estudantes, docentes, profesionais da industria aeroespacial, persoas con responsabilidades pol\u00edticas, partes interesadas das corporaci\u00f3ns etc a asistir a esta conferencia h\u00edbrida de tres d\u00edas sobre como incrementar o interese do alumnado na exploraci\u00f3n do espazo. Para m\u00e1is informaci\u00f3n e inscrici\u00f3n, consulta <a href=\"https:\/\/fasesa.com\/\">a s\u00faa p\u00e1xina web<\/a>.<\/p>\n<p>c) Xornada de sensibilizaci\u00f3n p\u00fablica sobre as infraestruturas de investigaci\u00f3n<\/p>\n<p>O observatorio Square Kilometer Array acolle este mes de xullo a cuarta conferencia de sensibilizaci\u00f3n p\u00fablica sobre as infraestruturas de investigaci\u00f3n (Public Awareness of Research Infrastructures, PARI) na s\u00faa sede no Reino Unido e en li\u00f1a. Ac\u00e9ptanse env\u00edos de resumos at\u00e9 o 18 de abril sobre <a href=\"https:\/\/skao.eventsair.com\/pari2022\/themes\">unha ampla gama de temas<\/a>, inclu\u00edndo tendencias emerxentes en comunicaci\u00f3n cient\u00edfica, ciencia e sociedade, relaci\u00f3ns coas partes interesadas, educaci\u00f3n e moito m\u00e1is. As persoas interesadas <a href=\"https:\/\/skao.eventsair.com\/pari2022\/registration\">poden inscribirse aqu\u00ed<\/a> para recibir m\u00e1is informaci\u00f3n.<\/p>\n<p><strong>8) Recursos interesantes<\/strong><\/p>\n<p>a) \u201cA Ciencia como Ben P\u00fablico\u201d xa est\u00e1 dispo\u00f1\u00edbel en sete idiomas [contido en ingl\u00e9s, franc\u00e9s, espa\u00f1ol, chin\u00e9s, \u00e1rabe, xapon\u00e9s e ruso]<\/p>\n<p>O documento do International Science Council (ISC), \u201cA Ciencia como Ben P\u00fablico\u201d, argumenta que a ciencia \u00e9 unha fonte de informaci\u00f3n valiosa que deber\u00eda estar dispo\u00f1\u00edbel para toda persoa que a busque. Este documento describe os fundamentos do ISC e as s\u00faas actividades e xa est\u00e1 dispo\u00f1\u00edbel en ingl\u00e9s, franc\u00e9s, espa\u00f1ol, chin\u00e9s, \u00e1rabe, xapon\u00e9s e ruso. O ISC tam\u00e9n busca tradutores que de xeito voluntario poidan facelo chegar a m\u00e1is idiomas. Para obter m\u00e1is informaci\u00f3n e ler o artigo no teu idioma, <a href=\"https:\/\/council.science\/current\/news\/science-as-a-global-public-good\/\">visita esta ligaz\u00f3n<\/a>.<\/p>\n<p>b) Axuda a revisar o glosario de Astro4Edu [Contido en ingl\u00e9s]<\/p>\n<p>A Oficina IAU de Educaci\u00f3n en Astronom\u00eda (OAE) est\u00e1 a desenvolver un glosario de termos de astronom\u00eda e precisan da t\u00faa axuda. A OAE busca persoas voluntarias (preferentemente que se dediquen \u00e1 ciencia ou \u00e1 educaci\u00f3n en astronom\u00eda) que axuden a perfeccionar as s\u00faas definici\u00f3ns. O proceso \u00e9 moi sinxelo: inicias sesi\u00f3n e revisas as poucas ou moitas definici\u00f3ns que queiras. At\u00e9 o momento este glosario s\u00f3 est\u00e1 dispo\u00f1\u00edbel en ingl\u00e9s, mais as traduci\u00f3ns comezar\u00e1n unha vez que se complete o proceso de revisi\u00f3n. <a href=\"https:\/\/www.astro4edu.org\/people\/reviewer-signup-form\">Enche o formulario de rexistro<\/a> para comezar.<\/p>\n<p><strong>9) Bolet\u00edn da Oficina IAU para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda noutros idiomas<\/strong><\/p>\n<p>O noso bolet\u00edn ten traduci\u00f3n aos seguintes idiomas:<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/stargazersbh.wixsite.com\/bsac\/iau\"><strong>\u00c1rabe<\/strong><\/a><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas aos membros do Club de Observaci\u00f3n Astron\u00f3mica de Bahrain.<\/p>\n<p><strong><a href=\"https:\/\/sdas.wh.sdu.edu.cn\/info\/1657\/1261.htm\">Chin\u00e9s (Simplificado)<\/a><\/strong><br \/>\nTraduci\u00f3n grazas ao Dr Chen Cao, Sociedade Astron\u00f3mica Shandong (SDAS) de China.<\/p>\n<p><a href=\"http:\/\/asafile.blogspot.jp\/p\/blog-page_12.html\"><strong>Espa\u00f1ol<\/strong><\/a><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas a Emilio Z\u00fa\u00f1iga, da Asociaci\u00f3n de Astr\u00f3nomos Aficionados de Le\u00f3n, Nicaragua.<\/p>\n<p><strong><a href=\"https:\/\/haitiastronomie.blogspot.com\/p\/bulletin-dinformationde-luai-sur.html\">Franc\u00e9s<\/a><\/strong><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas a Rulx Narcisse da Sociedade Astron\u00f3mica Haitiana.<\/p>\n<p><a href=\"http:\/\/agrupacionio.com\/gl\/tag\/boletin-iau\"><strong>Galego<\/strong><\/a><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas a Martin Pawley e Xabier P\u00e9rez Couto da Agrupaci\u00f3n Astron\u00f3mica Coru\u00f1esa \u00cdo en Espa\u00f1a.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/www.astronomiamo.it\/DivulgazioneAstronomica\/Newsletter-IAU\/last\"><strong>Italiano<\/strong><\/a><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas a Eleonora Piromalli de AstronomiAmo en Italia.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/drive.google.com\/drive\/folders\/1wN1txv57CLoDbLEEwNjStBMk6CrlkTxu?usp=sharing\"><strong>Portugu\u00e9s (europeo)<\/strong><\/a><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas a Catarina Leote, Jo\u00e3o Ferreira e Jonas Souza a trav\u00e9s do grupo de lingua portuguesa da Rede de Traduci\u00f3n Astron\u00f3mica.<\/p>\n<p><a href=\"https:\/\/bit.ly\/36XeKZr\"><strong>Xapon\u00e9s<\/strong><\/a><br \/>\nTraduci\u00f3ns grazas a Akihiko Tomita a trav\u00e9s da Rede de Traduci\u00f3n Astron\u00f3mica. Se queres recibir a traduci\u00f3n ao xapon\u00e9s do bolet\u00edn, subscr\u00edbete \u00e1 <a href=\"http:\/\/www.jaaa-astro.jp\/jaaa-ml.html\">Asociaci\u00f3n Xaponesa de Astr\u00f3nomos Afeccionados<\/a> ou \u00e1 <a href=\"http:\/\/www.tenkyo.net\/\">Sociedade Xaponesa pola Educaci\u00f3n e Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda<\/a>.<\/p>\n<p>Se queredes traducir o noso bolet\u00edn ao voso idioma, por favor escrib\u00eddenos a public@oao.iau.org.<\/p>\n<div class=\"hentry-wrap\">\n<div class=\"entry-content\">\n<p><strong>10) Contribuci\u00f3ns ao bolet\u00edn de divulgaci\u00f3n da astronom\u00eda da IAU<\/strong><\/p>\n<p>Estamos sempre na busca de material sobre investigaci\u00f3n, comunicaci\u00f3n e divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica en todo o mundo para inclu\u00edla no seguinte bolet\u00edn da Oficina IAU para a Divulgaci\u00f3n da Astronom\u00eda. Se tedes alg\u00fan evento astron\u00f3mico, ofrecedes un posto ou oportunidade de traballo, un recurso educativo ou calquera outra cousa que poida ser de interese para a comunidade da divulgaci\u00f3n astron\u00f3mica, envi\u00e1denos un correo a public@oao.iau.org con m\u00e1is informaci\u00f3n.<\/p>\n<\/div>\n<div class=\"entry-content\">\n<p>Podedes enviarnos as vosas suxesti\u00f3ns at\u00e9 o d\u00eda 4 de cada mes (para o primeiro bolet\u00edn) e at\u00e9 o 17 (para o segundo bolet\u00edn). Desexamos recibir noticias vosas!<\/p>\n<p>Traduci\u00f3n: Martin Pawley e Xabier P\u00e9rez Couto (Agrupaci\u00f3n \u00cdo). Podedes consultar o bolet\u00edn en ingl\u00e9s\u00a0<a href=\"https:\/\/mailchi.mp\/iau\/iauoutreachnewsletter_2022april1\">nesta ligaz\u00f3n<\/a>.<\/p>\n<\/div>\n<\/div>\n<p><\/p>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Bolet\u00edn IAU de divulgaci\u00f3n da astronom\u00eda Abril #1 Neste bolet\u00edn: 0) Nota editorial 1) Conferencia CAP 2022 2) Proxecto IAU astroEDU anuncia novo equipo editorial e unha actualizaci\u00f3n importante 3) IAU e SKAO anuncian un programa conxunto de financiamento de divulgaci\u00f3n 4) Telescopios para todas as persoas 2022 5) \u201cNa L\u00faa outra vez\u201d est\u00e1 de volta no ver\u00e1n de 2022 6) Novas NOC 7) Oportunidades&#8230; <\/p>\n<p class=\"more\"><a class=\"more-link\" href=\"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/galego-boletin-iau-de-divulgacion-da-astronomia-abril-1-2\/\">Read More<\/a><\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":11795,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"footnotes":""},"categories":[51],"tags":[188],"class_list":["post-12543","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-noticias-gl","tag-boletin-iau"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12543","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=12543"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12543\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":13036,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/12543\/revisions\/13036"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/11795"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=12543"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=12543"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/agrupacionio.com\/nueva\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=12543"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}